Programación orientación 2014 15

Page 1

PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA (Actualización)

Plan de Acción Titorial Plan de Orientación Académico-Profesional Plan de Apoio ao proceso de ensinanza-aprendizaxe (concrecións do Plan de Atención á Diversidade incluído no Proxecto Educativo e aprobado no claustro do día 27 de xuño de 2014) Anexo I: Cadro de avaliación dos ámbitos do Plan de Orientación. Anexo II: Cronograma de actuacións nos diferentes aspectos do Plan de Orientación

IES Xesús Taboada Chivite CURSO 2014-15

IES Xesús Taboada Chivite


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN. 2. XUSTIFICACIÓN. 3. OXECTIVOS XERAIS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. 4. LIÑAS BÁSICAS DE ACTUACIÓN previstas polo departamento de orientación para o curso 2014-15. Constitución do departamento de orientación Ámbitos de actuación – obxectivos específicos: a. Actuacións dirixidas ao centro. b. Actuacións dirixidas ao alumnado. c. Actuacións dirixidas ao profesorado. d. Actuacións dirixidas ás familias. e. Actuacións dirixidas a outras institucións. 5. PLAN DE TRABALLO 4.1. 4.2. 4.3.

Plan de Acción Titorial.

Plan de Orientación Académico e Profesional.

Atención á diversidade: plan de apoio ao proceso de ensinanza aprendizaxe.

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN do Plan de Orientación Educativa.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

1. INTRODUCIÓN. A lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación) establece o novo marco no que se van desenvolver todas as accións educativas, incluída, o labor orientador, recolle, no seu Preámbulo e entre os seus principios básicos o logro de:

-

Educación de calidade para todo o alumnado.

-

Equidade na educación que garante a igualdade de oportunidades.

-

Esforzo compartido por todas as persoas que compoñen a comunidade educativa.

No TÍTULO II, Equidade da Educación, remarca a especial atención que, dentro da escolaridade obrigatoria, han de ter as medidas de atención á diversidade para, por medio da prevención das dificultades de aprendizaxe e a posta en práctica dos apoios e reforzos oportunos en tempo e forma, lograr o marco dunha escola inclusiva que acuda, segundo sexa necesario, ás medidas organizativas e/ou curriculares precisas para asegurar o principio de equidade, sen prexuízo de garantir unha educación de calidade para todo o alumnado. Desta maneira a atención á diversidade deixa de ser unha medida que responde ás necesidades dunha parte do alumnado para pasar a ser unha necesidade de todo o alumnado e de todas as etapas educativas, principio reitor desta actividade. A LOE inclúe tamén, como un dos seus fins primordiais, o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades afectivas do alumnado, a formación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e da igualdade efectiva de oportunidades entre homes e mulleres, o recoñecemento da diversidade afectivo-sexual, así como a valoración crítica das desigualdades que permita superar os comportamentos sexistas. Tamén ten un lugar relevante a transmisión dos valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza...a prevención de conflitos e a resolución pacífica dos mesmos. Destácase a importancia de concibir a formación como un proceso permanente que se desenvolve durante toda a vida. Dentro deste marco, o Decreto 120/1998 do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónomoa de Galicia e a Orde do 24 de xullo que o desenvolve, xunto coas correspondentes circulares anuais,


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

regulan e dan coherencia á organización e funcións dos departamentos de orientación na nosa comunidade. Na atención á diversidade, tendo en conta a complexidade do sistema e na amplitude do proceso educativo, incardínase a actuación do Departamento de Orientación. Entendemos a orientación como un proceso global que integra aspectos relativos ao desenvolvemento persoal, os procesos de ensinanza aprendizaxe e á toma de decisións dos nosos alumnos e alumnas, tomando en consideración as variables nas que se contextualizan a actuación docente, como son os aspectos socioeconómicos e culturais da zona na que esta se desenvolve. A orientación educativa e profesional desenvólvese nos tres niveis que estruturan a organización escolar:

-

Na aula, acción titorial

-

No centro, departamento de orientación

-

Servizos externos, equipos de orientación específicos

Entendendo todo isto como proceso, sendo responsabilidade de todo o equipo docente, coordinado polo orientador/a co apoio do equipo directivo. O departamento de orientación actuará en tres ámbitos interdependentes ou relacionados: acción titorial, apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe e orientación académica e profesional.

2. XUSTIFICACIÓN. Na elaboración do Plan de Orientación do IES Xesús Taboada Chivite teremos en conta as diversas necesidades detectadas nos tres ámbitos de actuación fundamentais: no alumnado, no profesorado e nas familias. A realidade humana e demográfica actual fai que a heteroxeneidade é unha das principais características do noso entorno educativo. Heteroxeneidade e diversidade que se traduce a aulas con nenos e nenas procedentes de ambientes raciais, sociais e culturais moi diferentes e diversos, con niveis educativos dispares, con intereses e motivacións en moitos casos apenas coincidentes. Partimos da premisa de que ter alumnado diverso é o habitual en calquera situación educativa, o excepcional é o uniforme. Polo tanto afrontar o “problema”


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

da diversidade é afrontar o problema da ensinanza tarefa, por certo, enormemente complexa (Onrubia, 1992), porque as condicións dende as que se realizan non son ideais. Por todo isto sería importante deseñar novas técnicas didácticas para conseguir unha aprendizaxe de calidade a través de procesos mediados, interactivos e colaborativos. Técnicas que se apoien na riqueza que supón a heteroxeneidade do alumnado e a importancia da axuda que prestan uns aos outros para a consecucións de obxectivos comúns na liña da corresponsabilidade (Aprendizaxe cooperativa). A programación do departamento de orientación terá en conta a memoria do curso 2013-14, as directrices aprobadas na CCP, a circular nº 18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se ditan instrucións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional das ensinanzas escolares de Galicia, a circular nº 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, a circular 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación educativa pola que se ditan instrucións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos e demais instrucións establecidas nas anteriores circulares anuais.

A DIVERSIDADE de alumnado supón a necesidade de RESPOSTAS DIVERSIFICADAS en función das diferentes necesidades detectadas. As principais necesidades están relacionadas coas dificultades xeneralizadas de aprendizaxe, ao déficit na organización do estudo e á carencia de técnicas e hábitos de estudo, á escasa autonomía na aprendizaxe, á falta de motivación, a unha deficiente competencia lingüística e matemática e escasos hábitos lectores que dificultan o proceso global de ensino aprendizaxe. Respecto ao profesorado é necesario proporcionarlle información e formación sobre distintos aspectos referidos fundamentalmente: ás das medidas de atención á diversidade ordinarias e extraordinarias vixentes (Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.), á intervención na aula co alumnado con dificultades para autorregular a súa conduta e dificultades


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

específicas de aprendizaxe, alumnado de minorías étnicas incorporación tardía ao sistema educativo

(étnia xitana) e de

con dificultade no idioma, ao

desenvolvemento da acción titorial (formación e recursos para traballar os distintos aspectos do P.A.T. en E.S.O., e Bacharelatos , a adaptación do currículo e as programacións de aula á realidade concreta do alumnado co obxecto de lograr ó máximo desenvolvemento das competencias básicas e a consecucións dos obxectivos da etapa. En canto ás familias cómpre contar cunha maior implicación no proceso de ensinanza aprendizaxe dos seus fillos/a en xeral e en particular ás familias de étnia xitana, colectivo cada vez máis numeroso. A relación do centro-familias debe estar baseado nunha actitude de responsabilidade compartida e complementaria da tarefa de educar ao alumnado. Polo tanto lograr a colaboración e a implicación no seguimento das tarefas escolares, na modificación de condutas inadecuadas e no proceso de toma de decisións ao longo da escolaridade obrigatoria e postobrigatoria é un obxectivo primordial neste centro. Na comarca de Verín é frecuente atopar familias desestruturadas por motivos diversos e situacións sociofamiliares moi desfavorecidas e en risco de exclusión social que repercuten no desenvolvemento xeral dos seus fillos e fillas (dificultades de aprendizaxe, atraso académico, alteracións do comportamento dentro e fóra da aula e do centro, baixo autoconcepto e autoestima, dificultades de integración e adaptación e escasas habilidades socias); existe un colectivo de etnia xitana cuxa problemática fundamental é o absentismo escolar, aspecto no que está a traballar o centro, e as escasas expectativas de formación para os seus fillos (sobre todo na etapa de E.S.O), que en xeral dedícanse á venda ambulante, a traballos temporais ou a venda de ferralla. Nos últimos anos recibiamos ao longo de todo o curso alumnado estranxeiro de procedencia diversa: Brasil, Portugal, Colombia, Rep.

Dominicana, Marrocos,

China, Romanía, Paquistán, Guinea Ecuatorial. O alumnado inmigrante diminuíu nos últimos anos coincidindo coa crise económica, pero recibimos alumnado de familias marroquís que seguen instaladas na bisbarra de Verín, brasileiras, portuguesas, latino americanas.

Tamén recibimos alumnado de inmigrantes

españois retornados de países europeos (Suíza, Francia, Alemaña...) e alumnado procedente doutras comunidades que se desprazan por mor de traballos eventuais ou en busca de apoio familiar pola falta de traballo. Toda esta situación fai que a


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

relación centro-familia sexa un obxectivo prioritario á hora de elaborar actuacións neste ámbito.

3. OBXECTIVOS XERAIS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. Os obxectivos do departamento para este curso académico son os seguintes: a. Crear no Departamento de Orientación un clima de boa relación, de traballo en equipo, con reparto de tarefas e decisións de carácter colexiado. b. Manter actualizado o plan de orientación segundo o regulado na instrución nº cuarta, no seu punto 4 da circular nº 10/2010. c. Continuar co proceso de elaboración do Plan de Atención á Diversidade segundo o regulado no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. d. Establecer unha boa coordinación co equipo directivo do Centro, que posibilite unha información fluída e intercambio de opinións e propostas. e. Asesorar á comunidade educativa sobre as medidas de atención da diversidade organizadas no centro e sobre outras medidas de atención á diversidade segundo o disposto na circular 8/2009 e o disposto no Decreto 229/2011, do 7 de decembro de 2011. f. Constituílo e equipalo con material didáctico, bibliográfico, informático segundo as necesidades prioritarias e o orzamento anual, así como recompilar recursos web de interese para a comunidade educativa. g. Recordar as súas funcións e sensibilizar aos distintos sectores da comunidade educativa da súa importancia para contribuír ao desenvolvemento integral do alumnado. h. Contribuír á personalización da educación, favorecendo o desenvolvemento de todos os aspectos da persoa concreta e individualizada. i. Colaborar na prevención das dificultades de aprendizaxe ou problemas de desenvolvemento persoal e social e na intervención, cando se produzan, axustando a resposta educativa ás necesidades específicas e particulares do alumno e alumna. j. Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da propia identidade e dun sistema de valores.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

k. Promover a orientación educativa e profesional do alumnado atendendo ao seu contexto real. l. Colaborar e impulsar a acción titorial, colaborando e asesorando ao profesorado titor na planificación de actividades axeitadas ás necesidades do grupo aula. m. Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa que repercutan na optimización do proceso de ensinanza aprendizaxe. n. Continuar coas medidas de coordinación cos centros de educación primaria adscritos. o. Establecer as canles de colaboración entre departamentos dos IES da zona. p. Colaborar cos servizos sociais do Concello e outras institucións nos termos que se estableza.

