Datos b谩sicos sobre a evoluci贸n do galego OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010 www.consellodacultura.org/observatorio
Datos básicos sobre a evolución do galego
Os datos que se presentan a continuación pretenden ofrecer unha panorámica básica sobre a evolución da situación sociolingüística de Galicia a través da análise dalgúns parámetros elementais como son a lingua habitual, a lingua inicial ou materna e as competencias lingüísticas. Tamén se ofrecen datos sobre o uso do galego nalgúns ámbitos específicos: a escola, o ámbito familiar, social e laboral, así como os medios de comunicación e internet
Para levar a cabo este traballo empregáronse as seguintes fontes de información: .- Mapa Sociolingüístico de Galicia de 1992 (MSG), elaborado pola Real Academia Galega (RAG) .- Enquisa de condicións de vida das familias, 2003 (ECVF03), elaborada polo Instituto Galego de Estatística (IGE) .- Enquisa de condicións de vida das familias, 2008 (ECVF08), elaborada polo Instituto Galego de Estatística (IGE)
1. Lingua habitual Na actualidade as persoas que falan galego son o 58,8% da poboación. Entre 1992 e 2008 os bilingües con predominio do galego e os galegofalantes monolingües descenderon en pouco menos dun 10%.
Pondo en comparación os resultados das tres fontes, a porcentaxe de monolingües en castelán estabilizaríase en niveis próximos ao 19% desde 2003. Este límite contrasta co dato ofrecido en 1992 polo MSG, que era do 10,6%.
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Gráfica 1. Lingua habitual (1992-2008)
18,8%
20% 15%
2003 2008
10,6%
10%
1992 18,3% 19,5%
25%
20,8% 18,2% 21,7%
30%
27,2%
35%
29,9%
40%
31,6%
45%
38,7% 44,7%
50%
5% 0% Só galego
Máis galego Máis castelán que castelán que galego
Só castelán
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
Pola súa banda, a categoría ‘máis castelán que galego’ aumentaría lixeiramente. A comparación para a categoría de persoas bilingües que usan ‘máis galego que castelán’, amosa unha aparente evolución en ‘U’, desempeñando un papel importante a ECVF03, que presenta porcentaxes sensiblemente inferiores ás demais fontes, pero a realidade é que dende 1992 ata a actualidade os bilingües constitúen máis ou menos a metade da poboación. En último lugar, o grupo dos monolingües en galego traza unha evolución descendente. A comparación real das fontes nos dous puntos máis afastados amosaría a evolución dos maiores de 15 anos1 ao longo do período.
1
O universo do MSG son os residentes en Galicia maiores de 15 anos.
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Gráfica 2. Evolución da lingua habitual dos maiores de 15 anos (1992-2008)
45% 40%
38,7% 35,8%
35%
29,9% 27,2%
30% 25%
20,8% 19,2%
20% 15%
16,6% 10,6%
10% 5% 0% Só galego
Máis galego que castelán 1992
Máis castelán que galego
Só castelán
2008
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
Neste caso podemos ver que a caída de uso do galego é sensiblemente inferior, producíndose un aumento unicamente entre os monolingües en castelán a costa do resto de categorías. Unha análise da lingua habitual por intervalos de idade constata que existe un maior grao de castelanización canto menor é a idade do individuo, pero os datos amosan unha desaceleración no proceso de perda de falantes de galego. Gráfica 3. Lingua habitual por idades (2008)
70,0% 60,0% 50,0% 40,0% 30,0% 20,0% 10,0% ,0% De 75 De 70 De 65 De 60 De 55 De 50 De 45 De 40 De 35 De 30 De 25 De 20 De 15 ou a 74 a 69 a 64 a 59 a 54 a 49 a 44 a 39 a 34 a 29 a 24 a 19 máis anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos Só galego
Máis galego ca castelán
Máis castelán ca galego
Só castelán
Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Esta análise por grupos quinquenais de idade amosa que aproximadamente entre os 25 e 35 anos se atopa a xeración máis castelanizada da nosa historia, e que entre os 30 e 40 anos, a que en maior medida é monolingüe en castelán. Fronte a elas os menores de 25 anos virían a recuperar o uso do galego e a reducir o nivel de monolingüismo en castelán, ambos fenómenos pola vía do aumento dos colectivos bilingües nestas idades mozas.
