Filosofía 2016 17

Page 1

I.E.S. TABOADA CHIVITE

PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO FILOSOFÍA

CURSO ACADÉMICO 2016-2017

1


I- INTRODUCCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

O departamento de Filosofía do IES Taboada Chivite no curso 2015-2016 está constituído unicamente por un profesor:

ELOI ANTÓN DOMINGUEZ DELGADO , (Xefe de Departamento)

que se fará cargo das materias que a continuación se relacionan, e dacordo coa distribución e cos horarios que, integrados na memoria do Centro, están en poder da Dirección e da Xefatura de Estudio:

FILOSOFÍA de 1º de Bacharelato. (tres grupos) FILOSOFÍA II (HISTORIA DE LA FILOSOFÍA) 2º BACH. (1 grupo) PSICOLOXÍA DE 2º DE Bacharelato. (1 grupo) 

LIBROS DE TEXTO SELECCIONADOS para este curso son:

No presente curso 2016-2017 dedidimos seguir coa praxis de elaborar apuntes do propio departamento nas asignaturas de FILOSOFÍA e de HISTORIA DA FILOSOFÍA . Na asignatura de Psicoloxía (2º de Bach.) decidimos recomendar o libro de texto editado por XERAIS: 2 Psicoloxía de Eva Garea Traba e Miguel Vázque Freire

FILOSOFÍA . 1º de BACHARELATO

I INTRODUCIÓN Entre as capacidades que o Bacharelato ha de desenvolver nos alumnos, hai tres que se inscriben na finalidade formativa que dito nivel de estudios establece. 2


En primeiro lugar, a de consolidar unha madurez persoal, social e moral que lles permita actuar de forma responsable e autónoma. En segundo lugar, analizar e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo e os antecedentes e factores que inflúen nel. En terceiro lugar, comprende-los elementos fundamentais da investigación e do mundo científico. Ademais, como obxectivo común a tódalas materias, trataríase de fomenta-la participación solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.

A historia dos problemas filosóficos é unha das raíces máis significativas na constitución do noso presente. O ensino da actividade filosófica supón dotar ós nosos alumnos dunha equipaxe crítica fundamental para analizar e enxuiza-las preguntas que lles presenta a realidade. A ciencia e a técnica teñen na nosa circunstancia vital un papel dominante. Só unha comprensión a fondo do fenómeno científico e tecnolóxico fai posible ser cidadán activo no diálogo social e político que ha de conforma-lo noso mundo.

A filosofía é un modo de saber racional peculiar -distinto das ciencias e doutros saberes- que se vai construíndo ó longo da súa historia facendo unha «reflexión radical e crítica» sobre os problemas específicos referidos á totalidade da experiencia humana. Un curso introductorio debe proporcionarlle ó alumnado unha visión coherente da filosofía e esixe a consideración integral dos seus problemas estructurais, sen limitarse a reflexións illadas sobre cuestións inconexas que poidan privilexiar partes da materia en detrimento doutras igualmente relevantes, porque só deste modo o alumnado pode facerse cargo do que significou e significa a filosofía como saber arredor da totalidade. Dado que a introducción nesta materia se pode realizar desde calquera consideración sistemática, o profesorado pode adopta-la perspectiva que lle pareza máis oportuna, pero o esencial para que a filosofía cumpra coa súa función integradora, neste período de formación da persoa, é que lle dea ó alumnado unha visión coherente dos problemas filosóficos da experiencia humana e dos seus distintos intentos de solución. Con esta finalidade introducirase o alumnado na linguaxe dos textos filosóficos.

Coa filosofía, como materia do bacharelato, pretendemos que o alumnado sexa capaz de: 3


* Adquirir unha actitude reflexiva e crítica creándolle o hábito da análise rigorosa das ideas, feitos ou valores. * Utiliza-la capacidade de pensar de modo coherente, usando a razón como instrumento de análise, diálogo e persuasión. * Habituarse a pensar de modo autónomo, adoptando unha actitude persoal ante os problemas. * Integrar nunha visión de conxunto a diversidade de coñecementos, crenzas e valores. * Valora-la capacidade normativa da filosofía como instrumento de transformación e cambio.

Para cumprir estas funcións, neste curso introductorio, a materia deberá dota-los alumnos dunha estructura conceptual suficiente de carácter filosófico. Débese adoptar unha actitude crítica e reflexiva; dotarémolos de criterios axeitados para esixirlle ás teorías ou feitos -de modo especial ós feitos sociais- un grao suficiente de evidencia ou necesidade; deben aprender a usa-la razón, deberán coñecer, alomenos de modo práctico, as principais regras da lóxica; deberán pensar de modo autónomo, aprendendo filosofía á vez que filosofan, débeselles esixir que traten de fundamenta-lo que digan ou escriban... A filosofía debe servirlles para acadar unha concepción integrada do seu mundo, debe proporcionarlles unha visión global do papel que desempeñan os distintos saberes e crenzas, e tamén da organización sistemática do propio pensar filosófico.