Estes obxectivos concretaranse a través dos seguintes plans de actuacións: -

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL (P.A.T.)

-

PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL (P.O.A.P)

-

PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE (P.A.P.E.A).

-

PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (recollido na súa totalidade no Proxecto Educativo).

Para elaborar estes plans teranse en conta as características do alumnado deste centro nas diferentes etapas e cursos ou programas: E.S.O. : 1º, 2º, 3º e 4º; Bacharelatos: 1º e 2º. Consideramos que o máis axeitado para levar a cabo estes programas de orientación é seguir un modelo de intervención grupal a través do Currículo e a Titoría, desenvolvidas polo profesorado e titores/as, asesorados e coordinados polo Departamento de Orientación con intervencións directas e puntuais para o desenvolvemento de programas específicos de habilidades sociais, resolución de conflitos, a mediación escolar, etc. Tamén organizaremos a

intervención de expertos, en coordinación

cos

departamentos didácticos, en temas transversais de interese tendo en conta, cando menos, as conmemoracións citadas no artigo 8 da Orde 13 de xuño de 2014 pola que se


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

aproba o calendario escolar para co curso 2013-14 nos centros sostidos con fondos públicos na C.A.G.: Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia (do 1 ao 11 de decembro), Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos (10 de decembro), Día da Paz (30 de xaneiro), Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo), Día Mundial dos Dereitos do Consumidor (15 de marzo), Semana da Prensa (do 9 ao 13 de marzo), Día mundial da Saúde ( 7 de abril), Día do Libro (do 13 ao 30 de abril), Día de Europa (9 de maio), Semana das Letras Galegas (do 7 ao 17 de maio), Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño). Nos cursos de 1º e 2º de bacharelato o profesorado titor non dispón de hora de titoría co grupo aula polo que o programa completarase con intervencións directas no aula do Departamento de Orientación para desenvolver aspectos concretos do Plan de Orientación

Académico-Profesional, con conferencias de expertos e visitas ás

universidades galegas. Así mesmo organizaranse cursos de orientación a través da aula virtual do centro. O groso das actividades de titoría realizaranse en grupo, pero consideramos imprescindible prever a realización dun seguimento individual de cada alumno e alumna.

4.

LIÑAS

BÁSICAS

DE

ACTUACIÓN

PREVISTAS

POLO

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA O CURSO 2014-15

4.1 .Constitución do departamento de orientación. A primeira actuación é a constitución do Departamento, de acordo co establecido no artigo 3º do Decreto 120/1998 polo que se regula a orientación educativa e profesional en Galicia, polos seguintes membros: - O/A xefe/a do Departamento, que será funcionario/a do corpo de profesores de ensino secundario da especialidade de Psicoloxía e Pedagoxía: MERCEDES LÓPEZ NEGRO - A mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica : MARÍA LÓPEZ SALGADO. - A mestra especialista en Terapéutica: ÁNGELES GARCÍA DOMÍNGUEZ. - A mestra especialista en Terapéutica: ANA BELÉN QUINTANA MARTIÑA, compartida co CRA de Monterrei (escola de Vilaza).


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

- A mestra especialista en

Audición e Linguaxe:SONIA MARÍA SEQUEIROS

OTERO. - O/A profesor/a titor/a do ámbito científico-tecnolóxico: NURIA TRIGUEROS AÑÍBARRO. - O/A profesor/a titor/a do ámbito lingüístico-social: pendiente de elexir segundo as posibilidades organizativas do centro: FELISA TOMÉ ORTEGA. - Os xefes dos departamentos de orientación dos Centros Adscritos, CEIP Amaro Refojo (FRANCISCO DANTA GAGO con situación definitiva no centro) e o CEIP Princesa de España: MARIAN TIERNO, mestra con destino definitivo no centro).

En segundo lugar procedemos á revisión do plan de orientación e a elaboración das actuacións previstas para o curso 2013-14, os seus destinatarios, os responsables da súa execución e a temporalización. 4.2. Ámbitos de actuación – obxectivos específicos

a. Obxectivos dirixidos ao centro. 

Proporcionar asesoramento na elaboración do Proxecto Educativo e o Proxecto

Curricular, especialmente sobre as medidas de atencion á diversidade, a acción titorial e o plan de orientación académico profesional. 

Asesorar á comunidade educativa nos procesos de identificación das necesidades

educativas do alumnado, na súa valoración, nas medidas educativas que cómpre adoptar e na súa valoración. (pto5. Artg 33. Identificación temperá, avaliación inicial e valoración. Decreto 229/2011, do 7 de decembro de 2011). 

Asesorar e colaborar na planificación e na organización de medidas de atención

á diversidade ordinarias e extraordinarias (Decreto 229/2011, do 7 de decembro de 2011). 

Asesorar ao conxunto da comunidade educativa da educación secundaria

obrigatoria sobre os programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas, sobre os programas de recuperación, sobre os programas específicos personalizados, sobre as aulas de atención educativa e convivencia e sobre os programas de habilidades sociais elaborados, medidas ordinarias de atención á diversidade.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Elaborar o Plan Xeral de Atención á Diversidade de acordo coas directrices da

C.C.P. e a lexislación vixente. 

Asistencia ás sesións de avaliación coa intervención do departamento, se é o

caso. 

Representar o departamento na Comisión de Coordinación Pedagóxica.

Promover a cooperación entre o Centro e as familias para conseguir unha maior

eficacia e coherencia na educación dos alumnos e alumnas. 

Colaborar nas tarefas de información e orientación ás familias e asociación de

pais e nais do Centro. 

Colaborar coas actuacións do Contrato Programa.

Colaborar co seguimento do Plan de Convivencia do centro e propor medidas

que redunden na mellora da mesma: dinamización da xunta de delegados, mediación escolar, negociación das normas de convivencia, titorización entre iguais, etc. 

Aportar unha competencia psicopedagóxica especializada á acción educativa do

Centro. 

Conseguir que o Centro asuma a responsabilidade da orientación profesional e a

preparación para a vida activa do alumnado. 

Realizar as reunións perceptivas trimestrais da xefatura do D.O. do IES coas

xefaturas dos centros adscritos. 

Promover a coordinación entre as xefaturas dos departamentos de orientación e

o profesorado responsable da formación e orientación laboral para favorecer o desenvolvemento e a integración do alumnado.

b. Obxectivos dirixidos ao alumnado. 

Realizar as avaliacións psicopedagóxicas do alumnado con necesidades

educativas específicas, previa demanda e

cando cumpran, coa finalidade de

identificar as necesidades educativas que poidan presentar o alumnado e poder fundamentar as correspondentes propostas e decisións. 

Elaboración e actualización de informes individuais e programas de traballo

adaptados para aqueles alumnos e alumnas con necesidades educativas específicas que o precisen e seguimento do proceso educativo e das medidas de atención á diversidade adoptadas en colaboración co profesorado de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, os titores e titoras e profesorado do grupo.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Deseño e desenvolvemento das actividades recollidas na programación do

departamento de orientación relativas á orientación persoal, escolar, vocacional e profesional do alumnado, así como o proceso de inserción e participación no grupo e na dinámica xeral do centro. 

Proporcionar asesoramento e apoio puntual e individual segundo as demandas e

necesidades que vaian xurdindo nos diferentes ámbitos de actuación do plan de orientación. 

Impulsar

a

súa

participación

no

desenvolvemento

de

actividades

complementarias do P.A.T.

c. Obxectivos dirixidos ao profesorado. 

Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e

innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos, resolución de conflitos, xestión de aula, educación emocional, e en calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación. 

Contribuír á introdución de metodoloxías didácticas innovadoras: motivación

para a formación dun grupo de traballo sobre o apoio dentro da aula (o traballo cooperativos). 

Asesorar ao profesorado que o demande en cantas tarefas educativas e de

seguimento do proceso de ensinanza aprendizaxe ,facilitándolles criterios de actuación, recursos e instrumentos necesarios. 

Asesorar e facilitar de instrumentos e materiais necesarios ao profesorado de

pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe e ao resto do profesorado implicado na elaboración e desenvolvemento de adaptacións curriculares e reforzos educativos. 

Revisar, modificar, propor e organizar, en consenso co equipo de profesores,

medidas de apoio dentro e/ou fóra da aula (PT, AL, IMEI) para o alumnado que presente necesidades educativas especiais e específicas. 

Transmitir a información relevante acerca das avaliacións psicopedagóxicas

realizadas. 

Asesorar no proceso de elaboracións de adaptacións curriculares, intervención

psicopedagóxica, programas de desenvolvemento individual, etc.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Coordinar o traballo de titorías e asesorar ao profesordo, cando así o requiran, no

desenvolvemento da súa función titorial. 

Impulsar á participación do profesorado en grupos de traballo para a formación

na atención á diversidade e nos ámbitos relativos ás habilidades sociais, ás técnicas de dinámica de grupos, á resolución de conflitos na aula, a modelos de xestión de aula, á educación emocional e en calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación. 

Facilitar a utilización na aula de técnicas específicas relativas a hábitos de

traballo, técnicas de estudo, programas de ensinar a pensar, etc. 

Demandar colaboración nas actividades promovidas polo departamento

Orientar en relación a actividades e procesos de avaliación formativa e

orientadora, reforzo e apoio pedagóxico, promoción de alumnos, etc. 

Colaborar na detección de dificultades educativas, de desenvolvemento e/ou

aprendizaxe que presenten os alumno e alumnas e a intervención temperá para intentar palialos.

d. Obxectivos dirixidos ás familias. 

Cooperar na relación titores-familia na solución de problemas que afecten aos

seus fillos. 

Orientar ás familias de xeito individual ou colectiva para que asuman

responsablemente a educación e orientación dos seus fillos. 

Realizar entrevistas individuais como medio de intercambio de información

relevante sobre o proceso educativo dos seus fillos e fillas. 

Solicitar a colaboración no apoio do proceso educativo e no proceso de toma de

decisións cara a elección de itinerarios formativos, opcións laborais, etc. 

Solicitar a colaboración no seguimento das tarefas escolares dos seus fillos e

fillas, e na modificación de condutas inadecuadas, se é o caso.

e. Obxectivos dirixidos a outras institucións. 

Colaborar cos profesionais dos Servizos Sociais do Concello de Verín no desenvolvemento de actividades e programas de carácter preventivo dirixidos a alumnos/as e a pais e nais e intercambio de información relevante sobre alumnado escolarizado no IES.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Contacto con outros servizos da zona: os servizos da mancomunidade de Verín, a Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil do Hospital de Ourense (UXMI), a Cruz Vermella de Verín,

etc. Para o desenvolvemento de actividades

complementarias e colaborar en proxectos comúns de interese para á comunidade educativa. 

Contactar con distintos organismos de emprego, consellerías, servizos de información á xuventude, universidade, etc, co obxecto de buscar colaboración externa complementaria para o desenvolvemento do plan de orientación.

