2018
Memoria Provincial Ourense
Índice 1. A Institución. Misión e Visión . . . 5 2. Resumo de actividade . . . . . . .
6
3. Voluntariado e formación 3.1. Voluntariado . . . . . . . . . . . . . 8 3.2. Formación . . . . . . . . . . . . . . . 10 4. Programas e actividades 4.1. Extrema vulnerabilidade . . . . . . . . 12 4.2. Emprego . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16 4.3. Persoas maiores . . . . . . . . . . . . . . . 20 4.4. Infancia en dificultade social . . . . . . . . . 24 4.5. Persoas con capacidades diferentes . . . . . 26 4.6. Traballos en beneficio da comunidade . . . . . 28 4.7. Saúde e socorros . . . . . . . . . . . . . . . . . 29 4.8. Cruz Vermella Xuventude . . . . . . . . . . . . . 34 4.9. Medio ambiente . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 38 4.10. Cooperación internacional . . . . . . . . . . . . . . 40 5. Xestión económica 5.1. Fontes de financiamento . . . . . . . . . . . . . . . . . . 42 5.2. Destino dos fondos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 45 5.3. Agradecementos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 47 6. Comité Provincial . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 49 7. Principios Fundamentais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 50
MISIÓN Estar cada vez máis preto das persoas vulnerables nos ámbitos nacional e internacional, a través de accións integradas, realizadas por voluntariado e cunha ampla participación social e presenza territorial.
VISIÓN Cruz Vermella Española, como organización humanitaria e voluntaria arraigada na sociedade, dará respostas integrais ás persoas vulnerables, dende unha perspectiva de desenvolvemento humano e comunitario, reforzando as súas capacidades individuais no seu contexto social.
1
A Institución Un ano máis, a través da Memoria de Actividades presentamos á sociedade o traballo realizado por Cruz Vermella na provincia de Ourense para dar cobertura ás necesidades das persoas en situación máis desfavorecida. Nestas páxinas tentamos resumir o noso labor dende os distintos proxectos. Cada unha das nosas accións están vinculadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, á Axenda 2030 que nos implica a todas/os para transformar o mundo: erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade e a paz. Dar conta da axuda que ofrecemos é para nós un deber, como organización humanitaria que conta coa complicidade de persoas socias, empresas colaboradoras e administracións públicas. Non só por transparencia, senón porque é unha oportunidade para amosar unha realidade ante a que non podemos pechar os ollos. Falamos das necesidades das familias en situación de pobreza, das persoas refuxiadas, das persoas maiores que viven soas, dos nenos e nenas que precisan dunha familia que os/as coide por un tempo, das persoas que precisan apoio para atopar un emprego… Persoas que son todas elas a nosa prioridade, as protagonistas da nosa axenda diaria; e grazas ao compromiso do voluntariado podemos realizala, alomenos no máis urxente e nas cuestións máis fundamentais que atinxen aos dereitos básicos. Por todo iso, reitero o meu máis sincero agradecemento a todas as persoas que colaboran nos distintos proxectos e nas actividades solidarias que organizamos, así como ás entidades públicas e privadas que fan posible o desenvolvemento dos nosos programas sociais. Grazas por estar sempre aí, sempre ao noso carón. Felipe Ferreiro Feijóo Presidente Provincial de Cruz Vermella en Ourense A Institución
5
2
Resumo de actividade
TRANSPARENCIA A Institución está suxeita á Lei de Subvencións e ao control das Administracións Públicas. Ademais cada ano realiza unha auditoría externa das contas; un exame a través do que a empresa Price Waterhouse & Coopers garante a eficacia e transparencia da xestión económica.
Contamos con mecanismos de control que garanten o cumprimento do Código de Conduta e bo goberno da nosa organización.
CALIDADE A implantación da calidade nos proxectos de Cruz Vermella susténtase na norma ISO 9001, contando coa certificación ONG Benchmarking.
6
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
4.267
PERSOAS VOLUNTARIAS
9.721
SOCIOS /AS
15.156 INTERVENCIÓN SOCIAL
3.403
513
FORMACIÓN
MEDIO AMBIENTE
2.981 EMPREGO
14.513 2.694
CRUZ VERMELLA XUVENTUDE
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
4.561 SAÚDE E SOCORROS
Contamos con 43.440 participantes nos nosos programas.
TOTAL
Moitas das persoas atendidas precisaron axuda dende distintos proxectos para cubrir as súas necesidades, recibindo unha atención integral, de forma individual ou en grupo.
43.440
4.267 persoas voluntarias deron o mellor de si mesmas para axudar a quen máis o precisaba. Un labor que contou coa complicidade de 9.721 socios/as.
PARTICIPANTES
Resumo de actividade
7
Voluntariado e Formación
3
3.1 Voluntariado
Encontro Provincial de Voluntariado, no que Cruz Vermella na Limia foi a asemblea anfitrioa.
8
Para o desenvolvemento dos nosos proxectos contamos con 4.267 persoas voluntarias: persoas comprometidas e solidarias que ofrecen o seu tempo e coñecementos en favor da igualdade de oportunidades.
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
O voluntariado é un dos nosos principios fundamentais. Non somos unha organización CON voluntariado senón DE voluntariado. No 2018, sumáronse 242 persoas aos diferentes proxectos que a Institución desenvolve na provincia de Ourense.
