DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA
PROGRAMACIÓN DIDÁTICA
I.E.S. XESÚS TABOADA CHIVITE - VERÍN CURSO 2014/2015
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
ÍNDICE
PAX.
1. Datos técnicos do centro ……………………………………….…..…
3
2. O alumnado de Educación Física ........................................ .…..…
4
3. Competencias básicas ......................................................... …......
6
4. Obxectivos, contidos e criterios de avaliación para E.S.O. .. …...…
10
4.1. Obxectivos de etapa ................................................... ..........
10
4.2. Obxectivos de curso ................................................... ………
11
4.3. Bloques de contidos .................................................... ………
14
4.4. Criterios de avaliación ................................................. ………
24
5. Grao de consecución das competencias básicas ................ ………
28
6. Obxectivos e contidos para Bacharelato .............................. ………
31
4.1. Obxectivos xerais ......................................................... ………
31
4.2. Obxectivos específicos ............................................... ………
32
4.3. Selección de contidos ................................................... ………
34
7. Temporalización de contidos prácticos ............................... ………
37
8. Temporalización de contidos teóricos ................................. ………
38
9. Contidos mínimos ................................................................ ……...
39
10. Sistema de cualificación ...................................................... ……...
44
11. Procedementos e instrumentos de avaliación .................... ………
44
Procedementos para a realización da avaliación inicial (na ESO)………………………………………....…...
44
12. Programa de reforzo para recuperación de pendentes e repetidores.. 45 13. Metodoloxía didáctica ........................................................ ………..
46
14. Tratamento dos temas transversais ................................... ……..…
46
15. Medidas de atención a diversidade .................................... ………..
47
16. Actividades extraescolares e complementarias previstas …………..
47
17. Tratamento do fomento da lectura e das TIC ..................... ……..…
48
18. Accións de contribución ao plan de convivencia……………….…. ..
48
19. Materiais e recursos didácticos incluídos os libros de texto ………… 48 20. Propostas de mellora …...………………………………………..……. 49 21. Medidas para reducir o fracaso escolar ………………………….…… 50 22. Avaliación da programación .........................................................
Curso 2014/15
51
Páx. 2
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
MEMBROS DO DEPARTAMENTO Eduardo Cabido Sabariz ………………… Xefe do Departamento: licenciado de E. F. Daniel Ortega Iglesias …………………… Profesor numerario: licenciado de E. F.
1. DATOS TÉCNICOS DO CENTRO NOME.I.E.S. Xesús Taboada Chivite.
ENDEREZO.Avenida de Portugal Nº 116 32600 Verín –OURENSE-
TELÉFONOS.988 410041
NIVEIS.E.S.O. e BACHARELATO
NÚMERO DE GRUPOS POR NIVEL.1º E.S.O.: 4 grupos 2º E.S.O.: 4 grupos 3º E.S.O.: 3 grupos + 1 grupo de P.D.C. 4º E.S.O.: 3 grupos + 1 grupo de P.D.C. 1º bacharelato: 3 grupos
NÚMERO DE SESIÓNS SEMANAIS DE EDUCACIÓN FÍSICA.Dous.
NÚMERO DE SESIÓNS ANUAIS POR GRUPO.60 – 65 aproximadamente.
Curso 2014/15
Páx. 3
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
TEMPO REAL E EFECTIVO DE CADA SESIÓN.Tempo real: 50 minutos Tempo efectivo: 35 minutos
INSTALACIÓNS.Polideportivo cuberto de 44x26 metros con cortina divisoria. Pista polideportiva exterior
DESCRIPCIÓN XERAL DO ENTORNO O I.E.S. “ Xesús Taboada Chivite” encóntrase situado na entrada da vila de Verín, sendo a localidade máis importante do val de Monterrei. A súa actividade industrial é practicamente nula, limitándose ás empresas de embotellamento de auga mineral. A poboación dedícase, case en exclusiva, ó sector servizos, á construción e ó agro. O estoupido da burbulla inmobiliaria afectou dun xeito importante a moitas familias perdendo moito poder adquisitivo. Este feito incrementou as dificultades dalgúns alumnos para poder comprar material e mesmo para alimentarse axeitadamente o que redunda no seu rendemento escolar. O nivel cultural dos verineses é medio. Situada a escasos 15 km. de Portugal o intercambio económico, cultural e deportivo cos nosos veciños é constante.
2. O ALUMNADO E A EDUCACIÓN FÍSICA DESCRIPCIÓN DO ALUMNADO Entre os 12 e os 17 anos ten lugar unha pequena fase postpuberal de activación: a crise xuvenil. Esta crise mostra trazos parecidos ós das fases anteriores: inquietude motora, maior afectividade e tendencia á disociación. Nos mozos maniféstase unha pequena crise escolar. Prodúcese un retroceso corporal e espiritual que se fai notar nun incremento no número de repetidores. Tales feitos teñen como base unha diminución da concentración e da facultade crítica, así coma unha posposición dos intereses escolares en beneficio de afeccións alleas ós estudios; isto sen dúbida afecta especialmente ó área de EDUCACIÓN FÍSICA.
Polo que respecta ó apartado corporal, o engrosamento avantaxa ó crecemento en altura, indo este último moderándose paulatinamente. Todo este proceso provoca unha
Curso 2014/15
Páx. 4
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
harmonía da figura á vez que se chega á plena masculinidade e feminidade. O crecemento dos órganos internos coincide co engrosamento do tronco, grazas ó cal favorécese o pleno rendemento e a resistencia aerobia. Os mozos acadan a madurez entre os 18 e os 19 anos por termo medio e as mulleres entre os 16 e os 17 anos. A progresiva proporción entre as distintas partes do corpo motiva unha harmonía da expresión . Os movementos fanse máis pausados, tranquilos, contidos e ordenados. Nos dous sexos aumenta en gran medida a seguridade nos modais e diminúe a inclinación ós conflitos na clase de EDUCACIÓN FÍSICA. Nesta etapa encádrase a adolescencia e temos que telo en conta ó tratar con alumnos que cursan 1º de Bacharelato. No final do desenvolvemento, na idade xuvenil superior, ten lugar a consumación da maduración psíquica e a transición á idade adulta.
DESCRIPCIÓN DO NIVEL XERAL E DO INTERESE DO ALUMNADO POLA EDUCACIÓN FÍSICA O interese pola actividade física polo alumnado é mínimo e limítase practicamente ó gusto polo fútbol e algún outro deporte colectivo dun número de alumnos bastante limitado. Dun xeito progresivo os profesores intentamos introducir outro tipo de actividades, que posiblemente non practiquen fora do ámbito escolar, para que os alumnos teñan una maior coñecemento e unha maior experiencia á hora de escoller algunha actividade física ou deportiva nun futuro.
NORMAS DO
DEPARTAMENTO SOBRE O USO DAS INSTALACIÓNS E O
MATERIAL. OUTRAS NORMAS DE CARÁCTER XERAL A.- Normas sobre uso das instalacións e material.1.- Cada grupo é responsable do coidado e mantemento dos vestiarios e do material utilizado. Os alumno/as faranse cargo dos danos intencionados nos mesmos. 2.- Non se poden utilizar as instalacións nin o material no horario lectivo ou extraescolar sen a autorización dun profesor do seminario. 3.- Os alumnos/as axudarán a recoller e facer o reconto do material. 4.- É obrigatorio traer roupa e calzado deportivo axeitado á instalación. Curso 2014/15
Páx. 5
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
B.- Normas xerais.1.- O alumnado ten 7 minutos para mudarse de roupa antes de pasar lista nas clases de Educación Física. 2.- O remate da sesión os alumnos/as disporán de 7 minutos para asearse e mudarse de roupa.
3. COMPETENCIAS BÁSICAS A materia de educación física contribúe de xeito directo e claro á consecución de tres competencias básicas: a competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, a competencia social e cidadá e a competencia cultural e artística. De forma xenérica, contribúe a outras tres: competencia en comunicación lingüística, competencia para aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal. Ao resto das competencias contribúe de forma menor.
Para o desenvolvemento da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico formularemos actividades que se realizarán en diferentes entornos e que xeran a capacidade de afrontar e superar múltiples retos motores, tanto na aula como na vida cotiá: traballo de todo tipo de desprazamentos, individuais ou en grupo que impliquen continuos axustes corporais adaptados ás condicións do espazo físico no que se desenvolven. Ademais fomentarase o coñecemento do corpo humano e a saúde como medio que favorece esta interacción. Por outra banda, un dos contidos básicos da educación física son as actividades no medio natural. Polo tanto o coñecemento de materiais, técnicas e tipo de actuación, de forma que se garanta a seguridade nos diferentes contornos fóra do espazo-aula como promoción
dunha
utilización
responsable
do
medio
natural
garanten
o
desenvolvemento desta competencia.
Desde o punto de vista da competencia social e cidadá traballaranse actividades individuais e de grupo a través do propio corpo, que impliquen situacións de cooperación e de oposición, e de a aceptación de regras e normas establecidas polo grupo na práctica de xogos ou deportes, así como o respecto aos materiais, ao contorno e ás persoas Curso 2014/15
Páx. 6
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
participantes. Estas actividades favorecen a interacción entre compañeiros e compañeiras permitindo establecer relacións construtivas que facilitan a integración do alumnado na sociedade e/ou no grupo. Ademais hai que desenvolver no alumnado un espírito crítico que lle permita analizar os valores e actitudes que xiran arredor do deporte e da súa actualidade. Ë importante que conceptos como satisfacción, autonomía, confianza, esforzo, axuda ou traballo en equipo serán un referente a seguir.
