DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA
PROXECTO CURRICULAR DE AULA E PROGRAMACIÓN DE 2º DE BACHARELATO TECNOLOXÍA INDUSTRIAL II Curso : 2014-2015
Xefe de Departamento : ALBERTE BLANCO CASAL Profesor : CÉSAR SÁNCHEZ PAMPÍN
IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” VERIN
2 INDICE: 1. Introdución e contextualización 3 2. Obxectivos 4 2.1 Obxectivos xerais de etapa 2.2 Obxectivos xerais de materia 3. Contidos, temporalización e distribución de contidos 8 3.1 Contidos , mínimos esixibles 3.2 Temporalización 3.3 Distribución de contidos en 13 unidades didácticas 4. Avaliación 24 4.1 Criterios de avaliación 4.2 Mínimos esixibles 4.2 Procedementos de avaliación 4.4 Criterios de cualificación. 5. Actividades de seguemento das materias pendentes 30 6. Procedementos para acreditar coñecementos previos 31 7. Material 32 8. Aspectos metodolóxicos 33 9. Medidas de atención á diversidade 35 10. Contidos transversais 36 11. Conexións interdisciplinares 37 12. Fomento da lectura e das TIC 38 13. Accións de contribución ao plan de convivencia 39 14. Actividades extraescolares 40 15. Incorporación das modificacións propostas no curso 2013-2014. 40 16. Procedementos para avaliar a propia programación. 40 DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
3
1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
O Real decreto 146/2007, do 2 de novembro, establece a estructura do bacharelato e fixa as súas ensinanzas mínimas.. Neste marco desenvólvese "Tecnoloxía Industrial II" co obxecto de encamiñar aos/as alumnos/ás cara á consecución dos obxectivos establecidos en forma de capacidades que espera alcancen. A tecnoloxía pode entenderse, nun sentido amplo, como o tratado ou o conxunto de coñecementos técnicos, ou no seu sentido restrinxido como o conxunto dos coñecementos técnicos dunha área ou actividade específica. O desenvolvemento dos contidos en "Tecnoloxía Industrial II" derívase dos distintos compoñentes que a integran: •
Compoñente científico: os desenvolvementos científicos aplícanse a desenvolvementos tecnolóxicos.
•
Compoñente técnico: fai referencia ao "saber facer".
•
Compoñente social e cultural: que mostra a relación entre os obxectos inventados polo ser humano e os cambios que se producen nas súas condicións de vida.
•
Compoñente metodolóxico: derivado do modo creativo, ordenado e sistemático como base para a resolución técnica de problemas.
•
Compoñente de representación gráfica e verbal: mediante a cal se fan realidade as ideas.
Segundo expón a lexislación educativa vixente enténdese por currículo en Bacharelato o conxunto de obxectivos, contidos, métodos pedagóxicos, e criterios de avaliación que han de regular a práctica docente. O currículo pasa por tres niveis de concreción ata chegar a propostas concretas plasmadas polos profesores dun DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
4 determinado Departamento que son as programacións de aula. Na presente programación organízase o currículo da materia "Tecnoloxía Industrial II" para segundo curso de Bacharelato do IES Xesús Taboada Chivite, pertencente a localidade de Verín a cal é de predominio rural e de poboacións pequenas ao sur da provincia de Ourense. Economicamente hai unha preponderancia do sector primario e algo do secundario (construción, transformado da madeira) e sector servizos (comercio, servizos públicos). O alumnado tipo vive cos seus pais e, en numerosos casos, xunto cos avós, na casa propia e con sitio particular para estudar. Os seus pais traballan e gran parte das nais están dedicadas ás tarefas do fogar.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
5 2. OBXECTIVOS
2.1 Obxectivos xerais de etapa En relación ao currículo oficial a materia de "Tecnoloxía Industrial II" contribúe a desenvolver as seguintes capacidades: a) Dominar a lingua castelá e a lingua galega. b) Analizar e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo e os antecedentes e factores que inflúen nel. c) Comprender os elementos fundamentais da investigación do método científico. d) Consolidar unha madureza persoal, social e moral que lles permita actuar de forma responsable e autónoma. e) Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do ámbito social. f) Dominar os coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e as habilidades básicas propias da modalidade escollida. g) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria como fonte de formación e enriquecemento cultural. h) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsibilidade na construción dunha sociedade xusta e quitativa e favoreza a sustentabilidade. i) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres evitando a deiscriminación das persoas con discapacidades, criticando as desigualdades e impulsando as igualdades. j) Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina. k) Expresarse con fluidez e correción nunha ou máis linguas extranxeiras. DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
6 l) Utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación. m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, autoconfianza e sentido crítico n) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social e impulsar conductas e hábitos saudables o) Reforzar actitudes de respecto e de prevención no ámbito da seguridade viaria p) Valorar,repectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e contribír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
2.2 Obxectivos xerais da materia: O desenvolvemento desta materia ha de contribuír a que os/as alumnos/ás adquiran as seguintes capacidades: a) Desenvolver autonomía e confianza para inspeccionar, manipular e intervir en máquinas, sistemas e procesos técnicos e comprender o seu funcionamento. b) Comprender o papel da enerxía en procésoos tecnolóxicos, as súas distintas transformacións e aplicacións e adoptar actitudes de aforro e valoración da eficiencia enerxética. c) Utilizar correctamente os útiles, máquinas e ferramentas, dispoñibles na aula taller, valorando a importancia da súa correcta utilización, tanto dende o punto de vista económico coma de seguridade persoal. d) Comprender e explicar como se organizan e desenvolven procesos tecnolóxicos concretos, identificando e describindo as técnicas e os factores económicos e sociais que concorren en cada caso.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
7 e) Analizar obxectos e sistemas técnicos para comprender o seu funcionamento, a mellor forma de usalos e controlalos, de cara á súa posterior aplicación en proxectos. f) Analizar e valorar criticamente o impacto do desenvolvemento científico e tecnolóxico na evolución da sociedade, así como na organización do tempo libre e nas actividades de ocio. g) Transmitir con precisión coñecementos e ideas sobre procesos ou produtos tecnolóxicos utilizando vocabulario,símbolos e formas de expresión apropiadas. h) Actuar con autonomía, confianza e seguranza ao inspeccionar, manipular e intervir en máquinas, sistemas e procesos técnicos para comprender ou seu funcionamento. i) Planificar a execución de proxectos tecnolóxicos utilizando os conceptos e habilidades adquiridos, valorando a súa funcionalidade, a importancia de traballar como membro dun equipo, escoitando as ideas dos demais e achegando outras, responsabilizándose de tarefas e cumprindo compromisos, así como a importancia da utilización da normalización e vocabulario técnico axeitado. j)
Valorar a importancia dá investigación e desenvolvemento na creación de novos produtos e sistemas.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
8 3. CONTIDOS, TEMPORALIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE CONTIDOS
3.1 Contidos: Contidos comúns. -Análise de obxectos e montaxes para a identificación e a selección de solucións a problemas técnicos específicos e mais elaboración dun conxunto de características técnicas adecuadas ao contexto no que deben aplicarse. -Realización de cálculos e elaboración de documentos e planos, planificación de traballos e asignación de funcións específicas aos membros do equipo. -Realización de ensaios, montaxes ou construción de obxectos procurando o uso correcto dos recursos materiais e das ferramentas e seguindo a planificación previamente elaborada. -Valoración dos traballos mediante a preparación dun conxunto de comprobacións coas que se poida verificar que se cumpren as especificacións previstas -Investigación de aspectos históricos e científicos, xerais e específicos de Galicia, relevantes para a realización dos traballos desde os puntos de vista social, ambiental e tecnolóxico. -Emprego das TIC para a busca de información, para a elaboración da documentación e da planificación, para a realización de cálculos e simulacións e para a presentación de obxectivos e de resultados.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
9
Contidos específicos. Os contidos tratados nesta materia poden distribuirse por bloques e cada bloque abarca unha serie de unidades que se desenvolven no libro recomendado desta materia que será o pertencente a editorial McGrawHill. Os bloques coas unidades que abarcan e cos seus obxectivos, criterios de avaliación e contidos son os seguintes: BLOQUE 1. MATERIAIS: unidades 1, 2 ,3 e 4.
