FAÍSCAS 2011

Page 1




ÍNDICE 2

A ruta da Pista do Marroquí-Laza

4

Alex

5

Alexandro Magno atópase con oriente

6

Houston, temos un problema... chama ós profesores!!

8

Aproximación histórica ao conflicto de intereses no trazado do camiño de ferra na liña de Zamora a Ourense

12

Concurso de sobremesas

14

Zumes

15

Terremoto en Xapón

Editorial

16

Reciclar

Xa é o segundo número no que a realización da revista do IES está nas mans dos alumnos. Neste ano tivemos una boa colaboración co Centro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín, pertencente a AGACA, que nos axudou tanto na organización como no coñecemento do que é a profesión xornalística. Grazas pois a Daniel e Luís, por invitarnos tamén a coñecer as súas instalacións, e a Nazaret Bolaño por guiarnos no mundo do xornalismo. Despois disto, os resultados do traballo do grupo non foron tan bos como cabía esperar, e sobre iso quero facer unha reflexión sobre o que estamos a facer na comunidade educativa. Sería sinxelo dicir que os alumnos non colaboran, non teñen interese por realizar traballos nos que asumir responsabilidades, e en parte é realmente así; pero creo que, para ser honesto, os educadores temos responsabilidade sobre esta cuestión, xa que non fomentamos nas aulas o traballo en grupo, a corresponsabilidade, o apoio ós compañeiros, a autocrítica, o pensamento propio e a reflexión crítica. Os alumnos non fan o que non ven, e poucas veces ven ese espíritu participativo na comunidade educativa, a axuda desinteresada, a crítica construtiva, o debate... Sinto nesta marexada non dar coas claves para espertar máis interese, para ceder a responsabilidade ós rapaces e servir só de apoio, para non acabar rematando eu o seu traballo, como ás veces facemos... Con todo, sempre podemos ver xente esforzada en que as cousas saian adiante, e neso ter consideración co traballo feito dende Normalización, ou Dinamización, por Conchita, que ten adicado moitas horas para que no centro se fagan actividades en prol da lingua, e do espiritu de COMUNIDADE (se vemos por exemplo os poucos artigos feitos por profesores podemos entender que non se contaxia o que non se ten)

18

Land Art nas nosas mans

22

Valados

24

Xuntanza Luso-Galaica

26

Cousas que se poden facer nunha excursión

28

Premios poesía e relato

38

Entretementos

39

Erros nos exames

40

A 180

Pero non todo é malo, e tamén dos erros se aprende para o futuro. Revisemos as pequenas ilusións postas neste traballo: a ilusión de Goretti dende o principio, pescudando no artigo sobre o alcohol na adolescencia xunto con María, o ver que descubriu unha profesión que lle atrae, o facerse responsable deste traballo ás veces tan revolto, a súa forma de actuar discreta pero atenta, os debuxos tan bonitos que nos fai Ivan (que só unha mirada limpa pode apreciar), no entusiasmo de Javier (que me fai intuír que algo falla cando os profesores non somos quen de canalizar esa enerxía), os deseños de María e Xenia, o apoio de Andrea a Iván, as pequenas aportacións que todos fan nalgún momento, e sobre todo pensar que sempre o podemos facer mellor. Sigamos intentándoo...

coordinación de Dinamización Lingúística

coordinación de Deseño Gráfico e Editorial

Concha Fernández Álvarez Víctor Rodríguez Romero

coordinadora do equipo de traballo

Goreti Diéguez Castanheira

Redactoras

María Domínguez González Nagore Fernández Ruíz

Deseñadores

Portada Debuxos equipo de traballo

Andrea Estévez Danta David Bóo Blanco María Domínguez González Iván Feijóo González Javier do Nascimento Fernándes Patricia Alonso Vaamonde Xenia Aléu Cruz Diana Chao Ferreiro José Barreira do Nascimento Raquel Blanco Moura José Luis Blanco Lamas Rosalía Aguiar Pazos Rubén Carracedo Pérez Isabel Aguiar Vega Javier Fernández García Yuleivy Josefina Cuevas Ortiz Vanesa Cordeiro González

próximamente...

1

f


A RUTA DA PISTA DO MARROQUÍ-LAZA

Esta pista debe o seu nome ao construtor madrileño Augusto Marroquín que subcontratou este camiño para dar servizo ás obras da liña de ferrocarril Zamora- a Coruña, entre Prado (Vilar de Barrio) e Toro(Laza). A Pista do Marroquí está situada nas ladeiras do extremo sur do Macizo Central. Empeza na estación de Prado ( Vilar de Barrio) e continúa por Correchouso (Laza) , bordeando o curso do río “Cabras” case sen desnivel algún , a pesar de transcorrer por unha zona abrupta, ata chegar ao enlace coa localidade de Toro (Laza). Pola dereita, en dirección Correchouso- Toro obsérvase sempre o precipicio sobre o río “Cabras”, mentres que pola esquerda transcorre a vía férrea con innumerables túneles, que debido a súa construción fixeron “sangrar” ás fontes e deixaron o pobo de Toro que está situado encima da vía férrea , sen auga. Dende o Alto do Corno (punto que marca o nivel máis alto da depresión producida polo curso do río Cabras) pódese divisar a aldea de Correchouso en toda a súa beleza, como perdida ao fondo do canón da Armada. Este lugar, rodeado de fermosos soutos de castiñeiros, ( que escaparon milagrosamente dos incendios do ano 2004 ) conta aínda hoxe con varios “sequeiros” para as castañas. A maioría destes soutos pertencían a xente de Toro e Camba; Na época da construción do ferrocarril albergou a moitos traballadores da vía. De feito en Correchouso existiron sete “ cantinas” e incluso funcionaba aquí un sindicato de traballadores, con sede nesta localidade chamado “Sindicato Obreiro”. Non obstante a aldea de Correchouso non naceu a causa do ferrocarril, senón que debe o seu asentamento a abondosa produción de castaña. Aínda que durante os anos que duraron as obras a súa poboación aumentou considerablemente. A pista do Marroquí foi construída neste lugar de dificilísimo acceso, substituíndo deste xeito a outro antigo camiño de menor extensión que bordeaba o monte por debaixo da actual pista do Marroquí. Esta pista foi empezada moito antes da Guerra Civil pero viuse paralizada pola contenda . Para realizar a construción dos túneles tiña á súa disposición dous teleféricos que atravesaban o río “Cabras” cun percorrido de 1 quilómetro. Un estaba situado no enlace coa localidade de Toro e o outro preto de Correchouso, no outro extremo. Grazas a eles podíase trasladar o material necesario para as obras do ferrocarril nunha zona de dificilísimo acceso. Tamén servía para transportar persoas vivas ou mortas, materiais para a obra, animais etc....A zona onde estaban situados os extremos do teleférico aínda hoxe se lle coñece co nome de “O Cable”.

f

2


Na construción da vía do ferrocarril dende Zamora a Coruña, que abarcou dende 1929 ata 1957, traballaron milleiros de persoas. Foi un traballo duro e custoso en cartos e vidas humanas, pois aos accidentes propios da obra houbo que engadirlle a enfermidade pulmonar da “Silicose” que sufriron moitos traballadores. Rafael Cid periodista natural de Tamagos (Verín),realizou un documental moi completo e interesante sobre este tema: “Carrilanos, os túneles dun tempo”

A pista do Marroquí é na actualidade unha fermosísima ruta turística, tanto polas súas características paisaxísticas como pola memoria de tempos duros e traballos de xigantes que fixeron posible a apertura cara o resto de España destas terras de lobos , segundo dicía“ Eloi Luís André” para evitar que o ferrocarril pasara por Laza defendendo o seu trazado por Verín, Xinzo de Limia e Allariz. Non obstante, o empeño da empresa MZOV e a morte do enxeñeiro Fernández España nun accidente de tráfico cando estudaba o trazado pola zona de Verín fixo posible que se realizara esta obra que tivo un custo económico moi grande, xa que tendo prevista a súa realización en cinco anos, fixeron falla 28 anos para rematala e sobre todo que aínda que supuxo unha inxección económica para os pobos da bisbarra tamén custou moitas vidas humanas. Así pois, a Pista do Marroquí representa a lembranza viva dun pasado non moi afastado no que o home, mediu as súas forzas coa natureza. Pero é tamén unha paisaxe única e salvaxe pola súa orografía, fauna e vexetación. No desexo de todos está conservala para que as xeracións vindeiras podan gozar dela e admirar o traballo dos seus devanceiros. Carmen Rivero Gallego.

3

f


ALEX Sinto que te vaias. Sinto que a túa partida tarde ou cedo sexa a miña. Síntoo pola túa xuventude case sen saír da nenez sen aspiracións de adulto. Síntoo polas túas prisións atado sempre e sen remedio a un coche sen pistóns. Sinto a tranquilidade con que afrontaches cada día do teu vivir pausado e calado. Sabías que as forzas poucas eran e que medir as túas palabras aforrábanas. Resoa aínda o saúdo de cada mañá. Que tal? Ben Nunca mal, todo era perfecto. Os teus deberes de cada mañá, feitos impecables. A túa responsabilidade estaba por riba da túa enfermidade contábasme que despois xogabas cos viláns dos teus videoxogos superados pola túa destreza e intelixencia. Se algún virus atrancaba o teu respirar, sempre a teus pais había que chamar. Eles eran a rocha inquebrantable do teu benestar. Os teus compañeiros foron despedirte. Cos seus aforros flores brancas che levaron e, a ermida nunca tan concorrida estivo, porque o respecto, anúnciase coa presenza. Todos estamos contigo. Descansa en paz, compañeiro. Nos corredores, continúan as clases no seu discorrer, baleiros, resoan aínda as engrenaxes da túa cadeira e nas nosas miradas a falta da túa presenza. Emilio Álvarez Bayón ( Aux. coidador)