Esta competencia tamén relaciona o dereito que toda a cidadanía ten á saúde coa promoción da actividade física no período escolar. A inactividade física é un problema importante de saúde pública. A visión dunha mocidade sedentaria, observadora deportiva e afastada da práctica motora, con índices crecentes de obesidade e problemas de saúde establece como prioridade social a educación para a prevención de comportamentos de risco (sedentarismo) e a promoción da actividade física como hábito saudable.
A educación física contribúe á competencia cultural e artística en dous planos diferentes. O primeiro plano vén definido polo enriquecemento cultural que supón para o alumnado a práctica e o coñecemento das actividades físicas e deportivas. O segundo plano vén determinado pola observación da actividade, física e deportiva como unha forma artística, como elemento plástico. No primeiro caso, esta competencia supón apreciar, comprender e valorar os deportes, os xogos tradicionais, as actividades expresivas ou a danza, e consideralos como parte do patrimonio cultural dos pobos, algo que é necesario coñecer e preservar. Para conseguilo é necesario favorecer o acceso do alumnado á historia literaria e visual da educación física, ao coñecemento dos seus momentos máis singulares e a unha reflexión e valoración crítica sobre a súa transcendencia no contexto cultural en que teñen/tiveron lugar. No segundo caso, desenvólvese esta competencia ensinando a ver e a percibir os aspectos estéticos (elasticidade, expresividade, harmonía, plasticidade), que poden existir dentro dun acto motor, especialmente na observación das grandes competicións e encontros deportivos. A súa aplicación farase a través do desenvolvemento das habilidades perceptivas e da experimentación sensorial, especialmente a través da realización de propostas rítmico-expresivas, individuais ou grupais e da visualización de Curso 2014/15
Páx. 7
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
actividades deportivas ou de expresión corporal de alto nivel. A educación física promove de forma singular a consecución da autonomía e iniciativa persoal das alumnas e dos alumnos. O ensino dos xogos e deportes, das actividades no medio natural ou do desenvolvemento da condición física e a expresión corporal permiten a formación dunha persoa autónoma capaz de anticipar, percibir, decidir, relacionar, executar e reflexionar sobre as súas actuacións e de transferir o traballo na aula a outros espazos fora dela.
O fomento da autonomía e a iniciativa persoal faise en educación física, basicamente, desde tres campos:
A interacción entre o profesorado e o alumnado na posibilidade de autoxestión ou xestión compartida das propias sesións de educación física ou da organización de propostas complementarias como xornadas deportivas.
Desde a metodoloxía de traballo: a utilización de propostas máis creativas, máis
autónomas,
máis
individualizadas,
máis
exploratorias,
para
desenvolver unha maior capacidade de iniciativa persoal.
Desde as exixencias e os retos da propia actividade, xa que as tarefas con certa dificultade técnica ou física, implican situacións en que o alumnado debe manifestar autosuperación e perseveranza.
A educación física axuda á consecución da competencia para aprender a aprender ao ofrecer recursos para a planificación de determinadas actividades físicas a partir dun proceso de experimentación. Para iso deberán realizarse actividades que, polo seu contido, propicien a resolución de problemas. Tamén hai que formular situacións en que se revelen contradicións e buscar posibles solucións ante as actividades cooperativas ou de competición. Aprender a aprender en educación física tamén implica desenvolver habilidades para o traballo en equipo e a adquisición de aprendizaxes técnicas, estratéxicas e tácticas que sexan xeneralizables para varias actividades deportivas.
A educación física traballa a competencia lingüística mediante o uso de diversas linguaxes. Algunhas sonlle propias e outras son compartidos. A adquisición da competencia en comunicación lingüística prodúcese en educación física de dúas formas
Curso 2014/15
Páx. 8
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
diferentes. A primeira, do mesmo xeito que no resto das materias, a través das expresións e o vocabulario específico desta materia. Ademais na área de educación física úsase unha linguaxe corporal. A comunicación xestual, a utilización de ritmos e danzas, a respiración e, en xeral, as técnicas de dominio corporal son os medios axeitados para traballar esta competencia.
A contribución da educación física á adquisición da competencia matemática é de carácter secundario e prodúcese a través do desenvolvemento de diversos contidos específicos da educación física e a partir doutros de carácter transversal. O cuantitativo no espacial, no temporal, nas distancias e traxectorias, está reflectido en moi diversos momentos e actos. O control do tempo, a toma de pulsacións, o ritmo en función da distancia, a ocupación espacial, son formas que se manexan habitualmente en educación física.
Por último o tratamento da información e competencia dixital enfocarase desde dous campos:
Desenvolvemento de habilidades que permitan ó alumnado buscar, recopiar, seleccionar e analizar a múltiple información sobra actividades físicas que pode atopar na actualidade: prensa, bibliografía, medios de comunicación e Internet principalmente.
Posibilidade de utilizar a tecnoloxía dixital (gravación, edición e visionado das sesións) como medio de avaliación por parte do alumnado do seu proceso de aprendizaxe.
Curso 2014/15
Páx. 9
Departamento de Educación Física
4.
OBXECTIVOS,
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
CONTIDOS
E
CRITERIOS
DE
AVALIACIÓN PARA E.S.O. 4.1. OBXECTIVOS DE ETAPA.
Coñecer os trazos que definen unha actividade física saudable e os efectos beneficiosos que esta ten para a saúde individual e colectiva..
Valorar a práctica habitual e sistemática de actividades físicas como medio para mellorar as condicións de saúde e calidade de vida.
Realizar tarefas dirixidas ao incremento das posibilidades de rendemento motor, á mellora da condición física para a saúde e ao perfeccionamento das funcións de axuste, dominio e control corporal, adoptando unha actitude de autoesixencia na súa execución.
Coñecer e consolidar hábitos saudables, técnicas básicas de respiración e relaxación como medio para reducir desequilibrios e aliviar tensións producidas na vida cotiá e na práctica físico-deportiva.
Planificar actividades que permitan satisfacer as necesidades en relación coas capacidades físicas e habilidades específicas a partir da valoración do nivel inicial.
Realizar actividades físico-deportivas no medio natural que teñan baixo impacto ambiental, contribuíndo á súa conservación.
Coñecer e realizar actividades deportivas e recreativas individuais e colectivas aplicando os fundamentos regulamentarios, técnicos e tácticos en situacións de xogo, con progresiva autonomía na súa execución.
Amosar habilidades e actitudes sociais de respecto, traballo en equipo e de deportividade na participación de actividades, xogos e deportes, independentemente das diferenzas de xénero, culturais, sociais e de habilidade.
Practicar e deseñar actividades expresivas con ou sen base musical, utilizando o corpo como medio de comunicación e expresión creativa.
Adoptar unha actitude crítica ante o tratamento do corpo, a actividade física e o deporte no contexto social.
Curso 2014/15
Páx. 10
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
4.2. OBXECTIVOS DE CURSO. 1º E.S.O.:
Afondar no concepto, obxectivos e contidos da E.F.
Familiarizar ó alumno ca terminoloxía específica da E.F.
Coñecer e valorar o quecemento como hábito saudable.
Coñecer as capacidades físicas básicas relacionadas coa saúde.
Traballar as capacidades físicas básicas relacionadas coa saúde.
Coñecer e practicar as habilidades motrices básicas.
Coñecer os aspectos regulamentarios e os xestos técnicos básicos dun deporte individual.
Concienciar ó alumno da importancia do traballo en equipo (cooperaciónoposición).
Coñecer as fase do xogo nos deportes colectivos.
Practicar xogos e actividades nos que se traballen aspectos comúns dos principais deportes colectivos.
Iniciar ó alumno na práctica de deportes colectivos.
Por en práctica situacións lúdicas de cooperación
Identificar, valorar e practicar aqueles xogos e deportes autóctonos que forman parte do seu entorno inmediato e de Galicia, así como os de outras Comunidades Autónomas.
Introdución ó coñecemento do corpo como vehículo de expresión e comunicación.
Coñecer e concienciar da importancia do entorno natural e seu coidado.
Practicar algunha actividade física na natureza.
2º E.S.O.:
Afondar ó alumno ca terminoloxía específica da E.F.
Coñecer e valorar o quecemento e os principais efectos fisiolóxicos do quecemento.
Coñecer os tipos de quecemento: xeral e específico
Traballar as capacidades físicas básicas relacionadas coa saúde.
Coñecer o concepto de frecuencia cardíaca máxima e de repouso
Curso 2014/15
Páx. 11
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Practicar as habilidades motrices básicas.
Coñecer os aspectos regulamentarios e os xestos técnicos básicos de oposición.
Iniciar ó alumno na práctica dun deporte individual de oposición.
Potenciar no ó alumno a importancia do traballo en equipo (cooperaciónoposición).
Aumentar o coñecemento dos xestos técnicos dos principais deportes colectivos.
Mellorar na práctica dos principais deportes colectivos.
Practicar xogos e deportes autóctonos que forman parte do seu entorno inmediato e de Galicia.
Experimentar mediante a linguaxe corporal formas de comunicarse con outras persoas.
Coñecer a importancia do control da respiración e a relaxación
na
expresión corporal.
