Xoiaría Galega

Page 1



lega

Peza de xoiaría elaborada por Ardentia e incluída na colección 'Gorgonia'.

15


Tesouros galegos

G

Museo Provincial de Lugo

aliza acubilla unha importante colección de xoias prerromanas. Trátase de pezas para o uso persoal, como torques, arracadas, diademas e brazaletes. Destaca entre todas elas o coñecido como torques de Burela (na parte inferior da imaxe, detalle á esquerda e vista xeral á dereita), unha peza de ouro macizo que pesa máis de 1.800 gramos. Pertencente á colección de ourivaría antiga de Álvaro Xil Varela, este torques é o máis pesado e voluminoso de todo o noroeste peninsular. Símbolo de poder e riqueza en forma de colar ríxido, foi declarado Ben de Interese Cultural. Outras pezas que forman parte deste importante acervo son o broche de Boimorto (á esquerda na primeira liña), a arracada de Bretoña (á dereita na primeira liña), o pendente bisigótico (á esquerda na segunda liña), as arracadas de Masma (á dereita na segunda liña), o brazalete de Melide (á esquerda na terceira liña) e o colar de láminas do Monte dos Mouros (á dereita na terceira liña).

16


Coxga

Dous colgantes elaborados por Fernando Gallego (arriba) e a Unión Joyera de Bergondo (abaixo).

Baixo estas liñas móstrase un anel da colección 'Coral', deseñado por Orfega.

Coxga

prezada e perfecta xoia da época. A xoiaría, a arte de adornarse, formou parte de celebracións de distinta índole, principalmente cultos relixiosos (eran destinadas á ofrenda), festividades, eventos políticos (como símbolo de poder) e deportivos, mais co paso dos séculos, estas pezas representaron a punta de lanza dunha industria con carácter propio e en constante evolución que se articula arredor de 300 empresas –segundo datos do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia (Coxga)– e das que sete contan co prestixioso selo Galicia Calidade, que aplica a todos os seus produtos unha serie de auditorías que garanten esa calidade que lle dá nome tanto aos seus bens como aos das máis de 90 marcas de sectores como o vinícola, o turístico ou o agroalimentario. Trátase de Ardentia (A Coruña), Fernando Gallego Xoieiro Artesán (Outes), Fink Orfebres (Compostela), Katuxa Platero Joyas (Compostela), Orfega (Compostela), Unión Joyera de Bergondo (Bergondo) e Óscar Rodríguez Joyeros (Viveiro). O responsábel desta última firma é, ademais, o presidente do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, que revela a Sermos Galiza que a maioría das empresas asociadas –incluída a súa– abriron as portas por primeira vez desde o inicio da crise provocada pola pandemia da COVID-19 o pasado día 18 de maio, segunda feira, logo de dous meses de feche nos que perderon infinidade de vendas cotiás e campañas especiais, como a dos días do Pai e da Nai, así como multitude de agasallos por diferentes celebracións familiares e eventos, como bautizos, comuñóns e, especialmente, vodas, inconcibíbeis sen aneis de compromiso. O presidente do Coxga conta que aínda non están "a tope" porque "logo destes meses sen demanda ningunha, hai que agardar a que se vaia normalizando a situación", mais móstrase "optimista, aínda que cauteloso" ante o novo escenario que se aveciña. Rodríguez considera o seu sector un termómetro da situación económica do país: "Nós –a xoiaría– somos os primeiros que

notamos cando hai crises, porque somos a quen golpean antes e os últimos en saír delas. Por exemplo, até hai non moito aínda sentiamos os efectos da do ano 2008, e agora, cando empezabamos un pouquiño a sentir a claridade, a ver a luz, golpéanos unha nova". "Porén, –engade– non queda máis que tirar para adiante, porque somos un sector milenario, tan antigo como a humanidade, que sempre estivo aí e aí seguirá estando, porque formamos parte da cultura galega, do bo facer do noso pobo, o galego, que sempre tivo moita avidez pola xoiaría". Esa apelación á galeguidade que realiza o presidente do colexio é unha das chaves da súa estratexia de reconstrución pos-COVID, xa que "se algo quedou claro nesta crise é que hai que potenciar todo o que se poida o feito na casa, o feito aquí, no noso país". "A xente ten que optar polo producido na Galiza, debe mentalizarse de mercar o noso produto, porque é de primeira categoría, de gran calidade, e debemos situalo onde se merece", engade. Salienta que "se tivésemos un tecido produtivo potenciado e forte, posibelmente esta situación que pasamos co coronavirus non tería sido tan grave", di.