O modelo de plan de orientación que propoñemos está baseado: -

Na intervención psicopedagóxica con énfase no enfoque ecolóxico, global, preventivo e comunitario, fronte a intervención casuística e individual.

-

Na concepción da orientación como parte inherente do proceso educativo que leve á persoa ao seu máximo desenvolvemento

-

No principio básico da función titorial como axuda e orientación ao alumnado que o profesorado pon en práctica para favorecer a súa aprendizaxe, a súa capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversas, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas, e dicir, axúdalle a SABER FACER, SABER SER OU ESTAR, a toma de decisións, o desenvolvemento da súa personalidade e a interacción no grupo.

-

Na figura do profesorado TITOR como referencia tanto para o alumnado do grupo como para o equipo de profesores/as que imparten docencia no mesmo grupo. A orientación debe ser un labor compartido por todos/as os/as profesionais que traballan no Centro Educativo.

-

A atención á diversidade, ás necesidades educativas específicas do alumnado é o piar para chegar á individualización do ensino, á integración e , un paso máis, á INCLUSIÓN.

-

Dentro do plan de orientación damos moita importancia á relación coas familias, neste senso levaranse ao cabo reunións xerais de carácter informativo (ao inicio do curso e ao final do curso) e entrevistas individuais co obxecto de intercambiar información sobre o proceso


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

educativo do seus fillos e fillas e colaborar no apoio ao proceso educativo e no proceso de toma de decisións.

En definitiva, a ORIENTACIÓN. 

Non funciona ao marxe do profesorado.

Debe de estar ao servizo do proxecto educativo.

Debe funcionar en base a un plan global que abrangue a toda a comunidade educativa

Debe de estar integrado no currículo.

Precisa que sexa asumido por toda a comunidade educativa para desenvolvelo.

O departamento de orientación deseña, baixo as directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica, o Plan de Acción Titorial, o Plan de Atención aos Procesos de Ensinanza aprendizaxe e o Plan de Orientación Académico profesional en colaboración co profesorado titor e coordina o proceso do seu desenvolvemento. O departamento de orientación colabora, xunto cos equipos de profesores e titores, na tarefa de concretar e desenvolver para cada curso da E.S.O, Bacharelatos e P.C.P.I. todas as actividades que se desprenden dos plans acordados (actividades, instrumentos, materiais,...). Así mesmo pretendemos establecer unha relación estreita coa vicedirección e o equipo de profesores que organizan actividades complementarias e extraescolares para que as actividades programadas contribúan ao desenvolvemento dos programas.

5. PLAN DE TRABALLO. No presente curso académico o Departamento de Orientación do IES Xesús Taboada Chivite planifica o seguinte Plan de Traballo de acordo co reseñado na orde de 24 de xullo de 1998 e as directrices marcadas pola lexislación vixente:

Plan de Acción Titorial Plan de Orientación Académico Profesional Plan de Apoio ao Proceso de Ensinanza-aprendizaxe (Plan atención á diversidade)


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

PLANO DE ACCIÓN TITORIAL

1. Introdución: marco legal 2. Obxectivos xerais e específicos. 3. Actuacións: ámbitos fundamentais. Actuacións específicas. 4. Temporalización. 5. Seguimento e avaliación. 6. Recursos persoais e materiais. 7. Desenvolvemento e concreción do Plan de Acción Titorial.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

1. INTRODUCIÓN. O plan de acción titorial (P.A.T.) é o documento no que se especifican os criterios e procedementos para a organización e o funcionamento das titorías no centro. No proxecto educativo do centro, no apartado de “Normas de Organización e Funcionamento”, no artigo 14, recóllense as funcións e competencias máis importantes do profesorado titor, entre outras, a “Titoría e orientación ao alumnado formará parte da función docente e desenvolverase ao longo de todas as etapas e programas formativos.”

Segundo o artigo 6º do Decreto 120/1998, do 23 de abril polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, é competencia do departamento de orientación elaborar a proposta do plan de acción titorial, de acordo coas directrices da comisión de coordinación pedagóxica, así como coordinar ao profesorado e ofrecerlle soporte técnico para o desenvolvemento do mesmo, deseñar as estratexias e os criterios xerais que deberán orientar o labor de todo o profesorado titor ao longo do curso e aportar a información e o material necesarios para concretar as actividades programadas.

A concreción do Plan de Acción Titorial incluirase na Programación Xeral Anual e ademáis dos obxectivos, recollerá unha proposta de actividades, temporalización, recursos, criterios de intervención, seguimento e avaliación.

2. OBXECTIVOS. Obxectivos xerais. 1. Contribuír á personalización dos procesos de ensinanza e aprendizaxe favorecendo a madureza e o autocoñecemento dos alumnos e alumnas. 2. Desenvolver a creación dun clima de aula e de centro que favoreza unha conciencia respectuosa e sensible entre todos os sectores da comunidade educativa. 3. Valorar positivamente as diferentes culturas e capacitar para vivir nunha sociedade multicultural. 4. Incentivar á práctica da tolerancia, da xustiza, da solidariedade e a resolución non violenta dos conflitos.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

5. Prever condutas intimidatorias e de maltrato entre o alumnado, favorecendo actitudes positivas cara a convivencia democrática e contrarias a todo tipo de discriminación e de violencia. 6. Integrar a todos os alumnos e alumnas no grupo clase e na institución escolar, sexa cal sexa o seu niviel académico ou condición persoal ou social, favorecendo as relacións e o desenvolvendo de actitudes de tolerancia, participación e cooperación. 7. Colaborar coa consecución dun mellor ambiente de traballo, disciplina e puntualidade no grupo. 8. Axudar e orientar ao alumnado sobre o seu rendimento académico, colaborando na ensinanza de hábitos e actitudes positivas cara o estudo e de técnicas de traballo intelectual. 9. Contribuír á prevención das dificultades de aprendizaxe máis comúns nos alumnos e alumnas e na elaboración de respostas educativas máis axustadas. 10. Favorecer a coherencia dos equipos educativos que interveñen en cada grupo de alumnos e alumnas. 11. Proporcionar aos alumnos e alumnas información e asesoramento con respecto ás diferentes opcións académicas e profesionais, facilitando así a toma de decisións respecto ao futuro escolar e socio-laboral. 12. Establecer cauces de cooperación e comunicación entre o prefesorado e as familias, asesorando aos titores e intervindo nos casos nos que se solicite polas xuntas de avaliación. 13. Previr condutas de risco mediante a Educación Sexual, o uso responsable da Internet, educar na prevención de consumos prexudiciais

para a saúde, a

convivencia pacífica,...etc. 14. Favorecer o desenvolvemento óptimo da identidade persoal, o autoconcepto e a autoestima. 15. Contribuír ao desenvolvemento da madureza vocacional, asesorando na toma de decisións. 16. Impulsar a participación de todo o alumnado nas actividades complementarias e extraescolares.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Obxectivos específicos. Segundo as particularidades de cada un dos niveis educativos, concretaranse os seguintes obxectivos específicos:

En 1º, 2º, 3º, 4º ESO : -Respecto ao alumnado:  Coñecer aos alumnos e alumnas, en particular ao de novo ingreso e o alumnado de incorporación tardía, favorecendo a súa integración no grupo-clase e no Centro.  Impulsar unha boa competencia en Habilidades Sociais que favoreza a resolución de conflitos.  Fomentar un autoconcepto positivo e estimular as relacións non violentas entre as persoas  Impulsar actitudes contrarias ao uso da violencia como modo de resolución de conflitos.  Comprender diferentes formas de discriminación: racismo, xenofobia, sexismo, etc, coma actitudes e comportamentos contrarios á convivencia democrática e ao respecto dos dereitos humanos.  Contribuír á aprendizaxe de actitudes non discriminatorias, favorecendo a tolerancia, a solidariedade e o respeto.  Xerar unha rede de mediadores de resolución de conflitos.  Favorecer a ensinanza de hábitos de estudo e técnicas de traballo intelectual. Co alumnado do Programa de Diversificación, centrarase fundamentalmente neste último obxectivo.  Proporcionar ao alumnado obradoiros

onde se debatan problemas sociais,

próximos á xuventude e a adolescencia: dereitos humanos,

Intolerancia,

prevención do consumo de sustancias prexudiciais para a saúde, educación afectiva-sexual, igualdade, coeducación,

violencia de xénero, consumo

responsable, autoestima, uso seguro da Internet e das novas tecnoloxías, discapacidade,...etc.  Adoitar un enfoque preventivo ante posibles dificultades de aprendizaxe, con especial énfase na avaliación inicial e a coordinación dos equipos docentes.  Proporcionar información sobre itinerarios alternativos ao alumnado con 15 e 16 anos que ten dificultades no currículo ordinario.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

- Respecto ao profesorado:  Colaborar cos Departamentos Didáticos, Comisión de Coordinación Pedagógica, na mellora do proceso de ensiño-aprendizaxe e na implementación de medidas educativas para o alumnado con dificultades.  Coordinar o labor docente cos especialistas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que participen na intervención educativa co alumnado que presenta necesidades educativas específicas.  Colaborar co persoal de servizos de apoio externos que leven a cabo programas de intervención social con alumnado do centro (educadores sociais do Centro de Día da Cruz Vermella).  Colaborar coa elaboración de programacións didácticas axustadas ás necesidades educativas detectadas.  Asesorar no proceso de avaliación.  Planificar as actividades da hora de titoría co alumnado, en colaboración co departamento de orientación.  Desenvolvemento das medidas contempladas no plan de acción titorial (PAT) coa colaboración do departamento de orientación.  Colaborar cos diferentes equipos docentes no deseño e elaboración de protocolos para a realización de avaliación inicial do alumnado con necesidades educativas especiais e específicas.  Colaborar cos estudantes universitarios que soliciten a colaboración do centro para a realización de estudos educativos, sociolóxicos, etc, previa información ao profesorado titor e ao alumnado.  Proporcionar información relativa a bolsas para realizar actividades de inmersión lingüística e outras axudas.

- Respecto ás familias:  Fomentar a participación nas actividades programadas e propostas polo centro.  Asesorar ás familias na educación dos seus fillos.  Asesorar sobre a evolución dos seus fillos e fillas cando o demanden.  Informar sobre os resultados das avaliacións psicopedagóxicas, cando cumpra.  Asesorar nos temas que demanden referentes ao proceso de ensinanza aprendizaxe dos seus fillos e fillas.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

 Solicitar ás familias a súa colaboración nas actividades de reforzo e apoio escolar, cando cumpra.

En 4º ESO : Ademáis dos obxectivos reseñados anteriormente, contémplanse os seguintes:  Proporcionar información e asesoramento de cara ás diferentes opcións formativas ao finalizar a ESO: Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio, Educación Secundaria de Adultos e outras ensinanzas non regradas.  Asesorar no proceso de orientación académica e profesional coa finalidade de realizar o preceptivo consello orientador.  Proporcionar información relativa a axudas para realizar actividades de inmersión lingüística e outras axudas para realizar estudos posteriores ou solicitar Centros Residencias Docentes.

