PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA
CURSO 14/15
MEMBROS DO DEPARTAMENTO: Dolores Gómez Nieto.
A) Programacións de : Obradoiro de iniciativas emprendedoras. Economía. Economía da empresa. B) Procedementos para avaliar a propia programación.
A) PROGRAMACIÓNS:
OBRADOIRO DE INICIATIVAS EMPRENDEDORAS( 3º ESO-4º ESO) 1.-INTRODUCIÓN As sociedades desenvolvidas de comezos do século XXI caracterízanse por unha interconexión e unha complexidade crecentes, quef an xurdir novas necesidades que o edio educativo se ve na obriga de satisfacer. A globalización económica e o desenvolvemento das TIC produciron cambios importantes que teñen fortes repercusións sociais. A terciarización da economía e o aumento dos niveis de consumo, xunto coa extensión de novas formas de pobreza, dan lugar a novas realidades sociais. O paso dunha sociedade industrial a unha sociedade do coñecemento pon en primeiro plano a necesidade de dispoñer dunha formación cada vez máis versátil e flexible. Os cambio habidos nos últimos tempos no mercado de traballo, os retos que supón o incremento dos movementos migratorios por todo o Planeta, esixen que o sistema educativo contribúa a dar novos mozos e mozas as ferramentas necesarias para enfrontar este novo munod globalizado. Estas novas demandan unha nova forma de enfocar as finalidades da educación obrigatoria. A formación adquirida ao longo do ensino obrigatorio debe proporcionar aos novos alumnos e alumnas os elementos necesarios para comprender e enfrontarse ao mundo actual, desenvolvendo competencias que os capaciten para resolver os problemas cos que se van a enfrontar. A Lei orgánica de educación recoñece como un dos seus principios inspiradores o compromiso decidido cos obxectivos educativos suscitados pola Unión Europea para os próximos anos. Entre eles, destaca a pretensión de que a educación contribúa ao desenvolvemento dunha economía baseada no coñecemento máis competitiva e dinámica, capaz de lograr un crecemento económico sustentado, acompañado dunha mellora cuantitativa e cualitativa do emprego e dunha maior cohesión social. Así mesmo, recoñécese como máis necesario que nunca que a educación prepare a nosa mocidade para un mundo cada vez máis
2
cambiante, onde as tecnoloxías e as ciencias evolucionana a gran velocidade e que a educación facilite o tránsito da etapa da formación ao mundo do traballo e viceversa, nun proceso de aprendizaxe permanente. Consciente do déficit emprendedor que padecemos, a Unión Europea vén promovendo o seu fomento instando os estados membros a crear as condicións para que poidan prosperar as iniciativas e as actividades emprendedoras. Así, a partir do Consello europeo de Lisboa de marzo de 2000 recoñeceuse a necesidade do fomento das iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo, así como a necesidade de crear políticas de educación e de formación que fomenten a cultura emprendedora e innovadora como factor de innovación, da competitividade, da creación de emprego e do crecemento económico. Ësta é unha das premisas sobre as que descansa o Libro verde sobre o espírito empresarial en Europa (2003) da comisión Europea, e sobre o que pivota o Plan de acción a favor do espíritu empresarial, marco estratéxico do impulso ao tecido empresarial na Unión Europea. O fomento do espírito emprendedor é recoñecido como unha competencia clave para enfrontar os cambio sociais e económicos que derivan da sociedade do coñecemento. Neste contexto, a LOE, inclúe entre os fins do sistema educativo o desenvolvemento da capacidade dos alumnos para desenvolver a creatividade, ainiciativa prsoal e o espírito emprendedor, a capacitación para o exercicio de actividades profesionais así como para a participación activa na vida económica. En concreto, na etapa da educación secundaria obrigatoria establécese como finalidade a preparación dos alumnos e alumnas para a súa inserción laboral, prestándolle unha especial atención á orientación educativa e profesional do alumnado. Neste marco, a Comunidade Autónoma galega é consciente de que, para acadar a converxencia coa Unión Europea, necesita ampliar o tecido empresarial. Este carácter estratéxico do tecido empresarial xustifica que as políticas dirixidas á súa creación e ampliación fosen uns dos eixes fundamentais que deseñou o goberno galego recentemente. Así, Galicia introduce o fomento do espírito emprendedor como uns dos obxectivos que ten que acadar polo noso sistema educativo. Establécese a materia de Obradoiro de iniciativas emprendedoras coa finalidade básica de potenciar o
3
desenvolvemento do espírito emprendedor dos alumnos e alumnas, así como relacionalos coa realidade do se contorno socioeconómico e produtivo. O espírito emprendedor non debe considerarse só como un conxunto de calidades e habilidades co obxectivo de crear unha nova empresa, senón como unha actitude xeral ante a vida, que pode ser de utilidade tanto nas actividadses profesionais, como na vida cotiá de calquera persoa. Baixo este enfoque, o concepto de espírito emprendedor debe incluír dous elementos diferentes: un concepto amplo de educación en actitudes e capacidades emprendedoras que incluirá o desenvolvemento de calidades persoais que potenciarán as habilidades dos alumnos ; e un concepto específico de formación dirixido á elaboración e execución dun proxecto emprendedor, sexa baixo a forma de empresa, de cooperativa, de asociación, Esta será a orientación que presida o deseño desta materia 2.- CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS En canto á competencia en comunicación lingüística a materia esixirá dos alumnos que utilicen as diversas formas de linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita. Os alumnos veranse obrigados a expresar pensamentos, a xerar ideas, formarse xuízos críticos, a dialogar, a organizar a información (tanto a propia como a xerada por outros). Así mesmo, a materia préstase a que os alumnos desenvolvan as capacidades lingüísticas orais, expoñendo as ideas, presentando proxectos e produtos, promocionándoos e relacionándose cos potenciais clientes e proveedores. En canto á competencia matemática a materia contribuirá a facilitar aos alumnos a utilización de ferramentas de cálculo (especialmente no relativo aos custos e aos beneficios). Tamén será frecuente o uso de información cuantitativa para poder valorar diferentes alternativas, xunto cos elementos e razoamentos matemáticos como ferramente de axuda para resolver problemas relacionados coas situacións da vida cotiá e na toma de decisións. A materia contribúe á competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico en tanto incorpora habilidades para desenvolverse axeitadamente na comprensión de sucesos e na predicción das consecuencias das nosas actividades. Por outra banda, as capacidades desenvolvidas con esta materia
4
facilitarán que os alumnos e alumnas poidan interpretar o mundo tendo unha correcta percepción do espazo físico no que se desenvolven a vida e a actividade económica humana. As consecuencias no medio físico da actividade levada a cabo polas empresas serán outro aspecto a destacar como resultado dos contidos traballados na materia, promovendo un uso responsable dos recursos naturais, o coidado do medio, o consumo racional e a protección da saúde individual e colectiva como un dos fins que hai que guiar a actividade empresarial. A materia contribúe dun xeito especial á consecución da competencia dixital e do tratamento da información . Os alumnos veranse obrigados a buscar, obter, procesar e comunicar información para transformala en coñecemento. A utilización das tecnoloxías da información e da comunicación serán un elemento imprescindible para o desenvolvemento da materia. Así mesmo, contribuirase ao desenvolvemento da capacidade dos alumnos para transformar a gran cantidade de información que as novas tecnoloxías poñen á nosa disposición en coñecemento útil, facilitando que os alumnos poidan resolver problemas tantos propios como alleos: detectar necesidades insatisfeitas, ofertar produtos novidosos ao mercado, utilizar as novas tecnoloxías para a promoción e as vendas dos produtos... A conexión da materia co desenvolvemento da competencia social e cidadá é enorme. A presenza das empresas como elemento fundamental da actividade económica é incuestionable. A través das capacidades desenvolvidas na nosa materia, os alumnos adquirirán conciencia da importancia do papel coordinador das empresas, e do asociacionismo en xeral, axudándoos a comprender a realidade socialeconómica do mundo no que viven. Tamén aprenderán a asumir responsabilidades, a comprender a dimensión multicultural da realidade social actual e como a actividade económica non pode ser allea a ela. Desenvolverán habilidades sociais relativas á xestión de conflictos e á necesidade de negociación presentes en calquera organización social ( e a empresa non deixa de selo). Asumirán que a actividade económica e empresarial ten unha dimensión ética e unha responsabilidade social cada vez máis ineludibles. Asimesmo, os alumnos comezarán o exercicio da súa cidadanía achegándoos ao contacto coa lexislación económica e laboral, ao coñecemento e exercicio dos dereitos e deberes doa cidadáns, partindo da dobre dimensión de patronos e traballadores.
