Tutorial%20web borrador

Page 1

TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

Tutorial para o uso da Web: cxabeiro.org

Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

Índice 1. Os Usuarios......................................................................................................................................3 2.- Crear unha nova..............................................................................................................................4 1.- Acceder co teu usuario:..............................................................................................................4 2.- Crear a nova:...............................................................................................................................4 Como inserir unha imaxe nunha nova.........................................................................................5 Como inserir unha imaxe co efecto Lightbox nunha nova.........................................................5 Como inserir un vídeo nunha nova.............................................................................................6 3.- Publicar a nova:..........................................................................................................................6 Outras utilidades no editor de artigos:.............................................................................................7 3.- Subir fotos á galería........................................................................................................................8 Engadir un álbum...........................................................................................................................10 4.- Engadir o calendario de Abeiro nun gCalendar.............................................................................11 5.- Anotarse na Sala Aberta................................................................................................................12

Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

1. Os Usuarios Para entender o funcionamento da web e dalgúns pasos deste tutorial conven aclarar antes e brevemente como funcionan os usuarios. A páxina de Abeiro está pensada para que a partir do usuario que a esté vendo se mostren certos contidos. No caso concreto desta páxina están organizado xerárquicamente de modo que cada tipo de usuario ten os mesmos poderes que o do tipo anterior mais os propios para él. Os tipos de usarios da web son: Público: son usuarios sen loguearse, só teñen permiso para ver os contidos públicos da web Rexistrado: non se emprega actualmente, pero pode que nun futuro haxa contidos só para persoas rexistradas Animador: son os usuarios dos animadores do Centro, poden crear artigos e engadir enlaces de interés. Ademais poden ver seccións ocultas ao público. Agrupación: son usuarios das distintas agrupacións do centro, poden, a maiores que os animadores, engadir eventos ao calendario (para isto a maiores se necesita unha conta de google) subir arquivos á sección de descargas, acceder ao sistema de listas de correos e subir fotos á galeria. Administrador: son os que teñen acceso á administración da web e teñen todos os poderes sobre ela, xD Obviamente para poder usar estes poderes hai que loguearse na web.

With great power comes great responsibility

Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

2.- Crear unha nova. Publicar unha nova na web de Abeiro é fácil, só hai que seguir estes tres pasos:

1.- Acceder co teu usuario:

Na barra superior da web fai clic en Conexión e despregarase o formulario de acceso e rexistro de usuarios, Unha vez accedes como usuario aparecerá no lado dereito unha nova sección chamada "MENÚ USUARIO" no que a lista de opcións dispoñibles que aparecerá será en función do tipo de usuario co que se acceda.

2.- Crear a nova: No MENÚ USUARIO accede a Crear Artigo e aparecerá a páxina de edición dun artigo. Esta páxina seccións: – – – –

divídese

nas

seguintes

Editor Publicación Idioma Metadatos

Aquí só nos interesa a sección Editor na que temos os seguintes campos: – Título: onde se escribe o título que se lle queira dar á nova – Categoría: este campo déixase en branco – Recadro de edición: onde se introduce o texto, dáselle formato e inclúese os contidos Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

(imaxes, vídeos, enlaces, etc.) Como redactar e/ou editar o texto é totalmente intuitivo, así que centrarémonos mellor agora en como darlle outro tipo de contidos á nova.

