FAISCAS Nº 13

Page 1

I.E.S XESÚS TABOADA CHIVITE

revista do



EDITORIAL “Non é tan difícil publicar unha revista. Só fai falla organización, ter de que falar e querer facelo.” Iso pasou pola nosa cabeza antes de comezar co proxecto. Nese intre olvidáronsenos as présas, os detalles máis significativos e ata que a partida era dende cero. Pero non foi mal traballo, non nos desquiciou e a pesares de non ser tan sinxelo coma pensabamos, tampouco nos deu dores de cabeza. Sobre todo porque sabiamos a quen ía dirixida e como queriamos que a recibisen. Un lector tan esixente como o instituto enteiro merece un esforzo, merece buscar por todos os recunchos a foto axeitada e falar do especial dun día coma os outros, pero especial. A nosa finalidade sodes vós, ou nós, é representar o ano que comezamos xuntos nunhas páxinas para recordar nun futuro que tamén o rematamos así, en unidade, logo de horas de aprendizaxe, saídas, actividades compartidas e todo iso que se mestura no instituto. Somos, e inclúo a revista, parte de cada un, dos que quixeron escribir para todos e seguir colaborando. Puxemos todo o noso empeño, pero ti e mais o teu compañeiro sodes os que aparecedes en cada páxina contándonos cousas, cousas vosas. Esta revista conforma o traballo da persoa que ves todos os días ao teu carón, non se trata de descoñecidos. Cada folla ten detrás moito tempo de traballo que realmente só o que o fixo poderá valorar dun xeito gratificante. Por iso incitámosvos a ver máis aló das fotos, xa que isto é, polo menos para nós, unha maneira de apreciarvos. Ningún somos escritores, quizabes algún saia non dentro de moito, pero todos posuímos capacidade para expresarnos. Ao mellor costa un pouco máis exporse en público, por vergoña ou medo a errar pero é que só escribindo (ben e mal, e lendo) se aprende a escribir, e tamén a falar. Aprendamos entón, as seguintes páxinas teñen moito que dicir. Por último só comentar a nosa experiencia, non sempre estivemos de acordo, houbo tensións no grupo de traballo e eleccións difíciles, pero un equipo sempre sae adiante e isto é o que nos ensinou a nós esta revista, valores que nunca entenderamos ou que nunca puxeramos en marcha, démonos unha lección a nós mesmos e comprendemos o verdadeiro sentido de traballar en grupo. Cumprimos os nosos obxectivos e esperamos que tamén os vosos.

índice 2 8 12 13 17 18 20 21 22 24 25 26 27 28 35 36 39 41 42 43 44 45 46 50

A visita de Estevo Creus Aqua alta,alta... Senagal: unha viaxede sensacións Viaxe á ciencia A excursión a Santiago de Compostela A morte violenta de Santiago o Menor O entroido de Castro O entroido de Verín VI Encontro Luso-Galaico Brasio somos nós, Carlos Núñez A solidaridade A Árbore Vermella A Tecedora de Soños MMQmmr Concurso da ONCE Microrrelatos gañadores Certame Antonio Fernández Pérez Certame Xose Carlos Caneiro O Galego - A Lingua Galega A cochumillada humana Viaxe pola cultura relixiosa Pasatempos matemáticos Quen dixo realidade? Manobra da tesoira

51 52 54 55 56 57 58 59 60 61 62 64

Sen Calefacción O sistema educativo diseccionado cunha fratografía Aplicado a persoas con sentimentos Cando a amizade falla, o amor doe e as palabras matan África 13 de marzo de 2012 Mal de amores Soidade - Deixando pegada Aquel que espreitaba os fentos Non é mellor chora de ledicia? Dúas palabras, oito letras, tres sílabas O que Iván me regala Ata logo

Carla Guerra

1


A Visita de Estevo Creus O día 29 de abril, ás 16:30, veu ao noso centro Estevo Creus, autor dos libros Poemas da cidade oculta e O libro dos cans. Os alumnos de plástica e deseño gráfico dixital fixemos que o instituto parecera unha cidade oculta por dentro e construímos, a escala real, a casa dos cans na clase de plástica. Ao chegar Estevo, foi mirando todo o que fixemos os alumnos dende a entrada ata a biblioteca. Quedou abraiado, xa que non esperaba esta benvida. Ao entrar na biblioteca, mirou todo o que fixeramos con tanto esforzo. De todos os alumnos, cinco ou seis acompañamos a Estevo á clase de plástica xunto con Víctor e Isabel para ensinarlle a casa dos cans, e os demais quedaron na biblioteca para deixarlle espazo a Estevo para que puidera ver mellor todo o que fixemos para el. Ao entrar na clase de plástica ensinámoslle todos os itinerarios dos alumnos. Había casas pequenas, vídeos con musica, murais con fotografías... Despois de botarlle unha ollada a todo, entrou na casa dos cans. Ao entrar non podía crer que fixeramos aquilo para el. O seu sorriso e a súa mirada xa dixeron o impresionado que estaba, e era verdade, encantoulle todo. Despois, todos os alumnos foron á casa dos cans e sentaron no chan, arredor de Estevo, para escoitar como lía os seus poemas. Ao rematar, fomos para a clase de deseño gráfico, onde había unha sorpresa para Isabel. Resulta que ela non sabía que o seu itinerario cantado xa estaba acabado, porque pensaba que non nos dera tempo de rematalo (unha parte do seu itinerario, a visual, fixémola os alumnos de 3º ESO A). Cando se enterou de que estaba rematado, alegrouse moito e, ao velo, emocionouse e encantoulle. Ao rematar o itinerario de Isabel fomos todos para a biblioteca, onde vimos algúns itinerarios propios máis. Despois Estevo ensinounos a disfrutar do camiño que hai na nosa vida, e díxonos que a meta non é o mais importante. Ensinounos tamén o “que” que hai nas nosas vidas. Ao final, Víctor regalou unhas camisetas: a Estevo, a algúns alumnos e a algúns profesores, cun debuxo da cidade oculta feito con teas e pintura. Esta experiencia foi única e irrepetible. Agora só podemos agardar que volva esta persoa marabillosa, e escoitar outra vez os seus fascinantes poemas lidos pola súa voz. Alba Fernández Hernández 3ºA

2


3


Este ano lemos dous poemarios de Estevo Creus. Despois de ler Poemas da cidade oculta, decidimos facer, coma el, un itinerario que reflectise como somos, como nos sentimos, o que nos desacouga e o que nos fai sentir ben. Moitos alumnos do centro fixeron uns traballos impresionantes que conmoveron o mesmísimo Estevo. Había itinerarios que con moi pouco chegaban moi adentro, como é o caso do itinerario da nosa compañeira Alejandra Franco, que con só un caderno e as súas fondas palabras fíxonos enmudecer. Tamén o traballo de Débora Lamas, co cal todos nos identificamos moito. E como estes, outros itinerarios que transmitían á perfección como eran as persoas que os crearon. Finalmente, con todos eles fixemos unha casa coas medidas que indicaba Estevo no seu poemario O libro dos cans. Cando o escritor a viu quedou abraiado! Patricia Porto 3ºB

4


5


6


7


ACQUA ALTA, ALTA… 1. A CIDADE E O PROBLEMA. Venecia está edificada sobre un conxunto de case cento vinte pequenas illas moi baixas, unidas entre si por unhas catrocentas pontes e dividida por outros case que cento vinte ríos e canais. A cidade esténdese por unha lagoa pantanosa (a lagoa de Venecia ou lagoa véneta) na ribeira do mar Adriático entre as desembocaduras dos ríos Po e Piave, ao Nordés de Italia. Desde a súa fundación, a cidade inúndase periodicamente. Nos últimos anos o problema tense agravado, con total probabilidade, como consecuencia do chamado cambio climático. Case sempre na primavera e no outono prodúcese o fenómeno chamado “acqua alta” (marea alta), que inunda varias partes da cidade, pero o que está pasando agora é algo máis: Parece que no futuro Venecia vai enfrontarse a unha Acqua alta, alta. 2. O RECORDO. Verín, noite de inverno, a televisión encendida o programa de “Callejeros Viajeros” sobre Venecia. As imaxes dos lugares recoñecidos, o recordo do pasado verán, a auga, a cidade… A Serenísima, a cidade dos canais e as góndolas, que te cautiva por completo. Venecia… parece que estou vendo as canellas estreitas, a súas casas desplomadas con desconchóns nas fachadas; pontes e máis pontes ateigadas por masas de turistas; o barullo da xente; os “vaporettos”; os canais, as góndolas e os gondoleiros; a Praza de San Marcos; as fachadas dos “palazzos” do Gran Canal; a calor no aire…. Pasamos tantas horas camiñando polo labirinto das súas rúas, contemplando un lugar tras outro, escoitando o son da auga, aproveitando a sombra onde a había e sufrindo o sol onde non. A cantos turistas nos atopamos que estaban perdidos por adentrarse polas rúas sen un plano! Unha cidade distinta a todas as demais, sobre todo porque non hai coches e apenas rúas, na que non sabes a onde vas chegar exactamente nin qué vas atopar polo camiño, ao menos se non tes un sentido da orientación extraordinario. Recordo a sensación de ver por primeira vez a cidade. O taxi é un barco que atravesa unha lagoa a toda velocidade e ao lonxe a cidade e os campanarios das súas igrexas. 3. ACQUA ALTA. A acqua alta, literalmente en galego “auga alta” ou mellor: marea alta, é un fenómeno frecuente na cidade, que sucede baixo certas condicións metereolóxicas. Non é algo exclusivo de Venecia pero alí os seus efectos son máis chamativos. Cando sobe a marea, moitas partes de Venecia inúndanse, e sempre aquelas que se atopan máis baixas, como a Praza de San Marcos e o seu entorno; a onde se mudan as bandadas de turistas e de pombas polo reflexo da luz nas augas. Para os venecianos soamente se trata dunha parte máis da súa vida e das estacións do ano. Teñen sempre as súas botas de auga a man; a predición do tempo anúnciana con anticipación bastante e dispoñen de tempo para subir mercancías aos andeis máis altos (supoñendo que quede algún comerciante veneciano que aínda almacene mercancía valiosa en andeis no chan). Unha acqua alta considérase normal cando o nivel da auga sobe 90 cm. por riba do nivel da marea, nese caso inúndase a Praza de San Marcos e algunhas zonas máis da cidade; o problema agrávase cando a auga alcanza un nivel sumamente alto, como cando no 2008 a auga subiu metro e medio e inundouse máis do noventa por cen da cidade. Tamén é certo que a frecuencia das inundacións foi aumentando ao longo do Século XX. Pasando de algo menos de dez a máis de cincuenta veces no ano. Moita xente cre que a acqua alta é un síntoma de que Venecia se está afundindo, pero non son dous fenómenos relacionados. Venecia si que se afonde, e faino a unha velocidade duns dous milímetros ao ano, debido á compresión da Terra debaixo da cidade e iso é o que, cos anos, agravará as consecuencias da acqua alta. 8


4. VENECIA AFÓNDESE… 23 de marzo do 2012. Titular dun xornal nacional “Venecia afúndese máis rapidamente do previsto”. “Os peores presaxios caen sobre Venecia. Sábese que a cidade dos canais tende a desaparecer, porque o nivel do mar estase elevando e ao mesmo tempo o subsolo afúndese. O problema é que o esta facendo máis de présa do previsto. Novas medicións indican que o centro histórico continúa somerxéndose de xeito lento, pero máis rapidamente do que se cría”. A cidade afóndese a razón de dous milímetros anuais. Visto así podería parecer pouco, pero os científicos aseguran que o efecto duplícase pola combinación do aumento do nivel da auga, co simultáneo afundimento da cidade. Así as cousas nos vindeiros 20 anos, se Venecia e os seus arredores continúan afundíndose ao ritmo actual, os investigadores esperan un nivel do mar uns oito centímetros máis alto có actual. E o certo é que ese lixeiro e progresivo aumento do nivel das augas é outro efecto máis do cambio climático. Hai prognósticos aínda máis pesimistas. Nun informe de Nacións Unidas, dise que Venecia corre o risco de acabar baixo as augas nos vindeiros 60 anos, a causa dos efectos do cambio climático. Xeoloxicamente falando as lagoas (como sobre a que está construída a cidade) teñen unha vida breve e rematan por somerxerse no mar que as rodea.

9


5. O PROXECTO MOISÉS. Se o problema é a suba do nivel do mar, a solución pasa por empregar un sistema que permita controlar artificialmente os efectos das mareas e dominar o Adriático. Así que a man do home, responsable do cambio climático, debe agora actuar para preservar a marabilla que é Venecia. O Proxecto Moisés (MOSE en italiano, polo personaxe bíblico que separou as augas do Mar Vermello para permitir a fuxida dos xudeus de Exipto, e tamén polas siglas Módulo Sperimentale Elettromeccanico) é un plan que podería deter as mareas que ameazan a cidade grazas a unhas xigantescas comportas de aceiro. A lagoa véneta comunícase co mar Adriático, mediante tres bocas: Lido, Malamocco e Chioggia, que, cando o MOSE funcione, poderán pecharse mediante comportas e evitar que a marea inunde a cidade. No ano 2002, aprobouse o Proxecto de catro mil millóns de euros para construír 78 titánicas comportas co seu interior oco, que se colocarán no fondo das tres bocas da lagoa. Fisicamente o seu funcionamento é simple: durante as mareas baixas as comportas permanecerán cheas de auga, de xeito que sexa o seu propio peso o que as manteña somerxidas, deitadas sobre o leito do mar. Pero ante predición de acqua alta, as comportas encheranse con aire comprimido, que expulsará a auga do seu interior facendo que as comportas se eleven por flotación quedando en posición vertical. Así converteranse en diques capaces de conter as augas do Adriático durante as catro ou cinco horas que dura o pico dunha marea alta. Ademais deste sistema de comportas construíronse tres enormes rompeolas diante de cada unha das tres bocanas da lagoa para reducir a forza de entrada de auga polas mareas. Desde 2004 traballaron simultaneamente no proxecto máis de 3.000 obreiros construíndo a barreira de diques flotantes e os tres rompeolas que se prevé poidan conter mareas de ata tres metros de altura. 6. A MAN DO HOME. Se todo canto facemos ten influencia no medio no que vivimos; se é verdade que o ser humano alterou o clima do planeta e como consecuencia disto o nivel da auga dos mares estase elevando, enfrontémonos a esta paradoxa: Xeracións e xeracións de seres humanos ao longo de séculos crearon, na ribeira do Adriático, un dos conxuntos arquitectónicos e artísticos máis fermosos do noso planeta. Ese lugar chamado Venecia, está en perigo agora pola influencia da actividade humana no clima en pouco máis que os derradeiros cincuenta anos da nosa presenza na Terra. A obriga da humanidade é salvala de que quede somerxida baixo as augas; é posible que o proxecto Moisés o consiga, saberémolo no outono do 2014. O verdadeiramente importante é que todos comprendamos a importancia que ten a nosa relación co medio ambiente e saber, que o que decidamos facer ou non facer con respecto a iso influirá en maior ou menor medida en que podamos perdurar como especie, conservando as marabillas naturais e as construídas polo ser humano neste pequeno lugar que é A Terra.

