Cultura clásica 3º eso 2017-18

Page 1

CULTURA CLÁSICA (Departamento de Grego) 3º ESO

QUE É? É unha materia optativa de 3º de ESO, de contido humanístico.

QUE PERSEGUE? Persegue o coñecemento das antigas civilizacións de Grecia e Roma, e da súa profunda pervivencia no noso mundo actual, tanto nas linguas europeas como na ciencia, na política, nas artes e na cultura en xeral.

DE QUE CONSTA? Componse de tres ámbitos: 1) Linguas antigas (grego e latín) e a súa pervivencia hoxe. 2) Mitoloxía grecorromana e a súa pervivencia hoxe. 3) Historia e realia da Grecia e da Roma antigas, e a súa pervivencia hoxe.

PARA QUE ME SERVE? Para unha mellor formación humanística, posto que: 1) Permite entender mellor as manifestacións culturais de todas as épocas da civilización occidental, e da época actual. 2) Fai que o alumno afine no uso correcto do léxico. 3) Fai tomar conciencia do valor do noso patrimonio histórico, material (arquitectura, pintura, escultura, etc.) e inmaterial (obras literarias, filosóficas, etc.).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.