FILOSOFÍA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA (Departamento de Filosofía) 2º BAC
QUE É? Esta materia aborda os temas referentes ao coñecemento da historia e da metodoloxía da ciencia dende a súa orixe ata os tempos actuais onde nos atopamos cun especial dominio dos valores da Tecnoloxía sobre os propiamente humanos que merece unha reflexión filosófica por parte das correntes dominantes na Filosofía do século XX e XXI. Ocúpase da análise e avaliación das teorías científicas e da suposta neutralidade dos procedementos de investigación e do coñecemento científico.
QUE PERSEGUE? O desenvolvemento da capacidade crítica dos alumnos e das alumnas en orde a dotalos de elementos conceptuais que se permitan coñecer a realidade no que viven.
DE QUE CONSTA? Os contidos do curso de Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía xiran encol de varios puntos: a) b) c) d)
O estudo da ciencia como mecanismo de control dos procesos da natureza. A análise dos métodos científicos e en especial do método hipotético dedutivo. O papel do ser humano nunha sociedade dominada pola tecnoloxía. A relación desta disciplina con outras disciplinas filosóficas, especialmente coa Teoría do Coñecemento e coa Ética.
PARA QUE ME SERVE? A principal función dunha materia coma a que presentamos será a de concienciar ao alumno do papel que ocupa dentro dunha sociedade dominada pola Tecnoloxía. Unha materia humanística que será fundamental en calquera estudo superior. En todas as facultades relacionadas co mundo das “letras” se imparten coñecementos filosóficos; nas facultades mais conectadas co ámbito das “ciencias” resulta de gran importancia a posesión dunha forte formación humanística; e todas elas programan materias relacionadas co estudio da Historia da Filosofía ou coa referencia continua aos filósofos precursores do coñecemento científico.