IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
PROFESORADO DO DEPARTAMENTO Mª Carmen Rodríguez Castro Rubén Veloso Carnero David Rodríguez Rivada (Xefe do departamento)
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 0º.- ÍNDICE 0º.- Índice 1º.- Introdución e contextualización 2º.- Contribución das áreas e materias ao logro das competencias básicas (na ESO) 3º.- Obxectivos por curso 4º.- Secuencia de contidos 5º.- Temporalización 6º.- Criterios de avaliación (na ESO na relación coas competencias básicas) 7º.- Mínimos esixibles 8º.- Procedementos e instrumentos de avaliación 9º.- Procedementos para a realización da avaliación inicial (na ESO) 10º.- Criterios de cualificación 11º.- Plans de traballo para a superación das materias pendentes (na ESO) 12º.- Procedemento para a cualificación das materias pendentes ou da cualificación final do curso se hai alumnado que asiste a programas de reforzo con atribución horaria (na ESO) 13º.- Actividades de seguimento das materias pendentes (no BACH) 14º.- Procedementos para acreditar os coñecementos previos (BACH artigo 3.7 Orde 24/06/2008) 15º.- Metodoloxía didáctica (BACH incidindo no impulso da autonomía persoal) 16º.- Medidas de atención á diversidade 17º.- Programación da educación en valores 18º.- Accións de contribución ao proxecto lector 19º.- Accións de contribución ao plan TIC 20º.- Accións de contribución ao PLAN DE CONVIVENCIA 21º.-Materias e recursos didácticos incluidos os libros de texto 22º.- Actividades complementarias e extraescolares 23º.- Incorporación de modificacións propostas na memoria do curso anterior 24º.- Procedementos para avaliar a propia programación
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 1º.- INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN O IES Xesús Taboada Chivite está situado no Concello de Verín ao sur de Galici e tamén da provincia de Ourense. Linda polo norte co concello de Castrelo do Val, polo leste co de Vilardevós, polo sur con Portugal e polo oeste cos concellos de Oímbra e Monterrei. A súa situación xeográfica é latitude 41º 56´ 2´´ norte e lonxitude 7º 26´ 2´´ oeste, sendo a súa altitude de 386 metros sobre o nivel do mar. O Concello de Verín sitúase no val de Monterrei. O seu río principal é o Támega, que se une ao Douro en Portugal, tendo neste municipio como afluentes, pola esquerda, os regatos de Gondulfes, A Rasela, ÁbedesCabreiroá, Sandín en Tamaguelos e o río pequeno que delimita este concello con Portugal. Pola dereita o seu afluente é o Búbal. A poboación total da comarca aumentou gradualmente durante a primeira metade do século: 31.719 habitantes en 1900; 43.062 en 1950. A partir de 1960 empeza a descender ata os nosos días (30.000 habitantes). Este feito, común a outras comarcas do interior de Galicia, está ligado á emigración. Unha emigración de segunda etapa que se dirixiu aos países centroeuropeos e a algún país sudamericano, pero principalmente ás grandes cidades do estado español: Barcelona, Madrid, Bilbao; e de Galicia: Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ourense. A evolución recente da comarca continúa definida polo descenso paulatino da poboación.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 2º.- CONTRIBUCIÓN DAS ÁREAS E MATERIOS AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS (NA ESO) A materia de “Música” contribúe de forma directa á adquisición da competencia cultural e artística en todos os aspectos que a configuran. Fomenta a capacidade de apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes manifestacuóns culturais e musicais, artísticas, a través de experiencias, perspectivas, expresivas e do coñecemento de músicas de diferentes culturas, ´pocas e estilos. Pode potenciar así actitudes abertas e respectuosas e ofrecer elementos para a elaboración de xuízos fundamentados respecto das diferentes manifestacións musicais, establecendo conexións con outras linguaxes artísticas e cos contextos social e histórico os que se circunscribe cada obra. Colabora co desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa persoal, mediante o traballo colaborativo e a habilidade para planificar e xestionar proxectos. A música contribúe tamén á competencia social e cidadá. A participación en actividades musicais e de movemento de distinta índole, especialmente as relacionadas coa interpretación e creación colectiva que requiren dun traballo cooperativo colabora na adquisición de habilidades para relacionarse cos demais. A música tamén contribúe ó desenvolvemento do tratamento da información e da competencia dixital. O uso de recursos tecnolóxicos no campo da música posibilita o coñecemento e dominio básico do hardware e o software musical, os distintos formatos de son e de audio dixital ou as técnicas de tratamento e gravación do son relacionados coa producción de mensaxes musicais, audiovisuais e multimedia. Tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia para aprender a aprender, potenciando capacidades e destrezas fundamentais para a aaprendizaxe guiada e autónoma como a atención, a concentración e a memoria, á vez que desenvolve o sentido da orde e da análise. Respecto á competencia en comunicación lingüística, a música contribúe a enriquecer os intercambios comunicativos e á adquisición dun vocabulario musical básico. Desde o punto de vista da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico a música realiza unha achega á mellora da calidade do medio ambiente identificando e reflexionando sobre o exceso de ruído, a contaminación sonora e o uso indiscriminado da música, co fin de serrar hábitos saludables. A música contribúe á competencia matemática poñendo en evidencia a necesidade do manexo de principios matemáticos para a comprensión dos elementos básicos da linguaxe musical.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 3º.- OBXECTIVOS POR CURSO Os obxectivos xerais da materia “Música” para o conxunto da etapa da ESO son os seguintes: a. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación. b. Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión. c. Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas. d. Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical. e. Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións. f. Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais. g. Participar en actividades musicais, tanto dentro coma forra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa. h. Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción e transmisión do fenómeno musical.
Os obxectivos específicos para “Música” en 2º ESO son: a. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación. b. Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión. c. Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas. d. Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical. e. Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións. f. Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais. g. Participar en actividades musicais, tanto dentro coma fóra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa.
Os obxectivos específicos para “Música” en 3º ESO son: a) Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación. b) Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión. c) Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas. d) Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical. e) Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións. f) Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais. g) Participar en actividades musicais, tanto dentro coma fóra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa. h) Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción e transmisión do fenómeno musical.
Os obxectivos específicos para “Música” en 4º ESO son: a. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación. b. Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión. c. Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas. d. Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical. e. Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións. f. Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais. g. Participar en actividades musicais, tanto dentro coma fóra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa. h. Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción e transmisión do fenómeno musical.
Os obxectivos xerais do conxunto da etapa do Bacharelato son os seguintes: a) Dominar a lingua castelá e a lingua oficial propia da Comunidade Autónoma. b) Expresarse con fluidez e corrección nunha lingua estranxeira. c) Analizar e valorar críticamente as realidades do mundo contemporáneo e os antecedentes e factores que inflúen nel. d) Comprender os elementos fundamentais da investigación e do método científico. e) Consolidar unha madurez persoal, social e moral que lles permita actuar de forma responsable e autónoma. Fomentar un sentido ético que propicie actitudes de tolerancia e respecto cara aos demais como valores fundamentais. f) Participar de forma activa e solidaria no desenvolvemento e mellora da súa contorna social. g) Dominar os coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e as habilidades básicas propias da modalidade escollida, cunha visión integradora das distintas materias. h) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria como fonte de formación e enriquecemento cultural. i) Utilizar de forma responsable e crítica os medios e recursos que a tecnoloxía pon á súa disposición. k) Coñecer e valorar o patrimonio cultural da súa Comunidade Autónoma e do resto de España.
