¡Ola a todos e todas! Durante todo o ano puxemos en marcha desde Abeiro moitas actividades, posiblemente esquenceriamos algunha se as tiveramos que enumerar. Para pór a guinda a toda nosa laboura, rematamos co Campamento Urbano. Un ano máis Megabeiro quere ser testemuña dese grande acontecemento. O noso acampamento mudou as súas tendas de campaña por edificios de ladrillo, e o verde dos campos polo asfalto da cidade. Todos xuntos, preanimadores/as, animadores/as, nenos/as e xoves, convertimos ese espacio, a simple vista inhóspito, nun lugar onde atoparnos e compartir o noso tempo. Abeiro durante este ano viviu de perto os acontecementos en torno ao desastre ecolóxico que sofre a nosa terra, e non é por tanto estraño que o tema deste ano reflexara a realidade que todos viamos. Os ecosistemas foron un xeito de achegar aos nenos/as e xoves os distintos lugares nos que nos movemos a miúdo, para que todos os respectemos e coidemos. O Campamento Urbano tiña como lema “Unha cidade para xogar, unha cidade para acampar”. Nós cremos que a cidade é un lugar onde podemos empregar o noso tempo libre de moitas maneiras, e optamos porque sexa un tempo onde ademais de pasalo ben, os nenos atopen un ambiente acolledor e educativo. Pero todo isto non sería posible se vosoutros, preanimadores/as e animadores/as, non estades aí, adicando as vosas horas de verán a programar, realizar as actividades e avaliar. Tampouco sería posible sen a axuda de moitos patrocinadores que de distintos modos nos apoian. E por suposto, nada disto tería sentido sen vós, nenos/as e xoves, que decidistes pasar uns días de verán con outra xente coa que compartir xogos, actividades, risos e amizade. Porque de seguro que se algo queda cando o Campamento remata son novos amigos/as que non coñeciades de nada, e que a partir de agora formarán parte das vosas vidas. A todos vós, moitas gracias por facer de Abeiro un lugar fresco onde nos temos sentido moi a gusto durante este caluroso verán. Non esquezades que vos agardamos o vindeiro verán. José Antonio Rodríguez, Director do Centro Xuvenil Abeiro
4 de Agosto Día de Inicio O Urbano 2003 comezou a andar. Fixemos xogos de presentación para que os rapaces e rapazas se foran coñecendo e dividindo nos grupos a través dos que traballariamos durante o campamento. Rematamos a mañá cun xogo entre todos e todas onde cada grupo tiña que conseguir os nomes dos rapaces e rapazas dos outros grupos. Pola tarde cantamos por vez primeira o noso himno e un par de cancións de animación e xogamos a deportes alternativos.
Así o viviu o grupo 8... O día 4 entramos con gañas de pasalo ben. Algúns xa nos coñeciamos, e esperabamos ir xuntos. Despois da presentación que fixeron Carlos e Fer, onde nos dixeron que os días do Urbano ían estar adicados cada un a un ecosistema, axiña nos xuntamos por grupos de referencia e comezamos cos xogos. Nós, os maiores, o primeiro xogo que fixemos foi o da “pelotanome”, tiñamos que coller a pelota cando dicían o noso nome e así iamos coñecendo os nomes de todods e todas. Tamén xogamos ó cepillo de dentes, ás cadeiras (nas que sentabamos uns enriba dos outros), ó chorofetus (que foi coma un pedra, papael, tesoira ó grande) e para finalizar a mañá xogamos as cores onde, hai que dicilo, os maiores abusamos un pouco dos pequerrechos. Pola tarde chegamos ás catro e media, e aí tivemos un momento de cancións e sobremesa. Despois xogamos a catro xogos diferentes: ó rugbito, ó friscesto, ó brilé e ó brincavolei. Aínda que ía moito calor descubrimos que eramos verdadeiras estrelas destes novos deportes. Puxémonos en forma e perdimos uns cantos quilos. O primeiro día do Urbano foi intenso e pasámolo moi ben.
5 de Agosto O fondo mariño
2
O fondo do mar foi o ecosistema estrela neste día. No Aquarium Finisterrae os pequenos trasladámonos ó fondo mariño, e aprendimos a facer peixes de papel e chaveiros mariñeiros. Os maiores construiron o seu novo fondo mariño sen chapapote na praia de san Amaro, onde despois de conseguilo se bañaron para celebralo, apostando polas nosas costas tan feridas. Pola tarde fixemos obradoiros de chaveiros de corda, cadros de area e colgantes de abalorios.
