Boletín informativo profesorado 2016 17

Page 1

INFORMACIÓN DE COMEZO DE CURSO PARA O PROFESORADO 2016-2017  CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2016-2017.  NORMAS PARA O PROFESORADO DE GARDA.  PÁXINA WEB.  PROCEDEMENTO ANTE ACCIDENTES NO RECINTO ESCOLAR.  FOTOCOPIAS E CUARTO DE CONSERXERÍA.  ORDENADORES

DOS

PROFESORES.

DEPARTAMENTOS

PROXECTORES

DAS

E

DAS

AULAS

SALAS DE

DE

ESO

E

BACHARELATO.  USO DO TELÉFONO.  TITORES. FUNCIÓNS, DEBERES E OBRIGAS.  DEBERES E NORMAS PARA ALUMNOS, EXPOSTAS NAS AULAS, DAS QUE SOMOS RESPONSABLES DO SEU CUMPRIMENTO TODOS OS PROFESORES.  CLIMA

DE

AULA.

ACTUACIÓNS

CONSENSUADAS

POLO

PROFESORADO  ACTUACIÓN

COORDIDANA

DE

TODO

O

PROFESORADO

PARA

O

MELLOR FUNCIONAMENTO DO CENTRO.  ASPECTOS A TER EN CONTA DA NORMATIVA EDUCATIVA EN VIGOR.  GUÍA DE INTERVENCIÓN PARA A MELLORA  NORMATIVA DE INTERESE.

IES “XESÚS TABOADA CHIVITE” VERÍN


I.

CALENDARIO ESCOLAR DO CURSO 2016-2017 Comezo de curso : 1. Día 15 de setembro, xoves: claustro de profesores ás 9.00 horas. Presentación dos cursos de ESO e BACHARELATO a partires das 13:00 horas. 2. Día 16 de setembro, venres, ás 8:50 horas, comezo das clases en todas as etapas e niveis. 3. Día 20 de setembro, martes, ás 18:30 horas, reunión de TITORES de ESO e BACHARELATO coa dirección; ás 19:30 horas reunión dos titores cos pais e nais. 4. Os xefes de departamento deben recoller e entregar ao director, antes do 20 de setembro, os impresos 32 e 33 cubertos polos membros do seu departamento. Os impresos irán na carpetiña de cada profesor do próximo claustro do día 15 de setembro. 5. Os xefes de departamento entregarán as programacións ao vicedirector en soporte informático antes do 15 de setembro.

Horarios 1. Horario lectivo: de 8:50 a 14:20 horas, cun recreo de 30 minutos das 11:20 ás 11:50 horas. Ás 14:30 horas pecharase o centro todos os días e ninguén poderá permanecer dentro agás o persoal de limpeza. 2. Tarde do luns, de 16:40 a 18:20 horas. Ás 18:30 horas pecharase o centro e ninguén poderá permanecer dentro agás o persoal de limpeza. 3. O centro permanecerá aberto, de martes a xoves, de 16:00 a 19:00 horas. A esta última hora pecharase o centro e ninguén poderá permanecer dentro agás o persoal de limpeza. 4. O venres pecharase o centro ás 14:30 horas e ninguén poderá permanecer dentro agás o persoal de limpeza. 5. Salón de actos: as tardes dos martes e xoves o salón de actos permanecerá ocupado para as actividades extraescolares de teatro e musical durante as tres horas. Os mércores poderán realizarse outras actividades, ou exames de bacharelato, cando así o decidan os profesores implicados e previa anotación no libriño correspondente. Nos quince días anteriores ás avaliacións o salón de actos poderá utilizarse de 16:00 a 19:00 horas os martes, mércores e xoves para facer exames. 6. Horario That’s English:  Básico 1: martes de 16:00 a 17:30 horas.  Básico 2: martes de 17:30 a 19:00 horas.  Intermedio 1: mércores de 16:00 a 17:30 horas.  Intermedio 2: mércores de 17:30 a 19:00 horas. 7. Horario Bar: luns de 8:15 a 18:30 horas. Resto semana de 8:15 a 14:30 horas.