A evolución das estatísticas mostra que as diferenzas na lingua habitual por sexo se concentran en dúas categorías de resposta que non son nin contiguas nin simétricas. Houbo e hai significativamente máis homes que mulleres na categoría de persoas bilingües que usan máis o galego que o castelán, e máis mulleres que homes na categoría de persoas monolingües en castelán.
Táboa 1. Lingua habitual por sexo
Só galego
Máis galego que castelán
Máis castelán que galego
Só castelán
Home
Muller
1992
38,7%
38,7%
2003
45,9%
43,5%
2008
32,2%
31,0%
1992
32,7%
27,5%
2003
21,0%
16,8%
2008
29,1%
25,5%
1992
20,4%
21,1%
2003
17,4%
19,0%
2008
21,1%
22,3%
1992
8,2%
12,7%
2003
15,7%
20,8%
2008
17,6%
21,2%
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
A evolución segundo o hábitat de residencia dos falantes amosa un avance desigual do proceso de substitución lingüística, que se concentraría de forma case exclusiva nos concellos pequenos, deténdose practicamente nas cidades no último lustro.
Táboa 2. Lingua habitual por hábitat de residencia <=10.000 hab. Só galego
Máis galego que castelán
Máis castelán que galego
Só castelán
10-20.000 hab.
20-50.000 hab. 31,8%
>50.000 hab.
1992
59,0%
2003
71,7%
47,5%
39,4%
15,3%
2008
54,5%
28,8%
23,7%
11,2%
1992
28,2%
2003
15,9%
19,1%
20,7%
19,4%
2008
28,8%
32,6%
28,4%
21,3%
1992
9,6%
2003
7,0%
19,4%
21,3%
28,9%
2008
10,6%
19,7%
27,9%
33,2%
1992
3,2%
2003
5,9%
14,1%
18,7%
36,5%
2008
6,0%
18,9%
20,0%
34,3%
33,6%
24,1%
10,6%
11,8%
28,6%
38,2%
24,2%
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
2. Lingua inicial Os galegos e galegas que aprenderon a lingua autóctona ou as dúas linguas na familia son actualmente tres cuartas partes da poboación, practicamente os mesmos que había en 1992. Os datos indican unha evolución decrecente do galego e do castelán como lingua materna única, gañando peso os que aprenden as dúas linguas na casa cando son nenos.
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
55%
55,8%
65%
59,6%
62,4%
Gráfica 4. Lingua inicial (1992-2008)
45%
11,4%
15%
20,8% 21,3%
25%
18,7% 20,4%
25,6%
35%
5% 1992
2003 Galego
As dúas
2008 Castelán
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
O galego seguiría a ser, segundo todas as fontes, a lingua materna da maioría da poboación. En 2008, máis de 600.000 galegos aprenderON as dúas linguas na casa, o dobre que en 1992. Gráfica 5. Lingua inicial por idades (2008)
90,0% 80,0% 70,0% 60,0% 50,0% 40,0% 30,0% 20,0% 10,0% ,0% De 75 De 70 De 65 De 60 De 55 De 50 De 45 De 40 De 35 De 30 De 25 De 20 De 15 De 10 De 5 ou a 74 a 69 a 64 a 59 a 54 a 49 a 44 a 39 a 34 a 29 a 24 a 19 a 14 a 9 máis anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos Galego Castelán As dúas
Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
A lingua inicial por idades amosa tamén unha contención na perda de falantes iniciais de galego e mesmo unha recuperación nalgúns treitos de idade. Na gráfica podemos apreciar que se produce un escenario de certa estabilidade dende 1975.