f

4


Alexandro Magno atópase con Oriente Hoxe estiven no Centro de Exposiciones Arte Canal (Madrid) visitando a exposición única, magnífica, e a piques de clausurar, sobre a figura e o contexto histórico de Alexandro Magno (356-323 a.C.): "Alejandro Magno. Encuentro con Oriente". Os obxectos expostos son máis de 300. Inclúen arte cerámica, pinturas, esculturas, moedas, un tapiz enorme, e obxectos inesperados como unha bañeira (moi similar ás modernas). Proceden de 40 museos de todo o mundo, desde os máis coñecidos (Louvre, Museo Británico, Museo de Berlín, etc.) ata os máis remotos (Iraq, Afganistán). . Entre eles, atopamos bustos do propio Alexandro de diferentes épocas (sobre todo copias de época romana); armas macedonias empregadas polo exército do xenial estratega, como a devastadora sarisa, ou lanza de 6-8 metros de lonxitude; cascos gregos e persas; moedas acuñadas na época de Alexandro e posteriores; pezas diversas de ourivería, como brazaletes, pendentes e medallóns; copas e cráteras de terracota e ritóns de marfil; baixorreleves persas e babilonios; tablillas en cuneiforme persa; reproducións fotográficas a gran escala de mosaicos célebres (Batalla de Isos, co rei persa Darío escapando aterrorizado de Alexandro); etcétera. Toda esta riqueza arqueolóxica atópase contextualizada por paneis explicativos da época e rexión(s) correspondentes ós distintos obxectos, en dez seccións. Como introdución á exposición, proxectan un vídeo que consiste en animacións dixitais 3D, por unha banda, de debuxos exquisitamente feitos, semellando pinturas animadas das antigas ánforas gregas; por outra banda, da antiga cidade de Alexandría. Aproximadamente dez minutos, que se fan moi breves, pero imposibles de esquecer, cheos de contido (pódese ver o trailer destas animacións na dirección web abaixo indicada). Logo, na exposición, en cada sección proxéctase, diante dun asento, unha curta animación: nunha vese paso a paso o itinerario de conquistas de Alexandro; noutra, un forte bactriano elevado, nos confíns do imperio alexandrino; e noutra, presenciamos a entrada triunfal do exército de Alexandro en Babilonia ó remate das súas conquistas. As reconstrucións, superrealistas e cheas de vida. Os visitantes descobren estupefactos que o percorrido que Alexandro fixo co seu exército, desde as súas primeiras vitorias en Asia Menor (actual Turquía), ata a súa chegada a Babilonia (volvendo desde a India, onde o seu exército o obrigara dar a volta), superou os 20.000 kms. E que, na Antigüidade, foi chamado con xustiza "O Grande" (Mšgaj), polas súas vitorias sobre os exércitos persas, moito máis numerosos que o seu, grazas á súa habilidade estratéxica e táctica, e ás súas rápidas decisións no campo de batalla. Información sobre a exposición: http://www.alejandro-magno.es/index.htm Animacións 3D: http://www.alejandro-magno.es/videos.htm

5

f


HOUSTON, TEMOS UN PROBLEMA... CHAMA ÓS PROFESORES!! As desigualdades sociais non son unha carga pertencente ó pasado: sabémolo, non só polas noticias que cada día poñen a proba a nosa firmeza, senón tamén polas novas leis que, dun xeito maquiavélico e populista, caen coma lóstregos na treboada, ofrecendo solucións aparentemente adecuadas ós problemas actuais, pero evitando ir ó cerne dos conflitos, perpetuándoos ladinamente ou mesmo creando outros. O sistema educativo é quizais un dos campos onde as torpezas de lexisladores e gobernantes máis dano poden facer, e fan. A última xenialidade da Xunta responde a unha preocupación que vai en aumento: os profesores deben ter máis poder do que teñen, seren capaces de impór o seu dominio sobre esa masa indomable que ás veces é o alumnado.

alumnos deben adquirir, as expectativas de futuro subxacentes ó principio de xustiza poética tan cristianamente asumido (quen traballe triunfará, quen sexa lacazán será castigado), carente de correlato no mundo laboral capitalista que temos. Por outra banda, o profesor debe ser un instrumento aleccionador dotado de poder suficiente como para liberar da educación dos seus fillos ós pais que estean demasiado ocupados no seu traballo. Nun sistema democrático que respecte a dignidade do individuo, non é admisible que un profesor lle zoupe a un alumno por non traer feitas as tarefas, ou que o bote de clase por non ter un bo comportamento cando ata os dezaseis anos está obrigado a asistir.

Parece entreverse certa nostalxia inconfesable, un desexo de ostentar o poderío que noutrora tiveran os nosos profesores. Cada nova lei parece avanzar nunha dirección descoñecida, pero inevitablemente remata dando un ou dous pasos atrás. Parece que avanzamos cando remodelamos o sistema educativo e creamos novas materias tecnolóxicas, cando reagrupamos coñecementos en bloques diferentes que foxen da tradición e aspiran a dar un novo aire, cando cambiamos os libros de texto aplicando as novas tecnoloxías como material didáctico, cando enfocamos o estudo de idiomas estranxeiros dun modo menos academicista e máis comunicativo... Pero todo este complexo armazón burocráticoadministrativo responde a un espellismo no que a base segue a ser a mesma: as desigualdades permanecen. Antes, un profesor recibía tratamento de autoridade, podía pegar ós seus alumnos se non tiñan o comportamento ou o rendemento esperados, impuña as súas normas militarmente sobre os rapaces que tiña baixo o seu mando, pagando coma prezo a renuncia á súa independencia de pensamento e servindo sumisamente á difusión da ideoloxía fascista ó servizo do Sistema (a ditadura franquista). Ese era o concepto de autoridade, de poder, de disciplina, de educación. Agora, como consecuencia dun proceso de desintoxicación ideolóxica, e quizais tratando de fuxir a marchas forzadas daquel pesadelo que tanto tempo tardou en deixar de cheirar nas nosas almas (rancorosas unhas poucas, sedentas de vinganza outras, magoadas as máis), o profesor é unha figura dual: por unha banda representa o coñecemento que os

f

6

Se a estas circunstancias engadimos que os pais non hai tanto que conquistaron a liberdade de deixárense os uns ós outros (xaora, benvido divorcio), dar morte a matrimonios xa podres hai tempo, e reiniciar as súas vidas, atoparémonos con adolescentes solitarios, desarraigados, sen referencias claras, e a sociedade requerirá unha ferramenta nova para aleccionar e dar exemplo, dotar de paradigmas sociais e estruturas de convivencia os novos. Os profesores seguimos estando no ollo do furacán. Sinálennos co índice e dígannos qué debemos facer, para iso nos pagan, non é?


Síntoo moito, non acepto. A sociedade ten moitos fíos dos que tirar, ten moitos botóns que premer. Nada exime a un pai de cumprir as súas funcións, nin sequera unha lei que, nun absurdo e perigosísimo intento de contentar a profes zorregados por rapaces sen escrúpulos e sen pais (funcional e referencialmente falando) reciban agora o tratamento de autoridades públicas, coa tan inxusta presunción de veracidade de que xa goza a policía, e que vén a resumirse na temida e antiga frase: “a miña palabra vale máis ca túa”. Así non solucionamos nada. Cun parche non curamos unha escordadura, e menos se fomentamos tanto a desigualdade social e os rivilexios.A nostalxia é semprea dor producida polo regreso, o sufrimento que xorde desa visita urticante ó faiado onde gardamos baixo chave padecementos remotos pero que necesitamos retomar. Moitos pais acaban delegando toda responsabilidade relacionada coa disciplina e os seus fillos. Cren que como hai profesionais dedicados ó ensino poden facerse cargo tamén dos conflitos da adolescencia que en moitos casos supéranos. O goberno autonómico está a sacar da chistera cada vez máis coellos, moi perigosos abofé, ante o aplauso de moitos que de súpeto ven solucionados algúns dos seus problemas, mentres coa outra man prepara o seguinte truco milagroso por baixo da mesa.

cambios sociais que nos rodean, aceptando o progreso como algo positivo (é dicir, resistíndose á actitude tecnofóbica tan habitual nos centros educativos e abrindo a mente a novas propostas, novos procedementos de avaliación...: o xiz está ben, pero é moi mellorable; ter un alumnado diverso é moi enriquecedor, aínda que supoña moitos máis esforzos tanto por parte dos profes como sobre todo por parte da administración - ...). Educar é moito máis que transmitir contidos e procedementos. Non é tarefa exclusiva dos profesores. Educar é moito máis que castigar os erros e premiar os acertos. Os pais non deben ser meros adestradores de fillos-mascotas. Educar é guiar desde diante, un “diante” que carece de toda connotación xerárquica, e que tan só se refire ó paso do tempo: os que teñen máis anos e saben máis, os que xa foron adolescentes e poden comprender o que eu agora vivo como adolescente que son, poden axudarme a crecer. Educar é axudar a ser mellores, a encaixar nun mundo ás veces gris e escuro, pero tamén luminoso, e nesa tarefa dá igual ser profesor ou pai, todos debemos e podemos contribuír. David Rodríguez Rivada

Xa abonda de trampas, deixen de amolarnos coas súas manobras de despiste. Os problemas están ben claros, sabemos que é o que precisamos: non unha lei que me permita ter o poder daquel profesor que tanto dano me fixo no pasado, non unha lei que atope máis culpables cando un menor beba alcol (recadando fondos indiscriminadamente), non unha lei que pregunte ós pais cómo queren que sexan as materias dos seus fillos... Enchamos as escolas de profesionais necesarios, especialmente PT e AL; non fagamos recortes insostibles en persoal docente que cómpre ter, cando por outra banda segue habendo coches oficiais e privilexios de altos cargos; non deixemos que os alumnos que viven sos aprendan na escola por primeira vez o que significa un “non”, un “faino agora” ou un “primeiro estuda, logo xoga”; eduquemos en valores pero sexamos realmente merecedores de transmitilos, predicando co exemplo, asumindo os 7

f


APROXIMACIÓN HISTÓRICA AO CONFLICTO DE INTERESES NO TRAZADO DO CAMIÑO DE FERRO NA LIÑA DE ZAMORA A OURENSE Alberte Blanco Casal

Cando un se mergulla na historia do ferrocarril galego, especialmente a relacionada co acceso sur á provincia de Ourense, non pode menos que experimentar sensacións contraditorias que van dende a rabia e a tristeza pola insensibilidade das autoridades políticas e empresariais implicadas nos camiños de ferro ou a escasa enerxía dos movementos sociais, ata a satisfacción polo papel desempeñado por persoas senlleiras, como é o caso de Eduardo Chao, Luís André ou Castelao, entre outros. Neste percorrido tamén se percibe con nitidez como outras comunidades históricas, mellor articuladas politicamente e con mais dinamismo social, foron capaces de responder mellor ás demandas sociais nunha época tan distante como a segunda metade do dezanove e o primeiro terzo do s.XX. Tamén resulta difícil evitar un certo desasosego cando se repasan e analizan os distintos proxectos e leis promulgados sobre o ferrocarril en España. Un ten a impresión de que os gobernantes lexislaban de maneira caótica e improvisada sacando en pouco tempo- un sen número de leis, decretos e regulamentos co aparente obxecto de dar resposta ás demandas sociais, pero os resultados prácticos demostran que aquela produción lexislativa, lonxe de resolver os problemas, as máis das veces complicábaos e, en xeral, só servía para dilatar non sempre de maneira inocente- as solucións máis alá do razoable. Este foi o caso do acceso directo ao sur de Galiza por ferrocarril que tardou en culminar a súa materialización a disparatada cifra de 100 anos. O primeiro proxecto realizouse en 1856 por Sagasta, na súa calidade de funcionario de Fomento, e a súa plena posta en servizo non rematou ata o verán de 1957.

f

Proposta de Sagasta (Fonte: Los ferrocarriles en España 1844-1943. Servicio de Estudios.Banco de España) 8


Unha das primeiras propostas onde aparecía Galiza como parte do trazado de ferrocarril en España é a de Sagasta, en 1854, que contemplaba unha liña (secundaria) Madrid-Valladolid-Vigo. As razóns esgrimidas por este deputado nas Cortes para xustificar esa iniciativa eran que Vigo tiña “uno de los mejores puertos del mundo”, ademais de servir “para ayudar a superar las espantosas crisis que afligen a las infelices provincias gallegas”. Probablemente aquela iniciativa gardaba relación cunha proposta anterior do brillante deputado progresista, federalista e republicano galego Eduardo Chao referida á creación dunha liña que enlazase Vigo con Barcelona a través de Valladolid, coñecida como Vavi.