5
En canto á contribución á competencia cultural e artística podemos destacar que o contacto coas diferentes realidade culturais no mundo actual obriga ás empresas a adaptar os produtos as diferentes sensibilidades e necesidades sociais e culturais. As empresas deben coñecer e respectar esas diferencias e ofrecer diferentes posibilidades e alternativas que satisfagan aos potenciais clientes. Por outor lado, as necesidades de deseñar (logos, imaxes de marca, envases, campañas de publicidade) contribuirán a desenvolver as capacidades artísticas, de iniciativa, imaxinativas, o fomento da creatividade en suma, dos alumnos. A materia contribúe á competencia para aprender a aprender fomentando a adquisición por parte dos alumnos da conciencia das propias capacidades, do que pode facer un por si mesmo e do que se pode chegar a facer coas axudas dos demais. Alumnos que en ocasións desconectan dos contidos educativos máis académicos e tradicionais, conseguen contactar co sistema a través de materias como esta que teñen un forte carácter práctico e que lles permiten desenvolver a competencia persoal, que os estimula e os motiva, fomentando a confianza en si mesmo e o gusto por aprender. Contribúe tamén a que tomen conciencia de que as capacidades das persoas son diferentes, de que cada un ten as súas, pero todas son válidas e poder chegar a producir xuntas bos resultados. Pon de manifesto a posibilidade de emprender proxectos persoais, dividíndoos en metas alcanzables a curto, medio e longo prazo e vendo a necesidade de aplicar o esforzo a aprendizaxe de forma progresiva e realista. No que toca á autonomía e iniciativa persoal a nosa materia axuda aos estudiantes a desenvolver a confianza en si mesmos e a motivación por actuar. Verán que todos temos ideas, como se pode seleccionar aquelas máis axeitadas e levalas á práctica. Contribúe a elevar a autoestima, a autocrítica e o coñecemento de si mesmo. A necesidade de tomar decisións, de elexir cun criterio propio, calculando os riscos e avaliándoos para despoio asumir as consecuencias das nosas decisións, serán capacidades que se desenvolvan nesta materia. O desenvolvemento de proxectos emprendedores contribúe a que os alumnos se habitúen a transformar as ideas en accións planificadas , propoñéndose obxectivos, planificando e deseñando, levando a cabo os proxectos e avaliándoos finalmente. Tamén implica desenvolver habilidades relacionadas co liderado de proxectos, que inclúen a confianza nun mesmo, a empatía, o espíritu de superación, a capacidade de imaxinar, emprender,
6
desenvolver e avaliar accións ou proxectos individuais ou colectivos con creatividade, responsabilidade e sentido crítico.
3.-OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO
Comprender o concepto de empresa e da persona emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador e motor económico. - Valorar a importancia do asociacionismo como fonte de dinamización social, e como un medio de sumar esforzos e compartir ideas. - Coñecer os trazos básicos das actitudes, calidades persoais e as capacidades que constitúen a base do espíritu emprendedor. - Identificar as propias capacidades e intereses para a toma de decisións sobre estratexias persoais de formación e inserción laboral. - Coñecer estratexias de xeración e maduración de ideas emprendedoras. - Definir os aspectos xerais e os elementos necesarios para levar a cabo un proxecto emprendedor, tendo sempre respecto polo medio . - Realizar actividades que contribúan a mellorar as capacidades de traballo en equipo, negociación, resolución de conflitos e planificación. - Desenvolver creatividade.
no
alumnado
a
iniciativa
persoal,
a
autoestima,
a
- Buscar, seleccionar e interpretar información, utilizala de forma crítica e responsable de acordo co fin perseguido e comunicala de forma organizada e intelixente aos demais. - Empregar as novas tecnoloxías da información e a comuncicación como ferramentas de traballo eficaces na vida cotiá. -
Utilizar as linguas estranxeiras como medio de comunicación necesario no mundo globalizado actual.
4.-CONTIDOS (UNIDADES DIDÁCTICAS) TEMPORALIZADAS POR AVALIACIÓN
7
1ª AVALIACIÓN BLOQUE 1 : EMPRENDEDORAS
O
EMPRENDEDOR
E
A
XERACIÓN
DE
IDEAS
I.- A importancia da motivación por emprender: importancia económica e social do emprendedor. II.- As habilidades do emprendedor. Calidades persoais. Habilidades sociais. Habilidades de dirección. III.- Fontes de ideas. Como atopar ideas. IV.- Xeración e maduración das ideas para un proxecto emprendedor. A valoración da idea xerada.
2ª AVALIACIÓN BLOQUE
II: PLANIFICAR PARA EMPRENDER
I.- A necesidade e a conveniencia de planificar. Importancia e utilidade dos plans. II.- Elaboración do plan emprendedor. III.- A concreción da idea. IV.- A presentación das persoas promotoras do proxecto. V.- Formas xurídicas de empresa. As empresas de economía social: as cooperativas. As asociacións.- A forma xurídica elexida. VI.- Características do produto ofrecido. VII.- A quen vai dirixido. VIII.- A difusión do proxecto. IX.- Como se vai desenvolver. X.- Os recuros humanos necesarios. XI.- O financiamento necesario. XII.- A previsión dos resultados. 3ª AVALIACIÓN
8
BLOQUE III: A POSTA EN MARCHA: A EXECUCIÓN DO PROXECTO I.- Os trámites de constitución e as obrigas ante as diferentes administracións: mercantís, fiscais, sociais... II.- As relacións co mundo laboral: selección de persoal, carta de presentación, currículo, entrevista de traballo. III.- As axudas aos proxectos emprendedores. IV.- A memoria do proxecto. V.- Conclusión do proxecto emprendedor: control do proxecto, avaliación e prpostas de mellora.