OBXECTIVOS Analizar as propiedades físicas, químicas e mecánicas dos materiais. Diferenciar as distintas estruturas atómicas internas dos materiais metálicos e as súas propiedades cristalográficas. Coñecer os procesos de cristalización e solidificación de metais. Identificar os materiais máis utilizados na industria en función das súas aplicacións. Explicar a importancia que supón a aliaxe de materiais para a consecución de aliaxes de grande importancia técnica debido ás súas características, e manexar con soltura os diagramas de fase como base para o seu estudo teórico. Coñecer os aceiros e fundicións coñecer o diagrama Fe-C e explicar as transformacións que se producen por arrefriamento lento dalgunhas das súas aliaxes. Explicar a necesidade e importancia dos tratamentos térmicos na modificación e mellora das características dos materiais. Describir o tratamento necesario para
CRITERIOS DE AVALIACIÓN Diferencia as distintas estruturas atómicas e cristalinas que poden adoptar os materiais de maior uso técnico. Coñece e comprende cáles son as propiedades máis importantes que definen un material e sabe utilizalas e diferencialas doadamente. Coñece e describe os procesos de cristalización e solidificación dos metais. Manexa con soltura os diagramas de fase, como base para o estudo teórico das aliaxes. Explica as diferenzas fundamentais entre fundicións e aceiros. Coñece e describe correctamente o diagrama de fase Fe-C, explicando a solidificación de aliaxes de distintas composicións. Explica o diagrama TTT, e os tratamentos de tempero, recocido e revido seleccionando o máis axeitado a diferentes usos que se formulen. Coñece os principais tratamentos termoquímicos que existen e a forma en que se levan a cabo. Coñece os ensaios de materiais máis habituais: tracción, dureza, resistencia, etc.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
10 conseguir unhas modificacións específicas das características dun material dadas unhas condicións de partida.
Sabe como se realizan os fundamentais ensaios de medida das propiedades dos materiais e manexa con soltura os parámetros que neles interveñen.
Describir os distintos tratamentos químicos e termoquímicos aos que poden someterse os materiais.
Ante un caso proposto, estuda as posibilidades de reutilización de materiais, xustificando a súa importancia e custos Elixir o ensaio idóneo para avaliar unha económico e ambiental. determinada propiedade ou característica dun material dado. Explica a importancia da reciclaxe de materiais e como se leva a cabo a Resaltar a importancia económica e recollida, separación e reciclaxe dos materiais tecnolóxicos fundamentais. social da reutilización e a reciclaxe de Valora a importancia de adoptar medidas materiais. ambientais axeitadas en procesos industriais, como medio de preservación do medio. Selecciona os materiais máis apropiados Coñecer os riscos da transformación, para unha aplicación práctica determinada, elaboración e escoura de materiais. considerando, xunto ás súas propiedades intrínsecas, factores técnicos, económicos, Aprender a recoñecer o impacto e ambientais. ambiental dos procesos industriais e como evitalo.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
11
CONCEPTOS Elementos e compostos. Estrutura interna e propiedades dos distintos tipos de materiais. Materiais metálicos e non metálicos : estrutura, propiedades, procesado, prestacións e aplicacións. Aliaxe. Aliaxes metálicas e non metálicas. Aliaxes FeC: aceiros e fundicións. Microestruturas. Técnicas de modificación das propiedades. Tratamentos estruturais e superficiais: químicos e termoquímicos. Ensaios mecánicos: tipos e descrición de cada un deles. Distintos procedementos de ensaio e medida de materiais. Técnicas de protección do medio. Materiais reutilizables. Importancia económica e social. Reciclaxe de materiais. Riscos da transformación, elaboración e escoura de materiais. Normas de precaución e seguridade no manexo de materiais.
PROCEDEMENTOS Manexo de materiais diversos, para familiarizarse coas propiedades físicas perceptibles de inmediato. Clasificación de materiais de acordo coas súas propiedades físicas, cristalográficas e tecnolóxicas. Realización de numerosos exercicios e exemplos prácticos considerando distintas aliaxes metálicas, así como aliaxes Fe-C. Observación de microestruturas de distintas aliaxes que permitan a identificación e o recoñecemento dos seus compoñentes. Modificación das propiedades dos materiais por distintos tratamentos térmicos e termoquímicos. Observación da execución de ensaios mecánicos diversos que permitan cuantificar e comparar as características mecánicas dos diferentes materiais. Identificación, en función dos medios dispoñibles, de diferentes tipos de residuos, valorando o seu grao de perigosidade e posibles formas de tratamento. Identificación das alteracións do medio que prexudican a saúde das persoas. Elaboración de traballos que traten de cuantificar a cantidade de residuos producidos na localidade polos sectores industrial, de servizos e doméstico.