Os obxectivos xerais da área de Música para o Bacharelato, partindo do Real Decreto 126/2008, do 19 de xuño polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, no que se establece o currículo de Bacharelato, son: 1. Aprender a empregar axeitadamente os recursos vocais, a non falar por riba das nosas posibilidades e a evitar o ruído ambiente. 2. Manexar unha técnica vocal básica que evite patoloxías da voz e das cordas vocais. 3. Ser quen de utilizar correctamente o rexistro máis axeitado da voz. 4. Coñecer e empregar as técnicas básicas de preparación da voz, na tesitura e colocación axeitada. 5. Aprender a controlar a respiración ao mesmo tempo que se canta ou fala. 6. Aprender e desfrutar das posibilidades técnicas da voz que permiten cantar en grupo. 7. Desenvolver os coñecementos básicos que permitan a improvisación e a creación vocal individual. 8. Coñecer, respectar e divulgar o repertorio musical vocal de Galicia, tanto o derivado do folclore e da música popular, como o propio da música clásica. 9. Respectar a música propia como sinal de identidade dun pobo.
10. Recoñecer as formas vocais doutras culturas como base de riqueza intercultural dos nosos tempos. 11. Identificar e/ou interpretar as cancións e formas vocais propias da cultura occidental, así como doutras culturas, enmarcándoas nos seus respectivos eixes cronolóxicos, preferentemente con acompañamento instrumental. 12. Colaborar na comprensión doutras culturas e civilizacións a través da súa achega ao mundo musical. 13. Aprender a compartir, canalizar as emocións e os sentimentos a través do canto e da súa práctica en grupo. 14. Recoñecer e valorar o gozo que proporciona a cada persoa o feito de cantar, individualmente ou en grupo, con ou sen acompañamento instrumental. 15. Coñecer a evolución e características da voz humana e do canto ata hoxe en día.
Os obxectivos específicos da materia “Música” para 1º de Bacharelato son: a. Aceptar a pluralidade do feito musical. b. Comprender a relación da música cos outros campos do saber. c. Recoñecer os axentes e mecanismos que interveñen no proceso da audición. d. Distinguir os fenómenos sonoros e os parámetros do son. e. Comprender a relación entre música e movemento a través da danza. f. Recoñecer o papel da música nos medios audiovisuais. g. Apreciar o valor da música como manifestación que precisa interpretación. h. Practicar a lectura e entoación musical a través do uso do canto e dos instrumentos. i. Analizar o repertorio desde o punto de vista interpretativo e técnico. j. Practicar o repertorio vocal, instrumental e de movemento e danza. k. Empregar a audición e a expresión coma medios de coñecemento, comunicación e desenvolvemento. l. Empregar de forma expresiva a aprendizaxe, incorporando improvisacións e creacións propias. m. Integrar o traballo persoal e en equipo.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 4º.- SECUENCIA DE CONTIDOS Para MÚSICA 2º ESO, os contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais) son: a. CONCEPTUAIS: BLOQUE 1: A LINGUAXE DA MÚSICA. 1. Os parámetros do son. 2. Representación gráfica da música. 3. O ritmo. 4. A melodía. 5. A harmonía. 6. Procedementos compositivos e formas de organización musical. BLOQUE 2: A VOZ E OS INSTRUMENTOS. 1. A voz. 2. Os instrumentos. BLOQUE 3: MÚSICA NA CULTURA E A SOCIEDADE. 1. Xéneros musicais na cultura occidental. 2. A música tradicional. 3. A música na actualidade. 4. Introducción á presencia da música noutras manifestacións artísticas.
b. PROCEDIMENTAIS: BLOQUE 1: Posta en práctica de diversos exercicios e xogos que permitan a comprensión e interiorización dos diferentes parámetros do son. Lectura, audición, interpretación e recoñecemento dos elementos relacionados coa linguaxe musical. Lectura musical directa como axuda ante a interpretación vocal, instrumenal, asociada ou non ó movemento, realizadas tanto individual coma grupalmente. Realización de dictados rítmicos e melódicos cos elementos coñecidos. Creación de estructuras musicais sinxelas partindo da imitación, repetición e variación de ideas ou temas propostos.
BLOQUE 2: Execución de cancións, individual e grupalmente, de unha ou máis voces, con atención á relación entre música e texto. Realización de exercicio de técnica vocal axeitados, con vistas a unha apreciación completa dos mecanismos que participan na emisión vocal. Canto homofónico e monofónico, así como de cánones sinxelos. Cantos tradicionais de Galicia suxeitos a ritmo métrico. Improvisacións vocais baseadas en pregunta-resposta rítmica ou rítmico-melódica. Composición de cancións propias. Gravación e comentario das actividades realizadas na aula empregando o vocabulario axeitado para expresar os aspectos básicos das obras traballadas. Recoñecementos visual e auditivo dos instrumentos musicais e dos grupos que conforman a orquesta. Interpretación musical con instrumental Orff. Improvisación e composición instrumental, individual ou grupal. BLOQUE 3: Escoita activa de obras musicais representativas de cada período histórico estilístico, apoiada pola realización de actividades globalizadoras, baseadas na práctica instrumental, vocal ou de movemento. Preparación de audicións en directo ás que asistan. Realización de bailes tradicionais de Galicia e doutras zonas. Escoita activa e visualización de espectáculos onde se interpreten obras musicais representativas.
c. ACTITUDINAIS: a. Valoración do silencio coma marco indispensable para calquer actividade musical. b. Actitude de interese e respecto hacia as diversas culturas estudiadas. c. Tolerancia ante o diferente, e vontade de probar ritmos doutras terras. d. Valoración do patrimonio cultural, tanto a nivel nacional coma rexional. e. Actitude de respecto e silencio ante as intervencións dos compañeiros nas actividades que se desenvolvan na aula. f. Interese polo cinema, as novas tecnoloxías e o papel que a música desenvolve nese contexto.
Para MÚSICA 3º ESO os contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais) son: a) CONTIDOS CONCEPTUAIS BLOQUE 1: ESCOITA BLOQUE 2: INTERPRETACIÓN BLOQUE 3: CREACIÓN BLOQUE 4: CONTEXTOS MUSICAIS Este departamento didáctico decidimos axustar a un criterio cronolóxico os catro bloques anteriores, co que os nosos contidos conceptuais integrarían en cada unidade didáctica os catro. Así, na unidade da Idade Media afrontaremos a escoita, a interpretación e a creación musicais no contexto histórico e cultural da Idade Media. Non se tratará de dar Historia da música, senón de encadrar as clases prácticas en diversos contextos socioculturais. Así: 1. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto da Idade Media. 2. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Renacemento. 3. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Barroco. 4. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Clasicismo. 5. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Romanticismo. 6. A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Século XX. 7. A música e as novas tecnoloxías.
b) CONTIDOS PROCEDIMENTAIS 1. Interpretación de pezas significativas dos diversos estilos musicais, ordenadas cronoloxicamente e por grao crecente de dificultade. 2. Escoita activa e consciente de pezas destacadas. 3. Análise musical baseado na escoita e discriminación auditivas, coa posible utilización de partituras sinxelas que exemplifiquen características musicais. 4. Creación de pezas dentro de diferentes coordenadas estilísticas. 5. Execución de danzas históricas, folklóricas, latinas e de salón, encadradas no seu contexto. 6. Elaboración de materiais escritos relacionados con estes contidos, así coma dun caderno persoal e diario.
c) CONTIDOS ACTITUDINAIS a) Valoración do silencio coma marco indispensable para calquer actividade musical. b) Actitude de interese e respecto hacia os diversos movementos estudiados. c) Tolerancia ante o diferente, e vontade de escoitar música doutras épocas.
d) Valoración do patrimonio cultural. e) Actitude de respecto e silencio ante as intervencións dos compañeiros nas actividades que se desenvolvan na aula. f) Interese pola historia e polo papel que a música desenvolve nese contexto.
