6 filosofía 2014 15

Page 1

I.E.S. TABOADA CHIVITE

PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO FILOSOFÍA

CURSO ACADÉMICO 2014-2015

1


I- INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

O departamento de Filosofía do IES Taboada Chivite no curso 2014-2015 está constituído unicamente por un profesor:

ELOI ANTÓN DOMINGUEZ DELGADO , (Xefe de Departamento)

que se fará cargo das materias que a continuación se relacionan, e dacordo coa distribución e cos horarios que, integrados na memoria do Centro, están en poder da Dirección e da Xefatura de Estudio:

FILOSOFÍA E CIDADANÍA

1º BACH (tres grupos)

FILOSOFÍA II (HISTORIA DE LA FILOSOFÍA) 2º BACH. (tres grupos) ETICA E FILOSOFÍA DO DEREITO 2º Bach. (un grupo) 

LIBROS DE TEXTO SELECCIONADOS para este curso son:

No presente curso 2012-2013 dedidimos seguir coa praxis de elaborar apuntes do propio departamento nas asignaturas de ETICA E FILOSOFÍA DO DEREITO e de HISTORIA DA FILOSOFÍA . Sin embargo na asignatura de 1º de Bacharelato sí que utilizaremos un libro de Texto: Filosofía e Cidadanía da Editorial Rodeira da autora María Arrufat e outros.

2


FILOSOFÍA

E

CIDADANÍA

DE

DE

BACHARELATO

I INTRODUCIÓN Entre as capacidades que o Bacharelato ha de desenvolver nos alumnos, hai tres que se inscriben na finalidade formativa que dito nivel de estudios establece. En primeiro lugar, a de consolidar unha madurez persoal, social e moral que lles permita actuar de forma responsable e autónoma. En segundo lugar, analizar e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo e os antecedentes e factores que inflúen nel. En terceiro lugar, comprende-los elementos fundamentais da investigación e do mundo científico. Ademais, como obxectivo común a tódalas materias, trataríase de fomenta-la participación solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.

A historia dos problemas filosóficos é unha das raíces máis significativas na constitución do noso presente. O ensino da actividade filosófica supón dotar ós nosos alumnos dunha equipaxe crítica fundamental para analizar e enxuiza-las preguntas que lles presenta a realidade. A ciencia e a técnica teñen na nosa circunstancia vital un papel dominante. Só unha comprensión a fondo do fenómeno científico e tecnolóxico fai posible ser cidadán activo no diálogo social e político que ha de conforma-lo noso mundo.

A filosofía é un modo de saber racional peculiar -distinto das ciencias e doutros saberes- que se vai construíndo ó longo da súa historia facendo unha «reflexión radical e crítica» sobre os problemas específicos referidos á totalidade da experiencia humana. Un curso introductorio debe proporcionarlle ó alumnado unha visión coherente da filosofía e esixe a consideración integral dos seus problemas estructurais, sen limitarse a reflexións illadas sobre cuestións inconexas que poidan privilexiar partes da materia en

3


detrimento doutras igualmente relevantes, porque só deste modo o alumnado pode facerse cargo do que significou e significa a filosofía como saber arredor da totalidade. Dado que a introducción nesta materia se pode realizar desde calquera consideración sistemática, o profesorado pode adopta-la perspectiva que lle pareza máis oportuna, pero o esencial para que a filosofía cumpra coa súa función integradora, neste período de formación da persoa, é que lle dea ó alumnado unha visión coherente dos problemas filosóficos da experiencia humana e dos seus distintos intentos de solución. Con esta finalidade introducirase o alumnado na linguaxe dos textos filosóficos.

Coa filosofía, como materia do bacharelato, pretendemos que o alumnado sexa capaz de: * Adquirir unha actitude reflexiva e crítica creándolle o hábito da análise rigorosa das ideas, feitos ou valores. * Utiliza-la capacidade de pensar de modo coherente, usando a razón como instrumento de análise, diálogo e persuasión. * Habituarse a pensar de modo autónomo, adoptando unha actitude persoal ante os problemas. * Integrar nunha visión de conxunto a diversidade de coñecementos, crenzas e valores. * Valora-la capacidade normativa da filosofía como instrumento de transformación e cambio.

Para cumprir estas funcións, neste curso introductorio, a materia deberá dota-los alumnos dunha estructura conceptual suficiente de carácter filosófico. Débese adoptar unha actitude crítica e reflexiva; dotarémolos de criterios axeitados para esixirlle ás teorías ou feitos -de modo especial ós feitos sociais- un grao suficiente de evidencia ou necesidade; deben aprender a usa-la razón, deberán coñecer, alomenos de modo práctico, as principais regras da lóxica; deberán pensar de modo autónomo, aprendendo filosofía á vez que filosofan, débeselles esixir que traten de fundamenta-lo que digan ou escriban... A filosofía debe servirlles para acadar unha concepción integrada do seu mundo, debe proporcionarlles unha visión global do papel que desempeñan os distintos saberes e crenzas, e tamén da organización sistemática do propio pensar filosófico.

4


II-OBXECTIVOS. * Comprende-los principais problemas filosóficos tratados ó longo da historia. * Empregar con propiedade e rigor os principais termos e conceptos filosóficos. * Analiza-la coherencia interna dos textos filosóficos, indentificando os problemas propostos e valorando criticamente os supostos filosóficos e as solucións presentadas. * Adoptar unha actitude crítica ante cuestións teóricas e prácticas, esixindo a súa debida fundamentación. * Reflexionar sobre as opinións, posicións filosóficas ou crenzas dos outros e aprecialas como un modo de enriquecer, clarexar ou poñer a proba os propios puntos de vista. * Argumentar de modo racional e coherente os propios puntos de vista, tanto de forma oral como escrita. * Utiliza-lo diálogo para contrastar e debater diferentes puntos de vista. * Coñecer e valora-la importancia da acción humana, libre e responsable, desde un punto de vista ético, técnico e artístico. * Valora-la capacidade normativa e transformadora da razón para construír unha sociedade máis xusta na que exista unha efectiva igualdade de oportunidades. * Valora-los intentos por construír unha sociedade mundial baseada no respecto polos dereitos humanos individuais e colectivos, na convivencia pacífica e na defensa da natureza. Adoptar unha actitude crítica ante todo intento de xustificación das desigualdades sociais e ante toda discriminación, xa sexa por razón de sexo, raza, crenzas ou doutras características individuais e sociais.

III- SECUENCIA DE CONTIDOS A orde de contidos é meramente orientadora. O profesor dentro do departamento poderá segui-lo itinerario que mellor se aveña co seu particular programa de impartición da materia dentro do respecto ás liñas xerais que aquí quedan establecidas. De igual maneira, cada profesor pode insistir e desenvolver uns temas máis ca outros, ou resitua-los temas, o mesmo que abandonalos momentaneamente para recollelos 5


despois a partir daqueloutra perspectiva que marque a evolución particular de cada clase ou a proposta persoal do profesor.

Unha boa parte da marcha do curso de Filosofía deberá acomodarse á realidade de cada grupo.

Os contidos que se propoñen para a Filosofía do primeiro curso de Bacharelato son os que se indican a continuación: Trátase dun currículo aberto co único condicionante de que se aborden cuestións fundamentais na historia do pensamento. Polo tanto, parece oportuno, atendendo a unha certa orde lóxica na formulación dos problemas, distribuí-lo contido da materia en sete núcleos temáticos, cada un cun número variable de unidades, que o profesorado deberá desenvolver tendo en conta, na selección dos contidos, ás características específicas do seu alumnado. O desenvolvemento do programa non ten por que seguir, necesariamente, a orde e a lóxica que aquí se presenta, recomendándose en todo caso buscar unhas liñas conceptuais que determinen un criterio de elección da orde dos núcleos temáticos.

I. A filosofía e os seus problemas (Tema introductorio). * Preténdese proporcionar unha visión de conxunto do que representou e segue a representar para o mundo occidental o saber filosófico. Deberá falarse, polo tanto, do seu sentido e necesidade como actividade teórica distinta doutras -saberes científicos, artísticos, relixiosos ou populares- e complementaria.

Unidade 1: -Especificidade do saber filosófico. -Sentido e necesidade da filosofía. -Algúns problemas filosóficos introductorios: aparencia e realidade; o problema do coñecemento; os universais; mente/corpo.

II.O ser humano. * A pregunta polo ser humano é unha pregunta fundamental na filosofía; é unha pregunta pola súa especificidade, polas características esenciais da súa humanidade, e

6


nese sentido, é unha pregunta aberta enfrontada, cada vez con maior radicalidade, ós avances científicos e tecnolóxicos. * Como o ser humano se sitúa nunha realidade intermedia entre o natural e o cultural, farase neste núcleo unha consideración crítica do home -biolóxica, psicolóxica e antropolóxica-.

Unidade 2: -Evolución, antropoxénese e cultura. -Implicación filosóficas do darwinismo (na relixión, na ética e na epistemoloxía).

Unidade 3: -Introducción histórica á psicoloxía. -A conciencia. -A aprendizaxe. -A actividade perceptiva e representativa. -Pensamento e linguaxe. -A crítica á cultura occidental de Sigmund Freud.

III.O problema da transcendencia. * Tratarase de facer unha introducción á “Filosofía da relixión”, como disciplina que se caracteriza por someter o tema relixioso a un estudio crítico, aberto e rigoroso e non confesional. Unha reflexión filosófica sobre o fenómeno relixioso, libre de ataduras dogmáticas, pois cremos con Hegel que a función de la Filosofía da Relixión non consiste en facer aos homes relixiosos, ateos ou agnósticos, senón que preténdese facelos lúcidos. Con ese fin, dotarase aos alumnos das armas necesarias para afrontar unha reflexión crítica –aconfesional- do fenómeno relixioso.