Liñas preferentes contempladas no RDL do 5 de marzo de 1926 ( Fonte: Los ferrocarriles en España 1844-1943. Servicio de Estudios.Banco de España)

Pero esta e outras sabias iniciativas tiñan un inimigo peor que a desesperante lentitude das Cortes madrileñas: o localismo galego dos séculos XIX e XX que en certo sentido aínda perdura, para a nosa desgraza, na época actual. A liña de Chao, que inicialmente fora contemplada nun real decreto en 1853, nunca chegaría a materializarse porque naquela altura produciuse unha lea entre Vigo e A Coruña impedindo que Galiza presentase en Madrid un proxecto único e con apoios suficientes. Así as cousas, a conexión directa polo sur non acadará categoría lexislativa ata decembro de 1912 cando se aproban varias liñas complementarias, entre elas a de Zamora-Ourense. Pero unha cousa son as leis e outra moi distinta as obras e esta peculiar situación fixo que Castelao, máis de vinte anos despois, aínda denunciara nas cortes da II República que “…Vigo dista de Madrid 23 quilómetros menos que Cádiz e por ferrocarril 115 máis…” solicitando a urxente conexión Zamora-Ourense. Naquela altura a liña en servizo por Astorga significaba unha volta de 140 Km de exceso sobre o itinerario máis racional. Aprobada a liña en 1912, ese mesmo ano a compañía concesionaria, MZOV (Medina del Campo-ZamoraOurense-Vigo), encargoulle o proxecto do referido tramo ao enxeñeiro Federico Cantero Villamil, un director técnico da empresa asentado en Zamora. Este recibiu o encargo de facer o trazado entre as dúas capitais de provincia e así xorde o traxecto Zamora Sanabria - A Gudiña Campobecerros Cerdedelo - Vilar de Barrio Taboadela - Ourense, sen ter en conta que toda a zona sur ourensá, a máis desenvolvida e con maiores recursos agrogandeiros e industriais, quedaba totalmente marxinada dun medio de transporte vital para colocar os seus produtos no mercado, truncando, con esa decisión, o seu futuro. 9

f


Se ben é certo que Verín ten un desnivel topográfico importante con A Gudiña e Xinzo ese obstáculo xeográfico non é insalvable e pode ser resolto mediante un trazado adecuado. O despropósito de Cantero intentaba ser explicado pola necesidade de executar, sen máis tardanzas (que ironía: logo tardaron tres décadas en facela!), unha liña directa de Zamora a Ourense como alternativa ás tres liñas de vía estreita propostas ao abeiro da Lei de Ferrocarrís Secundarios e Estratéxicos de 1908. Aquelas liñas eran: OurenseXinzo-Verín-Portugal; Verín-Laza-Puebla de Sanabria e Puebla de Sanabria-Benavente (enlazando coa liña Zamora-Astorga). A primeira delas era concesión do verinés Benigno Gallego Bazal e en 1925 aínda promoveu varias xestións con Primo de Rivera para conseguir o seu apoio, pero aquela liña de vía estreita apartábase da estratexia do goberno e non contaba co apoio da Deputación e da maioría dos concellos. Luís André consideraba un erro esa proposta porque dividía as forzas das comarcas do sur e finalmente foi desbotada, aínda que consideraba unha boa idea a conexión con Portugal a través de Chaves contemplada naquela liña- e pensaba que se podía retomar no futuro. Por outra parte, non debe esquecerse que MZOV estaba gobernada por capital alleo a Galiza (de preponderancia catalá) e os seus intereses estaban relacionados coa pronta execución da obra, a explotación da liña en si e as conseguintes subvencións públicas. É sintomático que algunha da súa xente, traída dende Valencia, acabasen de deputados das provincias de Pontevedra e Ourense, como parte do seu lobby parlamentario en Madrid, ademais de ser utilizados para cabildear preto das deputacións e concellos do sur de Galiza. Con bastante éxito, por certo, a xulgar polos resultados. Para axudar a entender as presas de MZOV debe tamén terse en conta que a poderosa Compañía do Norte, que tiña o monopolio da entrada por Monforte á Coruña, facía todo o posible por boicotear calquera iniciativa da competencia no seu afán por absorber a concesionaria catalá.

Neste adverso e convulso contexto político e empresarial nace unha proposta alternativa ao proxecto de Cantero e da MZOV. Trátase da iniciativa do intelectual verinés Eloi Luís André, daquela catedrático do Instituto Cisneros de Madrid, que en 1925 (moito antes de que resultara aprobado definitivamente o proxecto) comeza a divulgar un trazado, coñecido como variante André, que une A Gudiña, Verín, Xinzo e Allariz con Ourense nun exercicio de sentido común, dignidade, responsabilidade cívica e sentido de país, calidades ausentes nos principais mandatarios daquel tempo. A alternativa de Luís André, baseado nos estudos dos enxeñeiros Sagasta e Calleja de 1857, estaba rigorosamente documentada, con planos, estudo de custos e rendibilidade, viabilidade económica e xustificación social da proposta. Esta variante foi divulgada polo seu autor por toda Galiza e distintas capitais españolas, creándose comisións pro-variante en todas as vilas do sur ourensán e conseguindo o apoio da inmensa maioría do país. Autoridades e veciños dos concellos de Verín, Xinzo e Allariz apoiaron decididamente e de xeito maioritario este proxecto. Non sucedeu así coa Deputación e o concello de Ourense que, xunto ao de Vigo, despois de saír o decreto de 1926 aprobando a liña, inclináronse con vehemencia polo proxecto da MZOV. Nesta deriva auto destrutiva foron apoiados de maneira entusiástica, como non, pola Deputación de Zamora quen aplaudía a insólita decisión dalgunhas institucións galegas de inmolar o dinámico sur ourensán, potencial competidor dos seus produtos. A análise de Luís André sobre esta esperpéntica situación é dunha agudeza extraordinaria sinalando a responsabilidade de determinados sectores galegos vinculados ao capital catalá que estaban decidindo o futuro de Galiza de costas ao propio país. A súa sentencia final resultou un triste lamento ao comprobar, igual que na época de Chao, como a división do país impedía o progreso racional, o máis conveniente para o pobo galego: “O raro, o insólito, é que non pensemos todos a unha : Galicia para os galegos”.

f

10


O esforzo de André foi inmenso. Aparte de ser o autor intelectual, xunto ao enxeñeiro industrial Eduardo Ramos, do proxecto alternativo e un promotor incansable da súa divulgación, acompañou as comisións pro-variante a múltiples reunións coas autoridades provinciais e co goberno español, entrevistándose cos ministros de Facenda e de Fomento. Ao final, os intereses económicos de enclave que só contemplaban o ferrocarril como un medio para transportar mercadorías con rapidez entre os portos galegos e o resto de España primou sobre unha visión articuladora de Galiza a través dos camiños de ferro. Hai que dicir que esta visión non era incompatible cos intereses dos industriais vigueses, pero os financeiros dos que dependían só pensaban no beneficio rápido e daquela, igual que agora, a banca foi quen decidiu. As promesas do entón ministro de Fomento, o conde de Guadalhorce, de que se escollería a mellor solución non foi máis que un paripé, porque a comisión técnica encargada de avaliar as vantaxes e inconvenientes dos proxectos de Cantero e André estaba formada por técnicos de MZOV (entre eles o malogrado Fernández-España, falecido en accidente en 1927) e, aínda que pensaran outra cousa, non ían actuar contra o proxecto da súa propia empresa. O resultado final é de todos coñecido: en agosto de 1928 o Consello de Ministros acorda levar o tren para a serra ourensá deixando desvalidas as vilas máis desenvolvidas e con máis futuro, condenándoas a un fatal ostracismo e subdesenvolvemento que aínda perdura. O máis grave é que esa decisión estivo apoiada por sectores económicos e financeiros galegos aos que se lles supuña unha maior lealdade co seu país e cos seus clientes. Na composición do consello de administración da sociedade construtora que se constituíu en marzo de 1927 por iniciativa de MZOV participaban, ademais da poderosa banca catalá, o Banco Pastor e bancos de Ourense (Hijos de Simeón), Santiago (Hijos de Olimpio Pérez) e Pontevedra (Banca Riestra). Todos eles cos ollos postos no beneficio rápido e sen pensar en que aquela decisión, que afectaba ao sur de Ourense pero prexudicaba a toda Galiza, comprometía o futuro desas comarcas durante largos decenios. E xa van preto de nove, cantos máis quedan aínda?

Se a unidade social e política, a mediados do século pasado, era un obxectivo difícil, sorprende que oitenta anos despois daquel disparate se volvera a caer nos mesmos erros e a cometer outra inxustiza histórica mantendo a liña do AVE polas desertas serras do norte impedindo, de novo, o necesario desenvolvemento do sur ourensán. Agora, igual que no pasado, intereses de curto percorrido e a miopía política dalgunha xente impediron a creación dun amplo movemento social para que o trazado do AVE se fixese por onde manda a razón, non para conseguir unha parada do tren de alta velocidade en Verín ou en Xinzo, senón para que esa vía puidese ser utilizada por trens de proximidade, de mercadorías e viaxeiros, e conectase definitivamente estas comarcas co resto do país en igualdade de condicións. Esa iniciativa tiven o honor de presentala en xaneiro de 2003 e obtivo o respaldo unánime da corporación municipal de Verín. Pero, unha vez máis, os fados non nos foron favorables e haberá que seguir loitando. Canto durará esta nova noite de pedra? Depende de nós, de todos nós. Verín, marzo de 2011

11

f


C o n c u r s o

d e

s o b r e m e s a s

Receitas Gañadoras TORTA DO MUNDIAL INGREDIENTES: Para o biscoito: _ 8 ovos _ 200 g de azucre _ 250 g de fariña _ 2 culleriñas de lévedo ( Royal) _ 30 g de cacao en po Mousse de chocolate: _ 350 g de chocolate negro _ 6 ovos _ 75 g de manteiga sen sal _ 3 culleradas de azucre Xarope: _ 1 cunca de auga _ 1 cunca de azucre _ un chorro de licor (ao gusto de cadaquén)