4


II CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE. CONCRECIÓN DOS

ESTÁNDARES

DE

APRENDIZAXE

AVALIABLES A materia contribuirá ao desenvolvemento das seguintes competencias clave Comunicación lingüística (CCL). Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT). Competencia dixital (CD). Aprender a aprender (CAA). Competencias sociais e cívicas (CSC). Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE). Conciencia e expresións culturais (CCEC

Estes perfís competencias serán avaliados mediante a seguinte relación (en correspondecia cos contidos de estándares de aprendizaxe: Bloque 1. Contidos transversais 

FIB1.1.1. Analiza de xeito crítico textos pertencentes a pensadores/as destacados/as, identifica a problemática e as solucións expostas (distinguindo as teses principais e a orde da argumentación) e relaciona os problemas propostos nos textos co estudado na unidade, e/ou co achegado por outros/as filósofos/as ou correntes, e/ou con saberes distintos da filosofía. FIB1.2.1. Argumenta e razoa as súas opinións de forma oral e escrita, con claridade e coherencia, e demostrando un esforzo creativo e educativo na valoración persoal dos problemas filosóficos analizados. FIB1.3.1. Selecciona e sistematiza información obtida tanto de libros específicos como de internet, usando as posibilidades das novas tecnoloxías para consolidar e ampliar a información. FIB1.3.2. Elabora listas de vocabulario de conceptos e comprende o seu significado, aplícaos con rigor e organízaos en esquemas ou mapas conceptuais, táboas cronolóxicas e outros procedementos útiles para a comprensión da filosofía. FIB1.4.1. Elabora con rigor esquemas, mapas conceptuais, táboas cronolóxicas, etc., amosando a comprensión dos eixes conceptuais estudados. Bloque 2. O saber filosófico FIB2.1.1. Recoñece as preguntas e os problemas que veñen caracterizando a filosofía desde a súa orixe, comparando coa formulación doutros saberes, como o científico ou 5


o teolóxico. FIB2.1.2. Explica a orixe do saber filosófico diferenciándoo dos saberes prerracionais, como o mito ou a maxia. FIB2.2.1. Identifica, relaciona e distingue as vertentes práctica e teórica do labor filosófico, así como as disciplinas que conforman a filosofía. FIB2.3.1. Recoñece as principais problemáticas filosóficas características de cada etapa cultural europea. FIB2.3.2. Expresa por escrito as teses fundamentais dalgunhas das correntes filosóficas máis importantes do pensamento occidental. FIB2.4.1. Comprende e usa con rigor conceptos filosóficos como razón, sentidos, mito, logos, arché, necesidade, continxencia, causa, existencia, metafísica, lóxica, gnoseoloxía, obxectividade, dogmatismo, criticismo, etc. FIB2.5.1. Le e analiza de xeito crítico fragmentos de textos breves e significativos sobre a orixe da explicación racional e acerca das funcións e as características do pensamento filosófico, pertencentes a pensadores/as, que identifiquen as problemáticas filosóficas formuladas. Bloque 3. O coñecemento FIB3.1.1. Identifica e expresa de xeito claro e razoado os elementos e as problemáticas que implica o proceso do coñecemento da realidade, como é o dos seus graos, as súas posibilidades e os seus límites. FIB3.2.1. Coñece e explica teorías acerca do coñecemento e a verdade, como son o idealismo, o realismo, o racionalismo, o empirismo, o perspectivismo, o consenso ou o escepticismo, e contrasta semellanzas e diferenzas entre os conceptos clave que manexan. FIB3.2.2. Explica e contrasta criterios e teorías sobre a verdade, tanto no plano metafísico como no gnoseolóxico, usando con rigor termos como gnoseoloxía, razón, sentidos, abstracción, obxectividade, certeza, dúbida, evidencia, escepticismo, autoridade, probabilidade, prexuízo, coherencia, adecuación, consenso, incerteza, interese, irracional, etc., e construír un glosario de conceptos de xeito colaborativo, usando internet. FIB3.3.1. Analizar fragmentos de textos breves de Descartes, Hume, Kant, Nietzsche, Ortega y Gasset, Habermas, Popper, Kuhn ou Michel Serres, entre outros. FIB3.4.1. Explica os obxectivos, as funcións e os principais elementos da ciencia, manexando termos como feito, hipótese, lei, teoría ou modelo. FIB3.4.2. Constrúe unha hipótese científica, identifica os seus elementos e razoa a orde lóxica do proceso de coñecemento. FIB3.4.3. Usa con rigor termos epistemolóxicos como indución, hipotético-dedutivo, método, verificación, predición, realismo, causalidade, obxectividade, relatividade, caos e indeterminismo, entre outros. FIB3.5.1. Extrae conclusións razoadas sobre a inquedanza humana por transformar e dominar a natureza, póndoa ao servizo do ser humano, así como das consecuencias desta actuación, e participa de debates acerca das implicacións da tecnoloxía na realidade social. FIB3.6.1. Analiza fragmentos de textos breves e significativos de pensadores como Aristóteles, Popper, Kuhn, B. Russell, A. F. Chalmers ou J. C. Borrón, entre outros. FIB3.7.1. Identifica e reflexiona de forma argumentada acerca de problemas comúns aos campos filosófico e científico, como son o problema dos límites e as posibilidades do coñecemento, a cuestión da obxectividade e a verdade, a racionalidade tecnolóxica, 6