Datas das avaliacións Haberá tres avaliacións ao longo do curso:

Información de comezo de curso 2016-17. IES “Xesús Taboada Chivite”

2


1. A primeira levarase a cabo entre os días 14 e 20 de decembro. As notas serán entregadas aos alumnos en man o mércores día 21. Cada alumno traerá o seu boletín asinado á volta de vacacións o luns 9 de xaneiro. 2. A segunda avaliación terá lugar entre os días 28 e 30 de marzo. As notas serán entregadas aos alumnos o venres día 31 de marzo. Cada alumno traerá o seu boletín asinado o luns 3 de abril. 3. A terceira, ou avaliación final, terá lugar a finais de maio para os que teñan materias pendentes e para os de 2º de Bacharelato. Para o resto dos cursos a avaliación terá lugar os días 23 e 26 de xuño. As notas finais entregaranllas os titores en man aos alumnos nas súas aulas o martes 27 de xuño ás nove da mañá. 

Vacacións. Os períodos de vacacións serán os seguintes: 1. Vacacións de Nadal: dende o día 22 de decembro de 2016 ata o 6 de xaneiro de 2017, ambos os dous inclusive. 2. Vacacións do Entroido: 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017. 3. Vacacións de Semana Santa: dende o día 10 ao 17 de abril de 2017, ambos os dous inclusive. 4. Día do Ensino: día 31 de outubro de 2016, venres, (día unificado da celebración dos patróns de cada nivel educativo). 5. Ademais, o centro solicitará as autoridades educativas, se así o aproba o Consello Escolar, que non sexa lectivo o día 24 de febreiro, venres de Entroido (data consensuada cos centros de ensino de Verín), segundo o disposto no artigo 7, punto 2, da Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016-17.

II.

NORMAS PARA O PROFESORADO DE GARDA

1. NORMATIVA XERAL (extractada da orde do 1º agosto de 1997 que desenvolve o Regulamento Orgánico dos IES de 1996) En todos os institutos de secundaria haberá sempre, durante a xornada escolar, un ou máis profesores de garda, segundo as necesidades de cada momento e as dispoñibilidades do centro, que terán como funcións : a) Atender a todos os alumnos que queden libres por ausencia do respectivo profesor, de acordo co establecido nas Normas de Organización e Funcionamento (NOF) ou, no seu defecto, segundo os acordos adoptados polo Consello Escolar (CE). b) Velar pola orde e bo funcionamento do instituto, especialmente nos corredores, á entrada e saída das clases.

Información de comezo de curso 2016-17. IES “Xesús Taboada Chivite”

3


c) Rexistrar no libro de gardas as ausencias e faltas de puntualidade dos profesores e calquera outra incidencia que se teña producido. d) Resolver no acto cantas incidencias de alumnos se produzan durante a xornada lectiva, ben informando inmediatamente a calquera dos membros do equipo directivo presentes nese momento no centro, ben, en ausencia destes, adoptando as medidas que estime máis oportunas, axustándose, de habelas, ás directrices recollidas nas NOF ou aprobadas polo CE. e) Cantas outras se recollan nas NOF ou, no seu defecto, lle encomende a dirección do instituto. Tamén será función dos profesores de garda, a tutela dos alumnos de educación secundaria obrigatoria durante os períodos de lecer (recreo). Para tal fin a dirección do centro destinará as profesores que estime necesarios, de acordo coas dispoñibilidades do centro, preferentemente profesores que impartan clase nesa etapa. O libro de gardas, no que se recollerán as faltas de asistencia e de puntualidade do profesorado xunto coas posibles incidencias que poidan xurdir, terá todas as súas follas seladas e numeradas e estará a disposición da comunidade educativa. 2. NORMAS ESPECÍFICAS PARA O PROFESORADO DE GARDA 

 

Profesorado de garda en horas lectivas. Cando haxa máis cursos sen profesor que profesores de garda, os profesores ou profesor de garda, despois de comunicarllo ao membro do equipo directivo de garda, acompañarán a todos eses cursos ao salón de actos e permanecerán con eles durante toda a hora lectiva. Sempre que sexa necesario e posible, o membro do equipo directivo de garda indicaralle ao profesor de garda na Aula de atención educativa e convivencia que colabore nesas gardas. Profesorado de garda nos recreos. Cando falte algún profesor de garda de patio o outro profesor que fai a garda debe controlar a zona do compañeiro que falta. Profesorado de garda na Aula de Atención Educativa e Convivencia. En caso de necesidade, e sempre que llo comunique o membro do equipo directivo de garda, axudará aos compañeiros de garda en horas lectivas.

