PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA: GREGO Curso 2014-2015 Departamento de Grego I.E.S. Xesús Taboada Chivite de Verín
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
ÍNDICE Introducción e contextualización...........................................................................................
2
1. Obxectivos........................................................................................................................
3
2. Contidos............................................................................................................................
5-9
3. Contidos mínimos..............................................................................................................
10-11
4. Metodoloxía.....................................................................................................................
12
5. Materiais do alumno........................................................................................................
13
6. Materiais e recursos do profesor......................................................................................
14
7. Criterios de avaliación......................................................................................................
15-18
8. Procedementos e instrumentos de avaliación e criterios de cualificación........................
19-25
9. Temporización.................................................................................................................
26-29
10. Actividades de recuperación e reforzo para alumnos con GREGO pendente.....................
30
11. Programación da educación en valores............................................................................
31-32
12. Actividades complementarias e extraescolares previstas..................................................
33
13. Medidas de atención á diversidade...................................................................................
34
14. Accións de contribución ó proxecto lector........................................................................
35
15. Accións de contribución ó plan TIC....................................................................................
36
16. Accións de contribución ó plan de convivencia..................................................................
37
17. Procedementos para avaliar a propia programación..........................................................
38
18. Incorporación de modificacións propostas na memoria do curso anterior..........................
39
___________________________________________________________________________________
1
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
Introducción e contextualización A programación do presente curso 2014-2015, segue a seguinte lexislación: - Decreto 133/2007, polo que se regula a ensinanza obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 13 Xullo de 2007). - Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 Xuño de 2008). Asemade, ten en conta o aprobado nos distintos claustros deste centro.
A nosa civilización é froito dunha longa tradición que inclúe herdanzas de pobos e culturas moi diversos. Pero, por formar parte da cultura occidental, ten unha débeda esencial -no senso estrito do termo- coa cultura grega. Parece evidente que o xeito máis práctico e máis formativo de achegarse á Grecia antiga é a través do estudo da súa lingua. Isto quere dicir que a aprendizaxe da lingua é un obxectivo en si mesmo, pero é, tamén, e sobre todo, un instrumento para introducir as alumnas e os alumnos no coñecemento do mundo clásico.
___________________________________________________________________________________
2
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
1. OBXECTIVOS 1.
Iniciarse na comprensión, interpretación e tradución de textos de dificultade progresiva, utilizando para este fin o coñecemento dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua grega.
2.
Reflexionar sobre o léxico de orixe grega presente na linguaxe cotiá e na terminoloxía científica, identificando étimos, prefixos e sufixos gregos que axuden a unha mellor comprensión das linguas modernas.
3. Ler textos gregos tanto orixinais como adaptados ou traducidos, realizando unha lectura comprensiva e crítica, distinguindo as características principais e o xénero literario a que pertencen. 4. Coñecer, na medida en que sexa posible, as máis importantes manifestacións culturais da Grecia antiga e recoñecer e valorar a súa contribución e continuidade ao longo da historia no mundo actual. 5. Utilizar de maneira crítica fontes de información variadas, obtendo delas datos relevantes para o coñecemento da lingua e a cultura estudadas.
___________________________________________________________________________________
3
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
2. CONTIDOS Os contidos propostos para grego I e II céntranse en dous grandes ámbitos, a lingua e a cultura, distribuídos en catro bloques: 1) Estudo progresivo das características da lingua grega. A adquisición dunha competencia lingüística demanda a utilización dunha metodoloxía progresiva en que as regras morfosintácticas se deduzan da práctica da lectura e da tradución e en que a súa aprendizaxe sistemática constitúa unha segunda fase. O feito de traballar con textos orixinais obrigará, tamén, a explicar ás veces formas nominais, verbais ou estruturas sintácticas estrañas ou inusitadas. Abondará nestes casos cunha explicación breve que axude á resolución da actividade en que aparezan. 2) Comprensión e interpretación de textos gregos. Os textos, que son o obxecto principal da materia, seleccionaranse entre autores de diferentes épocas e xéneros literarios, presentándoos tanto na súa forma orixinal, coas adaptacións necesarias para facilitar a súa comprensión, como en traducións. O profesorado poderá servirse tamén de textos elaborados graduados que faciliten o acceso progresivo aos textos orixinais. A práctica da tradución de textos gregos debe contribuír tamén á reflexión sobre a lingua propia, buscando a correcta adecuación entre as estruturas lingüísticas de ambas as linguas. 3) Estudo do léxico grego e a súa continuidade en galego, castelán e outras linguas modernas. O estudo e aprendizaxe do léxico constitúe un instrumento para a comprensión e tradución de textos, ao mesmo tempo que contribúe a enriquecer o vocabulario, mostrar os mecanismos de formación de palabras e valorar a transcendencia do préstamo lingüístico como parte do legado cultural achegado polo pensamento grego. 4) Aproximación a Grecia e ao seu legado. Debe facerse cun enfoque global e vinculado á aprendizaxe da lingua. Centrará a súa análise no antropocentrismo e androcentrismo grego para intentar comprender a mentalidade e a dimensión social e individual do home grego a través da súa proxección nas institucións, na arte e na ___________________________________________________________________________________
4
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
literatura na Grecia antiga e valorar a tradición clásica e a súa continuidade nas sociedades actuais. Por outra banda, o estudo da cultura e civilización gregas facilitaralle ao alumnado as claves necesarias para situarse no contexto literario, histórico e artístico adecuado. Preténdese que se interese por coñecer as orixes da nosa cultura e que analice e valore dunha forma crítica as realidades do mundo contemporáneo e os antecedentes e factores que inflúen nel. A historia do pensamento en Grecia formula moitas das interrogantes do ser humano, que forman parte do noso acervo e serven como guía de desenvolvemento do pensamento occidental. Ademais, permite comprender os elementos fundamentais da investigación e das metodoloxías científicas. O desenvolvemento destes contidos ha ter unha aplicación esencialmente práctica orientada tanto á competencia lingüística en grego coma a un coñecemento crítico da Grecia antiga. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) ofrecen novas e atractivas perspectivas no estudo da lingua e cultura gregas que convén aproveitar, como o uso de metodoloxías interactivas no estudo da lingua, procura de textos, imaxes e vídeos na internet, ferramentas de presentación e comunicación de resultados etc. Neste senso, é aconsellable facilitarlle ao alumnado os medios precisos para que poida traballar no ordenador co grego clásico. Ao primeiro curso de grego corresponde a asimilación dos contidos básicos de lingua e de cultura. Ao segundo curso, a súa consolidación e ampliación, cun tratamento específico da literatura, os xéneros e os autores e autoras, que contribúa a profundar nas raíces gregas da nosa cultura.