5.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Recoñecer a importancia do espíritu emprendedor e valorar a súa achega a comunidade como xeradora de riqueza. - Describir as características básicas do emprendedor, diferenciando as calidades persoais, as habilidades sociais e as habilidades directivas. - Descubrir e identificar as capacidades e potencialidades propias e as características do contorno socio-laboral, para establecer obxectivos persoais e profesionais de futuro. - Precisar diversos procedementos para a xeración de ideas emprendedoras, así como distintos métodos para seleccionalas e facelas madurar. - Identificar a importancia da planificación dos proxectos emprendedores, coñecer os elementos fundamentais que a integran e desenvolver proxectos e iniciativas persoais e profesionais. - Coñecer os trazos básicos das principais formas xurídicas de empresa e valorar especialmente os tipos de empresas de economía social. - Describir os principais trámites de constitución e cubrir algúns dos documentos relacionados, facendo especial fincapé nos dereitos e obrigas laborais e fiscais.
9
- Valorar a importancia dos procesos finais tras a execución dos proxectos. -
de avaliación e das reflexións
Utilizar as novas tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas de uso habitual e transmitir mensaxes escritas ou orais básicas nunha lingua estranxeira.
6.-MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA
-
Coñecer as habilidades do emprendedor.
- Poder xerar e madurar ideas para un proxecto emprendedor. Valorar a idea xerada. - Coñecer as formas xurídicas das empresas. -Saber as fontes de financiamento precisas. - Indicar os trámites de constitución e as obrigas ante as diferentes administracións: mercantís, fiscais, sociais... - Coñecer as formas de obrigas laborais. -
selección e contratación do persoal, dereitos e
Traballar activamente no seu grupo de traballo para desenrolar un proxecto emprendedor.
7.-METODOLOXÍA, MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS O ensino do espíritu emprendedor require unha metodoloxía dinámica que favorezca o desenrolo de capacidades, a adquisición de coñecementos e a acumulación de experiencias no alumnado que permitan facer proxectos.
Os principios metodolóxicos básicos aplicados ó ensino da asignatura parten da consideración do ensino coma un proceso no que tanto o profesor coma o alumno manifestan unha actitude activa e participativa, que permite o traballo autónomo e o desenrolo de aprendizaxes significaticas.
10
Por isto; os alumnos organizaranse en grupos de traballo (máximo de 4 persoas); todos e cada un dos compoñentes do grupo serán responsables da consecución e posta a punto do proxecto. A labor do profesor orientarase a xerar o traballo en equipo, favorecer a aprendizaxe por descubrimento e impulsar a motivación do alumno. Fomentarase a lectura entre o alumnado en cada unha das U.D.e intentarase usar periódicos, revistas e o uso das novas tecnoloxías da información.
Materiais e Recursos: Fotocopias do proxecto BIC Galicia , actividades elaboradas pola profesora, prensa, ordenadores( Aula do CEFORES). Non hai libro de texto. 8.- PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL Obradoiro é unha materia optativa ; elexida polo alumnado e é algo novedoso para eles xa que é o primeiro curso que dán esta materia. Aínda que non é moi representativo, repito, xa que os alumnos ven a materia por primeira vez , farase unha pequena proba inicial para ver a idea que eles teñen de conceptos que despois veremos ao longo do curso
9.-PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Aval. Ordinaria:Avaliarase ós alumnos en función do seu traballo diario, mediante as fichas que farán ao longo de cada trimestre e un pequeño exame teórico dos contidos vistos. No 2º-3º trimestre farán un( ou dous como máximo) pequeno traballo que asemella un proxecto de empresa.
11
Para aqueles alumnos que non acaden os criterios de avaliación, farase unha proba escrita de recuperación. Ademáis aqueles alumnos que teñan as fichas incompletas ou mal feitas deberán repetilas, tamén deberán repetir o proxecto de empresa se non participan axeitadamente no grupo de traballo. Aval. Extaordinaria: Avaliarase ós alumnos mediante unha proba escrita. Ademais cada alumno deberá traer feito e entregar un pequeno proxecto de empresa.
10.-CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROPOSTA DE MELLORA O exame teórico pondera un 20% na nota final de cada avaliación. O 80% restante será froito do seu traballo diario reflexado nas fichas e proxecto de empresa( 20% corresponde a actitude e o resto ao traballo feito). Proposta de mellora introducida no curso pasado : Os alumnos para poder aprobar cada avaliación deben ter aprobada cun 5 a proba teórica , para conseguir ese mínimo de 5 (ou un 1, estando a nota debidamente ponderada), poderase facer unha recuperación antes de cada avaliación, se fose preciso. A proba teórica puntuará sobre 10 puntos. Premiarase a boa presentación e a omisión de faltas de ortografía cun mínimo de 0,5 puntos en cada proba realizada; sempre que esté aprobado.
11.-MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
Sendo unha materia totalmente nova, sinxela e moi práctica, é facil de comprender por todo o alumnado. De todos os xeitos, para aqueles alumnos que precisen unha adicación especial, faranse: -
Exercicios con diferentes graos necesidades individuais do alumnado.
de
dificultade
adaptados
ás
-
Exercicios en grupo para fomentar a colaboración e cooperación dos alumnos con maior nivel de coñecementos cos que teñen un nivel mais baixo.
12
12.-PLANS DE TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES Para aqueles alumnos que teñan a materia pendente ( que non é o caso, non hai alumnos coa materia de obradoiro pendente) faríase un plan de traballo consistente na entrega ao alumnado do material preciso para que él poida facer un proxecto empresarial sinxelo.
13-ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES QUE SIRVAN PARA COHESIONAR AOS GRUPOS -
Visita á exposición industrial en Vigo ou Coruña).
da Fundación Pedro Barrié de la Maza (
-
Participación no xogo da bolsa europeo, se se pode; xa que o curso pasado xa non poidemos participar xa que ningunha caixa española participou no devandito xogo.
14.-TRATAMENTO DE FOMENTO DA LECTURA E DA TIC En tódalas clases vanse adicar unhos 5-10 minutos á lectura ; xa sexa lendo a ficha de traballo correspondente, libros de lectura recomendadas nas fichas, apuntes elaborados pola profesora de carácter teórico, información atopada en internet, etc. A gran maioría das clases desenrolanse na aula de informática, ahí usaremos internet como fonte de información, xa sexa busando directamente o alumno ou mediante direccións sinaladas pola profesora. Ademais no proxecto de empresa será preciso usar Word e Excel.
13
15.-EDUCACIÓN EN VALORES E CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Esta materia , como o resto das materias da ESO , Bacharelato e PCPI , contribuímos no día a día na mellora da convivencia no centro; esta é unha tarefa complexa que parte o primeiro día lendo as normas de convivencia que figuran nas aulas e continúa ao longo do curso dando exemplo esta profesora no seu comportamento diario e lembrando aos alumnos aquelas normas lidas ao comenzo do curso. Tamén tratamos de educar en valores continuamente facendo unha educación non sexista, educando para a saúde, educación moral e cívica, educación para o consumidor; etc.