Unidade 4: -O feito relixioso. -A Filosofía da Relixión como disciplina autónoma. Deísmo e teísmo. -Argumentos a favor da existencia de Deus. -Ontoloxismo, agnosticismo e ateísmo. (Argumentos)

V.A acción humana. 7


* A relación do ser humano co seu medio non se reduce a unha interpretación teórica, senón que produce formas de acción especificamente humanas. Interesa aquí insistir na articulación profunda e constante entre a dimensión teórica (razón teórica) e práctica (razón práctica) do ser humano, así como na capacidade normativa e innovadora que dimana desta relación. Así, neste núcleo, deberanse abordar temas como a creación de formas simbólicas e artísticas e a súa relación con outros homes e mulleres, no seu senso moral. Neste caso, dando por supostas algúns nocións básicas da ética, acadadas no curso anterior –Ética de 4º da Eso- e partindo de elas, farase un análise crítico e máis profundo dalgún problema ético concreto.

Unidade 5: -A ética. -O problema do mal: formas e explicacións. -A tolerancia: historia do concepto; fundamentación ética da tolerancia; os límites da tolerancia.

Unidade 6: -A arte como problema: concepto e distintas teorías. -A beleza. -Arte de masas: defensores e inimigos.

Actitudes, valores e normas. * Valoración da reflexión filosófica como forma de acceso ós problemas fundamentais do ser humano actual. * Valoración das distintas formas de coñecemento, mantendo unha posición crítica respecto das súas posibilidades e limitacións. * Toma de consciencia da necesidade de criterios para emitir xuízos e valoracións. * Aprezo pola coherencia, claridade e rigor na expresión e na argumentación. * Valoración positiva do dereito e a xustiza democráticas como formas de regulación da convivencia. * Sensibilidade cara a utilización da razón e do diálogo como formas de regula-la acción humana, individual e colectiva. * Comprensión do pluralismo cultural, social e político como necesidade para convivir en harmonía. 8


* Descubrir e supera-los propios prexuízos. * Tolerancia e respecto para coas distintas cosmovisións e formas ideolóxicas.

IV- TEMPORALIZACIÓN 1ª avaliación................................Temas 1-5 2º avaliación................................Temas 5-10 3º avaliación

Temas 10-15

V- CRITERIOS DE AVALIACIÓN Os criterios que se establecen a continuación están orientados a comprobar o grado de consecución por parte do alumnado dos obxectivos –conceptuais e procedimientais-

prescritos

no

curriculum.

Estes

criterios

concrétanse

metodolóxicamente no desenvolvemento de seis tipos de accións diferentes desde as que se deberá observar o grao de consecución dos citados obxectivos. Agora ben, tanto o proceso de aprendizaxe como as accións nas que este se pon de manifesto, son sempre complexas; de ahí que cada criterio deba ser tomado como un complemento dos outros, como

unha perspectiva dende a que completar todo o proceso de avaliación da

aprendizaxe. 1. Recoller e integrar información a través dos diversos medios acerca dos problemas, conceptos e teorías específicos propostos para cada bloque temático. Con este criterio preténdese comprobar a capacidade para incorporar, procesar e integrar a información, así como avaliar o grado de autonomía que se vai adquirindo ao longo do proceso de aprendizaxe. 2. Caracterizar, identificar e expoñer, tanto de forma oral como escrita, os problemas, conceptos e teorías propostos e desenvoltos en cada un dos bloques temáticos específicos. Con este criterio trátase de comprobar o nivel de comprensión dos problemas e teorías analizadas e o grao de coñecemento, asimilación e dominio das nocións e conceptos adquiridos sobre eles. 3. Ler, analizar e comentar, tanto oralmente coma por escrito textos referidos as nocións e problemas abordados.

9


Trátase de verificar con este criterio a capacidade para identificar nas fontes e formulacións orixinais os problemas e nocións adquiridos en diferentes momentos do proceso de aprendizaxe así como avaliar o grado de competencia lectora e doutras destrezas

intelectuais

básicas

como

a

capacidade

de

análise

(ideas

principais/secundarias, supostos/conclusións), síntese (esquemas, mapas conceptuais), estruturación e distribución do discurso, etc. 4. Debater e argumentar acerca das cuestións máis problemáticas e controvertibles suscitadas por certos temas, fundamentalmente os éticos e os políticos. Con este criterio poderase avaliar a capacidade para facer avances nos procesos de axuste, precisión e flexibilización dos conceptos ao longo do proceso discursivo, así como avaliar o grao de destreza e coherencia argumentativa mantendo o respecto ás diferentes opinións. 5. Utilizar un vocabulario técnico específico tanto nas argumentacións como nas exposicións orais escritas. Este criterio permite avaliar o grao de incorporación significativa do vocabulario técnico introducido e comprobar o nivel de precisión, exactitude e rigor tanto no seu uso oral coma escrito. 6. Transferir e aplicar as nocións, conceptos e teorías incorporadas a análise da vida real e do propio contorno. Poderase comprobar con este criterio o grao de funcionalidade e significatividade dos conceptos e teorías adquiridas así como o nivel de conciencia asumido acerca da utilidade dos saberes académicos.

VI- MÍNIMOS ESIXIBLES Da totalidade de contidos previstos para esta materia, consideramos contidos mínimos, é dicir, imprescindibles para conseguir unha avaliación positiva na mesma, os seguintes: O ser humano: configuración e dimensións. 

– O dobre proceso de evolución biolóxica e cultural: hominización e humanización.

10


– A dialéctica entre natureza, sociedade e cultura e as diferentes concepcións do ser humano a que dá lugar.

O saber filosófico: sentido e finalidade. 

– A dimensión teórica da racionalidade filosófica: a busca da verdade e o sentido da realidade a través da gnoseoloxía e a metafísica.

– A dimensión práctica da racionalidade filosófica: a busca de directrices para a acción a través da ética e a filosofía política.

– Preguntas e problemas fundamentais da filosofía.

Da filosofía moral á filosofía política. 

– Os fundamentos da acción moral: liberdade e responsabilidade.

– O tránsito da heteronomía á autonomía moral.

– A idea de cidadanía: xénese histórica e fundamentación filosófica.

Estado, cidadanía e democracia. 

– O Estado: orixe e lexitimidade do poder político.

– Fundamentos filosóficos do estado democrático e de dereito: a lexitimidade legal-democrática.

– Os retos da democracia no mundo globalizado e intercomunicado actual: diversidade e identidade, cara a unha cidadanía cosmopolita.

VII- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Realizarase un exame de cada un dos temas explicados en clase. En ningún momento se examinará a un alumno ou alumna de ningún contido que previamente non fose explicado en clase. Dado que no Exame de Selectividade se esixe a Composición dun Texto Filosófico, os exames, a partir deste curso de 1º de Bacharelato, orientaranse cara ese obxetivo. Así que consistirán no comentario dun Texto e nunha composición na que se expoñan coa máxima claridade os conceptos, coñecementos adquiridos polos alumnos e alumnas.

Os exames consistirán fundamentalmente de tres partes: 1.- Desenrolo de preguntas sobre o tema 2.- Texto para comentar 11


3.- Proba obxetiva onde se ofrecerá a posiblidade de elexir unha resposta entre tres Este modelo de exámen presentarase, a criterio do profesor, nunha proba única ou en varias probas. É decir, un exame non ten porque incluir necesariamente os tres apartados. 4.- En todas as probas escritas introducirase a cuantificación de cada pregunta. O longo do proceso diario procederemos a unha recollida de datos valorando o trqaballo diario dos alumnos/as e a súa participación nas actividades propostas polo profesor.

VIII- CRITERIOS DE CUALIFACIÓN Para a obtención da cualificacón do alumnado, valorarase a asistencia continua ás clases, o traballo diario e os resultados obtidos nas distintas probas específicas. Farase un mínimo dun exame por tema dos contidos especificados no apartado 3. Nesas probas ademais dos contidos, valorarase a expresión e ortografía. A boa presentación e a ausencia de faltas será valorada cun máximo de 0.5 puntos. A cualificación destas probas definirá a nota da cada Avaliación, agás naqueles alumnos ou alumnas que teñan un mal comportamento ou que incurran nunha falta grave, circunstancia na cal a nota dos exames somentes representará un 70% da nota da avaliación.

A nota final do curso, será a media aritmética das obtidas nas distintas avaliacións.

Quen sexa sorprendido copiando nun exame será cualificado con un 0 nese exame.

Non se considera a realización de Recuperacións e unicamente, e a criterio do profesor, se poderá programar unha proba final de recuperación da asignatura. Esta proba diseñarase para aqueles alumnos/as que ofrezan algunha duda razonable na súa calificación final.

O alumno/a que non acade a puntuación mínima en Xuño, deberá presentarse a convocatoria extraordinaria de Setembro.

12


Non se repetirán exames a aqueles alumnos/as que non fixeran a proba no día sinalado, alomenos que xustifiquen a falta por parte do titor.

IX- ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS PENDENTES DE BACHARELATO Non afecta a este curso

X- PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS PREVIOS Non afecta a este departamento

XI- METODOLOXIA DIDÁCTICA Calquer procedemento metodolóxico aplicable na Filosofía incide directaento no fomento da autonomía persoal.

Os alumnos deben apropiarse dunha trama conceptual cada vez máis rica, integrada e rigorosa, que os volva capaces de afrontar criticamente a complexidade das realidades que compoñen a súa experiencia. Con esta bagaxe terán que articular harmonicamente os diversos ámbitos do coñecemento e do valor, tanto do dominio académico coma da vida cotiá. E esta tarefa terán que realizala, de acordo co que constitúe a característica fundacional da Filosofía, mediante o diálogo e a argumentación.

Procedemento substantivo na aprendizaxe da Filosofía é o comentario de textos filosóficos. Aínda que non só nos textos, si é certo que neles se encontra de forma privilexiada a reflexión filosófica. Afondar na súa análise e comentario supón inserirse de forma participativa na maduración da actividade filosófica.