57 z 43 +
P erfil do Voluntariado
57,03 % MULLERES
IDADE MEDIA
42
ANOS ESTUDOS SUPERIORES
41,91 %
42,97 % HOMES
Humanidade
Imparcialidade
Independencia Voluntariado
Neutralidade
Unidade
Universalidade
Voluntariado e Formación
Voluntariado
9
3.2
Formación
Co Plan de Formación que desenvolvemos durante o 2018 capacitamos ao voluntariado e persoal técnico para a realización do seu labor no marco da Institución. Tamén ensinamos a persoas vulnerables a afrontar con garantías de éxito a súa situación. Outros cursos diríxense ao conxunto da sociedade, especialmente os relativos aos primeiros auxilios e a educación infantil.
A metodoloxía a nosa formación trata de ser plural e integradora, dinámica e participativa. A nosa formación está certificada a través do Sistema de Calidade na Xestión da Formación.
10
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
FORMACIÓN PARA A INTERVENCIÓN
34 338
FORMACIÓN PARA A POBOACIÓN EN XERAL
124 1.130
CURSOS ALUMNADO
DESENVOLVEMENTO INSTITUCIONAL
47 448
TOTAL
188 1.713 Voluntariado e Formación
Formación
11
Proxectos e actividades
4
4.1
Saída nocturna da Unidade de Emerxencia Social do programa de Atención a Persoas sen Fogar.
Extrema vulnerabilidade
Como consecuencia dunha situación continuada de alta precariedade, moitas persoas precisan axuda para cubrir as súas necesidades básicas: vivenda, os recibos básicos, a alimentación, a medicación, etc. O desemprego é un factor determinante, aínda que non o único. Entregáronse 4.679 axudas económicas ou de bens que beneficiaron a 2607 persoas en situación de vulnerabilidade.
12
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
Ofreceuse apoio psicosocial de forma individual ou grupal e formación en obradoiros sobre aforro doméstico e consumo responsable. En concreto, 88 persoas participaron en talleres específicos de eficiencia enerxética, entregáronse 75 kits de aforro enerxético para o fogar e realizáronse 19 asistencias en domicilios ou cambios de electrodomésticos antiguos por novos de categoría A++.
O 60% das persoas atendidas nesta área foron mulleres de nacionalidade española de entre 35 e 49 anos.
No 2018, traballamos con 125
persoas
refuxiadas
ou solicitantes de asilo na comarca de Valdeorras e na cidade de Ourense, no marco do proxecto de protección internacional que desenvolvemos en coordinación co Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
O modelo de atención centrado na persoa e na análise da súa situación foi a ferrramenta esencial de traballo do persoal técnico e voluntario, para poder achegar solucións axeitadas e axudar a mellorar a súa calidade de vida. Un proxecto específico deu apoio a mulleres en situación de especial dificultade ou vítimas de violencia, no que participaron 117 mulleres. Ademais, 33 mulleres formaron parte do programa de Atención e Protección ás vítimas da violencia de xénero (ATENPRO) do Goberno de España.
Dende o proxecto de Atención a Persoas sen fogar atendemos a 379 persoas en situación de rúa, transeúntes ou en grave risco de exclusión social. A Unidade de Emerxencia Social fixo de xeito periódico 65 saídas diúrnas e nocturnas, nas que se realizaron 604 atencións a persoas que precisaban bebidas quentes, mantas, sacos de durmir, luvas, etc.
Proxectos e Actividades
Extrema Vulnerabilidade
13
2017
TERCEIRA FASE
128.221,43 kg 78
Entidades
2018
5.045
PRIMEIRA FASE
Persoas beneficiarias na provincia
255.971,80 kg 77
2018
Entidades
4.885
Persoas beneficiarias na provincia
SEGUNDA FASE
263.035,08 kg 80
Entidades
4.903
Persoas beneficiarias na provincia
Cruz Vermella distribuíu os alimentos do Programa 2018 de Axuda Alimentaria (FEAD) entre 80 entidades colaboradoras.
Clases de español para persoas inmigrantes e refuxiadas.
PROXECTO
ATENCIÓN INTEGRAL A PERSOAS SEN FOGAR (UES)
AXUDAS A NECESIDADES BÁSICAS DAS PERSOAS
APOIO NA PREVENCIÓN DA EXCLUSIÓN ESCOLAR EN TEMPOS DE CRISE
INTERVENCIÓNS
4.360
8.296
586
379
2.191
319
PARTICIPANTES
14
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
MELLORA SOCIOAMBIENTAL: MOVÉNDONOS POLO AFORRO DOMÉSTICO
BENESTAR PERSOAL E ACTIVACIÓN SOCIAL
INTEGRACIÓN DE INMIGRANTES
ACOLLIDA E INTEGRACIÓN DE PERSOAS SOLICITANTES E BENEFICIARIOS DE PROTECCIÓN INTERNACIONAL
ACOLLIDA, ATENCIÓN E ASESORAMENTO A MULLERES EN SITUACIÓN DE PRECARIEDADE
ATENPRO
179
3.387
3.811
7.520
409
401
68
179
383
124
117
40
Proxectos e Actividades
Extrema Vulnerabilidade
15
4.2
Acto de Recoñecemento a Empresas no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Plan de emprego
Dende os proxectos desta área centrámonos en axudar a todas as persoas en situación de desemprego, especialmente a aquelas que por distintas razóns están máis afastadas do mercado laboral. Realizamos formacións de capacitación profesional, de competencias transversais e orientacións grupais/individuais para a mellora das habilidades persoais dos/das par-
16
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
ticipantes, co obxectivo de aumentar a súas posibilidades de acceder a un emprego. Para conseguilo, contamos tamén coa complicidade de empresas colaboradoras comprometidas socialmente e desenvolvemos campañas de sensibilización para eliminar estereotipos e prácticas discriminatorias no ámbito laboral.