___________________________________________________________________________________
5
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
CONTIDOS EN GREGO I Contidos comúns. - A lectura, comprensión e tradución do grego clásico: a precisión na expresión en calquera lingua; a expresión dos matices. - As relacións políticas e sociais en Grecia: orixinalidade con respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas; evolución posterior e influencia na sociedade occidental. As estruturas política. Situación da muller e da infancia. A escravitude. Relacións económicas e militares entre as cidades-estado. - Imbricación cultural entre Grecia e o mundo contemporáneo. - Aproximación a outras culturas do mundo antigo. Bloques de contidos. I. A LINGUA GREGA - Do indoeuropeo ao grego moderno. - O alfabeto grego. Pronunciación. Signos gráficos. Transcrición. Acentuación da 1ª e 2ª declinacións e do modo indicativo. - Clases de palabras. Flexión nominal, pronominal e verbal. Paradigmas máis frecuentes. - Valor e uso dos casos. A concordancia. As preposicións. - Sintaxe das oracións: nexos e partículas, a oración simple, a coordinación; inicio do estudo da subordinación (construcións sinxelas de infinitivo e participio, subordinadas de relativo. Introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes). II. OS TEXTOS GREGOS E A SÚA INTERPRETACIÓN - Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e ao comentario de textos gregos. - Análise morfosintáctica. - Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos. III. O LÉXICO - Aprendizaxe do vocabulario grego básico en función da súa frecuencia ou da súa relevancia en galego e castelán. - Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación. ___________________________________________________________________________________
6
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
- Helenismos no vocabulario común das linguas modernas. - O vocabulario científico e técnico. IV. GRECIA E O SEU LEGADO - Xeografía da Grecia antiga. Contexto xeográfico de Grecia. - Sinopse da historia de Grecia. Os grandes períodos. - A polis grega: organización política e social. Etnocentrismo e androcentrismo. - A vida cotiá. - Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos máis importantes, incluíndo a súa continuidade e importancia nas manifestacións culturais do mundo occidental). - Literatura grega: xéneros, autoras e autores principais. - O pensamento; a ciencia. A arte grega. V. ACTITUDES, VALORES E NORMAS - Interese por coñecer e valorar aqueles elementos que perviven nas culturas occidentais. - Interese por coñece-los textos gregos orixinais. - Valoración dos elementos da cultura grega que perviven e inflúen na cultura occidental: literatura, relixión, formas de gobemo, espírito científico e institucións.
___________________________________________________________________________________
7
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
CONTIDOS EN GREGO II Contidos comúns. - Interpretación crítica de textos. A tradución como técnica. A exactitude na expresión lingüística. - Valoración do estilo dun texto en función das peculiaridades do autor e das peculiaridades do texto e do contexto. - A literatura grega como creadora dos xéneros literarios. Influencia da literatura grega na literatura posterior. - Valoración crítica das raíces gregas da ciencia e do pensamento europeos. Bloques de contidos.
I. A LINGUA GREGA • Ortografía: - Acentuación: 3ª declinación; os 3 xéneros dos adxectivos, pronomes e participios; os modos optativo, subxuntivo, infinitivo e participio. • Morfoloxía: - Declinación de sustantivos e adxectivos irregulares. - Grados do adxectivo. A comparación de superioridade, de inferioridade e de igualdade. - Formación dos adverbios. - Aoristo 2º nos tipos temático, atemático e pasivo. - Futuro 2º e Perfecto 2º. - Participios: estudio en profundidade. - Infinitivos: estudio en profundidade. - O optativo de presente, futuro, aoristo e perfecto nas tres voces. - O subxuntivo de presente e de aoristo nas tres voces. - Verbos contractos. - Verbos consonánticos. - Verbos atemáticos. • Sintaxe: - Usos especiais do acusativo, xenitivo e dativo. ___________________________________________________________________________________
8
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
- Tipos de participio: 1) especificativo, 2) predicativo (de NOM.-SUX, de AC.-CD, de XEN.-CN., DAT.-CI, etc.; predicativo-conjugando; predicativo-final; predicativo-completivo; predicativo-suplemento), 3) absoluto, e 4) substantivado. - Tipos de infinitivo. Oracións de infinitivo. - O subxuntivo e o optativo na subordinación. O optativo oblicuo. - Oracións completivas de Óti, çj , de infinitivo e de participio. - Oracións adxectivas-relativas. Oracións adxectivas-relativas con valor final. - Oracións adverbiais de tempo, lugar, modo e finalidade. - Colocación e valores das partículas g£r, mšn-dš, oân, etc. II. OS TEXTOS GREGOS E A SÚA INTERPRETACIÓN - Lectura comprensiva, tradución e comentario de textos orixinais. - Lectura e comentario de obras e fragmentos gregos traducidos. III. O LÉXICO - Aprendizaxe de vocabulario. - Uso do dicionario. - Helenismos no vocabulario común das linguas modernas. - O vocabulario específico de orixe grecolatina presente nas materias que se estudan no bacharelato. IV. GRECIA E O SEU LEGADO - A transmisión dos textos gregos e o descubrimento de Grecia. - A literatura grega a través dos seus textos. Xéneros, autoras e autores. - Raíces gregas da cultura moderna na literatura, na filosofía, na ciencia e na arte. V. ACTITUDES, VALORES E NORMAS - Interese por coñecer e valorar aqueles elementos que perviven nas culturas occidentais. - Interese por coñece-los textos gregos orixinais. - Valoración dos elementos da cultura grega que perviven e inflúen na cultura occidental: literatura, relixión, formas de gobemo, espírito científico e institucións. ___________________________________________________________________________________
9
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
3. CONTIDOS MÍNIMOS GREGO I GRAMÁTICA Declinación do artigo Ð ¹ tÒ. Declinación de pronomes e de sintagmas compostos polo artigo, sustantivos, adxectivos (inclusive adxectivos pronominais) mais comúns. Formación dos graos do adxectivo. Formación de adverbios nos tres graos. As preposicións: tipos, construccións sintácticas e significados. Principais conxuncións coordinantes: tipos, valores e usos. Formación e conxugación dos verbos en -w regulares no indicativo das tres voces. Verbo e„m… completo. Verbos compostos en -w e con e„m…. Sintaxe dos casos: usos e valores básicos de cada caso. Sintaxe da comparación: a comparación mediante os graos comparativo e superlativo do adxectivo. Sintaxe oracional: oracións simples e coordinadas copulativas, transitivas e intransitivas. Sintaxe oracional: oracións subordinadas completivas de infinitivo e de Ôti, e subordinadas adxectivas de relativo. PROSODIA O alumno deberá ser capaz de transcribir prosódicamente un texto curto de 5 ou 6 liñas. O alumno deberá ser capaz de ler en voz alta con corrección un texto curto de 5 ou 6 liñas. ORTOGRAFÍA Escritura correcta dos caracteres do alfabeto en maiúscula e minúscula, diferenciando tamén os dous espíritus, os tres acentos e a iota suscrita. Acentuación correcta da conxugación do indicativo completo, do artigo, das declinacións 1ª e 2ª, adxectivos, pronomes e pronomes-adxectivos. Acentuación correcta da frase, incluindo proclíticos e enclíticos. ANÁLISE E TRADUCIÓN DE TEXTOS Análise e tradución están inseparablemente ligados e considéranse contidos igualmente importantes. Para superar este apartado, o alumno ten que ter correctamente feito o análise e a tradución polo menos na mitade do texto (3 liñas). LÉXICO E ETIMOLOXÍAS Léxico dos textos estudados e etimoloxías derivadas dél.