En Bacharelato: Independentemente de que existan obxectivos reseñados anteriormente para a ESO, considéranse específicos:

1º Bachillerato  Proporcionar información e asesoramiento sobre cada unha das opcións de cada Modalidade en 2º Bachillerato.  Proporcionar información relativa a axudas para realizar actividades de inmersión lingüística e outras axudas para realizar estudos posteriores ou solicitar Centros Residencias Docentes ou Residencias públicas das Universidades Galegas.

2º Bachillerato  Proporcionar información e

asesoramiento de cara a elección de estudos

superiores, de grao ou ciclos formativos de grao superior.  Proporcionar información relativa a axudas para realizar actividades de inmersión lingüística e outras axudas para realizar estudos posteriores ou solicitar Centros Residencias Docentes ou Residencias públicas das Universidades Galegas.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

 Colaborar coa organización de actividades completarias propostas dende o Plan de Orientación Académico Profesional: Visitas ás Universidades Galegas, charlas temáticas, charlas de orientación académica ao alumnado dos seus grupos, etc.

O desenvolvemento das competencias básicas dentro do P.A.T. Aínda que o desenvolvemento das competencias prodúcese de xeito integral, indícase a continuación as máis desenvolvidas segundo as actividades:

Competencia en comunicación lingüística

Nas dinámicas de grupo e obradoiros.

Competencia social e cidadá

Practicamente en todas as actividades. Podemos considerar ao grupo clase como un elemento de socialización fundamental.

Competencia para aprender a aprender

Desenvolvemento

e

organización

do

método de estudo.

Autonomía e iniciativa persoal

Nos procesos de autocoñecemento e toma de decisións.

3. ACTUACIÓNS. Ó longo do curso académico, e para todo o alumnado do centro, desenvolveranse actividades dun xeito interdisciplinar a través das distintas materias,

pero

fundamentamente a través do profesorado titor (primer nivel da orientación), na Educación Secundaria Obrigatoria, cunha hora expresa de titoría, e no bacharelato coa colaboración do departamento de orientación. Para o desenvolvemento dos obxectivos, que se adecuarán a cada nivel educativo e ó grupo-aula concreto segundo as necesidades detectadas ao inicio e ó longo do curso, vaise traballar a través de catro ámbitos fundamentais:

a) Ensinar a convivir:  Favorecer a Inclusión do alumnado no seu grupo e na vida do centro, fomentando actitudes de participación.  Respectar as normas de convivencia, ós compañeiros, ó profesorado, en xeral a toda a comunidade educativa.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

 Fomentar actitudes de

cooperación, de solidariedade, de traballo en grupo

respectando as normas que se acorden.  Establecer relacións fluídas entre os pais e o centro coa finalidade de influír positivamente no rendemento do alumnado. b) Ensinar a ser persoa:  Educar aos alumnos na convivencia democrática e participativa.  Favorecer o seu desenvolvemento moral e a adquisición de valores.  Ensinar a aceptar a súa propia identidade e favorecer a súa autoestima.  Tolerar, respectar e valorar as diferenzas individuais. c) Ensinar a pensar:  Adquirir estratexias que favorezan o proceso ensinanza aprendizaxe.  Ensinarlle a organizar o seu tempo de estudo.  Manexar técnicas de estudo, que favorezan o seu rendemento académico.  Reflexionar sobre os seus propios erros e aprender deles para ser corrixidos (autoavaliación). d) Ensinar a decidirse:  Informar sobre as diferentes opcións que pode elixir en cada nivel educativo.  Axudar ao alumnado na toma de decisións para que o poida facer con responsabilidade e autocoñecemento.  Favorecer o coñecemento das súas aptitudes e calidades persoais, intereses e expectativas.  Informar e orientar ao alumnado segundo os niveis educativos sobre os posibles itinerarios académicos e profesionais para a súa inserción no mundo laboral. Actuacións específicas: Co alumnado:  Seguimento do proceso de ensinanza-aprendizaxe, asegurando a coherencia do proceso de avaliación.  Atención individualizada a alumnos e alumnas, remitidos polo titor ou titora, cando se requira un tipo de intervención específica.  Avaliación Psicopedagóxica e deseño de medidas de apoio ao alumnado con dificultades. Coas familias.  Información sobre o proceso de aprendizaxe dos seus fillos e fomento da cooperación.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

 Sensibilización sobre a necesidade de axudar e establecer compromisos cos seus fillo na organización do tempo de estudo na casa.  Información sobre os estudos que oferta o Instituto: optativas na ESO, modalidades de bacharelato e oferta formativa doutros centros de ensino.  Realización de entrevistas a petición do titor ou titora aos pais.  Establecemento de cauces de comunicación co centro a través dos titores, Xefatura de estudos, Departamento de Orientación e Profesorado.  Reunións de pais de carácter informativo/formativas ao comezo do curso e no terceiro trimestre.  Reunións informativo/formativas sobre orientación académico-profesional no paso do 1º ciclo ao 2º ciclo da ESO, do 3º curso ao 4ºcurso e ao finalizar a ESO para favorecer a toma de decisións sobre o itinerario educativo.  Reunións informativo/formativas sobre orientación académico-profesional en 1º e 2º de bacharelato para favorecer a toma de decisións ao rematar a educació secundaria.

Co profesorado titor e/ou cotitores. -Deseño de titorías grupais. As actividades propostas xirarán en torno ás seguintes áreas: -

De acollida e constitución como grupo.

-

Aceptación das diferenzas entre os alumnos e alumnas do grupo.

-

Organización eficaz e implicación.

-

Coñecemento do Centro e dos seus dereitos e deberes.

-

Cauces de participación e elección de delegados e delegadas.

-

Consellos para o estudo e técnicas de traballo intelectual. Orientación académica e profesional.

-

Desenvolvemento persoal e grupal. Detección de problemas e actividades de mellora. Educación en valores: Promoción da tolerancia e a cooperación.

-

Programas específicos externos, segundo ofertas de organismos e institucións do Concello ou entidades sociais, aprobados pola Comisión de Coordinación Pedagóxica.

-

Educación para a convivencia pacífica e democrática, educación para a paz.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

-

Educación para a convivencia: resolución pacífica de conflitos: mediación escolar e alumnado axudante ou titor. Habilidades Sociais. Dereitos humanos.

-

Educación para a igualdade e a coeducación.

-

Educación para a solidariedade.

-

Educación para a saúde e o fomento de hábitos saudables.

-

Educación intercultural e multicultural.

-

Proceso de toma de decisións responsable.

-

Uso seguro das novas tecnoloxías da información e a comunicación, TIC´S.

-

Desenvolvemento de programas de técnicas de estudo e de traballo intelectual.

-Preparación das sesións de avaliación, información sobre os resultados obtidos, análise, fixación de metas e establecemento de compromisos. -Planificación e realización das reunións colectivas que se celebren coas familias. -Desenvolvemento do Plan de Orientación Académica e Profesional. -Deseño de medidas de apoio ordinarias e extraordinarias para alumnos e alumnas con dificultades educativas específicas. -Colaboración co profesorado que desenvolve os contratos programa (PROA). -Outras actuacións non contempladas pero que derivarán da avaliación inicial de necesidades.

4. TEMPORALIZACIÓN. O departamento de orientación xunto co profesorado titor realizará a programación básica trimestral, ao comezo do curso académico, partindo da memoria de actividades do curso anterior, podendo ser modificada polo profesorado titor segundo as necesidades detectadas de cada grupo e en función das características do mesmo.

Proposta inicial de actividades na hora expresa de titoría na ESO E.S.O. 1º ESO

1º TRIMESTRE: 14 SESIÓNS 

Actividades de acollida- plan de acollida alumnado inmigrante

Presentación da programación na hora de titoría


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Recollida de información relevante sobre o alumnado: cuestionarios iniciais.

Elección de delegado/a.

Elaboración das normas de convivencia-normas de aula (dinámicas grupais).

Normas de convivencia. N.O.F. – dereitos e deberes.

Información sobre a etapa que inician.

Técnicas de estudo: motivación, como estudo, condicionantes, planificación.

Educación en igualdade e convivencia: A tea solidaria.

Día da non violencia contra as mulleres: 25 de novembro. A violencia entre iguais. Educación para á convivencia: unidade didáctica e vídeo: “Bully Dance”.

Convivencia: vídeo fórum e unidade didáctica: “ En un mundo mejor”.

Convivencia-maltrato: análise acoso a través de curtametraxes (“en encargado, Bully dance).

Dereitos humanos: materiais dereitos humanos e educación para a paz.

Obradoiro Redes Sociais: uso seguro da internet, perigros, bulling a través das redes sociais e outros medios,... etc.

Simulacro de evacuación.

Actividades de aplicación de técnicas de estudo.

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

 1º ESO

Sesión preavaliación 1ª.

2º TRIMESTRE: 10 SESIÓNS 

Reflexións sobre os resultados académicos do 1º trimestre. Acordos e compromisos.

Continuación coas técnicas de estudo: lectura comprensiva, velocidade lectora, método de estudo.

Educación en valores: “día da paz”.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Educación en valores: Vídeo-forum: “Binta y la gran idea”, “las siete alcantarillas”.

Día Internacional da Muller Traballadora.

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Semana da prensa: a través do currículo.

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

1º ESO

Programa básico de habilidades sociais.

Preavaliaciòn 2ª.

3º TRIMESTRE: 10 SESIÓNS 

Reflexións sobre os resultados académicos do 2º trimestre, acordos e comprosisos

Obradoiros coa colaboración da cruz vermella: Educación afectivo-sexual.

Educación para a convivencia, interculturalidade: Video-forum: “quiero ser como Beckam”.

Técnicas de estudo: preparación de exames, control da ansiedade

Orientación académica: información materias 2º ESO.

Día do libro.

Día Mundial da Saúde.

Día Mundial do Ambiente.

Obradoiro igualdade (Cruz Vermella)

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

 2º ESO

Análise avaliación contínua xuño.

1º TRIMESTRE: 14 SESIÓNS 

Actividades de acollida- plan de acollida alumnado inmigrante.

Presentación da programación na hora de titoría.

Recollida de información relevante sobre o alumnado.

Elección de delegado/a.

Normas de convivencia. N.O.F. – dereitos e deberes.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Técnicas de estudo: motivación, como estudo, condicionantes, planificación (recordatorio).

Educación para a convivencia: Día da non violencia contra as mulleres: 25 de novembro. A violencia entre iguais.

Reflexión sobre o tema da violencia e o maltrato a través de cancións e vídeos musicais e a ed. Plástica.

Dereitos humanos.

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

2º ESO

Simulacro de evacuación.

Sesión de preavaliación 1ª.

2º TRIMESTRE: 10 SESIÓNS 

Reflexións sobre os resultados académicos do 1º trimestre. Acordos e compromisos.

Continuación coas técnicas de estudo.

Día da paz: . Video fórum: invictus- Nelson Mandela. Cómic relacionado (participación en Educación para a Cidadanía).

Día Internacional da muller traballadora.

Obradoiro Cruz Vermella: As redes sociais, Bulling na Internet, sexting...

Bulling e acoso escolar: traballo cooperativo e interdisciplinar co Equipo de Normalización Lingüística : Dragal.

