18 e electrotecnia 2º bac 2014 15

Page 1

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA PROXECTO CURRICULAR DE AULA E PROGRAMACIÓN DE 2º DE BACHARELATO ELECTROTECNIA

Curso : 2014-2015

Xefe de Departamento : ALBERTE BLANCO CASAL Profesor : CÉSAR SÁNCHEZ PAMPÍN

IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” VERIN


INDICE:

1. Introdución e contextualización 3 2. Obxectivos 4 2.1 Obxectivos xerais de etapa 2.2 Obxectivos xerais de materia 3. Contidos, temporalización e distribución de contidos 8 3.1 Contidos . 3.2 Temporalización 3.3 Distribución de contidos en 13 unidades didácticas 4. Avaliación 21 4.1 Criterios de avaliación 4.2 Mínimos esixibles 4.3 Procedementos de avaliación 4.4 Criterios de cualificación. 5. Actividades de seguemento das materias pendentes 26 6. Procedementos para acreditar coñecementos previos 27 7. Material 28 8. Aspectos metodolóxicos 29 9. Medidas de atención á diversidade 30 10. Contidos transversais 31 11. Conexións interdisciplinares 32 12. Fomento da lectura e das TIC 33 13. Accións de contribución ao plan de convivencia 34 14. Actividades extraescolares 35 15. Incorporación das modificacións propostas no curso 2013-2014. 35 16. Procedementos para avaliar a propia programación.

35

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

2


1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

O Real decreto 146/2007, do 2 de novembro, establece a estructura do bacharelato e fixa as súas ensinanzas mínimas. A inclusión da electrotecnia no bacharelato proporciónalle ao alumnado aprendizaxes no campo da electricidade e do electromagnetismo que lle permitirán estudar sistematicamente circuítos e sistemas eléctricos e electrónicos, para explicar o seu funcionamento, empregalos en aplicacións características e construílos. O carácter de ciencia aplicada da electrotecnia aplicar coñecementos procedentes de disciplinas científicas posúe un valor formativo adicional, ao integrar e de natureza máis abstracta e especulativa, o que permite ver, desde outro punto de vista e de forma palpable, a necesidade dos coñecementos científicos adquiridos. Neste sentido, a materia de electrotecnia estende e sistematiza coñecementos adquiridos en etapas educativas anteriores e noutras materias do bacharelato, confírelles unha orientación técnica que abre un grande abano de posibilidades de formación electrotécnica especializada e cumpre o dobre propósito de servir como formación de base para orientar o alumnado cara a estudos universitarios ou para a formación profesional. Esta materia favorece a reflexión sobre as implicacións tecnolóxicas e sociais do coñecemento científico. Ao analizar a forma en que o progreso técnico nos campos da electricidade e da electrónica inflúe na sociedade actual e se reflicte en normas respectuosas co ambiente e a seguridade pódeselle amosar ao alumnado que é posible potenciar o benestar social ao tempo que se reduce o impacto ambiental da aplicación da tecnoloxía

En definitiva a electrotecnia ven caracterizada por tres núcleos :que caracterizan esta materia son: Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

3


- Os conceptos e leis científicas que explican os fenómenos físicos que teñen lugar nos dispositivos e aparellos eléctricos - Os elementos, maquinas e equipos que conforman os circuitos e aparellos eléctricos. - As técnicas de análise e cálculo para estudar o comportamiento de circuitos eléctricos. Na presente programación organízase o currículo da materia "Electrotecnia" para segundo curso de Bacharelato do IES Xesús Taboada Chivite, pertencente a localidade de Verín a cal é de predominio rural e de poboacións pequenas ao sur da provincia de Ourense. Economicamente hai unha preponderancia do sector primario e algo do secundario (construción, transformado da madeira) e sector servizos (comercio, servizos públicos). O alumnado tipo vive cos seus pais e, en numerosos casos, xunto cos avós, na casa propia e con sitio particular para estudar. Os seus pais traballan e gran parte das nais están dedicadas ás tarefas do fogar.

2. OBXECTIVOS

O ensino da electrotecnia no bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades: 1. Comprender o comportamento de dispositivos eléctricos sinxelos e explicar os principios e leis físicas que os fundamentan. 2. Entender o funcionamento dun circuíto eléctrico que responda a unha finalidade predeterminada e utilizar os compoñentes adecuados para a súa montaxe. 3. Calcular e medir as principais magnitudes dun circuíto eléctrico composto por elementos discretos en réxime permanente. 4. Analizar e interpretar esquemas e planos de instalacións e equipamentos eléctricos característicos, identificando a función dun elemento ou dun grupo funcional de elementos no conxunto. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

4


5. Seleccionar e interpretar información adecuada para formular e valorar solucións, no ámbito da electrotecnia, a problemas técnicos comúns. 6. Coñecer o funcionamento dos aparellos de medida de magnitudes eléctricas e utilizalos adecuadamente, estimando a orde de magnitude das medidas e tendo en conta o grao de precisión dos instrumentos. 7. Propor solucións a problemas no campo da electrotecnia cun nivel de precisión coherente co das diversas magnitudes que interveñen neles.