A disertación, ou composición de escritos filosóficos, é, así mesmo, un procedemento propio do ensino da nosa materia. Se o comentario ten o seu lugar nos tramos máis elementais da aprendizaxe, a disertación preséntase como un medio de gran valor cando, concluído un tema, queremos comproba-lo grao de asimilación persoal que se alcanzou. Na composición filosófica, o alumno pon a proba a súa capacidade de 13


recrear e dar corpo conceptual ós diferentes estímulos filosóficos que recibiu, tanto do profesor coma das súas diferentes lecturas e da bagaxe de experiencias que o identifican.

Considerámo-lo debate como o terceiro procedemento de clara raizame filosófica. No debate pódese exercita-lo diálogo democrático no ambiente que mellor o favorece: á marxe dos intereses que dividen e condicionan os discursos da vida adulta. Sucede que, se queremos evita-la espontaneidade da conversación, teremos que dedicar tempo e esforzo á súa adecuada preparación, o que quizais supoña reduci-las oportunidades de poñer en práctica este medio insubstituíble de aprendizaxe da tolerancia. Os outros procedementos forman parte integrante do que se adoita facer en clase tódalas materias do currículo. Xustamente nestes cometidos se manifesta a coordinación do claustro de profesores, a coordinación pedagóxica ou, aínda que sexa en aspectos formais, a comunicación interdisciplinar . Este carácter común é compatible coa diversificación que tales procedementos adquiren de acordo co contido do que se ocupan. Estámonos referindo a procedementos como a busca e elaboración de información, a análise de películas e de series de televisión, o exame de productos artísticos, etc. Nin que dicir ten que, ó levar a cabo estes procedementos máis ou menos regrados, estamos poñendo a proba e experimentando con destrezas tan xerais como a síntese, a análise, a comparación, o contraste, a clasificación a definición, a interpretación, a avaliación, etc. A modo de recapitulación das destrezas e saberes conseguidos é moi recomendable que os alumnos realicen un traballo monográfico sobre algún dos problemas tratados no curso. Para a ocasión pode buscarse algún libro sinxelo de calquera filósofo clásico, ou ben algún libro de actualidade filosófica que abra liñas importantes de solución.

XII-MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE Para poder atender á diversidade poderanse : 1. Secuenciar os contidos tendo en conta por unha parte a propia orde lóxica da disciplina, e pola outra, a lóxica da aprendizaxe do alumnado. Neste sentido é moi importante coordinarse con outros departamentos e ter en conta as interrelacións funcionais que poida haber cos contidos doutras áreas. 14


2. Formular os obxectivos de xeito desglosado para que sexa posible plantexar, a partir deles, tarefas e contidos de distinto nivel de dificultade 3. Seleccionar e conceder protagonismo aos contidos básicos para acadar os obxectivos previstos. 4. Atender aos contidos procedimentais e actitudinais no sentido de garantir unha presencia equilibrada dos mesmos. 5. Formular os criterios de avalación de xeito flexíbel, atendendo aos diversos graos de aprendizaxe e centrándose nos obxectivos básicos previstos para a materia. 6.- Deseñaranse actividades para os alumnos con altas capacidades de ser o caso

XIII- PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN EN VALORES. O conxunto de actividades desenvoltas na materia debe fomentar a educación en valores, especialmente aqueles relativos a: - fomento de actividades democráticas - respecto ás diferencias. - construcción de sociedades plurais - pluralismo ideolóxico. - valores de xustiza universal

XIV-

ACCIÓNS

DE

CONTRIBUCIÓN

AO

PROXECTO LECTOR O fomento da lectura convértese nunha actividade prioritaria para comprender textos escritos, para redactar correctamente e para expresarse oralmente de forma axeitada. Nunha área como filosofía a falta de competencia lingüística convértese nun dos principais obstáculos. Parece, polo tanto, preciso fomentar a lectura para garantir a comprensión lingüística dos alumnos. ■

En primeiro lugar, potenciarase a lectura dos libros de texto así como as páxinas

específicas dedicadas á lectura. ■

Empregaranse textos motivadores, normalmente de carácter narrativo ou periodístico,

coa finalidade de que os alumnos descubran a Filosofía non só a través do texto expositivo, senón tamén doutros tipos de texto. Así mesmo ensinaráselles aos alumnos a ler textos s dun xeito pautado. Os alumnos aprenderán a situar os textos no seu contexto histórico e xeográfico, e a seleccionar as ideas principais. Por outra banda aprenderán a realizar actividades de contraste de fontes e de integración da información de varias fontes.

15


En terceiro lugar promoverase que os alumnos lean un conxunto de informacións para

que formen a súa propia opinión sobre temas polémicos e de debatelos cos seus compañeiros. ■

En cuarto lugar intentarase que os

alumnos aprendan a identificar os aspectos

subxectivos dos textos e a reflexionar sobre a función que cumpriron. Ademais analizarán textos de todo tipo: políticos, económicos, periodísticos … ■

En quinto lugar, proporcionaranse actividades específicas de comprensión lectora

para axudar aos alumnos a comprender o que len ao mesmo tempo que realizan actividades que os axudarán . Estas actividades de comprensión lectora poden ser de varios tipos: ○

actividades sobre o vocabulario más difícil ou específico.

actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma

explícita no texto. ○

actividades sobre as ideas implícitas, os matices do texto e as relacións entre as ideas

(causa - efecto, comparación, semellanza ... ). difíciles de descubrir polos alumnos, pois adoitan estar ocultos no texto. ○

actividades de realización de cadros, esquemas, táboas, etc., ferramentas que son moi

útiles para comprender e estudar . actividades en que se pide aos alumnos que dean a súa opinión persoal e que implican a transformación do estudado en coñecemento propio.

XV- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC Utilizaremos as Tecnoloxías da Información e Comunicación para recabar información sobre os temas propostos asi como o uso do cine que sí nos abre un importante campo na aprendizaxe da Filosofía e Cidadanía por aportarnos valiosos materiais relacionados cos contidos que se impartirán ao longo do curso. Empregaremos o ordenador da aula e o cañón para apoiar as explicacións

XVI- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA - Mediante a lectura de textos traballaremos as diferenzas

16


XVII- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS INCLUÍDO O LIBRO DE TEXTO Empregaremos textos orixinais de diferentes pensadores, textos anónimos, textos mitolóxicos e xornalísticos. Utilizaremos o cine, redes sociais, documentais extraídos da internet servíndonos para elo do ordenador da aula. O libro de texto é Filosofía e Cidadanía da Editorial Rodeira.

XVIII-ACTIVIDADES

COMPLEMENTARIAS

E

EXTRAESCOLARES Dende o departamento, en coordinación co departamento de actividades extraescolares, programamos a nosa participación nos actos conmemorativos relacionados cos contidos do currículo: 10 de Decembro. Día dos dereitos humanos, 30 de Xaneiro, día mundial da paz, 8 de Marzo día da muller traballadora, 14 de Marzo, Dereitos do consumidor, 5 de Xuño, día mundial do medio ambiente. A implicación do noso alumnado nestas conmemoracións poderá ter lugar de diferentes maneiras: informes individuais e de grupo, murais, exposicións fotográficas, asistencia e participación activa en charlas ou conferencias, etc. Realizarase tamén de acordo coa vicedirección do centro unha saída didáctica , asistencia a algunha conferencia ou película ou calquera outra actividade de interese.

XIX- INCORPORACIÓN DE MODIFICACIÓNS PROPOSTAS

NA

MEMORIA

DO

CURSO

ANTERIOR Como xa se tiña indicado na Memoria do curso 2013-14, a asignatura de Filosofía non pode someterse a unha metodoloxía estrictamente definida. A problemática filosófica obríganos a unha discusión contínua dos aconteres do mundo no que estamos instalados, esto supón unha difícil temporalización dos contidos que, en moitas ocasións, supón un tratamento menos procedimental dos temas do programa.

17


Como temos insistido en anteriores cursos, sería óptimo un aumento nas horas de clase adxudicadas a esta asignatura. Temos observado nos últimos anos unha merma de horas pero non unha merma correspondente nos programas. Esto dificulta grandemente a preparación do alumnado pras probas de selectividade.

Outra posibilidade sería a de orientar os dous curso de Bacharelato encol dunha programación que insistira mais nos temas propios da Historia da Filosofía, pois parte da temática da asignatura de 1º como Ética, Antropoloxía, xa se imparte en asignaturas optativas.

Debemos constatar asimesmo que o Dto. De Filosofía debería contar cun 2º profesor debido a que temos suficiente número de horas con asignaturas impartidas, sobretodo, polo Dto. De Historia e que, en boa lóxica, deberían corresponder co Dto. De Filososía. Estoume referindo á Etica de 4º da ESO e a nova asignatura de Antropoloxía .

Engadir que o número de alumnos/as por clase leva aumentado nos últimos cursos. Compre unha disminución da ratio alumno/aula para que o profesor poida impartir as clases con mais motivación e se poidan completar os programas.

XX-

PROCEDEMENTOS

PARA

AVALIAR

A

PROPIA PROGRAMACIÓN. A programación é revisada ao longo de todo o curso escolar , con especial fincapé ao analizar os resultados de cada avaliación.