z + 51 49 z 33 + 67 49,2 %
NACIONALIDADE ESPAÑOLA
66,7 % MULLERES
50,7 %
NACIONALIDADE ESTRANXEIRA
33,3 % HOMES TOTAL PARTICIPANTES
890 Achegamos oportunidades laborais a 890 persoas
Moito máis que un traballo Melloramos a calidade de vida a través da inserción laboral de 356 persoas, o 40% das persoas que atendemos
Traballamos con 354 empresas en materia de responsabilidade social e igualdade de oportunidades
Proxectos e Actividades
Plan de Emprego
17
Mesa de Diálogo na Molinera para Empresas coa AJE, “Employer Branding: talento jr vs. talento sr”. Entrega de diploma a participante dun curso de capacitación profesional.
PROXECTO
HORAS
PARTICIPANTES
18
ITINERARIOS INTEGRAIS PARA PERSOAS DE DIFÍCIL INSERCIÓN
ITINERARIOS INTEGRAIS INTENSIFICADOS PARA PERSOAS DE MOI BAIXA EMPREGABILIDADE
ITINERARIOS INTEGRAIS DE ACCESO AO EMPREGO: PRIMEIRAS OPORTUNIDADES LABORAIS CON XÓVENES
MEDIDAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO EMPREGO: APRENDER TRABALLANDO PARA XÓVENES DE GARANTÍA XUVENIL
MEDIDAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO EMPREGO: ACTIVACIÓN, ORIENTACIÓN E ACOMPAÑAMENTO SOCIOLABORAL XÓVENES DE GARANTÍA XUVENIL. PULSA EMPREGO
21.660
6.264
7.321
6.424
3.824
201
75
77
21
37
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
Sesión de orientación e motivación a participantes de distintos proyectos, a cargo da directiva de “Qué necesitas”.
ITINERARIOS LABORAIS A TRAVESO DA R.S.C. INCORPORA
MEDIDAS ESPECÍFICAS DE ACCESO AO EMPREGO: FORMACIÓN PARA O EMPREGO CON XÓVENES DE GARANTÍA XUVENIL
MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA O ACCESO AO EMPREGO: EMPREGA REDES
INFORMACIÓN LABORAL
PROXECTO DE MOTIVACIÓN PARA O EMPREGO CON MULLERES
EMPREGANDO DIXITAL
ESPAZOS DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO
5.400
2.699
7.945
20.047
1.353
742
-
100
17
75
244
41
16
253
Proxectos e Actividades
Plan de Emprego
19
4.3
Persoas maiores
Ourense é unha das provincias españolas co índice mais alto de envellecemento: o 28.4% da poboación é maior de 65 anos segundo datos do INE. En moitos casos teñen varias patoloxías médicas, enfermidades crónicas e dificultades de autonomía persoal, ao que se suma ás veces a falta de relacións persoais, familiares e illamento. Dende os nosos proxectos damos resposta a estas necesidades con actuacións que permi20
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
ten incrementar a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida. Durante o 2018 atendemos a 3.188 persoas maiores, ampliando a cobertura dos nosos servizos ás zonas rurais. Cada vez presentan maior idade media, polo que aumentan as súas demandas de acompañamentos en domicilio e ao médico, sen diminuír as actividades de promoción da saúde ou tempo de lecer.
F 18 + 82 +65 ANOS
81,7 % MULLERES
TOTAL PARTICIPANTES
4.634
Con actividades complementarias como xerontoximnasia, informática, pintura ou bailes de salón, fomentamos un envellecemento activo que permite evitar illamentos innecesarios, mellorando así as súas relacións sociais. No proxecto “Bo trato a persoas maiores” contamos coa colaboración da Policía Nacional e a Garda Civil levando a cabo charlas que axuden a previr posibles situacións que deriven en estafas, timos e roubos. Non obstante, a
seguridade dos nosos maiores no seu entorno constitúe un dos obxectivos base da nosa organización. Ademais, mediante a metodoloxía de Proximidade Local, as nosas chamadas achegáronlle ás persoas maiores información de interese de carácter preventivo e socio-sanitario, como as campañas “Vaga de Frío/Calor”, ou a campaña de vacinación da gripe.
Proxectos e Actividades
Persoas Maiores
21
Saída lúdico-cultural ao Balneario de Laias e formación sobre o coidado do pé para coidadores non profesionais.
