Anatomía aplicada 1º bac 2017-18

Page 1

ANATOMÍA APLICADA 1º BAC (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía)

QUE É? A Anatomía Aplicada é unha materia optativa que comparten o bacharelato de ciencias e o artístico.

QUE PERSEGUE? Con esta materia intentarase aportar coñecementos sobre o cómo e o porqué do movemento no home, dende unha óptica dobre: a das ciencias e a artística.

DE QUE CONSTA? Intentaremos dende o noso departamento darlle a esta materia unha aplicación eminentemente práctica. Traballos en grupo, traballo no laboratorio e traballo de campo, todos eles apoiados nas novas tecnoloxías. Esta metodoloxía permitirá adquirir coñecementos sobre o sistema locomotor, cardiovascular, dixestivo, dietas , nutrición, sistema nervioso, así como expresión corporal.

PARA QUE ME SERVE? Cursar esta materia facilitará la adquisición de coñecementos aos alumnos que nun futuro próximo decidan ser: Adestradores de fútbol ou calquera outro deporte, médicos, enfermeiros, biólogos, veterinarios, fisioterapeutas, bailaríns, actores, monitores de tempo libre…., ou simplemente que desexen aprender pautas para levar unha vida cotiá saudable.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.