___________________________________________________________________________________
10
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
GREGO II NOTA: Os contidos que aparezan especificados en primeiro curso, enténdese incluidos en segundo curso, polo que se entende que serán obxecto de exame e avaliación, así como os contidos mínimos de 1º curso sobreenténdense nos de 2º.
LINGUA Acentuación correcta das 3 declinacións, da conxugación verbal e dos xéneros dos adxectivos, pronomes e participios. Declinación de sustantivos regulares e irregulares, adxectivos regulares e irregulares, pronomes e participios. Usos e valores especiais dos casos (acusativo de relación, xenitivo de prezo, xenitivo-ablativo, etc.). Formación e conxugación dos verbos en -w irregulares simples e compostos. Formación e conxugación dos verbos en -mi no indicativo das tres voces. Oracións pasivas. A súa construcción e a construcción do complemento Axente. Oracións subordinadas completivas con æj, Óti participios completivos e infinitivos. O optativo oblicuo. Oracións subordinadas adxectivas de participio concertado e de participio absoluto. Oracións subordinadas adverbiais de tempo, lugar, causa, finalidade e modo; oracións condicionais con indicativo. ANÁLISE E TRADUCIÓN DE TEXTOS Ámbolos dous aspectos están inseparablemente ligados e considéranse contidos igualmente importantes. LITERATURA GREGA Xéneros, autores e obras máis importantes da épica, da lírica e do drama. Xenofonte. Vida. Súa posición na historiografía. Obra. Contexto histórico das súas obras principais. LÉXICO E ETIMOLOXÍAS Léxico dos textos estudados e etimoloxías derivadas dél.
___________________________________________________________________________________
11
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
4. METODOLOXÍA GREGO I
GREGO II
Tradución
Análise morfosintáctica e tradución de oracións, extraídas de textos orixinais e adaptados de autores de prosa ática clásica. Xa neste curso cremos ser necesaria a iniciación no uso, por parte do alumno, dun breve léxico grego-castelán.
Tradución
Análise morfosintáctica e tradución de oracións, extraídas de textos orixinais (na meirande parte) de Xenofonte. O alumno usará sempre o diccionario para a tradución.
Gramática
Neste apartado insistiremos mais na práctica e na teoría incidiremos o estrictamente necesario, xa que a experiencia ten amosado que o alumno interioriza os paradigmas gramaticais coa práctica antes que estudando as estructuras gramaticais. Os exercicios de declinación, conxugación e recoñecemento da flexión nominal e verbal serán o instrumento mais usado.
Gramática
Neste apartado insistiremos mais na práctica; na teoría incidiremos o estrictamente necesario, xa que a experiencia ten amosado que o alumno interioriza os paradigmas gramaticais coa práctica antes que estudando as estructuras gramaticais. Os exercicios de declinación, conxugación e recoñecemento da flexión nominal e verbal serán o instrumento mais usado.
Léxico e etimoloxías
A aprendizaxe de certo número de palabras gregas é indispensable para a correcta interpretación dos textos.
Léxico e Etimoloxías
Ortografía e prosodia
Os signos ortográficos, especialmente os acentos, espíritus, iota suscrita e adscrita, apóstrofo e coronis, teñen a máxima importancia: compre adicarlle un tempo.
Ortografía
Pronuncia
Adicaremos certo tempo ó inicio do curso á correcta lectura e pronuncia dos textos gregos. Con esto querémonos asegurar de que os alumnos saiban ler correctamente os textos. Adicaremos o tempo estrictamente necesario para que os alumnos adquiran unhas ideas xerais da historia e cultura da Grecia antiga.
Literatura
Analizaremos as raíces gregas das verbas de etimoloxía grega e compararemos a súa significación etimolóxica ca actual. Na meirande parte serán etimoloxías derivadas de palabras saídas dos textos feitos na clase. Paradigmas acentuais da 3ª declinación e dos tres xéneros de adxectivos, pronomes e participios. Acentuación da conxugación verbal e dos modos impersoais, salvo o imperativo. Adicaremos ós temas o tempo estrictamente necesario para que os alumnos adquiran unas ideas xerais dos xéneros literarios gregos da épica, lírica, dramática, historiografía e filosofía, e poidan en consecuencia afrontar as preguntas correspondentes das Probas de Acceso á Universidade.
Historia e Cultura
___________________________________________________________________________________
12
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
5. MATERIAIS DO ALUMNO Desde o curso 2004-2005, en GREGO I e II o alumno está a usar na clase material elaborado polo noso departamento, como sustituto do libro de texto que se tiña empregado anteriormente. O alumno terá que aprender o vocabulario grego básico que o profesor lle entregue ó longo do curso. Tódo o material fotocopiado do primeiro curso servirá para o seguinte. A este material o alumno engadirá no segundo curso material específico sobor da literatura grega antiga, máis o diccionario VOX. O material do alumno resúmese na seguinte táboa:
GREGO I
GREGO II
Tradución
- Oracións e textos de Xenofonte, Tradución Platón, Esopo, Luciano, Apolodoro, etc. (fotocopias).
Gramática
- Apuntes (fotocopias). - Exercicios (fotocopias).
Gramática
Léxico e etimoloxías Ortografía e prosodia
- Léxico e etimoloxías (fotocopias).
Léxico e etimoloxías Ortografía
Historia e Cultura
- Apuntes-I (fotocopias) Textos seleccionados polo departamento (fotocopias). - Apuntes de historia e cultura gregas Literatura (fotocopias).
- Oracións e textos de Xenofonte, Platón, Esopo, Apolodoro, etc. (fotocopias) - DICCIONARIO GRIEGO-CASTELLANO Vox (edición 7ª ou posterior) - Apuntes (fotocopias). - Exercicios (fotocopias). - Léxico e etimoloxías gregas (fotocopias) - Apuntes-II (fotocopias) -Textos a traducir, que se usarán tamén para ler en voz alta. (fotocopias) - Apuntes de literatura grega feitos polo departamento (fotocopias).
Todo o material fotocopiado foi deseñado e elaborado polo Departamento de Grego do IES Xesús Taboada Chivite de Verín.