ACTITUDES Curiosidade por coñecer e descubrir o modo de dar utilidade práctica á maioría dos elementos existentes na natureza. Interese en comprender como se poden formar produtos compostos que superen a maioría das boas características dos materiais integrantes. Interese por diferenciar materiais que, con aparencia externa semellante, responden de modo distinto a certas esixencias mecánicas. Valoración dos ensaios, aos que se deben someter os materiais, que presten funcións de responsabilidade na seguridade e no correcto funcionamento das máquinas, construcións ou instalacións. Normas de precaución e seguridade no manexo de materiais. Aproveitamento de materiais tendo en conta que os recursos son limitados. Valoración dos riscos propios do manexo e da transformación de certos materiais, e interese polo emprego das técnicas axeitadas de seguridade e hixiene. Interese por descubrir e avaliar os problemas xerados por os a emisión de contaminantes e de residuos. Priorización na conservación do medio sobre melloras ou
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
12 Realización de informes que recompilen e comenten as enfermidades profesionais máis coñecidas, producidas pola extracción ou manipulación dos materiais. Identificación e recollida de materiais e obxectos reciclables.
beneficios sectoriais. Valoración e interese por levar a cabo unha política ambiental correcta, minimizando o impacto da actividade humana sobre o medio que o rodea.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
13 BLOQUE 2. PRINCIPIOS MÁQUINAS: unidades 5, 6 e 7.
OBXECTIVOS Coñecer os conceptos físicos e fisicoquímicos fundamentais aplicables ás máquinas.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN Coñece e aplica na resolución de problemas os conceptos físicos e fundamentais relativos ás máquinas: forza, traballo, potencia, par motor, rendemento, Describir os ciclos termodinámicos das etc. máquinas térmicas e os circuítos frigoríficos fundamentais. Coñece e aplica na resolución de problemas os conceptos físicos e Expresar co vocabulario axeitado as mecánicos relativos a máquinas eléctricas: partes constituíntes das diversas par interno, par nominal, fem inducida, máquinas, e as condicións axeitadas tensión de alimentación, etc. de funcionamento. Manexa no marco de problemas prácticos, Comparar as diferentes clases de os conceptos termodinámicos máquinas, en función das súas fundamentais relativos a máquinas aplicacións. térmicas, como son enerxía interna, entalpía, calor, etc. para poder explicar con Expoñer as normas de protección e soltura e rigor técnico os ciclos seguridade no uso das máquinas. termodinámicos reais das máquinas térmicas e circuítos frigoríficos Diferenciar máquinas eléctricas de fundamentais. corrente continua e alterna. Explica a bomba de calor con claridade de Describir o funcionamento de motores ideas. eléctricos (de corrente continua e alterna) e térmicos. Manexa con soltura, no marco de problemas prácticos, os conceptos de Recoñecer e describir os elementos electromagnetismo fundamentais relativos constituíntes de máquinas térmicas e a máquinas eléctricas e os conceptos sistemas frigoríficos, así como explicar físicos e mecánicos comúns a elas o funcionamento de equipos (elementos rotóricos e estatórico, par acondicionadores de aire. interno, par nominal). Poñer en marcha algunhas das máquinas dispoñibles e regular o seu funcionamento na aula taller.
Aplica os recursos gráficos e verbais apropiados á descrición da composición e do funcionamento dunha máquina. Coñece os elementos construtivos fundamentais das máquinas de cc e ca e describe a súa función dentro delas. Explica as diferentes formas de excitación, as curvas e as aplicacións das máquinas de corrente continua. Explica as diferenzas entre as distintas máquinas de corrente alterna, as
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
14 diferenzas entre estas e as máquinas de corrente continua (baseando esta en conceptos como frecuencia das correntes, rendemento, movemento,…) Explica o funcionamento dos motores eléctricos, térmicos e do sistema frigorífico. Coñece e respecta as normas de protección e seguridade no uso das máquinas. Deseña un procedemento de proba e medida das características dunha máquina ou instalación, en condicións nominais e de uso normal.
•
CONCEPTOS Enerxía. Formas de enerxía. Enerxía útil. Potencia dunha máquina. Par motor no eixe. Perdas de enerxía nas máquinas. Balance enerxético. Rendemento. Parámetros principais do funcionamento dunha máquina. Funcionamento dunha máquina en réxime nominal. Normas de seguridade vixentes no uso e manexo das máquinas. Máquina de vapor. Ciclos operativos. Ciclo de Carnot. Turbina de gas. Aplicacións. Motores térmicos. Principios xerais de funcionamento. Motores rotativos e alternativos. Aplicacións. Motores eléctricos. Principios xerais de
PROCEDEMENTOS Elaboración de informes que describan o funcionamento e valoren os parámetros relativos á enerxía consumida e á potencia transmitida por unha máquina. Identificación dos parámetros principais do funcionamento dunha máquina e comprobación deste nunha máquina en réxime nominal. Comprobación dos parámetros importantes dun motor (potencia, velocidade de xiro, par nominal, factor de potencia) ante situacións distintas. Análise e comparación de distintos tipos de motores eléctricos indicando aplicacións que se coñezan. Manipulación de motores, preferiblemente
ACTITUDES Interese por participar activamente na execución de montaxes e desmontaxe de máquinas diversas, valorando a necesidade da seguridade por medio de métodos ordenados e previamente estudados. Valoración da importancia da transformación de enerxía eléctrica en mecánica e da elección do motor máis axeitado a cada aplicación. Toma en consideración das normas de seguridade vixentes ao uso e manexo das máquinas. Respecto da orde na realización das probas, ou na medida dos parámetros.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
15 funcionamento. Tipos e aplicacións. Forza electromotora e contraelectromotriz. Circuíto frigorífico. Deseño e aplicacións Bomba de calor. Principios de funcionamento. Elementos e aplicacións.
seccionados, que permita a observación dos movementos e, consecuentemente, a diferenciación dos distintos ciclos. Observación directa do funcionamento de bombas centrífugas, turbinas hidráulicas e de vapor ; e asociación destas máquinas con aplicacións concretas. Selección do motor máis axeitado para unha aplicación concreta. Descrición de elementos e funcionamento de máquinas frigoríficas e térmicas. Realización dun estudo que valore tódalas achegas das máquinas frigoríficas e térmicas á sociedade actual.
Curiosidade por introducirse no mundo de máquinas menos comúns.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
16 BLOQUE 3. SISTEMAS AUTOMÁTICOS: unidades 10 e 11. OBXECTIVOS Recoñecer a estrutura dun sistema de control analizar os seus elementos constituíntes distinguíndoos pola función que realizan.
