Indicacións do Departamento de Matemáticas Matemáticas Aplicadas e Académicas en 4º de ESO
sobre
as
Tal como indica o anteproxecto de currículo da LOMCE, as Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas teñen un enfoque fundamentalmente práctico, para proporcionar as competencias necesarias para continuar con estudos de Formación Profesional. Polo contrario, as Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas afondan no desenvolvemento das habilidades matemáticas, aportando competencias para continuar con estudos de Bacharelato. A elección en 4º da ESO é determinante. O alumnado debe ter en conta que, de ser o caso, para continuar con estudos de Bacharelato deberá superar unha reválida ao final de 4º da ESO na que son obxecto de exame as Matemáticas Académicas. En 4º da ESO, á marxe do enfoque da avaliación e estándares de aprendizaxe, nas Matemáticas Aplicadas hai dous grandes bloques de contidos que non son desenvoltos: vectores e trigonometría.