Gráfica 6. Lingua inicial por idades (1992-2008)
90,0% 80,0% 70,0% 60,0% 50,0% 40,0% 30,0% 20,0% 10,0% ,0% De 15 De 20 De 25 De 30 De 35 De 40 De 45 De 50 De 55 De 60 De 65 De 70 De 75 a 19 a 24 a 29 a 34 a 39 a 44 a 49 a 54 a 59 a 64 a 69 a 74 ou anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos máis anos
Galego 1992 As dúas 1992 Castelán 1992
Galego 2003 As dúas 2003 Castelán 2003
Galego 2008 As dúas 2008 Castelán 2008
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
Comparando as distintas fontes, o dato máis positivo sería o crecemento absoluto de falantes iniciais de galego no último treito de idade respecto de 1992. O resto de tendencias apuntan cara a unha certa contención, augurando unha certa estabilidade ou punto crítico, segundo a interpretación. Este fenómeno non acontecía en 1992, onde as tendencias eran claramente diverxentes xa que o galego como lingua inicial semellaba que ía desaparecer.
Igual que o que acontecía coa lingua habitual, a análise da lingua inicial amosa un forte vínculo co territorio.
Táboa 3. Lingua inicial por hábitat de residencia (1992-2008)
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
1992
2003
2008
Menos de 10.000 habitantes Galego
78,57%
77,46% 70,42%
Castelán
12,05%
12,01% 10,24%
As dúas
8,88%
10,54% 19,34%
Entre 10.000 e 50.000 habitantes
Galego
55,83%
54,16% 47,60%
Castelán
30,01%
26,64% 27,27%
As dúas
13,12%
19,20% 25,13%
Máis de 50.000 habitantes
Galego
35,20%
28,52% 28,87%
Castelán
48,51%
51,59% 44,59%
As dúas
15,72%
19,89% 26,55%
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
Dende 1992 prodúcese unha caída do castelán como lingua inicial en todos os hábitats en termos moi similares ao galego. A excepción sería a pequena subida do galego entre 2003 e 2008 nas cidades. O avance da inclusión do galego nas familias concéntrase na adquisición deste a través de prácticas bilingües, comprendendo aumentos de entre o 70% (concellos pequenos) e do 120% (cidades) no período de referencia.
3. Competencias lingüísticas OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Hoxe en día son poucas as persoas que non entenden ou non saben falar ou ler en galego. Se ben é certo que os datos amosan unha pequena baixada en todas as destrezas con respecto de 2003, entre 1992 e 2008 prodúcese unha subida espectacular.
Gráfica 7. Competencia lingüística nas catro destrezas
Escribir (moito) Ler (moito) Falar (moito) Entender (moito) Escribir (moito+bastante) Ler (moito+bastante) Falar (moito+bastante) Entender (moito+bastante) 0
20
40 2008
60 2003
80
100
120
1992
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
Un dos fenómenos que viría a explicar parcialmente estes resultados é o do aumento dos nacidos fóra de Galicia. No momento da realización da última enquisa, había máis de 65.000 persoas nacidas fóra de Galicia que non entendían o galego, o cal supón o 2,89% do total da poboación de residentes na comunidade autónoma.
No tocante á capacidade para falar, se analizamos os datos por lugar de nacemento, pode apreciarse o peso do colectivo inmigrante na situación sociolingüística.
Táboa 4. Capacidade para falar galego segundo o lugar de nacemento
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
1992
2003
2008
11,6
7,69
6,2
62,15
48,42
52,18
34,36
32,28
50,11
Nacidos en Galicia Pouco ou nada
Nacidos noutra comunidade autónoma Pouco ou nada Nacidos noutro país Pouco ou nada
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
No conxunto da poboación, a porcentaxe de persoas que non saben falar galego está bastante estabilizada. As persoas que din non saber expresarse en galego son un escaso 3% da poboación. Gráfica 8. Porcentaxe de persoas que din falar ben ou moi ben en galego 90 89,5 89 88,5 88 87,5 87 86,5 86 85,5 85 84,5 1992
2003
2008
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
Na evolución por idades, obsérvase unha baixada constante nesta competencia lingüística ata os nacidos en torno aos anos 1965 – 1970, que supón o punto de inflexión. A partir de aí, a capacidade para falar aumenta constantemente ata que os suxeitos teñen 15 anos, momento no que remata o ensino secundario obrigatorio. Na seguinte gráfica pode OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
apreciarse como o aumento da competencia parece relacionarse coa contención na caída de falantes de galego. Gráfica 9. Capacidade para falar galego por idades (2008) 3,5500
90,00% 85,00% 80,00% 75,00% 70,00% 65,00% 60,00% 55,00% 50,00% 45,00% 40,00%
3,5000 3,4500 3,4000 3,3500 3,3000 De 15 De 20 De 25 De 30 De 35 De 40 De 45 De 50 De 55 De 60 De 65 De 70 De 75 a 19 a 24 a 29 a 34 a 39 a 44 a 49 a 54 a 59 a 64 a 69 a 74 ou anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos máis anos Capacidade para falar galego
Porcentaxe de galegofalantes
Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008 .