PROXECTO
INTERVENCIÓNS
PARTICIPANTES
22
APOIO TEMPORAL A FAMILIAS CON PERSOAS MAIORES AO SEU CARGO
INFORMACIÓN E CAPACITACIÓN A COIDADORES/ AS NON ROFESIONAIS
CENTRO DE DIA DE PERSOAS MAIORES
TELEASISTENCIA DOMICILIARIA
1.981
938
46.890
35.544
216
174
48
42
1.509
70
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
BO TRATO A PERSOAS MAIORES
Obradoiro de memoria no Carballiño.
Paseo saudable en Riós.
AXUDA A DOMICILIO COMPLEMENTARIA
REDE SOCIAL PARA PERSOAS MAIORES: ENRÉDATE
ATENCIÓN A PERSOAS CON FUNCIÓNS COGNITIVAS DETERIORADAS
SAÚDE CONSTANTE
ATENCIÓN A PERSOAS EN PROCESO DE ENVELLECEMENTO
5.303
16.966
14.144
16.600
278
574
1.019
502
640
56 Proxectos e Actividades
Persoas Maiores
23
4.4
Sesión formativa do programa de Avós e Avoas Educadores.
Infancia en dificultade social
A protección da infancia en situación de vulnerabilidade por carencias materiais ou afectivas é un eixe vertebrador do noso labor. Por iso dende distintos proxectos ofrecemos alternativas e fórmulas de convivencia que propician un clima de estabilidade e seguridade. O programa de Avós e avoas Educadores, en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ofreceu un soporte aos avós e avoas que exercen labores parentais, desenvolvendo unha acción preventiva fronte ao estrés que conleva a crianza e coidado dos netos e netas.
24
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
Todos/as foron xa coidadores/as e educadores/ as no pasado, pero esta etapa é practicamente nova para eles/as. Todo cambiou: o estado físico, a paciencia, o tempo libre, a influencia da sociedade que nos rodea... Polo que é importante refrescar e aprender novas cousas que axudan a levar adiante a aventura de coidar e educar aos/ás netos/as. As sesións das escolas convértense nunha cita imprescindible, na que aprenden, desafóganse, rin e comparten experiencias.
No programa Familias Acolledoras da Xunta de Galicia, que xestiona Cruz Vermella, 52 menores que por diferentes motivos non podían vivir coa súa familia biolóxica atoparon unha familia e un fogar no que medrar de forma temporal. Ao longo do ano 2018 mantívose un número elevado de derivacións da Admistración, con propostas sobre todo de nenos e nenas de idades inferiores aos 8 anos e adolescentes a partir de 14 anos, así como de grupos de irmáns. As modalidades de acollemento máis frecuentes foron as de urxencia e temporais de convivencia plena, o que supón unha gran dispoñibilidade e flexibilidade nos tempos tanto do equipo técnico do proxecto como das familias. No Centro de Día de Menores de Verín, 16 nenos e nenas de entre 3 e 17 anos recibiron todas as atencións e coidados diarios que necesitaban: manutención, vestiario, material escolar, traslados ao centro educativo, actividades lúdicas, apoio escolar e familiar. A intervención realízase de forma individual, atendendo as capacidades, circunstancias e necesidades particulares de cada caso, e de forma grupal fomentando a convivencia, o establecemento de relacións positivas fundamentadas no respecto, o coñecemento e aceptación do proxecto educativo do centro.
PROXECTO
INTERVENCIÓNS
PARTICIPANTES
ACOLLEMENTO FAMILIAR
CENTRO DE DIA DE MENORES DE VERÍN
AVÓS E AVOAS EDUCADORES
1.151
6.721
398
212
16
50 73
Proxectos e Actividades
AVÓS/AS NETOS/AS COMO BENEFICIARIOS/AS INDIRECTOS/AS
Infancia en dificultade social
25
Persoas con capacidades diferentes
65+35F 63 %
PARTICIPANTES DE MÁIS DE 65 ANOS
Imaxe da exposición de Viaqua durante a Semana Europea da Mobilidade.
Dende Cruz Vermella axudamos a promover, manter ou restablecer a autonomía e independencia de persoas con limitacións funcionais. Durante o 2018, realizouse o transporte adaptado, dun xeito diario na meirande parte dos casos, de 59 persoas con mobilidade reducida a centros de rehabilitación, de estudo, de ocio ou para a realización de pequenas xestións que non poderían facer por si mesmas. Ademais, 137 persoas recibiron en préstamo produtos de apoio: andadores, muletas, cadeiras de rodas, grúas, camas articuladas, etc.
26
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
62 % MULLERES PARTICIPANTES NOS PROXECTOS
63+37F
4.5
+65 ANOS
No Ribeiro, 16 persoas de entre 30 e 67 anos con capacidades diferentes participaron no obradoiro de ocio e tempo de lecer que busca a súa óptima integración social. Quincenalmente realizáronse accións formativas con actividades educativas e lúdicas, que se complementaron con excursións e saídas culturais a Vila Nova de Cerveira e Guimarães, entre outras.
Actividade de alfarería con persoas do obradoiro de ocio e tempo de lecer no Ribeiro.