___________________________________________________________________________________
13
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
6. MATERIAIS E RECURSOS DO PROFESOR 1)
O noso departamento ten elaborado nos últimos 6 anos, e segue a elaborar, material propio, tanto apuntes como exercicios e textos, feitos con editor informático de textos. Este material será usado tanto polo profesor como polo alumno. 2) Debido ó anterior, non se emprega libro de texto. 3) Este curso seguemos a usar, ocasionalmente, o ordenador na aula; esta ferramenta servirá, coa axuda dun cañón e con programas informáticos de presentacións e de edición de textos, para plasmar visualmente todo tipo de ideas tanto gramaticais, textuais, culturais e históricas da asignatura. Esta ferramenta é en principio de uso exclusivo do profesor. ** NOVIDADE: anque é só de momento unha posibilidade, contemplamos a aprendizaxe do manexo do ordenador por parte dos alumnos para escribir en grego. 4) O cine é unha excelente ferramenta para inculcar ideas mitolóxicas, históricas e aínda literarias nas mentes dos alumnos. Películas recentes como Troya, Jasón y os Argonautas, a Odisea, Helena de Troya ou antigas como Orfeo Negro¸ servirán para o devandito fin. 5) O diccionario VOX Griego-castellano tamén será usado polo profesor para dar exemplos ós alumnos no uso deste recurso fundamental en segundo curso. NOVIDADE: o anterior curso introducimos o uso do VOX en formato pdf na aula e por parte do alumno, que servirá de apoio visual na clase para explicar a búsqueda de termos, e de axuda ó alumno para atopar estos máis rápidamente. 6) Os libros serán un recurso que non suporá carga económica para o alumno pois o noso departamento ten na biblioteca do instituto este tipo de recurso. Nesto baséase a lectura de obras literarias (traducións adaptadas Ilíada e Odisea e traducións non adaptadas de obras dramatúrxicas de Aristófanes, Sófocles e Eurípides), requisito esencial da asignatura en segundo curso. 7) Os videoxogos pensamos que poden unir ó aspecto lúdico o pedagóxico.
___________________________________________________________________________________
14
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Grego de 1º e 2º bacharelato é unha materia de contidos progresivos, coma latín I e II, debuxo artístico I e II, debuxo técnico I e II, análise musical I e II, tecnoloxía industrial I e II, e matemáticas I e II. Por isto, será necesaria a superación da de primeiro curso para poder ser avaliada a de segundo.
GREGO 1º BACHARELATO 1. AVALIACIÓNS - O alumno será avaliado pola súa calificación nos 5 exames trimestrais, sempre e cando teña entregado ó profesor o traballo individual completo e a tempo, requisito indispensable para superar a materia. - A entrega das tarefas individuais é requisito indispensable para aprobar a asignatura, aparte da superación dos exames. 2. TRABALLO INDIVIDUAL DO ALUMNO - A entrega das tarefas individuais é requisito indispensable para aprobar a asignatura, aparte da superación dos exames. - O alumno terá como plazo máximo de entrega de tarefas individuais do trimestre antes das dúas últimas semáns do trimestre. En principio non serán admitidas tarefas dos trimestres anteriores. 3. NOTA FINAL DE CURSO - Superará a materia todo alumno que, obtida a media das 3 avaliacións, obteña a calificación de 5 ou a supere. As porcentaxes son: 20 % primeira avaliación 50 % segunda avaliación 30 % terceira avaliación - A non entrega de todas as tarefas individuais a tempo, salvo por causa xustificada, suporá un punto negativo sumado á calificación final así como trimestral. ___________________________________________________________________________________
15
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
4. SETEMBRO - O alumno só poderá facer nesta convocatoria os exames de oracións (60%) e gramática (40%). Cada un destes dous exames é eliminatorio, polo que, suspender algún deles, supón suspender a convocatoria.
GREGO 2º BACHARELATO 1. AVALIACIÓNS O alumno será avaliado pola súa calificación nos 5 exames trimestrais. 2. TRABALLO INDIVIDUAL DO ALUMNO O alumno terá como plazo máximo de entrega de tarefas individuais do trimestre ata dúas semanas antes das avaliacións. Non serán admitidas tarefas do trimestre ou trimestres anteriores. 3. NOTA FINAL DE CURSO - Superará a materia todo alumno que acade 5 ou máis puntos de calificación, resultante da media das 3 avaliacións. As porcentaxes son: 20% primeira avaliación, 20% segunda, 60% terceira. -
A nota obtida no exame de TEMAS DE LITERATURA E LECTURAS será a media aritmética das notas obtidas nas tres avaliacións.
4. SETEMBRO En setembro o alumno terá que examinarse só de dous exames: 1) análise e tradución de textos, e 2) gramática, ámbolos dous eliminatorios. Para a proba disporá de 1 hora e 45 minutos en total. As partes da mesma son dúas: ___________________________________________________________________________________
16
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________ 60% ANÁLISE E TRADUCIÓN DE TEXTOS (1 texto de 6 liñas) * Poderá ser calqueira dos textos feitos en clase colectivamente ou dos individuais asignados ó alumno en cuestión. * Esta proba require o uso do diccionario. 40% GRAMÁTICA * Exame de igual tipo que os feitos durante o curso.
CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN DE GREGO II 1. Comprender e traducir de forma coherente textos gregos pertencentes a diversos xéneros literarios. Con este criterio preténdese comprobar a adquisición dunha certa competencia lingüística e o progreso na práctica da tradución. Valorarase a elección correcta das estruturas sintácticas, das formas verbais, das equivalencias léxicas na lingua materna e da orde de palabras no proceso e resultado da tradución, así como o uso adecuado do dicionario. 2. Identificar e analizar en textos orixinais os elementos da morfoloxía e da sintaxe casual e oracional comparándoos con outras linguas coñecidas. Este criterio trata de comprobar o coñecemento da lingua grega por parte do alumnado. Este ha de manifestar o seu avance neste nivel facendo análises morfosintácticas de textos orixinais de maior complexi dade e recoñecendo as variantes e coincidencias respecto a outras linguas por el coñecidas. 3. Recoñecer en textos gregos orixinais termos que son compoñentes e étimos de helenismos e deducir o seu significado, tanto no vocabulario patrimonial das linguas modernas coma nos diversos léxicos científico-técnicos. Este criterio serve para determinar se se domina o vocabulario básico e se se coñecen os procedementos de derivación e composición dos helenismos nas linguas modernas, así como a correcta transcrición dos termos e as transformacións que experimentan no eido formal e semántico. 4. Realizar comentarios de textos traducidos, analizar as estruturas e os seus trazos literarios e recoñecer o papel da literatura clásica nas literaturas occidentais, identificando elementos de androcentrismo e etnocentrismo neles. Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos elementos esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se se recoñecen os diversos xéneros polos seus trazos diferenciadores. O comentario versará sobre textos con sentido ___________________________________________________________________________________
17
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
completo de diversos xéneros literarios e a súa comparación con textos da literatura posterior en que sobrevivan trazos, temas ou tópicos da literatura grega. 5. Realizar traballos monográficos consultando as fontes directas e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do alumnado na planificación, busca, recompilación e sistematización da información, así como o grao de corrección na expresión oral ou escrita. Sempre baixo a dirección do profesorado, planificará a actividade, organizará a información, contrastaraa e intentará formular hipóteses, elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta fundamental en todo o proceso e como soporte polivalente para a exposición das súas conclusións.