Realizar percorridos, preferentemente no medio natural.
Adquirir técnicas de cabullería básica.
3º E.S.O.:
Aplicar distintos quecementos a actividades específicas.
Coñecer como se pode medir a intensidade dos exercicios usando a frecuencia cardíaca como indicador..
Coñecer o concepto de frecuencia cardíaca máxima e de repouso. Tempo de recuperación
Relacionar as capacidade físicas cos aparellos e sistemas do corpo humano
Mellorar e desenvolver as capacidades físicas básicas.
Mellorar e desenvolver as habilidades motrices.
Coñecer e valorar os principais test para valorar o desenvolvemento da condición física.
Estudar e recoñecer o sistema locomotor.
Coñecer e valorar os riscos principais da práctica de actividades físicas.
Curso 2014/15
Páx. 12
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Perfeccionar o xestos técnicos de dous deportes, a determinar.
Practicar e valorar a importancia das actividades mímicas e teatrais como elementos definitorios da expresión corporal.
4º E.S.O.:
Dirixir un quecemento para unha actividade específica.
Estudar na práctica o concepto de planificación.
Coñecer os principais sistemas e métodos de adestramento.
Aplicar o concepto de adaptación orgánica á práctica de actividades físicas.
Estudar e recoñecer os principais efectos da práctica sistemática de actividades físicas no sistema osteo-articular.
Estudar e recoñecer os principais efectos da práctica sistemática de actividades físicas no sistema muscular.
Estudar e recoñecer os principais efectos da práctica sistemática de actividades físicas no sistema cardiocirculatorio.
Aplicar os primeiros auxilios en casos específicos
Estudar as distintas vías de produción de enerxía do organismo
Planificar un traballo de desenvolvemento da resistencia, flexibilidade ou forza de resistencia.
Valorar os efectos negativos que determinados hábitos (fumar, beber, sedentarismo,...) teñen sobre a condición física e sobre a saúde.
Perfeccionar os xestos técnicos dun deporte individual.
Perfeccionar os xestos técnicos dun deporte colectivo diferente do curso anterior.
Profundizar no dominio de certas técnicas de dramatización.
Coñecer a relación entre actividade física, a saúde e o medio natural.
Realizar
actividades
especializadas
e
de
carácter
recreativo,
preferentemente desenvolvidas no medio natural (escalada, carreira de orientación,...).
Curso 2014/15
Páx. 13
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
4.3. BLOQUES DE CONTIDOS. 1º E.S.O.: BLOQUE 1: CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE CONCEPTOS:
O quecemento e o seu significado na práctica da actividade física.
Capacidade físicas principalmente relacionadas coa saúde.
PROCEDEMENTOS:
Execución de xogos e exercicios apropiados para o quecemento
Acondicionamento básico xeral: desenvolvemento das capacidades físicas básicas relacionadas coa saúde.
Realización de xogos para a mellora da condición física.
Exercitación de posicións corporais axeitadas na práctica de actividades físicas e en situacións da vida cotiá.
Fortalecemento da musculatura de sostén mediante a realización de exercicios de mobilidade articular, de fortalecemento muscular e de relaxación.
Atención á hixiene corporal logo da práctica de actividade física.
ACTITUDES:
Valoración do quecemento como hábito saudable ao comezo dunha actividade física.
Toma de conciencia da propia condición física e responsabilidade na mellora da mesma.
BLOQUE 2: XOGOS E DEPORTES. CONCEPTOS:
Coñecemento de xogos e deportes tradicionais en Galicia.
O deporte como fenómeno social e cultural.
Identificación de elementos regulamentarios dos deportes.
As fases do xogo no deporte colectivo: concepto e obxectivos.
Curso 2014/15
Páx. 14
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
PROCEDIMENTOS:
Execución de habilidade motrices vinculadas a accións deportivas.
Práctica de actividades e xogos para a aprendizaxe dos deportes individuais.
Realización dos xestos técnicos básicos dun deporte individual.
Realización de xogos e actividades en que prevalezan aspectos comúns dos deportes colectivos.
Realización de actividades xogadas e actividades cooperativas.
ACTITUDES:
Aceptación do propio nivel de execución e disposición cara a súa mellora.
Valoración das actividades deportivas como unha forma de mellorar a saúde.
Respecto e aceptación das regras das actividades, xogos e deportes practicados.
BLOQUE 3: EXPRESIÓN CORPORAL. CONCEPTOS:
O corpo expresivo: postura, xesto e movemento.
PROCEDIMENTOS:
Experimentación de actividades expresivas orientadas a favorecer unha dinámica positiva no grupo.
Combinación de distintos ritmos e manexo de diversos obxectos na realización de actividades expresivas.
Realización de danzas sinxelas de carácter recreativo e popular.
ACTITUDES:
Disposición favorable á desinhibición nas actividades de expresión corporal.
Curso 2014/15
Páx. 15
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
BLOQUE 4: ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL. CONCEPTOS:
As actividades físico-deportivas no medio natural: terra, aire e auga.
Adquisición de técnicas básicas no medio natural: iniciación á cabullería básica e montaxe de tendas de campaña.
Adquisición de nocións básicas sobre seguridade, coñecemento de materiais e vestimenta necesaria.
PROCEDIMENTOS:
Realización de habilidades adaptadas ao tipo de actividade recreativa proposta: rubir, transportar, remar...
Realización de itinerarios de curto percorrido, preferentemente no medio natural, con recoñecemento de sinais de rastrexo.
ACTITUDES:
Aceptación e respecto das normas para a conservación do medio urbano e natural.
2º E.S.O.: BLOQUE 1: CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE CONCEPTOS:
Obxectivos do quecemento. Quecemento xeral e específico.
Capacidade físicas principalmente relacionadas coa saúde: resistencia aerobia e flexibilidade.
Relación entre hidratación e práctica de actividade física.
Coñecemento das técnicas de respiración e a súa adecuación a vida cotiá.
PROCEDEMENTOS:
Realización
de
xogos
e
exercicios
aplicados
ó
quecemento.
Recompilación destes.
Acondicionamento físico xeral con especial incidencia na resistencia aerobia e na flexibilidade.
Curso 2014/15
Páx. 16
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Control da intensidade do esforzo: toma de frecuencia cardíaca e cálculo za zona de actividade.
Realización de xogos e exercicios para a mellora da condición física.
ACTITUDES:
Recoñecemento e valoración da relación existente entre unha boa condición física e a mellora das condicións de saúde.
Recoñecemento e valoración da importancia da adopción dunha postura correcta en actividades cotiá.
Valoración de hábitos saudables como descansar axeitadamente e realizar actividade física. Toma de conciencia sobre os efectos que para a saúde teñen determinados hábitos como o consumo de tabaco, alcohol e estupefacientes.
BLOQUE 2: XOGOS E DEPORTES. CONCEPTOS:
Coñecemento de xogos e deportes tradicionais en Galicia.
Os deportes de competición entre dúas persoas como fenómeno social e cultural.
Identificación de elementos regulamentarios dos deportes.
PROCEDIMENTOS:
Práctica de actividades e xogos para a apredizaxe dos deportes individuais.
Realización de xogos e actividades con elementos técnicos, tácticos e regulamentarios dos deportes de competición entre dúas persoas.
Práctica dos fundamentos técnicos, tácticos e regulamentarios dun deporte colectivo.
Realización de actividades xogadas e actividades cooperativas. Novos desafíos físicos cooperativos.
Curso 2014/15
Páx. 17
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
ACTITUDES:
Respecto e aceptación das regras das normas dos deportes de competición entre dúas persoas e das establecidas polo grupo.
Autocontrol ante as situacións de contacto físico que se dan nos xogos e no deporte.
Cooperación nas funcións atribuídas dentro dun labor de equipo para a consecución de obxectivos comúns.
Tolerancia e deportividade por riba da procura desmedida de resultados.
BLOQUE 3: EXPRESIÓN CORPORAL. CONCEPTOS:
A linguaxe corporal e a comunicación non verbal.
Os xestos e as posturas.
PROCEDIMENTOS:
Experimentación de actividades encamiñadas ao dominio, ao control corporal e á comunicación coas outras persoas.
Control da respiración e da relaxación nas actividades expresivas.
Realización de danzas do mundo de carácter colectivo.
ACTITUDES:
Aceptación das diferenzas individuais e respecto ante a execución.
BLOQUE 4: ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL. CONCEPTOS:
As actividades físico-deportivas no medio natural: terra, aire e auga.
O sendeirismo: descrición, tipos de carreiro, material e vestimenta necesaria.
PROCEDIMENTOS:
Realización de habilidades adaptadas ao tipo de actividade recreativa proposta: nadar, rubir, esquiar, remar...
Curso 2014/15
Realización de percorridos, preferentemente no medio natural.
Páx. 18
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Adquisición de técnicas básicas no medio natural: aplicación de cabullería básica.
ACTITUDES:
Respecto do ambiente e valoración deste como lugar rico en recursos para a realización de actividades recreativas.
Aceptación e repecto das normas para a conservación do medio urbano e natural. Toma de conciencia dos usos adecuados en ambos os contornos.
3º E.S.O.: BLOQUE 1: CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE CONCEPTOS:
O quecemento. Efectos. Pautas para a súa elaboración.
Vinculación das capacidade físicas principalmente relacionadas coa saúde, cos aparellos e sistemas do corpo humano.