ELABORACIÓN: Facemos primeiro a mousse para que arrefríe : fundimos o chocolate ao baño María, engadimos a manteiga, as xemas e por último as claras co azucre. Batemos ben. Preparar o biscoito mesturando tódolos ingredientes menos o cacao. Repartir a masa en dúas partes e a unha delas engadímoslle o cacao. Botamos nun recipiente e cocemos co forno xa quente 12 min. 180º. Cortamos do biscoito branco 10 hexágonos e do marrón 6 pentágonos. Cortamos tamén do biscoito marrón un círculo grande para a base da torta. Forrar un recipiente con film. Montar a pelota cos hexágonos e cos pentágonos. Enchoupar todo o biscoito coa metade do xarope. Reencher a pelota coa mousse. Tapamos co círculo enchoupado coa outra metade do xarope. Por último dámoslle a volta.

f

12

Marta Canado Gómez 2º ESO –A


ROSCO – CHOUX DE NATA E CHOCOLATE INGREDIENTES: _ 250 ml. de auga _ 80 g. de manteiga _ ½ culleriña de sal _ ½ culleriña de azucre _ 125 g. de fariña _ 4 ovos _ 400 g. de nata montada con azucre _ 30 g. de chocolate fondant _ azucre glas ELABORACIÓN: Verter nun cazo 250ml. de auga, 80 g. de manteiga, sal e unha culleriña de azucre. Poñemos ao lume ata que rompa a ferver. Retiramos do lume e engadimos de golpe a fariña. Remexemos enerxicamente ata que a masa se despegue dos bordes do cazo. Engadimos os ovos dun en un. Deixamos repousar a masa. Botámolo nunha manga pasteleira, elaboramos os pasteliños e colocámolos nunha bandexa engraxada. Introducimos no forno previamente quente a temperatura media durante 35 ou 40 minutos. Deixar arrefriar . Abrimos os pasteliños polo medio e enchémolos de nata, salpicamos azucre glas. Por último, derretemos o chocolate a baño María e cunha manga pasteleira adornamos a superficie.

Aarón Rúa González 1º ESO- D

HALÚA DIAL KASRUNA INGREDIENTES: - 1 ovo - 1 culleriña de anís - 1 cullerada de azucre - ½ kg de fariña - 1l. de aceite para fritir - Mel para adorno ELABORACIÓN

Rajaa Fathallah 1ºESO D

Masa. Botar a fariña, o azucre, o ovo, unha culleriña de anís nun recipiente e amasar ben. Con esa masa elaboramos unhas boliñas, esmagámolas ben e despois cortámolas cun coitelo. Quentamos aceite e fritimos as boliñas, deixamos que se poñan douradas. Retiramos e adornamos cun pouco de mel.

13

f


ZUMES ´ ZUMES QUE CONTRIBUEN A UNHA BELEZA NATURAL Está demostrado que a alimentación contribúe na beleza natural, xa que por exemplo unha persoa mal nutrida non pode reflectir unha fermosa faciana. Polo tanto é moi importante inxerir alimentos que internamente nos poden axudar a conseguir ter unha fermosa cabeleira, un cute suave e hidratado, ollos resplandecentes e unha figura esvelta, entre outros… Os zumes tanto de froitas como de vexetais son unha excelente fonte de nutrientes que contribúen, ao mesmo tempo a conservar e resaltar a nosa beleza natural. A continuación describimos algunha receitas de zumes que embelecen.

ZUME PARA CONSEGUIR UNHA MIRADA RESPLANDECIENTE. INGREDIENTES: 3 cenorias :)* 1 folla de espinaca :D 2 ramas de perexil ;O 1/2 pomelo. -) MODO DE APLICACIÓN: Licuar a cenoria cos demais ingredientes, tomar diariamente especialmente polas mañás. Este delicioso zume, ademais de ser refrescante fai que os nosos ollos brillen cheos de enerxía para todo o día.

ZUME PARA UNHA PEL RADIANTE Os raios de sol, os contaminantes e outros factores poden facer que a nosa pel adquira un ton cobrizo e opaco. Con este zume podemos conseguir que a nosa pel luza radiante. INGREDIENTES: ½ melón * 1 mazá * 70 g. de uvas vermellas * 172 culleriña de zume de limón * MODO DE APLICACIÓN: Lavar os ingredientes e retirar o corazón da mazá. Triturar as froitas e verter nun vaso e remover.

ZUME CONTRA A OBESIDADE Existen varios factores que poden causar a obesidade, entre eles está a herdanza ou a acumulación excesiva de graxa no corpo por unha mala alimentación. O seguinte zume é considerado un quita graxa porque contén moita vitamina C que axuda ao organismo a queimar esta substancia con máis facilidade. INGREDIENTES: 3 follas de espinacas > 3 laranxas > 1 rebanda de papaia > 1 rebanda de piña > MODO DE APLICACIÓN: Sacar o zume de todos os ingredientes e mesturar ben. Tomar todas as mañás durante un mes.

f

14


Un día de clase o profesor mandounos buscar unha noticia que nos impactara e cada un trouxo a súa, a sorpresa que nos levamos foi que Iván trouxera unha noticia da que estivemos falando toda a hora e resultounos moi boa para expresarnos en grupo e compartir a nosa opinión sobre un tema que nos está a afectar a todos: TERREMOTO EN XAPÓN CONSECUENCIAS:

Poboacións sepultadas pola forza da agua, mortos,

desaparecidos e xente ferida.

As perdas son inalcanzabeis, casas, coches, barcos e ata

centrais nucleares

danadas. Esta xente tardará moito tempo en recuperar todo

o que perderon e nunca o

valor do que o tsunami se levou, porque os danos materiais

pódense recuperar pero

as vidas que se perderon non. Pregúntome: Por qué estes

fenómenos da natureza

son inevitábeis? Por qué o traballo e o esforzo das persoas

non poden evitar

estas catastrofes? Iván Feijoo González 3ºA

Iván conseguiu que podemos

que todos nos parásemos a pensar en como está a Terra pola nosa culpa e facer para evitar que desapareza.

O terremoto e tsunami de Sendai foi un sismo que ocorreu o pasado 11 de marzo no que se rexistrou unha magnitude de 8´9 na escala de Ritcher, según uns estudos o quinto máis grande que ocorreu na historia aínda que é un dos que máis mortos causou: 12.898 mortos e 14.824 desaparecidos. O epicentro deste terremoto rexistrou no mar debido ao cal ademais do terremoto formouse unha gran onda que asolagou varias illas de Xapón. Debido á gran forza deste fenómeno ás 20:00 horas dese mesmo día rexistrouse outro terremoto nas nosas costas galegas de 6´6 graos, por sorte non causou ningún dano. En Xapón producíronse varias explosións nos reactores dalgunhas centrais nucleares polo que produciu unha fuga radiactiva importante ao exterior que aínda agora acaban de lograr detela debido a que se extendeu pola auga de todo Xapón. Este fenómeno ademais de afectar ás nosas costas galegas produciu que en todo o mundo se crearan pequenas réplicas do terremoto ou do tsunami, polo que podemos dicir que este terremoto afectou a todo o noso planeta. Este sismo non só produciu a morte de moitas persoas senón que das que lograron sobrevivir moitas delas quedaron sen casa, aínda que se puideron producir moitas máis catástrofes, pero por sorte Xapón é un dos países máis preparados para estes fenómenos do noso planeta. Científicos aínda seguen estudando por que ocorreu esta castástrofe tan tremenda, moitos deles néganse a aceptar a idea de moitas persoas do noso planeta de que a Terra estase a queixar por todo o que facemos nela, e que isto só foi un aviso do que pode chegar a ocorrer se non a coidamos como ten que ser. E ti que pensas,? cres que a Terra se queixa?? Andrea Estévez Danta 3ºA

15

f


reciclar

instalaci贸n no pasillo da 2陋 planta

f

16


reciclar grazas, Javier, por facernos os días máis bonitos palabra difícil, con moitos significados... dende logo que Javier se recicla cada día... ...e nos recicla a nós tamén, déixanos pistas por todas partes, para que ollemos cunha mirada distinta, crítica, para que reflexionemos... para que nos quedemos nus de prexuízos e pensemos, gocemos, talvez sintamos...

para que nos reciclemos...

...seremos quen de recibir a mensaxe?

f

17






IIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIVIIIIIIAIIIIIIILIIIIIIIAIIIIIIIDIIIIIIIOIIIIIIISIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII O Concello de Verín en colaboración coa Secretaría xeral de Política Lingüística organizou durante os días 25, 26, 27 e 28 de outubro unhas xornadas de reflexión sobre as fronteiras, a lingua, a literatura, o audiovisual e a situación da muller nun ciclo titulado “VER, LER, FALAR E AMIZAR”. O Equipo de Dinamización da LG, o grupo de traballo da biblioteca e o Departamento de L. galega do noso IES, xunto con outros centros da vila participou nas dúas categorías: 1º de ESO e 2º de bacharelato. Así o alumnado de 1º de ESO despois de ler o libro “Valados” e de asistir a unha proxección en Power Point (realizada polo mesmo autor, Agustín Fernández Paz) sobre os valados existentes no mundo, participaron mediante unha videoconferencia nun coloquio co propio autor, manifestando a existencia de fronteiras físicas e mentais. A continuación imos transcribir a presentación con que Agustín Fernández Paz nos agasallou: O 9 de novembro de 1989, hai agora 20 anos, caía por fin o muro de Berlín. Un muro que se construíra en 1961, cando Europa estaba dividida en dous bloques por mor da guerra fría En poucos días érguese un muro que dividía a cidade en dúas partes, barrio a barrio, rúa a rúa. E que rematou separando familias, amizades, persoas, durante case trinta anos. Que provocou morte, dor e sufrimento. E que , tras case trinta anos de presenza ominosa, rematou por ser derrubado. Porque os muros, calquera muro, sempre acaba por caer. Antes , na historia de Europa, no século XX que foi pródigo en matanzas, houbera xa outros terribles muros. Coma o do gueto de Varsovia, onde foi concentrada a poboación xudía na Alemaña nazi. A película “El pianista” ofrece un testemuño daquela realidade. E, xaora, os muros e aramados de Auschwitz, Mathausen, Treblinka, e outros campos de concentración construídos pola obsesiónexterminadora do goberno de Hitler. Tamén os dos refuxiados republicanos, entre eles tantos galegos, no sur de Francia tras a derrota da guerra civil. Poderíase pensar que, tras a caída do muro de Berlín, a práctica de erguer aramados, muros, aramados caería en desuso. Que o de Berlín sería un símbolo do que non tería que suceder nunca máis. Mais non… Na actualidade existen no mundo 17 grandes muros ou barreiras, que suman un total de 7.500 quilómetros. Son os muros “erixidos para dividir, para impedir migracións, para protexer os que teñen algo que protexer”. Cemento, arame de pugas, esteos de aceeiro… Porque os muros sempre son para tentar separar ou para impedir a chegada doutras persoas. Os pretextos? A raza, a nacionalidade, a relixión, a ideoloxía, a cultura… mais non os seres humanos nin as mercadorías dos que pretenden fuxir. Todo o anterior refírese aos muros físicos, os máis evidentes. Pero existen tamén outros muros invisibles… Os máis numerosos, os máis difíciles de combater. Os que están tan presentes en sociedades coma a nosa, os que favorecen a exclusión social e a inxustiza. Os que permiten que coexista a riqueza máis obscena coa pobreza e a falta de recursos mínimos para unha vida digna. Dos muros físicos, o máis coñecido é o que Israel está a erguer en terras de Palestina, co pretexto de evitar ataques terroristas.