___________________________________________________________________________________
18
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
8. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN 1º DE BACHARELATO 1. EXAMES A SUPERAR EN CADA UNHA DAS 3 AVALIACIÓNS 5% ORTOGRAFÍA E PROSODIA Parte 1: a) Cuestións de ortografía b) Análise prosódica Parte 2: Escritura en grego no ordenador (copia dun texto grego proxectado) 5% LECTURA EN VOZ ALTA 20% LÉXICO GREGO 20% GRAMÁTICA (10% VERBOS E 10% DECLINACIÓNS) 50% ORACIÓNS análise morfosintáctica e tradución de 4 oracións ou dun texto composto por 4 oracións ** TODOS E CADA UN DOS 5 EXAMES SON ELIMINATORIOS ** 1.1. EXAME DE ANÁLISE E TRADUCIÓN DE ORACIÓNS Nos tres trimestres, será de oracións non vistas en clase, e sempre de similar dificultade ás vistas. 1.2. EXAME DE LECTURA EN VOZ ALTA Primeiro trimestre: lectura de oracións vistas en clase. Con arcos prosódicos. Sen límite de tempo. Segundo trimestre: lectura de oracións a primeira vista. Con arcos prosódicos. Con límite de tempo. Terceiro trimestre: textos a primeira vista. Con arcos prosódicos. Con límite de tempo. 1.3. Exame de escritura en grego nun ordenador: consistirá na copia dun texto proxectado nunha pantalla dixital.
___________________________________________________________________________________
19
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
CRITERIOS DE CORRECCIÓN DE GREGO I 1. EXAME GRAMÁTICA * A partires do próximo curso, haberá dous exames separados de declinación e verbos; polo tanto abandóase o exame conxunto de declinación e de verbos. TABLA DE ANÁLISE DE VERBOS (2,5 PUNTOS) Cada error = -0,2 puntos. Incoherencia entre clasificación y traducción = invalidación de ambos. TABLA DE CONXUGACIÓN DE VERBOS (2,5 PUNTOS) Cada error = -0,2 puntos. 2. EXAME DE LÉXICO E ETIMOLOXÍAS - Puntuaranse con 0 puntos as etimoloxías incorrectamente escritas ("misoxenia" en vez de "misoxinia", etc.) ou mal definidas ("escultura en una sola piedra grande" en vez de "monumento en una sola piedra grande").
2. RECUPERACIÓNS - Non haberá ningunha recuperación ó longo do curso, salvo para aqueles alumnos que xustifiquen documentalmente ante o profesor e o titor a súa ausencia nalgún exame. - Todo exame de recuperación terá lugar no recreo ou pola tarde, na Aula de Arte (xunto á de Debuxo). 3. FOLGAS DE ALUMNOS E EXAMES Os exames aplazaranse ó seguinte día lectivo da folga no caso de que un alumno como mínimo- exerza o seu dereito a facela. 4. FALTAS DE ASISTENCIA Dado o carácter predominantemente práctico desta materia, tendrán avaliación negativa os alumnos que teñan faltado a 1/3 das clases do trimestre sen presentar ó profesor ou titor os xustificantes médicos correspondentes. Só serán aceptados os xustificantes médicos. ___________________________________________________________________________________
20
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
5. TRABALLO INDIVIDUAL DO ALUMNO - Todos os alumnos terán tarefas individuais encargadas polo profesor, aparte das que teñan que facer na clase colectivamente. Mediante a realización destas tarefeas individuais o profesor poderá facer un seguemento personalizado do traballo de cada alumno. - A entrega deste traballo, na súa totalidade, é requisito para aprobar a asignatura. O alumno terá como plazo máximo de entrega de tarefas individuais do trimestre ata dúas semanas antes das avaliacións. Non serán admitidas tarefas de trimestres anteriores. - Serán premiados con 1 punto en cada avaliación e na avaliación final aqueles alumnos que entreguen o traballo individual completo e antes das últimas tres semáns do trimestre. - As tarefas serán: o oracións, que serán sempre analizadas morfolóxica e sintácticamente, e traducidas o táboas gramaticais, que serán debidamente completadas o calqueira outro exercicio que o profesor estime oportuno 6. TRABALLO VOLUNTARIO - Por este o alumno sumará un punto como máximo. - O traballo voluntario só se terá en conta para subir unha nota sempre que sexa de 5 ou superior, nunca para obter o aprobado sumando esa puntuación a unha nota inferior a 5. OPCIÓNS DE TRABALLO VOLUNTARIO Escollerase só unha das seguintes tres vías para as tres avaliacións: a) Traballo orixinal sobre un tema a escoller entre 12 temas de historia e cultura. O traballo terá que ser íntegramente orixinal, o que significa que non se admitirán traballos resultado dun proceso de copia y pega de textos, sexa total ou parcialmente. Por suposto o alumno poderá recurrir a outros textos e materiais para consulta, pero o texto do traballo que finalmente presente, terá que ser ___________________________________________________________________________________
21
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
producto da súa propia elaboración. A detección dunha soa frase copiada determinará a non admisión do traballo polo profesor. b) Resposta a dez preguntas sobor dunha lectura a escoller entre as sinaladas polo profesor. Para sumar o punto, o alumno deberá respostar correctamente a 5 ou máis das dez preguntas, que serán sobre o argumento e os personaxes da obra. c) Presentarse a unha proba de lectura en voz alta dun texto grego non visto previamente de 4 liñas. O alumno, coa colaboración do profesor, será quen se prepare para afrontar a lectura dun texto grego novo, coa colaboración do profesor. Superarase esta proba se o texto foi lido sen cometer nengún erro. 7. CONDUTA Todos os esforzos positivos do alumno acumulados ó longo de cada avaliación (puntualidade, seriedade, traballo e cooperación) contribuirán a redondear a nota final de avaliación e de curso en sentido positivo. Restaráselle un punto por mala conduta ó alumno cando entregue ou amose 3 veces con retraso as tarefas encargadas polo profesor. Restaráselle un punto por mala conduta, ó alumno que manteña unha ou máis faltas sen xustificar. O uso do móbil en clase conleva unha penalización dun punto cada vez; o alumno deixará todo móbil que leve con el encima da mesa do profesor ó entrar na clase, e o(s) recollerá ó saír. De non o facer, será penalizado con 1 punto cada vez. O esquecer apagar o móbil antes da clase conleva unha penalización de 1 punto cada vez. O uso de móbiles e de dispositivos de audio no transcurso dun exame considérase unha falta moi grave e conlevará a suspensión da avaliación. Deste xeito, o alumno, será avisado de deixar todo dispositivo móbil e de audio que leve con él, apagado ou en silencio, sobre a mesa do profesor antes de comezar o exame. Non traer a clase os apuntes e exercicios da materia será penalizado con 1 punto cada vez. Os puntos devanditos que o alumno teña perdidos, non os poderá recuperar de ningún xeito. ___________________________________________________________________________________
22
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
8. SETEMBRO En setembro o alumno terá que examinarse de só dous exames, ámbolos dous eliminatorios. Para elo disporá de 1 hora e 45 minutos. Non lle será tida en conta ningunha outra calificación agás das abaixo sinaladas. 60% ORACIÓNS análise morfosintáctica e tradución de catro oracións ou dun texto composto por 4 oracións todo o léxico que saia nas oracións ou no texto, será o estudado durante o curso.
40% GRAMÁTICA pregunta dge declinación en singular e plural indicarase sempre o enunciado da palabra a declinar pregunta tabla de análise verbal e tradución + pregunta de conxugación os verbos serán os dos exercicios feitos durante o curso.