8. Analizar descricións e características dos dispositivos eléctricos e para transmitir con precisión coñecementos e ideas sobre eles utilizando vocabulario, símbolos e formas de expresión apropiadas. 9. Actuar con autonomía, confianza e seguridade ao inspeccionar, manipular e intervir en circuítos e máquinas eléctricas para explicar o seu funcionamento. 10. Analizar e resolver problemas técnicos en equipo, achegando ideas e opinións, e planificar a realización de montaxes ou a construción de dispositivos

3. CONTIDOS, MÍNIMOS ESIXIBLES, TEMPORALIZACIÓN E DISTRIBUCIÓN DE CONTIDOS

3.1 Contidos : Contidos comúns. Os contidos da electrotecnia abarcan os fenómenos eléctricos e electromagnéticos, desde o punto de vista da súa utilidade práctica, e os conceptos e leis científicas que explican a súa aplicación nos dispositivos eléctricos; os elementos con que se compoñen circuítos, aparellos e instalacións eléctricos; o seu principio de funcionamento e a súa disposición e conexións características e, por último, as técnicas básicas de análise, cálculo e predición do comportamento e montaxe de circuítos e dispositivos eléctricos. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

5


Os contidos comúns que se establecen son os seguintes: -Análise de obxectos e montaxes para a identificación e a selección de solucións a problemas técnicos específicos, valorando a súa adecuación ao contexto en que deben aplicarse. -Realización de ensaios, montaxes ou construción de obxectos procurando o uso correcto dos recursos materiais e das ferramentas e seguindo a planificación previamente elaborada. -Verificación de que as montaxes ou os obxectos cumpren coas especificacións previstas. -Investigación de aspectos históricos ou científicos relacionados co obxecto do traballo e análise das súas implicacións sociais e ambientais.

-Emprego das TIC para a busca de información, para a elaboración dos documentos e esquemas e para a realización dos cálculos. Contidos específicos. O Real decreto 146/2007 presenta os contidos organizados en sies bloques. Nesta programación faremos un agrupamento en catro bloques que a continuación detallamos:

BLOQUE I. FUNDAMENTOS CIENTÍFICOS DA ELECTROTECNIA

Obxectivos Comprender o sentido das teorías e modelos físicos como unha explicación dos fenómenos naturais, valorando a súa achega ao desenvolvemento destas disciplinas. Comprender que o desenvolvemento da Electrotecnia supón un proceso cambiante e dinámico, mostrando unha actitude flexible e aberta fronte a opinións diversas. Discutir e analizar criticamente hipótese e teorías contrapostas que permitan desenvolver o pensamento crítico e valorar as súas achegas ao desenvolvemento da Electrotecnia. Identificar os principios físicos que sustentan as aplicacións de Electrotecnia, describindo os diferentes pasos seguidos ata a súa concreción en dispositivos, sistemas e instalacións. Comprender o sentido das teorías e modelos físicos como unha explicación dos fenómenos naturais, valorando a súa achega ao desenvolvemento destas disciplinas. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

6


Seleccionar e interpretar información axeitada para formular e valorar solucións electrotécnicas a problemas técnicos, sociais, ecolóxicos, de saúde ou de seguridade do ámbito xeográfico no que radica e avalar criterios de racionalidade. Analizar os problemas técnicos e seleccionar e interpretar a información dispoñible valorando o conxunto de factores técnicos e doutro tipo (socio económicos ambientais, etc.) que inflúen na elección da solución adoptada. Seleccionar elementos de valor axeitado e conectalos correctamente para formar un circuíto característico e sinxelo, capaz de producir un efecto determinado. Analizar as leis fundamentais que rexen a indución electromagnética, as experiencias máis significativas que poñen de manifesto os efectos dos campos magnéticos sobre as correntes eléctricas e as súas aplicacións ás máquinas. Aplicar coñecementos tecnolóxicos propios da Electrotecnia para elaborar e interpretar esquemas e planos eléctricos, calcular o valor das magnitudes dun circuíto e interpretar o comportamento dos dispositivos que o compoñen. Elixir

e

conectar

o

aparato

axeitado

para

unha

medida

eléctrica,

estimando

anticipadamente a súa orde de magnitude e valorando o grao de precisión que esixe o caso. Seleccionar e interpretar información axeitada para formular e valorar solucións, do ámbito da Electrotecnia, a problemas técnicos comúns. Criterios de avaliación Utilizar os procedementos que constitúen a base do traballo científico e explicar a natureza evolutiva da ciencia e as súas relacións coa técnica e a sociedade. Utilizar os procedementos propios da resolución de problemas para abordar situacións nas que se aplique a lei de Culombio. Valorar a importancia histórica de determinados modelos de máquinas eléctricas e electrostáticas que supuxeron un cambio no seu momento histórico, e poñer de manifesto as razóns que levaron á súa aceptación. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

7


Coñecer os conceptos básicos de electricidade que se desenvolven na unidade. Desenvolver relacións de cooperación tanto nas tarefas investigadoras como noutras programadas na aula de Electrotecnia, co fin de favorecer unha concepción da ciencia como actividade social. Explicar a produción de corrente mediante variacións do fluxo magnético. Deseñar e elaborar montaxes experimentais sinxelas para producir campos, mediante imáns e correntes eléctricas, e realizar medidas para calcular os valores das forzas actuantes. Utilizar o concepto de campo para superar as dificultades que formula a interacción a distancia, calcular os campos creados por cargas e correntes, así como xustificar o fundamento dalgunhas aplicacións prácticas. Explicar cualitativamente o funcionamento dun circuíto simple destinado a producir luz, enerxía motora ou calor, sinalando as relacións e interaccións entre os fenómenos que teñen lugar nel.