f

22


En realidade, o muro serve para anexionar as mellores terras de Cisxordania, para favorecer novos asentamentos de colonos israelís, para controlar os importantes acuíferos da zona, para reducir á nada as posibilidades de existencia dun estado palestino digno de tal nome. “ É difícil concibir que o mellor xeito de combater o terrorismo sexa afundido todo un pobo na miseria, o desemprego e un sistema de vida claustral e abusivo que se asemella moito ao dos campos de concentración”. Mario Vargas Llosa Aínda que apareza menos na prensa, hai outro muro físico de enormes dimensións: o que Estados Unidos constrúe na fronteira con México. Un muro que tenta frear a emigración desde México, un muro que actúa de fronteira entre EEUU e Latinoamérica, entre o primeiro e o terceiro mundo. 1.100 quilómetros de longo, 5 metros de altura, cámaras, infravermellos, torres de vixilancia … Todo para evitar a inmigración latinoamericana, e preservar a riqueza e o nivel de vida da sociedade norteamericana. Os capitais non teñen problema, os que molestan son os “espaldas mojadas”. España tamén é triste protagonista desta práctica de erguer muros. Os valados de Ceuta e Melilla, na fronteira con Marrocos. Construíronse en 2005, para evitar a entrada dos emigrantes de África subsahariana a través destes dous enclaves que España mantén no norte de África. T´ratase dun dobre valo de arame de 6 metros de alto, complementado con madeixas de arame de pugas entre os dous muros. Erguéronse para impedir esta inmigración que subía de África arriba ata chegar a Marrocos, á fronteira que lles permitía chegar a Europa. O que se conseguiu foi que, cegada a entrada, as correntes migratorias se dirixisen, a través do mar, en caiucos, ás costas canarias. Tamén lle afecta a España, e, por desgraza está estes días de actualidade grazas a Aminatou Haidar, a muralla levantada por Marrocos para frear as incursións da Fronte Polisaria que tenta recuperar as terras das que foi expulsado o pobo saharaui. Unhas terras que Marrocos anexionou, tras o abandono de España, a que foi potencia colonial ata 1975. E hai moitos máis muros físicos… O que constrúe Arabia Saudí para illarse dos países veciños… Os levantados polo exército USA en Bagdad, para illar unhas zonas de outras… O que separa as comunidades grega e turca na illa de Chipre… O da cidade de Padua, en Italia, levantado para illar un barrio de inmigrantes africanos… Os construídos en Rio de Xaneiro para illar algunhas das extensas favelas que medran nas beiras da cidade… Os muros que protexen as urbanizacións onde as clases poderosas se illan do resto da xente… Os muros que levanta a pobreza, a exclusión social de orixe económica. Os muros de clase social, os que crean guetos nas cidades. Como a “banlieu” en Francia, onde se amorea a emigración, tamén a da segunda ou terceira xeración. Os muros que criminalizan a diferenza ( de opción sexual, de lingua, de nacionalidade, de raza…) En realidade o que ergue estes muros invisibles é u odio ao diferente e a protección dos xeitos de vida privilexiados. Xa abonda! É hora de botarmos abaixo todos os valados! Nesta presentación soaron cancións como “Time” de Kroke e “El hechizo de Babilonia” de Luís Delgado con Mariem Hasam

23

f


XUNTANZA LUSO GALAICA

30 MAIO DE 2011

Por 5º ano consecutivo o alumnado de 4º de ESO do IES “Xesús Taboada Chivite” de Verín e os seus homólogos ( 10º curso) do Liceu “Fernao Magalhaes de Chaves, tivemos unha nova convivencia. Este ano tocáballe aos portugueses a responsabilidade da organización e escolleron a cidade de Guimaraes, coñecida como o “berce de Portugal”, situada na rexión do Minho no noroeste de Portugal, rodeada por montañas, sendo a máis alta Santa Catarina ou (PENHA). Está cruzada polo río AVE. Dista 20 Km. de Braga e dende 2001 a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade. Pero antes da excursión o alumnado de ámbolos dous centros educativos mantivemos un contacto epistolar moi frutífero e con enormes desexos de coñecer aos compañeiros do outro lado da raia. Por fin o venres 30 de maio saímos ás 8,45 h. en dirección Chaves e dende alí a Guimaraes. Cando chegamos todos queriamos baixar rápido para coñecer aos nosos colegas pero ata ben entrada a mañá non houbo moita comunicación pois a vergonza impedíao. A primeira visita foi ao PAÇO DOS DUQUES DE BRAGANZA , unha maxestosa casa señorial mandada construír no s. XV por D. Afonso, conde de Barcelos, fillo (bastardo) do rei D. Xoao I e futuro duque de Braganza. Está situado nos arredores do castelo, é un exemplar único na península ibérica de arquitectura señorial da Europa septentrional, caracterizada pola grandeza dos seus edificios e polas numerosas chemineas cilíndricas. Todo o edificio está considerado monumento nacional dende finais do século XIX. O máis importante é a capela situada no primeiro andar, pequena e moi espigada con balaústres e decorada en madeira. O paço posúe unha grande variedade de tesouros incluíndo retratos de Catalina de Braganza que casou con Carlos II de Inglaterra. Tamén son importantes os tapices, porcelanas e cerámicas. Posúe un bonito patio porticado con columnas talladas. Vicente Aranda rodou aquí parte da película “Juana la loca”. A segunda visita foi ao CASTELO DE GUIMARAES OU CASTELO DE SAN MAMEDE situado no monte Latito é o símbolo da cidade. Está dominado por unha torre da homenaxe de planta cuadrangular situada no interior das murallas flanqueadas por catro torres nos seus ángulos. Xa dentro do castelo, percorremos o seu patio pedregoso e subimos por unhas escaleiras de altos chanzos para gozar dunha espectacular panorámica da cidade. No ano 1111 naceu no castelo o que máis tarde viría sendo o primeiro rei de Portugal Afonso Henriques, protagonista indiscutible da historia deste país.

f

24


Guimaraës ocupa un lugar destacado no nacemento de Portugal, aquí tivo lugar a batalla de San Mamede, onde Afonso Henriques sae vitorioso fronte ás tropas de súa nai Dona Teresa e foi o comezo da nación portuguesa. IGREXA DE SAN MIGUEL é un templo románico de reducidas dimensións situada a carón do castelo. Foi mandado construír no s. XII, ten planta lonxitudinal e capela maior rectangular. O seu interior alberga unha pía bautismal onde foi bautizado Afonso Henriques. O seu pavimento está cuberto con sepulturas de nobres guerreiros. É monumento nacional. A continuación destas visitas estaba programado o paseo polo casco antigo da cidade pero como a fame de todo o alumnado era grande, os responsables decidiron cambiar a orde e dirixíronnos cara a montaña da Penha ou Santa Caterina lugar de lecer dos vimaranenses e comer os nosos bocatas. Foi un momento bastante entretido pois tanto españois coma portugueses xuntámonos arredor dunha mesa e pasóusenos o tempo rapidamente comendo e charlando. De seguido subimos no minitren para facer un percorrido por toda a montaña. Por último deixamos o autobús para facer a visita pola cidade e como xa tiñamos moita confianza cos portugueses fomos todos xuntos a comer xeados ou beber algún refresco nas agradables terrazas das varias prazas famosas desta cidade. Baixando do castelo, a capela de San Miguel e o Paço ducal, chegamos ao centro histórico a través da rúa de Santa María s. XII, que une a zona fortificada coa parte baixa do pobo. Praza de Santiago. Templete gótico en conmemoración da batalla do Salado situado no Largo da Oliveira, está xusto enfronte da Igrexa Nosa Señora da Oliveira. O templete recorda a vitoria das tropas lusas e castelás contra os benimerines que proviñan do norte de África e que intentaban invadir a península ibérica no 1340. Foi mandado construír por Alfonso IV no s. XIV. IGREXA DOS SANTOS PASSOS OU DE SAN GUALTER Situada fóra do casco urbano s. XVIII e XIX, de estilo neobarroco caracterízase polo abombamento da súa fachada e pola variedade de cores dos materiais. Conserva un dos cinco pasos que hai na actualidade e que se estenden en pequenos oratorios pola cidade. Na parte exterior existe un xardín con estatuas que lle confire un aire aos templos de peregrinación e adquire moita importancia a perspectiva de achegamento ao edificio. Como se achegaba a hora do regreso houbo despedidas con bicos e con caras tristeiras polo que lles pedimos aos profes que nos pararan outra vez en Chaves para dar o último adeus aos nosos colegas. Con moitas ganas de repetir a experiencia chegamos a Verín ás 20h. Miguel Rivera Chaves 4º ESO -B

f

25


alumnos de DGD e DT-II

(fondo: story board de Pasolini ´ Seoane) exposicion ´ na Fundacion

´ ...cousas que se poden facer nunha excursion:

conecer a obra de Le Corbusier visitar a universidade

falar con estudantes universitarios

durmir nun albergue

comer xuntos

xogar

f

26


conecer a obra de Seoane

crear con Seoane

´ ´ fundacion ir a Seoane

ser Ana Magnani

f

27


premios poesía e relato OS NENOS

?

Por que un día

non é coma outro?

Por que un agasallo,

non é un agasallo calquera? Por que un bico,

non é unha cousa baleira?

Por que un día é especial, e o seguinte aínda máis? Por que son os nenos os que menos piden

e os que todo o dan? Por que sen eles, nada sería igual?

Porque os nenos son especiais, porque son a fonte da vida, porque dan a luz

que alumea o día a día.

1ºCICLO 1ºPREMIO POESIA Alba Fernández Hernández 2ºB

f

28


PSICANÁLISE Para aqueles que con maquillaxe ocultan a faciana, como se de máscaras se tratase, eu digo: espertade! Para aqueles que son ondas, e polo mar se deixan levar, eu digo: espertade! Para aqueles que como ovellas de rabaño cun rumbo descoñecido, camiñan sen un “porqué” explicado, eu digo: espertade!

(.) Para aqueles que van e veñen

por camiños rectos e non se deteñen,

eu digo: espertade!

Para aqueles cos ollos pechados,

co corazón baleiro,

e cos pensamentos propios borrados,

eu digo: espertade... ESPERTADE!