___________________________________________________________________________________
23
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. 2º DE BACHARELATO 1. EXAMES A SUPERAR EN CADA UNHA DAS 3 AVALIACIÓNS 5% LÉXICO & ETIMOLOXÍAS 5% TEMAS DE LITERATURA + LECTURAS 10% ORTOGRAFÍA 20% GRAMÁTICA 60% ANÁLISE E TRADUCIÓN DE TEXTOS * Texto de 6 liñas. A análise morfolóxica e sintáctica do texto é obrigatoria, xa que nelas dúas baséase a tradución, polo que os exames que teñan calqueira das dúas en branco, non se admitirán. * Esta proba require o uso do diccionario. * Nos tres trimestres, o exame será dun texto non visto en clase, e de semellante dificultade os vistos durante o curso. ** TODOS OS EXAMES SON ELIMINATORIOS, AGÁS O DE TEMAS DE LITERATURA E LECTURAS **
2. RECUPERACIÓNS - Non haberá ningunha recuperación ó longo do curso, agás para aqueles alumnos que xustifiquen documentalmente ante o profesor e o titor a súa ausencia nalgún exame. - Todo exame de recuperación terá lugar no recreo ou pola tarde, na Aula de Arte (xunto á de Debuxo). 3. SETEMBRO En setembro o alumno terá que examinarse só dos exames de análise e tradución de textos e de gramática, ámbolos dous eliminatorios. Para a proba disporá de 1 hora e 45 minutos en total. As partes da mesma son dúas: 60% ANÁLISE E TRADUCIÓN DE TEXTOS (1 texto de 6 liñas) * Poderá ser calqueira dos textos feitos en clase colectivamente ou dos individuais asignados ó alumno en cuestión. * Esta proba require o uso do diccionario. 40% GRAMÁTICA ___________________________________________________________________________________
24
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
* Exame de igual tipo que os feitos durante o curso. 4. TRABALLO INDIVIDUAL DO ALUMNO - Todos os alumnos terán tarefas individuais encargadas polo profesor, aparte das que teñen que facer na clase colectivamente. Mediante a realización destas tarefas individuais o profesor poderá facer un seguemento personalizado do traballo de cada alumno. - A entrega deste traballo, na súa totalidade, é requisito para aprobar a asignatura. O alumno terá como plazo máximo de entrega de tarefas individuais do trimestre ata dúas semanas antes das avaliacións. - Serán premiados con 1 punto en cada avaliación e na avaliación final aqueles alumnos que entreguen o traballo individual completo e antes das últimas tres semáns do trimestre. - As tarefas serán: o textos, que serán sempre analizados morfolóxica e sintácticamente, e traducidos o táboas gramaticais, que serán debidamente completadas o calqueira outro exercicio que o profesor estime oportuno
5. FOLGAS DE ALUMNOS E EXAMES Os exames aplazaranse ó seguinte día lectivo da folga no caso de que un alumno como mínimo- exerza o seu dereito a facela. 6. FALTAS DE ASISTENCIA Dado o carácter predominantemente práctico desta materia, tendrán avaliación negativa os alumnos que teñan faltado a 1/3 das clases do trimestre sen presentar ó profesor e ó titor os xustificantes médicos correspondentes. Só serán aceptados os xustificantes médicos.
___________________________________________________________________________________
25
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
7. CONDUTA Todos os esforzos positivos do alumno acumulados ó longo de cada avaliación (puntualidade, seriedade, traballo e cooperación) contribuirán a redondear a nota final de avaliación e de curso en sentido positivo. Restaráselle un punto por mala conduta ó alumno cando entregue ou amose 3 veces con retraso as tarefas encargadas polo profesor. Restaráselle un punto por mala conduta ó final do trimestre, ó alumno que manteña unha ou máis faltas sen xustificar ó longo do trimestre. O uso do móbil en clase conleva unha penalización dun punto cada vez; o alumno deixará todo móbil que leve con el encima da mesa do profesor ó entrar na clase, e o(s) recollerá ó saír. De non o facer, será penalizado con 1 punto cada vez. O esquecer apagar o móbil antes da clase conleva unha penalización de 1 punto cada vez. O uso de móbiles e de dispositivos de audio no transcurso dun exame considérase unha falta moi grave e conlevará a suspensión da avaliación. Deste xeito, o alumno, será avisado de deixar todo dispositivo móbil e de audio que leve con él, apagado ou en silencio, sobre a mesa do profesor antes de comezar o exame. Non traer a clase os apuntes e exercicios da materia será penalizado con 1 punto cada vez. Os puntos devanditos que o alumno teña perdidos, non os poderá recuperar de ningún xeito.
___________________________________________________________________________________
26
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
9. TEMPORIZACIÓN TEMPORIZACIÓN EN GREGO I Primeiro trimestre Historia da lingua Do indoeuropeo ó grego moderno: historia da lingua grega. Os dialectos antigos. O xónico-ático. A koiné. O grego moderno. Lectura e escritura O alfabeto grego: pronuncia de vocais e consonantes. Transcripción ó latín e ó español. Signos ortográficos. Tipos, valores e usos respectivos. Morfoloxía Primeira e segunda declinación dos temas regulares. Adxectivos en grado positivo. Os tres tipos. Adverbios derivados do primeiro tipo. Pronomes persoais. O verbo. Estructura do verbo en -w. Indicativo dos verbos temáticos nas voces activa, media e pasiva. Sintaxe Sintagma ARTÍCULO-ADXECT-SUST. O xenitivo CN. Funcións e usos básicos dos casos. Oración simple activa: funcións sintácticas e tipos. Oración composta mediante coordinación. Tipos. Pervivencia: "Orixe grega da democracia" Marco histórico de Grecia. Etapas principais ata Filipo II de Macedonia. Atenas: Características e institucións políticas típicamente democráticas.
___________________________________________________________________________________
27
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
Segundo trimestre Morfoloxía A 3ª declinación dos temas regulares masculinos-femeninos e neutros. Adxectivos numerais. Graos do adxectivo. A comparación. Adverbios derivados. Pronomes demostrativos. Formación do infinitivo. Sintaxe Preposicións de un, dous e tres casos: usos e valores. Oracións subordinadas de infinitivo e Óti en función de SUX e CD. Pervivencia: "Orixe grega do teatro" O teatro e seus xéneros: un producto cultural xenuinamente grego. Nacemento e desenvolvemento do teatro grego ata Menandro. Terceiro trimestre Morfoloxía Pronomes interrogativos- indefinidos. Pronomes relativos. Os verbos contractos. Sintaxe Oracións de relativo. Pervivencia: "A colonización grega do Mediterráneo" As colonias gregas de ultramar: causas, función e proceso de creación. As dúas oleadas coloniais. Colonias gregas na Península Ibérica.