• CRITERIOS DE AVALIACIÓN Analiza a composición dunha máquina ou sistema automático de uso común, identificando os elementos de mando, control e potencia.
Afondar no estudo e manexo de cada un dos compoñentes dun sistema de control.
Coñece o funcionamento e as diferentes formas de conexión dos principais transdutores: de posición, de proximidade, de movemento, de velocidade, de presión, de temperatura, etc.
Estudar e representar, coa simboloxía axeitada, un sistema de control automático.
Coñece o funcionamento e as diferentes formas de conectar os principais transdutores (captadores) de uso tecnolóxico, comparadores, Realizar a montaxe e manipulación controladores e actuadores como práctica no laboratorio, de sistemas de elementos fundamentais dun sistema control analóxicos sinxelos. de control. Describir o funcionamento de distintos sistemas de control.
Describir os conceptos fundamentais de sistema, realimentación, función de transferencia e estabilidade, así como o seu manexo e aplicación. Destacar a importancia actual dos sistemas automáticos nos ámbitos industrial, social e persoal.
Analiza a estabilidade e o comportamento en función do tempo de sistemas de control complexo, tanto en réxime transitorio como permanente. Emprega a función de transferencia e os diagramas de bloques para simplificar sistemas de control complexos. Entende os elementos estruturais dun sistema de control e a súa misión dentro do conxunto, describindo de forma axeitada o funcionamento xenérico dun sistema de lazo aberto e de lazo pechado, diferenciando as vantaxes e inconvenientes de cada un deles. Comprende a utilidade da función de transferencia, os diagramas de bloques, podendo con ámbolos dous simplificar sistemas de control complexos para analizar o seu comportamento en función do tempo; tanto en réxime transitorio como permanente, así como a súa
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
17 estabilidade. Monta e comproba un circuíto de control dun sistema automático a partir do plano ou esquema dunha aplicación característica.
CONCEPTOS Teoría de sistemas. Concepto de sistema e regulación. Función de transferencia. Realimentación. Elementos que compoñen un sistema de control: transdutores e captadores de posición, proximidade, movemento, velocidade, presión, temperatura e iluminación. Actuadores. Detectores. Sensores: distintos tipos de interruptores . Estrutura dun sistema automático. Diagramas de bloques : entrada, proceso, saída. Sistemas de lazo aberto (sistema de mando). Sistemas realimentados de control. Comparadores. Unidades de control. Tipos. Control de variables lóxicas. Control eléctrico. Control de variables analóxicas. Reguladores. Control baseado en regras. Control Fuzzy (difuso). Control baseado en modelos. Algoritmos etc.
PROCEDEMENTOS Identificación, en exemplos concretos, dos elementos de sistemas sinxelos de control. Montaxe e experimentación de sinxelos circuítos de control identificando os distintos elementos. Montaxe e comprobación do funcionamento de distintos transdutores. Montaxe de automatismos eléctricos con relés (arrincador estrela triángulo, investidor de xiro, etc.) Experimentación con reguladores en circuítos sinxelos de control (regulación da velocidade dun motor eléctrico, da intensidade luminosa dunha lámpada, da temperatura dun forno, etc.). Identificación dos elementos dun sistema automático de uso común. Descrición da función que desempeña cada elemento dentro dun sistema.
ACTITUDES Adopción dun método ordenado na montaxe dos distintos elementos. Respecto polas normas de utilización e mantemento dos distintos aparatos. Interese pola realización de montaxes experimentais con circuítos de control. Curiosidade por coñecer os distintos elementos que compoñen un sistema de control automático e as súas aplicacións prácticas. Valoración da importancia da utilización de sistemas automáticos de control (tráfico, polución, seguridade de instalacións e de persoas, etc.) Intervir, con autonomía e confianza, no axuste de sistemas básicos de control. Autonomía e iniciativa no deseño dos distintos circuítos. Sensibilidade e gusto por unha presentación coidadosa e acorde coa normativa dos esquemas funcionais.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
18 BOLQUE 4. CIRCUITOS PNEUMÁTICOS E OLEOHIDRÁULICOS: unidades 8 e 9. OBXECTIVOS Explicar os conceptos básicos sobre a mecánica de fluídos e os conceptos físicos que a rexen.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN Coñece e aplica á resolución de problemas os conceptos físicos e leis da mecánica de fluídos.
Comprobar o coñecemento do comportamento do aire.
Explica con soltura as analoxías e diferenzas así como as aplicacións particulares da pneumática e a hidráulica.
Representar esquematicamente e montar circuítos pneumáticos e hidráulicos para resolver un problema dado. Construír solucións nas que se combine esta técnica, con outras vistas anteriormente. Aplicar os coñecementos adquiridos sobre deseño de circuítos ao deseño de circuítos con portas lóxicas pneumáticas.
Describe as características, forma de funcionamento e aplicación dos principais elementos dos circuítos pneumáticos e hidráulicos. Coñece e utiliza con soltura a simboloxía normalizada dos circuítos pneumáticos e hidráulicos. Describe o funcionamento de circuítos pneumáticos e hidráulicos a partir do seu esquema.
Indicar as analoxías e diferenzas entre a tecnoloxía pneumática e a tecnoloxía Deseña circuítos pneumáticos hidráulica. hidráulicos que realicen diferentes funcións prácticas. Describir a función, utilización, forma de funcionamento e aplicación dos Formula e resolve exercicios e diferentes elementos dos circuítos problemas numéricos relacionado cos pneumáticos e hidráulicos, coñecendo contidos que se desenvolven nas e manexando con soltura a súa unidades. simboloxía normalizada. Deseñar circuítos que realicen diferentes funcións prácticas reais. Interpretar o modo de funcionamento de diferentes sistemas pneumáticos e hidráulicos. Analizar a importancia que ten esta tecnoloxía dentro da automatización, sobre todo combinada coa electricidade e a electrónica.
CONCEPTOS Pneumática e hidráulica.