Convivencia-maltrato: análise acoso a través de curtametraxes (“en encargado, Bully dance). 

Toma de decisións: dinámicas (subasta de valores...).

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Semana da prensa.

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

P.O.A.P.: información itinerarios formativos. Medidas de atención á diversidade.

Mediación Escolar.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

 2º ESO

Preavaliación 2ª.

3º TRIMESTRE: 10 SESIÓNS 

Reflexións sobre os resultados académicos do 2º trimestre. Acordos e compromisos.

Continuación coas técnicas de estudo: preparación de exames, control da ansiedade.

Educación en valores (convivencia): vídeo-forum: “The Class”.

Obradoiros coa colaboración da cruz vermella: Habilidades Sociais/sustituído por o obradoiro “educación afectivosexual”.

Toma de decisións: dinámicas grupais.

Continuación

coa

Orientación

académica:

PCPI,

PDC,

optatividade 3ª ESO. 

Introducción formación en habilidades de comunicación, resolución de conflictos.

Educación en valores (educación, esforzo, convivencia, relacións persoais): “Cadena de favores” e Osama (en educación para á cidadanía).

Obradoiro igualdade (Cruz Vermella).

Día do libro.

Día Mundial da Saúde.

Día Mundial do Ambiente.

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

 3º ESO

Análise avaliación contínua xuño.

1º TRIMESTRE: 14 SESIÓNS 

Actividades de acollida- plan de acollida alumnado inmigrante.

Presentación da programación na hora de titoría.

Recollida de información relevante sobre o alumnado.

Elección de delegado/a.

Técnicas de estudo: motivación, planificación, condicionantes (recordatorio).


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Vídeo-fórum: “Las mujeres de verdad tienen curvas”.

Plan proxecta: actividades previas: “resolución de conflitos: convivir...¿qué difícil me lo pones?. Obradoiro (Quérote +): “Resolución de conflitos”.

Educación en valores: día da non violencia contra as mulleres (25 de novembro).: análise de vídeos sobre a temática.

Igualdade: actividades seleccionadas de “fíos violetas” e datas e datos para lembrar... en pé de igualdade.

Módulo I “Condutas Aditivas-descubrindo e educando na súa realidade: Adiccións ás novas tecnoloxías na mocidade”.

Simulacro de evacuación.

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

3º ESO

Preavaliación 1ª.

2º TRIMESTRE: 10 SESIÓNS 

Reflexións sobre os resultados académicos do 1º trimestre. Acordos e compromisos.

Educación en valores: video fórum: Crash.

Plan proxecta: actividades previas: vídeos

protegeles.com

.

actividades de reflexión

Obradoiro

(Quérote

+):

“Uso

responsable das TICS”. 

Módulo II “Condutas Aditivas-descubrindo e educando na súa realidade: O consumo de alcohol nos adolescentes”.

Obradoiro de Protección Civil de Verín: “A festa e a seguridade non son excluíntes”.

Día Mundial da Muller Traballadora.

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Semana da Prensa

Orientación académica (POAP de 4º): caderno Elixo para o profesor e para o alumno. Programa Orienta 2014. Vídeos youtube FP. Sesións de orientación na aula a cargo da orientadora co apoio do titor/a.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

3º ESO

Preavaliación 2ª

3º TRIMESTRE: 10 SESIÓNS 

Reflexións sobre os resultados académicos do 2º trimestre. Acordos e compromisos

Obradoiro Quérote +: “prevención do consumo de sustancias”.

Educación en valores e para a convivencia: La clase

Plan proxecta: actividades previas: Traballo interdisciplinar sobre o alcohol e a elaboración de viño. Obradoiro (Quérote +): “Fenómeno botellón”.

Módulo II “Condutas Aditivas-descubrindo e educando na súa realidade: Convivencia actual dos mozos coas drogas”.

Educación para a saúde: Primeiros auxilios: Cruz Vermella.

Día do Libro.

Día Mundial da Saúde.

Continuación coa Orientación académica (POAP 3º): programa Elixo, Orienta 2014, información por parte do departamento . Vídeos FP e graos. TOMA DE DECICIÓNS. Dinámicas dilemas morais.

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

 4º ESO

Análise avaliación contínua xuño.

1º TRIMESTRE: 14 SESIÓNS 

Actividades de acollida- plan de acollida alumnado inmigrante.

Presentación da programación na hora de titoría.

Recollida de información relevante sobre o alumnado.

Elección de delegado/a.

Obradoiros coa colaboración da cruz vermella: igualdade.

Educación en valores: Vídeo fórum “Ben X”.

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

necesidades do seu grupo. 

Avaliación das actividades realizadas na hora de titoría (profesorado e alumnado).

4º ESO

2º TRIMESTRE: 10 SESIÓNS 

Reflexión sobre os resultados académicos. Plantexamento de novos – obxectivos como grupo e individualmente.

Obradoiro de Protección Civil de Verín: “A festa e a seguridade non son excluíntes”.

Orientación académica (POAP de 4º): caderno Elixo para o profesor e para o alumno. Programa Orienta 2014. Vídeos youtube FP. Sesións de orientación na aula a cargo da orientadora co apoio do titor/a.

Día Mundial dos dereitos humanos: vídeo-fórum “Invictus” Nelson Mandela.

Vídeo-forum educación intercultural e dereitos humanos: Osama ou outra película similar.

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

 4º ESO

Preavaliación 2ª

3º TRIMESTRE:10 SESIÓNS 

Reflexións sobre os resultados académicos do 2º trimestre. Acordos e compromisos.

Continuación coa Orientación académica (POAP 4º): programa Elixo, Orienta 2014, información por parte do departamento . Vídeos FP e graos. TOMA DE DECICIÓNS. Dinámicas dilemas morais. Actuacións directas na aula por parte da orientadora e entrevistas individuais con alumnos e alumnas que o demandaron.

Educación para a convivencia: vídeo-fórum

“Los niños

salvajes”. 

Educación en valores: vídeo-fórum “La ladrona de libros”.

Xornada de sensibilización para a participación en proxectos de voluntariado (Cruz Vermella).


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Actividades organizadas polo profesorado titor segundo as necesidades do seu grupo.

Orientación

académica

e

profesional:

TOMA

DE

DECISIÓNS. 

Análise avaliación contínua xuño.

ACTIVIDADES NOS BACHARELATOS Primeiro

Actividades de acollida e integración.

trimestre

Cuestionario persoal.

Recollida de información sobre os alumnos/as.

Normas xerais ROF-Plan de Convivencia.

Actividades previas á elección de delegado/a.

Elección de delegado/a.

Técnicas de estudio: motivación-dificultades de planificacióntécnicas de estudo.

Orientación vocacional (ver plano de orientación académica e profesional)

Sesión preavaliación.

Segundo

Sesión postavaliación.

trimestre

Técnicas de estudio: planificación e metodoloxía.

Temas abertos, en coordinación cos departamentos didácticos.

Orientación vocacional (ver plano de orientación académica e profesional).

Sesión preavaliación.

Terceiro

Sesión postavaliación.

trimestre

Técnicas de estudio: traballos, exames, toma de apuntes.

Xornada de sensibilización para a participación en proxectos de voluntariado (Cruz Vermella).

Temas abertos, en coordinación cos departamentos didácticos. Orientación vocacional (ver plano de orientación académica e profesional).

ACTUACIÓNS ASOCIACIÓNS, INSTITUCIÓNS, ONGs... -

Colaboración do profesorado titor con alumnado universitario na realización de proxectos de investigación.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

-

Colaboración coa titorización dun alumno de prácticas de psicopedagoxía da Universidade de Vigo.

-

Colaboración coas asociacións Trama e Meniños de Ourense no seguemento de alumnado e as súas familias.

-

Colaboración co centro de día da “Cruz Vermella de Verín” no seguemento de alumnado que acudíu ao centro.

-

Colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Verín: Traballadores sociais, Educadora Familiar, Plan Xitano.

5. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN Cada titor ou titora deberá avaliar a súa titoría tendo como referente os obxetivos do P.A.T. A avaliación debe realizarse nos varios niveis de actuación, cos alumnos e alumnas, coas familias e o profesorado.

Respecto ao alumnos e alumnas:  Respecto entre os alumnos e as alumnas.  Grao de respeto ás normas de convivencia.  Grao de cohesión do grupo.  Actitude en xeral cara o equipo docente.  Grao de satisfación en xeral dos alumnos e alumnas coa actividades programadas (adecuación aos intereses, idade e necesidades).  Nivel de integración efectivo e/ou inclusión do alumnado so centro.  Grao de desenvolvemento dos programas establecidos de forma individualizada na diferentes materias para cada alumno e (se é o caso) doutros programas grupais (apoio dentro da aula).  Nivel de autoestima no proceso de ensinanza-aprendizaxe de maneira individualizada.

Respecto ao profesorado:  A coordinación entre titor/a, profesores/as de aula e os de apoio.  Se se confeccionou, no primeiro mes do curso, un calendario para o desenvolvemento do P.A.T.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

 Se

se reuniron semanalmente ou alomenos unha vez ao mes para analizar o

desenvolvemento das diferentes actividades de titoría programadas no P.A.T.  Ao finalizar o curso farase unha avaliación final cos resultados que se recollerán na memoria final do curso.

Respecto ás familias:  A colaboración e seguimento das familias dos alumnos e alumnas implicados/as.  Se se fixeron as reunións previstas coas familias (principio do curso e informativas ao longo do curso).  Se as familias do alumnado, con dificultades, foron entrevistadas polo titor ou titora para recabar información e transmitirlle a situacións dos seus fillos e do plan trazado para eles.  Se se fixeron entrevistas cos pais de todos os alumnos e alumnos.  A actitude e grao de preocupación dos pais.  Os procedementos de avaliación deberán basearse na observación do profesorado titor, a recollida de información entre os alumnos e alumnas, profesorado do equipo docente e entrevistas cos pais e nais.  Nas reunións semanais con xefatura de estudos e orientación contrastaranse as opinións e daranse pautas neste senso.

6. RECURSOS PERSOAIS E MATERIAIS. No departamento de orientación contamos con variados recursos materiais, entre outros:  Programas de habilidades sociais e asertividade.  Plan de mediación con propostas de actividades para a formación de mediadores.  Proxectos de educación para a saúde: Plan Proxecta e outros proxectos de educación para a saúde dependentes da Consellería de Sanidade.  Programas e Técnicas de Traballo Intelectual.  Recursos da internet e audiovisuais para traballar os valores a través do cine.  Programa de saúde mental para adolescentes e pais de adolescentes  Programas de mellora da intelixencia emocional.  Materiais dinámicas de grupo e convivencia.  Materiais editados para traballar a igualdade: Datas e datos para lembrar en pé de igualdade. Fíos violetas, etc.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Recursos persoais do propio centro: o profesorado titor e a colaboración do departamento de orientación, xunto cos equipos docentes. Recursos persoais externos: colaboración de asociacións, organizacións e institucións para desenvolver colaborativamente temas transversais: obradoiros da cruz vermella (habilidades sociais, autoestima, trastornos de conduta alimentaria, primeiros auxilios, ciberacoso, sexting, uso seguro da internet...), o Plan Proxecta: QUÉROTE + para desenvolver os obradoiros “Socializando”, a colaboración de institucións organismos externos para organizar obradoiros e charlas relacionados cos obxectivos explícitos no Plan de Acción Titorial.