Coñecemento da frecuencia cardíaca máxima e de repouso. Tempo de recuperación.
Alimentación e actividade física: equilibrio entre a inxestión e o gasto calórico.
PROCEDEMENTOS:
Elaboración e posta en práctica de quecementos, logo da análise da actividade física que se vai a realizar.
Acondicionamento físico das capacidades relacionadas coa saúde: resistencia aerobia, flexibilidade e forza de resistencia mediante a posta en práctica de sistemas e métodos de adestramento.
Adopción de posturas correctas nas actividades físicas e deportivas realizadas.
Control da intensidade do esforzo.
Execución de métodos de relaxación como medio para liberar tensións.
Curso 2014/15
Páx. 19
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
ACTITUDES:
Recoñecemento do efecto positivo que a práctica de actividade física produce no organismo.
Valoración da alimentación como factor decisivo na saúde persoal.
BLOQUE 2: XOGOS E DEPORTES. CONCEPTOS:
As fases do xogo nos deportes colectivos: o ataque e da defensa.
Coñecemento de xogos e deportes tradicionais en Galicia.
PROCEDIMENTOS:
Práctica de actividades e xogos para a progresión nun deporte individual.
Práctica dos fundamentos técnicos, tácticos e regulamentarios dun deporte colectivo.
Participación activa nas actividades, xogos e no deporte colectivo escollido.
Realización de xogos e deportes tradicionais en Galicia.
ACTITUDES:
Tolerancia e deportividade na práctica deportiva e na consecución de resultados.
Asunción de responsabilidade individual nunha actividade colectiva, como condición indispensable para a consecución dun obxectivo común.
BLOQUE 3: EXPRESIÓN CORPORAL. CONCEPTOS:
Bailes e danzas: aspectos culturais en relación á expresión corporal.
PROCEDIMENTOS:
Realización de danzas colectivas, históricas e do mundo.
Realización de movementos corporais globais e segmentarios cunha base rítmica, combinando as variables de espazo, tempo e intensidade, destacando o seu valor expresivo.
Curso 2014/15
Execución de ritmos con práctica individual, por parellas ou colectiva. Páx. 20
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
ACTITUDES:
Predisposición para realizar os bailes e danzas con calquera compañeiro e compañeira.
Disposición favorable á desinhibición na exteriorización de sentimentos e emocións.
BLOQUE 4: ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL. CONCEPTOS:
As actividades físico-deportivas no medio natural: terra, aire e auga.
Normas de seguridade para a realización de percorridos de orientación no medio natural.
PROCEDIMENTOS:
Realización de habilidades adaptadas ao tipo de actividade recreativa proposta: nadar, rubir, esquiar, remar...
Realización de percorridos de orientación, a partir do uso de elementos básicos de orientación natural e utilización de mapas.
ACTITUDES:
Recoñecemento das actividades na natureza como actividades para a mellora da condición física e a recreación.
Aceptación das normas de seguridade e protección na realización de actividades de orientación o outras propias do medio natural.
4º E.S.O.: BLOQUE 1: CONDICIÓN FÍSICA E SAÚDE CONCEPTOS:
O quecemento como medio de prevención de lesións.
Sistemas
e
métodos
de
adestramento
das
capacidades
físicas
relacionadas coa saúde: resistencia aerobia, flexibilidade e forza resistencia.
Efectos do traballo de resistencia aerobia, de flexibilidade e de forza resistencia sobre o estado de saúde: efectos beneficiosos, riscos e prevención.
Curso 2014/15
Páx. 21
Departamento de Educación Física
Primeiras
actuacións ante
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín as lesións máis comúns que poden
manifestarse na práctica deportiva. Protocolos básicos de primeiros auxilios.
PROCEDEMENTOS:
Realización e práctica de quecementos autónomos, logo da análise da actividade física que se vai a realizar.
Aplicación dos métodos de adestramento físico da resistencia aerobia, flexibilidade e forza de resistencia.
Elaboración e posta en práctica dun plano de traballo dunha das capacidades físicas relacionadas coa saúde.
Aplicación de técnicas e métodos de relaxación de forma autónoma.
ACTITUDES:
Toma de conciencia da propia condición física e predisposición a mellorala.
Valoración dos métodos de relaxación para aliviar tensións da vida cotiá.
Valoración dos efectos negativos que determinados hábitos (fumar, beber, sedentarismo,...) teñen sobre a condición física e sobre a saúde e adopción dunha actitude de rexeitamento ante estes.
BLOQUE 2: XOGOS E DEPORTES. CONCEPTOS:
Coñecemento de xogos e deportes tradicionais en Galicia e na propia zona, así como do seu regulamento. Procura de información sobre variacións locais.
PROCEDIMENTOS:
Realización de xogos e deportes individuais, de competición entre dúas persoas e colectivos de lecer e recreación.
Práctica dos fundamentos técnicos, tácticos e regulamentarios dos deportes.
Curso 2014/15
Páx. 22
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
ACTITUDES:
Planificación e organización de campionatos nos cales se utilicen sistemas de puntuación que potencien as actitudes, os valores e o respecto ás normas.
Valoración dos xogos e deportes como actividades físicas de lecer e tempo libre.
Aceptación de normas sociais e democráticas que rexen nun traballo en equipo.
BLOQUE 3: EXPRESIÓN CORPORAL. CONCEPTOS:
Adquisición de directrices para o deseño de composicións coreográficas.
PROCEDIMENTOS:
Creación de composicións coreográficas colectivas con apoio dunha estrutura musical incluíndo os diferentes elementos: espazo, tempo e intensidade.
ACTITUDES:
Participación e achega ao traballo en grupo nas actividades rítmicas.
Disposición favorable á desinhibición na presentación individual ou colectiva de exposicións orais e rítmicas en público.
BLOQUE 4: ACTIVIDADES NO MEDIO NATURAL. CONCEPTOS:
Relación entre a actividade física, a saúde e o medio natural.
Habilidades de manipulación dos elementos naturais (refuxio, vivac).
PROCEDIMENTOS:
Participación na organización de actividades no medio natural de baixo impacto
ambiental,
no
medio
terrestre
ou
acuático.
Procura
e
procesamento da información. Presentación de proxectos a compañeiros e compañeiras.
Curso 2014/15
Páx. 23
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Realización de actividades especializadas e de carácter recreativo, preferentemente desenvolvidas no medio natural (escalada, carreira de orientación,...).
Realización de actividades especializadas e de carácter recreativo, desenvolvidas no medio natural (remo, montañismo...).
ACTITUDES:
Toma de conciencia do impacto que teñen algunhas actividades físicodeportivas no medio natural.
4.4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. 1º E.S.O.: Recompilar actividades, xogos, estiramentos e exercicios de mobilidade articular apropiados para o quecemento e realizalos na clase. Identificar os hábitos hixiénicos e posturais saudables relacionados coa actividade física e a vida saudable. Incrementar as capacidades físicas relacionadas coa saúde, traballadas durante o curso, con respecto ao seu nivel inicial. Mellorar a execución dos aspectos técnicos fundamentais dun deporte individual, aceptando o nivel alcanzado. Realizar a acción motriz oportuna en función da fase de xogo que se desenvolva, ataque ou defensa, no xogo ou deporte colectivo proposto. Resolver desafíos físicos de forma cooperativa. Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia. Elaborar unha mensaxe de forma colectiva mediante técnicas como o mimo. O xesto, a dramatización ou a danza e comunicala ao resto de grupos. Seguir as indicación dos sinais de rastrexo propias do sendeirismo nun percorrido polo centro ou as inmediacións, resolvendo pequenos problemas.
Curso 2014/15
Páx. 24
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
2º E.S.O.:
Incrementar a resistencia aerobia e a flexibilidade respecto o seu nivel inicial.
Recoñecer, a través da práctica, as actividades físicas que se desenvolven nunha franxa da frecuencia cardíaca beneficiosa para a saúde.
Mostrar autocontrol na aplicación da forza ante situacións de contacto físico en xogos e actividades de loita.
Manifestar actitudes de cooperación, tolerancia e deportividade tanto cando se adopta o papel de participante como o de espectador/a na práctica dun deporte colectivo.
Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia.
Resolver
desafíos
físicos
descoñecidos
previamente
de
forma
cooperativa.
Crear e poñer en práctica unha secuencia harmónica de movementos corporais a partir dun ritmo escollido.
Realizar de forma autónoma un percorrido de carreira cumprindo normas de seguridade básica e resolvendo pequenos problemas suscitados no devandito itinerario, á vez que amosa unha actitude de respecto cara á conservación do contorno en que se leva a cabo a actividade.
Buscar información en diferentes medios e fontes sobre as saídas que se van a realizar ao medio.
3º E.S.O.:
Relacionar as actividades físicas cos efectos que producen nos diferentes aparellos e sistemas do corpo humano, especialmente con aqueles que son máis relevantes para a saúde.
Incrementar os niveis de resistencia aerobia, flexibilidade e forza resistencia a partir do nivel inicial,
Realizar exercicios de acondicionamento físico atendendo a criterios de hixiene postural como estratexia para a prevención de lesións.
Curso 2014/15
Páx. 25
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Recoñecer, a partir da medición da frecuencia cardíaca, a intensidade do traballo realizado.
Reflexionar sobre a importancia que ten para a saúde unha alimentación equilibrada a partir do cálculo da inxestión e o gasto calórico, de acordo coas racións de alimentos e as actividades diarias realizadas.