1ºCICLO 2ªFINALISTA POESÍA Esther Estevez Casado 2ºB

f

29


!

premios poesía e relato

ESQUECER

Xa é día. Vexo o sol polas físgoas da persiana. Pensaba erguerme cedo, e ir ata os prados do Fondo,onde xa está a herba alta. Fun hai uns días coa miña curmá Helena, e estaban tamén Toniño e Xoán, eles tan bos mozos ... Alguén abre a porta do cuarto, quen anda aí? Entra unha muller loura con lentes, sorrí e dime que me teño que erguer para almorzar. Colle roupa dunha cadeira e vaina poñendo. Deus, que fai esta muller? Que vergoña ! Quero que pare, xa me visto eu soa, non son unha cativa de teta… Agora lévame ao cuarto de baño, isto é un pesadelo! Non me deixa soa nin para ir ao váter. Por que me vixía? Quen é esta muller? Agora séntame e di que me vai peitear. Ai Deus!, que clase de broma é esta? No espello vexo outra muller pero non a coñezo… parécese moito á miña avoa Lupe, pero non creo, porque a avoa morreu xa hai tempo. Será acaso unha aparición? E, non se decata a muller loura de que hai unha muller vella no espello?. Parece que non, está falando de non sei que cousas. Fala moi rápido, mira cara a muller do espello e sorrí. Non debe vela, ó mellor só podo vela eu. Voullo preguntar: -Ti, peiteas esa vella da pota? Esa pota que está no mexillón? A muller loura segue sorrindo, e di que imos almorzar, pero non contesta, seguro que non ve á vella. Agora si que estamos ben, meu Deus! A muller loura levoume a un lugar cunhas mesas grandes. Hai moita xente aquí, pero non coñezo a ninguén. Séntame a carón dun home, e a loura tamén senta, e comeza por meterme papas na boca. Quero ir a casa! Non sei quen é esta xente, nin que fago aquí, alguén me pode axudar? Voulle preguntar ao home do lado si sabe onde estamos, e como podo ir para casa. -O xabón de queimar mordeu a manta, e non quero que os zapatos veñan á feira sabes? Non sei se me entende, mírame moi serio, non di nada e mira para a cunca das papas. Agora a loura di algo dunha solución, non, dunha situación... non, non, dunha sesión. Iso, pero unha sesión de que? Estou sentada cun home que debe ser médico, leva unha bata branca. E tamén hai unha muller loura con lentes. Non sei que queren, nin quen son. Amósanme fotos e debuxos... Ah! Xa sei. É coma na escola, a mestra tamén me ensinaba debuxos: igrexa, un –i, ollo, un –o. Pero estes debuxos non sei como se chaman. Se os acerto ó mellor deixan que vaia para casa. Agora estou soa, nun cuarto ó lado dunha fiestra. Pero non vexo nada coñecido, só hai un pequeno xardín, abandonado e seco, e unha parede gris. Na casa vía os prados, as árbores e os montes. Quero ir a casa! É pola tarde, di unha muller loura con lentes. Creo que xa vin algunha vez esta muller. Di que teño unha visita, e que teño que portarme ben. Fálame coma si eu tivese cinco anos. E xa son unha muller casadeira... Ai, Deus! Deume un salto o corazón que case me sae pola boca. Cando se abriu a porta, vin a Toniño, xa non me lembraba do alto e bo mozo que é. Está tan guapo coa camisa de cadriños... Xa sabía eu que calquera día había vir para pedirme que fose a súa moza. Xa me dixera Helena na festa do pobo, que non me quitaba o ollo de enriba. Pero mira que pinta teño eu, nin sequera mudei a saia. E con estes pelos... Pero Toniño sorrí, e vén cara aquí. E ata trouxo flores, que home! -Ola, mamá. Que tal estás? Cóidante ben aquí? Mamá, mírame. Son o teu fillo, Andrés. Non te lembras de min? Ai, mamá! - Non te aflixas – di a loura con lentes – aquí estará ben atendida. Non tes que preocuparte de nada. Ven visitala cando poidas, pero non esperes que te recoñeza. Só ten algunhas lembranzas de cando era nova. Pero non sabe quen é, nin que día é, nin se lembra da xente que ve cada día. Unha bágoa escorre pola miña cara. Xa non importa a saia, nin o pelo... Non era o meu Toniño...

f

30

1ºCICLO 1ºPREMIO RELATO Ana María Añel Prieto 2ºA


MENORES DE IDADE Tirei outro mixto ó chan e botei a correr, corrín libre coma unha nena pequena. Acabo de orixinar un incendio, sei que non está ben, pero debo vingarme da xustiza dalgún xeito. Levo un pouco correndo e comezo a bocexar. Síntome mal, moi mal. Mareeime e o estómago fíxome un nó que me impide respirar con normalidade. Si, estou realmente nerviosa. Séntome nun penedo e encendo un cigarro. Empézase a oír as primeiras sereas da policía. – Que rápido acudistes desgraciados!-. Dixen para min. Estou enferma, moi enferma... E a única forma de aliviar un pouco a dor é a vinganza. O odio percorre as miñas veas envelenándome dende o día do xuizo. Todo empezou unha noite, na que Xoel, Susi e eu nos divertiamos nunha discoteca coma calquera mozo un sábado á noite. Levabamos un tempo sen saber nada de Susi, non nos preocupamos, pois a discoteca estaba ateigada de xente. Xoel e eu acababamos de darnos unha oportunidade coma mozos, sempre nos gustamos. De súpeto fíxose un círculo, ó parecer botáranlle droga na bebida a unha rapaza e estaba derrubada no chan. Achegámonos a ver. O ´meu corazón detívose en seco. Susi. Xoel chamou rapidamente unha ambulancia.... O único que fixeron foi transladala ó hospital. Susi estaba sumida nun profundo coma. Eu non facía máis que chorar, montei na ambulancia, quería ir para o hospital canto antes e estar coa miña amiga, coa miña mellor amiga. Díxenlle a Xoel que me acompañara, pero el moi serio contestoume que iría máis tarde, que tiña moito que pensar, deume un bico e perdino de vista. Cando chegamos ó hospital os pais de Susi xa estaban alí. Non podiamos facer nada, a única persoa capaz de sacar a Susi do coma, sería ela mesma. De súpeto recibín unha chamada :” Xoel deu cos tres rapaces que lle botaron a droga a Susi e comezaron unha pelexa. Eran tres, sacaron unha navalla e.... Síntoo”, esas son as únicas palabras que recordo. Agardei impaciente impaciente o día do xuízo. Entraron os tres acusados, dous deles tiñan 16 anos e o maior 17. Ó parecer un do deles eran fillos dun avogado moi recollecido e importante, e o outro era pertencía a unha familia adiñeirada. Non quero contar o xuízo con detalles, simplemente direi que a defensa declarou que os tres acusados estaban baixo o efecto das drogas e non sabían o que facían. Os máis pequenos foron condeados a tres meses de traballos comunitarios por seren os cabecillas de botarlle a droga a Susi, e o maior, pasaría medio ano nun centro de menores por ser o autor do navallazo. Polo simple motivo de seren menores de idade e ir baixo os efectos das drogas non foron condeados a nada máis. Pareceume incrible. -Esta é a xustiza que temos?.-Pensei. Pasaron varios meses, e Susi seguía en coma, a partires dese momento comecei a cambiar. Fíxenme mala, e empecei a tramar a miña vinganza. Non quero ir directamente a polos tres malditos que marcaron a miña vida, quero vingarme tamén da xustiza, do mundo... E aquí estou, sentada nun penedo, saboreando un cigarro, mentras vexo como apagan o lume que acabo de orixinar. Prendinlle por tres sitios distintos e estendeuse moi pronto. Síntome ben. É a miña forma de vinganza. Pero o peor esta por vir. Diríxome cara o centro da vila, á comisaría. Todos están pendentes do lume, así que non hai perigo. Estúpidos, non saben que a vou queimar mentres están ausentes... Mañá levarei a cabo a última parte da miña vinganza, acabarar cos outros tres malditos... Levo tempo seguíndoos, pois xa non teñen contas pendentes coa xustiza. Sei como e por onde se moven. Mañá farei o que teño que facer, e unha vez rematado fuxirei lonxe, tan lonxe que a “xustiza” non me dará atopado. Antes de marchar gustaríame despidirme de Susi. Confío nela e sei que algún día espertará e volverá ser feliz. Leveille ao hospital un rosa vermella cunha nota que pon: – Non te preocupes por nada, aínda que me collan, que me poden facer? Pois... Son menor, ¿non? 1º ciclo 2º PREMIO RELATO Lucía Díaz Nicolino 2º ESO-A

f

31


premios poesía e relato

CONCEPTOS Terra inhabitada de loucuras e sandeces. SÓ AS NECESARIAS. A tinta non exerce de rei. IMPOSIBLE. O inferno confúndese co Edén. EXÓTICO. A lúa non chora. AUDIBLE.

As Barbies visten ancho. SON NORMAS. Os Ken non son perfectos. REAL. Zapatero vai de raias. ATENTO. Prisioneiros séntanse. EN SOFÁS.

Cegos quitan a súa venda. PODEN OÍR. Mudos dan un discurso. PARA MIRAR. Xordos explotan muros. FALAN SEN MÁIS. Negro, branco, amarelo. EQUILIBRAR.

Cada boca un mundo. SABOR. Todo depende de todo. Azar. As leis non significan. EXCLUSIÓN. Non hai liñas imaxinarias. CRUZAR.

Hai borrachos na rúa. FELICIDADE. Cada cal coa súa parella. FIDELIDADE. Non hai motivos para guerras. FAME As drogas son doces. ENXAME.

Non hai sitio para prepotentes. FÓRA. Cada mirada un mundo. SENTIMENTOS. Só importa a cabeza. PENSAMENTOS. Aquí, no meu mundo de violeta. INOCENCIA.