Para MÚSICA 4º ESO e MÚSICA 4º PDC os contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais), son: a) CONCEPTUAIS: BLOQUE 1: MÚSICA, IMAXE E TECNOLOXÍA. 1. A electrónica e a informática aplicadas á música. 2. A música do cinema, radio, televisión e publicidade. BLOQUE 2: MÚSICA POPULAR URBANA, A MÚSICA TRADICIONAL E A MÚSICA CHAMADA CULTA. BLOQUE 3: A MÚSICA ESPAÑOLA. BLOQUE 4: A MÚSICA TRADICIONAL EN ESPAÑA. BLOQUE 5: MÚSICAS DO MUNDO.
b) PROCEDIMENTAIS: BLOQUE 1: Coñecemento dos instrumentos electrónicos e electromagnéticos da música máis próxima ós seus intereses, así como das súas posibilidades técnicas e expresivas. Coñecemento e posible manipulación a un nivel inicial dos programas informáticos relacionados coa edición de partituras. Búsqueda selectiva de arquivos MIDI, de audio ou vídeo, partituras ou páxinas web relacionadas coa música en Internet. Visualización de fragmentos de películas representativas das diferentes funcións da música no cinema. Análise das funcións da música na publicidade mediante o estudio de diversos anuncios. BLOQUE 2: Análise de obras pertencentes á música popular urbana, fundamentado na audición e apoiado por partituras ou en outras representacións gráficas. Práctica instrumental ou vocal de obras representativas das distintas correntes musicais estudiadas. Improvisación musical a partires da escala de blues, pentatónicas diversas, maiores e menores... no seo de obras traballadas no tema.
Visualización de películas ou fragmentos relacionados co tema. BLOQUE 3: Execución vocal ou instrumental de obras ou fragmentos dos distintos períodos estilísticos. Análise de obras dos diferentes períodos, fundamentado na audición e apoiado en partituras. Visualización de obras e fragmentos do teatro musical representativos de cada época. BLOQUE 4: Interpretación grupal do repertorio vocal e instrumental, con ou sen movemento asociado. Análise de obras tradicionais de Galicia, fundamentado na audición e apoiado en partituras. BLOQUE 5: Escoita activa de obras populares iberoamericanas, africanas e do Lonxano Oriente. Interpretación vocal, instrumental ou con movemento de obras pertencentes á música iberoamericana, africana ou do Lonxano Oriente. Danzas tropicais: o merengue e a salsa. Bailes de salón: o tango arxentino.
c) ACTITUDINAIS: a. Valoración do silencio coma marco indispensable para calquer actividade musical. b. Actitude de interese e respecto hacia as diversas culturas estudiadas. c. Tolerancia ante o diferente, e vontade de probar ritmos doutras terras. d. Valoración do patrimonio cultural, tanto a nivel nacional coma rexional. e. Actitude de respecto e silencio ante as intervencións dos compañeiros nas actividades que se desenvolvan na aula. f. Interese polo cinema, as novas tecnoloxías e o papel que a música desenvolve nese contexto.
Para MÚSICA 1º BACHARELATO os contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais, así como a súa temporalización, son: a. CONCEPTUAIS MÚSICA. EXPRESIÓN VOCAL. Bloque 1: COIDADO E HIXIENE DA VOZ. 1. Aparatos implicados na producción da voz. 2. Clasificación das voces.
3. Agrupacións vocais. Bloque 2: REPERTORIO GALEGO, DA CULTURA OCCIDENTAL E DO MUNDO. 4. Cancións e música vocal do repertorio galego para as distintas épocas do ano. 5. Breve evolución da ópera. O teatro musical en España. 6. Tipoloxías de cancións no ámbito da música urbana: habaneras, boleros, canción protesta, new wave, canción de autor, etc. 7. Tipoloxías de cancións no ámbito da música culta: canción galega, melodie francaise, lied, romanza, aria, cavatina, cavaletta, etc. Bloque 3: HISTORIA DO CANTO. 8. Breve evolución dos xéneros vocais o longo da historia.
b. PROCEDIMENTAIS: a. Práctica do repertorio vocal e instrumental. b. Comentario e análise do repertorio. c. Audición dos exemplos gravados. d. Creación do propio repertorio. e. Lectura do repertorio.
c. ACTITUDINAIS: a. Valoración do silencio coma marco indispensable para calquer actividade musical. b. Actitude de interese e respecto hacia as diversas culturas estudiadas. c. Tolerancia ante o diferente, e vontade de probar ritmos doutras terras. d. Valoración do patrimonio cultural, tanto a nivel nacional coma rexional. e. Actitude de respecto e silencio ante as intervencións dos compañeiros nas actividades que se desenvolvan na aula. f. Interese polo cinema, as novas tecnoloxías e o papel que a música desenvolve nese contexto.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 5º.- TEMPORALIZACIÓN En 2º ESO, a temporalización das unidades do curso é a seguinte: 1ª AVALIACIÓN UNIDADE 1: O son. Cualidades do son. UNIDADE 2: Cualidades do son: a altura. UNIDADE 3: Cualidades do son: a duración. 2ª AVALIACIÓN UNIDADE 4: Cualidades do son: a intensidade. UNIDADE 5: Cualidades do son: o timbre. UNIDADE 6: A organización do son: ritmo, melodía, textura. 3ª AVALIACIÓN UNIDADE 7: A estructura da música: a forma musical. UNIDADE 8: O contido e a función da música: o xénero musical.
En 3º ESO, a temporalización das unidades do curso é a seguinte: 1ª AVALIACIÓN *Unidade 0: Elementos para a análise musical. *Unidade 1: A escoita, interpretación e creación musicais nos contextos da Antigüidade e da I. M. *Unidade 2: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Renacemento. *Unidade 3: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Barroco. 2ª AVALIACIÓN *Unidade 4: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Clasicismo. *Unidade 5: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Romanticismo. *Unidade 6: A escoita, interpretación e creación musicais no contexto do Século XX. 3ª AVALIACIÓN *Unidade 7: Música e tecnoloxía. *Unidade 8: Música popular (urbana) no Século XX.
En 4º ESO, a temporalización das unidades do curso é a seguinte: 1ª AVALIACIÓN UNIDADE 1: A música no cinema. Funcións da b.s.o., historia do cinema, préstamos. UNIDADE 2: Gravación e reproducción do son. Historia. Instrumentos electrónicos. UNIDADE 3: Músicas do mundo (I): Asia e África. UNIDADE 4: A música popular urbana (I). Das orixes ós anos 60. 2ª AVALIACIÓN UNIDADE 5: A música nos videoxogos: historia, evolución. UNIDADE 6: A informática musical. A música electrónica. DJ. UNIDADE 7: Músicas do mundo (II): Europa. UNIDADE 8: A música popular urbana (II). Os 70 e 80. UNIDADE 9: A música nos medios de comunicación: radio, TV, a publicidade. 3ª AVALIACIÓN UNIDADE 10: Músicas do mundo (III): Oceanía e América. UNIDADE 11: A música como espectáculo: o musical. UNIDADE 12: Música popular urbana (III). Panorama actual.