Se analizamos os ámbitos de adquisición da lingua das persoas que declaran ter unha boa capacidade para falar en galego, vemos o importante peso que ten a escola e outros ámbitos de adquisición externos á familia e a súa evolución positiva. Se poñemos en relación estes datos cos de lingua inicial e usos lingüísticos na familia, podemos concluír con bastante seguridade que a escola é un ámbito de adquisición do galego oral determinante. Táboa 5. Ámbitos de adquisición do galego 19922 Familia Escola Amigos Veciños Traballo Cursos De xeito autodidacta Radio e televisión galegas
83,5 5,9 4,0 3,1 1,3 … …
…
2003 86,82 29,7 8,83 9,58 2,84 1,17 0,64 0,23
2008 86,83 33,96 13,95 13,7 6,35 0,9 0,54 0,16
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
2
Os datos de 1992 non inclúen resposta múltiple.
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Comparando os resultados globais de competencia oral co ítem dos suxeitos que declaran que aprenderon galego na escola (aínda que non sexa de xeito exclusivo), observamos de novo os dous mesmos puntos de inflexión que na gráfica 9 e a evolución paralela das dúas series. Gráfica 10. Relación entre a capacidade para falar galego e a utilización da escola como médio para aprender a falar galego (2008) 80%
3,6
70%
3,5
60% 3,5
50%
3,4
40% 30%
3,4
20% 3,3
10% 0%
3,3 De 15 De 20 De 25 De 30 De 35 De 40 De 45 De 50 De 55 De 60 De 65 De 70 De 75 a 19 a 24 a 29 a 34 a 39 a 44 a 49 a 54 a 59 a 64 a 69 a 74 ou anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos máis anos Medio polo que aprendeu a falar galego: escola
Capacidade para falar galego
Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008
Este fenómeno ten un peso específico maior nos concellos de máis de 20.000 habitantes e nas cidades, onde un de cada catro persoas declaran aprender o galego na escola, fronte aos habitantes dos concellos máis pequenos, onde a familia e o contorno máis inmediato teñen un peso maior. Como é fácil de prever, a evolución temporal tamén acusa o fenómeno.
Outro ámbito de adquisición que gaña peso é o laboral. De feito, a porcentaxe de persoas de 30 a 49 anos que declara ter adquirido a competencia oral no traballo pasou do 6% en 2003 a case o 11% en 2008. O perfil deste colectivo é interesante, dado que se trata principalmente de nacidos en Galicia que traballan en actividades de servizos e na empresa privada, pero hai unha proporción maior que no total da mostra de traballadores públicos cuxos ingresos son altos. As competencias lingüísticas en galego deste grupo son moi boas e, quizais sorprendentemente, existe unha pequena tendencia a que utilicen o galego como lingua habitual. Un dos datos máis salientables é a baixada neta da capacidade para ler en galego que, por outra banda, ten un patrón semellante e máis obvio que o da competencia oral. Como se poda apreciar, a competencia máxima acádana os rapaces que acaban de rematar o ensino obrigatorio.