7. DESENVOLVEMENTO E CONCRECIÓN DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL. Ao inicio do curso, o departamento de orientación, coa colaboración do profesorado titor, realizará a programación anual onde se concretarán as actuacións e as actividades específicas para os cursos da ESO e Bacharelato. A programación do P.A.T. formará parte da Programción Xeral Anual do Centro.

O departamento de orientación realizará ao final do curso a memoria anual da concreción do Plan de Acción Titorial e establecerá, de ser o caso, as pertinentes propostas de mellora. Esta memoria incorporarase á memoria do Departamento de Orientación e , polo tanto, na memoria anual do centro.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

PLANO DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL

1. Introdución: normativa vixente. 2. Liñas xerais de actuación. 3. Obxectivos nos ámbitos de actuación: alumnado, profesorado, familias. 4. Actuacións no ámbito do alumnado, o profesorado e as familias. Liñas de actuación específicas para bacharelato. 5. Metodoloxía. 6. Avaliación, seguimento e memoria do Plan de Orientación Académica e Profesional. 7. Recursos materiais e persoais.

1.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

INTRODUCIÓN. A educación debe favorecer o desenvolvemento persoal e a inserción social do alumno ou alumna, é dicir, debe preparalo para integrarse con éxito na sociedade. Os alumnos e alumnas teñen que tomar decisións de carácter vocacional que van a afectar de xeito importante ó seu futuro profesional. Ao rematar as diversas ensinanzas o sistema educativo ofrécelles distintos itinerarios que dan resposta aos seus intereses e expectativas. Por iso é importante que reciban unha axeitada orientación académica e profesional.

O proceso de toma de decisións nesta etapa esixe que o alumnado integre a representación de si mesmo e do mundo sociolaboral e que confronte as decisións que vai tomando no seu proceso formativo ata chegar a unha decisión final. Conforme vai conseguindo unha maior madurez persoal e vocacional, e obtendo información pertinente, tomará decisións de maior transcendencia, véndose obrigado a reorientar decisións anteriores ou a efectuar outras novas, xa que o proceso constitúe unha situación de busca permanente de equilibrio que para o seu mantemento precisa de novas informacións e contínua toma de decisións.

É responsabilidade do departamento de orientación elaborar, dacordo coas directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica, as propostas do Plan de Orientación Académica e profesional e ofrecerlle soporte técnico para desenvolvelo (artículo 6º do Decreto 120/1998, do 27 de abril de 1998 polo que se regula a orientación educativa e profesional na C.A.G.). Corresponde, polo tanto, ao departamento de orientación as seguintes actuacións: -

O deseño do plan.

-

Asesoramento ao profesorado titor e ao resto do profesorado naqueles aspectos máis especializados (autocoñecemento, entrenamento na toma de decisións ...).

-

Apoio informativo sobre opcións académicas e laborais.

-

Intervención directa co alumnado en actividades concretas como:

Aplicación de probas de aptitudes, intereses ...

Información itinerarios formativos, graos, ciclos formativos, educación de adultos, etc.

Organización de visitas a empresas, outros centros, etc..


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

-

A orientación académica e profesional irá encamiñada fundamentalmente a que os alumnos e alumnas aprendan a decidir de forma realista e planificada partindo de catro aspectos fundamentais:

Do coñecemento adecuado dos seus propios intereses, capacidades e recursos.

Do coñecemento adecuado das distintas opcións educativas e laborais e das vías que se abren e pechan con cada opción.

Do coñecemento adecuado das esixencias do mundo laboral e a súa relación cos distintos estudios.

Do dominio adecuado das estratexias e habilidades de decisión (identificar o problema, clarificar alternativas, valorar as súas consecuencias positivas e negativas, sopesar e decidir).

A orientación académica e profesional é responsabilidade de todo o equipo docente e debe levarse a cabo tanto a través das actividades propias da titoría como das actividades de ensinanza-aprendizaxe das distintas áreas, coa colaboración do departamento de orientación.

1. OBXECTIVOS. Respecto ó alumnado:  Axudarlles a coñecer as súas aptitudes, personalidade, preferencias, valores e demais aspectos que condicionan as decisións vocacionais (condicionantes persoais, familiares, sociais....).  Proporcionarlles información, e ensinarlles a buscala, sobre itinerarios académicos para que coñezan tódalas saídas formativas ó rematar o ensino obrigatorio, con título ou sen el.  Contribuír ao coñecemento do mundo sociolaboral e profesional.  Fomentar no alumnado a capacidade de toma de decisións, analizando de forma crítica a súa situación persoal, valorando as ventaxas e os inconvenientes de cada unha das alternativas.  Loitar contra os estereotipos sexuais ou calquera outro tipo de discriminación sociolaboral.  Fomentar o desenvolvemento de habilidades para que analicen as características de cada profesión, así coma as calidades físicas, intelectuais, persoais e motivacionais


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

necesarias para o exercicio da mesma, proporcionando información necesaria para que fagan unha elección responsable.  Axudarlles a que adquiran destrezas de busca de emprego e toma de contacto coas ofertas do mundo profesional.  Proporcionarlles información básica en materia de autoocupación (oposicións, concursos, creación dunha empresa...)

Respecto ó profesorado:  Sensibilizalo da necesidade de integrar a orientación académica e profesional nas áreas, informando ó alumnado das aplicacións profesionais das súas respectivas áreas.  Coordinar as opinións do equipo educativo e do titor/a á hora de elaborar o consello orientador.

Respecto ás familias:  Informarlles sobre as distintas opcións académicas e profesionais.  Explicarlles a situación actual e as tendencias do mercado de traballo.  Promover a súa participación no programa de orientación vocacional e profesional.

2. ACTUACIÓNS Respecto ó alumnado: ACTUACIÓNS

ETAPA

Proporcionar recursos e estratexias para:  coñecemento de si mesmos. 1º ESO

 coñecemento das profesións.  Sobre a etapa educativa na que ingresan: características, finalidades, estrutura e materias.  Información sobre bolsas e axudas.  Proporcionar recursos e estratexias para:  Coñecemento de si mesmos.

2º ESO

 Coñecemento das profesións.  Coñecemento das materias optativas ofertadas polo centro para o 3º curso.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

 Coñecemento das diferentes opcións ao rematar 2º ESO  Información sobre bolsas e axudas. Proporcinar recursos e estratexias para o coñecemento de si mesmo:  Cuestionarios sobre personalidade, intereses, aptitudes, valores ...  Elaboración de informes persoais de como se perciben eles mesmos e os outros.  Estudo da traxectoria escolar.  Entrevistas individuais co titor e a orientadora no caso de alumnos con alto grao de incertidume. Informar sobre a estrutura do sistema educativo:  Coñecemento dos itinerarios e materias optativas ofertadas para 3º e 4º de ESO.  Elaboración dun organigrama do sistema educativo e diagramas coas posibles opcións ao termino da etapa.  Estudo de folletos e publicacións sobre Ciclos Formativos de 3º e 4º ESO

Grado Medio, Bacharelato (modalidades e opcións).  Visita ao campus de Vigo, para o alumnado de 4º de ESO.  Mesas redondas sobre estudos de Bacharelato, Formación Profesional e titulacións universitarias.  Análise das distintas alternativas, valorando as ventaxas e inconvenientes das distintas opcións e explorando con maior profundidade aquelas que mellor se axusten ás posibilidades e preferencias persoais.  Representación gráfica do itinerario persoal. Proporcionar recursos e estratexias para o coñecemento do mundo laboral:  Clasificación de profesións.  Contactos con traballadores: charlas de profesionais. Visitas a empresas.  Análise das ofertas da zona. Información sobre bolsas e axudas.

Bacharelatos 1º de Bacharelato


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

 Coñecemento das características da nova etapa.  Coñecemento da situación persoal.  Identificación de intereses e aptitudes.  Coñecemento das opcións de 2º de Bacharelato.  Posibilidades de paso dunha modalidade a outra.  Perfilamento do proxecto persoal de vida.  Información sobre bolsas e axudas. 2º de Bacharelato Proporcionar os recursos e estratexias para autorientación e a axuda ao proceso de toma de decisións a través de:  Charlas, dossieres e paneis sobre posibles itinerarios a seguir no caso de superar ou non superar o curso.  Dossier: carreiras vinculadas a cada opción, ciclos formativos, outros estudios, residencias, bolsas e axudas.  Mesa redonda antigos alumnos.  Información individualizada sobre temas solicitados.  Entrevistas individuais.

LÍÑAS DE ACTUACIÓN ESPECÍFICAS PARA BACHARELATO COMÚNS AOS DOUS CURSOS. Seguindo a normativa vixente, no Plan de Orientación Académica e Profesional deséñanse tres líñas de actuación prioritarias: a) Actuacións dirixidas a que os alumnos e alumnas desenvolvan as capacidades implicadas no proceso de toma de decisións e a que coñezan de forma axustada as súas propias capacidades, motivacións e intereses. b) Actuacións para facilitar ao alumnado información e difusión sobre as distintas opcións educativas e profesionais relacionadas coa a etapa: información sobre as PAAU; información sobre carreiras universitarias e titulacións; información sobre a FP específica e as ensinanzas de réxime especial etc. c) Actuacións para propiciar o contacto do alumnado co mundo laboral. Atención a pais/nais e alumnado que soliciten consultas específicas que non poidan solucionar o profesorado titor.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Colaboración cos titores na orientación personalizada ao alumnado que

o

demande. Participación directa do departamento en sesións informativas ó alumnado. Prestar apoio

e facilitar recursos ós titores para realizar as actividades de

información a pais. Organización de actividades complementarias e extraescolares relacionadas coa orientación académica e profesional.

Actuacións respecto ao profesorado:  Colaborar co departamento de orientación nas actividades propostas de orientación vocacional e información académica.  Recompilar información relevante para a emisión do consello orientador, nos casos nos que é preceptivo.

Actuacións respecto ás familias:  Reunións colectivas informativas sobre as opcións que se lles presentan ós seus fillos ó remate do curso e da etapa educativa.  Reunións individuais con aqueles pais que precisen un asesoramento máis personalizado, sobre todo no caso de alumnos que presentan necesidades educativas especiais.

3. METODOLOXÍA. Este plan desenvolverase, na ESO, prioritariamente a través da hora específica de titoría na Educación Secundaria Obrigatoria coa implicación do profesorado titor e a colaboaración dos equipos docentes que dende as súas áreas nos termos establecidos neste plan. O alumnado de bacharelato non dispón de hora de titoría co profesorado titor polo que se potenciará a información a través da internet e de entrevistas individuais e personalizadas ao longo de todo o curso, así como de intervencións directas na aula en horas lectivas. A orientadora especificará no seu horario lectivo os momentos de atención directa ao alumnado e aos pais/nais.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

4. TEMPORALIZACION. O Plan de Orientación Académica e Profesional concretarase trimestralmente na Programación anual do departamento de orientación, previa análise de necesidades e desenvolveranse as accións coa participación do profesorado titor, do departamento de orientación, dos equipos docentes e o equipo directivo.

