TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN (Departamento de Xª e Historia) 1º BAC
QUE É? É unha materia que emprega a lectura como unha ferramenta para lograr unha mellora significativa na competencia oral e escrita.
QUE PERSEGUE? A adquisición de habilidades e técnicas para lograr axilidade na escritura e na oralidade.
DE QUE CONSTA? Baséase na lectura, comentario e valoración de distintos libros de xéneros e estilos diferentes así como outros soportes de carácter audiovisual.
PARA QUE ME SERVE? Sérveme para acadar maior riqueza e fluidez na linguaxe escrita e aplomo, seguridade e coherencia no discurso oral.