CULTURA CIENTÍFICA (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) 4º ESO
QUE É? A cultura científica é unha materia optativa do último curso da Ensinanza Secundaria Obrigatoria que se oferta tanto na opción de ensinanzas académicas como na opción de ensinanzas aplicadas.
QUE PERSEGUE? Con esta materia intentarase, ademais de adquirir coñecementos científicos, contribuír á capacidade de avaliar e comunicar cuestións de carácter científica. Servirá para aprender a través da realización de tarefas en grupo que supoñan reunir e organizar información, expola de xeito oral e escrito, elaborar presentacións e defender as opinións propias na aula.
DE QUE CONSTA? Esta metodoloxía permitirá adquirir coñecementos sobre o universo, os avances tecnolóxicos, a saúde, a calidade de vida e a contribución do coñecemento dos materiais aos avances da humanidade.
PARA QUE ME SERVE? Cursar esta materia facilitará a adquisición de contidos a persoas que ao rematar a ESO decidan facer un bacharelato de ciencias, un ciclo de formación profesional relacionado co mundo científico, ou simplemente queiran ter os mínimos coñecementos científicos para poder analizar e entender as noticias que escoitamos a diario.