etc. FIB3.7.2. Investiga e selecciona información en internet, procedente de fontes solventes, sobre as problemáticas citadas, e realiza un proxecto de grupo sobre algunha temática que afonde na interrelación entre a filosofía e a ciencia. Bloque 4. A realidade FIB4.1.1. Coñece o que é a metafísica e usa a abstracción para comprender os seus contidos e a súa actividade, razoando sobre eles. FIB4.2.1. Describe as principais interpretacións metafísicas e os problemas que suscita o coñecemento metafísico da realidade. FIB4.2.2. Comprende e utiliza con rigor conceptos metafísicos como ser, sistema metafísico, realidade, aparencia, materia e espírito, unidade, dualidade, multiplicidade, devir, necesidade, continxencia, transcendencia, categoría e abstracción, materialismo, espiritualismo, existencialismo ou esencialismo, entre outros. FIB4.2.3. Realiza unha análise crítica ante teorías metafísicas diverxentes de interpretación da realidade. FIB4.2.4. Analiza e comprende fragmentos de textos breves e significativos sobre as problemáticas metafísicas que presenta a realidade, de pensadores como Platón, Aristóteles, Tomé de Aquino, Descartes, Marx, Nietzsche, etc., comparando e establecendo semellanzas e diferenzas entre os enfoques, e disertando coherentemente sobre as posturas históricas. FIB4.3.1. Explica e compara dúas das grandes cosmovisións do Universo: o paradigma organicista aristotélico e o modelo mecanicista newtoniano. FIB4.3.2. Describe os caracteres esenciais das interpretacións relativista e cuántica contemporáneas da realidade, explicando as implicacións filosóficas asociadas a eses caracteres. FIB4.3.3. Usa con rigor termos epistemolóxicos e científicos como cosmovisión, paradigma, Universo, natureza, finalismo, organicismo, determinismo, orde, causalidade, conservación, principio, mecanicismo, materia, relatividade, cuántica, espazo, tempo, azar, determinismo, indeterminismo, probabilidade, gaia e caos, entre outros. FIB4.4.1. Elabora esquemas, táboas e/ou mapas conceptuais que comparen os caracteres adxudicados historicamente ao Universo, entendido como totalidade do real, contextualizando historicamente e culturalmente cada cosmovisión e ampliando información mediante internet e/ou fontes bibliográficas. FIB4.5.1. Analiza textos filosóficos e científicos, clásicos e contemporáneos, que aborden as mesmas problemáticas, e investigar a vixencia das ideas expostas. FIB4.5.2. Reflexiona sobre as implicacións filosóficas que afectan a visión do ser humano en cada cosmovisión filosófico-científica estudada, e argumenta as súas propias ideas de xeito razoado e creativo. Bloque 5. O ser humano desde a filosofía FIB5.1.1. Utilizar con rigor vocabulario específico da temática, como evolución, dialéctica, proceso, progreso, emerxencia, azar, selección natural, apto, reducionismo, creacionismo, evolución cultural, vitalismo, determinismo xenético, natureza e cultura. FIB5.2.1. Coñece e explica as consideracións filosóficas implicadas na teoría da evolución, como a consideración dinámica e dialéctica da vida ou o indeterminismo, entre outras. FIB5.2.2. Analiza fragmentos breves e significativos de E. Morin, K. Popper, R. 7


 