Para todas as gardas, seguiranse os protocolos que o Xefe de Estudos explicará no Claustro do próximo día 15 de setembro.

III.

PÁXINA WEB:

O encargado de manter actualizada a nosa páxina web (iesxesustaboadachivite.org), é Daniel García Cancio. A el hai que dirixirse para a introdución de toda a información que queiran mostrar os distintos departamentos, fotografías de actividades extraescolares e complementarias ou calquera outra notificación. Para mostrar fotografías de alumnos na nosa web, pedímoslle aos pais autorización a principio de curso, polo que calquera profesor que queira facelo deberá poñerse en contacto co Vicedirector para as comprobacións pertinentes.

Información de comezo de curso 2016-17. IES “Xesús Taboada Chivite”

4


IV.

PROCEDEMENTO ANTE ACCIDENTES NO RECINTO ESCOLAR:

Aterémonos ao seguinte protocolo que determina como actuar, cando un alumno sufra un accidente ou crise dalgunha enfermidade, dentro do recinto escolar, que requira atención médica urxente. Como medida de prevención, ao principio do curso, farase un arquivo confidencial (co visto bo dos pais e dependente da xefatura de estudos) daqueles alumnos con enfermidades crónicas ou de risco ao obxecto de dispoñer da información necesaria para facilitar aos servicios sanitarios en caso de accidente ou crise de saúde. O profesor ou persoal subalterno responsable seguirá o procedemento seguinte : 1. Poñerse en contacto co Xefe de Estudos ou outro cargo directivo . 2. Chamar ao 061 para que proceda a recollelo en ambulancia e tomar nota do centro sanitario a que é trasladado o accidentado. Profesorado voluntario poderá acompañar ao alumno, especialmente se é dos dous primeiros cursos da ESO. 3. Poñerse en contacto co titor do alumno accidentado. 4. Chamar á familia ao teléfono de contacto. 5. Cubrir o Parte Interno de Accidentes (hai impresos en secretaría).

FOTOCOPIAS E CUARTO DE CONSERXERÍA:

V.

A sección de reprografía do centro está baixo a responsabilidade dos conserxes e débense ter sempre en conta as seguintes normas e observacións: a. A forte demanda de fotocopias e a imposibilidade, en moitos casos, de atender a todos os usuarios no acto, aconsella que os encargos sexan realizados co tempo suficiente, sen premer ás conserxes. Debemos ter en conta que de martes a xoves de 16:00 a 19:00 horas haberá unha conserxe no centro que disporá de tempo para facer as fotocopias que os profesores soliciten. b. Os encargos de fotocopias para traballar nas aulas así coma a petición de folios e xices deben facelos os profesores, nunca os alumnos. c. Os conserxes levarán un control das fotocopias realizadas por cada profesor e departamento. d. Ningún profesor está autorizado para manipular as máquinas de reprografía da conserxería. e. Por petición das conserxes, prégase que os profesores soliciten os servizos de conserxería sen permanecer no cuarto para non entorpecer o seu traballo.

VI.

ORDENADORES DOS DEPARTAMENTOS E DAS SALAS DE PROFESORES. PROXECTORES DAS AULAS DE ESO E BACHARELATO:

Existen ordenadores con impresora en todos os departamentos e cinco ordenadores (tres na sala do 2º andar e dous na do 1º andar) nas salas de profesores. Ao estar todo o centro cableado e con conexión a internet, débense utilizar tendo en conta as seguintes normas: a. Non cargar nin baixar programas ilegais. b. Extremar o coidado na carga e baixada de programas nos departamentos, xa que se pode colapsar toda a central de comunicacións do Centro. Información de comezo de curso 2016-17. IES “Xesús Taboada Chivite”