Verín, marzo-abril 2012. Santiago Lorenzo Taboada, pai de Alejandro de Lorenzo López 1º ESO A Moito (moitísimo) máis e mellor (na rede): www.blogspot.com Foto noticias: La inundación en Venecia 2008 – 25 fotos. www.discoverychannel Megaconstrucciones. Compuertas de Venecia www.mundo-geo.es Proyecto Moisés www.vivetupropiaaventura.com El Proyecto Moisés, el futuro de Venecia. E por suposto na que non sempre di a verdade: www.wikipedia.org Venecia

10


CADERNO DE BITÁCORA Hoxe é día 26, son as 5 da tarde e, medio obrigado, vou metendo a miña maleta no autobús. Ó meu arredor vexo todos os meus compañeiros coas facianas tristes, despedíndose das respectivas familias adoptivas. As mesmas familias que, durante unha semana, fixeron que nos sentisemos coma na nosa propia casa. Desde a porta do autobús os nosos profesores chámannos; temos que chegar a tempo ó aeroporto. Volvemos despedirnos e, resignados, imos subindo. A través das fiestras vemos como nos afastamos desas persoas coas que pasamos unha semana inesquecible. Mentres o fermoso lugar de Portogruaro se vai facendo cada vez máis e máis pequeno, non podo evitar lembrar o xeito de chegar ata aquí… Estabamos a comezos de outubro, e varios profesores empezaron a comentarnos que se organizara un intercambio de estudantes co instituto Marco Belli de Italia. As caras de ledicia que puxemos todos foron mudando en xestos de preocupación e de desilusión ó escoitar a seguinte frase: “Só hai 15 prazas, así que irán os alumnos con mellor nota media” Loxicamente, os rapaces con bo expediente estaban encantados, eles non terían problema para entrar na lista deses 15 “elixidos”, aínda que outros non estaban tan seguros de conseguilo. Para ser sinceros, eu confiaba en poder entrar grazas ás notas que acadara o ano pasado, mais non foi o caso de moitos outros compañeiros. O día 17 citouse a todos aqueles interesados no Programa Comenius ás 4 da tarde no instituto. Se non lembro mal, creo que estabamos uns 30 alumnos sentados nunha aula de 2º de bacharelato desexando que Nuria dixese o noso nome. Tras coñecer o resultado, a ledicia dos 15 seleccionados mesturouse coa tristura e impotencia do resto que, ó ver que non foran nomeados, foron marchando. Tras todo isto, déronnos os detalles da viaxe, fixéronse os grupos de traballo e enchemos una ficha para entregarlla ós italianos. Gustaríame citar a frase en ton gracioso de César ó ver que moitos de nós, ó estar o papel en inglés, non estabamos seguros do que debiamos contestar: “Deberiamos terlles dado a ficha ós 30 para eliminalos segundo preguntasen dúbidas ata que quedasen 15”A partires de aí, limitámonos a esperar o ansiado día 19 de novembro, no que partiriamos rumbo a Italia. Persoalmente, debo pedirlles perdón ós meus amigos, xa que eses días falaba soamente da viaxe e das conversas que tiña a través de facebook cos italianos. Chegou o día 19, e esa mañá xuntámonos todos no instituto. Saímos cara a Madrid para coller o avión e aterrar en Venecia. Non recordo nada salientable da viaxe de ida (agás as 4 horas interminables de autobús ata Barajas e o posterior retraso de hora e media para despegar…) Lembro o noso entusiasmo o día 20 no salón de actos do Instituto Marco Belli, cando todos, españois e italianos comezamos a tratarnos. Recordo tamén os días seguintes nos que coñecemos xente marabillosa, paseamos por Portogruaro, saudabámonos polas rúas de Venecia berrando “¡BELLA!”, visitamos Trieste e Caorle, subimos ó castelo de Miramare, descubrimos os dotes de bailarín dun dos nosos compañeiros na discoteca Palmariba, ensinamos ós italianos a cantar cancións típicas como “Unha vella nos tempos dos mouros…”, comemos as mellores pizzas da nosa vida… e así podería seguir durante días. Pero todo o bo remata e, case sen nos dar conta, chegou o día 26. Tras un xantar de despedida e unha tarde que aproveitamos ó máximo, regresamos a Verín. E aquí estou, despois de seis meses, compartindo esta inesquecible viaxe cos lectores desta revista. Só espero que, ó rematar de ler estas liñas, todos os que vivistes comigo esta fantástica experiencia a recordedes con cariño, desexando que se volva repetir o antes posible. Pablo Rodríguez González 1º Bac A

11


Senegal: unha viaxe de sensacións. Este ano miña nai decidiu que tiñamos pasar un Nadal diferente, o 24 de decembro miña familia e mais eu collemos un avión con destino a Dakar. Miña nai quería que souberamos a sorte que temos por ter nacido en Europa. Xa ao inicio da viaxe fomos á illa de Gorée, un centro de almacenamento de escravos dende onde partían cara ao Novo Mundo, nos séculos XV, ou XVI deixando as súas familias e non volvendo a velas nunca xamais. Despois seguimos rumbo ao interior de Senegal visitando poboados onde só tiñan o máis básico e onde os rapaces valoraban unha simple foto na que eles saían, cruzamos a fronteira de Gambia, outro país, onde os policías fronteirizos pegábanlles aos rapaces que se acercaban ao vehículo a vendernos cacahuetes tostados por eles mesmos ou a pedirnos unhas simples moediñas, cruzamos a fronteira nun ferry que aquí en España estaría xa no desguace dende hai 20 anos, pero non todo foi ver penalidades, tamén aprendemos que o que un non quere outra persoa o desexa, a xente acercábase ao autobús a pedirnos as botellas de auga baleiras, a eles servíanlles de recipiente para meter outros líquidos. Hospedámonos nunha illa onde non había rede eléctrica nin embarcadoiro, pero si Internet, onde aprendemos a pescar ostras nos manglares, onde había poboados que case non tiñan contacto con outras persoas e tamén aprendín que dunha palmeira sae viño. Nas praias desertas que vin había vacas e galiñas, en vez de xente. Na viaxe de volta a Dakar, fixemos paradas en varios mercados, nun vin unha persoa de cor albina e noutro vin un montón de homes cosendo a máquina, Senegal é un país musulmán onde as mulleres só poden traballar na casa. A comida en Senegal é moi rica, o prato nacional chámase “Ceebu jen” (pescado, arroz e salsa de tomate), nós comémolo na Illa de Carabanne e os donos do hotel fórono pescar esa mesma tarde. Finalmente, despois dunha semana viaxando polo país e tratando coa xente senegalesa, o 31 de decembro volvín a Galicia e foi cando me din conta da sorte que tivera de nacer aquí.

Miguel Alves Blanch- 1º ESO A

12


VIAXE Á CIENCIA:

No mes de novembro de 2011, do 13 ao 19, 24 alumnos de 2º de Bacharelato acompañados por dous profesores, e , viaxamos a Andalucía para empaparnos de Ciencia. En realidade todo comezou no mes de maio, cando o departamento de Física e Química, como vén facendo nos últimos catro anos, presentou un proxecto de aproveitamento científico a un programa de carácter nacional chamado " Científicas". O obxecto deste é achegar a Ciencia aos alumnos do Bacharelato Científico. En clase damos contidos teóricos e prácticos, pero en moitas ocasións non temos tempo para realmente ver como a Ciencia está presente na nosa vida e a facilita. Precisamente por isto, o Ministerio de Educación convoca anualmente este programa de "Rutas Científicas": para que alumnos de todo o territorio nacional poidan acceder a lugares só permitidos a científicos de alto nivel investigador e concentrar unha serie de actividades relacionadas coa ciencia nunha semana. A cada comunidade autónoma adxudícanselle un número máximo de , concretamente a Galicia catro. Nesta ocasión podían ser adxudicadas: Navarra, Canarias, Castela e e Andalucía. Tras un proceso de selección entre todos os proxectos presentados, un dos elixidos foi o noso, adxudicándosenos a visita a Andalucía. Nesta visita, totalmente de balde, non só levamos a cabo actividades relacionadas coa Ciencia, senón que tamén visitamos algunhas cidades andaluzas, que para algúns dos nosos alumnos eran completamente descoñecidas. Tras seguir uns procedementos básicos de organización, finalmente embarcámonos na aventura o domingo 13 de novembro de 2011. Alí estabamos 24 alumnos e 2 profes dispostos a pasar unha semana de convivencia na que o principal obxectivo era gozar das actividades propostas ao tempo que cada un extraía a esencia destas. Debemos recordar que o curso de 2º de Bacharelato, non só é duro academicamente, senón que tamén é crucial para orientar o futuro dos nosos alumnos. A pesar de que as eleccións básicas sobre o currículo e as materias optativas xa foron tomadas, é neste momento cando os nosos alumnos deciden realmente cara a onde van encamiñar os seus pasos. É por iso que calquera axuda, calquera coñecemento extra, calquera ventá aberta, vai supoñer un empuxón definitivo no seu futuro. Tamén é este un dos obxectivos marcados polo proxecto a nivel nacional, deixar que os participantes descubran para que serve a Ciencia, que camiños abre, que aplicacións profesionais ten,.... 13


Como dicía antes, o domingo 13 de novembro montámonos no autobús co obxectivo de, dez horas despois, chegar a , onde tiñamos a recepción e o noso primeiro aloxamento. Chegar alí xa supuxo un cambio de mentalidade. Un cambio de temperatura. Un abandono momentáneo das angustias típicas. Un dereito ao lecer. Unha paréntese no noso esforzo. Unha semana de aprendizaxe práctica. Un descubrimento do que pode ser o noso futuro. Con ganas de estirar as pernas despois de tanto autobús, decidimos repartir cuartos, ocupalas e marchar paseando ata un lugar entrañable de : o Parque de . Visitámolo por primeira vez nesta viaxe gozando da nocturnidade e a case única presenza dos , nós. Deixámonos enganar pola iluminación artificial e alí establecemos as primeiras normas de grupo, todos xuntos, todos a unha, todos responsables de todos. Regresamos ao Albergue, que era o noso aloxamento, e xa tiñamos a cea esperándonos, xunto co outro grupo de alumnos, tamén 24 rapaces e rapazas e dúas profesoras, cos que compartiriamos viaxe. Eles viñan de . Tras a cea, os nosos monitores fixeron unha dinámica de presentación na que intercambiamos . Foi un xeito de romper o xeo entre dous grupos de persoas descoñecidas. Ao día seguinte, luns, xa tiñamos a nosa primeira visita preparada: e o sendeiro de . O día comezou con chuvia, pero a posibilidade de acceder a unha zona na que só entran os Biólogos autorizados polo . (Centro Superior de Investigacións Científicas) e os integrantes das "Rutas Científicas" borrou todos os nubeiros da mente. Gozamos dun día en contacto coa natureza. Pasamos de visitar a paraxe coñecida como Pazo de e arredores, a pasear por algún dos bosques da zona e rematar interpretando pegadas de animais nas dunas de , onde algún se mollou no mar algo máis que os pés . Visitamos tamén a aldea do Orballo, onde ten lugar unha das peregrinacións máis famosas de España e, probablemente, de Europa. Regresamos ao albergue en e posto que nos quedaba unha hora libre antes da cea, os profes non deixamos pasar a oportunidade e fómonos todo o grupo de a coñecer o edificio da Universidade. O martes tiñamos concertada unha das visitas mais rechamantes do programa: o Centro Nacional de Aceleradores de Partículas, onde tras unha charla bastante didáctica nos permitiron ver un dos aceleradores que alí teñen. Explicáronnos cales son as súas principais aplicacións en medicina, arqueoloxía, tecnoloxía de materiais, física nuclear, enerxía, estudo dos océanos... Antes do xantar tivemos tempo de visitar os Reais Alcázares de e pola tarde o Parque de e a Praza de España, onde fixemos fotografías na sección que corresponde á provincia de . Á última hora do martes puxemos rumbo a Málaga, onde tiñamos o seguinte aloxamento. Alí chegamos co tempo suficiente como para repartir os cuartos, cear e dar un paseo cara ao centro da cidade, nesta ocasión cos navarros. Visitamos a rúa , no centro da cidade, e achegámonos a ver a zona antiga, o anfiteatro romano, a catedral....

14


O mércores pola mañá tivemos visita ao Museo Interactivo da Música, onde teñen unha colección de instrumentos musicais de todos os tempos, incluídas caixas de resonancia que son en realidade esqueletos de animais, ósos que fan as funcións de placas nun xilófono.... Tras a visita; tempo libre no centro, que foi aproveitado para ir de tendas e comprar os primeiros recordos para a familia. Despois de xantar, visita ao Centro : unha asociación creada por profesores de Ciencias de institutos malagueños, que pretenden achegar a Ciencia ao público de calquera idade. Déronnos unha charla práctica con exemplos simpáticos como a gaiola de , a auga máxica que cando a botas en diferentes copas cambia de cor, fenómenos eléctricos, outros relacionados coa presión atmosférica..... Tamén estivemos nun planetario onde nos explicaron a posición das estrelas no ceo en diferentes épocas do ano, mentres outros compañeiros visitaban unha sala de experimentos onde o lema é "prohibido non tocar". Ao saír do Centro collemos o autobús e fómonos a Granada. Alí repartición de cuartos, cea e nocturno para ver o río encaixando a “”. A visión nocturna desta, a pesar do frío que ía, era impresionante. Todos contemplabamos o edificio coroando a montaña e pensando en todo o que aquelas pedras contemplaran ao longo dos tempos. Xoves: Visita ao Instituto de Astrofísica de Andalucía. Charla sobre o Universo e o traballo que se desenvolve en torno a el. Visión do Sol e a súa posible evolución. Discusión moi interesante sobre conceptos tan estraños como a relatividade do tempo. Nalgúns momentos perdiámonos na explicación, porque aínda non tiñamos asimilados determinados conceptos, pero o conferenciante nos permitiu mirar a través dunha ventá e ver o futuro da Física do Universo. Quizais algún dos alí presentes sexa un elemento crave no devandito futuro, oxalá. Ao saír, visita á cidade de Granada percorrendo todo o , o barrio que queda xusto en fronte da . Descendemos ata os pés da Catedral e alí, novamente tempo libre. Fomos paseando ata o albergue onde comemos e pola tarde visita guiada ao Parque das Ciencias de Granada. Novamente entramos nun planetario, algún aproveitou para descansar os ollos; vimos como deberon ser os dinosauros, xa que coincidimos cunha exposición temporal sobre estes; tamén visitamos un “, vimos voitres, curuxas...; unha exposición fantástica sobre , autor de debuxos imposibles.... Unha visita moi completa pero quizais demasiado extensa. O cansazo xa ía causando efecto en nós. 15


Venres. Último día do programa oficial. Desprazámonos á provincia de Almería para visitar o Observatorio Astronómico de Calar Alto. Inicialmente de propiedade alemá, debido á evolución dos nosos astrónomos españois, actualmente esta propiedade está compartida en tempo e recursos ao 50% entre España e Alemaña. Tivemos mala sorte e encontramos un día de néboa, frío e chuvia moi pouco habitual nesta zona, co que apenas puidemos apreciar o ámbito nin a situación dos telescopios. Despois de comer, visita á Plataforma Solar de Almería. O maior centro investigador de toda Europa sobre o Sol e o aproveitamento da súa enerxía. É tal a importancia deste, que non puidemos visitar algúns dos seus proxectos e non puidemos fotografar moitos deles polo segredo investigador. Un día esgotador por ser xa o último, pola distancia percorrida en autobús e pola mala sorte de non poder gozar dun día despexado para ver realmente a situación Alto. Regresamos a Granada, despedímonos do noso bo amigo o condutor que nos acompañou durante a semana, e ao que non entendiamos moito pola súa forma de falar en andaluz pechado, o mesmo diría do noso galego ou do vasco falado polos navarros e fixemos unha visita nocturna, a despedida, polo centro de Granada, con tempo libre para que cada un puidese gozar da noite ao seu xeito. Ao día seguinte, 19 de novembro, xa tiñamos o noso autobús de á porta do albergue para marchar de regreso a . Como profesora responsable do proxecto inicial, do desenvolvemento da Ruta e como participante nesta, só me queda dicir que entre tanta actividade científica tivemos tempo para rir, para chancear, para gozar, para botar algunha bronca, para crear alma de equipo e para coñecernos alumnos e profesores como o que somos, persoas. Por suposto, teño que destacar o comportamento tan exquisito dos alumnos que levamos e, como non, agradecer a colaboración do profesor acompañante, , que se brindou xenerosamente a viaxar connosco e foi parte importante do bo discorrer da semana. É a segunda ocasión en catro anos que temos a sorte de participar neste programa a nivel nacional. En ambas as dúas ocasións fun eu a promotora e responsable deste, no marco que o traballo do Departamento de Física e Química fai para aproximar a ciencia aos alumnos do . . Son consciente de todo o tempo e esforzo que hai que dedicar á elaboración do proxecto, á xestión do papelame e á coordinación deste, pero a pesar de que en ocasións penso que esta foi a última Ruta Científica que promovo, recoñezo a súa importancia e a súa necesidade nun ámbito como o da nosa bisbarra, na que a posibilidade de acceder a lugares de alto interese científico é moi reducida. Así que quizais en anos vindeiros, intente unha terceira participación no proxecto. NURIA TRIGUEIROS AÑÍBARRO PROFESORA DE FÍSICA E QUÍMICA

16


A excursión a Santiago de Compostela.