En 1º Bacharelato, a temporalización das unidades do curso é a seguinte: 1ª AVALIACIÓN (5 UNIDADES) UNIDADE 1: A EXPRESIÓN VOCAL. A VOZ. TIPOS. PRODUCCIÓN. HIXIENE. UNIDADE 2: MÚSICA POPULAR URBANA NACIONAL (I): OS 50-70. UNIDADE 3: MÚSICAS DO MUNDO (I): AMÉRICA. UNIDADE 4: A MÚSICA CHAMADA CULTA (I): XÉNEROS VOCAIS NACIONAIS. UNIDADE 5: MÚSICA E IMAXE (I): O CINEMA NACIONAL. 2ª AVALIACIÓN (4 UNIDADES) UNIDADE 6: MÚSICA POPULAR URBANA NACIONAL (II): OS ANOS 80-90. UNIDADE 7: MÚSICAS DO MUNDO (II): ASIA E EUROPA. UNIDADE 8: A MÚSICA CHAMADA CULTA (I): O TEATRO MUSICAL EN ESPAÑA. UNIDADE 9: MÚSICA E IMAXE (II): O CINEMA MUSICAL. 3ª AVALIACIÓN (4 UNIDADES) UNIDADE 10: MÚSICA E IMAXE (III): O CINEMA NACIONAL DOS 90 ATA A ACTUALIDADE. UNIDADE 11: MÚSICA POPULAR URBANA (III): A ACTUALIDADE. UNIDADE 12: MÚSICA E IMAXE (III) A PUBLICIDADE. UNIDADE 13: MÚSICAS DO MUNDO (III): ÁFRICA E OCEANÍA.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 6º.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN1 Para MÚSICA 2º ESO Ler
e interpretar con fluidez (vocal ou instrumentalmente) partituras de certa dificultade. (CCA, CM, CAIP, CD) Comprender e recoñecer os elementos empregados na escritura musical con relación a esquemas rítmicos relativamente complexos. (CCA, CM) Utilizar os conceptos adquiridos na aprendizaxe da linguaxe musical para a análise de partituras e audicións. (CLC, CCA, CM, CSC, CAA, CAIP) Recoñecer
e respectar o plano sonoro que lles corresponda na execución vocal ou instrumental, así como a súa presencia e función na música escoitada en actividades cotiás. (CCA, CAIP, CM, CSC, CAA) Interpretar
con precisión esquemas rítmicos relativamente complexos (ritmos sincopados, de swing, polirritmias...). (CCA, CM, CAA) Coñecer,
recoñecer e empregar as distintas escalas estudiadas. (CCA, CAA)
Improvisar e crear coa voz e os instrumentos estructuras rítmico-melódicas de oito compases, atendendo ó correcto sentido conclusivo, á riqueza da liña melódica e ás posibilidades de expresión. (CCA, CAA, CAIP) Recoñecer auditivamente os elementos da música que permiten situar unha determinada audición nun contexto histórico, social e xeográfico aproximado. (CCA, CSC) Analizar críticamente a utilización dos medios de comunicación con relación á creación e difusión da música, adoptando unha postura activa ó respecto. (CIAP, CCA, CSC) Utilizar
con autonomía os diferentes recursos ó seu alcance. (CIAP, CAA, CD)
Emitir opinións razoadas sobre diversos temas relacionados co temario. (CLC, CAA, CIAP, CSC) Interpretar
correctamente a súa parte na execución e improvisación vocal, instrumental e de movemento, adaptándose ás indicacións da dirección. (CIAP, CCA, CSC, CM)
1 ADVÍRTASE QUE NESTE APARTADO EMPREGAREMOS AS SEGUINTES ABREVIATURAS PARA RELACIONAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS COS CRITERIOS DE AVALIACIÓN: CLC (Competencia Lingüística e Comunicativa), CAA (Competencia de Aprender a Aprender), CCA (Competencia Cultural e Artística), CM (Competencia Matemática), CAIP (Competencia de Autonomía e Iniciativa Personal), CSC (Competencia Social e Cidadá) e CD (Competencia Dixital).
Para MÚSICA 3º ESO - Ler e interpretar con fluidez (vocal ou instrumentalmente) partituras de certa dificultade. (CCA, CM, CAIP, CD) - Comprender e recoñecer os elementos empregados na escritura musical con relación a esquemas rítmicos relativamente complexos. (CCA, CM) - Utilizar os conceptos adquiridos na aprendizaxe da linguaxe musical para a análise de partituras e audicións. (CLC, CCA, CM, CSC, CAA, CAIP) - Recoñecer e respectar o plano sonoro que lles corresponda na execución vocal ou instrumental, así como a súa presencia e función na música escoitada en actividades cotiás. (CCA, CAIP, CM, CSC, CAA) - Interpretar con precisión esquemas rítmicos relativamente complexos (ritmos sincopados, de swing, polirritmias...). (CCA, CM, CAA) - Coñecer, recoñecer e empregar as distintas escalas estudiadas. (CCA, CAA) - Improvisar e crear coa voz e os instrumentos estructuras rítmico-melódicas de oito compases, atendendo ó correcto sentido conclusivo, á riqueza da liña melódica e ás posibilidades de expresión. (CCA, CAA, CAIP) - Recoñecer auditivamente os elementos da música que permiten situar unha determinada audición nun contexto histórico, social e xeográfico aproximado. (CCA, CSC) - Analizar críticamente a utilización dos medios de comunicación con relación á creación e difusión da música, adoptando unha postura activa ó respecto. (CIAP, CCA, CSC) - Utilizar con autonomía os diferentes recursos ó seu alcance. (CIAP, CAA, CD) - Emitir opinións razoadas sobre diversos temas relacionados co temario. (CLC, CAA, CIAP, CSC) - Interpretar correctamente a súa parte na execución e improvisación vocal, instrumental e de movemento, adaptándose ás indicacións da dirección. (CIAP, CCA, CSC, CM) Para MÚSICA 4º ESO e MÚSICA 4º PDC - Ler e interpretar con fluidez (vocal ou instrumentalmente) partituras de certa dificultade. (CCA, CM, CAIP, CD) - Comprender e recoñecer os elementos empregados na escritura musical con relación a esquemas rítmicos relativamente complexos. (CCA, CM) - Utilizar os conceptos adquiridos na aprendizaxe da linguaxe musical para a análise de partituras e audicións. (CLC, CCA, CM, CSC, CAA, CAIP) - Recoñecer e respectar o plano sonoro que lles corresponda na execución vocal
ou instrumental, así como a súa presencia e función na música escoitada en actividades cotiás. (CCA, CAIP, CM, CSC, CAA) - Interpretar con precisión esquemas rítmicos relativamente complexos (ritmos sincopados, de swing, polirritmias...). (CCA, CM, CAA) - Coñecer, recoñecer e empregar as distintas escalas estudiadas. (CCA, CAA) - Improvisar e crear coa voz e os instrumentos estructuras rítmico-melódicas de oito compases, atendendo ó correcto sentido conclusivo, á riqueza da liña melódica e ás posibilidades de expresión. (CCA, CAA, CAIP) - Recoñecer auditivamente os elementos da música que permiten situar unha determinada audición nun contexto histórico, social e xeográfico aproximado. (CCA, CSC) - Analizar críticamente a utilización dos medios de comunicación con relación á creación e difusión da música, adoptando unha postura activa ó respecto. (CIAP, CCA, CSC) - Utilizar con autonomía os diferentes recursos ó seu alcance. (CIAP, CAA, CD) - Emitir opinións razoadas sobre diversos temas relacionados co temario. (CLC, CAA, CIAP, CSC) - Interpretar correctamente a súa parte na execución e improvisación vocal, instrumental e de movemento, adaptándose ás indicacións da dirección. (CIAP, CCA, CSC, CM) Para MÚSICA 1º BACHARELATO 1. Aplicar os coñecementos adquiridos para unha correcta posición e hixiene da voz, tanto na vida cotiá como en contextos de interpretación musical. 2. Recoñecer a estrutura dunha canción, a partir da partitura, do seu canto e da súa audición. 3. Distinguir na audición dunha canción ou forma musical as diferentes voces e/ou instrumentos. 4. Interpretar con acompañamento instrumental cancións de características e estilos diversos e recoñecer as diferenzas e/ou relacións entre elas, utilizando posteriormente, se se desexa, a partitura. 5. Recoñecer aquelas características dunha forma vocal concreta que producen ou potencian determinados sentimentos e emocións. 6.-Realizar pequenos arranxos ou cancións, con ou sen acompañamento instrumental.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 7º.