Como inserir unha imaxe nunha nova – Debaixo do recadro de edición, fai clic en Image e aparecerá a seguinte páxina dende onde se poderá inserir a imaxe en función dunha das seguintes opcións: – Se a imaxe atópase xa no servidor: vai ata a carpeta onde se atope a imaxe, selecciónala e comprobando que apareza a dirección URL no campo URL da imaxe dáslle a Inserir arriba á dereita. – Se a imaxe está noutra web: no campo URL da imaxe introduce directamente a dirección da imaxe e dálle a Inserir. – Se a imaxe atópase no teu equipo: o primeiro é seleccionar a carpeta onde se gardará a imaxe (simplemente indo ata dita carpeta). A continuación na sección Subir ficheiros (abaixo de todo) selecciónase a imaxe, faise clic en Comezar subida e unha vez estea subida a imaxe aparecerá enriba. Finalmente selecciona a imaxe e comprobando que apareza a dirección URL no campo URL da imaxe dálle a Inserir. As carpetas do servidor onde se gardan as imaxes para as novas son as seguintes: – carteisactividade: aquí gárdanse os carteis das actividades – imaxesabeiro: aquí gárdanse as imaxes que se usan habitualmente no CX, son básicamente os logotipos. – novasweb: caixón de xastre, aquí gárdanse as que non teñen cabida en outra carpeta. – Para editar a imaxe: selecciona a imaxe no recadro de edición e dálle clic ao botón que hai xusto arriba co debuxo dunha árbore. Na xanela que aparece podes indicar a aliñación e as dimensións da imaxe, o resto de opcións son para afinar mais en profundidade a presentación da imaxe.

Como inserir unha imaxe co efecto Lightbox nunha nova O efecto Lightbox consiste en que ao facer clic na miniatura dunha imaxe, esta presentase Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

automaticamente por riba da páxina centrada e cunha sombra ao redor dela que cubre o resto da pantalla. Para facer isto tan só tes que copiar e pegar no recadro de edición o seguinte texto {source} <p style="text-align:right"> <a data-lightbox="title:titulo;" href="http://fedboscogal.org/images/stories/galerias/ADS11//P7220533.jpg"> <img src="http://fedboscogal.org/images/stories/galerias/ADS11//P7220533.jpg" width="180" height="124"></a> </p> {/source}

modificando os seguintes parámetros: – En <p style="text-align:right"> pon right por right, left ou center según queiras que a miniatura da imaxe apareza na dereita, esquerda ou no centro da nova. – En data-lightbox="title:titulo;" modifica titulo polo titulo da imaxe que queiras que se mostre (se non queres mostrar titulo deixa "" en branco) – En href="http://... mais en src="http://... cambia o que hai entre "" pola dirección URL da imaxe que queiras mostrar. – En width="180" height="124" substitue 180 e 124 polo ancho e alto da miniatura da imaxe. Truco para obter a dirección URL dunha imaxe que xa está no servidor ou que se quere subir dende un equipo: Seguindo os mesmos pasos que se explicaron no apartado anterior para cada un deses casos, xusto no instante antes de darlle a inserir en ambos casos, tes a dirección URL da imaxe que queres no campo URL da imaxe.

Como inserir un vídeo nunha nova Se se quere inserir un vídeo ou arquivo multimedia no artigo o mellor é poñerse en contacto co equipo de informática. Pois para subir vídeos e cancións á web só poden facelo eles.

NOTA: O (PIXELES)

ANCHO

(WIDTH)

MÁXIMO QUE SE LLE DEBE DAR A UNHA IMAXE NUNHA NOVA É DE

450

3.- Publicar a nova: Antes de rematar hai que completar os campos da sección Publicación: – Categoría: (obrigatorio) aquí selecciónase entre as opcións do despregable a categoría que lle corresponda á nova. IMPORTANTE: a categoría ten que ser unha das subcategorías da categoría Novas, estas son aquelas que aparecen inmediatamente despois de "Novas" e veñen precedidas dun '-' ou '- -' Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

– Alcume do autor: nome do autor que queiras que apareza. Como xa aparecerá o do usuario, non fai falta poñer nada. – Estado: ten que poñer publicado. – Featured: aquí indica si é unha nova destacada ou non. – Comezo e fin da publicación: útil se queres crear unha nova e que apareza na web a partir dun determinado día, ou se queres tamén que deixe de estar publicada a partir dunha data determinada. – Acceso: aquí seleccionas que tipos de usuarios poderán ver a nova. O resto das seccións déixanse tal e como están e podes rematar dándolle a Gardar.