Resolver situacións de xogo reducido dun ou varios deportes colectivos, aplicando
os
coñecementos
técnicos,
tácticos
e
regulamentarios
adquiridos.
Progresar no desenvolvemento dos aspectos técnicos do deporte individual traballado.
Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia.
Realizar bailes por parellas ou en grupo, amosando respecto e desinhibición.
Completar unha actividade de orientación, preferentemente no medio natural, coa axuda dun mapa, resolvendo pequenos problemas suscitados no devandito itinerario, coñecendo e aplicando as normas de seguridade propias das actividades na natureza e amosando unha actitude de respecto cara o medio.
4º E.S.O.:
Planificar e poñer en práctica quecementos autónomos respectando pautas básicas para a súa elaboración e atendendo as características da actividade física que se realizará.
Analizar os efectos beneficiosos e de prevención que o traballo regular de resistencia aerobia, de flexibilidade e de forza resistencia supoñen para o estado de saúde.
Deseñar e levar a cabo un plan de traballo dunha capacidade física relacionada coa saúde, incrementando o propio nivel inicial, a partir do coñecemento de sistemas e métodos de adestramento.
Resolver situacións de xogo dos deportes traballados, aplicando os coñecementos técnicos, tácticos e regulamentarios adquiridos.
Curso 2014/15
Páx. 26
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Coñecer e realizar xogos e deportes tradicionais de Galicia, propios dos contorno do centro.
Resolver supostos prácticos sobre as lesións que se poden producir na vida cotiá, na práctica de actividade física e no deporte, aplicando unhas primeiras atencións e protocolos básicos de actuación.
Manifestar unha actitude crítica ante as prácticas e valoracións que se fan do deporte e do corpo a través dos diferentes medios de comunicación.
Participar na organización es posta en práctica de torneos en que se practiquen torneos e actividades físicas realizadas ao longo da etapa.
Participar de forma desinhibida e construtiva na creación e realización de actividades expresivas colectivas con soporte musical.
Utilizar os tipos de respiración e as técnicas e métodos de relaxación como medio para a redución de desequilibrios e o alivio de tensións producidas na vida cotiá.
Planificar unha saída ao medio natural e resolver dun xeito cooperativo problemas que se presentan nel a partir dos contidos traballados.
Curso 2014/15
Páx. 27
Departamento de Educación Física
5.
GRAO
DE
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
CONSECUCIÓN
DAS
COMPETENCIAS
BÁSICAS O departamento vai avaliar as tres competencias básicas directamente relacionadas ca materia: competencia no coñecemento e interacción co mundo físico, competencia social e cidadá e a competencia cultural e artística
1º ESO: COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
1. Coñece como evitar lesións na práctica deportiva mediante o quecemento 2. Coñece hábitos hixiénicos e posturas relacionadas coa saúde 3. Realiza desprazamentos sinxelos, individuais ou en grupo en función das condicións do espazo físico 4. Mellora as capacidades físicas , principalmente as relacionadas coa saúde 5. Adapta de forma básica os seus movementos ós obxectos (balóns, pelotas, etc.) que se utilizan nos distintos deportes 6. Coñece as sinais de rastrexo e resolve pequenos problemas no medio natural
COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
1. Participa activamente en actividades de cooperación 2. Acepta e respecta as normas na práctica de xogos e deportes 3. Respecta ós compañeiros e ó profesor 4. Respecta e coida o material e as instalacións
COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA
1. Comprende e valora os xogos e deportes tradicionais 2. Utiliza a linguaxe corporal para expresar ideas sinxelas de forma individual
2º ESO: COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
1. Coñece os beneficios do quecemento para a saúde 2. Coñece as capacidades físicas básicas relacionadas coa saúde 3. Mellora as capacidades físicas , principalmente as relacionadas coa saúde Curso 2014/15
Páx. 28
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
4. Realiza desprazamentos sinxelos, individuais ou en grupo en función das condicións do espazo físico 5. Adapta os seus movementos ós obxectos (balóns, pelotas, etc.) que se utilizan nos distintos deportes 6. Realiza un percorrido no medio natural
COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
1. Participa activamente en actividades de cooperación 2. Acepta e respecta as normas na práctica de xogos e deportes 3. Sabe relacionarse cos demais 4. Respecta ós compañeiros e ó profesor 5. Pide axuda cando non é capaz de resolver un problema 6. Respecta e coida o material e as instalacións
COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA
1. Comprende, valora e coñece os xogos e deportes tradicionais 2. Utiliza a linguaxe corporal para expresar ideas sinxelas de forma individual e colectiva
3º ESO: COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
1. Sabe realizar un quecemento para evitar lesións e problemas de saúde 2. Coñece a relación das capacidades físicas co corpo humano 3. Mellora as capacidades físicas, principalmente as relacionadas coa saúde e valora este progreso 4. Realiza desprazamentos algo complexos, individuais ou en grupo en función das condicións do espazo físico 5. Adapta os seus movementos ós obxectos (balóns, pelotas, etc.) que se utilizan nos distintos deportes en situacións complexas 6. Sabe interpretar un mapa
COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
1. Realiza traballos en equipo Curso 2014/15
Páx. 29
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
2. Acepta e respecta as normas na práctica de xogos e deportes 3. Respecta ós compañeiros e ó profesor aceptando as diferenzas 4. Sabe dialogar e escoltar os demais 5. Valora o esforzo para conseguir obxectivos 6. Respecta e coida o material e as instalacións
COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA
1. Valora e coñece a importancia do deporte como manifestación cultural 2. Realiza de forma desinhibida unha composición rítmico-expresiva
4º ESO: COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO
1. Coñece os riscos que determinados hábitos de vida teñen para a saúde 2. Coñece e valora a importancia dunha alimentación adecuada 3. Sabe como actuar cando se producen as lesións máis frecuentes na práctica deportiva e na vida cotiá. 4. Mellora as capacidades físicas básicas,
coñece e valora os beneficios
desta
mellora para a saúde 5. Realiza desprazamentos complexos, individuais ou en grupo en función das condicións do espazo físico 6. Adapta os seus movementos ós obxectos (balóns, pelotas, etc.) que se utilizan nos distintos deportes en situacións complexas resolvendo problemas que se formulan no xogo.
COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
1. Realiza traballos en equipo 2. Acepta e respecta as normas na práctica de xogos e deportes 3. Respecta ós compañeiros e ó profesor aceptando as diferenzas 4. Valora o esforzo para conseguir obxectivos 5. Sabe dialogar e escoltar os demais e argumentar os seus puntos de vista 6. Respecta e coida o material e as instalacións
Curso 2014/15
Páx. 30
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA
1. Valora e coñece a importancia do deporte como manifestación cultural 2. Sabe percibir os aspectos estéticos e artísticos das actividades deportivas del alto nivel 3. Realiza de forma desinhibida unha composición rítmico-expresiva con soporte musical
6. OBXECTIVOS E CONTIDOS PARA BACHARELATO 6.1. OBXECTIVOS XERAIS PARA BACHARELATO A Educación Física no Bacharelato ha de contribuír a que as alumnas e os alumnos adquiran as seguintes capacidades: Coñecer e valora-las súas características persoais, así como a práctica sistemáticas das actividades físicas, como elemento
favorecedor do seu
desenvolvemento e facilitador da mellora das condicións de calidade de vida, saúde e hixiene. Avalia-las súas necesidades persoais, planificar e levar a cabo actividades que melloren o estado das súas calidades físicas e das súas habilidades motrices, participando activamente nos distintos grupos e mostrando nivel de autonomía, axuste e creatividade adaptado a cada situación. Recoñecer e valorar como unha característica cultural propia as actividades físico-deportivas
habituais
na
Comunidade
Galega,
participando
na
construción social e cultural que supoñen estas actividades e propiciando o uso axeitado e gozo dos servizos públicos destinados a este fin. Aumenta-las
capacidades
de
rendemento
motor
mediante
o
acondicionamento e mellora da aptitude física e o perfeccionamento e especialización das súas funcións de axuste, dominio e control corporal, desenvolvendo actitudes
de autoesixencia a superación tendentes a
consecución da eficacia e a economía nas súas accións. Participar en actividades físicas e deportivas, independentemente do grao de habilidade alcanzado, cooperando nas tarefas de equipo e respectando e valorando os aspectos de relación que teñen estas actividades.
Curso 2014/15
Páx. 31
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Adoptar unha actitude crítica ante as prácticas que teñen efectos negativos para a saúde individual e colectiva, respectando o medio ambiente e realizando achegas persoais que favorezan a súa conservación e mellora. Utilizar e valora-la riqueza expresiva do corpo e do movemento en diversas manifestacións artísticas e culturais, como medio de comunicación e expresión creativa, apreciando criterios estéticos e persoais que favorezan a súa conservación e mellora. Utilizar e valora-las técnicas de relaxación como un medio de coñecemento e desenvolvemento persoal e da mellora da disposición física e mental para actuar con equilibrio nas distintas situacións da vida diaria.
6.2. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Saber planificar un quecemento axeitado a unha posterior actividade principal, evitando lesións innecesarias e aumentando as súas posibilidades de rendemento motor.
Mellorar os seus coñecementos básicos sobre a condición física: bases fisiolóxicas e compoñentes da condición física así como os efectos da actividade física sobre o organismo, tanto a corto como a largo prazo.