Despois de ler numerosos textos de Estevo Creus, descubrimos un grupo de teatro e danza chamado Traspediante que adaptaba unha das súas obras, o libro Balea2, e con ese motivo decidimos organizar una excursión a Santiago de Compostela. Aproveitando a viaxe a Santiago tamén visitamos o CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea). Despois de rematar a fabulosa representación, como nos explicaran anteriormente no autobús, comezamos un divertido concurso de fotos, no que tiñamos que fotografar os numerosos monumentos que hai na cidade, cun percorrido previamente marcado. Neste itinerario houbo persoas que se despistaron, e remataron perdéndose. Cando notamos a súa falta chamámolos e volvemos a xuntarnos todos.

Ó estar xa todo o grupo no CGAC, fomos a un parque próximo, o parque de Bonaval, no que comemos. Ao rematar a comida quedamos no parque un rato, descansando da longa camiñada, e no mesmo parque recolleunos o autobús que nos levou a visitar a impresionante Cidade da Cultura. Alí esperábanos unha guía que nos mostrou as diferentes partes da cidade e nos explicou a razón pola que se fixera a cidade. Finalmente, cansos, subimos ao autobús que nos levaría de volta á casa. Patricia Porto e Vanesa Cordeiro

17


O Recuncho dos pais

A MORTE VIOLENTA DE SANTIAGO O MENOR Fernando Serrulla Rech 1 Miguel Serrulla Blanco 2

No ano 1991 por encarga da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental da Xunta de Galicia tiven o privilexio de estudar os restos óseos de Santiago O Menor, alcumado Santiago Alfeo. Estes restos óseos permanecen no interior dun busto de prata sobredourada (prata pintada de ouro) custodiados na Capela das Reliquias na mesma Catedral de Santiago de Compostela. A Capela das Reliquias non se abre ao público, pois contén restos dos corpos de moitos Santos (reliquias) de grande importancia para a Igrexa. A sacra condición dos ósos impediunos extraelos fora da capela para realizar radiografías ou outras probas de análise científica. Durante dez días estivemos reconstruíndo as pezas óseas do cranio que se atopaban no seu interior. Estudamos a Historia Sacra e o que se chama a haxiografía, é dicir a vida e a morte de Santiago O Menor. Na mesma Capela das Reliquias permanecen os restos mortais de Teodomiro, Bispo de Iria e os doutros personaxes da Igrexa Católica. Na capela hai un pequeno altar e tras el un enorme retablo de máis de oito metros de altura cheo de pequenas caixas, cofres, e diversos obxectos con mans de santos, dedos, pés, ósos, sangue, etc...que pertencen a diversos Santos venerados pola Igrexa.

18

Os datos antemortem de SantiagoAlfeo: Busto-relicario de Santiago O Menor conservado na Capela das Reliquias da Catedral de Santiago de Compostela

O Busto-relicario de Santiago O Menor. Este relicario é chamado tamén Caput Argenteum. É o mais famoso dos relicarios do Tesouro Compostelán e contén os restos da cabeza de Santiago O Menor. Este foi Bispo de Xerusalén e dende estas terras foi traída a España polo antipapa Gregorio VIII no ano 1108. Dona Urraca apodérase da Reliquia e entrégalla a Diego Xelmírez quen a deposita no ano 1116 nunha arca de ouro. O Arcebispo Don Berenguel de Landoire mandou labrar o busto no 1322. A obra do relicario atribúese a Rodrigo Eans prateiro da Catedral de Santiago. Algúns historiadores afirman que o cranio de Santiago Alfeo está na catedral deAncona (Italia). No ano 1921 a Capela das Reliquias sofre un incendio. Aínda que non afectou ao busto, a calor do incendio carbonizou e fragmentou tamén os seus ósos no interior.

Santiago O Menor ocupa o noveno lugar nas catro listas dos Apóstolos. No Evanxeo de San Mateo recoñéceselle como un dos doce Apóstolos. Coñéceselle tamén polo nome de Santiago Alfeo. Segundo Hegesipo Historiador da Igrexaseu pai era Alfeo Cleofás, irmán de San Xosé e pai de Xesús. A nai de Santiago O Menor foi segundo Ottohophan, cuñada da nai de Xesús. Polo tanto, Santiago O Menor tal vez fora un curmán de Xesús. Coñécese da vida de Santiago Alfeo que foi un eremita, que comía vexetais e pouca ou ningunha carne, que viviu moitos anos (algúns historiadores sosteñen que chegou aos 92 anos) e sobre a súa morte existen dúas versións: para algúns morreu polos golpes do pau dun bataneiro (tintureiro). Outros sosteñen que morreu lapidado, é dicir golpeado con pedras. 1 Médico eAntropólogo Forense. Unidade deAntropoloxía Forense. Instituto de Medicina Legal de Galicia 2 Tradución ao Galego


O estudo antropolóxico forense: Os ósos atopábanse carbonizados e fragmentados en más de cen pequenos anacos. Durante varios días recompuxemos o puzzle con aqueles fragmentos máis grandes. Así confirmamos que no interior do Relicario efectivamente só existían restos da cabeza dunha soa persoa. Reconstruímos o parietal dereito, case todo o óso frontal, parte do maxilar superior e algúns dentes. A morfoloxía das órbitas confirmaba que o cranio era posiblemente dun varón. O estado da dentadura así como o de unión dos ósos craniais, suxería que ademais era un varón de idade avanzada. A ausencia de enfermidades nos dentes (sen caries, sen infeccións,…) suxería un bo estado xeral de saúde. É dicir, todos os datos antropolóxicos permitíannos dicir que o cranio que estaba no interior do Relicario podería ser o de SantiagoAlfeo. Diferente resultado obtivemos cando observamos a presenza no óso parietal dereito dunha lesión en forma de bisel compatible co feito da lesión que ocasiona unha espada. É o que chamamos os forenses ‘instrumento cortocontundente'. Maior sorpresa foi encontrar na parte esquerda do óso frontal outra lesión similar. Con estes datos propuxemos como causa da morte o traumatismo cranioencefálico por instrumento cortocontundente, de orixe homicida. É interesante engadir que algún autor actual describe na época romana a chamada 'morte dos tres golpes' (Reverte, 1991). Nela a vítima era golpeada dende atrás cunha espada na caluga co fin de atordala. O segundo golpe pretendía xa a morte e dábase no cranio de lado. E o terceiro aseguraba a morte pola decapitación.

1

2

Esquema do cranio de Santiago Alfeo visto dende arriba,indicando os lugares onde atopamos lesións por instrumentos corto-contundentes como unha espada

BIBLIOGRAFIA: 1.Ottohophan.LosApóstoles. Ed Palabra. Madrid 1982. 2.Lopez-Ferreiro A. Historia de la Santa A.M. Iglesia de Santiago de Compostela. Tomos III, IV, VII. Santiago de Compostela 1900. 3.Castellá-Ferrer. Historia delApostol Santiago.Madrid 1610. 4.Eusebii Caesarensis. Historia eclesiastica. Libro II; Opp Pars I Historica. Caput XXIII (Traduccion deAlejandro Barral, 1990). 5.Reverte Coma JM. Antropologia Forense. Ministerio de Justicia. Madrid 1991.

19


O ENTROIDO DE CASTRO Todos nós pensamos que o noso Entroido é o mellor, todos temos razón, pero no noso caso máis, posto que é a verdade. Do que estou a escribir é do Entroido de Castro, coñecido no mundo enteiro. A verdade é que deberiamos referirnos a esta festa, coma o Entroido da parroquia de Castro, posto que alí participaban xentes de Vilameá, Soutelo, Carraxo, Correchouso, O Navallo e dende logo Tamicelas Naveaus e Castro. Todo comeza a noite de fin de ano, que na nosa tradición é a primeira na que se poden poñer as chocas. E dende esa data e ata o sábado de Entroido, todas as noites é costume atronar os veciños con ese ruído ben acompasado. Tamén dende esa noite, podían saír os maragatos; xentes feas e vestidas con roupas aldraxosas, que percorrían as rúas e as casas, na procura de comida. E así ata o sábado de Entroido; entón o reloxo parábase, mesturábase a noite e o día e as xentes perdían o sentidiño. Esta primeira noite era moi esperada; gaiteiros tocando sen parar , todo o mundo bailando como se nunca o fixera, xente tirada polo chan, sacos de fariña voando na escura noite, enchentes de bebida, borquillóns, e así ata que o corpo aguante. O domingo é o primeiro día no que se pode poñer o peliqueiro, sendo a mañá deste día, a única que aporta algo de acougo a toda a tolemia do Entroido. Os peliqueiros saen ao remate da misa e ao longo de toda a mañá a cousa non vai mais alá de andar de casa en casa na procura de algo para comer. O domingo pola tarde volve a tolemia; debo dicir que entre cada unha das tradicións do Entroido, pode acontecer calquera cousa; colectores con xente vila abaixo; dornas con xente chouchando polas airas; etc. Sempre moita ledicia, moita harmonía, moita comida e bastante bebida.. O luns pola mañá é o momento da farrapada; como as rúas non estaban cementadas nin asfaltadas, era posíbel que, arrastrando trapos polo chan, conseguiras un farrapo con que facer estremecer a calquera que estivera facendo o parvo Era importante, non estar a facer o parvo, na mañá dos farrapos. Pola tarde, volvían a saír os peliqueiros, pero moito mais alterados que o domingo; tratábase de correr tras a xente e sempre caía algún bo zamarrazo. A tarde do luns, sae a Morena; unha cabeza de vaca, xunguida a un pau longo, na punta do cal leva prendido un toxo seco; o bicho en cuestión, adícase a escornar a todo o mundo, e a escorrentar as xentes cofeándolles o toxo polo corpo, canto máis moleste, mellor. Tamén é o día no que saen as formigas, que sempre parece que tenden a esconderse no interior dos corpos. O martes pola mañá temos unha comida popular nalgunha das prazas do vila; chourizos, cachuchas, tortillas de patacas, filloas, bicas, etc. Viño, moito viño, comida e sempre xente tirada no chan. Pola tarde o Sermón que consiste no reparto do burro morto, e onde a cada veciño lle ha de tocar algo para pasar o ano. Á noite, remate doutro Entroido máis con unha queimada popular. José Manuel Alonso Diéguez. Pai de Isabel Alonso Dosantos-1º ESO A.

20


O ENTROIDO DE VERÍN Tempo de risas, de encontros e despedidas, de amigos e non tan amigos, de mozos e xa non tan mozos, pero que o viven do mesmo xeito. Tempo de Entroido en Verin. Música perdida polos recunchos, cervexas en calquera man, intres para deixar de lado a imaxe de bo rapaz e enchouparse de festa. Dias brancos de fariña ata nos calcetíns, as mellores galas para presumir, repertorio de traxes e ideas que presencian, xunto a unha chea de amigos, a túa coñecida transformación de personalidade. Durmir con soños de Entroido. Espertar ás dez cunha mensaxe que che recorda que non esquezas as ligas ou os tirantes, de non poder evitar a manía de revisar unha e outra vez cada cousa. Respirar outro aire. Poñer as chocas coa ilusión dun neno de cinco anos, e sen querelo, sentirse importante. E nada doe, merece a pena a marcas do cinto e as queimaduras do coiro, sabes por que? Por que tes a oportunidade de ser cigarrón, sen queixa algunha, iso é coma sentirse de ouro o domingo de corredoiro. Vellos que contan historias, almas da festa, con bágoas nos ollos recordando os seus tempos ligóns de borracheiras, de loucuras que fan sorrir, ao fin xuntámonos todos. Eles, cos seus traxes ata os pés, sombreiro de palla e pano no pescozo, adiviñan a morea de fariña que se lles ven enriba, pero a costume quita as queixas, e convértense en risas e pequenas bromas a compañeiros de fai sabe deus canto, que aparecen facendo o parvo e non sabes por que, pero non é novidade, pois ata os maiores son nenos polas noite. Comadres e compadres, homes que se fan mulleres e deixan a vergoña nas barras de beizos da coitada muller, tacóns que saen vivos e chegan mortos, xente que acabas coñecendo “de vista”, charangas habituais, e algún que outro namoramento de noite. Rutas que non trocan, desfiles que parecen non rematar e mulleres que agardan o Entroido para pasear as súas mellores cancións, libro en man, e botella de viño na outra. Verín non durme. A noite da para moito, ata rematar mercando ás dez da maña, na churrería, algo aparentemente sólido. Pequenas raíñas que algún día soñaron, Elvis tolos que van na percura dun escenario ao que esfachear, ou simplemente cigarróns, eses que a tradición lévana dende os habituais mocasíns negros, ata a antiga careta enchoupada de anos e anos de carreiras; o monótono camiño, rivalidades cos peliqueiros, coiros e pompóns perdidos, faixas que afogan de mañá, chocas de quilos de esforzo que quedaron nas escaleiras da Casa do Escudo, fogar de historia. Quinto disfrace, esgotei as perrucas e xa perdín catro pares de gafas e unhas cantas ideas que quedaron no terceiro licor café na porta do Revólver. -E malia non querelo, os días pasan, os amigos despídense e Verín volve á cordura. As atraccións recollen, merman as gañas de levantarse mañá. Recupérase a personalidade, pero non se esquece nada. Afonías mesturadas con anacos de cristais , tempo adicado como e a quen querías, fotos que delatan pero que máis da, o único que agardas é que pase rápido e atoparte na praza, cunha copa na man, as catro e pico da maña, rodeado dos teus cantando un atrapallado “carnaval, te quiero”… Arcadio Álvarez Zurbano 3ºA

21


VI ÊNCONTRO LUSO~GALAICO VERÍN~CHAVES A nosa viaxe a Lugo estivo xenial. Todo comezou coma un proxecto feito xa outros anos. Este consistía en "cartearnos" con outros rapaces e rapazas de décimo curso (4º ESO para nós) da Escola Secundária Fernão de Magalhães de Chaves. A cada alumno asignóuselle o seu compañeiro correspondente e algúns dos portugueses tiveron que escribir a varias persoas, e chegamos a escribir arredor de dez cartas antes desta viaxe. Nun comezo no autobús cada un ía ao seu, pero todos tiñamos a mesma curiosidade de coñecer á persoa coa que nos escribiramos, e o tempo pasou rápido con moitas charlas, gargalladas e fotos, sobre todo fotos. Ao fin chegamos a Lugo e nun principio estabamos por grupos, non nos achegabamos, quen lle diría aos profesores que teríamos vergoña, ¡non o crían!. Pero pouco a pouco fomos falando uns cos outros. Tivemos unha recepción por parte do concelleiro de Turismo do Concello de Lugo no Salón de Plenos e despois desta fixeron catro grupos e asignaron a cada alumno a un grupo, no que cada un estaba coa súa parella epistolar e con outros alumnos. Demos un paseo pola muralla e polo casco vello da cidade, por non falar da charla no Centro Interpretación da Muralla e fomos comer a un lugar precioso, na mesma ribeira do río Miño e cunhas vistas espetaculares. Aínda con todo este tempo transcorrido, seguiamos estando todos separados en grupos, ata que ao fin, despois de comer comezamos a falar sen tensións nin vergoña portugueses e galegos, ata estar todos xuntos, con música e moi a gusto. Nese tempo algúns xogaron ao fútbol, falamos, coñecémonos un pouquichiño, e dicir que o trato foi moi bo polas dúas partes, pero o que predominou foron as risas. Non parabamos de gastar bromas e o mellor de todo foi o baile que fixeron Álex Leone, Pablo Vaamonde, Lucía Cid, Goretti Diéguez, Lucía González, Andrea Feijoo e Paula Paz, coa canción de LFMAO, chamada "Sorry for Party Rock Anthem". ¡Iso si que foi un espectáculo!. En definitiva, pasámolo xenial pero o tempo pasou voando e chegaron os profesores para dicirnos que tiñamos que recoller todo para ir a zona de embarque e dar unha volta polo río en catamarán. Podería dicir miles de cousas desa pequeniña viaxe polo río pero o máis importante é que foi precioso, cunhas vistas tremendas e algunhas de nós aproveitando que a viaxe tamén era por grupos, ¡colámonos por unha segunda vez!. Ao final o tempo pasou voando e tocaron as despedidas, pero nada de caras tristes. Todos nos fomos cun sorriso na cara, porque ese tipo de cousas son as que non se esquecen, e creo que todos quedamos con ganas de máis e queremos que se fagan máis viaxes coma esta. Vicky Pérez Gascón 22


23


BRASIL SOMOS NÓS, CARLOS NUÑEZ

Carlos Núñez, un magnífico gaiteiro galego moi coñecido en todo o mundo, presentounos o seu documental titulado “Brasil somos nós”. Nel, este gaiteiro emprende unha viaxe a Brasil na búsqueda de información sobre o seu bisavó Xosé Núñez, que supostamente fora asasinado. Alí descubriu que fora un músico de moito éxito e que refixera a súa vida en Brasil.