14
ECONOMÍA 1º BACHARELATO(Cód. 038)
1.-INTRODUCIÓN Non hai dúbida de que a economía está de moda. Unha simple ollada aos periódicos amosaranos que as noticias económicas , antano marxinadas un par de páxinas ao final do diario, ocupan agora moito máis espacio e colócanse ao mesmo nivel que as noticias da sección nacional ou internacional, acaparando moitas veces as portadas. As variacións nas taxas de desemprego, a evolución dos tipos de interese ou as modificacións dos impostos e o gasto público atraen a atención dos políticos, dos medios de comunicación e do cidadán de a pé. Nas librerías, as seccións de Economía son cada vez máis amplas, e varios libros de divulgación económica colócanse entre os libros de ensaio máis vendidos nos últimos anos.
E non é unha moda pasaxeira. A sociedade foise dando conta do importante que é para a vida da xente o modo en que se producen os bens e servicios e o modo en que se reparten. Continuamente nos plantexamos preguntas sobre a realidade que teñen moito que ver coa ciencia económica: ¿por qué suben os prezos?, ¿por qué uns países son máis ricos ca outros?, ¿por qué se producen as crises económicas?, ¿por qué a miña roupa se fabrica agora noutros países?, ¿por qué sube o tipo de xuro da miña hipoteca?.
Reponder a estas custións non é fácil, e os propios economistas teñen ás veces intensas discusións sobre elas. En todo caso, a Economía sempre nos proporcions unha análise da realidade que contribúe a que comprendamos mellor por qué suceden as cousas.
Economía é unha materia con un gran poder explicativo da realidade. O principal beneficio que obterán os alumnos de Economía será obter unha visión máis profunda da realidade e do funcionamento da sociedade. Pero, ademáis, proporciona uns coñecementos sólidos que servirán de base para futuros estudos que o alumno vaia a cursar. Carreiras como Periodismo, Publicidade, Comunicación; Socioloxía, Psicoloxía; Dereito e, por suposto, Economía e Administración de
15
Empresas teñen (en maior ou menor medida) varias asignaturas relacionadas coa Economía. Os cilos formativos de grao medio e superior relacionados coa Administración e as finanzas, turismo, Comercio exterior, Xestión comercial.... esixen un bó nivel de coñecementos de Economía.
2.-OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO - Coñecer e utilizar os conceptos económicos básicos. Elaborar e formular xuízos e criterios persoais de problemas económicos de actualidade. Comunicalas súas opinións a outros, argumentar con precisión e rigor e aceptar a discrepancia e os puntos de vista distintos como vía de entendemento e enriquecemento persoal. - Coñecer o funcionamento do sistema económico, identificando as diferentes magnitudes que se utilizan para seguir a súa evolución. Identificar e comprender o papel dos axentes económicos com protagonistas da actividade económica. - Obter unha visión sintética do funcionamento económico a nivel mundial, manifestando interese por coñecer os grandes problemas económicos actuais como as deswigualdades económicas mundiais, a fame e o subdesenvolvemento, os problemas demográficos e de sobreexplotación dos recursos, e a relación entre a producción e o consumo coa degradación ambiental; analizándoos con sentido crítico e solidario. - Interpretar as mensaxes, datos e informacións que aparecen nos medios de comunicación, sobre problemas económicos actuais. Relacionar os feitos económicos significativos co contexto social, cultural e político no que ocorren. Trasladar esta reflexión á situación cotiá e analizar as medidas correctoras que se propoñen. - Identificar os mecanismos e valores da economía de mercado coñecendo o seu funcionamento, así cmo os sus límites e fallos, formulando un xuízo crítico do sistema. - Coñecer e comprender os trazos característicos da situación e perspectivas da economía galega e española, analizando a súa situación no contexto económico internacional. -
Analizar e valorar criticamente as repercusións do crecemento económico sobre o ambiente e a calidade de vida das persoas.
16
3.-CONTIDOS(U.D.) TEMPORALIZADOS POR AVALIACIÓN
1ª AVALIACIÓN I. A RAZÓN DE SER DA ECONOMÍA ¿Qué é a economía?. O custo de oportunidade. As necesidades, os bens e os servicios. Actividades económicas. Os axentes económicos. Os factores de producción.
II. A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA As posibilidades de producción. O crecemento económico. Os sistemas económicos. O sistema de economía de mercado. O sistema de economía de planificación centralizada. O sistema de economía mixta. III. OS DECISORES DA ECONOMÍA Os axentes económicos. Os consumidores ou familias. As empresas. O sector público. O fluxo circular da renda. A especialización e o intercambio. IV. PRODUCCIÓN E DISTRIBUCIÓN A empresa e a producción. Os custos da producción. ¿Cómo producir?. A distribución. Clases de empresas. Compoñentes da empresa. V. O FUNCIONAMENTO DO MERCADO O mercado e o diñeiro. A demanda. A oferta. O equilibrio do mercado. Os cambios nas condicións de mercado.A elasticidade da demanda. VI. TIPOS DE MERCADO. O mercado e a competencia. O mercado de competencia perfecta. O monopolio. O oligopolio. A competencia monopolística.
17
2ª AVALIACIÓN VII. O MERCADO DOS FACTORES DE PRODUCCIÓN As rendas. A política de emprego. VIII. OS FALLOS DO MERCADO. O ESTADO DE BENESTAR. Os fallos do mercado. ¿Qué é o estado de benestar?. IX. OS INDICADORES ECONÓMICOS A perspectiva macroeconómica. A producción: O Producto Interior Bruto. O nivel medio de prezos: A inflación. A realidade económica dun país. X. AS FORZAS INTERNAS DO MERCADO A economía no se conxunto. O consumo. O investimento empresarial. O aforro. XI. AS POLÍTICAS ECONÓMICAS: A POLÍTICA FISCAL As políticas económicas. A política fiscal. Os Presupostos Xerais do Estado.
XII. O DIÑEIRO E OS BANCOS ¿Qué é o diñeiro?. Os bancos e a creación do diñeiro bancario. A política monetaria. 3ª
AVALIACIÓN
XIII. O MERCADO FINANCEIRO ESPAÑOL. A BOLSA. O sistema financeiro. Os intermediarios financeiros bancarios. Os intermediarios non bancarios. A Bolsa de valores. Financiamento das empresas. XIV. COMERCIO INTERNACIONAL
18
O comercio internacional. O proteccionismo. O libre comercio. A balanza de pagamentos. O mercado de divisas. Os sistemas monetarios internacionais. XV. RELACIÓNS ECONÓMICAS INTERNACIONAIS A cooperación internacional. globalización. A integración económica.
O
subdesenvolvemento.
A
XVI. A UNIÓN EUROPEA Orixes e antecedentes da Unión europea. Organización da Unión europea. As políticas comúns. XVII. A ECONOMÍA GALEGA E O SEU MARCO DE REFERENCIA Un modelo histórico e conceptual de referencia. A economía galega: nivel de desenvolvemento. A estructura productiva galega. Poboación e emprego en Galicia. Crecemento e desenvolvemento galego. Evoluci- Describi-lo conflicto entre os recursos escasos e as necesidades ilimitadas. 4.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Identificar os problemas económicos básicos dunha sociedade, caracterizando a forma de resolvelos nos principais sistemas económicos, así como as súas vantaxes e inconvenientes. 2. Identificar as características principais da estructura produtiva tanto a nivel nacional coma rexional. Analizar as causas dunha deslocalización empresarial a partir de datos sobre a produtividade, a eficiencia, os custos e os beneficios, así como valorar os seus efectos sobre a economía e sobre o mercado de traballo. 3. Interpretar, a partir do funcionamento do mercado, as variacións nos prezos de bens e servizos en función de distintas variables. Analizar o funcionamento de mercados reais e observar as súas diferenzas cos modelos, así como as súas consecuencias para o consumo, as empresas ou os estados. 4. Identificar as principais variables macroeconómicas e analizar as súas interrelacións, valorando as limittacións que teñen como indicadores de medidia da actividade económica e do benestar dunha sociedade .