Mellorar a súa propia condición física mediante os métodos e os sistemas axeitados.
Desenvolver hábitos de práctica autónoma de actividades físicas, dentro e fora da vida escolar que perduren unha vez finalizada esta.
Desenvolver, a partir da actividade física, actitudes de: autodominio, superación persoal e aceptación de si mesmo e das súas posibilidades e limitacións físicas (coñecemento da propia condición física).
Desenvolver a propia condición a partir do traballo das capacidades físicas básicas: poder determinar que exercicios melloran a forza, cales a resistencia, a flexibilidade e a velocidade.
Coñecer cales son os principais sistemas orgánicos implicados no desenvolvemento de cada unha das capacidades. Coñecer que prácticas resultan nocivas para o funcionamento destes sistemas e facer unha valoración crítica e persoal destas prácticas.
Curso 2014/15
Páx. 32
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Saber planificar adestramentos adaptándoos as súas posibilidades e necesidades.
Participar, con independencia do seu nivel de rendemento, en actividades programadas polo Centro
Recoñecer e valorar a importancia que ten para a saúde a práctica habitual de actividade física.
Planificar e levar a cabo actividades que permitan satisfacer as súas propias necesidades de práctica física e deportiva.
Aumentar as súas posibilidades de rendemento motor mediante o acondicionamento e mellora da condición física
Desenvolver as capacidades físicas coordinativas.
Coñecer a técnica de execución dos golpes básicos do bádminton.
Aplicar solucións tácticas axeitadas nas distintas situacións de xogo no bádminton.
Coñecer o regulamento do voleibol.
Coñecer a execución dos xestos técnicos básicos do voleibol.
Aplicar solucións tácticas axeitadas nas distintas situacións de xogo no voleibol.
Comprender e respectar ó/á compañeiro/a como persoa.
Simbolizar: poder, cariño, amizade... co seu corpo
Crear, comunicar, relacionarse e aceptar outras formas de facelo diferentes ó habitual.
Conseguir estados de relaxación idóneos para mellora-la expresividade.
Mellorar a súa capacidade expresiva.
Fomentar o traballo en grupo e a cooperación a través da representación.
Traballar a desinhibición mediante exercicios de expresión corporal.
Coñecer e practicar xogos con material alternativo: indiakas, pelotas multiformas, sticks.
Participar nas sesións activamente.
6.3- CONTIDOS CONCEPTOS. Curso 2014/15
Repaso do quecemento. Páx. 33
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Repaso ós coñecementos do segundo ciclo da E.S.O.: concepto de Condición Física. Compoñentes da condición física: as capacidades físicas básica (forza, resistencia, velocidade e flexibilidade), nocións fisiolóxicas relacionadas (sistema de locomoción, estruturas, etc.), as cualidades motrices (coordinación e equilibrio) e a axilidade como capacidade resultante.
Principios para o desenvolvemento da condición física.
Efectos do exercicio físico sobre os sistemas e aparellos implicados na actividade física : -
A corto prazo: respostas.
-
A largo prazo: adaptacións.
Avaliación das cualidades motrices : probas e baremos.
Sistemas de adestramento das cualidades físicas básicas.
Precaucións no traballo da forza: efectos na columna e nos cartilaxes de crecemento.
Exercicios de resistencia, velocidade, forza para os principais grupos musculares (método natural co propio peso) e flexibilidade.
Planificación dunha sesión de adestramento para cada unha das capacidades físicas básicas.
As cualidades motrices: repaso. Coordinación, equilibrio e axilidade.
Aspectos regulamentarios do voleibol.
PROCEDEMENTOS.
Toma do pulso en períodos de 6 ou 15 segundos antes de iniciar o exercicio físico e ó fin do mesmo.
Realización práctica de diversos quecementos para sesións de: resistencia, forza, velocidade e flexibilidade.
Realización e dirección dun quecemento por grupos (previamente planificado), para unha sesión ou sesións específica/s determinada/s polo profesor.
Curso 2014/15
Páx. 34
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Desenvolvemento xeral da capacidade de resistencia mediante traballo de: carreira continua, adestramentos fraccionados a intensidade baixa, fitness, test de Cooper, Coourse Navette, etc.
Realización de circuítos de forza-resistencia, de carácter moi xeral.
Desenvolvemento xeral das capacidades de forza, especialmente da forza-resistencia mediante traballo de circuítos de exercicios, de carácter moi xeral.
Execución de tests de forza: lanzamento de balón medicinal e realización de “fondos”.
Traballo de exercicios de flexibilidade para cada articulación.
Traballo de flexibilidade ó final das clases.
Carreiras de velocidade: xesto técnico correcto. Carreiras de velocidade valada.
Saídas de velocidade.
Traballo da condición física, tanto xeral, como parte doutros contidos, como de forma específica para a forza, a resistencia, a flexibilidade e a velocidade. Realización de exercicios específicos de cada unha das capacidades físicas básicas, e de exercicios que impliquen a todas xunto coas cualidades motrices (circuítos de axilidade).
Mellora da capacidade de desprazamento.
Realización de xogos de habilidades expresivas.
Toma de contacto con: aeróbic.
Creación de coreografías.
Perfeccionamento técnico do voleibol: o saque, toque de dedos, toque de antebrazos, remate e bloqueo.
Perfeccionamento táctico do voleibol: sistemas de recepción ( w, semicírculo) , sistemas de ataque e sistemas de defensa.
ACTITUDES.
Valoración da necesidade dun quecemento para evitar lesións e aumentar o rendemento posterior.
Curso 2014/15
Actitude positiva na execución do quecemento.
Páx. 35
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Desenvolvemento dunha actitude positiva ante a actividade física como medio de mellora da condición física e polo tanto da saúde e a calidade de vida.
Desenvolvemento de hábitos de práctica continuada de actividade física dentro o fora do Centro.
Rexeito de prácticas nocivas para a saúde (consumo de alcohol e tabaco, sedentarismo, etc.)
Toma de conciencia dos beneficios do exercicio de resistencia (bicicleta, carreira, natación...), sobre a saúde en xeral e sobre os sistemas cardiocirculatorio e respiratorio.
Análise crítico das prácticas antideportivas nos deportes de competición .
Gusto pola actividade deportiva.
Interese por mellorar o rendemento.
Respecto polas normas e regras dos regulamentos.
Valoración do xogo limpo.
Respecto ós demais.
Desenvolvemento de actitudes de cooperación
Perda do medo das actividades de expresión.
Conservación das instalacións e o material.
Curso 2014/15
Páx. 36
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
7. CADRO DE CONTIDOS PRÁCTICOS 1º TRIMESTRE
1º E.S.O.
CONDICIÓN
2º TRIMESTRE o
XOGOS E DEPORTES
3ºTRIMESTRE o
XOGOS E DEPORTES
FÍSICA
BALONCESTO
BADMINTON
ATLETISMO
FUTBOL SALA
BALONMÁN XOGOS E DEPORTES TRADICIONAIS
CONDICIÓN
o
FÍSICA
2º E.S.O.
ATLETISMO
CONDICIÓN
o
FÍSICA
3º E.S.O.
ATLETISMO
CONDICIÓN FÍSICA
4º E.S.O.
ATLETISMO
o
XOGOS E DEPORTES
EXPRESIÓN CORPORAL
o
XOGOS E DEPORTES
BALONCESTO
FÚTBOL SALA
VOLEIBOL
BÁDMINTON
BALONMANO
o
EXPRESIÓN CORPORAL
XOGOS E DEPORTES
o
XOGOS E DEPORTES
BALONCESTO
BÁDMINTON
BALONMANO
DEPORTES
VOLEIBOL
ALTERNATIVOS
FÚTBOL SALA
o
EXPRESIÓN CORPORAL
XOGOS E DEPORTES
o
XOGOS E DEPORTES
BALONCESTO
BÁDMINTON
BALONMANO
DEPORTES
VOLEIBOL
ALTERNATIVOS
FÚTBOL SALA
Curso 2014/15
o
o
EXPRESIÓN CORPORAL
Páx. 37
Departamento de Educación Física
CONDICIÓN
o
FÍSICA
1º BACH.
ATLETISMO o
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
XOGOS E DEPORTES
o
XOGOS E DEPORTES
BALONMANO
BALONCESTO
BÁDMINTON
DEPORTES
VOLEIBOL
ALTERNATIVOS
PLAN ENTRENAMENTO
o
EXPRESIÓN CORPORAL
DE FORZA
8. CADRO DE CONTIDOS TEÓRICOS
1º E.S.O.
1º TRIMESTRE
2º TRIMESTRE
3º TRIMESTRE
Quecemento
Distinción
aspectos básicos dos
aspectos básicos dos
capacidades físicas
xogos e deportes
xogos e deportes
básicas
practicados
practicados
2º E.S.O.
Clasificación das
Regulamento e
Regulamento e
capacidades físicas
aspectos básicos do
Control da
voleibol
Regulamento e
JJ. OO.
intensidade: frecuencia cardíaca Aparello locomotor: osos e músculos
3º E.S.O.
Relación das cualidades físicas
A columna vertebral:
Primeiros auxilios
Cifoses Escolioses Hiperlordoses
cos aparellos e sistemas Elaboración dun
4º E.S.O.