___________________________________________________________________________________
28
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
TEMPORIZACIÓN EN GREGO II Primeiro trimestre Morfoloxía Revisión da flexión nominal regular da 1ª, 2ª e 3ª declinacións. Sustantivos irregulares. Revisión dos adxectivos e adverbios regulares. Adxectivos e adverbios irregulares. Revisión da flexión pronominal. Revisión da flexión verbal dos verbos temáticos de raíz en vocal (contractos e non contractos). Verbos en -w de raíz en consonante. Sintaxe Funcións e usos dos casos. Revisión. Revisión das oracións completivas de infinitivo e con Óti, e das subordinadas de relativo. Léxico Raíces gregas e palabras derivadas. Literatura Épica. Orixe e evolución. Características. Períodos. Segundo trimestre Morfoloxía Verbos en -w irregulares. Verbos atemáticos: xeralidades. Comparación entre o sistema verbal temático e o atemático. Sintaxe Preposicións. Revisión e afondamento nos seus usos. Oracións de participio concertado e de participio absoluto. Léxico Raíces gregas e palabras derivadas. Literatura Drama. Orixe e evolución. Características. Períodos. Lírica. Orixe e evolución. Características. Períodos. ___________________________________________________________________________________
29
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
Terceiro trimestre Morfoloxía Tipos de verbos atemáticos. Conxugación dos distintos tipos no indicativo das tres voces. Sintaxe Oracións subordinadas adverbiais. Léxico Familias léxicas de raíz grega. Literatura Historiografía. Orixe e evolución. Características. Xenofonte: vida e obra. Filosofía. Orixe e evolución. Características. Platón: vida e obra.
___________________________________________________________________________________
30
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
10. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO PARA ALUMNOS CON GREGO PENDENTE DE 1º As actividades de recuperación e reforzo previstas son: - Realización de traducións de oracións e textos que o profesor lle irá entregando ó longo do curso ata a avaliación final de materias pendentes. - Realización das táboas de declinación e conxugación así como outros exercicios que o profesor lle irá entregando ó longo do curso ata a avaliación final de materias pendentes. - Lerá en voz alta os textos gregos que lle indique o profesor. - Exercicios de escritura ortográfica. - Ademáis: poderá examinarse das lecturas que o profesor lle sinale, se quere subir nota ata un 1 punto.
___________________________________________________________________________________
31
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
11. PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES Os obxectivos da educación en valores son acadar que o noso alumnado desenvolvan actitudes persoais activas que lles axuden a construir formas de vida máis adaptadas ós valores actuais da nosa sociedade. Na materia de Grego atópase tamén o achegamento á realidade do mundo grego antigo, no que xurdiron uns valores e principios, os do sistema democrático ateniense, vixentes na actualidade, e situacións conflictivas e de clara inxustiza, como a réxime escravista ou a situación da muller ateniense. Todo iso é o marco ideal para o desenvolvemento da eduación en valores. 1) EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA Grecia foi berce da democracia e, por iso mesmo, da participación do cidadán no goberno do Estado, con toda a súa carga de dereitos e deberes. Era aquela democracia directa e non representativa coma a actual; pero todos recoñecenos na primeira democracia a orixe da última, que é a propia dun estado moderno. Na Época Helenística a polis está en crise e se incorpora a un sistema novo de goberno, onde a autoridade emana non da asamblea de cidadáns, senón dun gobernante remoto e autocrático. O alumno aprenderá desta etapa os rasgos dun goberno absoluto, onde o cidadán ficará sen dereitos e sometido a autoridade dun único gobernante. O tema dos dereitos do cidadán grego e dos no-cidadáns e o tema da escravitude nos permite reflexionar sobor dun tema de ardente actualidade: a situación dos inmigrantes que tratan de entrar no noso país de calqueira xeito, estando sometidos tamén a explotación laboral das empresas que buscan man de obra barata. Iso nos permeterá ver que despóis de 2000 anos, seguen a existir no mundo situacións de escravitude máis ou menos tapadas, por exemplo o traballo infantil, proxenetismo de mulleres inmigrantes, etc. A situación da muller era claramente discriminatoria no mundo grego, sobre todo en Atenas, da que temos máis datos. O estudio desa situación posibilitará a reflexión sobor da muller na nosa actualidade, onde a igualdade do home e a muller é máis unha pretensión ca unha realidade. ___________________________________________________________________________________
32
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
2) EDUCACIÓN PARA A PAZ A guerra foi o meio usado polas antigas poleis para impoñer a súa supremacía. Estudando este aspecto fundamental da antigüidade grega (vida militar, a estructura do exército, as principais batallas e guerras, ...), o compararemos co noso aparato militar actual e faremos debates sobor da utilidade ou non do exército, a obxeción de conciencia, ventaxas e desventaxas do exército profesional, etc. 3) EDUCACIÓN NA IGUALDADE DOS DOUS SEXOS A muller grega da Atenas antigua tiña unha situación moi distinta á actual, tanto pola falta de dereitos políticos e dunha educación; a cultura misóxina grega antiga nos servirá para reflexionar sobor da suposta igualdade de oportunidades da muller e o home na nosa actualidade. 4) EDUCACIÓN NA DIVERSIDADE SOCIAL E CULTURAL DO NOSO ESTADO Para que o alumno comprenda que vive nun país multicultural, estudaremos os restos arqueolóxicos de orixe grega e romana, nas distintas comunidades autónomas. Tamén o léxico de raíz grega é unha fonte inestimable para ver os elementos comúns ás distintas linguas da Península e Illas. 5) EDUCACIÓN PARA A SAÚDE, EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR E EDUCACIÓN AMBIENTAL Costumes alimentarias dos gregos; rasgos básicos do urbanismo grego (escasa preocupación dos gregos por elementos fundamentais na nosa sociedade coma os parques e xardíns) ; a ciencia grega (as orixes da medicina, óptica, física, etc.); 6) EDUCACIÓN NA MELLORA DO MUNDO A base da sociedade ateniense era a desigualdade económica e a explotación do máis débil: pois a man de obra eran os escravos na maior parte dos sectores económicos. Iso podemos atopalo na nosa sociedade actual dos países ricos (e pobres) coma o noso, nos que é patente a explotación da man de obra dos inmigrantes. ___________________________________________________________________________________
33
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
12. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS Igual que nos tres últimos cursos, tense prevista unha excursión a Lugo para asistir á representación dunha ou dúas obras teatrais do Festival de Teatro Grecolatino que organiza na devandita localidade a SEEC. Tamén aproveitaremos para visitar o conxunto arqueolóxico román da cidade (muralla, termas, museo). Se é posible, faremos outra excursión a Mérida ou a Itálica. Só se a situación económica das familias dos alumnos o permite, poderíamos facer unha excursión a Grecia de fin de curso.
___________________________________________________________________________________
34
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
13. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A día de hoxe non temos coñecemento de ter matriculado algún alumno con necesidades educativas especiais.
___________________________________________________________________________________
35
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
14. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN Ó PROXECTO LECTOR - Na presente programación se da a opción ó alumno de primeiro curso de escoller entre diversas lecturas voluntarias para se presentar a un exame para subir nota ata un punto. - Asemade, o currículo da materia de Grego comprende diversas lecturas obrigatorias en segundo curso.
