Hora de Ler 2019-2020

Page 1

Algunhas recomendacións -Antes de baixar ao recreo, tod@s (@ profe tamén), deixarán a súa mesa recollida e o libro que van ler enriba, listo para chegar e abrilo. - Cando cheguen do recreo, non se atenderá ningunha queixa nin discusión, non iremos ao baño, non iremos beber, nin daremos recados... deixaremos TODO para despois de ler (o máis probable é que para entón calquera problema estea xa esquecido). Para facilitar a creación dun clima de calma, convén que nós mesm@s nos sentemos a ler e penduremos no pomo exterior da porta da clase o cartel de “Hora de ler”. Poden ler o que queiran, o que lles guste, o que lles interese, o que lles resulte máis fácil, máis atractivo ou máis entretido, o que teña máis debuxos ou o que estea protagonizado por un personaxe coñecido... En definitiva, o que lles proporcione pracer. -

- Poderán cambiar de libro cantas veces queiran (é o primeiro dereito do lector/a), mentres respecten o espazo e o silencio dos demais. Será normal que, sobre todo ao principio, se levanten para cambiar de libro. Non importa; serán sobre todo os que teñan máis dificultades para ler ou que lles custe encontrar algo do seu gusto, pero todo é cuestión de tempo. - Podemos alternar con algún día de lectura colectiva en voz alta, pero iso non debe ser o habitual senón o puntual. Debemos priorizar que escollan libremente as súas lecturas e as lean. - Aproveitemos as sesións de biblioteca para que escollan libros para a Hora de Ler, levemos á aula libros diversos para que poidan escoller, pidamos que traian da casa libros “especiais” que queiran compartir... - Gocemos nós tamén da Hora de Ler! “ Ninguén vai aprender a tocar o violín sen practicar, ninguén vai aprender a ler sen practicar (...)

- As lecturas poden vir da casa, da BBS, da biblioteca de aula... O caso é que lean, en silencio, que intenten descifrar o que len, e que gocen facéndoo. Ese é o obxectivo fundamental.

Un tempo, un tempo para ler. Os nenos necesitan un tempo para ler (...) É na escola onde se necesita un tempo autónomo de lectura silenciosa, tranquila, onde os nen@s van ir lendo e aumentando as súas habilidades de lectura” Teresa Colomer


HORA DE LER “O verbo ler non soporta o imperativo. Aversión que comparte con outros verbos: o verbo “amar”..., o

Boletín Informativo da Biblioteca Brea Segade (PROFESORADO)

verbo “soñar”…” Daniel Pennac

A HORA DE LER É: ►15/20 minutos adicados á lectura, polo puro pracer de ler. ►15/20 minutos de descanso e de “desconectar” do ritmo das clases para adicarnos, ao noso propio ritmo, á lectura. ►15/20 minutos para gozar de mirar, de ler, de compartir en silencio. A HORA DE LER NON É: ► Un castigo: é unha actividade pracenteira. ► Unha asignatura: non se trata de pedir nada a cambio, non se trata de avaliar a evolución do da lectura do nen@, non se trata de mellorar a súa comprensión lectora,.... ► Un traballo: é un tempo de lecer.

Michelle Dowd

HORA DE LER Setembro 2019


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.