Explicación do gasto
adestramento dunha
calórico e a relación
cualidade física:
co exercicio
Primeiros auxilios
resistencia
Curso 2014/15
Páx. 38
Departamento de Educación Física
1º BACH.
Principios do
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Elaboración dun
adestramento
adestramento dunha
Sistemas de
cualidade física:
adestramento
forza
9. CONTIDOS MÍNIMOS PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA 1º E.S.O. . Teóricos: Coñecemento das partes, obxectivos e tipos de quecemento Coñecemento das capacidades físicas básicas (forza, velocidade, resistencia e flexibilidade ). Coñecemento do regulamento básico dos deportes practicados
Prácticos: Realización de forma correcta de diversos exercicios relacionados cá condición física: proba de resistencia, proba de forza, proba de velocidade e proba de flexibilidade. Execución correcta dun circuíto básico dos diferentes deportes practicados durante o curso.
2º E.S.O. Teóricos: Coñecemento das cualidades físicas principalmente relacionas coa saúde: resistencia aerobia e flexibilidade. Coñecemento das cualidades físicas básicas e os seus tipos que se necesitan nos distintos deportes. Control da intensidade por medio da frecuencia cardíaca. Curso 2014/15
Páx. 39
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Coñecemento dos aspectos regulamentarios dos deportes practicados. Xogos olímpicos: orixe e características básicas
Prácticos: Realización de forma correcta de diversos exercicios relacionados cá condición física: proba de resistencia, proba de forza, proba de velocidade e proba de flexibilidade. Execución correcta dun circuito básico dos diferentes deportes practicados. Realización dunha coreografía en grupo
3º E.S.O Teóricos Localización dos principais osos, articulacións e músculos do corpo. Coñecemento da relación básica do corpo humano (sistema nervioso, sistema Cardiovascular, sistema respiratorio e aparato locomotor) cá actividade física. A columna vertebral: partes e alteracións. Coñecemento dos aspectos básicos nos primeiros auxilios
Prácticos: Realización de forma correcta de diversos exercicios relacionados cá condición física: proba de resistencia, proba de forza, proba de velocidade e proba de flexibilidade. Execución correcta dun circuíto básico dos diferentes deportes practicados. Execución dunha representación básica de expresión corporal.
4º E.S.O. Teóricos: Coñecemento dos sistemas de enerxía. Tipos de resistencia e o seu adestramento. Coñecemento dos aspectos básicos nos primeiros auxilios.
Curso 2014/15
Páx. 40
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Prácticos: Realización de forma correcta de diversos exercicios relacionados cá condición física: proba de resistencia, proba de forza, proba de velocidade e proba de flexibilidade. Execución correcta dun circuíto básico dos diferentes deportes practicados. Execución dunha representación básica de expresión corporal.
1º BACHARELATO Teóricos: Coñecemento dos principais principios e métodos de adestramento Tipos de forza e o seu adestramento.
Prácticos: Realización de forma correcta de diversos exercicios relacionados cá condición física: probas de resistencia, probas de forza, proba de velocidade e proba de flexibilidade. Execución correcta dun circuíto básico dos diferentes deportes practicados. Participación nas actividades de expresión corporal.
Curso 2014/15
Páx. 41
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
10. SISTEMA DE CUALIFICACIÓN A avaliación da materia contará cás seguintes partes:
A) Parte práctica ---------------------------8 puntos. A nota da parte práctica corresponde á suma dos puntos obtidos nos exames ou diferentes probas máis os puntos correspondentes ao comportamento e actitude na clase: 1. nota obtida nos exames prácticos e as diferentes notas tomadas polo profesor o longo das sesións de cada avaliación: a. 1º ESO e 2º ESO: 4 ou 5 puntos b. 3º ESO, 4º ESO e 1º BACH: 5 - 6 puntos 2. para que o curso transcorra da mellor forma posible os alumnos/as deberán ter unha boa conduta e actitude tanto en relación cos seus compañeiros e o profesor coma co material do departamento. As diversas accións de falta de respecto ou actuacións que provoquen un deterioro no material repercutirá de forma negativa na nota do alumno/a. Este apartado valorarase co porcentaxe de nota restante para a parte práctica e terase en conta o esforzo e traballo, o interese, a participación, colaboración cos compañeiros, a mellora e súa conduta. a. 1º ESO e 2º da ESO: debido á problemática do comportamento nestes niveis valorarase con 2 puntos a conduta do alunmo/a durante o trimestre e 1 - 2 puntos a súa actitude. Curso 2014/15
Páx. 42
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
b. 3º ESO, 4º ESO e 1º BACH: valorarase con 2-3 puntos a súa actitude.
B) Parte teórica ---------------------------- 2 puntos Corresponde a nota obtida nos exames teóricos e diversos traballos que o profesor considere oportuno para a adquisición de coñecementos teóricos por parte dos alumnos/as. De acordo ca C.C.P. os alumnos que teñan unha boa presentación e non teñan faltas de ortografía se lles subirá 0´5 na nota. Si nalgún trimestre non se fan probas teóricas a nota corresponderá unicamente á valoración da parte práctica. Os alumnos/as que non asistiran á clase por algún motivo deberán realiza-lo traballo escrito indicado polo profesor. No caso de non facelo se lle poderá restar 0´25 puntos á nota do alumno. Ós alumnos/as que por algún motivo teñen algún parte de amoestación na materia se lles restará 0´75 puntos na parte práctica. Para aprobar cada trimestre o alumno deberá sacar un mínimo de 5 puntos, sendo obrigatorio aprobar tanto o apartado teórico coma o práctico. Si una alumno non se presenta a dúas ou máis probas e non xustifica a súa ausencia, suspenderá ese trimestre xa que non se fará media co resto das probas. O alumno/a que suspenda o apartado práctico ou teórico poderá recuperalo ó longo do curso. Debido o carácter eminentemente práctico da materia as faltas inxustificadas restaranlle cada unha 0,50 puntos á nota do alumno. Será obrigatorio a asistencia a clase práctica con roupa e calzado deportivo; de non facelo será considerado coma se non asistira a clase, e polo tanto se lle restará 0´50 puntos á nota cada práctica non realizada.
Para a nota global do curso, o alumno pode aprobar a parte teórica ou a parte práctica si obtén una media de 5 nas diferentes probas ou exames realizadas durante todo o ano, aínda que suspendera algunha proba ou exame. No apartado teórico farase media se as notas de todos os exames son igual ou superior a 3.
Alumnado con problemas para realiza-la práctica.
Curso 2014/15
Páx. 43
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Os alumnos/as exentos da parte práctica (por prescrición médica) ou os alumnos/as que por algún motivo non podan realiza-la parte práctica algún día, deberán realizar a tarefa asignada polo profesor, ben sexa de axuda ós seus compañeiros ou de traballo escrito. Estas tarefas repercutirán na nota do alumno/a.
Exame de setembro. Os alumnos que non supere a materia en xuño poderán facelo en setembro. Deberán aprobar tanto a parte práctica ( 5 puntos ) como a parte teórica, que consistirá en exames e/ou traballos ( 5 puntos ). En caso de facer soamente o exame práctico ou teórico estará valorado en 10 puntos, sendo necesario sacar un 5 para superar o exame.
11.
PROCEDEMENTOS
E
INSTRUMENTOS
DE
AVALIACIÓN 1. Avaliación ordinaria: 1.1.
Práctica:
1.1.1.
Tests de condición física
1.1.2.
Circuítos de cualidades físicas
1.1.3.
Circuítos dos xestos técnicos básicos dos deportes traballados
1.1.4.
Observación directa e recollida de datos do comportamento e o traballo diario do alumno independentemente do seu rendemento
1.1.5. 1.2.
Gravacións en vídeo de sesións ou exames
Teoría:
1.2.1.
Exames prácticos
1.2.2.
Traballos
2. Avaliación extraordinaria: 2.1.
Práctica:
2.1.1.
Tests de condición física
2.1.2.
Circuítos dos xestos técnicos básicos dos deportes traballados
2.2.
Teoría:
2.2.1.
Exame
Procedementos para a realización da avaliación inicial (na ESO). Curso 2014/15
Páx. 44
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Debido a pouca utilidade desta proba realizarase un pequeno cuestionario teórico sobre coñecementos de aspectos básicos de Educación Física
12. PROGRAMA DE REFORZO PARA RECUPERACIÓN DE PENDENTES E REPETIDORES A práctica totalidade dos alumnos que teñen a materia de Educación Física pendente ou repiten curso coa materia suspensa é por motivos de absentismo escolar ou non traer o material (roupa e calzado deportivo, raqueta). Nestes casos o profesor terá una comunicación constante co titor para levar un control exhaustivo da asistencia a clase e a comunicación cos pais para que o alumno teña o material e deste xeito poda recupera-la materia. Se o alumno tivera suspendido a materia por non superar os mínimos prácticos esixidos para unha avaliación positiva, o profesor deberá prestar una atención máis individualizada e se fora necesario deseñar una serie de exercicios e actividades para que o alumno traballase ademais das clases de Educación Física. Os alumnos/as da E.S.O. que teñan a materia pendente de anos anteriores poderán recuperala si a levan aprobada na 2ª avaliación no curso actual. De non ser así poderán recuperala facendo un traballo e no último caso cos exames nas convocatorias de Xuño e Setembro. Nestes exames os alumnos/as terán que realizar una proba teórica e unha proba práctica de acordo cos contidos mínimos expostos anteriormente para cada curso. Os alumnos/as de Bacharelato que teñan a materia pendente terán que realizar una proba teórica e una proba práctica de acordo cos contidos mínimos expostos anteriormente para 1º de Bacharelato.