Grazas a esta viaxe, Carlos Núñez tamén descubriu semellanzas que Galicia ten con Brasil, como a lingua e tamén o gran parecido musical que el intuía. O gaiteiro quería saber máis sobre isto e falou con Carlinhos Brown e moitos outros músicos, grazas aos que puido comprobar que existía unha grande relación con Galicia. Despois de máis de tres anos de investigación no Brasil, o gaiteiro Carlos Núñez sacou un disco titulado “Alborada do Brasil” no que participaron case cen artistas brasileiros. Estefanía Silva Núñez

24


E

DAD E I R A

D

OLI S A

Como di un antigo proverbio ruso : “Unha soa abella non recolle o mel” Temos que unirnos, non para estar xuntos senón para facer algo xuntos. A solidariedade é un dos valores postos de moda ultimamente, pero por desgraza poucas veces aplicado. Defínese como a colaboración mutua para manter as persoas unidas, sobre todo nos momentos difíciles dos que resulta imposible saír só. Atopamos este palabra sobre todo en épocas de guerra ou de desastres e deste xeito, grazas á solidariedade, é posible darlles a man aos que están en situacións precarias.

Pero a maior parte das veces resulta necesario fomentar e desenvolver a solidariedade en todas as súas facetas mais cotiás cos nosos seres queridos, compañeiros.. nos que o noso aporte contribúa a mellorar a súa situación. Neste sentido, a solidariedade permítenos unirnos ás persoas ou ás cousas nunha relación que involucra sentimentos para manter o funcionamento social normal e xusto. Por iso, a solidariedade é a base de moitos outros valores humanos, incluso nas nosas relacións sociais máis valiosas, para manter as persoas xuntas por un mesmo motivo ou traballar xuntos para lograr unha mesma meta. Luís Pérez

25


A ÁRBORE VERMELLA

No noso instituto temos unha árbore moi especial. É grande e de cor vermella. Todos os xoves ás catro e media, nela ábrese unha porta que nos permite entrar ao seu interior. Sempre que podo procuro ir alí, igual que moitos outros rapaces e rapazas de distintos cursos do instituto que non coñezo moi ben, pero sei que todos os presentes temos un becho dentro que esperta os xoves e que nos morde para que asistamos. E ocorre que nós non sabemos que tipo de pos máxicos flotan no interior da árbore, porque cada un desprende involuntariamente un anaco da súa maxia, e ao xuntarse todos os das diferentes persoas a árbore enméiganos cada día dunha maneira diferente. Ás veces cáeme unha folla vermella enriba, outras sopra o vento e cáenme moitísimas...(todo depende da época do ano). Pero o que nunca cambia é o seguinte: chego, sento, os pos máxicos comezan a facer efecto, durmo....durmo? A verdade é que nunca sei distinguir os soños da realidade. Quen me axuda a facelo é o Señor Tempo, que desgraciadamente é quen aparece unha hora despois para espertarnos, limparnos os restos de po e dicirnos que debemos marchar. El leva os pos, mais a maxia queda dentro de min, e produce efectos secundarios o resto da tarde, como, por exemplo, non para de dar voltas a miña cabeza, ou quedo cun sorriso permanente. Ás veces, teño moitas ganas de que chegue o xoves e entón achégome á árbore. Si, esa que destaca entre todas as demais por mor da cor. Esa que abre as portas para calquera que queira entrar. Esa que me fai soñar con libros, escritores, música… En fin, achégome a ela, que me fai aprender máis nunha hora que en todo o día. Ela, cando me ve, agasállame cunha fermosa folla vermella. Esther Estévez Casado

26


A TECEDORA DE SOÑOS

O grupo de teatro '' A tecedora de soños'', nace como una actividade extraescolar para os alumnos do IES Xesús Taboada Chivite. As súas profesoras María e Elisa, dirixen e ensinan as diferentes obras, as cales ensaiamos e preparamos con moito cariño para poder representalas diante dos nosos compañeiros, e facerlles pasar un rato agradable e divertido, e poder compartir con eles un pequeno pedazo da nosa afección. Nós, cas nosas pequenas obras, intentamos que as persoas que acudan a velas viaxen a un mundo onde a súa imaxinación lles faga vivir cada una das emocións que viven as personaxes que representamos, queremos intentar amosarlles que isto para nós é algo moi importante e que este grupo está aberto a todos os rapaces do noso instituto que queiran compartir con nós esta experiencia, e a maxia que nós vivimos cada día que nos subimos a un escenario. Para nós o teatro é unha forma de aprender a expresarnos e amosar os nosos sentimentos, e vivir experiencias a traves dunha personaxe que ao mellor na vida real nunca viviremos. Eu convídovos a que probedes, a que a vosa imaxinación vos axude a soñar, a que sintades a maxia, a que vos expresedes con nós, a que nos amosedes unha pequena parte de vos. Porque para nós esto é moi importante, unha forma de vida, un reto que temos día a día unha experiencia que xamais olvidaremos, porque para algún de nós é algo especial, é o noso pasado, o noso presente e o noso futuro. Cristina Canabal Arias

27


MMQ mmr Co fin de non quedarmos cos brazos cruzados ante os incendios, decidimos, coa axuda dos nosos profesores, facer un blog no que propoñemos que facer para loitar contra os incendios e contamos tamén que fariamos para repoboar os montes unha vez queimados. Algúns dos alumnos, ademais de expor as nosas propostas, fixemos textos:

AS ÁRBORES NEGRAS.

Recollín milleiros de árbores negras, tamén busquei árbores verdes, máis só atopei árbores negras. No verán é propio que vexa árbores negras, a xente quedou abraiada ao saber que eu en casa tiña moitas árbores negras, ninguén podía crer que na miña casa puidese ter tanta cantidade de foresta. ''Terás máis osíxeno que todos nós xuntos'', respondeu un. ''Non, seguro que nin respira'', dixo outro. ''E cábenche todas na casa?'', murmuraba o do fondo. Non puiden responder tantas preguntas xuntas e decidín poñerme a falar baixo, un método bastante eficaz, porque de inmediato non se escoitou nin o máis pequecho balbordo, todos estaban atentos a min e respondín unha por unha as súas cuestións. ''Non teño máis osíxeno, teño igual.'' ''Respiro si, pero intento non achegar o meu nariz a elas.'' Díxenlles que ó saír de clase me acompañasen á casa. Cando chegaron alí todos entraron nos cuartos pero ninguén viu as árbores. Chegaron ao meu, abrín o caixón do escritorio, saquei unha caixa completamente verde e sentei no sofá da miña habitación. ''Veredes, no último incendio do pobo xogaron ao tres en raia''. A xente quedou sorprendida ao escoitarme e sen esperar ningunha pregunta seguín. ''Prenderon tres montes que están xuntos. Por culpa diso, o incendio fíxose máis grande e todo quedou estragado polas chamas." Abrín a caixa e alí só había cinsas negras dos restos do monte e cheiraba a queimado. Puxéronse a mirar uns para os outros e comezaron a murmurar. Dixen: ''Aquí tedes as vosas árbores negras, volvede a recompoñelas se podedes, tomádeo como un xogo, como fixeron algúns, xogade ao tres en raia e facede árbores negras, é a moda para moitos facer destas pobres árbores historia, ruín historia.'’ Marlén García De Jesus 28


concepto, proposta, imaxe, mensaxe,... Cal é a resposta a esta cuestión que nos pregunta o relanzo? Ninguén ten a resposta, e témola todos. Os críticos, os filósofos seguen a propoñer novos termos, novas ideas sobre un concepto que vén acompañando á humanidade, e que seguirá mentras o concepto HUMANO siga a existir. A aqueles que desacreditan a actividade artística haberá que abrirlles unha fiestra no seu corazón... facerlles lembrar as sensacións de cando neno, de cando a IMAXINACIÓN aínda estaba presente, e que se foi metendo nun caixón... Para os demáis estas páxinas son un exemplo do que os rapaces poden conseguir ser: ARTISTAS: Iván, Miguel, Alejandra, María, Rosa, Leila, Teo, Yaiza, Débora, Carla, Isa,... Algúns deles terán que emigrar da vila para seguir un soño, outros pensarán nun futuro máis prometedor... (seguro? pensade, homes da ciencia e do saber, pais preocupados polos vosos fillos, reflexionade sobre o que é mellor para eles, pensade por que é máis recoñecido Leonardo, logo aconsellade sen cargar as vosas propias frustracións nas costas de quen está a medrar) Víctor Rodríguez

Disfrutemos:

29


30


31


32


33


34


CONCURSO DA ONCE Este ano, Víctor propúxonos levar a cabo un proxecto diferente, novedoso e moi interesante. Non só se aprende nas aulas coa explicación do profesor; hai cousas que o mellor xeito de aprendelas e véndoas por un mesmo. Entón formamos grupos e saímos á rúa acompañados das nosas cámaras de fotos. Cal era a idea? Un traballo de investigación, en primeira persoa, dos obstáculos e dificultades que atoparía unha persoa con algún tipo de discapacidade polas rúas da nosa vila. Así que, cal intrépidos free lance alá que fomos, cámara en riste, na procura de calquera trampa silenciosa na que un invidente ou unha persoa en cadeira de rodas puidera tropezar.

Cal xogo de rol, comezamos a pensar e a sentir, como outras persoas. Vimos como de repente unha rúa aparentemente sinxela, se convertía nunha carreira de obstáculos. Na maioría delas atopamos desniveis causados sobre todo pola ausencia dalgunha baldosa, ou ben pola rotura de varias. E tamén o desnivel das tapas do alcantarillado. Logo atopamos que en moitas rúas os obstáculos son as árbores, en si mesmas, e polo desnivel que existe ó redor do seu pé. Un dos obstáculos máis sorprendentes foi atopar nunha rúa

os contadores da luz dun edificio atravesando toda a beirarrúa. Mesmo nós tivemos que baixar á calzada para poder pasar. Un invidente tropezaría de cheo contra eles, e sería incapaz de continuar por esa rúa. Tamén nos atopamos con edificios que aínda que teñen rampas de acceso para cadeiras de rodas, estas teñen unha pendente moi pronunciada e mesmo xiros case imposibles. De tal xeito, o que en principio ía ser un traballo de recollida de información e documentación gráfica para participar nun concurso organizado pola ONCE, rematou converténdose nunha experiencia que nos fixo contemplar o mundo dende outra perspectiva. Puxémonos no lugar de outras persoas, que aínda que teñan algunha dificultade física, saen á rúa cada día, e enfróntase as adversidades con forza e coraxe. Nós, temos a obriga de facilitarlles un pouco ese percorrido pola vila. Ou cando menos, ser conscientes e responsables e non engadirlle máis obstáculos. Ana María Añel Prieto 3ºA 35


Microrelatos gañadores

Recoñezoo. Son pobre.Vivo nunha aldea coa avoa. O meu único compañeiro é un zurrón de la. Fíxomo a miña nai antes de ir vivir coas estrelas. Cando regrese traerame unha. Prepárome para coñecer e percorrer o mundo. Desexo atopar xente que me axude a entender. ¿ Por que as estrelas brillan?. ¿Porque algunhas persoas teñen os ollos limpos e outros ateigados de algo que descoñezo? Decidín sair da casa, e camiñando cheguei o pobo veciño, estaba moi cansa. Unha rapaza sentou ao meu carón e pregunteille se sabía algo do mar. Respondeume que estaba formado por auga, pero non sabía onde remataba. Deume unha cuncha da praia e gardeina nunha caixiña reservada para os meus tesouros.Seguín camiñando e atopei unha flor feita de papel e gardeina. Continuei camiñando e atopando tesouros sen descanso ata comenzar a entender . Hoxe sei porque as estrelas brillan : iluminan o que pensamos que non podemos alcanzar. Recórdannos que non perdamos a nosa. Eu teño unha boa estrela. Hame levar onda mamá.

36


Nemi, o trasno verde, marchara do seu país na procura dun amigo, farto da falsedade das súas xentes. Ao longo da súa viaxe, moitas criaturas repararon na súa presenza, máis todas foron desprezadas coa mesma mirada de superioridade. Máis un dia ao espertar, toda a herba ao seu redor atopábase recuberta de gotiñas de auga, coma as bágoas dunha tristeira lúa. Daquela, Nemi coñeceu a Rocío, una lonxeva gota de orballo. -Levo xa dúas horas vivindo, estou a piques de evaporarme para sempre - explicáralle Rocío. -Mais o sol sempre foi amigo de todos nós! Xamais cometería tales atrocidades cos seus raios! - abraiárase Nemi. -Ninguén pode se amigo de todos, Neni, é imposible manter satisfeitas a tódalas criaturas, senón un non pode vivir- dixéralle sabiamente Rocío. Malia ter unha amiga, o sol, a herba e o vento poderían dicir que a ledícia de Nemi rematou coa morte de Rocío, pero afortunadamente, nós sabemos que coa última ollada que o noso trásno lle botou á gota de orballo, puido ver a súa faciana reflectida na auga tan fermosa como a de calquera becho, e preguntouse o novo Nemi porque tardara tanto en descubrir aquilo que sempre estivera no seu corazón.

37


Microrelatos gañadores

Tumbada na herba, co aire e a súa alma compenetrados quedou durmida, espertou ao cabo dun pouco, xa non estaba no mesmo lugar, todo era tan puro, achegouselle un coello branco, ela sabía, que aquilo non ía durar, sen deixar que as palabras brotaran dos seus beizos, tumbouse ao meu caron. Despois duns máxicos minutos, o coello espertou, mirouna aos ollos, aqueles ollos de dozura que tanto contaban, logo ergueuse e achegouse mais, foi apenas un roce, un roce cheo de ilusión e inocencia, pero tamén de despedida. O coello botou a correr, ela sentía como se afastaba, xa despois de que os seus ollos deixaran de velo, sentía tristeza. Sí, pero sabía que non podería evitalo, no fondo da súa alma quedaba unha pegada que nin sequera o paso do tempo podería borrar, porque é iso o que deixa a infancia. 38


Certame de Relato Curto "Antonio Fernández Pérez". A CERTEZA DUN SOÑO Noto que me chamas, que non hai tempo, que sempre temos présa que vou contra reloxo . Vou á túa casa e todos están pendentes de ti, se queres auga, se tes frío …. Vesme entrar e pídeslles un intre para estar comigo, eu achégome, séntome ao teu carón, ti aloumiñas a miña cara, queres contarme moitas cousas pero non tes tempo, cerras os ollos e apértasme a man, déitome ao teu lado. Mergullámonos nun soño, estamos as dúas xuntas, todo é marabilloso, nese lugar non existen os problemas, todo é calma, acougo, paz. Camiñamos da man non hai apuro. Eu quérote e creo que nese intre percibiches a falta que me fas, que non podo estar afastada de ti …Aínda que sexa moi duro hai que loitar, temos que estar xuntas para seguir contándonos os desasosegos e moitas cousas máis, pero que quede claro, se quedas, eu sempre, sempre, lémbrao, sempre vou estar aí, porque non soportaría este mundo, a miña vida e a dos demais. Non volvería ser a mesma… fasnos falta , pero ti iso xa o sabes aínda que ninguén cho diga. Ti es das poucas persoas que poden ler nos ollos , das que te miran e xa saben como estás. Porque ti es especial posúes un brillo único, pero dende hai un par de anos foi diminuíndo, pouco a pouco vaste apagando e eu advírtoo, decátome, os demais nótano polo teu aspecto pero eu síntoo no meu interior porque sei que algo dentro de min tamén se está apagando. Leváchesme a ese lugar porque é moi especial para ti, porque ao final do camiño viches algo polo que non vas dar volta, porque sentiches que o teu corazon precisa ir, sabes que se chegas vas quedar e non regresarás comigo. Eu detéñome, xa estamos moi preto, mírasme e sabes o que me pasa, eu bótome a chorar, ti abrázasme, mírasme, fúcheste apagando ao longo do camiño. Só queda un paso, un paso para chegar a “Ese lugar”, un paso que causará a desaparición do teu brillo. Eu quería que ese abrazo durara todo o tempo do mundo que te fixera recapacitar pero ti levabas moito tempo cavilándoo e non ias cambiar de opinión. Chegou o momento, cóllesme da man, eu sinto ganas de gritar pero ti xa tiñas un pé dentro apertáchesme a man e espertei. Vinte ao meu carón e boteime a chorar. contemplei na túa cara un gran sorriso que me inspiraba esperanza porque no día menos pensado chamarasme e volveremos estar xuntas. Cando iso suceda notareino porque o teu brillo alimentará o meu corazón. De súpeto chegou moita xente, dicían que debía marchar porque era moi pequena e todo aquilo era moi duro, ademais que non entendería nada e que… Non querían que tivese ese recordo… O que eles non saben é que sempre a lembrarei, porque sempre o seu brillo nunca se apagará. Marta Cid (2º ESO A) – 1º Premio 1º Ciclo ESO Certame Antonio Fernández Pérez