PROXECTO
INTERVENCIÓNS
PARTICIPANTES
Actividade durante a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
PRÉSTAMO DE PRODUTOS DE APOIO
TRANSPORTE EN VEHÍCULOS ADAPTADOS
TELEASISTENCIA DOMICILIARIA
OCIO E TEMPO DE LECER NO RIBEIRO
AXUDA A DOMICILIO COMPLEMENTARIA
92
677
927
571
1.382
137
59
44
16
95
Proxectos e Actividades
Persoas con capacidades diferentes
27
4.6
Traballos en beneficio da comunidade
F 45 + 55
F 17 + 83 <40 ANOS
En colaboración con Servizos Sociais Penitenciarios, facilitamos a realización de traballos en beneficio da comunidade a persoas que cumpren condena, preto do seu domicilio: 83 persoas beneficiáronse desta medida durante o 2018 nas asembleas de Ourense, Monterrei, O Carballiño, Valdeorras, O Ribeiro e Maceda. Colaboraron en distintas áreas: acompañando a persoas maiores, facilitando tarefas administrativas ou axudando na organización de actividades xerais. No Programa de intervención, sensibilización e reeducación en competencias sociais (PROBECO) participaron 9 homes. Unha aposta máis pola reinserción, a través de sesións grupais semanais dirixidas por unha psicóloga.
28
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
55 %
TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE * Idade media
83
HOMES
92%
TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE
TRABALLOS EN BENEFICIO DA COMUNIDADE
PROBECO
1.582
32
83
9
4.7
Saúde e socorros
Promovemos hábitos e estilos de vida saudables, así como condutas e actuacións de prevención de accidentes de tráfico, domésticos e de ocio. Vacinación fronte á gripe no Centro de Día por persoal sanitario do SERGAS.
Saúde A saúde é un area de especial importancia para Cruz Vermella, e de forma transversal apostamos por un estilo de vida que mellore a saúde física, emocional e relacional das persoas usuarias dos distintos proxectos e da poboación en xeral. Promovemos hábitos e estilos de vida saudables, así como condutas e actuacións
de prevención de enfermidedades, de accidentes de tráfico, accidentes de domésticos e no tempo de ocio. Nos proxectos de prevención de enfermidades e promoción da saúde participaron de forma individual 398 persoas. Ademais contamos con 3.121 participantes en charlas ou actividades grupais, dirixidas a colectivos Proxectos e Actividades
Saúde e socorros
29
Charla de primeiros auxilios nun centro educativo.
especialmente vulnerables e á poboación xeral, ás que se suman 12.986 participantes nas campañas da área de saúde no perfil provincial de facebook. Nas distintas intervencións en relación coa atención e prevención da transmisión de VIH traballouse con 153 persoas, que de forma individual ou grupal recibiron atención socioeducativa, información ou apoio psicolóxico. Os informes penitenciarios recollen unha alta prevalencia de problemas de drogodependencia entre a poboación reclusa. Esta 30
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
drogodependencia supón un factor importante na comisión dos delictos e tamén nas posibilidades de éxito no proceso de reinserción, sendo especialmente relevante o seu tratamento durante o tempo de cumprimento da condena. Por estas razóns, no Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar, desenvolvemos un proxecto de diminución de consumo de drogas a través de actividades educativas, deportivas e terapéuticas en grupo e de forma individual, no que participaron 70 persoas.
Sesión de saúde bucodental na Gudiña.
PROXECTO
INTERVENCIÓNS
PARTICIPANTES
Mesa informativa coa Asociación Diabética Auria polo Día Mundial da Diabetes.
PROMOCIÓN DA SAÚDE, PREVENCIÓN DE ENFERMIDADES E ACCIDENTES
PREVENCIÓN E ATENCIÓN DE VIH-SIDA E ADICCIÓNS
DIMINUCIÓN DE CONSUMO DE DROGAS EN ENTORNO PENITENCIARIO
1.354
523
1.673
398
153
70 Proxectos e Actividades
Saúde e socorros
31
Socorros e emerxencias Un dos obxectivos principais dos servizos preventivos terrestres é prestar unha atención de urxencia a unha persoa en situación de risco vital en menos de 4 minutos. Durante o 2018 Cruz Vermella realizou 79 servizos preventivos en distintos actos na provincia de Ourense, maioritariamente de carácter deportivo e lúdico. En total, de 124.700 persoas que participaron nestes eventos como público ou nas competicións, atendéronse a 193 persoas, das que 15 personas precisaron ser trasladas en ambulancia a un centro sanitario. Nesta área destaca tamén o labor de promoción de primeiros auxilios entre a poboación, realizada en distintas localidades da provincia co apoio da Deputación de Ourense. Ademais, voluntariado ourensá da ERIE Psicosocial participou no simulacro de evacuación e salvamento por mor da rotura da presa do Bao en Valdeorras, organizado pola Xunta de Galicia.
Charla de prevención de accidentes domésticos e primeiros auxilios en Maceda.
PROXECTO
INTERVENCIÓNS
PARTICIPANTES
32
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
SERVIZOS PREVENTIVOS TERRESTRES
79 193
Proxectos e Actividades
SaĂşde e socorros
33
4.8
Campamento de verán en Cangas financiado por Obra Social la Caixa.