18


2º DE BACHARELATO: HISTORIA DA FILOSOFÍA I- INTRODUCCIÓN Coa filosofía II (Historia da Filosofía) culmina o ciclo de educación filosófica no bacharelato. Esta materia debe estar en estreita relación coa filosofía de primeiro curso de bacharelato, xa que supón un afondamento intelectual e unha visión histórica dos grandes problemas que se analizaron neste curso arredor do coñecemento, a realidade, o ser humano e a sociedade. A función que debe desempeña-la historia da filosofia no currículo de bacharelato é dobre: por unha parte, debe proporcionar unha información básica, que permita ós alumnos localizar filósofos e sistemas; e, por outra parte, debe atender a completa-la formación filosófica mediante o estudio e a análise dalgúns dos filósofos máis representativos de cada época. A función informativa, sen embargo, non debe confundirse cunha mera historiografía de tódalas correntes e tendencias filosóficas que houbo en Occidente desde Grecia ata os nosos días, nin menos aínda como unha simple doxografía, na que aparezan os distintos autores como creadores de opinións filosóficas, sen maior valor que o da sucesión cronolóxica e a contraposición de pareceres. Convén, non obstante, presentarlles a alumnos e alumnas unhas visións de conxunto de cada época e un esquema das principais tendencias e filósofos que as representaron. Esta función informativa non debe esixir desenvolvementos historiográficos exhaustivos, pero sen ela, como é obvio, resulta difícil afondar naqueles filósofos que permitan completa-la formación filosófica do alumno. Tamén é necesario resalta-la función reconstructiva desta materia, que destaca a relevancia dos problemas teóricos formulados e das respostas ofrecidas polos filósofos no pasado para a nosa comprensión deses mesmos temas no presente. A historia da filosofía que se imparte en segundo curso de bacharelato non pode ser tampouco unha historia de toda a cultura occidental en tódalas súas manifestacións; sen embargo, débese manter unha análise do contexto que permita capta-lo sentido diacrónico e dialóxico das ideas. 19


Polo tanto, evitaranse varios perigos na articulación do currículo: o historicismo filosófico exhaustivo, o historicismo culturalista, a mera doxografía e, por último, a excesiva erudición hermenéutica no comentario dos textos. Sobre a base, pois, dunha contextualización esquemática, pode abordarse a análise dos problemas tratados no curso anterior, explicados no contexto das correntes e autores máis importantes da filosofía occidental, e todo isto mediante unha non moi extensa antoloxía de textos filosóficos significativos, que podemos denominar «canónicos», que presenten de forma coherente e relevante os problemas estudiados; non hai que esquecer que a filosofía se mostra nos seus textos orixinais, sendo a lectura, comentario e interpretación deles indispensable.

II- OBXECTIVOS * Coñecer e comprende-los diferentes aspectos (temas, autores, escolas) que integran os períodos nos que se divide a historia da filosofía. * Comprende-la relación entre os problemas expostos e as teorías propostas con outras manifestacións teóricas e prácticas do contexto histórico onde foron enunciados. * Comprende-la historia da filosofía como un avance en espiral, onde os problemas son retomados cun crecente nivel de radicalidade metodolóxica. * Recoñecer e situa-los problemas filosóficos analizados no curso anterior como cuestións xurdidas ó longo da historia. * Comprende-los problemas filosóficos fundamentais que ocuparon os filósofos ó longo da historia e recoñece-la súa trascendencia para a comprensión do mundo actual. * Aprender a ler e comentar textos filosóficos establecendo entre eles un diálogo crítico que leve á súa interpretación, á súa comparación e á súa localización. * Asimilar comprensivamente os conceptos filosóficos máis importantes e utilizalos como ferramentas intelectuais que permiten formular e explicar adecuadamente cuestións tanto humanísticas como científicas. * Aprender a analizar e expoñer adecuadamente, de modo oral e escrito, os problemas e as teorías filosóficas estudiadas prestando especial interese ó rigor conceptual e lóxico. * Desenvolver e consolida-la actitude crítica ante opinións contrapostas, someténdoas a unha reflexión racional, e analiza-los conceptos previos, prexuízos e posicións ideolóxicas que poidan existir como condicionantes.

20


* Comprender e valora-lo desenvolvemento das ideas como un continuado esforzo racional e comprender e valorar que o diálogo racional é a súa orixe. * Valora-lo debate de posicións contrapostas como medio para practica-lo respecto ós demais e a tolerancia positiva contra calquera forma de discriminación.

III- SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS I. Filosofía grega. * As principais cuestións que cabe considerar neste período son: o paso do mito ó logos nos filósofos presocráticos; os primeiros intentos metafísicos de Parménides e Heráclito; a significación dos filósofos pluralistas; Sócrates e os sofistas; o nacemento da polis e da democracia en Atenas; e os proxectos éticos do epicureísmo e do estoicismo. * Polo significado e a importancia para comprende-la historia da filosofía occidental, parece necesario estudiar de modo específico a Platón e Aristóteles.

Unidade 1: Platón. -A Teoría das Ideas como síntese da tradición filosófica grega. -Realidade e coñecemento desde a Teoría das Ideas. -Home e sociedade desde a Teoría das Ideas.

Unidade 2: Aristóteles. -Un novo enfoque filosófico fronte ó platonismo. -Teoría hilemórfica, potencia-acto, causalidade e teleoloxía na explicación da realidade. -A ética e a análise das formas de goberno. II. Filosofía medieval e renacentista.

* A filosofía medieval debe contextualizarse a través dos problemas que se suscitan arredor da necesidade de harmoniza-la fe, representada polas relixións monoteístas, e a razón, representada fundamentalmente polas filosofías de Platón e Aristóteles. O platonismo cristián ten a súa expresión máis completa no pensamento de Santo Agostiño de Hipona, en tanto que a síntese entre cristianismo e filosofía aristotélica quedou plasmada no pensamento de San Tomás de Aquino. A partir do século XIV

21


iníciase a crise da escolástica como consecuencia, por unha banda, da filosofía de Guillerme de Ockham e, por outra banda, dos desenvolvementos científicos do século XIV (Oresme, Buridan). * O pensamento renacentista supón a inclusión de novos temas para a reflexión filosófica entre os que cabe subliña-los seguintes: a matematización da natureza, un novo concepto de home, as posibilidades técnicas do saber ou a fundamentación moderna da política. Neste sentido as figuras de N. Maquiavelo e de F. Bacon adquiren un lugar destacado. Aínda que calquera dos autores nomeados correspondentes a esta etapa histórica poden ser tratados monográficamente no curso, segundo a elección do profesor e dacordo co establecido no currículo da materia, os autores preseleccionados son os seguintes:

Unidade 3: San Tomás de Aquino. -O aristotelismo e a Escolástica. -A existencia de Deus e o problema de razón e fe. -Lei eterna, lei natural e lei positiva.

Unidade 4: Guillerme de Ockham. -A crise da escolástica e o novo espírito crítico. -O problema dos universais e o nominalismo; o problema de razón e fe.

III. Filosofía moderna.

* O tema central deste período é o novo concepto de racionalidade que xorde nos séculos XVI e XVII e que se caracteriza polos seguintes trazos: a secularización do pensamento, o nacemento da ciencia moderna, a procura dunha antropoloxía baseada no suxeito consciente e unha nova forma de fundamenta-la orixe da sociedade (contractualismo) e do goberno, tendo como horizonte a democracia. * Neste contexto débense considera-las grandes correntes constituídas polo racionalismo e o empirismo, que teñen como representantes máis importantes a Descartes, Spinoza, Locke e Hume. No século XVIII, ou Século das Luces, xorden diferentes modos de interpreta-la Ilustración. No campo da filosofía política a figura de 22


Rousseau cobra unha especial relevancia pola súa fundamentación da democracia e a crítica das desigualdades sociais. Por último, co criticismo kantiano realizarase unha síntese superadora dos supostos gnoseolóxicos do racionalismo e do empirismo e unha nova maneira de concibi-la ética. * Aínda que calquera dos autores nomeados correspondentes a esta etapa histórica poden ser tratados monográficamente no curso, segundo a elección do profesor e dacordo co establecido no currículo da materia, os autores preseleccionados son os seguintes:

Unidade 5: R. Descartes. -O problema do método e o proxecto cartesiano. -Razón e realidade. -O dualismo antropolóxico e as súas consecuencias.

Unidade 6: I. Kant. -Kant e a Ilustración. -O criticismo kantiano como síntese superadora do racionalismo e do empirismo. -O formalismo moral.

IV. A filosofía contemporánea.

* Entre as correntes filosóficas do século XIX teñen especial relevancia o liberalismo utilitarista de J. S. Mill, o materialismo histórico-dialéctico do marxismo e o vitalismo de Nietzsche, posto que constitúen algunhas das reflexións máis importantes sobre os problemas da súa época, que tamén terán gran transcendencia no pensamento actual. Deste modo, o liberalismo utilitarista propón unha concepción individualista que lexitima tanto o sistema económico como o modelo político vixente; mentres que o marxismo se centra sobre todo nas contradiccións do sistema económico do capitalismo industrial e da democracia liberal burguesa. Por outro lado, o vitalismo de Nietzsche baséase na crítica da cultura occidental dominada polos valores racionalistas dos gregos e os valores morais do cristianismo que conxugados desembocan no nihilismo. * A diversidade de correntes filosóficas do século XX pódese articular arredor da reflexión dos seguintes temas: a preocupación pola fundamentación e os fins do coñecemento científico; a análise da linguaxe tanto nas súas formas naturais como 23


artificiais; a busca dunha nova racionalidade ética; a análise da existencia e da esencia do ser humano, tanto en termos ontolóxicos como axiolóxicos. Polo que merecen destacarse a filósofos tan importantes neste século XX como foron Wittgenstein, Russell, Heidegger, Gadamer ou mesmo Habermas. Para finalizar, a figura de José Ortega y Gasset debe destacarse pola súa vinculación con algunhas destas correntes filosóficas europeas e tamén polo seu significado dentro da historia do pensamento español. * Aínda que calquera dos autores nomeados correspondentes a esta etapa histórica poden ser tratados monográficamente no curso, segundo a elección do profesor e dacordo co establecido no currículo da materia, os autores preseleccionados son os seguintes:

Unidade 7: K. Marx. -O materialismo histórico. -A alienación humana.

Unidade 8: F. Nietzsche. -A crítica dos valores fundamentais. -O nihilismo. -O superhome e a vontade de poder.

IV- TEMPORALIZACIÓN 1ª avaliación: filosofía grega 2ª avaliación: filosofía medieval e moderna 3ª avaliación: filosofía contemporánea......

V- CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Contextualizar adecuadamente aos filósofos no seu marco histórico e filosófico. b) Relacionar os problemas filosóficos coas condicións socioculturais nas que aparecen. c) Coñecer e manexar adecuadamente o vocabulario filosófico básico.