Seleccionar elementos ou compoñentes de valor axeitado e conectalos correctamente para formar un circuíto, característico e sinxelo. Explicar cualitativamente os fenómenos derivados dunha alteración nun elemento dun circuíto eléctrico sinxelo e describir as variacións esperables nos valores de tensión e corrente. Resolver exercicios e problemas de aplicación, utilizando axeitadamente as magnitudes físicas axeitadas e as súas unidades. Medir as magnitudes básicas dun circuíto eléctrico, seleccionando un aparato de medida axeitado, conectándoo correctamente e elixindo a escala óptima. Interpretar as medidas efectuadas sobre circuítos eléctricos ou sobre as súas compoñentes para verificar o seu correcto funcionamento, localizar avarías ou identificar as súas posibles causas. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

8


Conceptos Fenómenos de electrización. Condutores e illantes. Efecto eléctrico das puntas. Electricidade atmosférica e o pararraios. Lei de Culombio. Forza electrostática, campo eléctrico, e diferenza de potencial. Rixidez dieléctrica e descarga disruptiva. Máquina eléctrica e condensadores. A pila eléctrica. Acumuladores. Corrente eléctrica. Resistencia eléctrica en fíos condutores, como elemento de circuítos. Agrupamento de resistencias. Réxime transitorio no circuíto de corrente continua. Imáns naturais e artificiais. Campo magnético creado por unha corrente. Interacción

electromagnética.

Indución

electromagnética.

Autoindución.

Forza

electromotora. Circuíto magnético. Procedementos Utilizar como fío condutor a historia da electricidade. Énfase especial nos conceptos e na comprensión dos fenómenos. Determinación do campo eléctrico por medio da fórmula de Gauss e elaboración de representacións gráficas deste. Deseño e realización de medidas expresando axeitadamente as magnitudes cuantificadas coas súas unidades e cifras significativas.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

9


Realización de debates nos que, dun xeito fundamentado, se contrasten as influencias entre a Electrotecnia, a Tecnoloxía e a Sociedade en diversos momentos históricos, analizando as vantaxes e as problemáticas inherentes aos diferentes criterios de aplicación do método científico. Determinación da forma e representación do campo electromagnético. Análise dos experimentos de Faradio en canto á xeración dunha forza electromotora por indución electromagnética. Deseño e realización de experiencias utilizando axeitadamente materiais e instrumentos de laboratorio, para a comprobación e cuantificación de fenómenos electromagnéticos. Análise do circuítos elemental, real e práctico de corrente continua. Elementos de resistencia.

Deseño e realización de montaxes experimentais para a medida de forzas electromotoras inducidas e cálculo previo dos valores destas magnitudes eléctricas. Comparación experimental de materiais eléctricos e magnéticos comerciais e das variacións nos seus parámetros (coa temperatura, luz ou outras circunstancias); medida das transferencias e/ou transformacións de enerxía que teñen lugar neles.

Actitudes Valoración da importancia do método e dos hábitos de traballo científicos para buscar explicacións posibles á realidade, obter o coñecemento e dar resposta a situacións problema. Actitude inquisitiva ante fenómenos eléctricos habituais tidos por obvios e interese pola busca de modelos explicativos como acción colectiva de construción do coñecemento científico. Interese pola observación e pola interpretación de fenómenos do ámbito e a súa confrontación con feitos experimentais. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

10


Recoñecemento das distintas formas (cualitativa cuantitativa, analítica, analóxica, etc.) de observar e interpretar un fenómeno e valoración da importancia que teñen todas elas para a comprensión completa da devandito fenómeno. Sensibilidade cara á realización coidadosa de experiencias: elección axeitada dos instrumentos de medida, manexo axeitado destes, etc.

Interese pola interpretación de fenómenos eléctricos e electromagnéticos producidos no ámbito, pola súa confrontación con feitos experimentais e pola análise das súas repercusións tecnolóxicas. Valoración da importancia dos fenómenos eléctricos e electromagnéticos na construción do coñecemento científico. Valoración da transcendencia do coñecemento xerado polo electromagnetismo e das súas aplicacións tecnolóxicas no progreso da humanidade. Valoración dos perigos, para a seguridade no traballo, da manipulación de campos eléctricos e magnéticos, e sensibilidade con respecto aos efectos ambientais da contaminación electromagnética. BLOQUE II. MÁQUINAS ELÉCTRICAS Obxectivos Analizar as leis fundamentais que rexen a indución electromagnética, as experiencias máis significativas que poñen de manifesto os efectos dos campos magnéticos sobre as correntes eléctricas e as súas aplicacións ás máquinas. Aplicar os distintos conceptos que se explican na resolución de problemas relativos a máquinas eléctricas. Resaltar a importancia científica, técnica e social da enerxía eléctrica. Valorar a importancia do uso do Sistema Internacional de unidades e a súa correcta aplicación ás magnitudes correspondentes.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

11


Explicar o fundamento de aplicacións do electromagnetismo, como os electroimáns, os motores eléctricos, o galvanómetro, etc. Coñecer a forma en que se crean os campos magnéticos a partir de cargas en movemento. Estudar experimentalmente algúns casos concretos. Explicar o magnetismo natural. Ser consciente das limitacións do transporte e distribución de enerxía eléctrica en corrente continua, e das vantaxes de facelo en corrente alterna. Coñecer a forma en que se obteñen correntes alternas mediante variacións do fluxo magnético. Valorar a importancia que ten a súa produción e recoñecer o impacto ambiental que supón. Comprender o sentido das teorías e modelos físicos como unha explicación dos fenómenos naturais, valorando a súa achega ao desenvolvemento destas disciplinas. Criterios de avaliación Resolver exercicios e problemas de aplicación, utilizando axeitadamente as magnitudes físicas axeitadas e as súas unidades. Identificar nos xeradores de diferentes tipos de centrais eléctricas o fundamento da produción de corrente e da súa distribución. Interpretar axeitadamente o comportamento dos compoñentes dun circuíto ante unha tensión alterna. Calcular e representar vectorialmente as magnitudes básicas dun circuíto mixto simple, composto por cargas resistivas e reactivas e alimentado por un xerador senoidal monofásico. Entender cualitativamente a formación dun campo magnético xiratorio. Respectar as normas de utilización dos instrumentos de medida. Conceptos Máquina eléctrica. Convertedores electromecánicos: elemental e rotativo elemental. Xerador de corrente continua. Máquina de corrente continua e motor de corrente continua. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

