Libro da memoria

Page 1

O libro

da memoria


Libro da memoria Recopilaci贸n de alumnos, alumnas e profesores de Ciclo Superior de Educaci贸n Infantil

Club de lectura CIFP Compostela


“En Africa cando un vello morre, desaparece toda unha biblioteca” Ahmadou Hampâté Ba

Esta recopilación pretende ser un pequeño homenaxe a todas as avoas, avós, tíos, tias, veciñas, e coñecidos que ao longo da nosa vida nos acompañaron con esa frase, retahíla, refrán, copla ou historia, para cada momento, que está a adormecer na memoria dos nosos maiores, e que esperta sempre no momento preciso. O noso agradecemento especial a: Ofelia Portals Brea, Mª Delia Dapena Cimbrelo, Pilar Fondevila Penas Que nos axudaron coa súa aportación a elaborar o noso libro da memoria.


Coplas e cancioneiro

“Miña nai como é tan pobre e non ten pan que me dar, éncheme a cara de bicos e despois rompe a chorar “ “Miña nai, miña naiciña, como miña nai ninguna que me queta a cariña, co calorciño da súa” “Eime de subir ao alto, e do alto vexo ben, quero ver os meus amores se se paran con alguén” “Miña sogra querme mal, orqu lle falo co fillo, heille de mandar recado de que o garde no bolsillo” “O río cando vai cheo, leva carballos e follas, tamén podía levar as linguas murmuradoras” “Eu caseime na montaña, cun hoe de moito pan, o forna de miña sogra cría fieitos polo verán” “Teño un amor na montaña, teño un amor montañes, teño un amor na montaña e na ribeira teño tres” “A raíz do toxo verde é moi mala de arrincar, os amoríos primeiros, son moi malos de olvidar”


“O cura vendeu a burra por non lle dar a cebada, agora vai os enterros a cabalo da criada” “Miña sogra cando berra, bate co pé no sobrado, por culpa dunha galiña que ten amores cun galo” “Miña nai doume unha tunda cun aro dunha peneira, miña nai tende vergonza, que ven a xente da feira” “Esta noite hai unha fía, tamén ahí unha espadela, miña nai quenteme o clado, que eu tamén quero ir a ela” “Sete cuncas de papas de millo unha vella comeu, rebentoulle o cordón do sostillo de tanto que encheu” “Santa María de Esteiro, vela ahíi vai, vela ahí vai indo, leva cariña de rosa, parece que vai durmindo” “Pola carreira do Freixo, o vento rifoume a vela, Santa María de Esteiro doume o pano para ela” “Eu queríame casar, miña nai dime que é cedo, ela como está casada non sabe as ganas que eu teño” “En Esteiro hai boas mozas, e n Freixo gana delas, e na Serra carabillas para cerrar as cancelas” “O paxaro cando chove, mete o rabo na Silveira, así fai a boa moza, cando non ten quen a queira” “Viva el sol, viva la luna, vivan los cuatro luceros, viva la Virgen del Carmen, madre de los marineros”


Abre as portas Asunción Non te fagas a remolona Que queren falar contigo Dous mozos de Taragoña

Eu caseime no Araño Pensando que había pan O forno da miña sogra Bota silvas no verán Nin me lavo nin me peino Nin me poño a toquilla Ata que veña o meu noivo Da guerra de Melilla

Eu caseime no Araña Coa filla dun Arañón Ela bonita non é Pobre sí, honrrada non.


O baúl dos recordos -¿De dónde venís vino? -De las bodegas de Victoria -¿Traeis recomendación? -No -¡Pues al calabozo! Ao colexio da vila levou o seu fillo un labrador, dicindo: -Veño con este tocante á educación. E dille o profesor: -Sabe ler? -Nin unha letra -Escribir o seu nome? -Non -Entón amigo meu, como o traballo é atroz, comprará vostede un borrico, e con este terá dous. Veu Gil dunha árbore caer cinco paxaros, e todos correndo de varios modos, a un tempo quixo coller. Deixa bo Gil de correr, que non collerás ningún, Pois para coller os cinco tes que empezar por un. Cáganse todos os seres, sen distinción de cores, pobres, ricos, e señores de elevada posición. O pobre, o rico, cágase, caga a muller e o home.