24


d) Analizar o contido dos textos filosóficos, identificando os problemas, conceptos e termos específicos que aparecen, e facendo explícita a súa estrutura expositiva. e) Expoñer as liñas fundamentais do problema plantexado no contexto do pensamento do autor. f) Capacidade crítica, rigor conceptual, coherencia, precisión, claridade expositiva.

VI-CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES De todos os contidos prescritos para esta materia, considéranse contidos mínimos, isto é, imprescindíbeis para superar a materia, os seguintes. I. Filosofía Antiga .- PRESOCRÁTICOS: 1. Esquema das principais correntes e pensadores da Filosofía grega. 2. Principais aportacións da Filosofía presocrática: 3. A natureza nos presocráticos. 4. A Sofística: características xerais, convencionalismo moral. 5. Sócrates: método e intelectualismo ético. .- PLATON: 1. 2. 3. 4. 5. 6.

Teoría das Ideas. Teoría do coñecemento. Antropoloxía: o dualismo alma-corpo, partes ou funcións da alma. Teoría da natureza: o cosmos platónico. Ética platónica: o ben e a virtude. A política: clases sociais e formas de goberno.

ARISTOTELES : . Teoría da natureza en Aristóteles. Explicación do cambio: acto-potencia, materiaforma, substancia-accidentes, teoría das causas, o motor inmóbil. 2. Proceso do coñecemento: da experiencia sensible ó coñecemento abstracto. 3. Antropoloxía: aplicación do Hilemorfismo aristotélico ó ser humano. Natureza e funcións da alma. 4. Etica: o ben e a virtude. 5. Política: Orixe da sociedade e formas de goberno. II. Filosofía medieval e renacentista

25


.- APORTACIÓNS DO CRISTIANISMO Á FILOSOFÍA: 1. Sobre o concepto de Deus: creacionismo, omnipotencia, paternidade divina. 2. Sobre a Historia: Encarnación. 3. Sobre a Antropoloxía: inmortalidade-resurrección. 4. Sobre a Natureza: Temporalidade do mundo.

.- TOMAS DE AQUINO 1. O Aristotelismo en Tomás de Aquino. 2. Teoría do coñecemento: Abstración e o Realismo moderado. 3. Fe e Razón. 4. Demostración da existencia de Deus: as cinco vías e a súa estructura. 5. A Lei: lei natural, lei eterna e lei positiva. 6. Crise da Escolástica: Guillermo de Ockham e a separación de Fe e Razón. - MAQUIAVELO E O PENSAMENTO RENACENTISTA 1. O renacemento: o humanismo 2. Maquiavelo 2.1. O realismo político 2.2. A natureza humana 2.3. A fortuna e a virtú 2.4. A razón de Estado 2.5 As formas de goberno 3. O renacemento: a nova ciencia III.Filosofía Moderna .Características xerais do racionalismo e do empirismo .- DESCARTES: 1. O problema do Método: a súas regras. 2. A Dúbida metódica e a primeira verdade: o cogito. 3. Existencia de Deus e veracidade divina. 4.Teoría da substancia: substancia pensante e extensa. Relación alma-corpo. Mecanicismo.

.- LOCKE

26


1. Teoría do coñecemento: 1.1. Orixe e clasificación das Ideas. 1.2. A noción da substancia. 2. Teoría política: 2.1. Orixe da Sociedade, o contractualismo. 2.2. O Liberalismo político. 2.3. Teoría da propiedade IV. Filosofía contemporánea - MARX: 1. A teoría da alienación 2. O materialismo histórico 3. A economía capitalista e a súa superación. .- NIETZSCHE: 1. Crítica da cultura occidental: 1.1. Crítica da metafísica. 1.2. Crítica da moral: moral de escravos e moral de señores. 1.3. A morte de Deus, o nihilismo e a transmutación de valores. 2. A vida e a vontade de poder: o apolíneo e o dionisíaco. 3. O Superhome e o Eterno Retorno.

27


VII- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Realizarase un exame de cada un dos temas explicados en clase. En ningún momento se examinará a un alumno ou alumna de ningún contido que previamente non fose explicado en clase. Dado que no Exame de Selectividade se esixe a Composición dun Texto Filosófico, os exames orientaranse cara ese obxetivo. Así que consistirán no comentario dun Texto e nunha composición na que se expoñan coa máxima claridade os conceptos, coñecementos adquiridos polos alumnos e alumnas.

Os exames consistirán fundamentalmente de tres partes: 1.- Desenrolo de preguntas sobre o tema 2.- Texto para comentar 3.- Proba obxectiva onde se ofrecerá a posibilidade de elexir unha resposta entre tres Este modelo de exame presentarase, a criterio do profesor, nunha proba única ou en varias probas. É dicir, un exame non ten porque incluir necesariamente os tres apartados. 4.- En todas as probas escritas introducirase a cuantificación de cada pregunta. O longo do proceso diario procederemos a unha recollida de datos valorando o traballo diario dos alumnos/as e a súa participación nas actividades propostas polo profesor.

VIII- CRITERIOS DE CUALIFACIÓN Para a obtención da cualificacón do alumnado, valorarase a asistencia continua ás clases, o traballo diario e os resultados obtidos nas distintas probas específicas. Farase un mínimo dun exame por tema dos contidos especificados no apartado 3. Nesas probas ademais dos contidos, valorarase a expresión e ortografía. A boa presentación e a ausencia de faltas será valorada cun máximo de 0.5 puntos. A nota da cada Avaliación virá determinada pola nota media dos exames realizados, agás naqueles alumnos ou alumnas que teñan un mal comportamento ou que sexan denunciadas por falta grave, casos non que a nota dos exames somentes representarán o 70% da nota da avaliación.

28


A nota final do curso, será a media aritmética das obtidas nas distintas avaliacións.

Quen sexa sorprendido copiando nun exame será cualificado con un 0 nese exame.

Non se considera a realización de Recuperacións e unicamente, e a criterio do profesor, se poderá programar unha proba final de recuperación da asignatura. Esta proba diseñarase para aqueles alumnos/as que ofrezan algunha duda razonable na súa calificación final.

O alumno/a que non acade a puntuación mínima en Xuño, deberá presentarse a convocatoria extraordinaria de Setembro.

Non se repetirán exames a aqueles alumnos/as que non fixeran a proba no día sinalado, alomenos que xustifiquen a falta por parte do titor.

IX- ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS PENDENTES DE BACHARELATO A recuperación dos alumnos/as pendentes do curso anterior será levada a cabo en dúas etapas mediante probas obxectivas, e dicir, que divídese a materia do curso en dúas partes e a cada unha de las correspóndelle unha proba. As datas destes exames serán anunciadas públicamente ó alumnado, facendo recordatorio dos contidos mínimos de cada materia. Estas medidas adoptaranse con carácter xeral para aqueles alumnos ou alumnas que non superaran a asignatura no ano anterior. Con carácter específico poderase esixir a ralización dun ou varios traballos sobre os contados do curso anterior co obxeto de que o alumno ou alumna poida desenrolar os temas según a programación do pasado curso. Debemos destacar que o cambio a un libro de texto pode presentar algunhas variacións e coidamos que os pendentes deberían seguir estrictamente a programación do curso anterior.

X- PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS PREVIOS 29


Non afecta a este Departamento

XI-METODOLOXIA DIDACTICA Combinaránse as clases teóricas adicadas a expoñer os contidos da materia con sesións prácticas nas que os alumnos traballarán con textos filosóficos. Dentro das limitacións derivadas da esixencia de abarcar toda a historia da filosofía nun só curso, procuraremos que os alumnos constrúan os seus propios esquemas conceptuais e debatan sobre a actualidade dos problemas filosóficos tratados, establecendo relacións entre distintos autores e épocas históricas .

XII-MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE Para poder atender á diversidade poderanse : 1. Secuenciar os contidos tendo en conta por unha parte a propia orde lóxica da disciplina, e pola outra, a lóxica da aprendizaxe do alumnado. Neste sentido é moi importante coordinarse con outros departamentos e ter en conta as interrelacións funcionais que poida haber cos contidos doutras áreas. 2. Formular os obxectivos de xeito desglosado para que sexa posible plantexar, a partir deles, tarefas e contidos de distinto nivel de dificultade 3. Seleccionar e conceder protagonismo aos contidos básicos para acadar os obxectivos previstos. 4. Atender aos contidos procedimentais e actitudinais no sentido de garantir unha presencia equilibrada dos mesmos. 5. Formular os criterios de avalación de xeito flexíbel, atendendo aos diversos graos de aprendizaxe e centrándose nos obxectivos básicos previstos para a materia. 6.- Deseñaranse actividades para os alumnos con altas capacidades de ser o caso

XIII- PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN EN VALORES. O conxunto de actividades desenvoltas na materia debe fomentar a educación en valores, especialmente aqueles relativos a: - fomento de actividades democráticas

30


- respecto ás diferencias. - construcción de sociedades plurais - pluralismo ideolóxico. - valores de xustiza universal

XIV-

ACCIÓNS

DE

CONTRIBUCIÓN

AO

PROXECTO LECTOR O fomento da lectura convértese nunha actividade prioritaria para comprender textos escritos, para redactar correctamente e para expresarse oralmente de forma axeitada. Nunha área como filosofía a falta de competencia lingüística convértese nun dos principais obstáculos. Parece, polo tanto, preciso fomentar a lectura para garantir a comprensión lingüística dos alumnos. ■

En primeiro lugar, potenciarase a lectura de libros relacionados coas temáticas que se vaian estudando

Empregaranse textos motivadores, normalmente de carácter narrativo ou periodístico, coa finalidade de que os alumnos descubran a Filosofía non só a través do texto expositivo, senón tamén doutros tipos de texto. Así mesmo ensinaráselles aos alumnos a ler textos s dun xeito pautado. Os alumnos aprenderán a situar os textos no seu contexto histórico e xeográfico, e a seleccionar as ideas principais. Por outra banda aprenderán a realizar actividades de contraste de fontes e de integración da información de varias fontes.