39


TRÁFICO DE EMOCIÓNS Cantas veces choraches e desexaches estar morta, pode que tantas veces coma el che dixo que te amaba, pero non tantas coma veces che puxo a man enriba. Todas as promesas que che fixo antes do casamento resultaron ser incertas. Críaste afortunada, pois nun país coma o teu, no que a muller está tan discriminada, moi poucas conseguían casar namoradas. Pero el parecíache perfecto, unha gran persoa, que te trataría como te mereces a pesar do difícil que estaban as cousas. Eras a envexa de todas as mozas, sempre fuches máis fermosa ca ningunha. A pel morena, o cabelo escuro, e a mirada sensata e ao mesmo tempo inocente. Tras da voda todo parecía perfecto, el tomárase uns días libres para ambientarte no palacio que che mercara, o mesmo palacio que remataría sendo o teu cárcere. Estabas namorada e eras feliz. Nunca che dixera nada de saír da casa sen o seu consentimento, pero ti como boa esposa, non te atreviches a facelo, ata que o fixeches. Unha tarde saíches ao mercado ti soa coa intención de buscar unhas especias para facerlle ao teu marido unha receita exquisita que che ensinara a cuarta esposa de teu pai. Tras regresar, pasácheste o resto da tarde cociñando e colocando a mesa para que todo estivese o mellor posible. Arreglácheste co teu mellor veo, pois querías pasar unha velada agradable co teu amado e así agradecerlle todo o que facía por ti. Era xa tarde, demorábase das horas habituais e a comida comezaba a arrefriar. Preocupácheste enseguida, pois non era normal nel. De súpeto sentíchelo chegar e décheste conta de que algo ía mal cando entrou no salón e tirou ao chan todos os manxares que prepararas para el. Non entendías o motivo de todo aquilo. Comezache a chorar, mentres el, cada vez máis preto de ti, che dicía todo tipo de insultos que se che cravaban na túa cabeza como milleiros de agullas. Tendeuche a man para que te levantases do chan, e pediuche perdón engadindo un: princesa, ao mesmo tempo que te erguías coa súa axuda. Aínda cos ollos nubrados miráchelo fixamente, el bicoute e díxoche que non volveras saír da casa sen o seu consentimento. Sen máis deuche as boas noites e retirouse a durmir. Pasaches do sucedido, e non lle deches importancia, preferiches crer a túa propia mentira e pensar que todo o que pasara fora debido ao estrés do traballo. Á mañá seguinte, levantácheste máis cedo que de costume, o teu marido tiña o día libre e tiveches a absurda idea de amañarte coas túas mellores prendas para cando el despertase, darlle unha sorpresa e pasar o día xuntos para así liberar a

tensión creada a noite anterior. O teu marido levantouse, e o único que se lle ocorreu dicir ao verte foi chamarche pecadora, que arderías no inferno por ir provocando a outros homes e que con esa roupa semellabas unha cadela. Non podías crelo, outra vez estaba a insultarte. As lágrimas dos teus ollos impedíronche ver que el se acercaba a ti e che metía un labazada. Colleute polos pelos e arrastroute ata unha habitación na que che pegou con máis forza mentres che berraba que encerrarte sería o seu castigo. A partir dese momento comezou o teu pesadelo, a túa tortura. As moitas veces que te deixaba saír da habitación na que te tiña prisioneira, era para darche unha malleira. Estiveches vivindo esta situación durante case sete anos, sen máis cariño que o que recibías da túa propia soidade, co corazón roto no mesmo número de dentes que el che partira, soñando coas estrelas do ceo que tan sequera todas xuntas poderían superar o número de mazadura do teu corpo, recordando os paseos co teu pai xunto ao mar, mar que agora inundaba todos os días os teus ollos, feridas e cicatrices que sangraban case todos os días pero que che doían menos que as feridas do corazón, berros de socorro en silencio para que o teu marido non puidese escoitalos. Un día decidiches que xa non podías máis, que te ías escapar, e se te atopaban incluso terías a sorte de que te matasen a pedradas e así acabasen dunha vez co teu sufrimento… Xa pasaron cinco anos dende aquel día. Hoxe míraste libre no espello, aínda quedan secuelas que terás o resto da túa vida no teu fermoso rostro, fermoso incluso cando estaba cheo de mazaduras e cortes, e fermoso agora que está desfigurado por completo. A noite que te escapaches, acudiches á casa de teu pai para refuxiarte e contácheslle todo o sucedido. El apoioute e deuche comprensión e cariño durante tres días, ou só foi o que che fixo crer a ti, porque o cuarto día, el mesmo te suxeitou coas súas mans para que non puideses escapar cando ao teu marido se presentou na túa casa con un recipiente de cristal cheo de ácido, que vertería polo teu rostro… Hoxe veste no espello e dáste conta da mala vida que che tocou levar polo simple feito de ser muller. Hoxe dáste conta do noxo que dá o teu país, do que tiveches que fuxir, posto que a “xustiza”, se é que se lle pode chamar así, dáballe a razón ao mal nacido do teu marido despois de todo o que che fixo. Hoxe mirácheste no espello, e a pesar do teu desagradable rostro, atopaches uns ollos coñecidos, ollos sensatos e loitadores. Hoxe mirácheste no espello e recoñeciches os teus ollos de MULLER. Lucia Diaz Nicolino (3º ESO C) 1º premio Certame Antonio Fdez Pérez (2º ciclo ESO)

40


Certame de Poesía "Xosé Carlos Caneiro”

BALEIRO Saudade amotinada na mañá neste val de soidade, centos de bágoas caladas esvaran pola miña alma. Lembranzas doutros amores esquecidos, xa perdidos. Sombras só do que un día foran proxecto nos albores. Neste soño devastado baldeiro e lúgubre só quedan os salaios daquel querer desdeñado. Quédanme as lembranzas de soños perdidos de noites escuras cheas de inquedanzas. Quedan enrugas da terra pintadas só con desacougo deste mar dos meus ollos que xa non teñen arelas.

o

Ana Mª Añel – 3º ESO A – 3º Premio Certame Xosé Carlos Caneiro (2º ciclo ESO)

41


A LINGUA GALEGA (O xenio máis íntimo de cada pobo, a súa alma profunda, está sobre todo na lingua." Henrich Heine) A nosa lingua , herdo de séculos de historia é unha femia que resiste , forte e dura, sobrevivindo aos embates salvaxes da vida, forxada a forza de golpes , de fame e de penurias, por mor de bocas pechadas polos señoritos; miradas de esguello. Desprezo...¡Pailáns!

O galego é iso, esa forma de vida, o que tes desde que es moi cativo e te segue ata o final. É o noso pequeno tesouro, o segredo que algúns coñecen, está aí nese recanto do mundo no que poucos reparan, onde os soños máis grandes pasan inadvertidos por moito que non ven a mirar. Tamén é un sinal, cada vez que as palabras brotan dos nosos beizos, nótase como sae a relucir, como parte da nosa esencia vital. Cando miramos a alguén ós ollos, o galego cóntanos tamén cousas da nosa propia vida, que ata nos mesmos chegamos a descoñecer, cousas que pouca xente pode chegar a ver, cousas case transparentes aos ollos dos que saben mirar, e así revelamos unha parte de nos mesmos, sen a cal non estariamos completos. Esas e outras cousas mais son a pegada que deixa en min, o noso pequeno tesouro, O GALEGO. Mercedes Castro Cid

42

Nunca silenciada nas casas dos labregos, nas verbas dos mariñeiros nin na memoria dos emigrantes, por máis que séculos negros se cinguiran sobre ela. O pobo humilde e chan gardou celoso a alfaia Aferrollando o tesouro O tesouro da nosa fala, aínda que a moda fora falar outra estraña. Deixoulla en herdo ensinándolla aos fillos, como se ensina aquilo que moito se ama. A nosa lingua, foi a guía do arado escachando terras bravas, o berro que lanzou as redes para loitar coa marusía e traer comida a casa. Fuxiu, ferida, polos montes desta terra, perseguida pola falanxe, pola opresión e a miseria. Camiñou de noite nas alforxas do contrabando. Foi a alma do pobo nas lareiras, nos fiadeiros das casas, nos muíños e nas eiras; Nas cantigas das festas e fermosas romarías. Nas segas do pan, nas mallas, sementeiras e vendimas. Traspasou moitas fronteiras nas maletas dos galegos, Pero volveu viva ao pobo con cariño e esperanza. A nosa lingua fermosa non é unha meretriz, nin é moeda de cambio. Se queremos que brille sempre e non se apague a súa chama ensinémoslla aos cativiños, orgullosos do que somos: ¡Galegos en corpo e alma! Para que non morra de tristura ao non sentirse querida, nin digna de ser herdada. A nosa lingua fermosa é un lábaro de esperanza, para sobrevivir como pobo... É a nosa esencia máis clara. Carmen Rivero Gallego


A COCHUMILLADA HUMANA Córtame a miña perna quédame outra para saltar. Mentres eu, o gran señor feudal continuo cas miñas dúas saltando enriba de ti Todo isto ata que devolvas o beneficio dende o teu nacemento. Porque ti es meu, pódoche quitar, tira a tira a carne dos teus descendentes, non terán mais ca ti; son meus tamén. Porei ante os teus ollos asustados a miseria dos teus avós. Deixareite ser miserable sen barcos e sen honra.

Por conta de Emilio Álvarez Bayón

!

Cando non poidas mais císcate nos teus mortos, mira a lúa e pensa que é teu deus que busca o teu destino e calma o teu corazón. O diaño xa calma o meu.

!

!!

A túa decencia da folgos á miña decadencia. Quero aparentar o que ti es sen abandonar de feito a vida déspota e travesa que sempre me ensinaron a ter.

!

!!

A túa ilusión , as ganas de vivir os teus amoríos, a seguridade que cres ter, son para min contas de interese bancario. Pagarás ata pola terra que te cubra.

43


VIAXE POLA CULTURA RELIXIOSA Horizontais 1. Os primeiros cristiáns chamábana fracción do pan. 5. Contén toda a revelación de Deus para os cristiáns. 7. Animal que representa o tentador no paraíso. 8. Festa que celebra a resurreción de Xesús. 9. Lugar sagrado onde se xuntan os crentes. 11. Modelo de fe para os cristiáns. 12. Poboación onde vivía María cando recibiu o anuncio do anxo. 13. Sacramento polo que os cristiáns nacen a unha vida nova. Verticais 2. Signo que Xesús deixou a súa igrexa. 3. Tratar coma Deus aquelo que non é. 4. Guía que liberou da escravitude ó pobo de Israel no nome de Deus. 6. Nome composto que expresa que Xesús é verdadeiro Deus e verdadeiro home. 10. Nome do primeiro cristián que deu a súa vida por defender a súa fe.

Luís Pérez Pérez

2

1

3

4

5 6 7

8 9

10

11

12

13

SOLUCIÓNS:

1. BIBLIA 2. TEMPLO 3. MOISÉS 4. SERPE 5. XESUCRISTO 6. MARÍA 7. NAZARET 8. ESTÉBAN 9. SACRAMENTOS 10. PASCUA 11. BAUTISMO 12. EUCARISTÍA 13. IDOLATRÍA

44

1. EUCARISTÍA 5. BIBLIA 7. SERPE 8. PASCUA 9. TEMPLO 11. MARÍA 12.NAZARET 13.BAUTISMO

SOLUCIÓNS:

2. SACRAMENTOS 3. IDOLATRÍA 4. MOISÉS 6. XESUCRISTO 10.ESTÉBAN

1. Contén toda revelación de Deus para os cristiáns. 2. Lugar sagrado onde se xuntan os creentes. 3. Guía que liberou da escravitude ao pobo de Israel no nome de Deus. 4. Animal que representa o tentador no paraíso. 5. Nome composto que expresa que Xesus é verdadeiro Deus e verdadeiro home. 6. Modelo de fe para os cristiáns. 7. Poboación onde vivía María cando recibiu o anuncio do anxo. 8. Nome do primeiro cristián que deu a súa vida por defender a súa fe. 9. Signo que Xesús deixou a súa igrexa. 10. Festa que celebra a resurreción de Xesús. 11. Sacramento polo que os cristiáns nacen a unha vida nova. 12. Os primeiros cristiáns chamábana fracción do pan. 13. Tratar coma Deus aquelo que non é.


PASATEMPOS MATEMÁTICOS

Carme Gómez García

PROBLEMA DE FÚTBOL

Hai 7 rapaces nun equipo de fútbol. Cada un ten unha posición, un número de camiseta e unha altura diferentes. Atopa a posición, a altura e o número de cada neno. - Luís é o porteiro. - O dianteiro dereito é o nº 10. - O porteiro mide 1.73m. - Iván mide 1.67m. - Ramón é o dianteiro dereito. - A persoa xunto a Ramón é o nº 14. - A persoa que mide 1.73m é o nº 16. - O nº 10 mide 1.65m. - O dianteiro esquerdo é o nº 15. - Brais é o defensa dereito. - Brandán é o nº 20. - Roi mide 1.80m. - Miguel é o nº 6. - Roi é o dianteiro esquerdo. - O nº 42 é o defensa dereito. - Brais mide 1.68m. - O nº 6 é defensa central. - O nº 15 mide 1.70m. - O nº 20 mide 1.75m. - Miguel mide 1.60m. - O nº 14 mide 1.67m. - A persoa que mide 1.75 é defensa esquerdo. - Iván é o dianteiro centro. SOLUCIÓNS:

101 - 102 = 1 (Cambia algo para que a igualdade se cumpra)

Símbolo ¿Que símbolo matemático podes poñer entre 5 e 9 para obter un número maior que 5 e menor que 9?