5


c. Ao rematar diariamente as actividades lectivas os ordenadores deberán quedar totalmente apagados (nin sequera en stand by) como medida responsable de aforro enerxético e comportamento respectuoso cara o medio ambiente. d. Manter sempre actualizado o sistema antivirus. e. Os ordenadores de todo o Centro non deben ser utilizados para outras actividades que non sexan as de estrito uso académico. f. Sacar as actualizacións automáticas dos ordenadores. g. Ante calquera problema ou dúbida deberase consultar co Vicedirector que se porá en contacto co servizo técnico. h. Os mandos a distancia para poñer en funcionamento os proxectores das aulas de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, hai que pedirllos e devolverllos aos conserxes xa que non poden quedar nas aulas. Os de 1º e 2º de ESO están dentro do moble ABALAR de cada aula.

VII.

O USO DO TELÉFONO :

O servizo telefónico de que dispón o centro funcionará da seguinte maneira: a. As chamadas oficiais dos distintos departamentos serán realizadas dende Xefatura de Estudos. Nun impreso o usuario anotará o Departamento, o seu nome e o da entidade a quen chama, así como o nº telefónico da mesma. b. As chamadas persoais realizaranse dende a Conserxería e serán controladas polos conserxes, que anotarán o nome de quen realiza a chamada, cobrando o importe correspondente (chamadas provinciais, 0,5 euros cada tres minutos e interprovinciais e a móbiles, 1 euro cada tres minutos).

VIII.

TITORES. FUNCIÓNS, DEBERES E OBRIGAS :

Cada profesor titor, ademais das súas tarefas docentes específicas, realizará, cando menos, as funcións especificadas no artigo 59 Decreto 324/1996 Reg. Org. IES. e no artigo 14 das nosas Normas de Organización e Funcionamento.

IX.

 

   

DEBERES E NORMAS PARA ALUMNOS, EXPOSTAS NAS AULAS, DAS QUE SOMOS RESPONSABLES DO SEU CUMPRIMENTO TODOS OS PROFESORES: Respectar a todos os membros da comunidade educativa. Estudar e respectar o dereito ao traballo dos compañeiros, evitándose: - Conversas e risas indebidas. - Berros ou ruídos inxustificados. - Carencia do material necesario para traballar na aula. Asistir puntualmente á clase e participar nas actividades programadas. Seguir as orientacións dos profesores respecto á súa aprendizaxe e formación. Permanecer nas aulas durante o horario lectivo, aínda que falte un profesor. Non entrar nin saír das aulas entre cada clase (salvo casos excepcionais debidamente xustificados) para non interferir na orde académica.

Información de comezo de curso 2016-17. IES “Xesús Taboada Chivite”

6


      

X.

Desprazarse en grupo ás aulas especiais (laboratorios, aulas de música, plástica, tecnoloxía, informática, etc.) con presteza pero en orde, evitando carreiras, empurróns, berros etc. Respectar as instalacións e mobiliario do Centro e repoñelo se é deteriorado por uso indebido. Non comer nin beber nas clases. Manter os móbiles, ou calquera outro dispositivo que non sexa preceptivo para o desenvolvemento da clase, desconectados nas horas de clase. Contribuír ao aforro no centro mantendo condutas ecolóxicas no uso dos recursos e materiais. Non estragar papeis nin xices, pintando as mesas ou tirándoos polo chan. Non permanecer nas aulas nin nos corredores durante o tempo destinado ao recreo. Manter as mesmas pautas de conduta esixidas no Centro cando se realicen actividades fóra do mesmo. CLIMA DE AULA. ACTUACIÓNS CONSESUADAS POLO PROFESORADO