19
Interpretar e tratar con instrumentos informáticos cifras e indicadores económicos básicos. 5. Explicar e ilustrar con exemplos significativos as finalidades e funcións do Estado nos sistemas de economía de mercado, e identificar os principais instrumentos que utiliza, valorando as vantaxes e inconvenientes do seu papel na actividade económica. Describir e relacionar as funcións doutros axentes que interveñen na actividade económia. 6. Describir o proceso de creación do diñeiro, os cambios no seu valor e a forma en que estes se miden. Identificar as distintas teorías explicativas sobre as causas da inflación e os seus efectos sobre os consumidores, as empresas e o conxunto da economía. Explicar o funcionamento do sistema financeiro e coñecer as características dos seus principais produtos e mercados. 7. Analizar a balanza de pagamentos da economía española e os fluxos comerciais entre dúas economías e determinar como afecta aos seus compoñentes a variación nos seus fluxos comerciais, así como outras posibles modificacións en diversas variables macroeconómicas. 8. Valorar o impacto do crecemento, as crises económicas, a integración económica e o mercado global na calidade de vida das persoas, no medio natural e na distribución da riqueza a nivel local e mundial, diferenciando efectos positivos e negativos. Analizar os problemoas do crecemento económico e a pobreza dos países non desenvolvidos como resultado de relacións económicas desequilibradas e de desigualdades de xénero, xunto á necesidade de intercambios comerciais máis xustos e equitativos. 9. Analizar posibles medidas redistributivas, os seus límites e efectos colaterais e avaliar as medidas que favorecen a equidade nun suposto concreto. 10. Valorar os argumentos que fundamentan as posicións favorables ao libre comercio ou ao proteccionismo, relacionándoos cos procesos de integración económica e as súas consecuencias. Identificar e contrastar as distintas áreas comerciais que existen no mundo e valorar o impacto das novas tecnoloxías fronte ás formas tradicionais de comercio. 11. Buscar, ler, interpretar e elaborar información estatística e gráfica sobre cuestións económicas de actualidade, diferenciando aspectos positivos de aspectos normativos.
20
12. Identificar e valorar as repercusións sociais das actividades económicas, tomando conciencia da dificultade para compatibilizar un desexable crecemento económico co desenvolvemento da calidade de vida e a igualdade. 13. Valorar o potencial da economía galega: recursos e patrimonio natural, patrimonio histórico e cultural, o sector agrícola e gandeiro, o sector industrial.
5.-CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES
- Recoñecer e clasificar os distintos bens económicos. - Distinguir os diferentes axentes económicos e as función básicas. - Recoñecer os diferentes factores productivos. - Definir o sistema económico. - Distinguir entre o sistema de planificación central e o sistema de economía de mercado. - Definir a economía mixta. - Identificar a función de producción. - Identificar o papel que xoga a tecnoloxía na producción. - Definir a productividade. - Definir os custos de producción. - Os sectores económicos e a sua interdependencia. - Poboación: Activa, inactiva, ocupados, parados. - Comprender o funcionamento do mercado e os seus compoñentes básicos: oferta e demanda. - Coñecer as principais características dos mercados de competencia perfecta. - Indicar e coñecer as principais características do oligopolio, monopolio e competencia monopolística. - Coñecer as características dos mercados de factores productivos e as peculiaridades que presenta a remuneración dos mesmos. - Identificar os principais instrumentos da política distributiva.
21
- Identificar os fallos do sistema de economía de mercado. - A provisión de bens públicos. - As externalidades e efectos externos. - Diferenciar Macroeconomía e Microeconomía. - Identificar as principais variables macroeconómicas. - Coñecer e valorar a repercusión da distribución da renda nos diferentes grupos sociais. - Distinguir agregada.
e
diferenciar
os
principais
compoñentes
da
demanda
- Describir as funcións do sector público. - Definir a política fiscal e coñece-los principais instrumentos e cómo repercuten na economía. - Explicar a forma de elaboración dos presupostos do Estado. - Definir o concepto de déficit público e coñecer a repercusión na economía. - Definir o diñeiro, as funcións, e determinar a súa influencia na economía. - Explicar o proceso de creación do diñeiro bancario. - Especificar os principais axentes do sistema financeiro español. - Determinar as principais funcións do Banco de España. - Identificar instrumentos.
as
política
monetaria
e
coñecer
os
seus
principais
- Definir a inflación e explicar as diferentes causas que a producen, así como valorar os seus efectos sobre a economía. - Explicar as causas polas que se produce o comercio internacional. - Distinguir os distintos rexímenes de comercio. - Explicar a creación da Unión Europea e identificar as institucións. - Analizar o concepto de Balanza de Pagamentos. -Definir o mercado de divisas internacional. - Identificar os diferentes sistemas de tipos de cambio nos mercados de divisas. - Coñecer o Sistema Monetario Europeo. -Recoñecer os condicionantes do crecemento económico. - Valorar os beneficios e custos do crecemento económico. - Identificar as características básicas do subdesenvolvemento.
22
- Distinguir entre os conceptos económicos de riqueza e pobreza. - Precisar os principais elementos do estado de benestar.
6.-METODOLOXÍA, MATERIAIS CURRICULARES E RECURSOS DIDÁCTICOS
Emplearase unha metodoloxía expositiva combinada coa técnica interrogativa, de xeito que os alumnos/as fagan constantemente un contraste entre o que están aprendendo, as ideas previas e a realidade que os rodea. Cada unidade didáctica acompañarase dunha serie de cuestións e casos prácticos, para que o alumno/a comprenda con maior claridade o significado das explicacións teóricas dadas. Intentarase mostrar ós alumnos/as no desenrolo de cada unidade didáctica, as conexións coas demais, para que así, teñan unha visión global da asignatura. En todo momento favorecerase a participación activa e constructiva dos alumnos no desenrolo das sesións impulsando así a súa autonomía persoal. Materiais e Recursos: Utilizarase como libro de texto: ECONOMÍA Anxo Penalonga Sweers. Ed Mc Graw- Hill.
de
Facilitaranse fotocopias nalguns temas. Tamén se contará con artigos seleccionados de revistas de información económica, periódicos, etc. Usarase con asiduidade
ordenadores.