A particular visión dun cabaliño do demo conforma unha das pezas de xoiaría máis orixinais deseñadas por Katuxa Platero Joyas.

Responsabilidade de todas e todos O sector abre de novo as súas portas esperanzado, coa confianza posta en que a clientela volva á normalidade e se realice ese consumo "de proximidade" ao que apela o xoieiro Óscar Rodríguez. Para iso queren deixar ben claro que tanto nos seus obradoiros e centros de traballo como nos espazos de atención ao público efectuaron unha adaptación integral á nova realidade sanitaria para contar desde o primeiro día coa máxima hixiene, protección e seguridade, todo para salvagardar o benestar e a saúde das persoas que mercan os seus produtos, que en moitos casos, e nomeadamente durante os pasados días, non estaban ao tanto da reapertura das xoiarías. Neste contexto, anuncian que ao longo das vindeiras semanas levarán a cabo –tanto de forma individual como colectivamente a través da coordinación do Colexio

17


Fernando Gallego e Paula Iglesias nunha exposición de xoiaría en La Galiciana organizada o ano pasado polo Coxga e Galicia Calidade. Oficial de Xoiaría de Galicia e Galicia Calidade– unha serie de campañas nas súas redes sociais para concienciar sobre a importancia do sector e do necesario que é o apoio da poboación. Campañas que se verán complementadas cunha serie de sorteos de produtos, cheques regalo, ofertas e descontos. O apoio de todas e todos será fundamental para evitar o afundimento colectivo no marco dunha situación "dramática", como apunta Fernando García, da Unión Joyera de Bergondo. "Nós –explica– somos un sector moi pequeniño, e pouco podemos facer individualmente, pero colectivamente si que podemos incidir, e agora máis que nunca, na importancia de que a xente consuma un produto de proximidade como é o noso, que ten unha tradición moi grande, de moitos anos, e que corre o risco de perderse ante a invasión de produtos de fóra, porque pode que sexamos máis caros, pero temos moitos máis valores engadidos,

18

como a tradición, a artesanía e, por suposto, o servizo posvenda e a atención ao cliente". García é consciente tanto de que representan "un produto pequeno, de nicho", como de que "a crise vai afectar toda a xoiaría, porque é o primeiro do que se prescinde", mais calcula que "para o Nadal" a situación debería ter remontado logo dunhas datas moi duras nas que a súa táboa de salvación foi o mercado estranxeiro, xa que "procedente do Estado español non tivemos nin un só encargo no mes de abril, foron cero euros de facturación". O seu compañeiro Fernando Gallego rexenta unha empresa que desde a serra de Outes exporta talento e creatividade a todo o mundo, tanto, que xa hai tres anos que as súas coleccións recibiron a certificación por parte de Galicia Calidade polo seu traballo con materiais como o ouro ou os diamantes. Coas portas abertas tamén desde a pasada segunda feira –

"A Xoiaría é o primeiro sector no que se nota unha crise e o último que sae dela", sinala o presidente do colexio de xoiaría de galicia

con cita previa durante a semana anterior–, ve con certa inquedanza a excesiva "tranquilidade" que parece intrínseca á nova normalidade, aínda que a considera "perfectamente comprensíbel" nun sector como o seu "no que ao non vender produtos de primeira necesidade, a xente opta por adiar a compra". Unha etapa de cancelacións que preocupa ao sector Unha das súas maiores preocupacións represéntaa a multiplicación de cancelacións de vodas, festas e acontecementos sociais "onde a xente loce xoiaría", pero, ao igual que os seus compañeiros de gremio, móstrase confiado en que a situación mellorará. "Saímos doutras e desta tamén sairemos", apunta. Para conseguilo, o artesán da xoiaría defende o "valor engadido" que lles achega o selo de calidade –"tanto a nivel galego como estatal, pois implica un recoñecemento de que os


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.