1- Determinar que normas básicas deben facerse cumprir pola totalidade do profesorado para que non haxa disparidade de criterios en actitudes ou comportamentos que se consideren importantes ou frecuentes. 2- Todos os profesores somos os encargados de cumprir e facer cumprir as NOF. 3- Hai que consensuar acordos co equipo docente do grupo. Estes acordos deben ser aplicados por todos os profesores. 4- Procurarase que a conduta e actitude do profesorado sexa: xusta, proporcional, respectuosa, cordial, próxima, estable, clara e firme. 5- Os profesores deben procurar manter a atención de todos os alumnos utilizando todos os recursos ao seu alcance. 6- O profesor non debe tomar a disrupción do alumnado como algo persoal. 7- Cando un profesor está explicando ás veces é conveniente pasar por alto condutas leves que non alteran dun xeito significativo o desenvolvemento da clase. 8- Se hai que intervir, debemos facelo brevemente, mantendo a calma e evitando entrar nun confrontamento directo co alumno. Poderemos elixir, segundo os casos, entre: - Mirada intimidadora (fixa, penetrante e de fronte). - Acercarse a el e dicirllo no seu sitio e en voz baixa, só para el. - Mandalo levantar e dicirllo na parte de atrás da clase e en voz baixa, só para el. En todos os casos debemos falar con eles, individualmente, ao finalizar a clase. 9- Se a disrupción se volve a repetir, ademais de informar ao titor, comunicarémosllo aos pais por teléfono. 10- Se deste xeito non conseguimos que o alumno mellore o seu comportamento, a xefatura de estudos, despois de recibir os nosos partes de amoestación, será a encargada de aplicar as correccións das NOF.

XI.

 

ACTUACIÓN COORDINADA DE TODO O PROFESORADO PARA O MELLOR FUNCIONAMENTO DO CENTRO Ter presentes, en todas as clases, os deberes dos alumnos e facelos cumprir. Chegar puntuais a todas as clases e gardas. Información de comezo de curso 2016-17. IES “Xesús Taboada Chivite”

7


     

XII.

A 1ª, 4ª e 7ª hora estar dentro das aulas cando toque o segundo timbre. Indicarlle aos alumnos que teñen que esperar dentro das clases e nunca nos corredores. Controlar que os alumnos manteñan a colocación axeitada das mesas, evitando que as arrimen as paredes. Non deixar saír aos alumnos ata que toque o timbre. Mandar con traballo aos alumnos derivados á Aula de Atención Educativa e Convivencia. Nas actividades complementarias celebradas no centro en horario lectivo, acompañar e permanecer cos seus alumnos alí onde se celebren. ASPECTOS A TER EN CONTA DA NORMATIVA EDUCATIVA EN VIGOR

Existe un Plan de Traballo para a recuperación das materias pendentes da ESO (alumnos de 2º que teñen materias pendentes de 1º, alumnos de 3º con materias pendentes de 2º e/ou 1º, alumnos de 4º con materias pendentes de 3º e/ou 2º e/ou 1º). Co obxecto de facilitar a recuperación das materias pendentes, a Comisión de Coordinación Pedagóxica na súa reunión de novembro de 2004, seguindo a Orde do 30.09, acordou o seguinte: . O alumno con materias pendentes que realice satisfactoriamente os traballos ou probas marcados polo departamento, superará a materia pendente. . Aqueles alumnos que polo criterio anterior non superen a materia pendente terán unha proba final ordinaria en maio e unha extraordinaria en setembro. . Se a materia pendente é unha das chamadas progresivas (Cultura Clásica, Educación Física, Educación Plástica e Visual, Lingua e Literatura Castelá, Lingua e Literatura Galega, Inglés, Matemáticas, Relixión ou Francés 2º Idioma) apróbase, automaticamente, se o alumno supera a segunda avaliación da materia, co mesmo nome, do curso no que está matriculado. O mesmo ocorrería, obviamente, se se aproba a progresiva tanto en xuño coma en setembro. PROMOCIÓN ESO Os alumnos terán promoción de curso de superaren todas as materias cursadas ou teren avaliación negativa en dúas materias como máximo, e repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas. De forma excepcional, poderá autorizarse a promoción dun alumno con avaliación negativa en tres materias cando se dean conxuntamente as seguintes condicións: a) Que dúas das materias con avaliación negativa non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas. b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias con avaliación negativa non lle impide ao alumno ou seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa (cualificación de catro (4) nas tres materias). c) Que se lle apliquen ao alumno as medidas de atención educativa propostas no consello orientador. Poderá tamén autorizarse de xeito excepcional a promoción dun alumno con avaliación negativa en dúas materias que sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, cando o equipo docente considere que o alumno pode seguir con éxito o curso seguinte, que ten expectativas favorables de recuperación e que a promoción beneficiará a súa evolución educativa Información de comezo de curso 2016-17. IES “Xesús Taboada Chivite”

