Comecontos

Page 1

Comecontos CEIP Lamas de Abade

Ciclo Superior de Educaci贸n Infantil


As alumnas de Ciclo Superior de educación Infantil narramos para os nenos e nenas do CEIP Lamas de Abade diferentes contos, e a continuación elaboramos nun obradoiro de cociña divertida os personaxes dos mesmos. ¡Qué bos estaban!.....


FREDERICK Texto e ilustracións de LEO LIONNI Tradución de XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ BARREIRO Editorial kalandraka “E ti, por que non traballas, Frederick?”, preguntábanlle os demais. “Eu traballo”, respondíalles Frederick. “Apaño raios de sol para os fríos días do inverno”. Unha familia de ratiños recolle provisións e todos traballan, agás Frederick, que aparentemente non fai nada. Pero sen que os demais o saiban, el tamén se aprovisiona: raiolas de sol, cores, palabras... Cando chega o inverno, os seus compañeiro s recoñecen que a súa misión poética fora esencial para que os ratos sobrelevaran mellor a crueza da estación invernal. E así Frederick é aceptado tal e como é.


Macario Dromedario Rachel Chaundler & Bernardo Carvalho «Cando os dromedarios choran, encólleselles un pouco a xiba...» O pequeno dromedario, farto dos comportamentos abusivos dos seus irmáns, non é capaz de facerlles fronte, e chora sen consolo. E como consecuencia, a súa xiba cada vez faise máis pequena. Pero cando as cousas comecen a poñerse difíciles e xurdan os problemas... Macario demostrará quen é o máis «forte».


Que alguén mova esa sandía

No bosque anacos e anacos de sandía impiden o paso dos animais ata que as formigas traballadoras anaco a anaco axudan a abrir de novo o burato…


¡Me comería un niño! Sylviane Donnio

Un día, o cocodrilito Aquiles xa non quere comer plátanos. Os seus pais, preocupados, anímano a comer salchichas, tortas de chocolate... e os alimentos máis ricos da selva pero non hai xeito. O que Aquiles de verdade quere e desexa é comer un neno. Así, o pequeno crocodilo vaise en busca dunha verdadeira presa que lle quite a fame.


O polo Pepe Nick Denchfield e Ant Parker

O plo Pepe come e como e medra e medra, pero a súa mamá é moito mais grande……


O coelliño branco

Adaptación: Xosé ballesteros Ilustracións: Oscar Villán Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi uscar coles á horta para facer un caldiño. Cando o coelliño volveu á casa, atopou a porta pechada e petou. -Quén é? –preguntou un vozarrón dende dentro. .


A eiruga comellona Autor: eric carle Editorial: kokinos editorial A eiruga era moi pequena, pero tiña unha fame enorme. Así que se pasou todo este conto comendo, atravesando páxina tras páxina. Ata que finalmente se converteu, como todas as eirugas, en bolboreta. Un libro perforado de verdade pola moi lambona.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.