Cultura científica 1º bac 2017-18

Page 1

CULTURA CIENTÍFICA 1º BAC (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía)

QUE É? A cultura científica é unha materia optativa tanto do bacharelato de ciencias como do de humanidades e ciencias sociais.

QUE PERSEGUE? Con esta materia intentarase, ademais de adquirir coñecementos científicos, contribuír á capacidade de avaliar e comunicar cuestións de carácter científica. Servirá para aprender a través da realización de tarefas en grupo que supoñan recompilar e organizar información, expoñela de xeito oral e escrito, elaborar presentacións e defender as opinións propias na aula.

DE QUE CONSTA? Esta metodoloxía permitirá adquirir coñecementos sobre a orixe da terra, o vulcanismo, avances en biomedicina, aplicacións da enxeñería xenética, clonación, transxénicos, células nai, evolución da informática e avances tecnolóxicos actuais.

PARA QUE ME SERVE? Cursar esta materia facilitará a adquisición de coñecementos a persoas que nun futuro próximo decidan facer estudos científicos (Bioloxía, Química, Física, Xeoloxía, Informática, Farmacia, Enxeñería…), ou simplemente queiran ter os mínimos coñecementos científicos para poder analizar e entender as noticias que escoitamos a diario.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.