Así que ninguén se asombre se todo o mundo é un cagón. A miña vida é un ermo flor que toco e se esfolla polo meu camiño fatal alguén vai sementando o mal para que eu recolla. Cando vai María a misa a igrexa resplandece ata a herva que pisa se está seca, enverdece. Nun xardín sorrinte, e nunha tranquila fonte de cristal ao seu borde asomaba unha rosa inmaculada dunha roseira. Era un vello xardineiro que coidaba con esmero e era a rosa un tesouro de máis kilates que o ouro par el. Á beira da fonte un xardineiro pasou e á ros docemente do seu talo separou. Rosa, a máis primorosa, que polo meu amor cultivada sempre fué. Quen te quere polo teu bién ou polo teu amal? Quen te quitou da rama, que non estás na roseira?


Yo si me casé, fué por la ilusión de gastar pijama. Llegó mi madre, y me preguntó: -¿Qué tal hija mía? Y yo le contesté: _Si esto sigue así, no resistiría, porque mi marido al verme en pijama, me dio un puntapié y me echó de la cama. Ayer mamita sin que me vieras Tomé un rosquillo de la despensa Y en el instante mi mano tiembla. Ayer mamita sin que me vieras.

El que bebe se emborracha, el que se emborracha duerme, el que duerme no peca, el que no peca va al cielo, y puesto que al cielo vamos ¡Bebamos! Ya que has cumplido los quince, te voy a dar un consejo, Que no te pintes la cara, ni te depiles el entrecejo. Aprenderás las lecciones en un librito cualquiera Y no hagas oposiciones para quedarte luego soltera. Si quieres que a los quince te salga un pretendiente, Lávate con agua clara como sale de la fuente,


No fumes tabaco rubio que así no sale novio, Aunque vayas con un cirio a rezarle a San Antonio. Abril florecía frente a mi ventana, Frente a mi ventana vi a las dos hermanas. La menor cosía, la mayor hilaba, La más pequeñita, ridueña y dorada, Su aguja en el aire el lino enroscaba. Abril florecía frente a mi ventana.

Estaba la Virgen pasando por un camino, y a lo largo del camino vió un naranjo que estaba guardando un ciego: -Ciego mio, ciego mío, si una naranja me diera para la sed de este niño un poquito entretener. -Si sañora, tome usted las que quiera. La Virgen, como era Virgen, no cogía más que tres, el niño, como era niño, todas las quría coger. Apenas se va la Virgen, el ciego comienza a ver. -¿Quién ha sido esta señora que me hizo tal merced? -Ha sido la Virgen para pura que va de Egipto a Belén.


Refráns Esos ditos breves que representan o sentido común e a sabiduría popular…

Palabra e pedra solta non teñen volta Non pidas a quen pideo, nin sirvas a quen sirveu. Galiñas serán, pero cheiranme a can Mal lle vai ao raposo cando anda aos ovos O que non quere unha sopa, duas tasas Casa do Ferreiro, cóitelo de pau Irmán con irmán, non gana pan Dime con quen andas e direiche quen es Máis vale previr que lamentar Máis vale paxaro en man que cen voando Máis sabe o demo por vello que por demo A cabalo regalado non lle mires o dente Onde hai patrón non manda mariñeiro Non por moito madrugar amence máis temperán A quen madruga, Deus axúdao Nunca digas desta auga non beberei Desta vida levarás o bandullo cheo e nada máis De grandes ceas están as sepulturas cheas Amores reñidos, os máis queridos


Pensa o ladrón que todos son da súa condición É de ben nacido, ser agradecido Arrieiros somos, e no camiño verémonos Mala herva nunca morre Despois da tempestade volve a calma Aínda que a mona se vista de seda, mona queda Unha para saber, e outra para aprender Onde vas Vicente?, Onde vai a xente O can do hortelano, nin come nin deixa comer

O que foi a Sevilla, perdeu a silla. O que foi e volveu, nada perdeu.

