Imaxe e son 2º bac 2017-18

Page 1

IMAXE E SON

(Departamento de Tecnoloxía) 2º BAC

QUE É? Consiste no desenvolvemento de competencias comunicativas, dixitais e tecnolóxicas necesarias para realizar determinados produtos audiovisuais e multimedia, con criterio estético e sensibilidade artística

QUE PERSEGUE? A materia de Imaxe e Son ten como finalidade promover a formación dunha cidadanía crítica, responsable e autónoma para a utilización, con solvencia e responsabilidade, das tecnoloxías da información e da comunicación. Permite que o alumnado desenvolva o espírito creativo, crítico e estético imprescindibles para desenvolver os proxectos da materia que traballarán as posibilidades que ofrece a integración da imaxe e do son nos produtos audiovisuais e multimedia.

DE QUE CONSTA? A materia estrutúrase en nove bloques: "Recursos expresivos utilizados en producións audiovisuais", "Análise de situacións audiovisuais", "Elaboración de guións audiovisuais", "Captación de imaxes fotográficas e de vídeo", "Tratamento dixital de imaxes", "Edición de pezas visuais", "Deseño de bandas sonoras", "Calidades técnicas do equipamento de son idóneo en radio e medios audiovisuais" e "Equipamento técnico en proxectos multimedia".

PARA QUE ME SERVE? Esta materia permítelle ao alumno coñecer, a un nivel básico, as técnicas, elaboración e manexo dos produtos audiovisuais, imprescindibles para desenvolverse no mundo tecnolóxico actual .


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.