Luís Iván Ramón Brais Brandán Roi Miguel ECUACIÓN TRUCULENTA: 101- 102= 1 SÍMBOLO: A COMA DECIMAL: 5´9 ADIVIÑA: O NO 1 DOS NÚMEROS NATURAIS

7

8

3 6

9

SOLUCIÓNS:

2

1

4

7

5

16

3

porteiro 1.73 dianteiro~centro 1.67 dianteiro~dereito 1.65 defensa~dereito 1.68 defensa~esquerdo 1.75 dianteiro~esquerdo 1.80 defensa~central 1.60

17

4

6 23

15

1

16 14 10 42 20 15 6

T COLOCA As CIFRAS do 1 ao 9 EN CADA CÍRCULO R I PARA QUE A SUMA DE CADA LADO SEXA 20: Á N G U L O M Á X i C O

Ecuación truculenta

8

5

15

8

2

Pon as cifras do 1 ao 8 nos círculos de xeito que os vértices dos triángulos e dos cadrados sumen as cantidades que se indican en cada un:

8

FIGURA MÁXICA

15 16

15 23 17

ADIVIÑA De miles de fillos que somos na miña familia, o primeiro eu nacín e son o menor de todos ¿Cómo pode ser? 45


quen dixo realidade... Amigos meus, isto que vos vou contar é tan real coma certo. Ocorreu hai sete anos, botando a conta, a mediados de xullo; cando estaba eu acougado baixo un castiñeiro na marxe dun eirado. Lapis na man, procuraba escribir certa historia que quizais o azar quixo que fose esta. Apoiado contra a árbore, cos xeonllos recollidos, non conseguía de ningún modo que as ideas entrasen na miña cabeza, así que decidín botar unha breve, ou iso semellaba, soneca. Mais espertei ao rato alterado, aturdido. Era noite, estaba desorientado, e o lugar no que me atopaba para nada se asemellaba á paraxe que recordara antes de pechar os ollos. Non recoñecía nada, onde estaba o castiñeiro? Imaxinade a miña cara cando me decatei de que un trasno raquítico estaba a atarme de pés e mans. Pregunteille asustado: -Estas intentando atarme?- tremíame a gorxa. Quedou uns segundos mirándome fixamente, calado, e respondeu: -Exactamente….- a súa voz era aguda, diría que de pito. Intentei desatarme, pero non podía, as cordas eran demasiado duras. Podíame a desesperación: -Pero de que están feitas?- díxenlle, debuxando no meu rostro unha crecente sensación de agobio. -De coltán- respondeu secamente e seguiu atando. -Poderíasme desatar, por favor? Non fixen nada.- Tras o comentario, parou. O seu silencio xunto coa súa mirada era indescritible, moi misterioso. -Recibiría algo a cambio? -Non. -Nese caso, vale.- E procedeu a romper as cordas. Seguidamente relateille o sucedido, e conduciume ata un lugar que describiu coma a súa vila. Camiñamos por un salvaxe bosque, ata que divisamos unhas pequenas luces no horizonte. -É aquela- comentou. - Invernos fríos, veráns frescos e precipitacións abundantes todo o ano, unha economía basada no sector….. número 8? -Eh?- comenteille estrañado. -Nada, nada. As luces fóronse facendo máis nítidas. Chegamos á vila, na que uns peculiares seres semellaban ser os habitantes. Quixo presentarmos a todos. Para comenzar visitamos o xefe da tribo, un ancián coa cabeza totalmente despoboada. Visto dende lonxe, non sabías se ía ou viña. Recibiunos moi sorrinte no seu miniaturizado palacio. Nada máis vernos, quitou a perruca que levaba (seica as festas patronais andaban preto, e segundo dicían, era un festeiro) e pousouna no colgadoiro do recibidor. Quixo que saísemos fóra a ver o obradoiro, e ao facelo fixeime nunha inscrición na fachada no seu idioma (alas ed seroseforp). Fóra, había unha praza central coas farolas dobradas e a medio caer, e no fondo, o edificio do obradoiro. O obradoiro era antigo, e o seu interior estaba customizado co lema “Bos Non, Grandes”. O seu máximo cargo era un velliño cano, que só tatexaba na letra “p”. Dirixiuse a nós con curiosidade: -PPero quen é esta PPersoa?- dixo con dificultade. -É un visitante- respondeulle o xefe. Os traballadores cesaron a tarefa e atenderon á situación. -Por que falta tanta xente hoxe?- interrogou o xefe ao velliño. -Ahjjj- falou con sarcasmo.- Están de folga estes condenados! Decatouse de que os poucos que quedaban pararan de traballar e alzou a voz, como tal mandamais: -A ver que! Non tedes nada que facer- gritoulles ós traballadores que estaban recortando cousas.

46


Sentíame incómodo. Deille uns golpes na perna ao xefe e entendeu á perfección a miña expresión. -Bueno, ata a próxima, e que non decaia o ánimo- díxolle o xefe. -Que ánimo nin farrapo de gaita! Veña, ide, ide!- respondeu o vello.- Tedes exactamente para marchar un minuto e quince segundos. Voltamos á praza, e mentres me contaban algunhas anécdotas chegamos á ferraría. -Esta é a casa do ferreiro, a verdade é que é un home moi agradable. As malas linguas falan que trafica con tabaco, pero só é un rumor. Por uns días non estará, xa que marchou ao Congo a investigar as súas raíces. Caeu definitivamente a noite, despedinme deles ata o día seguinte. Esperei a que saíse o sol nun claro do bosque a carón da vila. Cheguei ata el en moi pouco tempo e acendín un lume para quentarme, mais de súpeto escoitei ramas romperse e a follaxe moverse. Acerqueime e asomeime entre os arbustos, escoitei alguén que bisbaba: -Yakubu! Para ya!- unha voz rouca falou. -Perdoa mi amo - outra voz distinta. Entón un deles ergueuse e viume: -A ver…. que?- era o primeiro, quedou uns vinte segundos mirándome por riba do ombreiro.¿ Es que no se puede disfrutar ni un solo momento? -Vale, vale dixen.- Xa marcho. -De verdad Yakubu, nos quieren quitar la felicidad como al perro de San Roque el rabo. Quedaba calumniando nun idioma que non coñecía. Volvín abraiado á fogueira, pero outra vez o ruído. Decateime de que non era o mesmo, este viña acompañado dun ruxido. Unha figura xigantesca e espantosa ficou diante de min coa metade da cara na sombra. Difícil recoñecer os seus rasgos. Cunha voz grave e melancólica: -Quen che mandou acender un lume?- dixo cun ton moi triste. -Tiña frío- comenteille cunha voz chea de medo. -Paréceme moi ben….- respondeu coa tranquilidade dun asasino mentres quitaba a roña das unllas.- Que arbore é? -Un car-ba-llo- tremíame a voz. Comezou a falar soa e deseguido vin como as bágoas esvaraban polas súas meixelas. Puiden ver a súa face. Un cabelo escuro coma a noite, unha mirada tan fría coma a mañá e uns dentes que saían fóra da boca. Durante uns instantes deixou de chorar e falou: -Se sabes que son seres vivos, por que os destrúes?- a súa voz entrecortábase co seu pranto, encheuna a furia, bufaba entre dentes. -Pero a louxeira tamén. -Cala!!!!- non me deixou rematar a frase, apertou as mans ata que a punta dos dedos quedou branca. Premeu un botón camuflado á dereita da súa fronte e rapidamente accionou un dispositivo de armamento que sobresaíu do seu corpo. -Vouche explicar o que é isto… Amenceu o día seguinte. Ela aínda seguía falando: -….. se vistes o meu amigo. É importante neste caso entoar con certa retranca… - Non sabía a que viña iso, perdera o sentido, fuxín. Andaba perdido, e decidín preguntarlle a unha árbore parlante. Dirixinme a unha folla. Díxenlle que onde me atopaba. Entón todas as follas da árbore comezaron a barullar e ela díxolle: - Calamos xa?!

47


-Ola?- estrañoume, tiña dous ollos.- Pódesme mirar cando che falo?- non me atopaba coa mirada. Entón unha débil airexa arrancouna e levouna consigo. Non a volvín ver. Desesperado xa, non sabía que facer. Máis adiante atopeime cunha rocha, que tamén, coma a folla, tiña a facultade de falar, iso sí, sen mover os beizos. É máis, emitía unha tenue e celestial luz e pregunteille interesado por que. -Aparecéuseme a Virxe María. -E Xesús. -Non, María. -E Xesús vai aparecer?- insistín. -Non sei, fáltame un dato para calculalo- púxose sarcástica. Cando me decatei, durmíra, e o meu agobio multiplicouse. Seguín camiñando. Maiúscula foi a miña sorpresa cando, uns pasos despois, atopeime no medio dun aquelarre. Unha meiga, co seu pote e cadenciosas, psicodélicas e hipnóticas palabras. -Más cositas- dicía mentres engadía ingredientes á poción. De súpeto, decatouse da miña presenza, e miroume. O seus cabelos movíanse sós. Francamente, semellaba de porcelana. Paseniño, veu cara min, comecei a tirarlle cousas, pero nada. -Mira ti que puntería!- sorría cos brazos cruzados.- A ver, ¿Qué nos cuentas? Non podía ser real, todo carecía de sentido. Abrín a mochila e lanceille auga, libros…Ata que entón, lle mostrei o i-pad que levaba e comezou a derreterse. -¡¡Qué Dolores!!- repetía. Desmaieime coa tensión e nervios. Soñei. Estaba nunha mesa longa tomando té, e á miña beira xente. Unha pantera rosa, unha garza con perilla, unha cabaza, unha muller que cruzada de brazos xiraba uns lentes por unha patilla, un porquiño que non calaba e un vello facendo sopas de letras. -Pónteme alí!-dixo o vello. Mais non vira que na punta de todo estaba un home cunha camiseta que rezaba “fuego brujita” e un piercing, ao que non lle daba seguido a conversa, pois falaba moi rápido. Entón, intentouno escribir nunha pizarra pero a súa letra era ilexible, e aínda enriba tirouna e rompeuna. Tirada no chan unha eiruga cantando “o carro” e fumando. De súpeto chegou a raíña de corazóns, colleu a garza e indignada dixo: -Yo, en verano cierro el chiringuito me voy de vacaciones y ya veis- gritou mentres pechaba os ollos en sinal de anoxo. - Y os digo una cosa, sois, con diferencia, desde la oruga hasta la pantera, los peores comensales que he visto jamás. -Pónteme fóra- dixo a garza. -¡Tú, garza, a la pizarra! - contestou furiosa a raíña. Pouco despois, entre desesperación e agonía, comentábase a morte da garza tras trabucarse nunha resta. Abrín os ollos de novo. Aparecín na vila outra vez. Agora na casa dunha científica. -Valencia do bario 2, entón podemos pór mono ou non, vexamos que di o noso Deus…. A ver… Alonsillo….. pois sen mono- dicía fronte unha pantalla. Espertei á defensiva. Ela decatouse. - ¡Cuánto dormiste! ¡Estás hecho un vago de mucho cuidado! -Onde estou? -¡Ay, Dios mío! Estás en mi laboratorio- respondeu.- Mira que casi nunca traigo gente aquí. Falaba con desgana e algo deprimida.

48


-Que che sucede?- a intriga moveume a comentar. -Pues la verdad, mi último invento, el versorio, no funcionó muy bien- desquitou un pouco a apatía. Tras uns segundos calados, mirei a través da xanela e contemplei a vila. Esperanzado, saín fóra correndo. Atopeime co anano que me atara e pedinlle deseperadamente que me axudara a regresar. -Por favor, axúdame a volver. -Entón, segundo ti dis, desexarías volver á túa civilización, sen contar o prezo da viaxe IVA incluído? -Si- respondinlle. E volveu quedar calada uns segundos. -Exactamente- fíxoo outra vez.- Ven comigo. Levoume de novo á casa da científica. Entramos e ela seguía co seu invento, frotando un pau. -Xa funciona?- preguntou a anana. -¿Lo qué?- dixo a científica. -A “time machine” que andabas construíndo. -¡Ah! Sí, por supuesto. Ahí la tienes. Destapou unha saba e descubriu unha cápsula de metal con decenas de botóns e luces escintilantes. -Axudádeme, levémola fóra.- Os tres á vez transportamos o aparello coidadosamente. Puxemos a máquina no medio da praza, e a anana conduciume ata o interior da cápsula, entregoume algo na man, baixou e deu o sinal. Creceu a expectación. -Laude! Todo listo, non falta ninguén. Mais de súpeto aquela morea de ferruxe pegou un estalido e parou. O xentío deixou caer murmurios colectivos de decepción. -Chamade o ferreiro, el sabe arranxalo- unha voz alzouse entre as demais.- Xa voltou de África. Pouco despois, un home atractivo de mediana idade abriuse paso entre a multitude. Tras ver o panorama: -I can´t arregling- dixo - In the Zaragoza´s University don´t enseñing this cositas. Marchou e volveu segundos despois con outro home de cor. -Yakubu, bota unha man aquí- anuncioulle. Con dous paus longos, fortes e resistentes, tentaron arranxar a máquina, pero non puideron. - Probemos por el agujero de atrás- dixo o ferreiro.- Habrá que engrasar el eje, seguro que se soltó la goma. Entón, de entre a xente, saíu o vello do obradoiro. Sacou un desparafusador e axustou un final de carreira que estaba solto. Achegouse a min e díxome: -Adiante, eres ceibe. Deseguido o populacho invadiu o perímetro de seguridade. Para distraelos, o vello sacou unha guitarra e comezou a cantar. -Veña, Do maior- gritaba- Satisfaction! Na, na, na,na, na…. Estes do PP acabaron con nós… Lucenza e unha forte algarabía….espertei cunha forte dor de cabeza. Estireime e abrín os ollos amodiño, a luz da ventá cegábame e encollía as miñas pupilas feblemente. Escoitei unha voz: Ondas do mar de Vigo…- Estabamos en clase de galego. Mirei o reloxo Casio apoiado na esquina da mesa, aínda quedaban 45 minutos para que a clase rematara. Mirei arredor, vin o desolador panorama, coma se fose aquilo un cemiterio de elefantes. Crucei os brazos, apoieinos na mesa, e intentei durmir de novo. Mais algo no meu peto se movía, busquei, e atrapeino co puño. Púxeno enriba da mesa, era un grilo e que eu lembre en vez de facer “cri cri”: - Trus Trus!.....

49


tesoira

Manobrada O noso actual sistema económico baséase na máxima da austeridade ante todo. Perfecto, sexamos austeros, onde? Funciona? Pois poñámolo en práctica. Dado que non queremos oprimir o noso desaforado nivel de vida baixando o noso soldo, o noso cuantioso soldo, nin meternos cos superiores que nos controlan, con quen nos metemos ? O pobo, si o pobo, esas persoas débiles, sen poder, que farán o que se lles diga. E onde quitamos? Educación, non a precisan, canto menos saiban menos queixas, e nos enfermos, e xa que estamos, no estado de benestar. Si, perfecto, recortemos alí. Merda, necesitamos votos, maldita sexa. Mintamos, non diremos nada, digamos pouco con moitas palabras, xa se darán conta se queren. E cando se dean conta, que facemos? Admitimos que todo está mal ou non? É inevitable, quizais o entendan, pero é máis doado mentir, mintamos. Pensemos, o pobo demostrou anteriormente que non confiaba en que o goberno anterior o sacase do apuro. Teñen razón, fíxoo mal, aproveitémonos. Chamémoslle herdanza, xusto, herdanza, xustifiquemos os nosos erros polos actos do pasado, botémoslle a culpa. E que dicimos daquelas comunidades autónomas asoballadas polo problema do ladrillo, ese ladrillo que promulgou Aznar e que agora se fai notar? Non diremos nada. Ante todo, eso si, austeridade. Recortemos en dereitos, recortemos en funcións, recortemos en explicacións. Omitamos información, non é culpa nosa, aproveitémonos da ignorancia. E aqueles que nos axudaron? Agradecerémosllelo.