12


Sistemas eléctricos de corrente continua e alterna. Campo magnético xiratorio. Sistemas bifásicos e trifásicos de corrente. Alternadores. O transformador. Motores de corrente alterna. Motor de indución. Procedementos Deseño e realización de medidas, expresando axeitadamente as magnitudes cuantificadas coas súas unidades, coas súas cifras significativas e cos seus erros asociados. Análise do comportamento dun xerador de corrente continua. Desenvolvemento dos sistemas eléctricos de corrente continua e de corrente alterna. Medida dos parámetros de arranque e de servizo de motores e análise do seu comportamento, analizando as súas gráficas. Montaxe e desmontaxe de máquinas eléctricas, identificación dos seus elementos, elaboración do esquema de bobinado e do circuíto magnético, e análise da evolución das máquinas da mesma clase a partir de informacións bibliográficas. Realización de ensaios de transformadores e/ou ensaios de motores de indución, e obtención dos circuítos equivalentes. Identificación, en circuítos eléctricos simples, do comportamento de distintos compoñentes e asociacións RLC segundo a variabilidade no tempo da corrente, medindo as magnitudes e realizando esquemas e cálculos asociados. Actitudes Cooperación no uso adecuado das máquinas eléctricas e interese polo coñecemento e polo cumprimento de normas de seguridade na utilización destas e na selección de materiais para dispositivos. Valoración da influencia da calidade de vida da tecnoloxía de transformación da enerxía, que se utiliza nas máquinas eléctricas da sociedade de consumo e interese por coñecer a evolución da súa aplicación doméstica e industrial. Respecto polas normas de hixiene e seguridade, tanto nos ensaios coma no funcionamento das máquinas en condicións de servizo. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

13


BLOQUE III.ELECTRÓNICA

Obxectivos Aplicar os distintos conceptos que se explican,en a resolución de problemas de interese relativos a dispositivos electrónicos. Aplicar coñecementos tecnolóxicos propios da Electrotecnia para elaborar e interpretar esquemas e planos eléctricos, calcular o valor das magnitudes dun circuíto e interpretar o comportamento dos dispositivos que o compoñen. Comprender o sentido das teorías e modelos físicos como unha explicación dos fenómenos naturais, valorando a súa achega ao desenvolvemento destas disciplinas. Criterios de avaliación Explicar e algúns aspectos relativos á predición e a produción de ondas electromagnéticas. Comprender a emisión, transmisión e recepción de ondas electromagnéticas. Valorar a importancia da electrónica en todo o referente ao campo das comunicacións. Comprender o fundamento da transmisión das ondas electromagnéticas nunha liña eléctrica. Valorar criticamente as melloras que producen algunhas aplicacións relevantes dos coñecementos científicos relativos á electrónica e os custos que levan consigo. Coñecer os distintos tipos de circuítos electrónicos e a súa aplicación na fabricación de dispositivos e aparatos electrónicos de uso común. Conceptos Ondas electromagnéticas. Comunicacións eléctricas: a telegrafía e a telefonía. Válvulas de baleiro: díodo e tríodo. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

14


Dispositivos

semicondutores:

díodo

de

unión,

transistor,

termistores,

varistores,

fotorresistencias, fotodíodos, células solares. Circuítos electrónicos: circuítos rectificadores, amplificadores, osciladores, dixitais. Filtros. Moduladores e detectores. Fontes de alimentación. O amplificador operacional.

Procedementos Utilizar como fío condutor as comunicacións. Utilización de técnicas de consulta bibliográfica para a elaboración de informes sobre a evolución dos sistemas de comunicación. Estudo cualitativo e experimental dos fenómenos de telecomunicación. Deseño e realización de experiencias encamiñadas ao estudo sistemático de dispositivos electrónicos. Estudo comparativo dos distintos tipos de circuítos electrónicos existentes. Montaxe de circuítos básicos rectificadores, detectores, e amplificadores, calculando e medindo o punto de traballo do dispositivo semicondutor. Actitudes Valoración das aplicacións tecnolóxicas da telegrafía e a telefonía, como proposta de solucións a problemáticas da sociedade actual. Valoración do desenvolvemento de circuítos electrónicos como punto de partida de dispositivos e máquinas de diversa utilidade na sociedade actual baseada na tecnoloxía. Actitude crítica ante as aplicacións tecnolóxicas dos coñecementos da Electrotecnia considerando as súas implicacións e os seus riscos.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

15


Consideración dos posibles efectos electrodinámicos sobre os compoñentes dun circuíto, debidos a sobrecorrentes e/ou sobretensións, para a axeitada selección destes. Valoración da electrónica como parte da tecnoloxía eléctrica que achega dispositivos máis eficaces dende o punto de vista do consumo de enerxía, de tamaños máis reducidos e máis versátiles. BLOQUE IV. CIRCUÍTOS E INSTALACIÓNS Obxectivos Aplicar coñecementos tecnolóxicos propios da Electrotecnia para elaborar e interpretar esquemas e planos eléctricos, calcular o valor das magnitudes dun circuíto e interpretar o comportamento dos dispositivos que o compoñen. Coñecemento e concienciación dos efectos perniciosos que pode carrexar un mal uso da electricidade e aplicación das normas de seguridade. Aplicar os distintos conceptos que se explican na resolución de problemas relativos á análise de circuítos de corrente. Seleccionar e interpretar información axeitada para formular e valorar solucións, do ámbito da Electrotecnia, a problemas técnicos comúns.