___________________________________________________________________________________
36
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
15. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN Ó PLAN TIC - O departamento de Grego, desde fai varios cursos, usa diversos recursos na aula e fora dela para integrar o seu traballo nas TIC: o Calendario web para informar ós alumnos en tempo real da planificación das clases, exames e eventos en relación coa materia de Grego. o Correo electrónico de grupo para manterse en contacto cos alumnos fora da aula e para o intercambio de exercicios e materiais. o Pizarra dixital como soporte fundamental das explicacións do profesor, que pode escribir en grego directamente no ordenador, proxectar e comentar os apuntes, esquemas, imaxes, vídeos etc. Neste senso, é moi útil o diccionario electrónico de grego que reproduce o diccionario impreso que os alumnos usan nos exames. É usado polo profesor para ensinar ós alumnos a consultar o diccionario, e tamén polos propios alumnos, xa que potencia e axiliza enormemente o achado de termos.
___________________________________________________________________________________
37
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
16. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN Ó PLAN DE CONVIVENCIA - Este departamento apoia plenamente o Protocolo de Actuación da Aula de Convivencia así como o Plan de Convivencia contido no P.E. do centro. Polo tanto, as actuacións que adoptará son as previstas no devandito Protocolo: PROCOLO DE ACTUACIÓN PROFESOR QUE DERIVA AO ALUMNO a) Só pode derivar por feitos graves. b) O profesor debe facer o parte de cor azul o máis rápido posible (Anexo I). c) O alumno derivado terá que ir co delegado ou outro alumno acompañante á aula de convivencia. d) Debe mandar con traballo ao alumno, e debe valorar o mesmo. e) Ten que comunicarse no mesmo día cos pais/titores do alumno para informarlle do acontecido.
DA AULA DE CONVIVENCIA
XEFATURA DE ESTUDOS a) Falar co profesor que derivou ao alumno.
PROFESOR DE GARDA NA AULA DE CONVIVENCIA a) Non admitirá a aqueles alumnos que veñan sen traballo que realizar.
b) Falar co alumno derivado. c) Analizar os feitos para impor a sanción correspondente. d) Falar cos pais/titores do alumno derivado para comunicarlle os feitos e informarlle da sanción. e) Comunicarlle todo o acontecido ao titor e ao profesor (de ser o caso). f) Informar co protocolo correspondente aos profesores na sala do 2º andar. g) Derivará ao alumno disruptivo á aula de atención educativa por: - Acumulación de partes brancos ou sancións- disrupcións leves.
- Por partes azuis para disrupcións graves.
b) Cubrirá e asinará o documento de seguimento da aula de atención educativa e convivencia (Anexo II). c) Se o alumno está tres días derivado pola xefatura de estudos en todas as materias, terá que ir buscar o traballo cada hora. O profesor da materia indicaralle por escrito ó profesor da aula de convivencia o traballo a facer polo alumno derivado (Anexo III). d) Fixarse documento de seguimento (apartado incidencias) para ver os profesores que xa falaron co alumno ao longo do día e valorar se debemos facelo nós ou non. e) Cubrir, cando se indique no documento de seguimento, a ficha de auto-observación (Anexos IV e V) incidindo no feito de ver cales son os problemas con ese/s profesor/es. Saber a súa percepción. f) Ante calquera feito salientable falar co titor ou o xefe de estudos. g) Dependendo das dificultades ou problemas do alumno, pódense traballar con materiais de orientación que estarán na aula de convivencia.
___________________________________________________________________________________
38
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
17.
PROCEDEMENTOS PROGRAMACIÓN
PARA
AVALIAR
A
PROPIA
- O procedemento usado para a avaliar a propia programación son as reunións trimestrais do departamento, nas que se analizará o seu desenvolvemento e se valorararán os posibles aspectos a cambiar.
___________________________________________________________________________________
39
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
18. INCORPORACIÓN DE MODIFICACIÓNS PROPOSTAS NA MEMORIA DO CURSO ANTERIOR 18.1. GREGO 1º BACHARELATO 1. NOVOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1ª avaliación = 20% 2ª avaliación = 50% 3ª avaliación = 30% 2. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN 2.1. EXAME DE ANÁLISE E TRADUCIÓN DE ORACIÓNS Nos tres trimestres, será de oracións non vistas en clase, e sempre de similar dificultade ás vistas. 2.2. EXAME DE LECTURA EN VOZ ALTA Primeiro trimestre: lectura de oracións vistas en clase. Con arcos prosódicos. Sen límite de tempo. Segundo trimestre: lectura de oracións a primeira vista. Con arcos prosódicos. Con límite de tempo. Terceiro trimestre: textos a primeira vista. Con arcos prosódicos. Con límite de tempo. 2.3. Exame de escritura en grego nun ordenador: consistirá na copia dun texto proxectado nunha pantalla dixital. 3. CRITERIOS DE CORRECCIÓN 3.1. EXAME GRAMÁTICA * A partires do próximo curso, haberá dous exames separados de declinación e verbos; polo tanto abandóase o exame conxunto de declinación e de verbos. TABLA DE ANÁLISE DE VERBOS (2,5 PUNTOS) Cada error = -0,2 puntos. Incoherencia entre clasificación y traducción = invalidación de ambos. TABLA DE CONXUGACIÓN DE VERBOS (2,5 PUNTOS) Cada error = -0,2 puntos. 3.2. EXAME DE LÉXICO E ETIMOLOXÍAS ___________________________________________________________________________________
40
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
- Puntuaranse con 0 puntos as etimoloxías incorrectamente escritas ("misoxenia" en vez de "misoxinia", etc.) ou mal definidas ("escultura en una sola piedra grande" en vez de "monumento en una sola piedra grande"). 4. FOLGAS DE ALUMNOS E EXAMES Os exames aplazaranse ó seguinte día lectivo da folga no caso de que un alumno como mínimo- exerza o seu dereito a facela. 5. FALTAS DE ASISTENCIA Dado o carácter predominantemente práctico desta materia, tendrán avaliación negativa os alumnos que teñan faltado a 1/3 das clases do trimestre sen presentar ó profesor ou titor os xustificantes médicos correspondentes. Só serán aceptados os xustificantes médicos.
18.2. GREGO 2º BACHARELATO 1. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN EXAME DE TEXTOS Nos tres trimestres, será de textos non vistos en clase, e de semellante dificultade. 2. FOLGAS DE ALUMNOS E EXAMES Os exames aplazaranse ó seguinte día lectivo da folga no caso de que un alumno como mínimo- exerza o seu dereito a facela. 3. FALTAS DE ASISTENCIA Dado o carácter predominantemente práctico desta materia, tendrán avaliación negativa os alumnos que teñan faltado a 1/3 das clases do trimestre sen presentar ó profesor ou titor os xustificantes médicos correspondentes. Só serán aceptados os xustificantes médicos.
___________________________________________________________________________________
41
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DA MATERIA GREGO IES Xesús Taboada Chivite de Verín Curso 2014-2015 ___________________________________________________________________________________
Verín, luns 22 de Setembro de 2014.
Fdo.: Daniel García Cancio Xefe do Departamento de Grego Coordinador das TIC
___________________________________________________________________________________
42