50

Á igrexa nin tocala, por suposto, e se podemos ensinar menos, mellor. Que é iso da educación para a cidadanía? Nada máis ca un invento socialista a favor dos homosexuais e en contra de España, cambiémola. Cambiemos o estado, precaricemos o traballo, sempre haberá xente esperando por algo peor, e como escusa, a crise e a herdanza. Catro anos, temos catro anos, e unha maioría absoluta, recortemos e cambiemos, todo á nosa maneira. Sempre haberá alguén que pense que o facemos ben e eses axudarannos e ós que protesten chamarémoslles incultos e antipatriotas porque o noso estado baséase en recortar. Pedro Toboada Rodríguez 3B

*este artigo quere amosar a liberdade de opinión de cadaquén, quen non estaba dacordo co seu contido tivo oportunidade de escribir a súa opinión, mais non a quixo publicar. Tamén diso é libre


Sen calefacción

Xente deambulando por corredoiros coa capa posta? Non, non estamos falando dunha convención de superheroes, senón do que ocorría no colexio a finais de xaneiro. Conxelábanse as ideas, así non podiamos rendir académicamente, aínda que algúns non o fan de ningunha maneira. Rapaces e rapazas tapados por mantas arrastrándoas polos corredoiros do instituto. Na rúa a temperatura pouco subía dos 0°, malia ter dobre fiestra, na clase as cousas non trocaban moito. Non había calefacción, os radiadores estaban pouco máis que conxelados. Os profesores dicían que esaxerabamos pero diso nada, era imposible non tremer co frío. Claro, eles tiñan o seu calefactorciño nos seus departamentos, que queixa ían ter!. Nós nin sequera podiamos levalo xa que podía xerarse un cortocircuíto. Houbo moitas protestas, como as dos nosos compañeiros de bacharelato, que fixeron unha sentada no corredoiro mentres gritaban: "Sen calefacción, non damos a lección". Si, é cousa de risa, pero é una protesta coma calquera outra. E tanto queixarse para que? Para nada. Ó final arregláron a calefacción, si, un mes máis tarde, cando a baga de frío marchara. De todas maneiras, grazas por prestarnos atención, señor director… Carlos Araujo Álvarez

51


OSISTEMAEDUCATIVOACTUALDISECCIONADOCUNHAFRATOGRAFÍA Este debuxo é unha fratografía, unha viñeta cómica que critica a realidade educativa, realizada polo gran Frato. Se vos fixades no debuxo, veredes un grupo heteroxéneo de rapaces que teñen coma única característica común a súa idade. Podedes ver rapaces altos e baixos, en cadeira de rodas ou irtos, con roupas caras ou humildes, brancos ou negros, con boa vista ou cegos... A sociedade actual é así de variada, así de multiforme, e a ningún alumno hoxe en día lle chama a atención o feito de compartir aula con alumnos doutras razas, nacionalidades, estratos sociais ou con necesidades educativas específicas (por ter algún déficit ou incapacidade, por exemplo). Na miña época coma estudante isto era impensable: con aquel sistema educativo non había oportunidades para un alumno que non manexara o idioma perfectamente, non había lugar para alumnos con dificultades de mobilidade, dificultades de aprendizaxe, xordeira, etc. Un dos grandes logros do paso do tempo foi precisamente este: hoxe todo alumno ten dereito á educación. As aulas énchense con rapaces moi variados, e neste contexto a laboura de departamentos como o de Orientación é fundamental: precisamos máis profesores de pedagoxía terapéutica (PT), máis orientadores, máis profesores de audición e linguaxe (AL). É preciso que se invistan cartos na

52

contratación destes profesionais, xa que sen o seu traballo retrocederiamos ós tempos nos que non había unha atención adaptada ás necesidades dos alumnos. Se facemos unha análise do perfil das aulas de centros públicos, centros concertados e centros privados, poderemos observar sen ningún xénero de dúbidas que a medida que o nivel adquisitivo esixido ós pais aumenta, a diversidade por aula diminúe. Isto tradúcese en que nos centros privados non hai alumnos estranxeiros, xitanos, alumnos con déficit de atención e hiperactividade, alumnos con parálise cerebral ou outras doenzas que lles dificulten a aprendizaxe. Todos estes alumnos son atendidos polo ensino público. Os centros públicos axústanse á fratografía que ilustra este artigo: neles hai espazo para todo o mundo, hai oportunidades para todos, a ninguén se lle pecha unha porta. Os cartos do estado e dos impostos dos seus cidadáns sosteñen un sistema que fará o

posible por proporcionar unha educación de calidade, atendendo as necesidades de cadaquén. Por outra banda, os centros privados seguen o funcionamento dunha empresa: mídense polo índice de aprobados por ano, buscan resolver os conflictos que baixen o rendemento medio e seleccionan moito o alumnado que teñen. Non me meto nese sistema, xa que se financia a si mesmo a través de elevadas cuotas mensuais que os pais dos seus alumnos ingresan, pero a realidade humana na que se crían estes alumnos non é real, non saen acostumados a viviren con seres diferentes a eles. Estudan nun gueto con paredes de ouro rodeado por un mundo cheo de espiñas e tebras que tan só arrostrarán cando rematen esta etapa. Agora ben, os centros concertados, que están a medio camiño entre os dous tipos anteriores (isto é algo que eu non comprendo, xa se utilizan fondos públicos para o beneficio dunha minoría capaz de pagar mensualidades máis reducidas cás dos centros privados), tamén seleccionan o seu alumnado poñéndolle trabas de acceso (prazos expirados, grupos pechados con tódalas prazas ocupadas - herdadas, diría eu -, etc).


“neles hai espazo para todo o

mundo”

Non é xusto que cos cartos de todos se paguen servizos que tan só repercuten no beneficio duns poucos. E a educación pública pouco a pouco vai perdendo as poucas vantaxes que tiña comparada coa privada: antes os profesores dos centros públicos eran especialistas na materia que daban, mentres que na privada non existía ese garante. Agora, coa política de recortes da Consellería, tampouco existe no ensino público, xa que non hai personal abondo e coa ampliación horaria do persoal fixo aínda haberá menos profesores, que terán que asumir as horas de docencia que daban os seus compañeiros. Aínda que traballamos con seres humanos - e non con mercadorías - adoptamos o patrón do sistema empresarial, enviando inspectores ós centros nos que o índice de aprobados non é o idóneo, facendo auditorías de departamentos "sospeitosos" de non facer o seu traballo, cuestionando continuamente os compañeiros do departamento de orientación (porque non sempre fan o noso traballo sacándonos as castañas do fogo, segundo aqueles profesores que cren que esa é a súa función, idea que non comparto). Vemos como os alumnos son medidos, tasados, pesados, valorados segundo complexas e ridículas táboas, con termos tan interesantes como mal comprendidos (as competencias básicas, de seren axeitadamente aplicadas, serían unha boa forma de avaliar, e non a quiniela na que se converten en tantas ocasións). A burocracia devora o espazo da imaxinación, a tecnofilia levada ó extremo destrúe o humanismo, e ante todo estamos a traballar cun material enormemente fráxil e sensible: persoas. Non estamos a cortar troncos para facer mesas ou cadeiras, non podemos reducir a multiplicidade das nosas aulas a unha táboa de excel, non podemos aspirar a un cen por cen de aprobados cando os nosos alumnos son cen por cen diferentes entre sí. Os fondos públicos deben redirixirse para o beneficio do maior número posible de alumnos, e xa que existen medidas correctivas para arranxar problemas (os tan temidos expedientes disciplinarios da inspección educativa) fagamos un uso responsable, eficaz, non politizado e humano de todos estes medios. Os nosos alumnos meréceno. Todos. Non so os que manexen cartos. David Rodríguez Rivada

53


APLICADO A PERSOAS CON SENTIMENTOS

Os feitos supoñen decisións. Hoxe, vinte e sete de marzo, aumentan as probabilidades. Supoño que ninguén deduce o que sinto. Trato de falar para separar a razón das palabras, xuraron non levarse ben e cada vez parecen pórlle máis empeño. Sinxelo coñecer teorías, complícase o feito de pólas en práctica, e mais cando non sabes que facer, supoño, que son cousas da idade. Sei que o sorriso non é relativo á bágoa. O querer agocha un grazas absurdo que poucos teñen a ocasión de experimentar. Quen sabe, xogar co que un sente é arriscado, mais mirar aos ollos cando se mente é o doado, é un feito pouco esperanzador en relación ao grao de madurez dunha persoa. Acabaremos por endebedar a ideoloxía. Emboscada á seriedade. Tolos, mundo de loucos. Parabéns, sociedade. De que vale querer se non coñeces as intencións fronte a ese recoñecido sentimento chamado amor? Non merece a pena embriagar a mirada. Son deducións de madrugada das que sen sabelo sacas

algo produtivo. E é nese recuncho dentro de min, onde afogan as ilusións e se fabrican burbullas de soños, onde Chuck Berry e Jerry Lee Lewis distraen amablemente a miña atención, onde só existo eu e as miñas ideas, onde o día empeza pola noite, as cancións soan polo final e os calcetíns fan de luvas. O meu segredo? Pois ese lugar é onde nacen as miñas decisións, aberto as vinte e catro horas do día para consultas sen sentido. Porque tratei de calar o silencio, e ao acabar pregúntome a min mesma por que non o conseguiría, e o único que atopei por aquí dentro foi un sinxelo “equivoqueime”. Non o asumín. Perdinme na cordura. Pero sabedes que? Ata nese momento a palabra sensatez boteina de menos. E neste momento non é que sexa cedo, tampouco é tarde, pero sinto que aconsellar sen aplicarse o feito, é certamente surrealista. O meu interior, agora está en etapa de posguerra, estanse calmando as cousas despois da feira de sentimentos que trouleou o meu corpo. Interrompede por un intre o que esteades imaxinando e pensade nos erros, na segunda opción, na segunda persoa, no segundo final, ou simplemente nun perdón que faga recapacitar, porque nunca é tarde para asumir un erro e, aínda menos, para ter vergoña de desculparse… Alejandra Franco Álvarez 3º ESO A

54


CANDO A AMIZADE FALLA, O AMOR DOE E AS PALABRAS MATAN

Levántate, ponte guapo tan só para joder á que puido terte e non te ten, para sorprender as que te coñecen e, por que non?, as que non te coñecen tamén. Síntete o mellor de todos. Síntete sexy. Cando haxa un rumor sobre ti, sexa verdade ou non, vai coa cabeza ben alta. Sempre. Non mires aquel que non o mereza. Fíxate en detalles, pero non te obsesiones cos sinais. A palabras necias, oídos xordos. E ós capullos, nin o oído, nin a palabra, nin a mirada sequera. Cero. Que se fodan. Recoñece os teus erros, demostra que te arrepintes, aprende deles. E con iso non terás nin que mencionar a palabra “perdón”. ¿Por ocultar? Ocúltao todo; minte, nega, invéntate, terxiversa. Pero só dos teus asuntos; dos dos demais, que se encarguen eles. ¿Polos amigos verdadeiros? Dáo todo, minte, arrisca, engana, perdoa, axuda, escoita, fala, cala, ri, chora. E eles farano por ti. Escoita música todas as noites, ata quedarte xordo. Baila diante do espello, da forma que sexa, pero baila, como se ti foras o protagonista dese concerto no que están todas as personas que queres e que odias, a túa moza, as túas pretendentes, as túas ex… Salta enriba da cama, desfaina e despois vólvea a facer. Come xeado, en cantidades agroindustriais. Mánchate, se feliz na rúa, na túa casa, no colexio, nas tendas, no médico. Esquiva os obstáculos con serenidade. Acepta as situacións. Disfrázate no carnaval. Xoga. Corre. Respira fondo. Ponte eufórico. Bica a maioría de persoas que poidas. Ri coma un tolo. Emborráchate. Limpa o teu cuarto. Ama o chocolate. Deixa que pensen que estás tolo. Canta na ducha. Desobedece. Rompe a dieta. Mira o reloxo… son as 4:36 da mañá. Saca fotos. Monta en bici. Repito... xoga. Fúgate das clases. Estuda.

Aproba. Fai folgas. Non deixes que che rouben os teus dereitos. Fai dano… non moito, pero faino. Cáete dunha cadeira. Come mandarinas. Moitas. Practica o teu deporte favorito. Planta unha árbore. Recorda cancións vellas. Bota miradas pola rúa e chisca o ollo a persoas descoñecidas. Fai esperar. Cae en soños profundos. Aprende unha coreografía, ou mellor, todas as que vexas. Volve a casa ás 10 da mañá, e con compañia. Túmbate no sofá e pon "La vida es bella". Le un libro enteiro. Viaxa. Non sintas bolboretas no estómago. Sinte voitres. Chora. Cre no karma. Ten sexo. Todo o que poidas. E como se non houbera mañá. Vive igual que un xeo polas costas, un bico detrás da orella, o sushi, un gol do teu equipo… ou do contrario. Igual que morder unha guindilla, bicar beizos descoñecidos, a túa canción favorita... ou a que máis odies. Despeitéate. Abraza todos os que queres. E os que non queres, que iso fode máis. Vive no teu soño. Un final feliz. Pasa de problemas. Monta en globo. Escribe un libro sobre a túa vida e sorrí a todo o que pase ó teu carón. Esquece, ama, sufre, e ama outra vez. Porque a vida é así; tropezas, levántaste, e volves a tropezar. Pero vólveste levantar... Carlos Araujo 3ºA

55


AFRICA 13 DE MARZO DO 2012

Si, é que por moito que o intento non dou, o peor é que non sei nin eu mesma o que necesito para poder facelo. Fíxeno máis veces, esta vez é diferente, é como se nunca escoitara esa palabra, ese verbo da primeira conxugación. Creo que é porque fun perdendo pouco a pouco aquela fortaleza e a boa actitude que algún día tiven, e iso é porque en realidade todo é unha coiraza que se vai formando a través de problemas que, sendo un pequeno grao de area, se convirten nunha gran montaña que medra e medra sen parar ata que eu non aturo máis! Decídome, sei que esa dor non vai solucionar nada, que simplemente me prexudicará, pero alomenos por uns intres céntrome nela, nesa dor en concreto e non en todas as demais. Nese momento só estamos el, o baño e mais eu. Os tres xuntos sen saber que facer, pero chega un momento no que a tentación é tan grande que os meus dedos soben polo meu pescozo pouco a pouco ata que, sen saber como, introdúcense na miña boca, prodúcenme náuseas. Segundos despois encóntrome de xeonllos cos meus dedos no máis profundo da miña gorxa e vomitando, soltando todas as tonterías dese día, cada segundo mal usado, cada palabra sube polo meu esófago ata a boca, e aí todo é expulsado. E SI! Hai dor. Noto pouco a pouco o ardor en todo o meu corpo, en todo o meu interior, pero iso non é o que importa, agora ao que verdadeiramente lle dou importancia é que neses breves minutos non penso, neses momentos a miña mente paralízase, só me concentro en soltalo todo. Que si, que sei que voltará, pero dime: ti non o farías no meu lugar? Porque sei que non está ben, sei que repercutirá gravemente no meu corpo, na miña mente, pero, son tantas malas cousas ao longo do día, tantos malos pensamentos, tantas mentiras, tantas escusas que tragar que...unha vez aí dentro molestan, non se paran de mover, de facerme sentir culpable por algo que nin sequera eu mesma comprendo, de momento prefiro deixalo estancado e non volver a tocalo ata que todo ese vómito desapareza, ata que os meus dedos non teñan a maldita necesidade de volver a percorrer o meu pescozo para introducirse de novo na miña boca! Isabel Aguiar Vega 3ºB

56


MAL DE AMORES

Por sorte, a súa nai só a viu de costas, doutro modo teríase decatado deseguido de cal era o seu verdadeiro problema. Xa non se vía bonita, xa non se arranxaba, xa non saía da casa, non durmía, nin comía. O único que facía era escoitar esa canción que tanto lle lembraba a el. Mal de amores. Non quería chorar máis, non ía facelo máis. Ela mesma sabía que o ía conseguir, tiña moi claro que non se ía dar por vencida. Moita xente preguntáballe como podía ser tan forte con todo o dano que lle fixeran. Tanto dano que nin ela mesma se explicaba por que seguía alí, sen recibir nin un sorriso a cambio. “A xente adoita facer dano, pero mentres eu saiba perdoar e esquecer non penso terlle rancor a nada nin a ninguén'', contestaba ela sempre secándose as bágoas dos ollos e quedando con todo o rímel entre os seus dedos. Sabía que aínda que o seu sorriso estivese canso non ía perdelo por nada do mundo, ía loitar por todo aquilo que merecía a pena e ía deixar de lado todo aquilo que a torturou durante meses. Era un mal de amores. E non se cura facilmente. Non existen médicos que poidan receitar menciñas, nin pílulas para atoparse mellor. Nin vacinas. Nin remedios. Non se sabe canto tempo pasará. Nin sequera sabes o que pode chegar a doer se non experimentas esa propia dor. Só o tempo a cura. Moito tempo. Cris Niño Rodríguez 3ºB

57


SOIDADE

DEIXANDO PEGADA

Ola soidade, estou novamente aquí, non te preocupes, non viñen con ninguén, podes falarme dese problema que tes comigo, teño que pedirche perdón por utilizarte esas veces que me sinto soa, pero é que necesito unha aperta na miña alma, vexo que ti es a única que me acompaña e pode entrar na miña mente, non quero amargarte coas miñas cavilacións, pero é que hoxe, unha vez máis, necesito estar contigo. Marlén García 3ºB

Cada persoa existe no mundo para deixar pisada noutras. Un beixo, unha mirada, un aloumiño… Moitas veces deixa pisada cando se acaba a súa vida , deixa que vivamos do recordo, permítenos chorar ou sorrir con momentos inesquecibles do seu paso pola terra, ensínanos a ser máis fortes... Os golpes psicolóxicos que nos chegan de súpeto da xente que queremos, esa que está ao noso redor, no noso contorno, na nosa vida, ás veces fannos máis fortes, As ensinanzas que nos regala a vida axúdannos a ser como somos, deixando pegada en nós. Marlén García