- MÍNIMOS ESIXIBLES Para MÚSICA 2º ESO Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos: a. Ter unha calificación media igual ou superior a 5 no caderno de clase; b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza e instrumentación; c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades teóricas de análise e exames; Para MÚSICA 3º ESO Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos: -Ter aprobados o exame de avaliación e o traballo de avaliación cun 5, ou obter un 4 coma mínimo, que compensado coas outras notas dea un 5 de promedio; -Ter calificacións positivas (por riba do 5) nas actividades prácticas e instrumentación, canto, audición, análise e danza. -Ter feitas as tarefas da aula, ou ter aprobado cun 5 ou máis o exame que sustituiría estes procedementos de avaliación. -Ter unha actitude respectuosa hacia os compañeiros, profesores e demais persoas no centro. Para MÚSICA 4º ESO Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos: a. Ter unha calificación igual ou superior a 5 no exame de avaliación e no traballo de avaliación, ou ter coma mínimo un 3 que, compensado coas outras notas de avaliación, promedie un 5; b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza, canto, análise, audición e instrumentación, ou unha nota mínima dun 3 que, compensado polas outras notas, promedien un 5; c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 4 nas actividades teóricas de análise e exercicios escritos, pero que facendo media ponderada coas outras partes da asignatura dean unha media dun 5 coma mínimo;
E 4º PDC Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos: a. Ter unha calificación igual ou superior a 5 no exame de avaliación e no traballo de avaliación, ou ter coma mínimo un 4 que, compensado coas outras notas de avaliación, promedie un 5; b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza, canto, análise, audición e instrumentación, ou unha nota mínima dun 4 que, compensado polas outras notas, promedien un 5; c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 4 nas actividades teóricas de análise e exercicios escritos, pero que facendo media ponderada coas outras partes da asignatura dean unha media dun 5 coma mínimo. Para MÚSICA 1º BACHARELATO Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos: a. Ter unha calificación media igual ou superior a 5 nos exames de avaliación, ou ter coma mínimo un 4 que, compensado coas outras notas de avaliación, promedie un 5; tamén podería darse o caso de que sacasen menos dun 4 nun exame pero o outro terá que estar aprobado para facer media; b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de instrumentación, ou unha nota mínima dun 4 que, compensado polas outras notas, promedien un 5; c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 4 nas actividades teóricas de análise e exercicios escritos, pero que facendo media ponderada coas outras partes da asignatura dean unha media dun 5 coma mínimo; d. Non ter máis dun 10 por cen das faltas de asistencia ó longo do curso; en caso de que algún alumno faltase máis dese 10 por cen perdería o dereito ós procedementos de avaliación antes citados e tería que realizar un exame teórico-práctico que suporía o cen por cen da nota.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2013-14 8º.- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Para MÚSICA 2º ESO A nota deste curso ten dúas partes: unha teórica (40 por cen) e outra práctica (50 por cen). O bó comportamento e o traballo supoñen o 10% restante. Na teoría haberá exames e o caderno do libro. Na práctica haberá instrumentación (frauta), práctica vocal e traballos (un dos instrumentos da orquesta, outro da música hispanoamericana e outro sobre un compositor ou músico importante, cada un deles nunha avaliación). Deberán obter cando menos un 4 na teoría, e un 5 na práctica, pero compensando a media e chegando a un 5. Teráse en conta o comportamento do alumno (tanto que poderá modificar a calificación media de cada avaliación en +/- 1 punto) e a súa asistencia á aula. Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obterían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame. Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia). Para MÚSICA 3º ESO A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40 por cen), outra práctica (50 por cen) e a asistencia a clase (10%). Na nota teórica (40%) entran: un exame de avaliación (20% da nota teórica), no que o alumno deberá responder solventemente a unha serie de cuestións teóricas e prácticas relativas ó visto na aula (descrición de danzas, contidos teóricos da materia, análise auditiva de cancións ou pezas pertencentes ó temario...) e un traballo de avaliación (o restante 20% da nota teórica). Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame teórico ou no traballo de avaliación poderá aprobar a avaliación, tendo que aprobar as seguintes avaliacións para aprobar , ou ben en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación). A nota práctica (50%) integra actividades de instrumentación (láminas, frauta, pequena percusión, guitarra ou piano), danza, práctica vocal, audición, análise, composición e actividades de solfexo. Ningún alumno poderá negarse a realizar ningunha destas tarefas a non ser que acredite documentalmente algunha incapacidade para levalas a cabo. Faranse varios exames o longo das avaliacións. Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame práctico poderá aprobar a avaliación, tendo que aprobar as seguintes avaliacións para aprobar , ou ben en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación). Poderá, sen embargo, renunciar libremente a ser avaliado neste sistema,
sustituindo todo por un único exame final de avaliación, de carácter teórico-práctico, que suporá o cen por cen da nota de avaliación. O último 10% restante da nota é a asistencia (10%); esta última teráse en conta restando 0,1 puntos por cada falta de asistencia, xustificada ou non, ata un máximo de 1 punto por avaliación. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. Sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final). Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame. Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas (ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia). Para MÚSICA 4º ESO A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (50%), unha práctica (40%) e a asistencia, traballos e comportamento (10%); sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final). Na nota teórica (50%) os procedementos de avaliación serán: un ou varios exames teórico-prácticos por avaliación (con contidos referidos ó visto na aula, con tarefas relacionadas coa práctica musical e aplicando as destrezas traballadas). A nota mínima para facer media é un 3, aínda que tamén se faría media no caso de obter menos dun 3 nun exame e aprobar o outro, sempre e cando a media sexa igual ou superior a 5 puntos sobre dez. Na nota práctica (40%) haberá moitas calificacións: de baile, instrumentación, análise musical, práctica musical e canto. Ningún alumno poderá negarse a realizar estas tarefas, agás que acredite documentalmente algunha incapacidade ou molestia no se desenvolvemento. De ser así, todos estes procedementos de avaliación (teoría e práctica) poderán ser sustituidos por un único exame teórico.práctico por avaliación co valor dun 100% da nota. Ningún alumno cunha calificación media na parte práctica inferior a 4 poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se a media inferior a 4 na parte práctica pertence á terceira avaliación). Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame. Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…)
ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).