Outras utilidades no editor de artigos: Hai unhas opcións que aparecen na páxina de edición de artigos que acompañan ao botón Image que xa comentamos anteriormente aquí que aínda non se explicaron: •

• •

Insert Code <>: Serve para introducir pedazos de código HTML, Javascript ou PHP no artigo e facer edicións avanzadas nos artigos. Conséguese a mesma función introducindo as etiquetas {source} e {/source} ao principio e ao final do código que se queira introducir. Article: serve para incluír unha referencia, ou un enlace, a un artigo que xa existe na web. Tan simple como facer clic no botón e seleccionar o artigo entre a lista que aparecerá con todos os artigos xa existentes. Quebra de páxina: o autor do tutorial descoñece a súa finalidade. Read More: Serve para acortar a presentación do artigo. Por exemplo, se o artigo é moi longo e non queres que ocupe todo o espazo que necesita cando se mostra na páxina principal da web, poñendo a liña discontinua do editor no sitio a partir do cal queres que se corte a presentación, ao darlle ao botón de Read More aparecerá unha liña vermella descontinua que dividirá o artigo en 2 anacos. Ao publicar o artigo verase só o que hai antes de dita liña e no lugar desta aparecerá un Ler máis >> que non é nada mais que un enlace ao artigo completo.

Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

3.- Subir fotos á galería Para acceder á páxina da galería hai dúas opcións, unha é loguearse na páxina principal e no Menú de Usuario darlle a Subir fotos e a outra é acceder directamente á dirección www.galeria.cxabeiro.org Por ambos camiños deberías chegar a ver a seguinte páxina:

A organización básica dos albumes é a seguinte: O Noso Centro Cursos anteriores Tardes Abertas Agrupacións

Andaina ADS

Principal

Catecumenado Animadores/as Curso actual

Conxuntas Cafés Concertos

Campamento Urbano Para engadir fotos diríxete ata o álbum correspondente. Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

Unha vez alí fai clic no botón Show Options que hai na barra superior.

Na barra que se acaba de despregar fai clic en entrar.

E logueate co usuario agrupación (o nome e contrasinal é o mesmo que o empregado na web)

Agora no barra despregable aparecerá o menú de opcións do usuario:

Ao facer clic en Añadir aparecerá o seguinte menú:

Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

Neste menú preme engadir fotos e na ventá seguinte preme en Selecciona las fotos... selecciona as fotos que queres subir e dálle a OK.

Cando remate a subida dálle a Hecho e xa estarán as fotos subidas á galería.

Engadir un álbum Se queres crear un novo álbum segue os mesmos pasos descritos para engadir fotos, sitúate no álbum/carpeta onde queres gardar o novo, logueate e no paso de engadir fotos simplemente dálle a Añadir un álbum.

Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

4.- Engadir o calendario de Abeiro nun gCalendar Accede ao teu calendario de google (www.google.com/calendar) e na columna esquerda, na sección "Otros Calendarios", fai clic en "añadir calendario de un amigo"

Escribe redessociaisabeiro e dalle a intro.

Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

5.- Anotarse na Sala Aberta Para anotarse de forma online na táboa da Sala Aberta son necesarios 2 requisitos e levar a cabo tan só 4 rápidos e sinxelos pasos: Requisitos: •

Estar rexistrado na páxina web

Ser Usuario Animador1

Os 4 rápidos e sinxelos pasos: 1. Loguearse na páxina web 2. No menú O RINCÓN DO/A ANIMADOR/A facer clic en SALA ABERTA 3. Na nova páxina que aparece buscar o día no que se queira anotar e facer clic. 4. Cubrir os campos que se piden na ficha que aparece e dalle a Crear Reserva

1

Como sei se son Usuario Animador ou non? Se tras loguearte correctamente na páxina web non che aparece ao lado esquerdo desta un menú chamado O RINCÓN DO/A ANIMADOR/A teño malas novas para ti... Se precisas ser usuario animador ponte en contacto cos informátcos en informatica@cxabeiro.org

Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


TUTORIAL DA WEB

EQUIPO DE INFORMÁTICA

Este tutorial está incompleto, aínda así o Equipo de Informática de Abeiro espera que fose de utilidade e que respondese as súas dúbidas. Para calquera suxestión, pregunta ou comentario estamos en informatica@cxabeiro.org

Última modificación 21/10/2013

Contacto: informatica@cxabeiro.org


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.