Cando o río soa, auga leva Canta máis présa, máis clama Vísteme despacio, que teño présa Se che pica un alacrán, as campás soarán A Deus pregando, e co mazo dando Cando as barbas do teu veciño vexas pelar, pon as túas a remollar En boca pechada non entran moscas O que de verde se viste, á súa fermosura atrévese O vello está a morrer, e tamén a aprender


A can vello todo é pulgas Muller con bigote, non precisa dote Os fillos da miña filla netos meus son, os fillos do meu fillo serán ou non. O fillo da túa filla, neto de corazón, O fillo da túa nora, será neto ou non. A sogra e mais a nora, como o can e o gato Nunca comen o mesmo prato Un vendaval amoroso, trae unha nena preñada O nordés escoriote non trae nena nin trae nada Nunca faltou un roto para un descosido Parientes pobres y trastos viejos, pocos y lejos Más vale poco pecar, que mucho confesar Como el vino los amores, cuanto más viejos mejores En sociedad, no muestres habilidad Dos hijos y una madre, tres diablos para un padre Mea tranquilo, mea contento, pero por favor mea dentro


Dame Dios un marido rico, aunque sea un aburrido De esta vida llevarĂĄs la panza llena y nada mĂĄs Vale mais pequeĂąo e agudo que grande e burro

O que con nenos se deita, cagado se levanta Duas nais e duas fillas cubertas con tres mantillas Quen anda con lume, mexa na cama Bo porte e bos modais abren portas principais Non despreces bo consello nin do mozo nin do vello


Aos teus pais has de amar, defender e respectar Trata sempre con amor a quen debas un favor Nunca é tarde se a dicha é boa Can ladrador, pouco mordedor Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe Palabras necias, oídos xordos Deus os dá e eles xúntanse Mais vale maña que forza Mais vale tarde que nunca En boca pechada non entran moscas Canto menos se fala monos se escrebe O unas uñas ou nos pes, Has de mitar a quen és. Onde cae o burro, dánselle os paos De tempos a tempos cambian os ventos Cóllese antes a un mentireiro que a un coxo


Refraneiro estacional Un apartado especial ao refraneiro do tempo tan presente na sabiduría popula

Vaite febreiriño cos teus vinteoito, que si tiveras mais catro non quedaba can nin gato nin rato no burato. A neve febreiriña comea unha galiña En febreiro sete mantas e un sombreiro En novembro cavar non che me lembro Marzo marzal, pola mañán cara de rosas e pola noite cara de can. Setembro ou secan as fontes ou se levan as pontes Cando marzo maiea, maio marcea Agosto frio en rostro Marzo ventoso e abril chuvioso sacan a maio florido e fermoso. Año de nieves ano de bienes

En abril, augas mil Ata o corenta de Maio, non quites o saio


Por bo tempo non te agaches, e por mal tempo non te mates.

Nunca choveu, que non escampara Por San Blás a cigüeña verás Primeiro de Agosto, primeiro de inverno A horta en outono mantén o seu dono En San Xoán, a sardiña molla o pan


As retahílas Esas frases e versos que nos recitaron dende pequenos e que repetimos nos nosos xogos e cancións….

Santa Rita, Rita, o que se dá non se quita. Tres días hay en el año que relumbran más que el sol: Jueves Santo, Corpus Cristi, y el día de la Ascensión. Por causa de pan pan, caseime con cara de can Si eu pap pan tivera, casábame eu con quen quixera Un mozo pode madurar, Pero a pera de madura pode caer.


Acertixos e adiviñas

Verde no campo, negro na plaza e colorado na casa. Carbón

Está baixo terra, ten dez camisiñas, e termina na tixola No campo verde nacín, atada con verde lazos o que por mín chora, faime pedazos Unha señorita moi señoritada, chea de remendos, sen unha puntada Tacón sobre tacón Tacón do mesmo pano Se non cho digo hoxe Non acertas en todo o ano Vai por unha corredoira escura


Chega a porta e burrĂşa Peido

Catro na cama, catro na lama Dous tirafusos, e un que lle vana A vaca

Cando vai para o monte vai encartado E cando ven para a casa ven estirado O adibal

Nace no monte Bebe na fonte Chega a casa E baila coma unha rapaza


Decires e diretes

Hay de todo en la viña del Señor Ver, oir, y callar Non hai nada mellor para os bocadillo que o quixo de bola. Agora de vella, gaiteira Burro soy, patas tengo, más burro es el que me está leyendo Non xogues con lume que te queimas Aínda vai ser peor o remedio que a enfermidade Quen cala outorga Desconfía e acertarás Quen mal anda mal remata


Historias do concello de Muros Un apartado especial adicado ao pai de Pepe Mayo, que garda na sĂşa memoria lendas antigas do concello de Muros, que comparteu con nos.


