Actividades Extraescolares 2013-14

Page 1

DOCUMENTO Nº 7 Programa anual de actividades extraescolares e complementarias CURSO 2013-14

1 I.E.S Xesús Taboada Chivite. Programación de actividades extraescolares e complementarias, curso 2013-2014.


1. INTRODUCIÓN A Dirección do I.E.S. Xesús Taboada Chivite decidiu, ao comezo deste curso académico, organizar un plan de actividades extraescolares e complementarias o máis variado posible, no que tiveran a posibilidade de participar todos os alumnos do Instituto nalgunha das actividades ofertadas; tendo en conta que como o seu nome indica son actividades que complementan a formación do alumno xunto coa formación académica que se imparte nas aulas, tratouse de que en ditas actividades predominase o carácter educativo sobre o aspecto lúdico. Tendo como referencia este deseño, manterase certa continuidade co proxecto do ano anterior, e procurarase manter a colaboración cos equipos directivos dos demais centros de ensino público da bisbarra de Verín. O planeamento para este curso contempla, por un lado, ofertar unha serie de actividades extraescolares

polas tardes, e por outra banda ofertar unhas actividades

complementarias como excursións, conferencias, conmemoracións de datas de interese, etc. Ademais tamén se aproveitarán os recreos para a realización doutras actividades complementarias. Todas as actividades serán trazadas polos distintos departamentos ao longo do curso, aínda que podemos partir dunha previsión inicial feita en base o que se fixo en anos anteriores e que resultou interesante para os alumnos. Esta previsión pode ser modificada mediante algún cambio ou ben ampliada mediante propostas, xa sexan dos distintos departamentos ou ben procedentes do propio alumnado. Neste derradeiro caso sempre que estas teñan un marcado carácter educativo.

2 I.E.S Xesús Taboada Chivite. Programación de actividades extraescolares e complementarias, curso 2013-2014.


2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES As actividades extraescolares previstas neste intre son as seguintes:  Taller de Teatro: esta actividade será levada por Elisa Vilela. O día de ensaio: xoves de 16:00-18:00 para alumnos do centro ( ESO e Bacharelato). Esta actividade remataría cunha actuación no Instituto a finais de curso (ou en cada trimestre dependendo do funcionamento).  Neste curso académico, tamén se está barallando a posibilidade de incorporar unha actividade que no curso pasado non puido levarse a cabo. Sería un Obradoiro denominado “Iniciación á Linguaxe Audiovisual” no que se pretende introducir ós alumnos na creación de produtos audiovisuais, algo que nos rodea diariamente e que afecta ás nosas vidas máis do que pensamos. O obradoiro sería para alumnos da ESO e desenvolveríase no segundo trimestre os martes pola tarde.  O departamento de Música, a través do profesor David Rodríguez Rivada, ten pensado crear un musical que siga unha temática similar ó do "Moulin Rouge". Nesta creación pénsanse meter actividades paralelas ó proxecto de aula como son coreografías, decorados de escenarios, taller de costura para elaboración dos traxes, etc. Estas actividades serán levadas a cabo por alumnos de diferentes niveis, axudados por outros profesores doutras materias, nalgunha das tardes de martes a xoves.  Coa colaboración da ANPA, se proporán dúas actividades novas que son, unha escola de xadrez dentro do centro e unhas xornadas de cine no Salón de Actos do mesmo.

3 I.E.S Xesús Taboada Chivite. Programación de actividades extraescolares e complementarias, curso 2013-2014.


3. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS As actividades complementarias serán planificadas ó longo do curso polos diferentes departamentos. Neste intre as actividades que están organizándose son as seguintes:  Actividades deportivas: coordinadas polos profesores de educación física. Como nos anos anteriores as actividades realizaranse nos recreos. Os alumnos e alumnas que se apunten, formarán equipos que despois xogarán nunha liga coordinada polos profesores. As actividades desenvólvense nos recreos dos martes, mércores e xoves. Durante o 1º e 2º trimestres se xogará ao fútbol-sala e no terceiro ao voleibol. Farase no pavillón do instituto.  Un ano máis, todo o Instituto participa no programa de reciclaxe de cartuchos de impresora e tóner, patrocinado por “Recoatlántico”, onde cada cartucho reciclado recompensarase con diñeiro en metálico para o centro.  O departamento de Educación Física, promoverá a participación dos alumnos nas distintas modalidades de actividade deportiva na escola. Estas actividades lévanse a cabo o longo de todo o curso escolar, e son: 1. Competición deportiva en idade escolar: participarán na modalidade de Campo a través. 2. Deporte na escola: actividade polideportiva-cultural.  O departamento de Música, aproveitará os recreos para que aqueles alumnos que así o desexen poidan facer uso da Playstation (dende un punto de vista pedagóxico) coa utilización de dous xogos: Singstar (xogo de Karaoke) e Guitathero (xogo onde se toca unha guitarra o compás da música). 4 I.E.S Xesús Taboada Chivite. Programación de actividades extraescolares e complementarias, curso 2013-2014.