Así o viu o grupo 1... O primeiro que vimos no Aquarium foi dar de comer ás focas. Logo fumos a un barco que había no patio, e alí mesmo cantamos a canción da foca Marisol. Visitando a Casa dos Peixes aprendimos a facer peixes de papel e chaveiros de nós de mar. Antes de marchar contáronnos un conto dunha langosta, na sala Nautilus. Vimos como daban de comer os buzos ós peixes. Habia un tiburón touro. Ó marchar vimos a exposición que había sobre o desastre do Prestige. Os maiores construíron o fondo mariño
Os pequenos no Aquarium
E así o grupo 7... O día 5, segundo día do Urbano, estaba adicado ó ecosistema do fondo mariño. Os maiores fomos camiñando cos pequenos ata o Aquarium, e despois seguimos ata San Amaro onde fixemos a actividade. Nacho, Natalia e Patri estaban agardando por nós. Alí fixemos actividades como a dos relevos borrachos, o xogo das traíñas e tamén nos bañamos (¡o auga estaba bastante frío!). Alí algunhas persoas mancháronse co chapapote. Neste día aprendimos a importancia de respectar e manter limpo o fondo mariño. O camiño de volta foi máis curto que o outro xa que non o fixemos polo paseo marítimo.
Pola tarde fixemos obradoiros de cadros de area, nos que MJ, María e Natalia se esforzaron connosco. Tamén fixemos uns chaveiros moi chulos. Carlos aprendeunos a facer uns de estilo mariñeiro, e os maiores fixeron outro cunha canica en forma de pelota de fútbol. Había un terceiro obradoiro, o de abalorios con pasta e papel de revistas onde fixemos pulseiras e colgantes.
6 de Agosto O ecosistema dAs fragas Recreamos a nosa fraga particular no parque de Santa Margarita. Pasamos alí todo o día, xantamos e xogamos xuntos. Aproveitamos a nosa estancia no parque para visitar o museo da Casa das Ciencias e o Planetario. Despois de xantar xogamos a un particular trivial e fixemos un rastrexo polo parque.
Así o viu o grupo 6... Ó chegar a Abeiro explicáronnos o que iamos facer. Entramos no Paseo Marítimo e fomos camiñando ata o Parque de santa Margarita. Os grupos do 1 ó 6 fomos ó Planetario e o 7 e mailo 8 estiveron vendo a Casa das Ciencias. No Planetarium vimos “Avoa Terra”. Ó sair exploramos a Casa das Ciencias. No terceiro andar vimos obxectos e traxes do espacio: escafandras, comida, traxes de cans e monos que foron ó espacio... No andar baixo había naves de salvamento. Subimos ó segundo andar, no que había unha exposición sobre a natureza e a cor amarela. Alí había animais disecados, poliños vivos e bolboretas moi grandes. Despois xogamos no primeiro andar cos distintos aparellos que falaban da ciencia. Había un xogo novo que facía que coa forza do aire se aguantara un balón sen caer. Despois marchamos a comer. Pola tarde, na sobremesa xogamos ó Trivial das Ciencias onde nos facían preguntas sobre todo o que aprendimos pola mañá. Despois xogamos a unha xincana ecolóxica. Rematamos a actividade xuntándonos no anfiteatro do Parque e volvimos para Abeiro. O camiño fíxose curto porque viñemos cantando. Ó chegar á base do CU despedímonos ata o día seguinte, despois de facer unha posta en común da xincana e abrir a fiestra do Ecosistema. Antes de marchar a casa, os animadores e animadoras agasalláronnos cuns manteis ecolóxicos que nos mandou Coca-cola.
3
7 de Agosto O ecosistema urbano
Vivido polo grupo 5... A mañá comezou coma sempre, cos animadores e animadoras recibíndonos con xogos. Saímos ás 10.15 pola porta do cole. Fumos facer un rastrexo fotográfico por toda a cidade con fotos de hai cen anos. Tiñamos que adiviñar dende onde estaban feitas estas fotos, para ir alí e realizar a proba que estaba escrita na foto. Se a faciamos ben nos daban as fotos para pegalas no noso propio álbum. Unha das probas era conseguir que tres persoas cantasen co grupo a “canción da cucharilla”, famosa durante todo o urbano.
Neste día, o Campamento Urbano de Abeiro explorou o ecosistema da cidade. Os rapaces Investigaron como cambiou a cidade a través dos anos, comparando fotografías antigas cos lugares actuais, e fixemos xogos relacionados co entorno urbano. Á vez reflexionamos sobre a importancia de respectar os parques, as rúas e á xente sendo conscientes de que nós dende agora xa estamos a construir a historia da Coruña e polo tanto nos sentimos corresponsables co noso entorno. Pola tarde o Urbano continuou con obradoiros de relaxación, masaxes, danza e expresión corporal.