En terceiro lugar promoverase que os alumnos lean un conxunto de informacións para que formen a súa propia opinión sobre temas polémicos e de debatelos cos seus compañeiros.

En cuarto lugar intentarase que os

alumnos aprendan a identificar os aspectos

subxectivos dos textos e a reflexionar sobre a función que cumpriron. Ademais analizarán textos de todo tipo: políticos, económicos, periodísticos … ■ En quinto lugar, proporcionaranse

actividades específicas de comprensión lectora

para axudar aos alumnos a comprender o que len ao mesmo tempo que realizan actividades que os axudarán . Estas actividades de comprensión lectora poden ser de varios tipos: ○

actividades sobre o vocabulario más difícil ou específico.

actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma

explícita no texto. ○ actividades sobre as ideas implícitas, os matices do texto e as relacións entre as ideas

(causa - efecto, comparación, semellanza ... ). difíciles de descubrir polos alumnos, pois adoitan estar ocultos no texto.

31


○ actividades de realización de cadros, esquemas, táboas, etc., ferramentas que son moi

útiles para comprender e estudar . actividades en que se pide aos alumnos que dean a súa opinión persoal e que implican a transformación do estudado en coñecemento propio.

XV- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC Utilizaremos as Tecnoloxías da Información e Comunicación para recabar información sobre os temas propostos asi como o uso do cine que sí nos abre un importante campo na aprendizaxe da Historia da Filosofía por aportarnos valiosos materiais relacionados cos contidos que se impartirán ao longo do curso. Empregaremos o ordenador da aula e o cañón para apoiar as explicacións

XVI- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA - Mediante a lectura de textos traballaremos as diferenzas

XVII- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS INCLUÍDO O LIBRO DE TEXTO Empregaremos textos orixinais de diferentes pensadores, textos anónimos, textos mitolóxicos e xornalísticos. Utilizaremos o cine, redes sociais, documentais extraídos da internet servíndonos para elo do ordenador da aula. Non utilizaremos un libro de texto específico e o departamento aportar os apuntes que os alumnos deben toma en clase.

XVIII-ACTIVIDADES

COMPLEMENTARIAS

E

EXTRAESCOLARES Dende o departamento, en coordinación co departamento de actividades extraescolares, programamos a nosa participación nos actos conmemorativos relacionados cos contidos do currículo: 10 de Decembro. Día dos dereitos humanos, 30 de Xaneiro, día mundial

32


da paz, 8 de Marzo día da muller traballadora, 14 de Marzo, Dereitos do consumidor, 5 de Xuño, día mundial do medio ambiente. A implicación do noso alumnado nestas conmemoracións poderá ter lugar de diferentes maneiras: informes individuais e de grupo, murais, exposicións fotográficas, asistencia e participación activa en charlas ou conferencias, etc. Realizarase tamén de acordo coa vicedirección do centro unha saída didáctica , asistencia a algunha conferencia ou película ou calquera outra actividade de interese.

XIX- INCORPORACIÓN DE MODIFICACIÓNS PROPOSTAS

NA

MEMORIA

DO

CURSO

ANTERIOR Como xa se tiña indicado na Memoria do curso 2013-14, a asignatura de Historia da Filosofía non pode someterse a unha metodoloxía estrictamente definida. A problemática filosófica obríganos a unha discusión contínua dos aconteres do mundo no que estamos instalados, esto supón unha difícil temporalización dos contidos que, en moitas ocasións, supón un tratamento menos procedimental dos temas do programa. Como temos insistido en anteriores cursos, sería óptimo un aumento nas horas de clase adxudicadas a esta asignatura. Temos observado nos últimos anos unha merma de horas pero non unha merma correspondente nos programas. Esto dificulta grandemente a preparación do alumnado pras probas de selectividade.

Outra posibilidade sería a de orientar os dous curso de Bacharelato encol dunha programación que insistira mais nos temas propios da Historia da Filosofía, pois parte da temática da asignatura de 1º como Ética, Antropoloxía, xa se imparte en asignaturas optativas.

Debemos constatar asimesmo que o Dto. De Filosofía debería contar cun 2º profesor debido a que temos suficiente número de horas con asignaturas impartidas, sobretodo, polo Dto. De Historia e que, en boa lóxica, deberían corresponder co Dto. De Filososía. Estoume referindo á Etica de 4º da ESO e a nova asignatura de Antropoloxía .

33


Engadir que o número de alumnos/as por clase leva aumentado nos últimos cursos. Compre unha disminución da ratio alumno/aula para que o profesor poida impartir as clases con mais motivación e se poidan completar os programas.

XX- PROCEDEMENTOS PARA PROPIA PROGRAMACIÓN.

AVALIAR

A

A programación é revisada ao longo de todo o curso escolar , con especial fincapé ao analizar os resultados de cada avaliación.

34


ETICA E FILOSOFÍA DO DEREITO I-INTRODUCIÓN. Entre as capacidades que o Bacharelato ha de desenvolver nos alumnos, hai tres que se inscriben na finalidade formativa que dito nivel de estudios establece. En primeiro lugar, a de consolidar unha madurez persoal, social e moral que lles permita actuar de forma responsable e autónoma. En segundo lugar, analizar e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo e os antecedentes e factores que inflúen nel. En terceiro lugar, comprende-los elementos fundamentais da investigación e do mundo científico. Ademais, como obxectivo común a tódalas materias, trataríase de fomenta-la participación solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.

A historia dos problemas filosóficos é unha das raíces máis significativas na constitución do noso presente. O ensino da actividade filosófica supón dotar ós nosos alumnos dunha equipaxe crítica fundamental para analizar e enxuiza-las preguntas que lles presenta a realidade. A ciencia e a técnica teñen na nosa circunstancia vital un papel dominante. Só unha comprensión a fondo do fenómeno científico e tecnolóxico fai posible ser cidadán activo no diálogo social e político que ha de conforma-lo noso mundo.

A filosofía é un modo de saber racional peculiar -distinto das ciencias e doutros saberes- que se vai construíndo ó longo da súa historia facendo unha «reflexión radical e crítica» sobre os problemas específicos referidos á totalidade da experiencia humana. Un curso introductorio debe proporcionarlle ó alumnado unha visión coherente da filosofía e esixe a consideración integral dos seus problemas estructurais, sen limitarse a reflexións illadas sobre cuestións inconexas que poidan privilexiar partes da materia en detrimento doutras igualmente relevantes, porque só deste modo o alumnado pode facerse cargo do que significou e significa a filosofía como saber arredor da totalidade. Dado que a introducción nesta materia se pode realizar desde calquera consideración sistemática, o profesorado pode adopta-la perspectiva que lle pareza máis oportuna, pero o esencial para que a filosofía cumpra coa súa función integradora, neste período de formación da persoa, é que lle dea ó alumnado unha visión coherente dos problemas 35


filosóficos da experiencia humana e dos seus distintos intentos de solución. Con esta finalidade introducirase o alumnado na linguaxe dos textos filosóficos.

Coa filosofía, como materia do bacharelato, pretendemos que o alumnado sexa capaz de: * Adquirir unha actitude reflexiva e crítica creándolle o hábito da análise rigorosa das ideas, feitos ou valores. * Utiliza-la capacidade de pensar de modo coherente, usando a razón como instrumento de análise, diálogo e persuasión. * Habituarse a pensar de modo autónomo, adoptando unha actitude persoal ante os problemas. * Integrar nunha visión de conxunto a diversidade de coñecementos, crenzas e valores. * Valora-la capacidade normativa da filosofía como instrumento de transformación e cambio.

Para cumprir estas funcións, neste curso introductorio, a materia deberá dota-los alumnos dunha estructura conceptual suficiente de carácter filosófico. Débese adoptar unha actitude crítica e reflexiva; dotarémolos de criterios axeitados para esixirlle ás teorías ou feitos -de modo especial ós feitos sociais- un grao suficiente de evidencia ou necesidade; deben aprender a usa-la razón, deberán coñecer, alomenos de modo práctico, as principais regras da lóxica; deberán pensar de modo autónomo, aprendendo filosofía á vez que filosofan, débeselles esixir que traten de fundamenta-lo que digan ou escriban... A filosofía debe servirlles para acadar unha concepción integrada do seu mundo, debe proporcionarlles unha visión global do papel que desempeñan os distintos saberes e crenzas, e tamén da organización sistemática do propio pensar filosófico.

II-OBXECTIVOS 1.- Analizar, contrastar e interpretar informacións diversas sobre os diferentes aspectos das conductas e códigos morais e a súa teorización ética, realizando actividades de documentación e de indagación, e incorporando á expresión persoal, tanto oral como escrita, o correspondente vocabulario específico.

36


2.- Comprender as raíces da estructura moral do ser humano e a xénese histórico-cultural dos códigos morais, analizando críticamente as súas diferentes formas de lexitimación e de reproducción. 3.- Caracterizar e avaliar os diferentes tipos e niveis de conciencia moral valorando especialmente aquelas modalidades que comportan o desenvolvemento dunha racionalidade crítica e autónoma. 4.- Analizar a funcionalidade dos códigos morais e as frecuentes pretensións etnocéntricas dos mesmos así como o grao de consciencia de dita funcionalidade, tendo en conta a posibilidade dunha dobre perspectiva de interpretación, interna e acrítica ou externa e crítica ("emic"/"etic"), en termos da Antropoloxía cultural). 5.- Desenvolver formas de racionalidade dialóxica adoptando as actitudes de empatía, respecto e tolerancia que as fan posibles. 6.- Coñecer -fundamentalmente ó traveso da análise de textos- as diferentes interpretacións que do ben moral fan as diversas teorías éticas e apreciar as súas propostas como aportacións valiosas para o desenvolvemento moral tanto persoal como da sociedade contemporánea. 7.-Analizar e comprender as relacións entre moral e dereito dende a perspectiva da xustiza, como ideal de imparcialidade, e valorar as posturas de desobediencia civil lexítima -fronte a outros tipos de dsobediencia ó dereito- como manifestacións e esixencias de actitudes morais críticas e orientadas a promover un ordenamento legal máis xusto. 8.- Comprender e valorar o significado e alcance da formulación e da proclamación moderna dos dereitos humanos e a problemática da súa implantación práctica, adoptando actitudes de solidariedade e de compromiso consecuentes. 9.-

Comprender que a dignidade humana ten a súa base na liberdade e

autonomía moral do individuo, asumindo, en consecuencia, a primacía da función práctica ou moral da razón como guía última de todo esforzo de emancipación, tanto individual como colectiva.