8


(cualificación de catro (4) nas dúas materias), e sempre que se lle apliquen ao alumno as medidas de atención educativa propostas no consello orientador. Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno debe cursar en cada un dos bloques de troncais, específicas y libre configuración autonómica (non computarán as materias de libre configuración autonómica agás a Lingua Galega e Literatura). TITULACIÓN ESO Ao finalizar o cuarto curso, os alumnos realizarán unha avaliación individualizada pola opción de ensinanzas académicas ou pola de ensinanzas aplicadas. Poderán presentarse a esta avaliación aqueles alumnos que obtiveran ben avaliación positiva en todas as materias, ou ben negativa nun máximo de dúas materias sempre que non sexan simultaneamente Lingua Galega e Literatura e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas. Para obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria cumprirá a superación da avaliación final, así como unha cualificación final desta etapa igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final da educación secundaria obrigatoria deducirase da seguinte ponderación: a) Cun peso do 70%, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en educación secundaria obrigatoria. b) Cun peso do 30%, a nota obtida na avaliación final da educación secundaria obrigatoria. PROMOCIÓN BACHARELATO Os alumnos terán promoción de primeiro a segundo de bacharelato cando teñan superadas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. Para os efectos deste apartado, só se computarán as materias que como mínimo o alumno debe cursar en cada un dos bloques de troncais, específicas y libre configuración autonómica (non computarán as materias de libre configuración autonómica agás a Lingua Galega e Literatura). TITULACIÓN BACHARELATO Para obter o título de bacharel será necesaria a superación de todas as materias de bacharelato e da avaliación final de bacharelato, así como unha cualificación final de bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación: a) Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en bacharelato. b) Cun peso do 40 %, a nota obtida na avaliación final de bacharelato.

XIII.

GUÍA DE INTERVENCIÓN PARA A MELLORA

Despois dun estudo pormenorizado por parte dos departamentos e as propostas de mellora feitas por parte da CCP e do Claustro de Profesores, o Consello Escolar aprobou por unanimidade as seguintes medidas de mellora:

Información de comezo de curso 2016-17. IES “Xesús Taboada Chivite”

9


a) Competencia lingüística 1ª- Fomentar a aprendizaxe de lingua coma instrumento de comunicación. Adicar máis tempo á lectura, expresión e comprensión oral, á redacción de textos e menos á gramática. 2ª- 50 minutos de tempo para “Ler todos xuntos”, coa necesidade apremante de que o profesorado se implique guiando as lecturas, participando e dando exemplo. 3ª- Premiar a boa presentación e a omisión de faltas de ortografía, en todas as materias, cun mínimo de 0,5 puntos en cada proba realizada. b) Competencia matemática e básicas en ciencia e tecnoloxía 1ª- Traballar máis na resolución de problemas. 2ª- Darlle aos alumnos estratexias, facelos pensar, fomentando neles a visión crítica. 3ª-Traballar na interpretación de gráficos e achegar as ciencias á realidade mediante a realización de exercicios prácticos. 4ª- Desenvolver estratexias de traballo e contidos dunha forma práctica. c) Competencia de conciencia e expresións culturais 1ª- Acercar ao alumnado ao entorno e favorecer o seu interese pola dimensión artística, histórica e científica. 2ª- Intensificar a utilización dos medios audiovisuais. XII.

NORMATIVA DE INTERESE

Os números dos BOE e DOG onde se desenvolve toda a normativa de interese para o profesorado (PEC, LOE, LOMCE, Composición e competencias do Claustro, Consello Escolar, Titores, Departamentos, CCP, EDLG, Ensinanzas mínimas, PDC, Formación Profesional Básica, Materias optativas, PAU, etc.), pódense consultar na nosa páxina Web no apartado do profesorado.

Información de comezo de curso 2016-17. IES “Xesús Taboada Chivite”

10


Información de comezo de curso 2016-17. IES “Xesús Taboada Chivite”

11


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.