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Gráfica 11. Competencia lectora 3,8 3,6 3,4 3,2 3,0 2,8 2,6 2,4 2,2 2,0 De 5 De 10 De 15 De 20 De 25 De 30 De 35 De 40 De 45 De 50 De 55 De 60 De 65 De 70 De 75 a 9 a 14 a 19 a 24 a 29 a 34 a 39 a 44 a 49 a 54 a 59 a 64 a 69 a 74 ou anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos máis anos 1992
2003
2008
Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008
Se indagamos nos motivos deste descenso, non podemos atribuírllo unicamente á incorporación de falantes nacidos fóra de Galicia, xa que se produce un descenso tamén entre os nacidos aquí. Táboa 6. Competencia lectora segundo o lugar de nacemento (2003-2008) 2003 2008 En Galicia Moito 59,06 48,07 Bastante 27,4 36,51 Pouco ou nada 13,54 15,42 Noutra comunidade autónoma Moito 49,7 38,52 Bastante 27,53 33,12 Pouco ou nada 22,77 28,37 Noutro país Moito 50,79 34,54 Bastante 32,44 33,58 Pouco ou nada 16,77 31,88 Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias, 2003 e 2008
Este descenso na capacidade para ler significa que o 17% da poboación declare que entende pouco ou nada o galego escrito, 3 puntos máis que en 2003. Aínda así, a porcentaxe de persoas que din que non entenden nada o galego escrito é inferior ao 3%.
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
As mulleres declaran que teñen unhas competencias algo peores neste aspecto, malia que o descenso é case proporcional entre sexos.
A idade é un parámetro que amosa diferenzas importantes en relación coa competencia lectora, xa que esta aumenta significativamente conforme baixa a idade do falante.
Gráfica 12. Capacidade lectora por idades
3,7 3,5 3,3 3,1 2,9 2,7 2,5 De 75 De 70 De 65 De 60 De 55 De 50 De 45 De 40 De 35 De 30 De 25 De 20 De 15 ou a 74 a 69 a 64 a 59 a 54 a 49 a 44 a 39 a 34 a 29 a 24 a 19 máis anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos anos
Fonte: IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2008
Unha vez máis, habería que ver que incidencia pode ter o fenómeno migratorio. Os nacidos fóra da comunidade declaran que non len ou len con dificultade nun 63%, dato que permanece inamovible dende 2003. En cambio, se observamos ao colectivo dos nacidos noutro país, vemos unha caída de 13 puntos na capacidade de lectura no período de referencia (49,8 - 63,2).
No tocante á capacidade para escribir, os datos entre 1992 e 2008 corroboran un aumento moi importante en todas as franxas de idade, principalmente entre os máis novos. De feito é a única variable entre as competencias lingüísticas que experimenta unha pequena mellora respecto a 2003.
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Uso do galego na escola Máis do 60% das persoas que estudan en Galicia fano maioritariamente en galego (46,6%) ou sempre en galego (14,3 %), o que supón un incremento respecto ao ano 2003 de case 16 puntos porcentuais no primeiro caso, e de 6 puntos no segundo. En canto ao hábitat, canto máis grande é o concello, maior é o crecemento do uso do galego na escola.
O número de estudantes que responderon aos exames sempre en galego ou maioritariamente en galego no ano 2008 incrementouse nun 20,3% respecto ao ano 2003.
O 63,9% dos estudantes comprendidos entre os 5 e 16 anos escriben só en galego ou máis en galego que en castelán. Como podemos apreciar na gráfica 13 o aumento que se produce nos últimos 5 anos é moi importante.
Gráfica 13. Estudantes de entre 5 e 16 anos segundo a lingua na que escriben na escola. 2003-2008
60,0% 48,84%
50,0% 40,0%
35,37%
20,0%
29,08%
28,96%
30,0%
24,19% 15,06% 11,48% 7,02%
10,0% 0,0% Só galego
Máis galego ca castelán 2003
Máis castelán ca galego
Só castelán
2008
Fonte: IGE. Enquisa das condicións de vida das familias, 2003 e 2008
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Ámbito familiar Máis da metade dos residentes en Galicia usan o galego para comunicarse cos seus pais. A provincia de Lugo lidera esta práctica cun 67,8%, seguido pola de Ourense con algo máis dun 62%. O galego é tamén o idioma protagonista das conversas entre irmáns. En cambio, o uso do galego entre netos e avós descende.