III-SECUENCIA DE CONTIDOS. Unidade 1: Da natureza á convención. -A insuficiencia da natureza: déficit instintivo, liberdade e sociabilidade.

37


-A cultura como segunda natureza e a orde moral: construcción de valores e normas morais. -A socialización moral: procesos de reproducción de normas e valores morais. -Códigos morais e reflexión ética: a insuficiencia da moral establecida.

Unidade 2: Relativismo e moralidade. -Relatividade histórico-cultural das normas e valores morais. -Lexitimación e variantes a mesma: relixiosa, naturalista, racional-contactual. -Funcionalidade dos códigos morais e grao de consciencia da mesma: a dobre perspectiva de interpretación, emic/etic. -O problema do etnocentrismo.

Unidade 3: A racionalidade moral. -Moral,ética e ciencia. -Enunciados de feito e enunciados de valor: a falacia naturalista. -Dimensión teórica e dimensión práctica da razón. -A primacía da razón práctica e o ideal de emancipación.

Unidade 4: Da heteronomía á autonomía moral. -Autonomía e heteronomía moral. -Xénese e desenvolvemento da conciencia moral. -Integración socio-afectiva e evolución do razoamento moral. -Gradualidade da autonomía: niveis do desenvolvemento moral. -Autonomía e racionalidade: universalismo e formalismo.

Unidade 5: Autonomía e intersubxectividade. -As limitacións da razón: falibilidade e factores de distorsión. -A dimensión intersubxectiva da racionalidade moral. -O diálogo argumentativo como procedemento moral. -As condicións ideais de diálogo como canon regulativo para a contextualización da racionalidade moral. -O ámbito da reflexión ética: deber e felicidade.

Unidade 6: As definicións do ben moral: a ética antiga e medieval. 38


-A diversidade de teorías éticas: criterios de análise e clasificación. -O ben moral na ética antiga e medieval: Aristóteles, Epicureísmo, estoicismo, Santo Tomás, etc. -O ideal de felicidade individual na ética antiga e medieval.

Unidade 7. As definicións do ben moral: A ética moderna e contemporánea. -O ben moral na ética moderna. -A crise da razón ilustrada. -A reconstrucción da racionalidade moral e dos ideais da Modernidade. -Deontoloxismo e teleoloxismo na ética actual.

Unidade 8. Moral e Dereito. -A insuficiencia da racionalidade moral: a noción de dereito. -Lexitimacións históricas do dereito. -Positivismo xurídico vs. Iusnaturalismo. -Dereito e xustiza: validez xurídica e lexitimidade ética.

Unidade 9: Dereito e democracia. -O Estado democrático de dereito e os seus fundamentos éticos. -A democracia como ideal moral. -A democracia como ordenamento político: isonomía e isegoría; maiorías e minorías. -Diferentes teorizacións da democracia.

Unidade 10: Dereito e desobediencia. -O problema da obrigatoriedade moral do dereito nas sociedades non democráticas. -O problema da desobediencia civil ó dereito nas sociedades democráticas: a obxección de conciencia e as súas modalidades. -Ética da responsabilidade e ética de convicción.

Unidade 11. Do Estado democrático de Dereito á internacionalización dos dereitos humanos. -Noción e fundamento dos dereitos humanos. -A constitucionalización dos dereitos humanos: proceso histórico.

39


-A internacionalización dos dereitos humanos: Declaración Universal e Pactos posteriores. -Presente e futuro dos dereitos humanos.

IV- TEMPORALIZACIÓN 1º 2

AVALIACIÓN...........................TEMAS 1,2,3,4,5. AVALIACIÓN...........................TEMAS 6, 7, 8, 9

3º AVALIACIÓN........................TEMAS 10, 11

V- CRITERIOS DE AVALIACIÓN Manexar e analizar información, procedente fundamentalmente de Etoloxía, de Antropoloxía e de Psicoloxía, referida a condutas animais e humanas, establecendo analoxías e contrastes. Con este criterio preténdese comprobar as capacidades dos alumnos para caracterizar a especificidade da conduta moral humana e da estrutura psico-social da mesma. • Manexar e analizar información, procedente fundamentalmente da Socioloxía e da Antropoloxía cultural, referida ás producións morais humanas (normas e valores),poñendo de manifesto aqueles aspectos que teñen relación cos contextos históricos e culturais nos que xorden e operan. Preténdese, desta forma, comprobar a capacidade dos alumnos para descubrir e recoñecer o carácter histórico-cultural dos códigos morais, para reconstruír os procesos de reprodución e transmisión dos mesmos, así como para diferenciar e analizar os seus diversos planos: graos de consciencia respecto á súa funcionalidade, variantes de lexitimación e proxeccións etnocéntricas. • Participar en debates e discusións especificamente morais, preferentemente centrados en problemáticas do mundo actual.Verificarase así a capacidade dos alumnos para adoptar perspectivas empáticas, e de respecto e tolerancia fronte a outros puntos de vista ou ideoloxías diferentes, así como a capacidade para argumentar racional e ordenadamente. • Analizar textos filosóficos pertencentes ás principais teorías éticas, así como calquera outros tipos que presenten un claro contido moral (literarios, cinematográficos, 40


etc.) caracterizando as súas diferentes interpretacións do ben moral e os postulados filosóficos e as circunstancias históricas que subxacen nos mesmos.Trátase, mediante este criterio, de comprobar a capacidade dos alumnos para identificar, e expresar con precisión conceptual e terminolóxica, non só os trazos básicos das diferentes teorías éticas filosóficas e a súa dependencia das circunstancias históricas nas que se elaboraron, senón tamén comprobar a súa capacidade para descubrir e comprender as diversas interpretacións que existen do ben moral no seo da sociedade actual, reflectidas na literatura, no cine, etc. • Analizar casos reais e hipotéticos de dilemas e conflitos entre moralidade e legalidade, sinalando e caracterizando os supostos teóricos a que remiten as diversas argumentacións. Este criterio trata de avaliar a capacidade dos alumnos para comprender e caracterizar con precisión a noción de dereito e a súa conexión cos principios básicos da moralidade, así como o carácter específico de a lexitimidade democrática fronte a outras modalidades de lexitimación. O criterio deberá verificar, paralelamente, o progreso no desenvolvemento dunha conciencia moral crítica e autónoma. • Seleccionar e integrar información, procedente de diversas fontes, en relación coa problemática dos dereitos humanos A través de este criterio verificarase a capacidade dos alumnos para seleccionar e

integrar fontes de información diferentes, así como para transferir conceptos

desenvolvidos ao longo do proceso de aprendizaxe a situacións e acontecementos relevantes da actualidade (discriminación, tortura, terrorismo, ausencia de liberdades, etc.). O criterio deberá verificar así mesmo o grado de sensibilidade do alumnado en relación cos citados problemas. • Analizar datos e problemáticas orixinadas polo uso en exclusiva dun modelo de racionalidade puramente tecnolóxica e instrumental (desastres ecolóxicos, derivación bélica da tecnoloxía, etc.) Con este criterio preténdese verificar a capacidade dos alumnos para valorar criticamente as diversas funcións e usos da razón, así como a capacidade para transferir os conceptos e principios éticos desenvolvidos ao longo do proceso de ensinoaprendizaxe a situacións reais.

41


VI-CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES Da totalidade de contidos enumerados para esta materia no apartado anterior, considéranse contidos mínimos, é dicir, imprescindíbeis para aprobala, os seguintes: - A natureza e a convención (natureza, cultura, socialización e insuficiencia da moral establecida) - Relativismo e moral (relatividade, lexitimación, perspectivas etic e emic, o etnocentrismo) - Enunciados de feito e enunciados de valor. - Heteronomía, autonomía. Niveis de desenvolvemento moral. - Esquema básico das principais teorias éticas dende a antigüidade até a ética contemporánea. -Relación entre moral e dereito. - A democracia na ética e na política. -A desobediencia civil. A ética da convicción e a ética da responsabilidade. -O sentido dos dereitos humanos.

VII- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Realizarase un exame de cada un dos temas explicados en clase. En ningún momento se examinará a un alumno ou alumna de ningún contido que previamente non fose explicado en clase. Realizarase algunha pregunta relacionada cos contidos do material audivisual visionado na clase.

En todas as probas escritas introducirase a cuantificación de cada pregunta. O longo do proceso diario procederemos a unha recollida de datos valorando o traballo diario dos alumnos/as e a súa participación nas actividades propostas polo profesor.

VIII- CRITERIOS DE CUALIFACIÓN Para a obtención da cualificacón do alumnado, valorarase a asistencia continua ás clases, o traballo diario e os resultados obtidos nas distintas probas específicas.

42


Farase un mínimo dun exame por avaliación dos contidos especificados no apartado 3. Nesas probas ademais dos contidos, valorarase a expresión e ortografía. A boa presentación e a ausencia de faltas será valorada cun máximo de 0.5 puntos. A cualificación media destas probas definirá a nota de cada avaliación, agás en casos de mal comportamento ou falta grave, caso no cual, a nota do exame representará somentes o 70% da nota da avaliación

A nota final do curso, será a media aritmética das obtidas nas distintas avaliacións.

Quen sexa sorprendido copiando nun exame será cualificado con un 0 nese exame.

Non se considera a realización de Recuperacións e unicamente, e a criterio do profesor, se poderá programar unha proba final de recuperación da asignatura. Esta proba diseñarase para aqueles alumnos/as que ofrezan algunha duda razonable na súa calificación final.