5. RECURSOS PERSOAIS E MATERIAIS. Entre os recursos materiais que se empregarán atópanse os seguintes:  Diferentes programas de toma de decisións.  Guía do ensino universitario de Galicia.  Folletos informativos de PF Galicia.  Folletos informativos dos Graos oficiais que se imparten no SUG.  Folletos informativos dos Graos oficiais que se imparten noutras Comunidades Autónomas.  Xornais.  Cuestionarios.  Manuais de titoría e de orientación vocacional existentes no departamento de orientación.  Orientación Visual: DVDs.  Revista “Entre estudiantes”.  Material “Elige tu futuro”.  Programas informáticos de orientación profesional ( Orienta)  Material elaborado polo Departamento de orientación.  Recursos a través da internet  Outros recursos humanos e materiais: profesorado voluntario das universidades, programa “A ponte” da USC etc.

Recursos persoais:  profesorado titor que desenvolverá accións na hora de titoría coa colaboración do departamento de orientación.  Equipos docentes.  A orientadora que levará a cabo accións concretas, contempladas na programación anual, cos grupos de ESO e bacharelato.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

 Profesorado colaborador das universidades galegas a través dos Programas de tránsito entre a Universidade e o Ensino Medio.  Exalumnos e exalumnas do centro.  Entidades e organismos externos, ete.

6. CRITERIOS PARA O SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E MEMORIA. O programa de orientación académico e profesional desenvolverase fundamentalmente a través da acción titorial coa colaboración do departamento de orientación. O seu seguimento e avaliación será responsabilidade do profesorado titor co asesoramento e apoio do departamento de orientación, seguindo procedementos e tempos recollidos no plan de acción titorial.

Co obxecto de coñecer a efectividade do programa e revisar aqueles aspectos (obxectivos, estratexias de intervención, recursos, actividades ....) que foran susceptibles de mellora no próximo curso, o departamento de orientación levará a cabo unha avaliación específica a través de distintos métodos: -

Contrastando as experiencias mediante discusións cos equipos de titores.

-

Elaborando e aplicando cuestionarios dirixidos ó alumnado, aos pais/nais, e ao profesorado.

-

Realizando estudos de seguimento dos alumnos /as.

-

Entrevistas individuais cos alumnos e alumnas e os seus pais.

O Departamento de orientación realizará a memoria anual coas propostas de mellora, se é o caso, que formará parte da memoria do Plan de Orientación e polo tanto da memoria anual de centro.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

PLANO DE APOIO AO PROCESO DE ENSINO APRENDIZAXE (punto de partida, o Plan de Atención á Diversidade incluído no PE e aprobado o día 27 de xuño de 2014)

1. INTRODUCIÓN 2. IDENTIFICACIÓN E VALORAICÓN DE NECESIDADES 3. OBXECTIVOS XERAIS 4. ACTUACIÓNS 4.1. Con respecto ao alumnado: 4.2. Con respecto ao profesorado 4.3. Con respecto ao centro 5. METODOLOXÍA 6. AVALIACIÓN

.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

1. INTRODUCIÓN. (Plan Xeral de Atención á diversidade incluído no Proxecto Educativo, aprobado en claustro o día 27 de xuño de 2014) Segundo o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, os centros docentes levan a cabo unha serie de actuacións para adecuar a resposta educativa á diversidade. O Plan Xeral de Atención á Diversidade é o documento en que se articula a atención á diversidade a que se refire o artigo 121.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Neste plan concretaranse todas as actuacións e medidas de atención á diversidade que o noso centro educativo deseña e desenvolve para adecuar a resposta educativa ás necesidades da totalidade do noso alumnado. Partimos da premisa de que ter alumnado diverso é o habitual en calquera situación educativa, o excepcional é o uniforme. Polo tanto afrontar o “problema” da diversidade é afrontar o problema da ensinanza, tarefa, por certo, enormemente complexa (Onrubia, 1992), porque as condicións desde as que se realizan non son ideais. Por todo isto é importante deseñar novas técnicas didácticas para conseguir unha aprendizaxe de calidade a través de procesos mediados, interactivos e colaborativos. Técnicas que se asenten na riqueza que supón a heteroxeneidade do alumnado e a importancia da axuda que prestan uns aos outros para a consecucións de obxectivos comúns na liña da corresponsabilidade e a aprendizaxe cooperativa. Os principios básicos que inspiran a LOE definen claramente que todas as persoas teñen dereito a unha educación de calidade, nunha escolar inclusiva e compensadora das diferenzas ou desigualdades, neste senso o centro ten como obxectivo estimular o desenvolvemento de medidas de atención á diversidade, ordinarias e extraordinarias, preventivas e de acción, coa implicación de todo o equipo docente, coa colaboración do departamento de orientación e coa cordinación da xefatura de estudos.

2. IDENTIFICACIÓN E VALORACIÓN DE NECESIDADES EN BASE AO CONTEXTO. Ao comezo do curso o centro levará a cabo varias accións para a detección de novas necesidades educativas que con carácter xeral e, cando menos, levaranse a cabo:


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

O protocolo de avaliación inicial para a identificación e valoración temperá de necesidades educativas específicas (Capítulo V do decreto 227/2011 do 27 de decembro; Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación secundaria obrigatoria na C.A.G.) Ó inicio do curso a todo o alumnado, facendo fincapé no alumnado de 1º de ESO e cando se escolarice un alumno u alumna de nova incorporación ao sistema educativo. Serán responsables do proceso o profesorado que imparta as materias, o titor ou titora de cada grupo, coa

colaboración dos departamento didácticos e o departamento de

orientación na detección de necesidades educativas específicas. a) A realización de Avaliacións psicopedagóxicas, cando cumpra, e sempre que haxa que realizar un ditame de escolarización,

nos termos que establece a

lexislación vixente (orde 31 de outubro/1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 120/1998 do 27 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na C.A.G., no seu artigo 6.a) ; Decreto 227/2011 do 7 de decembro, no cap. V, artigo 34, 35 e 36). A avaliación psicopedagóxica é competencia e responsabilidade da xefatura do departamento de orientación e o procedemento realizarase mediante unha demanda concretada no Plan Anual e darase a coñecer á comunidade educativa. b) Información ao profesorado titor e aos pais/nais e/ou representantes legais do alumnado obxecto de medidas de atención á diverside ordinarias e extraordinarias. c) Reunión, cando menos unha vez por trimestre, dos equipos docentes convocados polo profesorado titor e a xefatura de estudos para realizar as sesións de avaliación contínua e formativa. d) Reunións trimestrais cos centros adscritos convocados pola dirección do centro e o departamento de orientación para coñecer as necesidades educativas específicas do alumnado do 6º curso de E.P. que se incorpora a 1º ESO.

En liñas xerais, no noso centro contamos con numeroso alumnado con necesidade de apoio educativo debido a causas diversas entre as que destacamos: -

Alumnos con Necesidades Educativas Especiais: alumnado con Trastorno do desenvolvemento.

-

Alumnado de incorporación tardía: alumnado procedente do estranxeiro con dificultade media no idioma e/ou desfase curricular.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

-

Numeroso alumnado de etnia xitana con situación sociofamiliar e cultural desfavorecida (compensación de desigualdades).

-

Alumnado con necesidade de Reforzo Educativo e Agrupamento Específico en L. Castelá, L. Galega, Matemáticas debido a dificultades específicas e xeralizadas na aprendizaxe.

-

Numeroso alumnado con necesidade de Adaptacións Significativa do Currículo.

-

Alumnado con dificultade de aprendizaxe que é proposto para os Programas de Diversificación Curricular de 3º e 4º de ESO.

-

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e con risco de abandono escolar e exclusión social.

-

Outro alumnado con problemas de aprendizaxe e conduta asociados a TDAH.

3. OBXECTIVOS XERAIS.  Establecer un carácter preventivo das medidas e actuacións.  Favorecer a integración e inclusión de todo o

alumnado e en particular ao

alumnado con necesidades educativas especiais (en adiante n.e.e.) e específicas axustando a resposta educativa ás súas necesidades educativas, tendo en conta as propostas do Plan de Atención á Diversidade recollidas no Proxecto Educativo e aprobadas en claustro o 27 de xuño de 2014.  Axustar as propostas de apoio educativo á realidade de cada alumna e alumno, con intervencións inclusivas e orientadas polo potencial de aprendizaxe dos alumnos e alumnas.  Facilitar o

asesoramento a toda a comunidade educativa sobre as diferentes

medidas de atención á diversidade, ordinarias e extraordinarias

e os recursos

ordinarios e extraordinarios para atención educativa de todo o alumnado e en particular do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.  Difundir os protocolos de actuación coas indicacións a seguir na realización da avaliación inicial con carácter xeral a todo o alumnado e en particular ao de nova incorporación á ESO e Incorporación tardía ao sistema educativo e o protocolo para a realización de avaliacións psicopedágoxicas, cando cumpra.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

 Difundir o protocolo de actuación coas indicacións a seguir na elaboración de adaptacións curriculares significativas e o proceso a seguir para coordinarse co profesorado de apoio especialista ao alumnado con n.e.e.  Difundir protocolo de actuación coas indicacións a seguir na proposta de alumnado para un Programa de Diversificación Curricular (P.D.C.) e cando se implanten, os Programas de Mellora da Aprendizaxe (P.M.A).  Proporcionar os apoios persoais, materiais e organizativos que precisen para alcanzar o máximo desenvolvemento das competencias básicas.  Elaborar e poñer en práctica programas destinados á prevención e detección precoz de dificultades de aprendizaxe.  Propiciar a coordinación entre o centro, as familias, os servizos sociais do concello e outros servizos comunitarios externos, para optimizar os recursos persoais e materias que redunden nunha mellora da calidade do ensino.

3. ACTUACIÓNS. 4.1. Respecto ao alumnado: 

Levar a cabo as avaliacións psicopedagóxicas, cando se considere necesario co obxecto de axustar a resposta educativa máis axeitada a cada alumno/a segundo as posibilidades organizativas, materiais e persoais que dispoña o Centro.

Entrevistas individuais segundo a demanda.

Desenvolver un programa de técnicas de traballo intelectual, de aprender a pensar e para a resolución de problemas.

Introducir nas distintas áreas técnicas para mellora da fluidez e comprensión lectora.

Fomento da lectura (tempo de LER TODOS XUNTOS).

Apoio ao alumnado con necesidades educativas

4.2. Respecto ao profesorado: 

Asesorar ao profesorado en xeral nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións curriculares, das programacións de curso, das medidas de reforzo educativo e nas adaptacións curriculares.

Facilitar asesoramento ao profesorado sobre as diferentes medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Elaborar e poñer en práctica programas destinados á prevención e detección de dificultades de aprendizaxe.

Colaborar na posta en marcha de metodoloxías inclusivas.