O OUTEIRO DE CARAMIÑOL

Unha vella prantou unha col, tras do outeiro de Caramiñol, ven a cabra* e comeu a col que prantou a vella tras do outeiro de Caramiñol. Ven o raposo, comeu a cabra, a cabra comeu a col, que prantou a vella tras do outeiro de Caramiñol. Ven o can, comeu o raposo, o raposo comeu á cabra, a cabra comeu á col, que prantou a vella tras do outeiro de Caramiñol. Ven o pao, peghoulle ó can, o can comeu ó raposo, o raposo comeu á cabra, a cabra comeu a col, que prantou a vella tras do outeiro de Caramiñol. Ven o lume e ardeu ó pao, o pao peghoulle ó can, o can comeu ó raposo, o raposo comeu á cabra, a cabra comeu á col, que prantou a vella tras do outeiro de Caramiñol.


Ven a aghua e apajou ó lume, o lume ardeu ó pao, o pao peghoulle ó can, o can comeu ó raposo, o raposo comeu á cabra, a cabra comeu á col, que prantou a vella tras do outeiro de Caramiñol. Ven o boi e bebeu á aghua, a aghua apaghou ó lume, o lume ardeu ó pao, o pao peghoulle ó can, o can comeu ó raposo, o raposo comeu a cabra, a cabra comeu á col, que prantou a vella tras do outeiro de Caramiñol. Ven a corda e prendeu ó boi, o boi bebeu á aghua, a aghua apajou ó lume, o lume ardeu ó pao, o pao peghoulle ó can, o can comeu ó raposo, o raposo comeu á cabra, a cabra comeu á col, que prantou a vella tras do outeiro de Caramiñol. Ven o rato e roeu á corda, a corda prendeu ó boi, o boi bebeu á aghua, a aghua apajou ó lume, o lume arde ó pao, o pao peghoulle ó can, o can comeu ó raposo, o raposo comeu á cabra, a cabra comeu á col, que prantou a vella tras do outeiro de Caramiñol. *meu pai en vez de cabra di “craba”


O muiño do río Unha noite de chuvia e frío, a que pasei no muiño do río. Todo contento púxenme a cantar, pra non ter medo a noite pasar. Pum, Pum! Petan a porta, saio a correr, era Mesquiso que viña moer. Entrou para dentro e serrou a porta, eu xa pensei que lle dera unha volta! Viña con contos levados dos demos, cousa que as mosas moito non cremos! Pero Mesquiso como é cara dura, vense arrimando e agharroume a sintura, e como logho eu me enfadei, ¡co elevadoiro no lombo lle dei!


O ARIETE O Ariete era un barco militar que naufragou no mar de Lira e Lariño no ano 1966, por mor dun temible temporal.

Una noche de Febrero del año 66, ocurrió este suceso que ahora escuchareis: Esto no es igual leerlo que ver como ha sucedido, como vió toda la gente de Lira y de Lariño. Los demas pueblos cercanos bajan a nuestros lugares para prestarles auxilios a estos hombres militares. El 25 de Febrero el Ariete navegaba, bajo un fuerte temporal, que a la costa lo arrastraba. Pronto acudio El Legazpi y también El Campo Raso,