Cruz Vermella Xuventude
As actividades levadas a cabo desde Xuventude están deseñadas e pensadas especialmente para os colectivos máis vulnerables da sociedade actual, traballando principalmente dende a prevención, a educación e a promoción do ocio e hábitos saudables. Dende o programa de intervención social de Cruz Vermella xuventude, traballamos con 507 nenos e nenas de 6 a 18 anos procedentes de familias con escasos recursos económicos, en risco de exclusión ou que se atopaban vivindo nun entorno marxinal, familias desestruturadas, monoparentais ou en proceso de ruptura familiar, así como familias afectadas pola precariedade socioeconómica. O proxecto de Promoción do Éxito Escolar desenvolveuse en todas as asembleas comar-
34
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
cais de Cruz Vermella na provincia de Ourense, e o de Inclusión Social (INN) en Praza 200 e Barrocás, grazas á colaboración das asociacións de veciños dos barrios da cidade. Grazas ao programa Xoguetes para educar 468 rapaces e rapazas da provincia recibiron xoguetes educativos, non bélicos e non sexistas. Nesta campaña foron especialmente importantes as achegas tanto dos particulares, mo de Obra Social “la Caixa”, Faurecia, a Universidade de Vigo ou Allianz. No CHUO, 1.091 nenos e nenas hospitalizados compartiron con voluntariado de Cruz Vermella xogos e obradoiros para facer máis agradable o seu ingreso, en colaboración con Obra Social “la Caixa” e o proxecto de Cibercaixas.
Proxectos e Actividades
Cruz Vermella Xuventude
35
Charla de educación viaria organizada pola Dirección Xeral de Tráfico.
PROXECTO
INTERVENCIÓNS
PARTICIPANTES
36
Peche das actividades de verán co Club F.S. Baloncesto Barco.
INCLUSIÓN SOCIAL PARA NENOS E NENAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL
PROMOCIÓN DO ÉXITO ESCOLAR DE NENOS E NENAS EN DIFICULTADE SOCIAL
CIBERCAIXAS
O XOGUETE EDUCATIVO
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
1.823
30.157
251
523
126
49
456
1.091
878
1.773
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
Charla nun centro educativo da Limia con motivo do Día Internacional da Muller.
Xogos ao aire libre da ludoteca de verán en Celanova.
PREVENCIÓN DE CONDUTAS VIOLENTAS
SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
COEDUCACIÓN E EDUCACIÓN NON SEXISTA
OCIO E TEMPO LIBRE
PINEO
INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL
EDUCACIÓN EN DEREITOS
181
62
46
148
161
31
2
2.251
1.218
1.662
132
11
1.229
278
Proxectos e Actividades
Cruz Vermella Xuventude
37
4.9
Actividade de agricultura ecolóxica con nenos e nenas no Ribeiro.
38
Medio Ambiente
O lema elixido para celebrar o Día Mundial da Cruz Vermella de 2018 foi “Comprometidos coas persoas e o medio ambiente”. As condicións ambientais inciden de maneira especial na saúde física e mental das persoas, e Cruz Vermella, gobernos, empresas e sociedade civil compartimos a responsabilidade de loitar contra o cambio climático e os seus efectos negativos na vida das persoas.
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
Dende Cruz Vermella Ourense fomentamos o coidado do medio ambiente mediante accións de sensibilización para lograr un mellor equilibrio entre o home/muller e a natureza a fin de mellorar a situación das persoas máis vulnerables, fomentando un desenvolvemento sustentable.
PROXECTO
INTERVENCIÓNS
PARTICIPANTES
PROMOCIÓN DE CONDUTAS RESPECTUOSAS CO MEDIO AMBIENTE
13 513 Proxectos e Actividades
Medio Ambiente
39
4.10
Café con cooperantes no Barco de Valdeorras sobre o traballo nos campos de refuxiados en Grecia.
Cooperación internacional
No eido da cooperación internacional, Cruz Vermella dirixiu o seu labor a atender á poboación máis vulnerable en países empobrecidos, en guerra ou tras un desastre natural. En Ourense traballamos para achegar á cidadanía estas realidades e as nosas actuacións no exterior.
para dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible á poboación en xeral. Para isto contamos coa exposición “Imaxes sen Dereitos” como ferramenta excepcional. Tamén as redes sociais supuxeron neste apartado unha canle fundamental para achegar distintas campañas a 20.907 persoas.
Dende o proxecto de Educación para o Desenvolvemento buscamos crear unha conciencia social e unha cidadanía comprometida na construción dun mundo máis xusto e solidario.
Ademais destinamos o 1% do orzamento provincial ao Fondo de Cooperación, que dirixiu a maior parte dos fondos ao da Delegación de Cruz Vermella Española en Colombia e ao proxecto de protección e resiliencia de comunidades afectadas pola contaminación de armas nese país.
Como todas as accións e proxectos de Cruz Vermella están vinculados á Axenda 2030, dende esta área traballamos especialmente 40
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
Exposición “Imaxes sen dereitos” sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
PROXECTO
INTERVENCIÓNS
PARTICIPANTES
CAMPAÑAS DE SENSIBILIZACIÓN E DE OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
40 2.694 Proxectos e Actividades
Cooperación internacional
41
Xestión Económica
5
5.1 Fontes de financiamento
Cuestación no Día da Bandeiriña.