Curso 2014/15
Páx. 45
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
13. METODOLOXÍA DIDÁCTICA Os contidos a desenvolver, así como os obxectivos perseguidos, serán os que nos fagan optar polos diferentes métodos, técnicas, estilos, etc. Empregaremos métodos de ensino-aprendizaxe baseados na recepción e no descubrimento. Así, recorrerase, segundo as necesidades, á instrución directa ou á busca. As estratexias máis usadas na práctica serán as globais, polarizando a atención e modificando a situación, aínda que en moitos casos utilizaremos estratexias máis analíticas. Para a organización de clase usaremos estilos como a asignación de tarefas (estilo da práctica) e os grupos de nivel, a inclusión a ensinanza recíproca, o descubrimento guiado á resolución de problemas. O que se pretende é que o número de decisións a tomar polos alumnos, tanto antes coma durante e ó finaliza-la súa actuación, sexa cada vez maior. As tarefas a empregar serán de diferentes tipos: definidas, semidefinidas e non definidas. Ó longo da etapa irémonos decantando cada vez mais polos métodos, estratexias e formas de organización que lle permitan ó alumno irse emancipando, sendo cada vez mais autónomos e responsables das súas accións.
14. TRATAMENTO DOS TEMAS TRANSVERSAIS Os contidos da educación física tocan de forma implícita a meirande parte dos temas transversais. A educación para a saúde e calidade de vida é un dos propósitos que pretende a nosa área, nos diferentes temas que abarca: a hixiene (calzado, roupa,
Curso 2014/15
Páx. 46
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
ducha,…), a prevención das lesións (quecemento, relaxación, emprego de material adecuado, etc), adecuado estado físico que permita solucionar as demandas que o traballo e as actividades cotiás requiren (mellora dos compoñentes da condición física saudable: resistencia aerobia, forza resistencia, flexibilidade,…), alimentación e nutrición (adecuada ás actividades realizadas para evitar carencias ou excesos, control de peso ou delgadeza, debilidade extrema, elaboración de programas de actividade física, dietas, etc.) ou a saúde mental ( actividade física como descanso, recreación, contacto con outras persoas, loita contra o estrés,…).
De igual xeito a educación para a igualdade entre os sexos é algo que abordaremos en tódolos bloques de contidos. Cos contidos referidos a actividades no medio natural inténtase incidir na educación ambiental. Nos demais temas trátase de maneira explícita. Para a educación do consumidor usaremos temas referidos ó consumo e ó deporte, marcas deportivas, bebidas, aparellos, etc. Cando se toquen aspectos de nutrición se incidirá sobre todo nos produtos de adelgazamento, complexos vitamínicos, anabolizantes,… Con tódolos contidos actitudinais intentarase traballar sobre a educación para a paz e sobre a educación moral e cívica. A educación vial tratarémola ca meirande parte de contidos procedementais, traballo de traxectorias, desprazamentos, atención selectiva, anticipación perceptiva, avaliación de situacións e rápida toma de decisións, etc. Por último resaltar que unha das áreas que mais pode contribuír á educación para o pracer é a educación física. Moitos dos contidos que desenrolamos pretenden dar unha formación ó alumno que lle permita ocupar parte do tempo de ocio con actividades físicas diversas.
15. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE Os alumnos con limitacións, xa sexan permanentes ou temporais, realizarán as actividades que non prexudiquen ó seu problema, á vez que complementarán con traballos prácticos ou teóricos os contidos que non podan desenvolver para alcanzar os obxectivos previstos. No caso de que se solicite unha adaptación curricular, esta farase á vista dun
Curso 2014/15
Páx. 47
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
certificado médico oficial no que debe constar de forma específica e con claridade as limitacións de acción que teña a persoa.
16. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS O Departamento ten previsto realizar actividades deportivas nos recreos con todos os niveis. Pretendemos organizar unha liga en distintas modalidades deportivas en función das preferencias e o interese do alumnado. Tamén participaremos no programa do Deporte Escolar. Ademais xunto co departamento de Normalización Lingüística realizaremos varias sesións con alumnos de 1º de ESO sobre xogos autóctonos e locais.
17. TRATAMENTO DO FOMENTO DA LECTURA E DAS TIC Aínda que a materia de Educación Física non se presta especialmente o fomento da lectura e das TIC o departamento intentará contribuír do seguinte xeito:
Fomento da lectura: participaremos no Plan Lector elaborado polo centro. Ademais nas clases teóricas de 1º e 2º de ESO os alumnos dedicarán unha parte da clase á lectura comprensiva dos apuntes antes da explicación do profesor.
Fomento das TIC: o departamento realizará gravacións das sesións prácticas ou de avaliación para elaborar un material co que despois os alumnos terán que traballar utilizando diversos medios audiovisuais. Nas clases teóricas utilizaranse os medios dixitais dispoñibles (canón, ordenadores) e daremos ós alumnos a posibilidade de ter apuntes e outro material en formato dixital.
18. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA A realización da materia de Educación Física e na súa maioría práctica, polo que se en todo momento se ten en conta o bo comportamento do alumno tanto a nivel individual coma colectivo, Incidindo na nota do propio alumno
Curso 2014/15
Páx. 48
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
19. MATERIAS E RECURSOS DIDÁCTICOS INCLUÍDOS OS LIBROS DE TEXTO Nos últimos anos prescindimos de libro de texto, xa que non é gratuíto. Elaboramos material pedagóxico que se entrega o alumnado, ben sexan apuntes, esquemas ou noticias de periódico. Tamén traballamos con material e fichas elaboradas polo alumno relacionadas cos diversos contidos teóricos a tratar durante o curso.
20. PROPOSTAS DE MELLORA Aínda que os resultados,como queda reflectido na memoria do fin de curso, son bastantes bos no departamento consideramos que se pode mellorar si se poñen en práctica ou incorporan novos contidos e metodoloxías. Pero para poder facelo é fundamental o incremento do orzamento asignado ao Departamento (bastante limitado) xa que case sempre a maior parte do mesmo dedícase a repoñer material. Ademais ó ter que compartir as instalacións en varios grupos tamén limita as posibilidades de introducir algúns contidos, xa que non é posible planificar melloras que implicarían, en moitos casos, dispoñer do Pavillón para un so grupo. Sería necesario ter outra instalación cuberta. Por último os cursos de formación relacionados coa nosa materia son mínimos e os realizados en Verín inexistentes. Na nosa materia é moi importante o aspecto práctico polo que a opción de cursos na rede é moi limitada.
Tentaremos na medida das nosas posibilidades materiais e humanas mellorar tanto aspectos de programación coma aspectos metodolóxicos de cara ó ano que ven:
Introducindo novas actividades na programación ou mellorando as desenroladas outros anos intentando facelas mais atractivas.
Colaborando co Concello na utilización das instalacións: Piscina e Complexo deportivo "A Granxa"
Curso 2014/15
Páx. 49
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Mellorando as diversas competicións que se levan a cabo no recreo
Colaborando co Departamento de Orientación e co equipo directivo para que os alumnos problemáticos se integren o mellor posible e non prexudiquen os demais compañeiros.
21. MEDIDAS PARA REDUCIR O FRACASO ESCOLAR No departamento de educación física entendemos que un motivo fundamental do fracaso escolar, especialmente nos cursos de 1ºESO e 2º ESO é o aumento do número de alumnos por aula. Ademais moitos de estes alumnos teñen necesidade dunha atención máis individualizada, tanto dende o punto de vista académico con medidas de atención a diversidade (adaptacións, contidos mínimos, reforzos) como da súa conduta (aula de convivencia, contrato de comportamento). Si tamén engadimos que é moi difícil ou practicamente imposible:
Motivar os rapaces e rapazas de etnia xitana, xa que teñen un tipo de vida moi lonxe da nosa “sociedade”. Veñen ó instituto obrigados para poder recibir unha axuda e demostran un mínimo interese por aproveitar as oportunidades que se lle ofrecen salvo contadas excepcións. Neste apartado sería aconsellable que os alumnos xitanos estivesen repartidos por todos os centros da comarca evitando a masificación que se está a producir nun so centro evitando a problemática que se deriva cando nunha aula coinciden ata 5 alumnos, aos que hai que engadir repetidores.
Motivar a moitos alumnos de 1º e 2º ESO repetidores que saben que pasan por imperativo legal polo e que non prestan, nun alto porcentaxe, o mínimo interese por aprobar o curso.
Curso 2014/15
Páx. 50
Departamento de Educación Física
I.E.S. Xesús Taboada Chivite - Verín
Consideramos, polo tanto, que as medidas verdadeiramente efectivas están moi lonxe de poder aplicarse e cada vez mais si os recortes en educación se manteñen ou incrementan durante mais tempo.
22. AVALIACIÓN DA PROGRAMACIÓN. Mediante as actas que se fan ó longo das reunións do Departamento e despois de estudar os diversos resultados do curso, tanto a nivel cuantitativo como cualitativo poderemos analizar a posible mellora da programación. Na memoria de fin de curso farase tamén unha avaliación da mesma.
En Verín, a 12 de setembro de 2014.
Curso 2014/15
Páx. 51