As parellas galegas prefiren o galego para comunicarse entre elas, cunha media na comunidade autónoma dun 58% que falan sempre en galego ou máis galego ca castelán.
A idade móstranos un dos datos máis interesantes e salientables no uso do idioma galego neste tipo de relacións. Case a metade (49,7%) das parellas de mozos de entre 16 e 29 anos, prefiren falar entre eles sempre en galego ou máis galego que castelán, o que supón situarse en niveis semellantes aos de 1992.
Gráfica 14. Persoas de 16 a 29 anos segunda a lingua na que falan coa súa parella
60 50 40 30 20 10 0 1992
2003
2008
En galego sempre
Máis galego ca castelán
Máis castelán ca galego
En castelán sempre
Fonte: RAG. Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 / IGE. Enquisa de Condicións de Vida das Familias 2003 e 2008
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Ámbito social As persoas que falan galego (sempre ou case sempre) cos seus amigos segue a ser maioritaria, aínda que descende respecto ao ano 2003 (de 61,43% a 56,17%).
Gráfica 15. Porcentaxe de persoas segundo a lingua que falan cos seus amigos por tamaño de municipio
80 70 60 50 40 30 20 10 0 Menos de 10.000 habitantes
Entre 10.000 e 20.000 habitantes
Entre 20.000 e 50.000 habitantes
Máis de 50.000 habitantes
En galego sempre
Máis galego que castelán
Máis castelán ca galego
En castelán sempre
Fonte: IGE. Enquisa das condicións de vida das familias, 2008
No sector económico dos servizos constátase que máis da metade dos que residen en Galicia usan o galego para comunicarse nos comercios.
A utilización do idioma galego co persoal da administración diminuíu en Galicia entre 2003 e 2008 en 7,7 puntos porcentuais, aínda que o seguen empregando máis da metade da poboación (51,8%).
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Ámbito laboral Aínda que, en xeral, o idioma galego segue a ser en 2008 o máis usado en Galicia entre compañeiros de traballo a media galega caeu respecto ao ano 1992 en 20 puntos porcentuais. A rama de actividade é unha variable de forte influencia no uso da lingua.
Táboa 7. Porcentaxe de persoas segundo a lingua na que falan cos seus compañeiros de traballo, por rama de actividade (CNAE-2009). Ano 2008
Rama de actividade Agricultura Industria Construción Servizos En galego sempre
79,6
42,4
51,9
26,8
Máis galego ca castelán
8,1
18,2
18,1
15,3
Máis castelán ca galego
4,5
16,3
13,4
22,8
En castelán sempre
7,9
23,2
16,6
35,1
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias 2008.
No análise por sectores económicos vemos que o uso do galego é predominante no sector privado, cun 54,5%, de persoas que falan ou ben sempre en galego ou máis galego ca castelán, fronte ao 42,7% do sector público.
Medios de comunicación e Internet O castelán segue a ser o idioma preferido nos medios de comunicación. O 66% dos residentes galegos prefiren ver a televisión neste idioma; o 68,6% fai o mesmo coa radio acadando, no caso da prensa, cotas porcentuais do 81,6%.
O mesmo sucede co uso da rede. O 83,1% dos usuarios -sen diferenciación provincial, municipal, nin por idade, nivel de estudos ou sexo- usan o castelán. Con todo, a lingua na que falan habitualmente os internautas ten unha influencia importante nas súas preferencias.
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010
Táboa 8. Persoas segundo a preferencia de idioma para navegar por internet. Datos por lingua na que falan habitualmente. Ano 2008
En galego sempre
Máis galego ca castelán
Máis castelán En castelán ca galego sempre
En galego sempre
51,6
32,0
22,3
19,1
Máis galego ca castelán
38,3
47,1
30,0
17,4
Máis castelán ca galego
8,1
18,6
36,9
27,4
En castelán sempre
2,0
2,3
10,7
36,0
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias 2008
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA SETEMBRO DE 2010