Criterios de avaliación Utilizar axeitadamente a linguaxe científica para expresar os seus coñecementos, redactar informes, etc. Seleccionar posibles compoñentes e luminarias, tendo en conta na súa elección, principios de racionalidade e consideracións de tipo ecolóxico e ambiental para o deseño de instalacións exteriores. Elaborar esquemas ou diagramas de bloques funcionais que representen graficamente a composición e o funcionamento dunha instalación ou equipo eléctrico de uso común, medindo os seus parámetros e observando o seu comportamento eléctrico.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

16


Resolver problemas electrotécnicos concretos, seleccionando e interpretando a información dispoñible, e valorando o conxunto de factores técnicos e doutro tipo(socio económicos, ambientais, etc.) que inflúen na elección das solucións adoptadas. Identificar a influencia real ou posible de descubrimentos científicos, con repercusión en Electrotecnia, nos cambios técnicos, sociais, económicos ou doutro tipo valorando a situación resultante dende o punto de vista da ciencia e da tecnoloxía, da mellora do ámbito social, dos cambios ambientais, da saúde, etc. Analizar planos de circuítos, instalacións ou equipos eléctricos de uso común e identificar a función dun elemento discreto ou dun bloque funcional no conxunto. Representar graficamente, nun esquema de conexións ou un diagrama de bloques funcionais, a composición e o funcionamento dunha instalación ou equipo eléctrico sinxelo e de uso común. Interpretar especificacións técnicas dun elemento ou dispositivo eléctrico para determinar as magnitudes principais do seu comportamento en condicións nominais Conceptos Redes complexas. Redes de corrente alterna. Leis de Kirchoff. Fontes de voltaxe e de corrente. Circuítos non lineais. Instalacións eléctricas. Tipos: de iluminación, de calefacción, de forza motora. Xeradores e receptores. Elementos: de conexión, de accionamento, de manobra, de protección e seguridade, de medida. Procedementos Realización de diagramas, de debuxos e de esquemas para a representación e para a análise de redes complexas na análise de circuítos. Realización de análise de redes de corrente alterna polo método fasorial. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

17


Resolución de circuítos mediante as leis de Kirchoff e métodos auxiliares. Análise de circuítos non lineais. Coñecemento da estrutura xeral e elementos dunha instalación eléctrica. Estudo global de instalacións tipo. Realización de informes e de debates sobre o establecemento de instalacións eléctricas valorando a súa influencia nas condicións de vida e as incidencias sobre o medioambiente. Elaboración de esquemas e montaxe de instalacións de iluminación e/ou calefacción e cálculo das liñas de distribución. Análise de diferentes tipos de instalacións eléctricas próximas de baixa tensión, coa verificación do cumprimento da normativa aplicable e dos seus sistemas de protección; estimación do consumo de enerxía en casos sinxelos (vivenda, centro escolar,etc.) e das perdas dos seus elementos, e análise do factor de potencia. Análise dalgunhas instalacións de transformación, transporte e/ou distribución de enerxía eléctrica, considerando factores construtivos, produtivos, de impacto ambiental, de beneficio e/ou necesidades sociais, de explotación, etc., mediante a planificación de pequenas investigacións in situ e a selección e interpretación da información dispoñible de tipo bibliográfico.

Actitudes Interese

por utilizar os coñecementos físicos para

xustificar e

comprender o

comportamento dos circuítos eléctricos. Valoración das achegas da ciencia ao desenvolvemento da sociedade, ás condicións de vida e á adquisición de concepcións non deterministas. Actitude crítica ante as aplicacións tecnolóxicas dos coñecementos da Electrotecnia considerando as súas implicacións e os seus riscos. Valoración das repercusións xeradas polas diferentes utilizacións de instalacións eléctricas. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

18


Respecto polas normas de utilización de compoñentes dunha instalación, tanto na investigación coma no seu uso cotián. Interese polo rigor e a precisión na correcta realización de investigacións e de traballos en canto á análise de circuítos. Actitude reflexiva e cooperante no respecto de normas de protección e seguridade valorando a necesidade e utilidade das instalacións eléctricas na vida ordinaria. Precaución na montaxe de circuítos eléctricos e na realización de medidas con respecto á seguridade para as persoas que compoñen o grupo de traballo. Valoración das medidas de protección dunha instalación tendo en conta o marco regulamentario axeitado, e respecto pola normativa sobre o arranque, a regulación e a protección de máquinas eléctricas. Valoración das instalacións eléctricas como factor determinante do uso correcto e xeneralizado da electricidade. Interese por adoptar medidas tendentes ao aforro enerxético no consumo de electricidade.

3.2 Temporalización e distribución de contidos: Salvo imprevistos a temporalización e distribución farase por quincenas tal e como figura na seguinte táboa: QUINCENAS

CONTIDOS

UNIDADES

Quincena 1ª

Circuitos eléctricos en corrente continua

Tema1

Quincena 2ª

Temas 2 e 3

Quincena 5ª

Resistencia eléctrica.Lei de ohmn. Enerxía e potencia en circuitos eléctricos Capacidade eléctrica,condensadores e campo magnético Inducción magnética,circuitos magnéticos e resolución de circuitos magnéticos Corrente alterna. Potencia e enerxía de alterna

Quincena 6ª

Sistemas monofásicos e trifásicos

Tema 10

Quincena 7ª

Elementos non lineais: diodo e transistor

Tema 11

Quincena 3ª Quincena 4ª

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

Temas 4 e 5 Temas 6 e 7 Temas 8 e 9

19


Quincena 8ª

Circuitos prácticos e aplicacións

Tema 12

Quincena 9ª

O transformador e máquinas rotativas de corrente continua Máquinas rotativas de corrente alterna e instrumentos de medida Medida da potencia en corrente alterna e medidas de protección Titorías para a preparación de selectividade