Para MÚSICA 4º PDC A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40%), unha práctica (50%) e a asistencia (10%); esta última teráse en conta restando 0,1 puntos por cada falta de asistencia, xustificada ou non2, ata un máximo de 1 punto por avaliación. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. Sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final). Na nota teórica (40%) os procedementos de avaliación serán: un exame teóricopráctico por avaliación (con contidos referidos ó visto na aula, con tarefas relacionadas coa práctica musical e aplicando as destrezas traballadas), que terá un valor do 20% da nota. Tamén haberá un traballo con exposición e análise musical por avaliación (20%). Se o prefire, ou se non entrega o traballo nos prazos establecidos, o alumno poderá sustituir a parte teórica (traballo e exame) por un exame por avaliación, co mesmo valor (40%). Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame ou no traballo poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación). Na nota práctica (50%) haberá moitas calificacións: de baile, instrumentación, análise musical e canto. Ningún alumno poderá negarse a realizar estas tarefas, agás que acredite documentalmente algunha incapacidade ou molestia no se desenvolvemento. De ser así, todos estes procedementos de avaliación (teoría e práctica) poderán ser sustituidos por un único exame teórico.práctico por avaliación co valor dun 100% da nota. Ningún alumno cunha calificación media na parte práctica inferior a 4 poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se a media inferior a 4 na parte práctica pertence á terceira avaliación). Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos. Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).
2 Se un alumno vese na obriga de ausentarse ás clases por motivos de saúde ou inaprazables, poderá facer algún traballo relacionado co que se ve una clase os días que faltou, e nese caso non se lle aplicaría ningunha redución de nota.
Para MÚSICA 1º BACHARELATO A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40%), unha práctica (10%) e a asistencia (10%); sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final). Na nota teórica (40%) os procedementos de avaliación serán: un ou varios exames teórico-prácticos por avaliación (con contidos referidos ó visto na aula, con tarefas relacionadas coa práctica musical e aplicando as destrezas traballadas). A nota mínima para facer media é un 4, pero a media ponderada debe dar un resultado de 5 sobre 10 puntos. Na nota práctica (50%) haberá moitas calificacións: de baile, instrumentación, análise musical e canto. Ningún alumno poderá negarse a realizar estas tarefas, agás que acredite documentalmente algunha incapacidade ou molestia no se desenvolvemento. De ser así, todos estes procedementos de avaliación (teoría e práctica) poderán ser sustituidos por un único exame teórico.práctico por avaliación co valor dun 100% da nota. Ningún alumno cunha calificación media na parte práctica inferior a 4 poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se a media inferior a 4 na parte práctica pertence á terceira avaliación). Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame. Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 9º.- PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL (NA ESO)
Para avaliar o nivel de destrezas e coñecementos dos alumnos de ESO nas primeiras semanas do curso, farán probas de distinto tipo: probas de instrumentación, de danza, cantarán, farán audicións, comporán pezas musicais e amosarán os seus coñecementos teóricos nas clases (mediante proba escrita ou sinxelas preguntas). O obxectivo non é outro que averiguar cal é o seu nivel na materia de “Música”, co fin de poder axudalos a mellorar no devir da primeira avaliación e obert unha boa base, común a tódolos alumnos, para levar a cabo as tarefas musicais do curso dun xeito equilibrado e unificado, sen grandes diferencias de nivel entre eles.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 10º.- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Con carácter xeral, aplicaránse en todos os cursos as seguintes valoracións: a. a asistencia teráse en conta: na ESO xa non hai perda do dereito á avaliación continua, pero sí se penalizará ata en 1 punto sobre a media da avaliación; b. se a algún alumno se lle retirase o exame por COPIAR ou realizar calquer movemento sospeitoso durante a súa realización, se se lle ve cunha “chuleta” no exame, ou mesmo se amosa un comportamento irrespectuoso cara os demais no momento de realizar o exame, ese alumno consideraríase automáticamente SUSPENSO, recibindo coma calificación 0; c. o comportamento modifica nun +/-1 punto a calificación media total do alumno;
Concretando en cada curso: a. 2º ESO, “MÚSICA”: 50% práctica, 40% teoría, 10% comportamento e traballo; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5; b. 3º ESO, “MÚSICA”: 50% práctica, 40% teoría, 10% asistencia; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5, nota mínima en exame de avaliación ou traballo de avaliación para facer media: 4; c. 4º ESO “MÚSICA”, 40% práctica, 50% teoría e 10% comportamento, traballos e asistencia; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5, nota mínima en exame de avaliación ou traballo de avaliación para facer media: 3; d. 4º PDC, “MÚSICA”, 50% práctica, 40% teoría e 10% asistencia; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5, nota mínima en exame de avaliación ou traballo de avaliación para facer media: 4; e. 1º BACHARELATO, “MÚSICA”: 50% práctica, 40% teoría e 10% asistencia; máis detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: media igual ou superior a 5, nota mínima en exame de avaliación ou traballo de avaliación para facer media: 4.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 11º.- PLANS DE TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES (NA ESO) Os alumnos que teñana pendente a materia de “Música” de 2º ESO ou de 3º ESO poderán utilizar os seguintes procedementos para superala: a) poderán realizar un traballo por avaliación, no que (seguindo unhas sinxelas pautas) amosen certa madurez no desenvolvemento do tema de traballo proposto, cubrindo todos os aspectos imprescindibles para unha valoración positiva (de 5 puntos sobre 10, coma mínimo) e así, de teren entregado dous traballos antes de maioi (un por cada avaliación) recuperarían a materia sen necesidade de facer o exame de maio; b) no caso de non aprobar os dous traballos, ou de non entregar algún dos mesmos (ou ningún), terán que realizar un exame de recuperación en maio.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2013-14 12º.- PROCEDEMENTO PARA A CUALIFICACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES OU DA CUALIFICACIÓN FINAL DO CURSO SE HAI ALUMNADO QUE ASISTE A PROGRAMAS DE REFORZO CON ATRIBUCIÓN HORARIA (NA ESO)