4.3. Respecto ao centro Promover a coordinación efectiva entre as xefaturas dos departamentos de orientación do IES e os centros adscritos coa finalidade de coordinar actuacións dirixidas á optimizacións das medidas de atención á diversidade no noso centro a partir da información aportada polos respectivos departamentos. Para tal efecto reunirémonos unha vez ao trimestre no noso centro previa convocatoria. Participar na comisión de coordinación pedagóxica, incidindo especialmente na proposta de aspectos psicopedagóxicos e metodolóxicos, para a elaboración de:

-

O Proxecto Educativo de Centro.

-

O Proxecto Curricular de Centro.

-

Elaborar aspectos do proxecto curricular que competen ó Departamento de Orientación : -

Criterios e procedementos para a elaboración das adaptacións curriculares.

-

Plan de acción titorial.

-

Atención á diversidade.

-

Plan de orientación académica e profesional.

-

Organización de recursos materiais e persoais para alumnos/as con necesidades educativas específicas.

-

Programas de apoio e reforzo en ESO.

-

Programacións didácticas: no apartado medidas de atención á diversidade.

4. METODOLOXÍA. Para o desenvolvemento deste plan é fundamental a coordinación de toda a comunidade educativa, polo que se convocarán tódalas reunións e entrevistas necesarias para lograr os mellores resultados en beneficio dos alumnos e alumnas. As distintas


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

medidas canalizaranse a través do PAT e das distintas áreas, coa colaboración do departamento de orientación.

5. AVALIACIÓN. Teranse en conta os seguintes aspectos: 

O nivel de integración efectivo e/ou inclusión do alumnado so centro

O grao de desenvolvemento dos programas establecidos de forma individualizada na diferentes materias para cada alumno e (se é o caso) doutros programas grupais (apoio dentro da aula).

O nivel de autoestima no proceso de ensinanza-aprendiza-xe de maneira individualizada.

A coordinación entre titor/a, profesores/as de aula e os de apoio.

A colaboración e seguimento das familias dos alumnos implicados.

6. CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA. Ao avaliar o programa de intervención dende o Departamento de Orientación, teremos en conta tres momentos diferenciados; o programa en si mesmo, no seu desenvolvemento e nos seus resultados. Para o primeiro punto terase en conta a calidade do programa, o seu nivel de contextualización e a súa viabilidade. Para avaliar o desenvolvemento faranse actividades de seguimento, recollida de datos e valoración interna do proceso, mediante a información aportada nas diferentes reunións dos equipos directivos e docentes implicados. Na memoria final reflectiranse as continxencias ocorridas, as causas que as motivaron e as decisións tomadas durante todo o proceso. Na avaliación dos resultados finais, determinaranse os cambios ou efectos producidos polo programa. Isto é, a activación producida nos alumnos e alumnas, a valoración sobre os compoñentes estruturais, a satisfacción dos diferentes axentes implicados e a propostas de mellora do programa. Empregaranse cuestionarios e escalas.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

ANEXO I: CADRO DE AVALIACIÓN ÁMBITOS ACTUACIÓN POE Nota: os elementos suliñados en negriña foron os indicados na memoria do curso anterior, 2013-14, como ámbitos de mellora ou en vía de consecución. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS POE Ámbitos de actuación: Obxectivos dirixidos ao centro. 

Proporcionar asesoramento na elaboración do Proxecto Educativo e o Proxecto

Curricular, especialmente sobre as medidas de atencion á diversidade, a acción titorial e o plan de orientación académico profesional. 

Asesorar á comunidade educativa nos procesos de identificación das necesidades

educativas do alumnado, na súa valoración, nas medidas educativas que cómpre adoptar e na súa valoración. (pto 5. Artg 33. Idenficación temperá, avaliación inicial e valoración. Decreto 229/2011, do 7 de decembro de 2011). 

Asesorar e colaborar na planificación e na organización de medidas de atención á

diversidade ordinarias e extraordinarias (Decreto 229/2011, do 7 de decembro de 2011). 

Asesorar ao conxunto da comunidade educativa da educación secundaria

obrigatoria sobre os programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas, sobre os programas de recuperación, sobre os programas específicos personalizados, sobre as aulas de atención educativa e convivencia e sobre os programas de habilidades sociais elaborados, medidas ordinarias de atención á diversidade. 

Elaborar o Plan Xeral de Atención á Diversidade dacordo coas directrices da

C.C.P. e a lexislación vixente (continuación no curso próximo a concreción do protocolo de avaliación inicial e psicopedagóxica e revisión dos cambios que se poidan producir no Plan Xeral de Atención á Diversidade). 

Asistencia ás sesións de avaliación coa intervención do departamento.

Representar o departamento na comisión de coordinacion pedagóxica.

Promover a cooperación entre o Centro e as familias para conseguir unha

maior eficacia e coherencia na educación dos alumnos e alumnas (seguir intensificando esta actuación). 

Colaborar nas tarefas de información e orientación ás familias e asociación de pais

e nais do Centro. 

Colaborar coas actuacións do PLAN PROA.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Colaborar co seguimento do Plan de Convivencia do centro e propor medidas que

redunden na mellora da mesma: dinamización da xunta de delegados, mediación escolar, negociación das normas de convivencia, titorización entre iguais (neste curso a dirección do centro liderou un grupo de traballo para actualizar o Plan de Convivencia e o ROF e no próximo curso levarese a cabo un Proxecto de Centro sobre Convivencia e xestión de aula”). 

Aportar unha competencia psicopedagóxica esepecializada á acción educativa do

Centro. 

Conseguir que o Centro asuma a responsabilidade da orientación profesional

e a preparación para a vida activa dos alumnos (aspecto de mellora). 

Realizar as reunións perceptivas trimestrais da xefatura do D.O. do IES coas

xefaturas dos centros adscritos. 

Promover a coordinación entre as xefaturas dos departamentos de orientación

e o profesorado responsable da formación e orientación laboral para favorecer o desenvolvemento e a integración do alumnado (aspecto de mellora). 

Conseguir que o Centro asuma a responsabilidade da orientación profesional

e a preparación para a vida activa dos alumnos (aspecto de mellora contínua). 

Realizar as reunións perceptivas trimestrais da xefatura do D.O. do IES coas

xefaturas dos centros adscritos. Obxectivos dirixidos ao alumnado. 

Realizar as avaliacións psicopedagóxicas do alumnado con necesidades educativas

específicas, previa demanda e

cando cumpran, coa finalidade de identificar as

necesidades educativas que poidan peresentar o alumnado e poder fundamentar as correspondentes propostas e decisións. 

Elaboración e actualización de informes individuais e programas de traballo

adaptados para aqueles alumnos e alumnas con necesidades educativas específicas que o precisen e seguimento do proceso educativo e das medidas de atención á diversidade adoptadas en colaboración co profesorado de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, os titores e titoras e profesorado do grupo. 

Deseño e desenvolvemento das actividades recollidas na programación do

departamento de orientación relativas á orientación persoal, escolar, vocacional e profesional do alumnado, así como o proceso de inserción e participación no grupo e na dinámica xeral do centro (aspecto de mellora).


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

Proporcionar asesoramento e apoio puntual e individual segundo as demandas e

necesidades que vaian xurdindo nos diferentes ámbitos de actuación do plan de orientación. 

Impulsar a súa participación no desenvolvemento de actividades complementarias

do P.A.T. Obxectivos dirixidos ao profesorado. 

Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e

innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos, resolución de conflitos, xestión de aula, educación emocional,

e en

calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación (aspecto de mellora). 

Contribuír á introdución de metodoloxías didácticas innovadoras: motivación

para a formación dun grupo de traballo sobre o apoio dentro da aula (o traballo cooperativo). (aspecto de mellora). 

Asesoramento ao profesorado que o demande en cantas tarefas educativas e de

seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe se plantexen, facilitándolles criterios de actuación, recursos e instrumentos necesarios. 

Asesoramento e facilitación de instrumentos e materiais necesarios ao profesorado

de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe e ao resto do profesorado implicado na elaboración e desenvolvemento de adaptacións curriculares e reforzos educativos. 

Revisar, modificar, propor e organizar, en consenso co equipo de profesores,

medidas de apoio dentro e/ou fóra da aula (PT, AL, IMEI) para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo e problemas de aprendizaxe. 

Transmitirlles información relevante acerca das avaliacións psicopedagóxicas

realizadas. 

Asesorar no proceso de elaboracións de adaptacións curriculares, intervención

psicopedagóxica, programas de desenvolvemento individual, etc. 

Coordinar o traballo de titorías e asesorar ao profesordo, cado así o requiran,

no desenvolvemento da función titorial. (Aspecto de mellora). 

Impulsar á participación do profesorado en grupos de traballo para a

formación na atención á diversidade e nos ámbitos relativos ás habilidades sociais, ás técnicas de dinámica de grupos, á resolución de conflitos na aula, a modelos de xestión de aula, á educación emocional e en calquer outros


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

relacionados co seu ámbito de actuación. (Aspecto de mellora). 

Facilitarlles a utilización na aula de técnicas específicas relativas a hábitos de

traballo, técnicas de estudo, programas de ensinar a pensar, etc. 

Demandarlles colaboración nas actitividades promovidas polo departamento

Orientarlles en relación con actividades e procesos de avaliación formativa e

orientadora, reforzo e apoio pedagóxico, promoción de alumnos, etc. 

Colaborar na detección de dificultades educativas, de desenvolvemento e/ou

aprendizaxe que presenten os alumno e alumnas e a intervención temperá para intentar palialos. Obxectivos dirixidos ás familias. 

Cooperar na relación titores-familia na solución de problemas que afecten aos seus

fillos. 

Orientar ás familias de xeito individual ou colectiva para que asuman

responsablemente a educación e orientación dos seus fillos. 

Realizar entrevistas individuais como medio de intercambio de información

relevante sobre o proceso educativo dos seus fillos e fillas. 

Solicitar a colaboración no apoio do proceso educativo e no proceso de toma

de decisións cara a elección de itinerarios formativos, opcións laborais, etc. (Aspecto de mellora). 

Solicitar a colaboracion no seguimento das tarefas escolares dos seus fillos e fillas,

e na modificación de condutas disrutivas, se é o caso. Obxectivos dirixidos a outras institucións. 

Colaborar cos profesionais dos Servizos Sociais do Concello de Verín no desenvolvemento de actividades e programas de carácter preventivo dirixidos a alumnos/as e a pais e nais e intercambio de información relevante sobre alumnado escolarizado no IES.

Contacto con outros servizos da zona: mancomunidade, USMI,

asociacións

Trama, Meniños, Cruz Vermella de Verín, Mancomunidade, etc.,

para o

desenvolvemento de actividades complementarias e colaborar en proxectos comúns de interese para á comunidade educativa. 

Contactar con distintos organismos de emprego, consellerías, servizos de información á xuventude, universidade, etc, co obxecto de buscar colaboracion externa complementaria para o desenvolvemento do plan de orientacion.


PROGRAMA DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA- CURSO 2014-15

ANEXO II: Cronograma de actuacións priritarias para o departamento de orientación no curso 2014-15.

Verín a 15 de setembro de 2014

Asdo: Xfª Dpto de Orientación (Mercedes López Negro)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.