Pola tarde tocaban os obradoiros de expresión corporal: bailes, masaxes, relaxación e mimo. No obradoiro de baile aprendimos a bailar algunhas danzas do mundo con Carlos e Erika, e en relaxación tumbámonos e tiñamos que imaxinarnos que estabamos nunha praia. No de masaxes aprendimos a darnos masaxes nas costas e na cara. En mimo fixemos expresión corporal e xogamos ó xogo do espello. Ó final da actividade déronnos un batido de chocolate moi fresquiño e un cruasán que nos trouxo Ipasa. Este día divertímonos moito.
4
Se pensas que noutros lados O pasas moito mellor Se non queres vir ó urbano ¡Que gran equivocación! Farás mogollón de amigos Estouparás de emoción. En Abeiro te esperamos, Con xogos e ilusión.
Rir e soñar, xogar e pintar, Xuntos no urbano, Aquí en Abeiro, vive feliz. Ven á Xuntanza e xa verás, Nunha burbulla voarás, Vive connosco, son nove días, ¡repetirás!
O noso himno
Coñece os ecosistemas, Galicia vaite molar. Disfruta das nosas costas, Recicla para aforrar. Non ves que o teu propio mundo, Non ten nin comparación. Respecta o planeta Terra, E faino con diversión.
Rir e soñar, xogar e pintar, Xuntos no urbano, Aquí en Abeiro, vive feliz. Ven á Xuntanza e xa verás, Nunha burbulla voarás, Vive connosco, son nove días, ¡repetirás!
8 de Agosto O ecosistema do Litoral O ecosistema foi a praia, e lle demos moita importancia a respectar as nosas costas e litorais, desfrutando e apostando por éstas, sendo o lugar elexido a praia e o contorno de Cabanas, no Concello de Pontedeume. Fixemos xogos durante a mañá e nos bañamos. Xantamos no piñeiral e tivemos un momento de sobremesa con cancións e xogos, para xa pola tarde achegarnos á vila de Pontedeume e facer alí un rastrexo-paseo, coñecendo a súa cultura e historia. Merendamos sobre as sete nos Xardíns de Lombardero, para poder coller o tren de volta ás oito, rumbo a Coruña.
Nolo conta o grupo 4... O venres oito de agosto, fixemos unha saída de día enteiro a Pontedeume, en concreto á praia de Cabanas. Antes de partir, uns divertidos xogos co paracaídas e o balón xigante de Gudi, fixéronnos rir e compartir uns momentos de ledicia entre nós. Os maiores fixeron o mesmo, xa na praia, mentres nós iamos de camiño aló. Chegamos a Cabanas ás 11.30. Pasámolo estupendamente. O auga estaba quente e a area era moi fina. Bañámonos dúas veces e tivemos tempo para tomar algo o sol e xogar na area, pero sempre coa protección da crema que os animadores nos axudaban a botar. A sobremesa consistiu en facer uns cantos xogos (cinta transportadora, salto de cabalo...) e unhas cancións de animación, incluíndo por suposto o noso himno. Pola tarde fixemos un mini-rastrexo pola vila de Pontedeume, que celebraba dúas vodas nese día. Topamos cuns magnolios que, ó parecer, para algúns eran plataneiros e para outros “marmorios”... Antes de marchar cara á estación tivemos un momento rápido de merenda no que deu tempo de dar dous bocados ó bocata e xa saír por grupos en dirección ó noso tren. Algúns de nós aínda non montaramos en tren polo que foi unha viaxe para lembrar: por primeira vez viaxabamos en tren. O máis chamativo da viaxe foi a visita contínua de rapaces ós baños... En resumo, foi un día estupendo cheo de sol, praia, diversión e compañeirismo entre todos nós
5
11 de Agosto O ecosistema das Costas (I) Visitamos o entorno da Torre de Hércules para coñecer mellor as costas galegas a través, novamente, do xogo. A tarde estivo adicada ós xogos de auga e a unha misión imposible pola cidade para os máis maiores.