7.-PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. SISTEMA DE CUALIFICACIÓN E PROPOSTAS DE MELLORA INSTRUMENTOS DE CONTROL: Probas escritas ou orais de respostas curtas. Probas escritas ou orais de resolución de problemas. Probas escritas ou orais de: reproducción de contidos conceptuais importantes, de aplicar
23
contidos, de relacionar contidos próximos. Elaboración e interpretación de gráficos. Probas de composición e ensaio: comentarios de texto, elaboración de síntesis. Probas tipo test. EXAMES: As probas serán escritas; podendo ter preguntas curtas, preguntas a desenrolar, preguntas tipo test e resolución de problemas. En cada unha das avaliacións faranse duas probas escritas, que puntuarán sobre 10 puntos cada unha: 1ª AVALIACIÓN: - 1ª proba: Unidades 1, 2,3 - 2ª proba: Unidades 4, 5, 6. 2ª AVALIACIÓN: .- 1ª proba: Unidades 7, 8 , 9 - 2ª proba: Unidades 10, 11,12. 3ª AVALIACIÓN: - 1ª proba: Unidades 13, 14, 15 - 2ª proba: Unidades 16, 17. NOTA DE AVALIACIÓN: ( Modificación proposta na memoria do curso pasado) Será a media das duas probas que ponderarán un 90%(en cada unha das probas o alumno precisa unha nota mínima de 5 para poder aprobar o exame da avaliación correspondente)na nota de avaliación. Valorarase positivamente a actitude , puntualidade, participación, respeto polas opinións dos compañeiros e os instrumentos de control sinalados ata un máximo de 1 punto( sumaría o 10% restante). Valorarase negativamente falar continuamente na clase, desobedecer ou contestar mal ao profesor, non traer o material necesario,etc( neste caso renuncia ao 10% restante). NOTA FINAL: Será a media das tres avaliacións. Para aqueles alumnos que non acaden os criterios de avaliación, programase unha proba escrita de recuperación en cada avaliación( que puntuará sobre 10 puntos). Os alumnos que a final de curso teñan 2 avaliacións suspensas van con toda a materia ó exame final( que puntuará sobre 10 puntos)..
24
Cando un alumno non se presente a unha proba escrita, convocada previamente, será cualificado cunha nota de cero puntos. O profesor valorará de forma excepcional a documentación que presente o alumno para xustificar a ausencia, decidindo se se fai un novo exame a este. 8.-MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Débese ter en conta a diversidade do alumnado e as necesidades educativas coa realización dos seguintes apartados:
Exercicios con diferentes graos necesidades individuais do alumnado.
Exercicios en grupo para fomentar a colaboración e cooperación dos alumnos con maior nivel de coñecementos con os que teñen un nivel máis baixo.
Facer exercicios de reforzo para aqueles alumnos que non acadaron un resultado positivo ou non acadaron os obxectivos mínimos.
Exercicios de coñecementos.
ampliación
para
o
de
dificultade
alumnado
con
adaptados
maior
nivel
ás
de
9.-ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS PENDENTES
Prestarase unha atención individualizada aos alumnos correspondentes atendendo as súas dúbidas e pasarase exercicios, cuestions a maiores se fose necesario.
10.-ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS
Xogo da Bolsa europeo ( no caso de que Caixa Galicia ofreza a posibilidade de poder facelo). Concurso do Banco de España. Levaranse ós alumnos/as á aula de ordenadores para o xogo da bolsa, e con certa frecuencia para consultar información e completar o aprendido nas U.D.: IGE, INE, INEM, portais educativos como ecomur, ecobachillerato, etc.
25
11.-TRATAMENTO DE FOMENTO DA LECTURA E DAS TIC Fomentarse a lectura entre o alumnado mediante interpretación e debate de noticias económicas nos periódicos.
a
lectura,
Tamén a búsqueda de información en internet sobre temas puntuais supón o exercicio da lectura. O uso dos ordenadores para buscar información ou a participación no xogo de Caixa Galicia , como o concurso do Banco de españa supoñen o uso continuo das TIC. Tamén visitamos as páxinas do ige, inem, ine e portais educativos como ecomur, ecobachillerato, economiweb., etc.
12.- EDUCACIÓN EN VALORES E CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Esta materia , como o resto das materias da ESO e Bacharelato, contribuímos no día a día na mellora da convivencia no centro; esta é unha tarefa complexa que parte o primeiro día lendo as normas de convivencia que figuran nas aulas e continúa ao longo do curso dando exemplo esta profesora no seu comportamento diario e lembrando aos alumnos aquelas normas lidas ao comenzo do curso. Tamén tratamos de educar en valores continuamente facendo unha educación non sexista, educando para a saúde, educación moral e cívica, educación para o consumidor; etc.
26
ECONOMÍA DA EMPRESA ( 2º BACHARELATO) 1.-INTRODUCIÓN
Esta materia é unha aproximación á realidade empresarial entendida dende un enfoque amplo, tanto por atender á comprensión dos mecanismos internos que a moven como por as súas interrelacións coa sociedade. O mundo da empresa está presente a diario nos medios de comunicación, forma parte da vida de millóns de traballadores e repercute en tódolos fogares. Por outra banda, a empresa é unha entidade en constante transformación, adaptándose aos sucesivos cambios sociais, tecnoloóxicos, políticos, etc., innovacións que a sua vez xeran progresos sociais, pero tamén inconvenientes e incertidumes que deben ser valorados en cada caso.
A sociedade esixe cada vez con máis forza das empresas que teñan actuacións respetuosas co medio natural, cos dereitos dos traballadores, coa seguridade e hixiene no traballo, coa libre competencia, que eviten a deficiente e enganosa información nos productos, etc. Ademáis, preténdese inculcar a alumnos e alumnas unha actitude crítica sobre aspectos da realidade social e empresarial, tales como o consumismo exacerbado, a desigualdade na distribución das rendas , a degradación ambiental e o agotamento dos recursos debido ao crecemento económico e o fenómeno da globalización.
Entender a lóxica das decisións empresariais con unha visión próxima e fundamentada, valorando as súas consecuencias dende un punto de vista social, ético e medioambiental, fomentando o uso das chamadas tecnoloxías da información e comunicación , constituye o cometido xeral desta materia.
Economía da empresa é un compendio de contidos relacionados coa xestión empresarial que incluye múltiples aspectos procedentes de diversas áreas de coñecemento que parten da economía, pero que necesitan igualmente nocións de dereito, matemáticas, TICs. ......
27
Por outra banda, o alumnado, nun futuro máis ou menos próximo, pasará a formar parte dunha empresa, promovéndoa, ou do traballo asalariado, polo que coñecer o funcionamento do mundo empresarial en todos os seus ámbitos vaille a facilitar a incorporación á vida laboral e serviralle para ser capaz de recoñecer todas as facetas do sistema no que se vai a insertar.