58


AQUEL QUE ESPREITABA OS FENTOS

Sempre quixo subir por riba daqueles muros de pedras vellas. Onte aínda Tiña tres xílgaros de tea, dentro dunha gaiola de era verán, e pagaba a pena madeira. E dentro da gaiola xunto cos xílgaros unha afogar as penas nun vaso de nube, para que as aves a ulisen e lle cantasen o alcohol, queimar as nubes e arrecendo a bicos de limón. contar ovellas. O sol cruzaba o ceo Metros de fío caían. Agullas e sal. Tres e morría no meu tellado, arrastrando lapas de azucre voaron da gaiola e pesarosas as sombras dos rebos. despois, ceibes. Nada podía Os espellos e as bágoas, o ceo era o cambiar no noso mundo, pero único que choraba. As persoas eran as que xogaban sucedeu. coa mente, e non a mente a que xogaba coas Viaxou en globo ao mar. Chegou á persoas. praia, e alí cen mil paxaros recollérona. Hoxe as árbores morren tristeiras desangradas, e Cando a noite veu e a terra fíxose escura, os un cuarteto de corda toca unha marcha paxaros alzaron o voo e comezou a elevarse. fúnebre para acompañar. Déspotas, altivos Pechou os ollos e sorriu, sentíao. A lúa, e fachendosos agora empáticos, quizais. arrepentidos e humillados, son aqueles Coa súa luz os paxaros fóronse esvaecendo, ata que hoxe buscan desesperados converterse en escintilantes latexos estelares. cousas que non atopan, perdidas no Permaneceu flotando por riba da superficie un tempo, e tempo. O mundo é unha máquina non volveu abrir os ollos. Perdeu ese raro costume de miserrimamente imperfecta, cando as vivir. persoas se refuxian na sua crenza para Mira as estrelas, as escuras nubes xa non arden, e ignorar o presente. o sol non sae para que non deixes de contar os Redes crueis e desalmadas, non segundos. cesaron a persecución na súa contra. O Ás veces observo o ceo, e vexo cen mil estrelas poderoso mecanismo da alma humana con ás. Levanto as cellas e os beizos e recordo chocou frontalmente contra o mapa que a con certa nostalxia. De que me sirve recordar historia impuxera previamente. A ilusión pode se o que non podo é esquecelo. volverse de contado unha carga pesarosa. Os sorrisos dos elefantes son sinceros, os Levareille nubes de algodón á tumba, e coellos miran a hora en rexios reloxos de pensamentos que engulisen os seus soños, os corda pero chegan tarde, miran outra vez e seus desexos. O tempo esperaría por min, volven gardar o tempo en chaquetas de ante. esquecérase de recordalo. Hoxe vivo en catro castelos, e sei que en Levareille escara vellos de prata, máis calquera momento poden virse abaixo, pois pombas de marfil sedoso. Follas de son de area. Onte aínda era verán, e para inverno e neve de agosto, para que o aproveitar o día quixen ir ao mar. Fun en vento amarelo e espeso a arrole. Soñara globo, así gañaba tempo. A area estaba con cen mil paxaros e un globo de aire morna, e os meus pes descalzos afundíanse que a leve ata o mar. Sempre soñara nela. Arrecendía a mazás doces e vermellas. con tecer once camisas de silveiro. Os soños vivían nun lugar á parte ese día, Devecía por ver voar o queixume dos mais tres destes cruzaron o ceo voando. pinos preto do sol. Sempre quixo ir ao Non tiña escara vellos de prata, collín as nubes mar, e mirar ó ceo acostada no de algodón e lanceinas á auga. Recordo que chan. Construír catro estaba fría e algo salgada. Quizais como ela castelos de area quería. Estaba esperándome, e alegrouse moito para ela soa, e ao verme. vivir días neles O sol non se puxo ese día, quedou esperándome ata que a choiva no tellado, para contar xuntos os segundos que os derrumbase. Foise pasaban, e que durante unhas horas fomos quen esquecendo, as cousas nunca son coma de deter, e poder facer do ceo o mar de acougos que un as esperaba, e non cambian aínda que sempre desexou. sigas esperando, unha vida non chega. Miguel Franco Álvarez 3ºB Sempre quixo morrer no mar. 59


?

CIA

DI E LE

RD

LOR

NON

EL ÉM

RA CHO

Eu son das típicas persoas que pensan que hai que sorrir aínda que o día non sexa o mellor, non hai mal que por ben non veña, non si? Que se nos atopamos unha pedra no longo camiño da nosa vida, non hai que pararse nin apartarse. Hai que saltala e sorrir ó facelo, e así sentirse ben, e con forzas para repetir o proceso unha e outra vez. Ao final o resultado non é unha vida perfecta, pero si leda. Son das que pensan que non fomos creados para abandonar á mínima de cambio, senón para sermos felices e facer deste o noso mundo, un mundo no que haxa moitos sorrisos, bos actos e agarimo. Das que pensan que si, que hai que ser feliz e deixar de estragar a vida por tonterías sen importancia, que está ben chorar, pero... non é mellor facelo de ledicia? Patricia Porto 3ºB

60


DÚAS

PALAB R

AS, OIT O LETR

Escápaselle. Harry insiste en que llo diga. Ela non quere, non é quen de facelo. Harry séntase nun banco. Sen decatarse, ela comeza a dar voltas ao seu redor. De súpeto, Harry tira do seu brazo e séntaa no seu colo. As súas facianas quedan perigosamente preto, pero ela ensínalle o pequeno anaco de texto. Harry leo. Ela non o soporta e séntase ó seu carón dándolle as costas. Harry insiste en que ela llo diga en alto. Ela négase, pois comeza a pensar: ‘’non o conseguirei’’. O seu corazón está a punto de saírselle pola boca. Dos seus ollos comezan a nacer bágoas. Ten medo a dicilo en voz alta. El comeza a consolala. Entón para de chorar e pronuncia: “Comezar de novo, sen rancores, sen pasado, comezar de cero”. El míraa e ela segue a falar: “Acaso dicilo en voz alta cambiou algo?”. Harry achégase á súa faciana e míraa intensamente ós ollos e ela di: “Dúas palabras, oito letras, tres sílabas”. El non comprende o que ela lle está a dicir. Ela sorrí: ‘’Te quiero’’.

AS, TR

ES SÍL

ABAS

“E iso... Que quere dicir?” Pero el non responde. Vólvea a bicar. Acomódanse no banco. Apoiada nel. A ela parécelle todo tan irreal e confésalle que non o cre. Quere que el lle diga esas dúas palabras. El faise de rogar. Ela insiste pedíndolle que lle diga que a quere. Ela quere oílo da súa boca. Entón el abrázaa forte. Pon os seus beizos na orella dela. Miran os dous ó fronte e coma un suspiro bísballe: ‘’Te quiero’’ Ninguén sabe se ese ‘’Te quiero’’ foi sincero. El nunca o dixo, pero o que importa é que naqueles intres ela foi feliz. Sofía González Justo 3ºA

Soltouno, por fin! Harry retíralle o pelo da súa faciana e dálle un bico, un bico cálido,un bico que lles costa terminar, pero ela quere unha resposta.

61


O que Iván me regala

Cada día que podo, cada día que este mundo infernal de présas e timbres, este mundo de importantes coñecementos e excelencia académica, cada día que non afogo nunha marexada de sinsentidos, cada día que chega a ser marabilloso aprendo de Iván aprendo dunha ollada pausada, lenta, doutro modo de ver e de reaccionar, devagar, devagar, -Veña, Ivan, apura que tes que rematar!... descúbrome moitas veces dicindo, ...e no fondo o que me gustaría é compartir ese momento noutro lugar, sen reloxos, sen timbres, sen aulas, un lugar onde observar, aprender e sentir as cousas de verdade, como mas fai sentir cada aperta súa de corazón cada debuxo de Ivan é unha lección, descóbreme un mundo diferente, MELLOR nese mundo os castelos son tan enormes que nin caben no papel, unha letra B convírtese nalgo marabilloso, único, xenial, algo que case ninguén sería quen de realizar, porque buscamos a perfección e non nos damos conta de que non existe, que si existise (como di Estevo) o mundo remataría, porque xa non teriamos nada que buscar, e vivir deixaría de ter sentido.

62


Entre eses debuxos xeniais aparecen estes dous que aquí vedes, e que poderían resumir todo o sentido da vida, de feito poderiamos marchar para casa, porque non hai nada máis que ensinar. A árbore robusta, sólida, firme, as pólas, a copa, o verde, a madeira. A terra e o ceo como parte do universo, como o propio universo que se asenta e que viaxa, acoutado e infinito, revirado, desequilibrado con todo o seu peso que é o culmen do equilibrio, como unha persoa que é o que ten que ser, o que todos deberiamos chegar a ser, isto é o real e andamos lonxe de acadalo porque pequenas necedades nos distraen E logo a viaxe, a viaxe de vermello que nos transporta a eses momentos de felicidade nos que por desgraza escapamos dunha monotonía que nos afoga, porque xa non sabemos viaxar sin desprazarnos físicamente, porque o diario se nos fai cru. Esa nave nos leva a todos, non hai límite de prazas, as ventás altas nos protexen e permiten que vaiamos descubrindo o mundo ó que nos diriximos, felices agardando o mellor. E gustaríame que nos levases un pouco contigo, que te sintas acompañado, que poidamos compartir, ainda que sexa en espírito, contigo esa experiencia, e que nos fagas sentir tan felices como ós que ollamos para ti e recibimos esas apertas, e aprendemos todo o que ti, tan xeneroso nos ensinas perdoa se non fomos capaces de aprender máis quérote

Víctor Rodríguez Romero 63


ATA LOGO

Seis anos xa.... parece que foi onte cando entramos por esa porta por primeira vez. Aínda podo lembrar aquel primeiro día no que tan só era un neno, un neno asustado, con ganas de comer o mundo, cargado de libros, mirando en todas direccións, en busca da miña primeira aula, que sería o primeiro paso cara á madurez. Este enorme edificio dábame medo, ¿e se me perdo? Pensaba eu naqueles primeiros meses. Foron moitas as aulas polas que pasamos, aulas que arrolaron as nosas vivencias, as nosas vitorias e as nosas derrotas, aulas cómplices das nosas trasnadas, que non foron poucas, pupitres e paredes que soportaron todo o noso alboroto. A medida que avanzabamos, iamos descubrindo novas formas de pensar, de expresarnos, iamos vivindo novas experiencias e gardando no poeirento baúl dos recordos todas aquelas persoas que marcaron a nosa época de ignorancia pueril. ¿Quen non lembra aquelas clases de francés co Lamas? ¿Quen non lembra aquelas míticas frases do profesor de plástica? ¿Quen non lembra un exame no que tivo que botar unha ollada ao folio do compañeiro? ¿E as liortas en clase por culpa dos faladores? Son moitos os pequenos momentos que permanecen gravados na memoria de todo estudante. Agora, cando estamos a un paso de conseguir a tan ansiada madurez, xiramos a vista atrás e observamos a nosa pegada, vemos as persoas que un día pasaron a formar parte de nós, aqueles amigos que un día se foron, aqueles compañeiros que se quedaron polo camiño e aqueles profesores que un día che entregaron o máis prezado que tiñan: sabedoría. Eles, os nosos profesores... ¿Que dicirlles?

64


Foron tanto nesta etapa da nosa vida, que sería imposible intentar agradecerlles cada un dos seus xestos e das súas palabras de ánimo nesta despedida. Loitaron por nós, polo noso futuro e seguirán velando por nós cando xa non esteamos aquí. Moitas grazas a todos, ao profesor de historia, César, por facer moito máis amenas e interesantes as súas clases de historia coa súa maneira e co seu punto de vista de ver a historia; ao de filosofía, Eloi, por mergullarnos nese mundo das “Ideas” e por esas discusións sobre este mundo, que agora nos espera, que é a pura realidade; á de lingua castelá, Mª José, por toda a paciencia, sempre cun sorriso na cara, sempre atenta a nós; á de inglés, Isabel, por aguantar os nosos problemas de clase e non desesperar xamais; ao de galego, Suso, polas súas clases tranquilas e sobre todo polas fotocopias de balde que se agradecen; ao de matemáticas, Antonio, por darnos unha lección sobre o importante que é o traballo diario e polos seus momentos humorísticos; á de física, Nuria, por facer da física unha cousa fácil, sempre cos seus exemplos tan característicos, como os das tortas; ao de tecnoloxía, César, que dicir del, profesor meu dende hai catro anos, dende o primeiro momento admireino moito, sempre me quedarán aí marcadas as súas clases, as mellores sen dúbida, grazas por todo o empeño que puxo en nós, grazas por facer da hora de tecnoloxía unha hora á que acudimos con ganas, ganas e interese, que el nos transmitiu con cada unha das súas clases, espero que sexan moitos os alumnos que gocen coas súas palabras; e a todos aqueles que un día se soltaron da nosa man para seguir o seu propio camiño, grazas. Dar grazas a todo o equipo directivo, ao actual e ao que nos deixou este ano atrás, que durante estes anos me apoiou ata chegar a ser presidente de alumnos e representante do Consello Escolar, do cal, este ano, me despido moi agradecido.

É curiosa a contradición que se nos formula. Contradición porque as despedidas adoitan ser tristes, debido a que alguén se vai. Pero nós celebramos o final dunha etapa da nosa vida e as celebracións adoitan ser alegres. A vida é así, chea de enganos como este. O mundo no que nos movemos diariamente oscila entre a realidade e a fantasía; a realidade dos exames e a fantasía que supón soñar co futuro que nos espera ao saír do instituto e empezar a universidade. Aínda que, ás veces, é difícil decantarse pola realidade cando a fantasía é moito máis levadeira. Sabede que isto non é unha despedida, é algo así como un ata l o g o , o q u e irremediablemente significa que haberá unha próxima vez, que un día, cando pase o tempo, volveremos encontrarnos todos e cada un de nós e recordaremos este momento como único, como o día no que deixamos atrás a nosa nenez e nos introducimos nese mundo no que a independencia é a raíña de corazóns. Espero non deixar nada no tinteiro e que cada unha destas palabras sexan un tesouro para todos vós. Agora, é hora de coller a mochila, gardar as nosas ganas de loitar, o valor e a coraxe e embarcarnos na nova e emocionante viaxe que nos regala a vida a través da universidade. Conseguímolo. Xa o somos. Xa somos maiores. Conseguimos facer realidade o noso soño, porque comezamos sendo nenos que querían ser adultos e agora somos adultos que non queren deixar de ser nenos. David Álvarez Álvarez 2ºBach B

65


Dese単ando

66


a

n d

o . . .

67


organiza: Carme Rivero Gallego, Coordinadora do Equipo de Dinamización Lingúística do IES Xesús Taboada Chivite de Verín Coordinado e Deseñado polos Grupos de Deseño Gráfico Dixital: 3ºA: -Coordinadora: -Textos: -Equipo:

-Fotografía: -Equipo:

-Maquetación: -Equipo:

Carla Guerra González Alejandra Franco Álvarez Ana María Añel Prieto Carlos Araújo Álvarez Arcadio Álvarez Zurbano Alba Fernández Hernández Cristina Cannabal Arias Andrea Barreal Morales Lucía Boo Blanco Sofía González Justo Andrea Limia Sánchez IvánFeijóo González Miguel Franco Álvarez e Pablo Larrayoz López Manuel ÁngelAlberdi García Yago Franco Salgado Abel López Atanes Roi Gómez García Cristina García Campos

3º B: -Coordinadora: -Textos: -Equipo:

-Fotografía: -Equipo:

-Maquetación: -Equipo:

Marta Rodríguez Barreira Vanesa Cordeiro González e Patricia Porto González Marlén García de Jesús Miguel Lozano Meiriño Estefanía Silva Núñez Cristina Niño González e Andrea Pérez Vega Benito Rodríguez López Pablo José Calvo Mario Rocamora Penín Isabel Aguiar Vega Antonio Teixeira Fernández Yaiza Martínez Garijo Eva Pérez Pérez Samanta Rodríguez Álvarez

* os textos aqui escritos son froito das visións, intereses e opinións dos seus autores, diversas, reflexo dunha comunidade plural e con liberdade de pensamento, e en ningún caso feitos coa intención de ferir ningunha sensibilidade. Coordina os equipos de traballo: Víctor Rodríguez Romero. Agradecer o apoio neste traballo de Isabel e Marita, que souberon estar nos momentos clave.

68




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.