PROCEDEMENTOS Identificación dos
ACTITUDES Valoración da realización
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
19 Conceptos e leis fundamentais de cada unha. Diferenzas de comportamento. Caudal. Presión interior. Perdas. Enerxía e potencia hidráulicas. Elementos dos circuítos pneumáticos . Bombas e compresores de aire. Acumuladores. Elementos dos circuítos hidráulicos: bombas. Actuadores, reguladores e dispositivos de control: cilindros, válvulas, etc. Motores hidráulicos e pneumáticos. Fluídos para circuítos oleohidráulicos . Produción, mantemento, condución, depuración e filtrado de fluídos. Equipos, canalizacións e accesorios. Simboloxía pneumática e hidráulica. Normalización. Circuítos característicos de aplicación. Simboloxía e esquemas de representación. Secuencias e Diagramas espazo-fase. Planificación e montaxe de exemplos prácticos en máquinas, sistemas e instalacións.
elementos de sistemas hidráulicos e pneumáticos. Interpretación de esquemas hidráulicos e pneumáticos
básicos,
realización da montaxe correspondente
e
modificación
da
secuencia
de
funcionamento. Obtención das dimensións do actuador en función dos esforzos útiles, tempos concedidos, perdidas de carga na alimentación e efectos inercias. Identificación dos elementos nun circuíto práctico. Deseño e desenvolvemento dunha aplicación sinxela. Realización dun circuíto que simule unha aplicación.
de comprobacións experimentais e razoadas previas á posta en funcionamento dun circuíto hidráulico ou pneumático. Valoración das vantaxes e inconvenientes do emprego de circuítos hidráulicos e pneumáticos nos procesos automatizados. Interese pola evolución histórica dos circuítos hidráulicos e pneumáticos e a súa achega na automatización de procesos en ambientes moi adversos. Mantemento dunha orde na realización dos deseños respectando os criterios ou normas de elaboración e presentación. Adopción de iniciativas ante os imprevistos na montaxe práctica e perseveranza ante os erros e dificultades. Iniciativa e creatividade no deseño, realizado tanto individualmente como en grupo.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
20 BLOQUE 5. CONTROL E PROGRAMACIÓN DE SISTEMAS AUTOMÁTICOS: unidades 12 e 13. OBXECTIVOS Comprobar que o alumno ten claros os conceptos sobre a teoría de circuítos vistos en Tecnoloxía Industrial I e entender de forma básica o funcionamento dos materiais semicondutores e como a partir deles xorden os principais compoñentes electrónicos (díodo, transistor).
CRITERIOS DE AVALIACIÓN Coñece os distintos compoñentes electrónicos estudados.
Coñecer distintos tipos de amplificadores, formas de conexión e funcionamento.
Coñece o funcionamento e as diferentes formas de conectar os amplificadores operacionais.
Describir axeitadamente a conceptualización dun sistema de control lóxico.
Explica coa axuda de exemplos a diferenza entre os circuítos lóxicos combinacionais e secuenciais.
Coñecer os distintos tipos de elementos que poden constituír un sistema de control lóxico.
Deseña circuítos lóxicos combinacionais que resolvan problemas reais e implementalos exclusivamente con portas NAND ou NOR.
Explica de forma clara e concisa a diferenza entre a electrónica analóxica e dixital, e como o ruído electrónico afecta a cada unha de elas e a súa importancia.
Realizar axeitadamente exercicios con funcións lóxicas e simplificación Describe o funcionamento dos destas. principais circuítos combinacionais estándar: codificadores e Deseñar e realizar circuítos lóxicos decodificadores, multiplexores e combinacionais, que resolvan un demultiplexores, contadores, etc. problema de control formulado. Manexa con soltura, resolvendo Explicar a forma de funcionamento dos exercicios prácticos, os diferentes principais circuítos combinacionais sistemas e códigos numéricos, estándar (decodificadores e realizando conversións entre eles e codificadores, demultiplexores e realizando as operacións aritméticas multiplexores, contadores, etc.) básicas (suma e resta) en sistema dixital. A partir de problemas reais deseñar circuítos lóxicos combinacionais Coñece a simboloxía das portas lóxicas simplificándoos, para máis adiante básicas representando funcións lóxicas implementalos exclusivamente con dadas tanto coa táboa de verdade como portas NAND ou NOR. alxébrica manexando a primeira e segunda forma canónica. Deseñar e realizar circuítos lóxicos Coñece as diferentes formas de secuenciais, que resolvan un problema circuítos secuenciais e os principais de control formulado. biestables como elementos fundamentais, así como os principais DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
21 Analizar as técnicas de control programado mediante un autómata/microprocesador, así como os seus campos de aplicación. Manexar e programar o autómata/microprocesador, de cara a resolver problemas de automatización.
circuítos estándar entregados en forma de bloques MSI. Coñece a evolución dos sistemas programados, o funcionamento interno dos computadores e autómatas programables e a forma de programalos. Manexa o autómata/microprocesador utilizándoo en aplicacións prácticas de automatización.
CONCEPTOS Dispositivos electrónicos básicos: díodos transistores, amplificadores. Circuítos integrados lineais. Control analóxico de sistemas. Circuítos lóxicos combinacionais. Multiplexores e demultipleores. Portas e funcións lóxicas. Operacións lóxicas. Álxebra de Boole. Dispositivos dos circuítos lóxicos. Procedementos de simplificación de circuítos lóxicos. Diagramas de Karnaugh. Circuítos lóxicos secuenciais.Biestables. Reloxo. Memoria. Rexistros. Contadores.Dispositivo de secuencia fixa. Diagrama de fases. Aplicación ao control dun dispositivo de secuencia fixa. Circuítos de control programado. Programación ríxida e flexible. Programadores. O microprocesador.
PROCEDEMENTOS Montaxe de circuítos sinxelos utilizando dispositivos electrónicos e circuítos integrados lineais. Análise e descrición dun circuíto combinacional, aplicación ao control do funcionamento dun dispositivo. Análise e descrición dun automatismo secuencial. Aplicacións ao control dun dispositivo de secuencia fixa. Montaxe e comprobación. Análise e simulación do control programado dun mecanismo. Montaxe de aplicacións básicas con circuítos lóxicos combinacionais e secuenciais. Simplificación de circuítos lóxicos. Programación por ordenador dun autómata programable para o control de maquetas sinxelas (fita transportadora, ascensor ou sistema similar) Aplicación ao control do funcionamento dun
ACTITUDES Interese pola evolución tecnolóxica dos dispositivos electrónicos e valoración da súa influencia na optimización dos sistemas de control automáticos. Valoración das vantaxes dos sistemas de control electrónicos fronte aos sistemas de control pneumáticos e hidráulicos. Valoración da potencialidade que lle achega o ordenador ao control automático centralizado. Autonomía e iniciativa no deseño dos distintos circuítos. Valoración da realización de comprobacións experimentais e razoadas previas á posta en funcionamento dun circuíto. Sensibilidade e gusto por unha presentación coidadosa e acorde coa normativa dos esquemas funcionais.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
22 Microcontroladores. O autómata programable. Aplicación ao control programado dun mecanismo. Control intelixente de instalacións e procesos.
dispositivo. Programación dun autómata programable para aplicacións de control que utilicen funcións lóxicas e funcións de reconto e de temporización.