Temas 13 e 14

Quincena 10ª Quincena 11ª Quincena 12ª

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

Temas 15 e 16 Temas 17,18 e 19

20


4. AVALIACIÓN

4.1Criterios de avaliación: 1.-Aplicar os conceptos relativos á estructura interna, ó procesamento e ás técnicas de ensaio e medición de propiedades para seleccionar o material idóneo para unha aplicación real. 2.Conxugar os factores que interveñen na decisión de selección dun material con criterios de equilibrio. 3.Seleccionar materiais reciclables, na medida do posible, sempre que cumpran as especificacións técnicas necesarias para a aplicación á que se destinan.

4.Considerar de forma preferente o carácter limitado dos recursos á hora de seleccionar materiais. 5.Identificar os parámetros principais do funcionamento dun artefacto ou dunha instalación (nunha máquina, nun proceso productivo ou nun edificio intelixente) en réxime normal. 6.Comparar o funcionamento do artefacto ou da instalación con dispositivos similares someténdoos a probas metódicas. 7.Realizar as probas e ensaios de maneira ordenada e rigorosa. 8.Utilizar a información obtida para formar un criterio propio acerca da calidade do artefacto ou da instalación. 9.Identificar, nun aparato medianamente complexo, os elementos que desenvolven as funcións principais. 10.Representar a estructura da máquina ou do sistema automático mediante esquemas e diagramas, utilizando a simboloxía normalizada adecuada a cada dispositivo. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

21


11.Identificar os elementos de control e programar o seu funcionamento. 12.Describir a composición e o funcionamento de máquinas, circuítos e sistemas utilizando a linguaxe técnica apropiada. 13.Utilizar a simboloxía e os criterios de normalización adecuados na representación de esquemas e circuítos eléctricos, hidráulicos e pneumáticos. 14.Representar ideas técnicas por medio da perspectiva isométrica e as vistas. 15.Describir relacións e efectos secuenciais entre os elementos dun sistema tecnolóxico. 16.Interpretar esquemas de conexións de circuítos de control de tipo electromecánico, electrónico, pneumático ou hidráulico. 17.Seleccionar os compoñentes necesarios para a montaxe e conectalos de forma adecuada. 18.Verificar o correcto funcionamento do circuíto unha vez montado.

4.2 Mínimos esixibles  Resolver problemas correctamente empregando a lei de Coulomb.  Aplicar correctamente as leis de Ohm e efecto Joule en todo tipo de problemas de corrente continua e facer cálculos sobre potencias, consumos etc.  Aplicar os diferentes teoremas ou métodos para a resolución de problemas de c.c.  Coñecer as leis máis importantes do electromagnetismo.  Resolver problemas de electromagnetismo e inducción magnética.  Resolver circuitos de c.a. empregando de xeito correcto esquemas e simboloxía.  Saber evaluar o concepto de resonancia serie e paralelo.  Saber facer cálculos de factores de potencia en sistemas monofásicos e trifásicos e levar a cabo a súa corrección.  Calcular as potencias e elaborar triángulos de potencias.  Coñece-lo funcionamiento dos diodos e transistores. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

22


 Resolver problemas sinxelos con diodos e transistores.  Coñecer e saber debuxar as partes fundamentais dunha fonte de alimentación.  Resolver problemas característicos dos distintos tipos de máquinas.  Distinguir os elementos principais dos distintos tipos de máquinas.

4.3Procedementos de avaliación Representan os medios dos que nos valemos para efectuar un diagnóstico das capacidades indicadas nos obxectivos. A avaliación ha de ser continua ao longo do proceso e utilízanse os seguintes recursos: 

Observación sistemática na aula e comportamento.

Grao de participación nos grupos de traballo.

Realización de exercicios propostos.

Asistencia e puntualidade a clase.

Realización de probas escritas: faranse probas parciais que representen unha división coherente das unidades dese trimestre. Antes da finalización do trimestre o profesor debe facer probas de recuperación. O profesor pode levar a cabo a realización de tales probas de duas maneiras. Unha das maneiras e facer probas de recuperación

despois das

correspondentes probas parciais nas que os alumnos non tiveron unha calificación igual ou superior a cinco. Outra maneira pode ser esperar ao final do trimestre e facer unha única proba de recuperación para aqueles alumnos que non teñan unha media aritmética superior ou igual a cinco no conxunto das probas parciais (nestes casos a recuperación global abarcará as probas con calificación inferior a cinco).Este opción só pode escollerse cando a nota de cada unha das probas parciais sexa igual ou superior a catro.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

23


Avaliación de proxectos e traballos ( terminación no prazo previsto, satisfacción polo traballo en grupo, orixinalidade, limpeza e orde no traballo, faltas de ortografía e emprego do vocabulario técnico axeitado, etc ).

4.4 Criterios de cualificación: A calificación global do trimestre farase según os seguintes casos: 1.- Alumnos con calificacións nas probas parciais superiores ou iguais a cinco:media aritmética das mesmas. 2.-Alumnos con calificacións iguais ou superiores a catro ( que non optaron á proba de recuperación) nalgunha das probas parciais: media aritmética das mesmas. 3.- Alumnos con algunha proba de recuperación feita: media das probas parciais superadas xunto coas probas de recuperación. 4.- Alumnos que non superaron ningunha proba parcial: media aritmética das probas de recuperación. 5.- Alumnos con suba de nota nalgunha das probas individuais: media do resultado da proba de suba de nota xunto cos resultados das demais probas individuais. A calificación anterior pode verse modificada positiva ou negativamente atendendo a aspectos como son a entrega de traballos, asistencia a clase, puntualidade, traballo e participación en clase, etc. O profesor pode estimar que estes baremos afecten a calificación final do trimestre nunha porcentaxe que implique a suma ou a perda dun punto da calificación global. 