Para os alumnos que teñan asignaturas pendentes o Departamento de Música propón as seguintes actividades de recuperación:
(ADVERTENCIA: É de vital importancia que os alumnos implicados se poñan en contacto coa maior brevidade posible co profesor para seguir as súas indicacións) 2º E.S.O. -Exercicios escritos nun folio. -Traballo sobre os instrumentos musicais: descrición, fotografías, evolución, historia, relación da orquesta sinfónica... -Exercicios sobre linguaxe musical. 3º E.S.O. -Resumo das distintas épocas musicais, situadas cronoloxicamente (Idade Media, Renacemento, Barroco, Clasicismo, Romanticismo e Século XX). Autores, xéneros, obras destacadas e características históricas, sociopolíticas e culturais de cada unha delas. Traballo sobre un grupo musical do século XX ou XXI: debe seguir este guión: Índice, Introducción, Datos do Grupo (compoñentes, historia, repertorio discográfico, premios), Análise musical e literaria dunha canción escollida polo alumno, Bibliografía consultada. Deben facilitarse CDs con traballos do grupo, especialmente a canción que sexa analizada polo alumno. 4º E.S.O. -Traballo sobre un grupo musical do século XX ou XXI: debe seguir este guión: Índice, Introducción, Datos do Grupo (compoñentes, historia, repertorio discográfico, premios), Análise musical e literaria dunha canción escollida polo alumno, Bibliografía consultada. Deben facilitarse CDs con traballos do grupo, especialmente a canción que sexa analizada polo alumno. -Traballo sobre a música tradicional galega, seguindo o guión que se lle dea ó alumno. ATENCIÓN: PARA O ALUMNADO REPETIDOR:
SE ALGÚN ALUMNO REPITE CURSO, ACHEGARÍASELLE UNHA SERIE DE EXERCICIOS COMPLEMENTARIOS PARA QUE NON SE ABURRIRA NAS CLASES, PARA QUE O FEITO DE REPETIR CURSO NON O CONDENE A UNHA REPETICIÓN LITERAL DOS CONTIDOS OU ACTIVIDADES. PARA ISO, TERÁ MÁIS ACTIVIDADES, TERÁ UNS EXERCICIOS LIXEIRAMENTE DISTINTOS ÓS DO CURSO ANTERIOR, UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS E BÚSQUEDAS ONLINE PREPARADAS PARA EL, ETC. O OBXECTIVO É CONSEGUIR QUE SUPERE SATISFACTORIAMENTE O CURSO E QUE NON ATOPE TEDIOSO (POR COÑECIDO) O QUE SE LLE ENSINE NA AULA.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 13º.- ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS PENDENTES (NO BACH) O alumnado que teña “Música” pendente de 1º bacharelato deberá realizar os seguintes traballos se quere evitar facer o exame de recuperación de maio: -Traballo sobre un grupo musical do século XX ou XXI: debe seguir este guión: Índice, Introducción, Datos do Grupo (compoñentes, historia, repertorio discográfico, premios), Análise musical e literaria de dúas cancións escollidas polo alumno, Bibliografía consultada. Deben facilitarse CDs con traballos do grupo, especialmente a canción que sexa analizada polo alumno. -Traballo sobre a música no cinema ou na publicidade. O alumno debe falar co profesor para que lle indique os pasos a seguir. ATENCIÓN: PARA O ALUMNADO REPETIDOR: SE ALGÚN ALUMNO REPITE CURSO, ACHEGARÍASELLE UNHA SERIE DE EXERCICIOS COMPLEMENTARIOS PARA QUE NON SE ABURRIRA NAS CLASES, PARA QUE O FEITO DE REPETIR CURSO NON O CONDENE A UNHA REPETICIÓN LITERAL DOS CONTIDOS OU ACTIVIDADES. PARA ISO, TERÁ MÁIS ACTIVIDADES, TERÁ UNS EXERCICIOS LIXEIRAMENTE DISTINTOS ÓS DO CURSO ANTERIOR, UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS E BÚSQUEDAS ONLINE PREPARADAS PARA EL, ETC. O OBXECTIVO É CONSEGUIR QUE SUPERE SATISFACTORIAMENTE O CURSO E QUE NON ATOPE TEDIOSO (POR COÑECIDO) O QUE SE LLE ENSINE NA AULA.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 14º.- PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS PREVIOS (BACH artigo 3.7 Orde 24/06/2008) Na materia de “Música” de 1º bacharelato os alumnos non precisan coñecementos previos, polo que non é preciso que fagan ningún tipo de proba ou traballo.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 15º.- METODOLOXÍA DIDÁCTICA
15.1.- Principios metodolóxicos. Os principios nos que se basea a docencia desta asignatura son os seguintes: a. a actividade: as cousas aprenderánse, en moitos casos, facéndose directamente, e non necesariamente a partires da teoría; por exemplo, o merengue; b. a unidade de teoría e práctica: sempre haberá un exemplo práctico para cada aspecto teórico, e sempre se extraerá unha regra ou máxima que resuma de xeito teórico o aprehendido na aula; c. a atención personalizada: na medida das posibilidades teránse en conta as necesidades de cada rapaz e rapaza; d. a creatividade: que será potenciada mediante actividades de libre invención por parte dos alumnos, como por exemplo o deseño de escenas cinematográficas para fragmentos de bandas sonoras propostos polo profesor; e. a socialización: que será un dos valores máis destacados neste curso, no que terán que facer unha revista entre todos, no que bailarán e tocarán, farán traballos de análise musical en grupos...; f. a interdisciplinaridade: na medida das posibilidades se venllerán os contidos desta asignatura con outras materias próximas, como lingua castelá e literatura ou debuxo.
15.2.- Métodos didácticos. Principalmente seguiremos dous: a. método de proxectos: plantexando situación conflictivas que deben solucionar empregando a imaxinación e conceptos xa coñecidos; b. método de aprendizaxe por descubrimento.
15.3.- Modelo de aprendizaxe. Procuraremos unha aprendixe significativa, desde o punto de vista constructivista da intervención pedagóxica. A partires dos coñecementos previos do alumnado desenvólvense contidos de forma estructurada e coherente, de xeito que a posibilidade de construir novas aprendizaxes dependa do xa aprehendido, tendo en conta que cada nova aprendizaxe aumenta a súa capacidade de aprender.