3.2 Temporalización: Os contidos distribúense en trece unidades didácticas adaptables a un período lectivo de nove meses distribuído en tres trimestres; así, a distribución temporal sería a reflectida na seguinte táboa: UNIDADES DIDÁCTICAS
Nº SESIÓNS
1:Estructura dos materiais. Propiedades e ensaios
12
2:Aleacións.Diagramas de equilibrio
10
3:Materiais non férreos e ciclos de utilización
10
4: Tratamentos térmicos e superficiais
4
5: Principios xerais das máquinas
5
6: Motores térmicos.Ciclos frigoríficos
8
7: Magnetismo e electricidade. Motores eléctricos
8
8: Sistemas automáticos
12
9:Compoñentes dun sistema de control
12
10: Automatización neumática
10
11: Automatismos oleohidráulicos
10
12: Circuitos combinacionais.Alxebra de Boole
14
13: Circuitos secuenciais.
14
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
23
3.3 Distribución de contidos: A distribución de contidos axústase a un período lectivo de tres trimestres establecéndose a repartición das 13 unidades do seguinte modo: •
Primeiro trimestre: abrangue as sete primeiras unidades computando un total de 55 sesións. Este trimestre recolle os dous primeiros bloques: materiais e principios máquinas.materiais.
•
Segundo trimestre: abrangue dende a unidade 8 ata a 11 (ambas as dúas inclusive) computando un total de 44 sesións.
•
Terceiro trimestre: abrangue as dúas últimas unidades e computan un total de 28 sesións.
Como pode observarse o último trimestre é moito máis curto. Con esta distribución preténdese que quede tempo para cubrir posibles imprevistos ou cambios no desenvolvemento da programación e para levar a cabo un repaso xeral de cara a realización da proba de selectividade por parte do alumnado.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
24 4. AVALIACIÓN
4.1Criterios de avaliación: 1.-Aplicar os conceptos relativos á estructura interna, ó procesamento e ás técnicas de ensaio e medición de propiedades para seleccionar o material idóneo para unha aplicación real. 2.Conxugar os factores que interveñen na decisión de selección dun material con criterios de equilibrio. 3.Seleccionar materiais reciclables, na medida do posible, sempre que cumpran as especificacións técnicas necesarias para a aplicación á que se destinan.
4.Considerar de forma preferente o carácter limitado dos recursos á hora de seleccionar materiais. 5.Identificar os parámetros principais do funcionamento dun artefacto ou dunha instalación (nunha máquina, nun proceso productivo ou nun edificio intelixente) en réxime normal. 6.Comparar o funcionamento do artefacto ou da instalación con dispositivos similares someténdoos a probas metódicas. 7.Realizar as probas e ensaios de maneira ordenada e rigorosa. 8.Utilizar a información obtida para formar un criterio propio acerca da calidade do artefacto ou da instalación. 9.Identificar, nun aparato medianamente complexo, os elementos que desenvolven as funcións principais. 10.Representar a estructura da máquina ou do sistema automático mediante esquemas e diagramas, utilizando a simboloxía normalizada adecuada a cada dispositivo. 11.Identificar os elementos de control e programar o seu funcionamento. DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
25 12.Describir a composición e o funcionamento de máquinas, circuítos e sistemas utilizando a linguaxe técnica apropiada. 13.Utilizar a simboloxía e os criterios de normalización adecuados na representación de esquemas e circuítos eléctricos, hidráulicos e pneumáticos. 14.Representar ideas técnicas por medio da perspectiva isométrica e as vistas. 15.Describir relacións e efectos secuenciais entre os elementos dun sistema tecnolóxico. 16.Interpretar esquemas de conexións de circuítos de control de tipo electromecánico, electrónico, pneumático ou hidráulico. 17.Seleccionar os compoñentes necesarios para a montaxe e conectalos de forma adecuada. 18.Verificar o correcto funcionamento do circuíto unha vez montado. 4.2 Contidos mínimos: MATERIAIS: • Coñecer a estructura interna e as propiedades dos materiais. • Interpretar os esforzos mecánicos e saber facer cálculos cos diferentes ensaios • Saber describir os diversos tratamentos dos materiais nos seus distintos tipos. • Diferenciar entre corrosión e oxidación e explicar as técnicas de protección. • Cálculos de composición e cantidades dos diferentes tipos de aliaxes. • Valorar a importancia social e económica de reciclaxe de materiais e identificar os procedementos para levar a cabo os mesmos. PRINCIPIOS DE MÁQUINAS: • Describir o principio de funcionamento dos motores térmicos e enumerar as súas aplicacións.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
26 • Describir o principio de funcionamento dos motores eléctricos e enumerar as súas aplicacións dentro de cada tipo. • Describir o principio de funcionamento da bomba de calor e máquinas frigoríficas, enumerar os seus elementos e aplicacións. • Facer cálculos de rendementos, potencias, enerxía util, par motor das máquinas anteriores. SISTEMAS AUTOMÁTICOS: • Enumerar os elementos que compoñen un sistema de control. • Describir a estructura dun sistema automático. • Describir os sistemas en lazo aberto, os realimentados e os comparadores. • Saber facer os cálculos oportunos para valorala estabilidade dun sistema e simplicar diagramas de bloques. CIRCUITOS PNEUMÁTICOS E OLEOHIDRÁULICOS: • Dar as ventaxas e inconvintes dos circuitos pneumáticos e oleohidráulicos. • Saber facer cálculos de caudal, volumen de aire consumido nunha instalación e perdas de carga. • Coñecer a simboloxía empregada e interpretar esquemas. • Montar e instalar circuitos sinxelos. CONTROL E PROGRAMACIÓN DE SISTEMAS AUTOMÁTICOS. • Coñecer o control analóxico e dixital de sistemas. • Cáculos en circuitos dixitales para a obtención de funcións lóxicas e minimización das mesmas. • Implementar circuitos dixitales simples. • Coñecer os circuitos secuenciales e os elementos de memoria que os integran. • Decribir o control programado e as funcións dos elementos presentes. DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
27
4.3 Procedementos de avaliación Representan os medios dos que nos valemos para efectuar un diagnóstico das capacidades indicadas nos obxectivos. A avaliación ha de ser continua ao longo do proceso e utilízanse os seguintes recursos: •
Observación sistemática na aula e comportamento.