2º CICLO 2º PREMIO POESÍA Vicky Pérez Gascón 3ºB

f

32


NON É DÍA PARA O MEDO

2º CICLO 1º PREMIO RELATO Vicky Pérez Gascón 3ºB

f

33


Chocolate amargo

premios poesía e relato

Eran as 7:00 da mañá e Mikel ergueuse como todos os días para ir ó colexio. Preparouse e saiu da súa casa ás présas para chegar o antes posible. Cando estivo na porta do colexio, entrou rápido, coa cabeza gacha e con medo. O timbre tocou e Mikel entrou una súa clase. Como sempre risas, miradas e bromas para todos menos para el. Sentouse no seu sitio, só, como de costusme. Xa estaba en 3º Eso, pronto rematarían as clases e Mikel ansiaba que ese momento chegase. Recordaba o seu primeiro día de clases. Mikel viña de África, concretamente dunha aldea de Zambia . O día que chegou ó seu novo fogar e ó seu novo colexio estaba moi ilusionado, pero ó mesmo tempo triste por abandonar a súa vida, o lugar onde nacera e se criara ata os 14 anos. Pero aínda asi tiña ganas de coñercer xente nova e diferente. O seu primeiro día de colexio entrou na súa nova clase entusiasmado e nervioso, cun sorriso, que súpeto desapareceu cando as miradas dos seus compañeiros comezaron a rexeitalo. Todo seguiu peor o resto do curso. Xa non só eran miradas, comezaron os insultos, os empuxóns e as malleiras. Mikel cada vez era máis infeliz. Non entendía o que pasaba. Simplemente o trataban así pola súa cor de pel. Non eran quen de ver máis alá do seu exterior.Por qué? El tamén tiña boca, ollos, pernas, brazos… e sentimentos. Non eran quen de ver o marabilloso que era. Un rapaz alegre, intelixente, soñador, con ganas de vivir. Optimista e social .Doce, como o chocolate, que pasou a ser amargo. Agora todo iso esvaecérase. Mikel nunca sorría, os seus soños quedaron polo ar, xa non estudaba e acababa de dicir adeus ó seu futuro. El sempre quixo ser médico para volver á súa terra e axudar á súa xente. A súa vida pasara de ser o paraíso a converterse nun auténtico inferno, un lugar do que Mikel quería fuxir pero non podía. Seus pais estaban preocupados, non sabían o que lle ocorría pero estaban moi ocupados traballando . Mikel non quería arruinarlles a vida xa que aquí tiñan un traballo, unha vida nova e eran felices, un sentimento que Mikel non experimentara nunca neste lugar. Soou o timbre. Fin das clases. Alegría para todos, e para Mikel unha humillación máis. Baixaba as escaleiras de présa. De súpeto sentiu un forte empurrón e cando quixo decatarse estaba no fondo das escaleiras, tirado, rodeado de xente. Uns ríanse, outros simplemente o ignoraban. Ningúen era capaz de botarlle unha man a Mikel para axudar a levantalo, ninguén era capaz de lle preguntar se estaba ben. Só unha mirada de afecto, iso é o único que pedía, pero simplemnte había desprezo. Levantouse rápido e botou a correr cara a saída onde o estaban esperando uns rapaces. Agarrárono forte e tirárono ó chan. Quitáronlle a súa mochila e os seus libros. Rompéronllo todo, déronlle unhas cantas patadas e puñetazos e deixárono tirado no chan como se fose lixo. Mikel ergueuse e ó cabo dun pouco aturdido, cansado e con ganas de chegar a casa. Entrou e non comeu nada. Subiu as escaleiras rapidamente e entrou no seu cuarto. Tumbouse na cama e chorou con todas as súas forzas, chorou como nunca antes o fixera. Xa non podía máis. Levaba demasiado tempo aguantando. Era demasiado para el. Mikel xa non tiña autoestima, sentíase como un ninguén e non cría poder continuar vivindo nun mundo no que os demais se divertían a costa do seu sufrimento e no que era asoballado e odiado constantemente. Xa non durmía, nin estudaba, nin ría. A súa vida estaba arruinada por completo. Mirou para a parede, abriu os ollos e parou de chorar. Un arrepío percorreu o seu corpo cando un pensamento pasou pola súa cabeza. Ergueuse da cama e asomouse a ventá. Primeiro sacou a perna dereita e logo a esquerda ata atoparse co corpo completamente fóra e entre a vida e a morte. O seu corazón latexaba moi forte. Pola súa mente soamente pasaban as ganas de desaparecer do mundo. Todo o seu corpo tremía e as lágrimas volvían esvarar pola súa escura e delicada pel. Deixou o seu corpo morto. Pensou que xa non tería que sufrir nunca máis, que todo acabaría e que non estorbaría. nunca maís no mundo. Que non sería obxecto de burla de todos. Que non se volvería a sentir ultraxado. Inclinouse cara adiante e deixouse caer. O seu corpo impactou fortemente contra o chan. Alí estaba o corpo de Mikel. Sen respiración, sen alegría, sen tristeza, sen vida. O corpo dun raoaz que só quería vivir feliz, dun rapaz de tan só 14 anos, que tiña ilusións, esperanza, metas… De Mikel un rapaz xuzgado pola súa cor de pel. Un rapaz ao que nunca chegaron nin chegarían a coñecer. 2º CICLO RELATO finalista Nerea Rivero Manso 4ºC

f

34


Cartas ao ceo Eu son Ánxela e a pesar de que teño 27 anos nunca lera unha historia tan fermosa como a de hoxe. <<Eu chámome Estrela. Din que todo o quero saber, pero oxalá fora demasiado pequena para que non me contaran o que pasou co meu irmán. Se tan só teño 8 anos. Por que non me evitan este sufrimento? Hoxe souben que o meu irmán se foi da casa. Miña nai di que onde está xa non recordará a ninguén de aquí. Como pode ser posible? Tamén fará como se eu non existise? Xa hai máis de tres meses que non sabemos nada del. Estráñoo demasiado. Se só puidese falar con el un instante para poderlle dicir que aínda que el se afaste de min eu sempre o sentirei preto. Déitome na cama cos ollos inchados, as meixelas molladas e o corazón encollido. Póñome a recordar o meu pasado e a miña cabeza lévame a aqueles anos cando aprendín a montar en bicicleta. Recordo ese momento como se estivera no ceo, voando. Parecía que me movía a velocidade dos raios, era como un paxariño. Meu irmán estaba ó meu carón coutando de vez en cando a bicicleta para que non caese. Cando sentía o meu nerviosismo dicíame: -Que non pasa nada, non teñas medo, ti conseguiralo. Ademais se te pos nerviosa e caes eu tamén vou caer contigo. El coas súas palabras axudábame e facíame ver que eu podía conseguilo. Lembro que despois meu irmán fixo unha liña moi longa no chan. Díxome que me colocara no principio e que fose coa bicicleta ata o final, onde se atopaba el. Eu montei na bicicleta e fun pouco a pouco ata o final. Cando cheguei baixei e deume unha aperta e un bico. Eu respondín da mesma forma. Quedarei con este recordo tan bonito sempre porque é moi especial para min, pois non sempre todos os irmáns son capaces de facer sentir á súa pequecha como unha pomba voando. Meu irmán sempre me dicía que eu era unha pequerrecha, pero non unha calquera senón que, unha gran pequerrecha. Cando tiña medo pola noite ía correndo ata o seu cuarto. El entón collíame no colo. Ao mesmo tempo dábame unha gran aperta e dicíame que non pasaba nada, metíame no interior da súa cama. Alí dentro os medos pouco a pouco esvaecíanse. El nunca me dixo que me quería, pero nunca me fixo falta. A súa mirada, os seus abrazos, bicos... demostraban todo o que sentía por dentro. Un día contoume que eu era como unha estrela e que se algún día non puidera estar con el sempre miraría o ceo e alí atoparíame. De seguido roldoume unha idea pola cabeza. Fun ata o meu cuarto, alí enchín uns sete globos con todo o aire que tiña dentro. Despois ateinos e amarreilles a miña carta e boteina ó ceo. A miña carta ascenderá polos ceos ata onde se atope meu irmán. Cando chegue ata el poderá ler: Irmán sei que ó mellor xa te esqueciches de min, pero eu vouche facer recordar ... Son Estrela, a túa estreliña, a pequechiña. Son a nena que sempre dá a lata e a que quere que lle contes contos todo o día. A que sempre te mete en problemas e ti sempre me protexes como o irmán maior que es. Aínda que non cho digo moito eu quérote. Quérote como de aquí ata o ceo e volta para aquí e outra vez ata alá. Porque es o único ser que me fai sorrir sempre e para min non hai máis irmán ca ti. Quero que sempre me teñas presente e aínda que non me poidas ver espero que sempre me atopes no ceo. Eu pola miña parte enviareiche tódolos días unha carta. Con todo o amor, a pequerrecha. >> 2º CICLO RELATO finalista Marta González Cid 4ºA

f

35


< premios poesía e relato

A

celeras. Máis, un pouco máis. Ata tentar chegar a un lugar descoñecido, a un paraíso perdido,

á fin do mundo. Ata que os problemas se perdan para sempre e se esquezan de ti. Ata que sintas que es capaz de seguir adiante, de controlar o que sentes. Queres fuxir, mais non sabes onde está a saída. Queres berrar, mais o vento zoa máis forte ca ti. Queres chorar, mais o casco impide que as túas bágoas esvaren polo teu rostro. Dor. Amor. Amizade. Soberbia. Rabia. Ledicia. Familia. Sentimentos encontrados que pelexan entre si nunha loita que non ten gañador. Paixóns que gobernan o teu destino sen que ti poidas reclamar autonomía ningunha. Un libro xa escrito que ti só tes que seguir ao pé da letra, sen máis consideracións que pequenos descansos que saben a moi pouco e que deixan un gozo moi pequeno nos beizos. Segues acelerando, ignorando os sinais de tráfico, os demais condutores, a ti mesmo. Tes que ir á universidade. Tes que sacar boas notas. Tes que chegar ata onde nós non puidemos. Tes que formar unha familia. Tes que seguir o exemplo que teus pais che deron. Tes que facer que nos sintamos orgullosos de ti. Ordes que non queres acatar. Mandatos que che quebran a alma e o corazón, que feren a túa dignidade. Que encerran a quen de verdade es nun cárcere de monotonía. E os soños pérdense no esquecemento. E as fantasías dun cativo trúncanse sen reparo ningún. E as ilusións, as aspiracións, os anhelos, pasan a un segundo plano do que xa non volverán. Quizais oías o seu eco nalgunha noite de soidade, nalgunha noite de insomnio, nalgunha noite en que os berros da túa ánima deixan unha pegada no teu ser. Quizais che aceleren o corazón, sintas un arrepío nas costas, despraces os teus dedos nerviosos e cambies de postura. Quizais durmas pensando que o día seguinte, que nun futuro próximo, aguantando un pouco máis, sexas quen de cambiar o presente que tanto aborreces, sexas quen de loitar polo que de verdade queres e polo que sentes como auténtico. Quizais. Mais neses casos, a luz do sol da mañá devólvete á crúa realidade e queima a quimera que as sombras da noite crearan na túa mente. Esqueces as emocións, esqueces a alegría, esqueces o sentimento de satisfacción e de autosuperación e segues adiante coa mente centrada nas ordes que quedaron impresas dende cativo no teu subconsciente. Continuar a túa vida, tal e como os demais queren, semella agora mesmo (na metade dunha autovía en dirección a ningunha parte) tan difícil, que non sabes como fuches capaz de soportar tanto tempo. Nunca máis. Exclama a túa mente, farta de ter que acatar mandatos nos que non cre. Nunca máis, implora o teu corazón, danado de ocultar os seus sentimentos ante a frialdade da indiferenza. Nunca máis, asinte orgullosa a túa alma convencida de que esta vez, esta vez si, serás quen de seguir o camiño que ti queiras. Retornan os soños de cativo, regresan as ilusión do futuro que ti de verdade querías, dos obxectivos que ansiabas alcanzar. Prométeste, como tantas outras veces, que se acabou, que non volverán a dirixirte como unha marioneta, que tes idade suficiente como para saber que é o que che acae, o que ti queres facer, que nesta ocasión só importará o que ti penses que importa. E non sabes se é verdade ou se é mentira, pero so tes forzas para crer que de verdade o conseguirás nesta ocasión. Ante ti ábrese un novo futuro, unha nova vida. Que o mundo diga o que queira dicir, ti vas seguir o que creas que tes que seguir. Vas loitar por ti mesmo, non pola familia, non polos estudos, non polo amor.