A calificación ordinaria na finalización do curso será a media das calificacións obtidas

en cada un dos trimestres. 

Aqueles alumnos que non superen materia ao longo do curso disporán dunha avaliación extraordinaria será realizada a través dunha proba onde se recollan tódolos aspectos teóricos-prácticos abordados ó longo do curso.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

24


Avaliación de proxectos e traballos ( terminación no prazo previsto, satisfacción polo traballo en grupo, orixinalidade, limpeza e orde no traballo, faltas de ortografía e emprego do vocabulario técnico axeitado, etc ).

Grao de participación nas actividades escolares.

Ademais o profesor tamén se avaliará a través dunha reflexión propia tendo en conta os resultados obtidos da avaliación do alumnado. conta os resultados obtidos da avaliación do alumnado.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

25


5. ACTIVIDADES DE SEGUEMENTO DAS MATERIAS PENDENTES No presente curso académico non temos alumnos con materias pendentes co que non é necesario levar a cabo as actividades de seguemento.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

26


6. PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS PREVIOS

O profesor fará unha proba inicial para valorar o grao de coñecementos previos necesarios para o desenvolvemento da programación. Ademais, no principio de cada unidade didáctica sempre se fará un breve repaso de conceptos que poidan vir de cursos previos.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

27


7. MATERIAL Os recursos materiais que se achegarán para a consecución dos obxectivos son:  Libro de texto ,fotocopias cos contidos e manuais, catálogos, revistas dispoñibles na aula.  Medios audiovisuais como proxector e equipo de vídeo/televisión.  Medios informáticos con aplicacións software como Autocad, Workbench, Pneusim etc necesarios para completar os contidos dalgunhas das unidades didácticas.  Material do aula-taller: equipos de circuítos eléctricos e nemáticos, aparatos de medida, ferramentas, máquinas ferramentas etc.  Todo tipo de material apropiado que os/as alumnos/ás poidan achegar.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

28


8. ASPECTOS METODOLÓXICOS

As orientacións metodolóxicas que se propoñen para o desenvolvemento do currículo pretenden definir actividades tipo para os contidos comúns e empregalas en todas as secuencias didácticas en determinada orde, para darlles unha estrutura común ou, cando menos, similar. As actividades tipo poden estar relacionadas con aspectos como: -Formulación de problemas abertos que admitan múltiples solucións para estimular a creatividade e para obter un conxunto de características técnicas do dispositivo que se deba construír ou da montaxe que haxa que realizar. -Presentación de ideas e solucións, favorecendo o debate e propiciando a argumentación e a achega de ideas do grupo-clase, como xeito de incidir sobre as competencias lingüísticas. -Realización de pequenos problemas sobre aspectos auxiliares ou complementarios que se baseen na estimación dos valores das magnitudes tecnolóxicas e na utilización do cálculo mental. -Comparación dos resultados coas estimacións, o rigor na realización dos cálculos e o uso correcto das unidades de medida para incidir na mellora da competencia matemática. -Busca de información, o cálculo, a planificación e a montaxe, deseñados para que potencien a confianza e autoestima do alumnado. -Asignación paritaria de papeis ou funcións específicas para a realización do traballo e a construción de dispositivos ou a realización de montaxes seguindo a planificación previamente elaborada. -Verificación de que as montaxes ou os dispositivos cumpren as especificacións previstas, sexa mediante simples comprobacións do funcionamento, sexa coa realización de medidas en situacións controladas.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

29


-Integración do uso das TIC como ferramentas ou medios que facilitan o traballo, non como un fin en si mesmas. O seu emprego para reunir e presentar información, como ferramentas de deseño ou como simuladores, debería estar presente ao longo de todo o curso. -Emprego dos aspectos da electrotecnia relacionados co deseño industrial. As actividades poden, por exemplo, tratar a evolución das formas dos dispositivos eléctricos e electrónicos ao longo da historia como consecuencia da miniaturización ou doutros avances técnicos que fixeron posibles cambios estéticos e funcionais radicais en obxectos comúns.

9. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Débese prestar especial atención aos alumnos superdotados intelectualmente, aos alumnos estranxeiros e aos alumnos con necesidades educativas especiais. Aínda que no presente curso so hai un grupo onde se imparte esta materia e non existe ningún alumno con necesidades educativas específicas convén enumerar algunhas medidas que se poden tomar ante a posibilidade da incorporación dalgún alumno con estas características ao longo do ano: - Para os alumnos estranxeiros que descoñezan a lingua ou cultura españolas son as propias Administracións educativas as que desenvolven programas específicos que se poderán impartir de forma simultánea coa escolarización destes alumnos conforme ao nivel que desenvolvemos, polo demais estes alumnos terán os mesmos dereitos e deberes que o resto de alumnos. -Para os alumnos superdotados intelectualmente débese evitar que caian dentro do campo da desmotivación, por iso o grao de coñecementos científicos e contidos así como o número de actividades debe ser maior. -No que respecta aos alumnos con necesidades educativas especiais por padecer minusvalideces físicas, psíquicas, sensoriais ou por manifestar transtornos de conduta debe prestárselle unha atención especializada sendo vital que sexan os seus propios compañeiros, seleccionados polo profesor os que axuden a conseguir a súa integración Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

30


10. CONTIDOS TRANSVERSAIS

A materia de "Tecnoloxía Industrial II" contribúe ao desenvolvemento de temas transversais como son: 

Saúde e calidade de vida: este tema trátase facendo fincapé na valoración das medidas de seguridade e de protección do manexo de aparatos ou máquinas-ferramentas e a necesidade de adoptar hábitos de hixiene e benestar físico, mental e social.

