CC. APLICADAS Á ACTIVIDADE PROFESIONAL (Departamento de Física&Química) 4º ESO
QUE É? É unha materia eminentemente práctica na que o traballo deberá ser desenvolvido en sesións de laboratorio e de investigación, tanto en grupos como individualmente.
QUE PERSEGUE? Ten como obxectivo ofrecerlle ao alumnado a oportunidade de aplicar en cuestións prácticas (laboratorio) os coñecementos das materias de Química, Bioloxía e Xeoloxía.
DE QUE CONSTA? Consta de catro bloques: 1.- Traballo no laboratorio; 2.- A ciencia e á súa relación co ambiente; 3.- A ciencia e os seus últimos avances; 4.- Proxecto de investigación. As clases serán eminentemente prácticas.
PARA QUE ME SERVE? Esta materia vaille achegar ó alumnado unha formación experimental básica e vai contribuír á adquisición dunha disciplina de traballo no laboratorio. Tamén proporciona unha orientación xeral sobre os métodos prácticos da ciencia e ás súas aplicacións.