42
Para realizar o noso labor, contamos co apoio de administracións públicas, fundacións, obras sociais, socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as e a sensibilidade da cidadanía ourensá, que amosou a súa solidariedade en distintos eventos como as Andainas Solidarias do Sorteo do Ouro ou eventos solidarios de iniciativa privada.
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
Ademais contamos coa colaboración de persoas de distintos campos das artes e medios de comunicación, de empresas e particulares que aportaron o seu saber á organización de eventos a beneficio da nosa Institución.
22.417,24 €
0,62 %
CUOTAS SOCIOS/AS
934.867,24 €
25,79 %
SORTEO DO OURO
242.730,00 €
6,70 %
FONDO SOCIAL EUROPEO
254.629,66 €
7,02 %
SUBVENCIÓNS ESTADO
539.804,00 €
14,89 %
SUBVENCIÓNS XUNTA
763.565,45 €
21,06 %
SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN
54.098,99 €
1,49 %
SUBVENCIÓNS CONCELLOS
33.469,67 €
0,92 %
SUBVENCIÓNS PRIVADAS
115.473,74 €
3,19 %
PRESTACIÓNS SERVIZOS
546.860,22 €
15,09 %
117.212,40 €
3,23 %
3.625.128,61 €
100,00%
DOAZÓNS
OUTROS INGRESOS
Xestión Económica
Fontes de financiamento
43
Voluntariado da Asemblea de Monterrei colaborando na andaina solidaria en VerĂn.
Chechu Salgado e Tito Asorey colaborando co Sorteo do Ouro.
44
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
5.2
Destino dos fondos
VOLUNTARIADO
LOITA CONTRA A PROBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL
4,29 %
6,72 %
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
1,34 %
COOPERACIÓN NACIONAL
2,58 %
FORMACIÓN
3,30 % REFUXIADOS
PERSOAS MAIORES
14,73 %
29,74 %
MEDIO AMBIENTE
0,43 % MULLER, INMIGRANTES E OUTROS COLECTIVOS DESFAVORECIDOS
CAPACIDADES DIFERENTES
1,04 %
3,33 % SAÚDE E SOCORROS
EMPREGO
15,63 %
1,90 % INFANCIA
7,71 %
CRUZ VERMELLA XUVENTUDE
TOXICOMANÍA E VIH
1,83 %
5,42 % Xestión Económica
Destino dos fondos
45
Exposición “Imaxes sen dereitos” sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible no Centro Cultural Marcos Valcárcel. 46
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
5.3
Agradecementos
Queremos dar as grazas ás administracións públicas, fundacións, obras sociais, a todos os seus socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as e entidades de diversa índole que fixeron posible o noso labor social durante o ano 2018: Goberno de España, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Fondo Social Europeo, Concello de Ourense, Concello A Gudiña, Concello de Viana, Concello de Riós, Concello de A Mezquita, Concello Vilariño de Conso, Concello do Carballiño, Concello de Celanova, Mancomunida de Celanova, Concello de Maceda, Concello de Allariz , Concello de O Barco de Valdeorras, Concello de A Rúa, Concello de Ribadavia, Concello de Cenlle, Concello de Coles, Concello de Verín, Concello de Cualedro, Concello de Monterrei, Concello de Xinzo de Limia, Vicerreitoría de Ourense – Universidade de Vigo , Centro Cultural Marcos Valcárcel, Inorde, Viaqua, Teatro Principal, Espazo Lusquiños, Pablo Araújo, CHUO, Centro Médico El Carmen, Obra Social La Caixa, CEO, IKEA A Coruña, Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, Cámara de Comercio de Ourense, Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Centro Comercial Aberto Couto Centro, Centro Comercial Ponte Vella, Grupo Coren, Grupo Cuevas, Aarón Abalo, Urbanos de Ourense, La Región, La Voz de Galicia – edición Ourense, Faro de Vigo – edición Ourense, Telemiño, CRTVG, RTVE, SER Ourense, Onda Cero Ourense, Cadena Cope Ourense, Radio Exterior, Ourense por Barrios,
Juguettos, Croco Toys, Televisión Local do Carballiño, Imgrafor, Helbagraf, Prosoda, Asociación de Comerciantes do Carballiño, Asociación de Comerciantes do Ribeiro, Be One, Balneario de Laias Caldaria, Grupo de Teatro El Cercano, Centro de Danza Miriam, Estilo Libre, Panadería Roberto Rivela, Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense, Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, Asociación Cultural e Deportiva Vía XVIII, Xavier Vaz e IES Blanco Amor, Estrella Galicia, Bodegas Gallegas, Sousas, Cabreiroá , Correos, Carrefour, Froiz, Gadis, Vegalsa, A Ponte Club de Fútbol, Clínica Dental Floreano Vázquez Taín, Clínica Dental Mª del Mar Casares Gándara, Opticalia, Óptica Diagonal, Anpián, Gestoría Marcelino Díaz, Don Franque, Fisiourense, SEUR, Hotel Princess, Círculo Poético Ourensán, Praza de Abastos Nº 1, Renault Luis Aragonés, CIE Galfor, Faurecia Interior Systems, Don’t Stop Escuela de Danza, Colegio de Economistas de Ourense, Naturgy, Conservatorio de Ourense, Remax Habitat, Chévere Animación, Autos González, Colegio La Purísima, Liceo de Ourense, Rutea, centros educativos da provincia, farmacias da provincia… e moitos máis.