Educación ambiental: trátase fundamentalmente baixo contidos como o tratamento de residuos sólidos e o impacto ambiental para a obtención de enerxía.

Educación para a paz: ha de ser concibida como un proceso de desenvolvemento continuo e permanente da personalidade, por iso é útil fomentar a sensibilidade, interese, curiosidade e respecto cara a ideas e solucións técnicas achegadas.

Educación do consumidor: fai referencia a contidos como a importancia da reciclaxe, a relación calidade-prezo, a repercusión dos produtos que se consumen no medio e a repercusión sobre a economía do ámbito.

Educación para a igualdade de sexos: así as alumnas realizarán exactamente os mesmos traballos que os alumnos e manexarán as máquinas e útiles de taller exactamente igual que os alumnos.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

31


11. CONEXIÓNS INTERDISCIPLINARES

Algunhas das conexións que aparecen ao desenvolver esta materia son: - Con Educación Física, no referente ás medidas de prevención de riscos. -Con Debuxo Técnico, no referente ao proceso de expresión e desenvolvemento de ideas así como a principios de Normalización. -Con Matemáticas I, no referente á parte de resolución de problemas e desenvolvementos. -Con Bioloxía e Xeoloxía, no referente tanto obtención e transformación de materiais, como nos procesos enerxéticos. -Coa materia de Lingua Castelá e Literatura, no referente á compresión e produción de mensaxes orais e escritos con propiedade para comunicarse cun vocabulario axeitado.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

32


12. FOMENTO DA LECTURA E DAS TIC

Pensamos que o aporte que este departamento fai ó fomento da lectura e das tecnoloxías da información e comunicación é elevado. Dentro das estratexias metodolóxicas destaca o método expositivo e dentro do mesmo está a fase informativa onde o alumnado leva a cabo lecturas de textos. Por outro lado, e dentro do método de proxectos haI unha fase onde a lectura tamén está presente que é na parte de búsqueda de información. Por último a adopción que das TIC facemos ven reflexada nos seguintes párrafos:  Búsqueda de información a través de enciclopedias virtuais e internet para poder ver simulacións virtuais con diferentes mecanismos. 

O procesador de texto. Táboas e gráficos. Introducción a outras aplicacións ofimáticas.

A folla de cálculo. Elaboración de gráficas.

O ordenador como procedemento de busca de información: enciclopedias virtuais e internet.

Páxinas web e correo electrónico.  O simulador de circuitos “Cocodrile”. Simulación de circuitos eléctricos e electrónicos. Comprobación de magnitudes eléctricas.  Uso de internet. Búsqueda de información sobre o funcionamento das principais centrais eléctricas.  Servicios de internet: foros, grupos, chats.  Comunidades virtuais.  Creación de páxinas web.  Transferencia de ficheiros.  Simuladores de circuitos “Cocodrile” e “Electronics Workbench”. Simulación de circuitos

elctrónicos tanto analóxicos coma dixitais. Comprobación de magnitudes  Simulador de circuitos neumáticos “Peneusim”. Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

33


13. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA

En liñas xerais vense observando que tipo de conduta problemática máis frecuente ten que ver co incumprimento de deberes ou conculcación de dereitos de carácter leve. Por outro lado e de xeito illado aparecen casos de alumnos con comportamentos disruptivos na aula, que impiden que as clases (maioritariamente as de carácter teórico) se impartan con normalidade. Son alumnos que, por outra parte, non mostran interese, que en moitas ocasións non traen o material necesario á clase. Dende o departamento inténtase potenciar todas aquelas actividades que favorezan a orde, a disciplina e o respecto mutuo mediante o seguimento das normas de convivencia sacadas do RRI. Ademais poténciase o traballo en equipo como factor de eficacia fronte ao excesivo individualismo. Deste xeito, tal e como se amosa no apartado de avaliación os traballos de construcción, a predisposición e o interese polo traballo, e o cumprimento das normas son amplamente avaliables. Por último, sempre que sexa posible o Departamento de Tecnoloxía favorecerá as situacións nas que o alumnado poida participar na organización, desenvolvemento e avaliación dos diferentes aspectos da vida académica do Centro.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

34


14. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Neste curso 2014-15 no departamento de tecnoloxía intentarase realizar algunha visita a empresas ou fábricas do entorno.

15. INCORPORACIÓN DE MODIFICACIÓNS PROPOSTAS NA MEMORIA DO CURSO 2013-14  Os contidos mínimos modularanse en función do nivel xeral de cada curso.  Os aspectos prácticos –o desenvolvemento do proxecto e traballos de aplicación prácticaterán prevalencia sobre os contidos teóricos.

16. PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN

Durante o curso farase un seguimento da programación e da temporalización dos contidos mínimos e adoptaranse as modulacións e modificacións puntuais que correspondan en función do nivel do alumnado e dos problemas xerais detectados na clase derivados do proceso de aprendizaxe. Destas modificacións darase conta nas reunións mensuais do Departamento e deberán ser autorizadas polo mesmo.

En función das incidencias sinaladas na memoria de final de curso sobre a materia impartida tomaranse, para o curso seguinte, as medidas correspondentes sobre a modificación da programación tanto no que teña a ver coa secuenciación como cos contidos.

Departamento de Tecnoloxía. I.E.S. “Xesús Taboada Chivite Programación da área de Electrotecnia.Curso 2014-15

35


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.