2.-OBXECTIVOS XERAIS - Analizar as características máis relevantes e o funcionamento económico global dos distintos tipos de empresa, identificando as súas funcións, obxectivos, organización, a investigación, o papel das innovacións tecnolóxicas e as principais normas xurídicas que as afectan. - Apreciar o papel das empresas na satisfacción das necesidades das persoas consumidoras e no aumento da calidade de vida e benestar da sociedade, así como elaborar xuízos ou criterios persoais sobre as súas disfuncións. - Valorar criticamente as posibles consecuencias sociais e ambientais da actividade empresarial, así coma a súa responsabilidade no esgotamento dos recursos naturais, sinalando a súa repercusión na calidade de vida das persoas. - Identificar as consecuencias que, para as empresas e a sociedade, ten a globalización da economía e as posibles liñas de conduta que se deben adoptar fronte ao fenómeno, adquirindo conciencia das desigualdades e efectos que este xera. - Identificar os dereitos e obrigas das traballadoras, valorando a necesidade que estes colectivos e a sociedade teñen de acadar un elevado grao de conciliación da vida laboral e familiar. A súa relación cos obxectivos empresariais. - Valorar a importancia da seguranza e hixiene no traballo e da prevención dos riscos laborais. - Analizar o funcionamento de organización e grupos en relación coa aparición e resolución de conflitos. - Analizar as distintas políticas de márketing que adoptan as empresas segundo os mercados a que se dirixen, valorando os límites éticos que as devanditas políticas deben considerar.
28
- Establecer, de modo xeral, os datos máis releventes da información contida nas contas anuais dunha empresa e interpretar a información transmitida. - Identificar as principais fontes de financiamento analizando as diferentes opcións posibles.
das
empresas,
- Utilizar as tecnoloxías da información e da comunicación e mais outros medios, obter, seleccionar e comprender de maneira clara e coherente informacións sobre feitos relevantes do ámbito empresarial internacional, nacional e local e facer unha valoración crítica delas. - Amosar iniciativa, creatividade, autonomía persoal e participación activa no deseño, planificación e elaboración dun pequeno proxecto empresarial utilizando para a súa elaboración medios informáticos. - Analizar a actividade económica das empresas, en especial as galegas, a partir das súas áreas de organización, relacións internas e a súa dependencia externa. Valorar a importancia que para a economía galega teñen as pequenas e medianas empresas, así como as cooperativas, como xeradoras de emprego, innovación e como motores do desenvolvemento económico e social.
3.-CONTIDOS ( U.D.) TEMPORALIZADAS POR AVALIACIÓN 1ª AVALIACIÓN: I. A EMPRESA E O CONTORNO A empresa como unidade económica. Influencia do contorno na empresa.Teorias de Porter. Clases de empresas. Visións do papel do empresario no pensamento económico: A. Smith, Knigth, Schumpeter, Galbraith. A localización empresarial. A dimensión das empresas. As pequenas e medianas empresas e o seu papel social. A dimensión da empresa en Galicia. Crecemento da empresa. A transnacionalidad: empresas multinacionais.A empresa e as TICs
II. LEXISLACIÓN MERCANTIL E FORMAS XURIDICAS DAS EMPRESAS Lexislación mercantil. Tipos de empresas segundo ás formas xurídicas. Empresa individual. Empresa sociedade. Sociedades mercantís. Sociedades de interese social.
29
(Exercicios de valoración de existencias e productividade)
III. OS ESTADOS FINANCEIROS DA EMPRESA Concepto de patrimonio; elementos e masas patrimoniais. Valoración do patrimonio. As contas anuais: Balance (concepto, estructura e formatos), Perdas e ganancias (concepto, diferentes tipos de resultados, formatos), Memoria (concepto e contidos). Verificación e outros estados financeiros. Presentación das contas anuais (auditoría de contas, rexistro Mercantil). Balance social : Concepto e indicadores. IV. A ANÁLISE DOS ESTADOS FINANCEIROS DA EMPRESA I Equilibrio contable: Estructura económica e estructura financeira. Análise patrimonial: estructura e equilibrio patrimonial. Fondo de manobra.
2ª AVALIACIÓN
V. LEXISLACIÓN FISCAL Tributos : concepto e clases. Os impostos : elementos e definicións. Forma xurídica e fiscalidade aplicable. IAE; IRPF; IVA; IBI; IVTM; ITP-AJD.
VI: ÁREA DE APROVISIONAMENTO A función de aprovisionamenteo: Xestión de stocks: custos, evolución temporal e tamaño óptimo de pedido (método de wilson). Valoración de existencias.
30
VII. ÁREA DE PRODUCIÓN O concepto de produción. Técnicas de produción. Concepto e índices de productividade. Custos: Concepto, clases, formas de agregación do custo. Umbral de rendibilidade ou punto morto. Planificación e control de produción: Método PERT. VIII. ORGANIZACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS A organización : concepto, necesidades e principios. Organización formal e informal. Estructuras básicas de organización: lineal, funcional, en liña, staff, por comité. Visión xenérica do pensamento administrativo. Motivación: concepto e proceso. A xerarquía das necesidades de Maslow. A teoría da motivación de Herzberg. A participación na empresa: formal, informal e financeira. IX.
ÁREA DE FINANCIAMENTO E INVESTIMENTO
Fontes de financiamento da empresa. Custo dunha fonte de financiamento. O investimento; características. Métodos de selección e valoración de investimentos. Periodo medio de maduración.
3ª AVALIACIÓN
X.
A ANÁLISE DOS ESTADOS FINANCEIROS DA EMPRESA II
. Representación gráfica do balance por grupos patrimoniais (porcentaxes). Os ratios: Ratios de liquidez e de endebedamento. Análise da formación de resultados: Beneficios antes de intereses e impostos, beneficios antes de impostos, beneficios despois de impostos. Rentabilidad económica e rentabilidad financeira. XI. A EMPRESA E O MERCADO
31
A empresa e o entorno de mercado como marco externo. Análise da competencia. Concepto e clases de mercado. A segmentación do mercado. A mercadotecnia-mix: producto, prezo, promoción e distribución.Aplicación ao marketing das TICs.
XII. OS RECURSOS HUMANOS NA EMPRESA Contrato de traballo: Concepto e elementos para que sexa válido. Principais modalidades do contrato de traballo. Causas de extinción do contrato de traballo. Concepto de convenio colectivo. Obrigacións de afiliación e cotización á Seguridade Social.As TICs aplicadas á xestión de recursos humanos.
XIII. O PROXECTO EMPRESARIAL A creación dunha empresa: o proxecto de iniciativa empresarial. Constitución formal da empresa.
4.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Coñecer e interpretar os diversos elementos da empresa, as súas áreas de actividade, os seus tipos, funcións e interrelacións valorando a achega de cada un deles segundo o tipo de empresa. 2. Identificar as principais normas mercantís, laborais e fiscais que regulan as actividades empresariais. Describir as principais formas xurídicas da empresa, explicando e entendendo os trazos principais de cada unha delas. 3. Identificar os trazos principais do sectos e do contorno en que a empresa desenvolve a súa actividade e explicar, apartir deles, as distintas estratexias, decisións adoptadas e as posibles implicacións sociais e ambientais das súas decisións.