Visto polo grupo 3... O luns día 11 visitamos os arredores da Torre de Hércules para coñecer algo máis do Ecosistema das nosas costas con xogos. Primeiro fomos onde Erika, que nos explicou cousas sobre o mar e a importancia da lúa nas mareas, e alí xogamos a sermos pingas de auga. Despois fomos onde Fran, quen nos explicou cousas sobre a importancia da cadea alimenticia. Alí xogamos a rodear unha árbore sen tocala. O outro Fran preguntounos cousas sobre o mar e tivemos que lembrar 5 cancións que falaran do mar para cantalas en grupo. Despois de xogar reunímonos todolos rapaces do CU onde está a figura de Breogán na Torre e abrimos a fiestra das nosas Costas. Entre todos lembramos a importancia de respectar, coidar e manter limpas as nosas costas para así poder seguir desfrutando delas, nós e mailo mundo. Ainda que foi bastante calor pasámolo moi ben e aprendimos moito. Volvimos cara o Centro Xuvenil con Lucía, Fran, Pili e Carlos, os nosos animadores e o resto dos grupos e animadores. Pola tarde despois dea acollida cantamos dúas cancións: o noso himno e a da tribu vacilona en círculo. Dividímonos por grupos. Os rapaces e rapazas dos grupos 1 ó 5 xogamos na base do urbano a xogos de auga. Pasámolo bomba coa carreira de vasos de auga, co xogo de levar o globo de auga co cú dun lado a outro en equipo, co da corda, co das mazás (¡como esvaraban!). No xogo de buscar unha galleta na fariña despois de mollarnos a cara intentando coller unha mazá nunha tina acabamos pringados e ¡parecia que tiñamos fuciño! Os rapaces e rapazas dos grupos 6, 7 e 8 xogamos á misión imposible que nos prepararon os animadores e animadoras. Dividímonos en tres grupos e fumos pola cidade intentando conseguir as probas.
12 de Agosto
6
O ecosistema das costas (II) Celebramos a Xuntanza de Campamentos Urbanos, baixo o lema “Xuntámonos co mar”, na praia-piñeiral de Montalvo (Portonovo Sanxenxo). A mañá estivo composta por diversos xogos na praia, inspirados na fauna da beiramar. Houbo momentos para o baño e un acto especial de celebración do X aniversario da Federación de Centros Xuvenis Don Bosco de Galicia.
O grupo 2 fala deste día... - ¿Gustouche ir a Sanxenxo? - Si, moito, aínda que para outro ano mellor sería ir preto de Coruña. -¿Qué pensaches ó ver a tantos rapaces? -Sorprendinme porque eramos moitos. Coñecín a xente de outros catro Campamentos Urbanos de Galicia. Os animadores dixéronnos que eramos máis de 1200 persoas. -¿Celebrabamos algo especial este día? -Si, os dez anos da Federación. Explicáronnos que Abeiro formaba parte da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, xunto cos outros centros xuvenis que tamén organizaban Urbanos. Agasalláronnos cun caramelo de pau e unha pegata dos “dez anos da Federación”. -¿Qué tal o pasaches xogando na praia? -Pensaba que o ía pasar mellor porque ía moita calor... -¿Cal foi o xogo que máis che gustou? -O das esponxas. -¿E o que menos? -O de tirar a pelota ó cubo. -¿Qué tal o baño de pola mañá? -Estupendo. Paseino moi ben, ¡bañeime con camiseta!
-¿O momento do xantar? -Gustoume moito porque comimos no pinar cos amigos e non ía tanta calor porque estabamos á sombra. -¿Qué momento destacarías da sobremesa? -O dos himnos. O noso foi o mellor sen dúbidas, tiña xestos e unha letra guai.
13 de Agosto Nós e os ecosistemas O día estivo adicado ó ecosistema e o ser humano, visitamos a exposición de Ansel Adams na Fundación Barrié de la Maza onde os rapaces e rapazas coñeceron algo máis da natureza e da arte da fotografía facendo obradoiros relacionados con ésta. Ademáis visitamos a Domus, onde a través de xogos relacionados cos sentidos descubrimos a importancia do ser humano á hora de respectar e coidar a riqueza dos distintos ecosistemas. Xa pola tarde houbo obradoiros ecolóxicos. Convidouse ós pais a pasar un tempo de convivencia, na última parte da actividade, cos rapaces e rapazas e os animadores e animadoras.
