Información solicitude 2017 18

Page 1

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2017-18 Débense presentar os seguintes documentos:  Documento para solicitude de admisión (anexo II).  Documento de previsión de matrícula. O documento para solicitude de admisión (anexo II) consta de cinco follas para ser cubertas polo demandante. A primeira folla recolle, entre outras informacións, os datos do alumno, os datos para efectos de notificación e os datos dos seus proxenitores ou representantes legais. A segunda folla, o enderezo do centro de traballo, o curso para o que solicita ser admitido, se solicita transporte escolar e/ou praza para alumnado con NEAE e outros centros nos que solicita ser admitido no caso de que se lle denegue neste. A terceira folla, os criterios alegados, o centro no que estuda este ano o alumno/a e documentación que se presenta. A cuarta folla, a autorización para que a Consellería comprobe os datos dos solicitantes. A quinta folla, a comprobación de datos dos restantes membros da unidade familiar. O documento de previsión de matrícula é necesario para que saibamos as peticións dos nosos futuros alumnos. O prazo para presentar os dous documentos completos nas oficinas do IES Xesús Taboada Chivite é do

1 ao 20 de marzo de 2017 As demais datas relacionadas coa admisión e coa matrícula poden consultarse na nosa páxina web:

www.iesxesustaboadachivite.org


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.