32
4. Analizar a situación das empresas multinacionais e das PEMES, no marco do fenómeno da globalización, identificando os aspectos positivos e negativos que o citado fenómeno presenta. Valorar a importancia das cooperativas como impulsoras dod desenvolvemento económico e social de Galicia. 5. Describir a organización dunha empresa e as súas posibles modificacións e melloras en función do ámbito en que desenvolve a súa actividade. Valorar a importancia para as empresas de contar cun sistema organizativo eficiente, como os sistemas de xestión da calidade. 6. Describir as técnicas básicas para a xestión dos recursos humanos, identificando os dereitos e deberes máis importantes que as traballadoras e os traballadores teñen derivados da súa relación laboral, con especial atención aos referidos á conciliación da vida laboral e familiar. Valorar a importancia que teñen a seguranza e a hixiene no traballo, ademais de prevención dos riscos laborais. 7. Coñecer o funcionamento da área de produción dunha empresa e recoñecer a importancia da aplicación das novas tecnoloxías na mellora da produtividade. Valorar a importancia da investigación, o desenvolvemento e a innovación como garantes da supervivencia e de crecemento das empresas. 8. Coñecer os principais sistemas de valoración e xestión dos inventarios. Valorar a súa importancia na contribución aos resultados da empresa. 9. Determinar, para un caso sinxelo, a estrutura de ingresos e de custos dunha empresa, calcular o seu beneficio e limiar de rendibilidade. 10. Analizar as características dos mercados utilizando técnicas de investigación e segmentación destes. Explicar, de acordo con elas, as diferentes políticas comerciais que se poden aplicar. 11. Recoñecer os datos máis relevantes do balance e da conta de perdas e ganancias, explicar o seu significado, diagnosticar a súa situación a partir da información obtida e propoñer medidas para a súa mellora. 12. Buscar, analizar e interpretar información procedente do ámbito empresarial local, galego, español ou internacional, utilizando os recurosos materiais adecuados e as tecnoloxías da información e da comunicación. 13. Describir as posibles fontes de financiamento a que ten acceso unha empresa e, a través dun suposto sinxelo, razoar a elección máis axeitada.
33
14. Valorar distintos proxectos de investimento sinxelos que pode acometer unha empresa e seleccionar, xustificando a decisión, cal resulta a alternativa máis vantaxosa. Valorar tamén a importancia e a necesidades de realizar unha planificación e un posterior control de calquera proxecto que se leve adiante unha empresa. 15. Deseñar e planificar e valorar un proxecto empresarial simple, con actitude emprendedora e creatividade, avaliando a súa viabilidade. 5.-CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES
Os marcados pola CIUG . 6.-METODOLOXÍA, MATERIAIS CURRICULARES E RECURSOS DIDÁCTICOS
Emplearase unha metodoloxía expositiva combinada coa técnica interrogativa, de xeito que os alumnos fagan constantemente un contraste entre o que están aprendendo, as ideas anteriores e a realidade que os rodea. Cada tema acompañarase dunha serie de cuestións e casos prácticos, para que o alumno/a comprenda con maior claridade o significado das explicacións teóricas. Intentarase mostrar ós alumnos/as no desenrolo de cada unidade didáctica, as conexións coas demais; para que así, teñan unha visión xeral da asignatura. En todo momento favorecerase a participación activa e constructiva dos alumnos no desenrolo das sesións dando así impulso á autonomía persoal do alumnado. Materiais e Recursos: Utilizarase como libro de texto: ECONOMÍA DE LA EMPRESA. José Alfaro Giménez. Ed. Mc GraW-Hill. Facilitaranse fotocopias doutros manuais cando sexa necesario.
34
Pódese usar algo os ordenadores.
7.-PROCEDEMENTOS , INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN. SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN E PROPOSTAS DE MELLORA
As probas serán escritas; podendo ter preguntas cortas , preguntas de desenrolar e resolución de problemas. En cada unha das avaliacións faranse duas probas escritas ( que puntuarán sobre 10 puntos); a ponderación será dun 50% cada unha das probas, precisando un mínimo de 5 puntos en cada unha delas para facer media e superar cada avaliación . (Modificación proposta na memoria).A media das duas probas ponderarán un 90% na nota de avaliación. 1ª avaliación: - 1ª proba:Unidades 1 e 2 existencias e productividade.
+ exercicios de valoración
- 2ª proba: Unidades 3,4 . 2ª avaliación:
- 1ª proba: Unidades: 5,6 e 7 - 2ª proba: Unidades 8 e 9.
Ademais dos exercicios prácticos propios desta avaliación; poderanse añadir nesta avaliación exercicios prácticos vistos na 1ª ( confección de balances, análisis de balances, Conta de Perdas e ganancias, valoración de existencias e productividade). 3ª avaliación:
- 1ª proba: Unidades 10,11. - 2ª proba: Unidades 12 e 13
Nesta última avaliación ademais das unidades apuntadas, entrará todo tipo de exercicios prácticos vistos na 1ª 2ª e 3ª avaliación. (Modificación proposta na memoria) Valorarase positivamente a participación na clase, puntualidade, facer diariamente as tarefas, sair voluntarios ao
35
encerado, ata un máximo de 1 punto por avaliación.(sumaría o 10% restante). Valorarase negativamente falar continuamente na clase, desobedecer ou contestar mal ao profesor, non traer o material necesario, etc ( neste caso restaríase o 10% restante). NOTA FINAL: A media das notas das tres avaliacións ponderará un 70% e o 30% restante será a ponderación que se aplique ao exame final de toda a materia. Para aqueles alumnos que non acaden os criterios de avaliación, programase unha proba escrita de recuperación en cada avaliación( que puntuará sobre 10 puntos). Cando un alumno non se presente a unha proba escrita, convocada previamente, será cualificado cunha nota de cero puntos. O profesor, valorará de forma excepcional a documentación que presente o alumno para xustificar a ausencia, decidindo se se fai un novo exame a este .
8.-MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Débese ter en conta a diversidade do alumnado e as necesidades educativas coa realización dos seguintes apartados:
Exercicios con diferentes graos necesidades individuais do alumnado.
Exercicios en grupo para fomentar a colaboración e cooperación dos alumnos con maior nivel de coñecementos con os que teñen un nivel máis baixo.
Facer exercicios de reforzo para aqueles alumnos que non acadaron un resultado positivo ou non acadaron os obxectivos mínimos.
Exercicios de coñecementos.
ampliación
para
o
de
dificultade
alumnado
con
adaptados
maior
nivel
ás
de
36
9.-ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES Non hai nada programado moi extensa.
xa que non dá tempo xa que a programación é
10.-TRATAMENTO DE FOMENTO DA LECTURA E DAS TIC Fomentarse a lectura entre o alumnado mediante artículos de revistas e periódicos.
a lectura e debate de
Pódese usar internet para cousas moi puntuais que axuden a ou ver mais exemplos relacionados según U.D.
comprender
11.-EDUCACIÓN EN VALORES E CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Esta materia , como o resto das materias da ESO e Bacharelato, contribuímos no día a día na mellora da convivencia no centro; esta é unha tarefa complexa que parte o primeiro día lendo as normas de convivencia que figuran nas aulas e continúa ao longo do curso dando exemplo esta profesora no seu comportamento diario e lembrando aos alumnos aquelas normas lidas ao comenzo do curso. Tamén tratamos de educar en valores continuamente facendo unha educación non sexista, educando para a saúde, educación moral e cívica, educación para o consumidor; etc.
37
B) PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN Coa programación xa feita , é moi difícil acertar totalmente ca marcha xeral de cada curso. Por iso, mensualmente en reunión de departamento fago unha revisión de cómo vai a marcha das correspondentes materias reflexionando sobre os motivos dos cambios que poida haber. Tamén na memoria de final do curso refléxase as modificacións que poideran existir nas programacións e o motivo destas.
38