Para isto debemos: a. propiciar situaci贸ns que sexan motivadoras; b. crear contextos de aprendizaxe que lles obriguen a ter presentes os contidos xa aprehendidos; c. garantir a construcci贸n de aprendizaxes significativas e en espiral; d. promover na aula un ambiente de intercambio. En Bacharelato incidiremos especialmente en que o alumno consiga unha autonom铆a cada vez maior.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 16º.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
16.1.- Alumnado estranxeiro. Para o alumnado estranxeiro hai varias posibilidades: pódeselles pedir un pouco menos que ós demais no que a aspectos teóricos se refire e un pouco máis no que atinxe á práctica. Segundo o caso se adaptará o currículo ás súas posibilidades, sempre nun contexto de integración e tolerancia. Haberá que ter coidado das dificultades lingüísticas e culturais. 16.2.- Superdotación intelectual. Para o alumnado superdotado farase unha serie de actividades complementarias que satisfagan as súas necesidades, sempre con máxima discreción e de xeito que os compañeiros non perciban diferencias, tendo en conta o mal que o pasan estes rapaces. 16.3.- Alumnado con necesidades educativas especiais. Para rapaces que teñan algún tipo de déficit (visual, auditivo, motórico, de coordinación ou do tipo que sexa) faranse adaptacións das actividades, simplificándoas, esquivando as súas eivas na medida do posible, etc. Coma dixemos antes, sempre desde a máxima confidencialidade e o respecto.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 17º.- PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES Dado o seu carácter eminentemente práctico, a materia de “Música” resulta especialmente útil para traballar todos os centros de interese relativos á educación en valores e ós temas transversais: a igualdade entre os dous sexos, a cooperación, a educación para a paz, os valores democráticos, o traballo en equipo, o coidado do medio ambente, o respecto pola diferencia, etc son temas que se traballan moi directamente nas clases de baile, nas exposicións que fan en clase, nas clases de práctica instrumental, na preparación do concerto de fin de curso ou mesmo na elaboración de coreografías e actuacións para festivais.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 18º.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR Nas distintas unidades didácticas das materias deste departamento, os alumnos deben dar conta da lectura comprensiva de moitos fragmentos de artigos, de leccións, de reseñas históricas, de manuais de danza ou mesmo de citas sobre compositores e artistas do pasado e do presente. Aprenden a analizar literariamente cancións de distintos estilos, e mesmo escriben as súas propias letras ó estudaren estilos tan narrativos como o hip hop. Deben facer un traballo de avaliación sobre unha novela de temática musical, en colaboración cos departamentos de lingua galega e lingua castelá (para que se lles teña en conta o esforzo de leren libros engadidos ós obrigatorios), polo que traballan as súas destrezas lectoras. Todo isto en coordinación co equipo da biblioteca do centro, que colabora mercando libros e proporciona materiais de apoio.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 19º.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC Os alumnos das materias deste departamento están afeitos a consultar páxinas web durante as clases, así como blogs, arquivos MIDI, vídeos, audicións, arquivos de formato MP3, etc. Todo isto, debidamente coordinado e organizado co traballo que fan na casa, ponos en contacto coas novas tecnoloxías, seguindo sempre o obxectivo de que saiban utilizar responsablemente os recursos ó seu alcance.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 20º.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Os alumnos están moi concienciados cos valores de respecto ós demais, traballo en equipo e diálogo á hora de afrontar situacións tensas. Seguindo o plan de convivencia deste centro educativo, saben cales son as canles para solventar problemas que lles sucedan, e utilizan a aula de convivencia cando é necesario.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 21º.-MATERIAS E RECURSOS DIDÁCTICOS INCLUIDOS OS LIBROS DE TEXTO
Para levar a cabo as nosas actividades precisaremos do seguinte material: a. material preparado polo departamento; NON UTILIZAMOS LIBRO DE TEXTO b. televisión, vídeo VHS e reproductor de DVD; c. cámara de vídeo; d. material bibliográfico: manuais de música, de historia da música, de música pop, enciclopedias, etc; e. material instrumental: láminas (carrillóns soprano e contralto; xilófonos contralto, tenor e baixo; metalófonos contralto, tenor e baixo), piano, guitarra, pequena percusión (caixa china, caixón flamenco, pandeireta, pandeiro, tambor, castañuelas, crótalos, chaves, triángulo, maracas), frautas e batería (timbaleta, bombo, platillos, cortinillas, escobilla, redobrante...); f. material discográfico: CDs de música clásica, CDs de música popular urbana, CDs de bailes de salón e outras danzas, CDs de músicas do mundo; g. material audiovisual: DVDs de ópera, ballet, zarzuela, concertos, música de cámara, etc; h. cadeiras plegables de paleta; i. pizarra normal e pizarra pautada cun pentagrama, así coma xiz e rotuladores velleda.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 22º.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Para este curso estánse organizando varios concertos didácticos: un de música de cámara (probablemente cuarteto de corda), cun programa de repaso das formas musicais clásicas e tamén de temas de cinema. O outro concerto será cáseque con toda seguridade de violonchelo e piano, co programa “Músicas do mundo”, no que se reflicten temas clásicos e tradicionais de diversas nacións e autores. Os rapaces respostarán ó final do mesmo a unha serie de sinxelas preguntas para avaliar o seu interese, atención e opinión. A data inicial para ese concerto será o venres 18 de novembro, en dous pases: un matutino, no salón de actos do noso centro ou na aula de música, e outro vespertino, no salón de actos do IES García Barbón ás 19:00h. Ainda que só é un proxecto nestes momentos, planéase outro concerto de música heavy interpretada por instrumentos clásicos, co fin de valorar a sonoridade tan diferente da música en función do estilo e da instrumentación empregada. Estaría a cargo do cuarteto “Rock de cámara”, con web http://www.rockdecamara.es Anque é unha actividade escolar que levamos varios anos sen facer, intentaremos retomar a revista musical, unha actividade con proxección en todo o centro, xa que se dará ós outros alumnos e se buscará o xeito de traballar con ela. Se este ano se convoca, pensamos participar no certame “Entre nós, en galego”, tanto na proba de revistas escolares coma na musical. Está tamén nas intencións para este curso levar a cabo unha representación musical e teatral de “Don Quijote de la Mancha”, para o que buscaremos a colaboración do departamento de “Lengua castellana y literatura”. A obra seleccionada pode ser outra, en función dos gustos dos rapaces que participen na actividade. E anque todavía é pronto para adiantar nada, veremos se podemos contar cos rapaces para preparar un concerto de fin de curso nas tardes, de xeito extraescolar. Consideramos de grande interese cultural, musical e persoal os Concertos didácticos dirixidos por Carmen Losada Gallego, que traballan “As formas da música”, “Os instrumentos da orquesta” e por suposto “A evolución da música en Occidente”. Polo tanto faremos a petición de que no vindeiro curso se oferten ditas actividades, enormemente formativas, das que xa temos coñecemento por anos anteriores. Un conxunto de actividades extraescolares propostas polo departamento ó centro para fomentar a implicación dos rapaces na música e nalgunhas das súas facetas son as seguintes: a. iniciación ó baile: danzas históricas, folklóricas e de salón;
b. práctica instrumental con instrumentos de láminas ou piano; c. introducción á análise da banda sonora das películas; d. coro escolar.
Tamén haberá actividades extraescolares para profesores: a. iniciación ó baile: danzas históricas, folklóricas e de salón; b. práctica instrumental con piano; c. coro de profesores; d. audicións comentadas. Hai outra actividade extraescolar que temos en mente, que é unha viaxe a Madrid na que os rapaces farán unha visita ó teatro nacional, para ver un concerto pedagóxico, e o museo do Prado, así coma un musical (“Los miserables”, “Hoy no me puedo levantar”, “Mamma mía”, “Víctor o Victoria”).
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 23º.- INCORPORACIÓN DE MODIFICACIÓNS PROPOSTAS NA MEMORIA DO CURSO ANTERIOR Unha novidade que engadimos con respecto ó ano pasado é a flexibilización dos mínimos para obter unha valoración positiva, NOS CASOS NOS QUE OS ALUMNOS AMOSASEN UN INTERESE POLA MATERIA E UNHA ACTITUDE IMPECABLE. Isto tradúcese en que na terceira avaliación, nalgúns casos incluso na segunda, poderiamos non ter en conta o requisito de obter un mínimo dun 4 no traballo de avaliación ou no exame de avaliación se o alumno compensa esa nota e chega ó 5 ponderado, sempre e cando o seu comportamento e actitude cara a materia permitan facer esa salvedade. As cualificacións obtidas en setembro son as seguintes: 2º ESO A: Aproban 2, suspenden 2 2º ESO B: Aproban 2, suspenden 5 2º ESO C: Aproba 1, suspende 1 2º ESO D: Aproba 1, suspenden 3 3º ESO A: Aproba 1. 3º ESO B: Aproba 1, suspenden 5. 3º ESO C: Aproba 1 (con notable), suspenden 4.
IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2014-15 24º.- PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN A posta en práctica de tódolos principios e propostas aquí expostos será de gran utilidade á hora de avaliar e mellorar esta programación, tendo en conta outras olladas, outras voces e (sobre todo) a experiencia doutros compañeiros que nos poidan axudar a mellorar.