por ver si lo remolcaban, pero todo fué en vano: Pués le dieron el remolque y le parten las estachas, Por tierras de los Meixidos El Ariete se hallaba. El Ariete a la deriva y sin poder maniobrar, a una milla de la costa tuvieron que fondear. Mientras la noche avanzaba, continuaba el temporal, y la cadena del barco era imposible aguantar. Pronto falló la cadena, llega el barco a la rompiente, nadie podia creer que hubiera un superviviente. La playa llena de gente y sin poderles valer, Madre de los marineros, tú los puedes socorrer. La virgen de Los Remedios, como estaba tan cercana, y como es tan milagrosa, la gente toda aclamaba: “Hombres,mujeres y niños le piden de corazón, Oh Virgen de Los Remedios, dele a todos salvación. Escucha nuestras plegarias, mira bajo tu capilla a ciento sesenta hombres que van a perder la vida. Tu que eres tan milagrosa, también los puedes salvar, y algún día estos militares te vendrán a visitar.” A la punta de Ardeleiro El Ariete vino a varar, el sitio más oportuno para poderse salvar. En la playa de Ardeleiro era una iluminación, centenares de linternas enfocan la embarcación.


Y ya vemos El Ariete que en las rocas descansaba, y toda la dotaciĂłn en la proa se agrupaba.

Y a los pocos momentos, cinco hombres vemos venir, agarrados a una balsa a vivir o a morir. Entre las horribles olas es triste verlos venir, creyendo que entre las piedras todos iban a morir. Y las gentes desde tierra para darles una mano, arriesgan sus propias vidas ÂĄesto es humanitario! Se desprenden de sus ropas y otros de su calzado, con amor y con cariĂąo visten a estos soldados. Asi salen varios hombres en balsas y salvavidas, hasta que pronto del barco a tierra mandan la cisga, y al tener la cisga en tierra por ella dieron la estacha, la hacen firme de ambas partes donde ellos le ordenaban. Y ya vemos un soldado que se dispone a pasar, en medio del recorrido el hombre cae a la mar.


Sale el segundo soldado y también vuelve a caer, hasta que de abordo dicen que así no podía ser. A bordo con las linternas descubren un gran invento, especie de una canasta y este fue su salvamento. Sale muy perfectamente, y a las seis de la mañana, la gente se hallaba en tierra y el barco solo quedaba. Como Dios es poderoso y ha hecho tantos milagros, podemos considerar que este fué uno de tantos. Demos gracias a la Virgen y al Señor del gran poder, que en estos casos tan tristes es el que nos puede valer. No olvidemos jamás y tengamos siempre presente, que este fue un gran milagro que ocurrió con El Ariete. Se queredes satisfacer a vosa curiosidade sobre este acontecemento podedes informarvos no enlace: http://lacomunidad.elpais.com/pimayasevilla/2010/3/19/father-s-daya-tribute-to-the-ariete-s-odyssey-people-from


PADRE NUESTRO PIQUINIÑO

Padre nuestro piquiniño,

que mo dou Nuestra Señora

guíanos por bo camiño,

cando viña da Pasión!

alá fun, alá chejei,

A Pasión está na crus,

tres Marías encontrei:

e da crus para o altar,

encontrei Nuestra Señora,

cos peiños a sangrar,

cun ramo de ouro na man,

¡tente Magdalena tente,

eu pedinlle unha folliña,

non llos vaia lastimar!,

i ela doume o seu cordón.

que estas son as 4 llaghas

¡San Simestre, San Simón

que por ti me fan chorar.

bendíceme este cordón


Alumnos/as de educación infantil que queremos manter os recordos das nosos maiores na memoria para sempre: Anita Romero Porto Marisol Silva Turnes José Romaní Mosquera Rosa Araujo Boo José Mayo Lestón Andréa Folgar Casas Laura Boquete Regueira Antía Vicente Fernández Eva Domínguez Domínguez


Os recordos cheiran a humidade e son como o mofo: adhírense ao corpo formando unha telilla blanquiverde que parece unha segunda pel. Aínda que limpes con coidado volve reproducirse unha e outra vez e só desaparece cando desaparece a causa que o orixina. Pero a memoria non desaparece nunca, nin sequera se extirpa cun bisturí sobre unha mesa de operacións, porque a memoria non habita nunha recámara especial senón que imprégnao todo e dá sentido

o

presente"

O MEU CORAZÓN QUE BAILA CON ESPIGAS CARMEN RIGALT


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.