Visto polos grupos 1 e 8... Cando chegamos ó colexio, tivemos un momento de xogo coma tódolos días. Fer e Carlos despois de darnos a benvida, comentaron que iriamos á Casa do Home os grupos do 5 ó 8. O camiño foi moi breve, pero moi ameno. Ó chegar dividímonos en seis grupos misturados e fomos ó Imax a ver unha peli que trataba do ciclo da vida. Cando rematamos, fixemos diferentes probas, por exemplo, a do equilibrio, a da vista, a do fútbol, a do olfato, a da cociña inclinada, a dos olores...Estas probas tiñan de especial que, para pasar dunha á outra había que ir dun xeito concreto; á pata coxa, en fila de un, andando cara atrás... Fixemos case tódalas probas e ó rematar xuntámonos tod@s nas escaleiras para fcer unhas fotos de lembranza. O camiño de volta foi un pouco máis rápido, porque tiñamos o tempo xusto. Os grupos do 1 ó 4 estivemos a ver e xogar na exposición de fotografía de Ansel Adams. Faláronnos do encuadre e meteronnos nunha cámara xigante escura. O máis bonito foron as fotos da natureza. Pasámolo moi ben. Ó voltar á base do CU, sentámonos, déronse os avisos, e marchamos ás nosas casas, despois de ter feito unha foto coa pancarta do campamento.
A tarde foi moi movida. Despois de cantar o noso himno e a “tenda de churros” fomos por grupos a facer os artigos para a revista do urbano, agás algúns dos grupos de maiores que foron a ver e xogar na exposición de Ansel Adams na Fundación Barrié. A cada grupo tocáballe falar dun día concreto ou dunha actividade para a revista oficial do urbano. Para facer máis levadeira a tarde xornalística déronnos un zumo que entregara Coca-Cola para nós. Como era a derradeira tarde do urbano estabamos algo tristeiros. Ó rematar fixemos obradoiros ecolóxicos. Aprendimos algo de alimentación-creativa con pasta, a facer xabrón e a reciclar papel. Licenciámonos en cociña coma bos chefs e vimos que a laboura do traballo en equipo daba bo resultado á hora de reciclar papel. O xabrón con olor fixo marabillas. Cadaquén podía levar despois de facelo un pouco para a súa casa. O máis dificil foi explicar as nosas familias que iso era xabrón e que o fixeramos nós. ¡Quedaron abraiados! Despois disto presentáronnos as distintas agrupacións que había no Centro Xuvenil Abeiro ás que podíamos pertencer durante o ano. De camiño empezaron a chegar os nosos pais, avós, titores, responsables... e os animadores e animadoras dixérannos que podíamos invitalos para pasar a últma parte da tarde con nós. Cantamos con eles o noso himno, fixemos unha pipoca e desfrutamos dun batido de cacao fresquiño.
7
14 de Agosto Rematamos o urbano Neste día dímoslle unha orixinal e novedosa volta ó mundo aproveitando todo o que fomos vivindo e aprendendo ó longo do Urbano dos distintos ecosistemas e a importancia do respecto ó medio ambiente e a necesidade de coidar todo o que temos para que poidamos seguir desfrutando do noso contorno como lugar de xogo, educación, diversión e entretemento.
Chegou o derradeiro día do urbano. Despois da acollida Nashira e César presentáronnos o día. Era un día especial, o día dos ecosistemas, do mundo, do noso planeta Terra. Por grupos tivemos que ir conseguindo as distintas pezas do mundo. É curioso pero tódalas pezas estaban ó redor da base do urbano, ó noso carón. Entre os oito grupos conseguímos construílo. Coa felicidade de ter superado o reto, escribimos un compromiso persoal de respecto do medioambiente, o que cadaquén de nós tentaría facer a partires do urbano para coidar o planeta Terra. Metimos o compromiso nun globo e o hinchamos. Despois soltamos todos os globos e a cadaquén lle tocou un compromiso dalgún compañeiro do urbano. Fixemos as fotos de grupo e entre todos despedimos ó urbano 2003 facendo unha lembranza de todo o que vivimos xuntos, as fiestras que fumos abrindo ó longo dos nove días, o que aprendimos dos distintos ecosistemas e a cantidade de amig@s que fixemos, rapaces e rapazas dos grupos e animadores e animadoras. Entre todos o fixemos posible. O Urbano 2003 ficará na nosa lembranza.
8
Para os animadores e animadoras de Abeiro o Urbano significou moito. Foron moitas as actividades que fixemos, os lugares nos que nos divertimos xogando, e a xente coa que compartimos as gañas de rir e soñar. Cada día tiña algo novo co que aprender e desfrutar xunt@s. Queremos agradecerche que apostaras pola nosa alternativa de verán no Tempo Libre, e máis aínda se xa levas dous anos connosco. Contamos contigo para as vindeiras edicións do Urbano e lembra que tes un sitio en Abeiro tódolos días do ano con novos amigos e novas actividades para ti. Os animadoras e animadores de Abeiro
Entidades colaboradoras e patrocinadoras:
Organizou: