Antropoloxía 1º bac 2017-18

Page 1

ANTROPOLOXÍA (Departamento de Xª e Historia) 1º BAC

QUE É? É a ciencia social que estuda todas as dimensións do ser humano holisticamente, é dicir, considerando esas dimensións coma un todo (a bioloxía, a cultura, a sociedade...).

QUE PERSEGUE? Pretende que o alumnado empece a dar respostas as seguintes cuestións: De ónde vimos? Cómo chegamos a ser humanos? Por que camiñamos a dúas patas? Somos sociais por natureza? De ónde proveñen as crenzas relixiosas? Somos monógamos? Por que existe a autoridade? E así moitas máis. Tentando responder estas preguntas o alumno atopará novas preguntas máis que respostas.

DE QUE CONSTA? Consta de tres partes: 1- Antropoloxía física: estudaremos a aparición do ser humano sobre a terra no contexto da Teoría da Evolución, estudaremos tamén os patróns da xenética humana e a interacción entre os fenómenos fisiolóxicos e os culturais: intelixencia, bipedismo, hábitos alimentarios, comportamento sexual, diferenzas raciais, diferenzas de xénero... 2- Antropoloxía cultural: estudaremos as formas nas que as persoas vivimos e nos relacionamos socialmente: o parentesco, a autoridade, a relixión, os modos de subsistencia. 3- Antropoloxía filosófica: toma en conta os resultados da antropoloxía biolóxica e cultural para buscar o que é especificamente humano.

PARA QUE ME SERVE? Fará que cuestiones os teus valores e crenzas (e a defendelos por convicción e non por telos recibido). Permitirá que vexas os acontecementos e as tendencias dunha maneira máis ampla. Romperás os estereotipos culturais. Verás que existen formas moi diversas de vivir unha vida plena. Inducirá a unha reflexión profunda sobre quen es e quen somos.


-

Técnicas de comunicación 1º BAC. Xeografía e historia.

Que é- é unha materia que emprega a lectura como unha ferramenta para lograr unha mellora significativa na competencia oral e escrita Que persegue- a adquisición de habilidades e técnicas para lograr axilidade na escritura e na oralidade De que consta – Baséase na lectura, comentario e valoración de distintos libros de xéneros e estilos diferentes así como outros soportes de carácter audiovisual Para que me serve- sérveme para acadar maior riqueza e fluidez na linguaxe escrita e aplomo e seguridade e coherencia no discurso oral.

-

Técnicas de comunicación 2º BAC. Xeografía e historia.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.