•
Grao de participación nos grupos de traballo.
•
Realización de exercicios propostos.
•
Asistencia e puntualidade a clase.
•
Realización de probas escritas: faranse probas parciais que representen unha división coherente das unidades dese trimestre. Antes da finalización do trimestre o profesor debe facer probas de recuperación. O profesor pode levar a cabo a realización de tales probas de duas maneiras. Unha das maneiras e facer probas de recuperación despois das correspondentes probas parciais nas que os alumnos non tiveron unha calificación igual ou superior a cinco. Outra maneira pode ser esperar ao final do trimestre e facer unha única proba de recuperación para aqueles alumnos que non teñan unha media aritmética superior ou igual a cinco das probas parciais (nestes casos a recuperación global abarcará as probas con calificación inferior a cinco). Este opción só pode escollerse cando a nota de cada unha das probas parciais sexa igual ou superior a catro.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
28 •
Avaliación de proxectos e traballos ( terminación no prazo previsto, satisfacción polo traballo en grupo, orixinalidade, limpeza e orde no traballo, faltas de ortografía e emprego do vocabulario técnico axeitado, etc ).
4.4 Criterios de cualificación: A cualificación global do trimestre farase según os seguintes casos: 1.- Alumnos con calificacións nas probas parciais superiores ou iguais a cinco:media aritmética das mesmas. 2.-Alumnos con calificacións iguais ou superiores a catro ( cando se opte por unha única proba de recuperación global)nalgunha das probas parciais: media aritmética das mesmas. 3.- Alumnos con algunha proba de recuperación feita (cando se opte por facer varias recuperacións):: media das probas parciais superadas xunto coas probas de recuperación. 4.- Alumnos que non superaron ningunha proba parcial: media aritmética das probas de recuperación. 5.- Alumnos con suba de nota nalgunha das probas individuais: media do resultado da proba de suba de nota xunto cos resultados das demais probas individuais. A calificación anterior pode verse modificada positiva ou negativamente atendendo a aspectos como son a entrega de traballos, asistencia a clase, puntualidade, traballo e participación en clase, etc. O profesor pode estimar que estes baremos afecten a calificación final do trimestre nunha porcentaxe que implique a suma ou a perda dun punto da calificación global.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
29
Como proposta xeral e síntese do dito, valga o seguinte esquema de carácter orientativo:
ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
IMPORTANCIA
- Probas escritas / orais
85 %
- Entrega de traballos
10 %
- Predisposición cara ao traballo. - Interese polo traballo
5%
- Cumprimento das normas - Busca de información
•
A calificación ordinaria na finalización do curso será a media das
calificacións obtidas en cada un dos trimestres. •
Aqueles alumnos que non superen materia ao longo do curso disporán dunha avaliación extraordinaria será realizada a través dunha proba onde se recollan tódolos aspectos teóricos-prácticos abordados ó longo do curso.
•
Avaliación de proxectos e traballos ( terminación no prazo previsto, satisfacción polo traballo en grupo, orixinalidade, limpeza e orde no traballo, faltas de ortografía e emprego do vocabulario técnico axeitado, etc ).
•
Grao de participación nas actividades escolares.
Ademais o profesor tamén se avaliará a través dunha reflexión propia tendo en conta os resultados obtidos da avaliación do alumnado. DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
30
6. PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS PREVIOS
O profesor fará unha proba inicial para valorar o grao de coñecementos previos necesarios para o desenvolvemento da programación. Ademais, no principio de cada unidade didáctica sempre se fará un breve repaso de conceptos que poidan vir de cursos previos.
7. MATERIAL
Os recursos materiais que se achegarán para a consecución dos obxectivos son: Material elaborado polo departamento ,fotocopias cos contidos e manuais, catálogos, revistas dispoñibles na aula. Medios audiovisuais como proxector e equipo de vídeo/televisión. Medios informáticos con aplicacións software como Autocad, Workbench, Pneusim etc necesarios para completar os contidos dalgunhas das unidades didácticas. Material do aula-taller: equipos de circuítos eléctricos e nemáticos, aparatos de medida, ferramentas, máquinas ferramentas etc. Todo tipo de material apropiado que os/as alumnos/ás poidan achegar.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
31
8. ASPECTOS METODOLÓXICAS
Na práctica non existe unha metodoloxía ideal e perfecta, non obstante, en cada unidade danse unhas pautas metodolóxicas que o profesor debe seguir e ás que debe engadir aspectos concretos da súa experiencia docente. En calquera caso se deben cubrir as seguintes orientacións metodolóxicas: -Formulación de problemas abertos que admitan múltiples solucións para estimular a creatividade e para obter un conxunto de características técnicas do obxecto que se deba construír. -A presentación, oral ou escrita, de informes sobre ideas e solucións, favorecendo o debate e propiciando a argumentación e a achega de ideas do grupoclase como xeito de incidir sobre as competencias lingüísticas. -A realización de pequenos problemas sobre aspectos auxiliares ou complementarios que se baseen na estimación dos valores das magnitudes tecnolóxicas e na utilización do cálculo mental. A comparación dos resultados coas estimacións, o rigor na realización dos cálculos e o uso correcto das unidades de medida incidirán positivamente na mellora da competencia matemática -A busca de información, o cálculo, a planificación e a montaxe, deseñadas para que potencien a confianza e autoestima do alumnado -A asignación paritaria de papeis ou funcións específicas para a realización do traballo e a construción do obxecto seguindo a planificación previamente elaborada. -A verificación de que as montaxes ou os obxectos cumpren as especificacións previstas, sexa mediante simples comprobacións do funcionamento, sexa coa realización de medidas en situacións controladas. DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
32 Integrar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas ou medios que facilitan o traballo, non como un fin en si mesmas. O seu emprego para reunir e presentar información, como ferramentas de deseño ou como simuladores, debería estar presente ao longo de todo o curso. Convén relacionar aspectos da tecnoloxía co deseño industrial. As actividades poden, por exemplo, tratar a evolución das formas ao longo da historia.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
33
9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Débese prestar especial atención aos alumnos superdotados intelectualmente, aos alumnos estranxeiros e aos alumnos con necesidades educativas especiais. Aínda que no presente curso so hai un grupo onde se imparte esta materia e non existe ningún alumno con necesidades educativas específicas convén enumerar algunhas medidas que se poden tomar ante a posibilidade da incorporación dalgún alumno con estas características ao longo do ano: - Para os alumnos estranxeiros que descoñezan a lingua ou cultura españolas son as propias Administracións educativas as que desenvolven programas específicos que se poderán impartir de forma simultánea coa escolarización destes alumnos conforme ao nivel que desenvolvemos, polo demais estes alumnos terán os mesmos dereitos e deberes que o resto de alumnos. -Para os alumnos superdotados intelectualmente débese evitar que caian dentro do campo da desmotivación, por iso o grao de coñecementos científicos e contidos así como o número de actividades debe ser maior. -No que respecta aos alumnos con necesidades educativas especiais por padecer minusvalideces físicas, psíquicas, sensoriais ou por manifestar transtornos de conduta debe de
prestárselle unha atención especializada sendo vital que sexan os seus
propios compañeiros, seleccionados polo profesor os que axuden a conseguir a súa integración.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
34
10. CONTIDOS TRANSVERSAIS
A materia de "Tecnoloxía Industrial II" contribúe ao desenvolvemento de temas transversais como son: •
Saúde e calidade de vida: este tema trátase facendo fincapé na valoración das medidas de seguridade e de protección do manexo de aparatos ou máquinasferramentas e a necesidade de adoptar hábitos de hixiene e benestar físico, mental e social.