Xestión Económica
Agradecementos
47
48
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
6
Comité Provincial Presidente D. Felipe Ferreiro Feijóo Vicepresidentes/as D. Francisco González Soto Dna. Margarita Cobián Llamas Dna. Nora Sola Fernández
Vogais electos D. David González Gándara D. Jacinto González Gándara Dna. Patricia Susana Marcos Nicora Dna. Blanca Romero García Dna. Mari Carmen Janeiro Vences D. Pablo Mosquera Otero D. José María Rosell García D. Manuel Campos Taboada D. Amancio Isidro Lameiras Movilla D. Gonzalo Hervera Mené Dna. Mercedes Milagrosa García D. Daniel Freiría Rodriguez D. Miguel Ángel Estévez Valle Dna. Mª Esther Cruz Rodriguez
Presidentes/as Asambleas Comarcais D. Modesto Ojea Feijóo Cruz Vermella no Carballiño D. Amadino Pereira Fernández e D. Francisco González Soto Cruz Vermella en Terra de Celanova D. Antonio Fernández Fernández Cruz Vermella en Maceda D. Gonzalo Hervera Mené Cruz Vermella en Monterrei Vogais designados D. Clodomiro Montero Centrón Cruz Vermella no Ribeiro D. Héctor González Menor Cruz Vermella Xuventude D. Maximino Alonso Alejandre Cruz Vermella en Valdeorras Dna. Marisol Díaz Mouteira Xunta de Galicia Dna. Pilar Vega Sánchez Cruz Vermella en Viana, Conso-Frieiras D. Rosendo Luis Fernández Fernández Deputación de Ourense Secretaria Provincial D. Manuel Arias Carral Dna. Sofía García-Iturri Tosar Subdelegación do Goberno de España Dna. Sofía Godoy Gómez-Franqueira Coordinadora Provincial Concello de Ourense Dna. Marisa López Casero
Comité Provincial
49
7
Principios Fundamentais
Humanidade O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, ao que deu nacemento a preocupación de prestar auxilio, sen discriminación, a todos os feridos nos campos de batalla, esfórzase, baixo o seu aspecto internacional e nacional, en previr e aliviar o sufrimento en todas as circunstancias. Tende a protexer a vida e a saúde, así como a facer respectar á persoa humana. Favorece a comprensión mutua, a amizade, a cooperación e unha paz duradeira entre todos os pobos.
Imparcialidade Neutralidade Non fai ningunha distinción de raza,
relixión, social nin credo Co fin de condición conservar a confianza de todos, político. Adícase unicamente a socoo Movemento abstense de tomar parte nas rrer ás persoas na tempo, proporción cos hostilidades e, en todo nas controsufrimentos, súas versias de orderemediando política, racial, as relixiosa necesidadesou eideolóxica. dando prioridade ás máis urxentes.
Neutralidade Co fin de conservar a confianza de todos, o Movemento abstense de tomar parte nas hostilidades e, en todo tempo, nas controversias de orde política, racial, relixiosa ou ideolóxica.
50
Cruz Vermella Ourense
Memoria 2018
Independencia O Movemento é independente. Auxiliar dos poderes públicos nas súas actividades humanitarias e sometidas ás leis que rexen os países respectivos, as Sociedades Nacionais deben, non obstante, conservar unha autonomía que lles permita sempre actuar de acordo cos Principios do Movemento.
Carácter voluntario É unha institución de socorro voluntario e de carácter desinteresado.
Unidade En cada país só pode existir unha Sociedade Nacional da Cruz Vermella ou da Media Lúa Vermella, que debe ser accesible a todos e estender a súa acción humanitaria á totalidade do territorio.
Universalidade O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, no cal todas as Sociedades Nacionais teñen os mesmos dereitos e o deber de axudarse mutuamente, é universal.
Principios Fundamentais
51
Directorio OURENSE 988 22 24 84 Rúa Díaz de la Banda, 40 32004 Ourense ourense@cruzroja.es O CARBALLIÑO 988 27 30 42 Rúa Rosalía de Castro, 1. 1º D 32500 O Carballiño carballino@cruzroja.es TERRA DE CELANOVA 988 45 14 38 Estrada de Mourillós, 8 32800 Celanova celanova@cruzroja.es VIANA, CONSO-FRIEIRAS 988 22 21 00 Ed. Multiusos Rúa Beato Sebastián Aparicio 32540 A Gudiña gudina@cruzroja.es
Coa colaboración de:
MACEDA 988 46 31 16 Vicente del Bosque, 14 32700 Maceda maceda@cruzroja.es O RIBEIRO 988 47 71 86 Travesía do Ribeiro, 1 Baixo 32400 Ribadavia ribadavia@cruzroja.es MONTERREI 988 41 09 78 Praza da Merced, 16 32600 Verín verin@cruzroja.es
VALDEORRAS 988 32 71 95 Casa Río Cigüeño A Veiguiña, 5 32300 O Barco valdeorras@cruzroja.es XINZO DE LIMIA 988 46 25 41 Ed. Servizos Sociais Avda. Ourense, 19 32630 Xinzo de Limia xinzo@cruzroja.es