>>>>>

f

36


<

<

Segues o teu camiño, cunha sombra renovada, impoñente, cunha aura de seguridade. Avanzas cegamente, guiado pola confianza, pola loita, pola ilusión por cambiar de verdade. E nun só segundo, todo cambia. Nun instante, a fulgurante ledicia deixa paso a unha negrura sen límites. ... Non hai silencio, como ti sempre creras. Non hai un túnel escuro, como moita xente rumoreaba. Non hai anxos a túa beira que te guían ata a delicia do descanso eterno, como tantas veces escoitaras. Hai dor, que che corroe as entrañas. Hai sufrimento, que sentes con cada músculo do corpo. Hai palabras de desesperación, de medo, que te rodean e se mesturan nun eco infernal que non queres escoitar. Hai un pitado insoportable, que se crava na túa cabeza e non te deixa pensar nada coherente. Pasa o tempo. Non sabes exactamente canto ou de que maneira, pero de verdade sabes que pasa o tempo. Quizais sexa porque notas o corpo cada vez máis entumecido. Quizais porque as voces se escoitan con máis claridade. Quizais porque simplemente queres crer que algo cambia no teu acedo purgatorio. Comezas a percibir sensacións con máis claridade: o cheiro a desinfectante que inunda o espazo onde estás, o tacto áspero dunha tea gastada, a secura dunha gorxa que non gozou de bebida en varios días e, como non, aquel inquietante son agudo. Pouco a pouco sénteste dono do teu ser e os pensamentos sucédense uns aos outros con maior claridade. A pelexa cos teus pais, a fuxida coa moto, os pensamentos de inxustiza, de superación e o accidente contra aquel camión. Tentas abrir os ollos. Un esforzo que parece inhumano pola forza que tes que aplicar para conseguilo. Soamente o consegues un segundo xa que a claridade obrígate a volvelos pechar. Tratas novamente e despois dunhas cantas probas, de acostumarte á luz e conséguelo: unhas paredes brancas, unha grande fiestra coas persianas a medio baixar, un electrocardiógrafo á túa beira, emitindo ese “piiii” malévolo, unha cadeira baleira á túa esquerda cunha chaqueta pendurada. Esperas. Tes a certeza de que alguén virá verte. A espera convértese nun paso incerto dos minutos. Dormes, espertas, nunha soneca perturbadora, en ocasións cres ver sombras achegarse a ti, falar con voz baixa e mecánica, pero no momento de abrir os ollos non hai ninguén. Unha man agarimosa aloumíñache a cara cun aceno afectuoso, acompañada dunha súplica en murmurios. Fas outra vez ese colosal esforzo, abres un chisco os ollos, xa canso de tanto engano dos sentidos. Uns ollos coñecidos devólvenche a mirada. Un berro de sorpresa contido. Unhas bágoas que esvaran sen permiso. Todo se torna caótico. Médicos, enfermeiras, familiares, convértense nun furacán de visitas, de preguntas, de probas... As horas seguen pasando. Estás ti, xa non só, na mesma habitación branca, coas mesmas sabas gastadas, con alguén falándoche de soños estranxeiros. Xa che queda pouco para que che dean a alta ¿sabes? Levas perdido moitas clases, agora tes que pór as pilas e estudar moito, que xa pronto son os finais. Pensas. Non deixaches de pensar desde que volviches tomar consciencia. Lembras todas as promesas que te fixeras nas escuras noites e na viaxe malograda. De verdade terás as forzas para volvelas realidades? Agora é o momento de decidir quen vas ser. De ter o valor para elixir. - Está ben. Tes razón. Cando saia de aquí esforzareime máis.

>>>>> Vida

BACHARELATO 1º PREMIO RELATO Noelia Veiga Fernández 1º bach-B

f

37


:S

rrecta a cada posta co unha Acha a res das 1.- Dire seg ctor de uint c consult es c ar en v ine nado na C uestió ídeo en oruña q terror. ns que che propoñemos. EEUU ue cultiv e A……… ou cine o seu n ome fig … d B……… ….Amando ura en e serie B,Z,e de Oss tódolos S …….Xa orio C……… listados ; as súas pelí vier Villa culas p q … v ue se p e … r d .C e óde D……… ha recian. ……Ca no Piñeiro Sobre c nse rlos Ve ine de lo n e te n e do inariam cas do orix o castelán ta s c í a d re o fa autor a o que, rup Ferreir aducido polo g io il m tr o E nd e Celso ativas e ía Álamo. nió . ricos d ns administr s tí e a u o s p s ema razó al de da ais do por o de po rnacion 978 ediev 1 2.- Libr on foi publica Premio inte m en n IV galego iu en 1971 o oite de pedra eu entos c a n u g n conse ………Longa a catro ue trum o lk q a ins o A……… ……..De catr mas f os e ca úsi dicad B……… ……….Antipo s gallego. m e de s de re C……… ………cantar eiro úsico a lub ntos … … n … o D i n ve s m ar op a rup on tre …Lu an os iro G eig 3.- bre c …… ..Fux illado ata m Xia ……… …… …..M amer A… ……… …… …..C … 4.- No B… …… …… … … revolt me que se C …… a … A…… s de 1467 lles deu ao D . s cam … B…… ………… pesiñ ……… … os qu C…… e se s ……. Revoltoso … ublev S s d …… ………… ublevado aron contra Irman s ……… diños os ab ……. usos Fouce señor llas iais n as

> : O

;)

:D

:P

lo ano 1947, tivo a súa orixe po cerámica. e qu as es pr em de conxunto de pequena fábrica que se agrupa o A Coruña), unha a ad (S 5.- Nome baixo o do oe m castro de Sa cando se creou no po Ibáñez ru .G … A……………… íaz Pardo .D … … B…………… .Castro C………………… Sargadelos D…………………

:)

6.-Prim 1973 eira revist a p Xesús olo coñecid galega de banda o com “ C hich A…… ……… i”Campos a o “Grupo deseñada B…… , Lois , …..X … Capa do Castro” editada en C…… ………… ofre rrós E , T … spera un conxun Xenebra (S D…… ………… eima nte e Dú Xosé to de cread uiza) no a ……… no Díaz A o ……A as viaxes rias. res formad cova o por das c 7.hoias Esc súa ulto Alg acció r naci n u avia nhas e qu do en e C d d o A… r Lo as sú é unh amba … a r a das dos e B… …… iga e s ob r n n … a … s L C… …… …… alín son figura 1889 D… ……… ……… ….Cá e a V o Mo s fund que t am ivo irx nu …… …… …A sto …… …… nto r Lat e de T mento entais Com n a po a io ….. aS d n B an a esc stela Aso uciño Pala Buceta xil. F c s rey ios ran ultur como cisc a co ce o, mo ntemp ntro da num orá ent nea. oa o

;

f

38


r o r

s

nos

x

e ames

x

Quevedo? P.- Que sabes de só dun pé. R.- Era coxo, pero

xx

Aquí vos deixo unha pequena compilación de respostas coas que algúns alumnos nos sacan sorrisos á hora de corrixir.

P.-Xentilicio de Ceut a R.- Centauro

Cid aibas do s e u q o e e P.- escrib rmarse cabaleiro a o o ix R.- Qu hamad aldeán c n u n por u o c s bu marcharo e a z n a Sancho P ndos. eses mu P.-Que é u n polígono ? R.- Un hom e con moita s mulleres.

níbal? P.-Quen foi A so. fe cartilaxino R.- Foi un xe P.-Que é a hipote nusa? R.- O que está en tre os dous paletos. na?

ie pasa por V P.-Que río ubio azul. R.- O Ves

P.-Movementos do corazón R.-O corazón es tá sempre en movemento, só es tá parado nos cadáveres.

xx xx

rroco de P.-Estilo ba casas feitas e d lo ti s e n R.- É u barro.

P.-O sal común R.- Ten un curioso sabo

r salgado.

P.-O calamar R.- Chámase así po rque cala os mares.

R.- Os catr o evanxelis tas eran tres: San P edro e San Pablo R.-Os israe litas no des erto alimentába nse de patr iarcas.

xx xx xx xx

39

f


Escoito o BOOM BOOM. Quizais sexan os latexos do meu corazón, que cada vez bate con máis forza porque sabe que te estás achegando, inda que tamén é probable que simplemente sexan os meus oídos, que escoitan o volume da túa música Sigo camiñando. Chegas. Paras. Non me apetece mirarte. Disme que non sexa babeca e que suba ao coche. Sorrío. Subo e arrancas. Sentes a velocidade nas veas e queres máis e máis. Mírote. Gústasme. Decátaste, riste e aceleras. Acabas de mercar o coche, o mellor segundo ti dis, o que ten máis potencia, e necesitas comprobar que é así. Damos voltas sen buscar nada en concreto, a estrada é túa, ou mellor dito, nosa. Sentes esa adrenalina que te fai ser máis grande. Disme que che apetece que esteamos os dous sos. Afastámonos do centro. Cada vez pisas máis o acelerador. Páraste e empezas a queimar roda. A velocidade excítate. Mirámonos durante uns segundos. Cada vez me gustas máis. Empezas por bicarme no pescozo ata atoparte cos meus beizos. Decátome do lonxe que nos pode levar ese bico, quizais demasiado. Apártote. Dígoche que vaias amodo, que son túa e que me vas ter toda a vida. Pode que me equivoque . riste docemente. Non queres obrigarme a nada. Disme que o mellor será volver pasear por todas as rúas, para que a peña vexa o coche que compraches. Arrancas. Estamos nunha recta que parece non ter fin. O teu pé está pegado ao acelerador: 160, 180, 200, 220… Percorres as rúas, e vete toda a peña. É o que querías, non? O único diferente é que non conduces ti. Ti vas na parte de atrás, metido nunha puta caixa. O coche fúnebre vai lento, tan lento que detrás del ségueo unha multitude. A túa nai. O teu pai. Os teus irmáns. Os teus amigos. Toda a xente que te quería. Choran. Detrás deles vou eu, seguindo a procesión do teu enterro. Levo lentes escuras e intento ocultar o meu rostro para que ninguén vexa que estou totalmente queimada. Bágoas e máis bágoas. Váiseme caer o mundo enriba. Detéñome e boto unha gargallada. Todos me miran coma se estivese louca. Estouno. Estou louca por permitirche que conduciras así. A miña cabeza é asaltada por milleiros de preguntas. Por que non lle pedín que fora máis amodo? Por que tivo que mercar o coche?...aínda que a pregunta que máis me traumatiza é: Cal dos dous tivo máis sorte? Ti que te mataches sen máis… ou eu, que estou segura de que non vou poder superar a túa morte? E, por se fora pouco, o que me quede de vida vou estar atada a esta maldita cadeira de rodas… Si, este rapaz gustábame, gustábame de verdade. Lucía Díaz Nicolino 2º ESO -A

f

40



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.