•
Educación ambiental: trátase fundamentalmente baixo contidos como o tratamento de residuos sólidos e o impacto ambiental para a obtención de enerxía.
•
Educación para a paz: ha de ser concibida como un proceso de desenvolvemento continuo e permanente da personalidade, por iso é útil fomentar a sensibilidade, interese, curiosidade e respecto cara a ideas e solucións técnicas achegadas.
•
Educación do consumidor: fai referencia a contidos como a importancia da reciclaxe, a relación calidade-prezo, a repercusión dos produtos que se consumen no medio e a repercusión sobre a economía do ámbito.
•
Educación para a igualdade de sexos: así as alumnas realizarán exactamente os mesmos traballos que os alumnos e manexarán as máquinas e útiles de taller exactamente igual que os alumnos.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
35
11. CONEXIÓNS INTERDISCIPLINARES
Algunhas das conexións que aparecen ao desenvolver esta materia son: - Con Educación Física, no referente ás medidas de prevención de riscos. -Con Debuxo Técnico, no referente ao proceso de expresión e desenvolvemento de ideas así como a principios de Normalización. -Con
Matemáticas
I,
no
referente
á parte
de
resolución
de
problemas
e
desenvolvementos. -Con Bioloxía e Xeoloxía, no referente tanto obtención e transformación de materiais, como nos procesos enerxéticos. -Coa materia de Lingua Castelá e Literatura, no referente á compresión e produción de mensaxes orais e escritos con propiedade para comunicarse cun vocabulario axeitado.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
36
12. FOMENTO DA LECTURA E DAS TIC
Pensamos que o aporte que este departamento fai ó fomento da lectura e das tecnoloxías da información e comunicación é elevado. Dentro das estratexias metodolóxicas destaca o método expositivo e dentro do mesmo está a fase informativa onde o alumnado leva a cabo lecturas de textos. Por outro lado, e dentro do método de proxectos haI unha fase onde a lectura tamén está presente que é na parte de búsqueda de información. Por último a adopción que das TIC facemos ven reflexada nos seguintes párrafos: • Búsqueda de información a través de enciclopedias virtuais e internet para poder ver simulacións virtuais con diferentes mecanismos. •
O procesador de texto. Táboas e gráficos. Introducción a outras aplicacións ofimáticas.
•
A folla de cálculo. Elaboración de gráficas.
•
O ordenador como procedemento de busca de información: enciclopedias virtuais e internet.
•
Páxinas web e correo electrónico. • O simulador de circuitos “Cocodrile”. Simulación de circuitos eléctricos e electrónicos. Comprobación de magnitudes eléctricas. • Uso de internet. Búsqueda de información sobre o funcionamento das principais centrais eléctricas. • Servicios de internet: foros, grupos, chats. • Comunidades virtuais. • Creación de páxinas web. DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
37 • Transferencia de ficheiros. • Simuladores de circuitos “Cocodrile” e “Electronics Workbench”. Simulación de circuitos elctrónicos tanto analóxicos coma dixitais. Comprobación de magnitudes • Simulador de circuitos neumáticos “Peneusim”.
13. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
En liñas xerais vense observando que tipo de conduta problemática máis frecuente ten que ver co incumprimento de deberes ou conculcación de dereitos de carácter leve. Por outro lado e de xeito illado aparecen casos de alumnos con comportamentos disruptivos na aula, que impiden que as clases (maioritariamente as de carácter teórico) se impartan con normalidade. Son alumnos que, por outra parte, non mostran interese, que en moitas ocasións non traen o material necesario á clase. Dende o departamento inténtase potenciar todas aquelas actividades que favorezan a orde, a disciplina e o respecto mutuo mediante o seguimento das normas de convivencia sacadas do RRI. Ademais poténciase o traballo en equipo como factor de eficacia fronte ao excesivo individualismo. Deste xeito, tal e como se amosa no apartado de avaliación os traballos de construcción, a predisposición e o interese polo traballo, e o cumprimento das normas son amplamente avaliables. Por último, sempre que sexa posible o Departamento de Tecnoloxía favorecerá as
situacións
nas
que
o
alumnado
poida
participar
na
organización,
desenvolvemento e avaliación dos diferentes aspectos da vida académica do Centro.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015
38
14. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Neste curso 2014-15 no departamento de tecnoloxía intentarase realizar algunha visita a empresas ou fábricas do entorno.
15. INCORPORACIÓN DE MODIFICACIÓNS PROPOSTAS NA MEMORIA DO CURSO 2014-15 • Os contidos mínimos modularanse en función do nivel xeral de cada curso. • Os aspectos prácticos –o desenvolvemento do proxecto e traballos de aplicación práctica- terán prevalencia sobre os contidos teóricos.
16. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN
•
Durante o curso farase un seguimento da programación e da temporalización dos contidos mínimos e adoptaranse as modulacións e modificacións puntuais que correspondan en función do nivel do alumnado e dos problemas xerais detectados na clase derivados do proceso de aprendizaxe. Destas modificacións darase conta nas reunións mensuais do Departamento e deberán ser autorizadas polo mesmo.
•
En función das incidencias sinaladas na memoria de final de curso sobre a materia impartida tomaranse, para o curso seguinte, as medidas correspondentes sobre a modificación da programación tanto no que teña a ver coa secuenciación como cos contidos.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” Proxecto Curricular de aula e programación da Área de Tecnoloxía en 2ºde Bacharelato. Curso 2014-2015