 Ademais, varios alumnos do instituto quedan nos recreos para tocar e ensaiar cancións que despois representarán no festival de Nadal e de fin de curso. Ensaian nos recreos nas aulas de música.  O departamento do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega mediante o seu xefe Daniel Lorenzo, está a estudar diversas actividades que se farán ó longo do ano. Unha das previstas para o inicio do curso será a celebración do “DÍA DA CIENCIA EN GALEGO” no que se tratará mediante videoconferencia unha temática en torno a como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol. Nesta actividade está prevista a participación do alumnado de 3º de ESO, 4º de ESO e 1º de Bacharelato para que a través dunha sala virtual poidan escoitar a Jorge Mira Pérez, Doutor

en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do

Departamento de Física Aplicada da USC). Tamén se participará no “CORRELINGUA”, como tódolos anos haberá un día de “XOGOS POPULARES” para alumnos de 1º de ESO, actividade que tamén vai organizar e coordinar o departamento de Educación Física. Este departamento tamén levará parte do peso da organización do VIII Encontro Luso Galaico coa Escola Fernão de Magalhães de Chaves. Ademais tamén participará de maneira directa na

coordinación da edición da revista

escolar no final do curso, na conmemoración de datas significativas como o día da Constitución, o día dos Dereitos Humanos, o día das Letras Galegas, os festivais de Nadal e fin de curso, etc…  Neste momento non hai ningunha actividade máis programada de xeito definitivo, aínda que diversos departamentos manifestaron a súa intención de levar a cabo diversas actividades ao longo do curso, xa sexan excursións ou actividades dentro do propio centro escolar.

5 I.E.S Xesús Taboada Chivite. Programación de actividades extraescolares e complementarias, curso 2013-2014.


En canto a hora de facer unha previsión de posibles excursións, actividades e charlas, a parte das xa comentadas e tendo en conta o antes citado temos:  O departamento de Lingua Castelá ten previsto a asistencia a unha obra de teatro que se faría en Ourense.  O departamento de Ciencias Naturais ten previsto saídas a un monte comunal para que alumnos de 1º ESO interaccionen de xeito directo coa natureza. Ademais tamén amosaron o seu interese na visita ao Parque Tecnolóxico de Ourense xunto co Departamento de Tecnoloxía.  O departamento de Tecnoloxía está interesado en facer algunha saída con alumnos de 3º ESO a fábricas do entorno da comarca como pode ser Cabreiroá así como a visita ao Parque Tecnolóxico de Ourense. Tamén está barallando a posibilidade dunha excursión a Coruña con alumnos de 4º ESO e Bacharelato para visitar a refinería ademais dalgún museo da cidade.  Os departamentos de Grego e Latín teñen pensado levar ós alumnos de grego e latín xunto cos integrantes do taller de teatro á representación dunha obra de teatro greco-latino en Lugo.  O departamento de Xeografía e Historia está interesado en levar ós alumnos da materia Historia do Arte a Santiago de Compostela.  O departamento de Música ten previsto levar ós alumnos da súa materia a unha excursión didáctica. A excursión será a Madrid e entre outras actividades asistirán a un musical.

6 I.E.S Xesús Taboada Chivite. Programación de actividades extraescolares e complementarias, curso 2013-2014.


 A través dos servizos da Mancomunidade de Verín pode que a través dun grupo de teatro se represente algunha obra no salón de actos do instituto que pode versar sobre a violencia de xénero ou as drogas.

 Como nos últimos anos, o departamento de Relixión ten pensado organizar unha excursión no terceiro trimestre no que se visitará algún centro ou monumento relixioso.  Estanse xa a estudar diversas posibilidades para excursións de finais de curso para 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato. Vaise promover que os mesmos alumnos se autofinancien a excursión con diversas actividades.  O departamento de Orientación está organizando diversas actividades ademais dos obradoiros previstos para as titorías. Algunhas destas actividades son:  Dentro do marco “A ponte entre o Ensino Medio e a Universidade” faranse varias charlas a cargo de poñentes das diferentes universidades galegas para dar a coñecer a oferta ó alumnado de Bacharelato.  Unha excursión á USC.  Charla de ex alumnos do centro que na actualidade están na universidade para que detallen as súas experiencias e aconsellar a través das mesmas ós alumnos de 2º de Bacharelato.  Conferencia de axentes da Garda Civil sobre violencia de xénero, as redes sociais e as drogas.

7 I.E.S Xesús Taboada Chivite. Programación de actividades extraescolares e complementarias, curso 2013-2014.


Todas as actividades que se fagan aparecerán reflectidas na memoria final de curso, así como unha valoración das mesmas. Para rematar, salientar que esta programación está aberta a todo tipo de suxestións, tanto por parte dos profesores como de alumnos co fin de conseguir que sexa o máis enriquecedora posible para toda a comunidade educativa e agradecer a colaboración dos profesores, xa que son eles os que fan posible que todas estas actividades se poidan levar a cabo.

8 I.E.S Xesús Taboada Chivite. Programación de actividades extraescolares e complementarias, curso 2013-2014.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.