O alumno/a que non acade a puntuación mínima en Xuño, deberá presentarse a convocatoria extraordinaria de Setembro.

Non se repetirán exames a aqueles alumnos/as que non fixeran a proba no día sinalado, alomenos que xustifiquen a falta por parte do titor.

IX- ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS PENDENTES DE BACHARELATO Non afecta a esta materia

X- PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS PREVIOS Non afecta a este Departamento

43


XI-METODOLOXIA DIDACTICA Pensamos que os principios metodolóxicos nesta materia deben ser consoantes cos postulados da Tª da aprendizaxe significativa, e polo tanto favorecer a actividade, a participación e a autoestima. Trataremos de posibilitar que as aprendizaxes sexan realizadas da maneira máis autónoma posible; que sexan significativas, construidas e vencelladas ós coñecementos e esquemas conceptuaias xa existentes na mente do alumno-a; e, finalmente, que se realizen nun ambiente de participación tolerante e solidario. Sobre a base destes principios o conxunto de actividades (estratexias didácticas) que van ser realizadas serán as seguintes:

- Motivación e eliminación de preconceptos: Co gallo de atinxir o máximo grao de motivación e aproveitamento por parte do alumnado, o punto de partida en cada tema serán as vivencias, experiencias e cosmovisión dos propios alumnos, ou ben os feitos da actualidade cultural máis próxima. Cuestionarios, imáxenes ou un diálogo maiéuticamente dirixido polo profesor-a serán instrumentos prioritarios no comezo dos temas. Asemade tamén poderán ser realizadas experiencias que provoquen na mente do alumnado algún tipo de conflicto cognitivo (ruptura de esquemas). .- Clases expositivas: O profesor-a presenta temas, feitos e conceptos de xeito que introduzan e sitúen ó alumno-a ante calquera dos temas do curso. Sen fornecer ó alumnado dos intrumentais semánticos e teóricos axeitados e uns criterios de discusión non se poden levar a cabo, con froito, os diálogos e traballos. Xa que logo, a explicación e orientación do profesor-a e outro elemento importante do proceso. .- Traballos de Investigación: O alumnado indaga sobre os problemas nos que teña que utilizar reflexivamente conceptos, procedementos e actitudes, garantizando así a súa adquisición e aplicación. Tratarase de facer lecturas, debates sobre textos, películas, feitos de actualidade, investigacións simples, búsqueda e selección de información de fontes diversas...; mesmo é posible facer traballos de campo. .- Lectura e comentario semanal de textos filosóficos, literarios e ensaísticos. A lectura de textos relacionados co contido desta materia pode considerarse un fin en si mesmo e acaso un medio para estimular a reflexión ética e irse achegando a algunhas obras de referencia da cultura occidental.

44


XII-MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE Para poder atender á diversidade poderanse : 1. Secuenciar os contidos tendo en conta por unha parte a propia orde lóxica da disciplina, e pola outra, a lóxica da aprendizaxe do alumnado. Neste sentido é moi importante coordinarse con outros departamentos e ter en conta as interrelacións funcionais que poida haber cos contidos doutras áreas. 2. Formular os obxectivos de xeito desglosado para que sexa posible plantexar, a partir deles, tarefas e contidos de distinto nivel de dificultade 3. Seleccionar e conceder protagonismo aos contidos básicos para acadar os obxectivos previstos. 4. Atender aos contidos procedimentais e actitudinais no sentido de garantir unha presencia equilibrada dos mesmos. 5. Formular os criterios de avalación de xeito flexíbel, atendendo aos diversos graos de aprendizaxe e centrándose nos obxectivos básicos previstos para a materia. 6.- Deseñaranse actividades para os alumnos con altas capacidades de ser o caso

XIII- PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN EN VALORES. O conxunto de actividades desenvoltas na materia debe fomentar a educación en valores, especialmente aqueles relativos a: - fomento de actividades democráticas - respecto ás diferencias. - construcción de sociedades plurais - pluralismo ideolóxico. - valores de xustiza universal

XIV-

ACCIÓNS

DE

CONTRIBUCIÓN

AO

PROXECTO LECTOR O fomento da lectura convértese nunha actividade prioritaria para comprender textos escritos, para redactar correctamente e para expresarse oralmente de forma 45


axeitada. Nunha área como filosofía a falta de competencia lingüística convértese nun dos principais obstáculos. Parece, polo tanto, preciso fomentar a lectura para garantir a comprensión lingüística dos alumnos. ■

En primeiro lugar, potenciarase a lectura de libros relacionados coas temáticas que se vaian estudando

Empregaranse textos

motivadores, normalmente de carácter narrativo ou

periodístico, coa finalidade de que os alumnos descubran a Filosofía non só a través do texto expositivo, senón tamén doutros tipos de texto. Así mesmo ensinaráselles aos alumnos a ler textos s dun xeito pautado. Os alumnos aprenderán a situar os textos no seu contexto histórico e xeográfico, e a seleccionar as ideas principais. Por outra banda aprenderán a realizar actividades de contraste de fontes e de integración da información de varias fontes. ■

En terceiro lugar promoverase que os alumnos lean un conxunto de informacións para que formen a súa propia opinión sobre temas polémicos e de debatelos cos seus compañeiros.

En cuarto lugar intentarase que os alumnos aprendan a identificar os aspectos subxectivos dos textos e a reflexionar sobre a función que cumpriron. Ademais analizarán textos de todo tipo: políticos, económicos, periodísticos … ■

En quinto lugar, proporcionaranse actividades específicas de comprensión

lectora para axudar aos alumnos a comprender o que len ao mesmo tempo que realizan actividades que os axudarán . Estas actividades de comprensión lectora poden ser de varios tipos: ○

actividades sobre o vocabulario más difícil ou específico.

actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma

explícita no texto. ○

actividades sobre as ideas implícitas, os matices do texto e as relacións entre as

ideas (causa - efecto, comparación, semellanza ... ). difíciles de descubrir polos alumnos, pois adoitan estar ocultos no texto. ○

actividades de realización de cadros, esquemas, táboas, etc., ferramentas que

son moi útiles para comprender e estudar . actividades en que se pide aos alumnos que dean a súa opinión persoal e que implican a transformación do estudado en coñecemento propio.

46


XV- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC Utilizaremos as Tecnoloxías da Información e Comunicación para recabar información sobre os temas propostos asi como o uso do cine que sí nos abre un importante campo na aprendizaxe da Ética e Filosofía do Dereito por aportarnos valiosos materiais relacionados cos contidos que se impartirán ao longo do curso. Empregaremos o ordenador da aula e o cañón para apoiar as explicacións

XVI- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA - Mediante a lectura de textos traballaremos as diferenzas

XVII- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS INCLUÍDO O LIBRO DE TEXTO Empregaremos textos orixinais de diferentes pensadores, textos anónimos, textos mitolóxicos e xornalísticos. Utilizaremos o cine, redes sociais, documentais extraídos da internet servíndonos para elo do ordenador da aula. Non utilizaremos un libro de texto específico e o departamento aportar os apuntes que os alumnos deben toma en clase.

XVIII-ACTIVIDADES

COMPLEMENTARIAS

E

EXTRAESCOLARES Dende o departamento, en coordinación co departamento de actividades extraescolares, programamos a nosa participación nos actos conmemorativos relacionados cos contidos do currículo: 10 de Decembro. Día dos dereitos humanos, 30 de Xaneiro, día mundial da paz, 8 de Marzo día da muller traballadora, 14 de Marzo, Dereitos do consumidor, 5 de Xuño, día mundial do medio ambiente.

47


A implicación do noso alumnado nestas conmemoracións poderá ter lugar de diferentes maneiras: informes individuais e de grupo, murais, exposicións fotográficas, asistencia e participación activa en charlas ou conferencias, etc. Realizarase tamén de acordo coa vicedirección do centro unha saída didáctica , asistencia a algunha conferencia ou película ou calquera outra actividade de interese.

XIX- INCORPORACIÓN DE MODIFICACIÓNS PROPOSTAS

NA

MEMORIA

DO

CURSO

ANTERIOR Como xa se tiña indicado na Memoria do curso 2013-14, a asignatura de Historia da Filosofía non pode someterse a unha metodoloxía estrictamente definida. A problemática filosófica obríganos a unha discusión contínua dos aconteres do mundo no que estamos instalados, esto supón unha difícil temporalización dos contidos que, en moitas ocasións, supón un tratamento menos procedimental dos temas do programa. Como temos insistido en anteriores cursos, sería óptimo un aumento nas horas de clase adxudicadas a esta asignatura. Temos observado nos últimos anos unha merma de horas pero non unha merma correspondente nos programas. Esto dificulta grandemente a preparación do alumnado pras probas de selectividade.

Outra posibilidade sería a de orientar os dous curso de Bacharelato encol dunha programación que insistira mais nos temas propios da Historia da Filosofía, pois parte da temática da asignatura de 1º como Ética, Antropoloxía, xa se imparte en asignaturas optativas.

Debemos constatar asimesmo que o Dto. De Filosofía debería contar cun 2º profesor debido a que temos suficiente número de horas con asignaturas impartidas, sobretodo, polo Dto. De Historia e que, en boa lóxica, deberían corresponder co Dto. De Filososía. Estoume referindo á Etica de 4º da ESO e a nova asignatura de Antropoloxía .

48


Engadir que o número de alumnos/as por clase leva aumentado nos últimos cursos. Compre unha disminución da ratio alumno/aula para que o profesor poida impartir as clases con mais motivación e se poidan completar os programas.

XX-PROCEDEMENTOS

PARA

AVALIAR

A

PROPIA PROGRAMACIÓN. A programación é revisada ao longo de todo o curso escolar , con especial fincapé ao analizar os resultados de cada avaliación.

Asinada a presente programación do Departamento de Filosofía do I.E.S. “Xesús Taboada Chivite” de Verín,

para o curso 2014-15 polo único compoñente do

Departamento Dominguez Delgado, Eloi Antón (Xefe de Departamento) Verín a 15 de Setembro do 2014

49


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.