Dawkins, J. Mosterín, A. Gehlen, M. Harris ou M. Ponty, entre outros. FIB5.3.1. Identifica e expón en que consiste o compoñente natural innato do ser humano, e a súa relación cos elementos culturais que xorden nos procesos de antropoxénese e humanización, dando lugar á identidade propia do ser humano. FIB5.3.2. Diserta sobre o ser humano en tanto que resultado da dialéctica evolutiva entre o xeneticamente innato e o culturalmente adquirido, condición para a innovación e a capacidade creativa que caracterizan a nosa especie. FIB5.3.3. Localiza información en internet acerca das investigacións actuais sobre a evolución humana, e reflicte a información seleccionada e sistematizada de xeito colaborativo. FIB5.4.1. Argumenta con coherencia, baseándose nos datos obxectivos aprendidos, sobre as implicacións de adoptar prexuízos etnocéntricos para xulgar os seres humanos e as culturas. FIB5.5.1. Contrasta e relaciona as principais concepcións filosóficas que se viñeron dando historicamente sobre o ser humano. FIB5.5.2. Analiza de xeito crítico textos significativos e breves dos grandes pensadores. FIB5.5.3. Usa con rigor termos como dualismo e monismo antropolóxico, areté, mente, corpo, espírito, creacionismo, antropocentrismo, teocentrismo, alma, humanismo, persoa, dignidade, sentido, estado de natureza, estado de civilización, existencia, liberdade, emoción, paixón, determinismo, alienación, nihilismo, existencia, inconsciente, morte, historia ou transcendencia, entre outros. FIB5.6.1. Contrasta e relaciona as principais concepcións filosóficas que se viñeron dando historicamente no contexto da filosofía occidental sobre o ser humano, coa visión filosófica oriental, o budismo, o taoísmo e o hinduísmo. FIB5.7.1. Diserta, de xeito oral e escrito, sobre as grandes cuestións metafísicas que lle dan sentido á existencia humana. FIB5.7.2. Argumenta e razoa, de xeito oral e escrito, acerca dos puntos de vista propios sobre o ser humano, desde a filosofía e sobre diferentes temáticas filosóficas relacionadas co sentido da existencia humana. FIB5.8.1. Coñece as teorías filosóficas da relación entre mente e corpo (monismo, dualismo e emerxentismo), e argumenta sobre esas teorías comparando semellanzas e diferenzas, de forma colaborativa. Bloque 6. A racionalidade práctica FIB6.1.1. Recoñece a función da racionalidade práctica para dirixir a acción humana, aínda recoñecendo os seus vínculos ineludibles coa razón teórica e a intelixencia emocional. FIB6.1.2. Explica a orixe da ética occidental no pensamento grego, contrastando, de forma razoada, a concepción socrática coa dos sofistas. FIB6.2.1. Explica e razoa acerca do obxecto e a función da ética. FIB6.3.1. Expresa de xeito crítico as argumentacións das principais teorías éticas sobre a felicidade e a virtude, razoando as súas propias ideas, e achega exemplos do seu cumprimento e do seu incumprimento. FIB6.3.2. Expresa de maneira crítica as argumentacións das principais teorías éticas sobre a xustiza, razoando as súas propias ideas, e achega exemplos do seu cumprimento e do seu incumprimento. FIB6.3.3. Analiza textos breves dalgúns dos filósofos representantes das principais teorizacións éticas e sobre o desenvolvemento psicolóxico moral do individuo. 8


 

FIB6.3.4. Usa con rigor termos como ética, moral, acción moral, autonomía, responsabilidade, convención moral, madureza moral, virtude moral, subxectivismo, relativismo e universalismo moral, utilitarismo, deber moral, ética de máximos, ética de mínimos, consenso, xustiza, eudemonismo, hedonismo, emotivismo e utilitarismo. FIB6.4.1. Identifica a función, as características e os principais interrogantes da filosofía política. FIB6.4.2. Utiliza con rigor conceptos como democracia, Estado, xustiza, dereito, dereitos naturais, Estado democrático e de dereito, legalidade, lexitimidade, convención, contractualismo, alienación, ideoloxía, utopía, entre outros conceptos clave da filosofía política. FIB6.5.1. Explica de xeito coherente as formulacións filosófico-políticas de Platón, os sofistas, Maquiavelo, Locke, Montesquieu, Rousseau, Hobbes, Kant, John Stuart Mill, Popper ou Habermas, entre outros. FIB6.5.2. Analiza e reflexiona sobre a relación entre individuo e Estado, sobre a base do pensamento dos sofistas, Marx e a escola de Frankfurt. FIB6.5.3. Analiza de xeito crítico textos significativos e breves dalgúns dos autores estudados, nos que se argumente sobre o concepto de Estado, os seus elementos e as súas características. FIB6.5.4. Valora e utiliza a capacidade argumentativa, de forma oral e escrita, contra a arbitrariedade, o autoritarismo e a violencia. FIB6.6.1. Reflexiona por escrito sobre as posibilidades do pensamento utópico, e argumenta as súas propias ideas. FIB6.7.1. Describe e compara os conceptos de legalidade e lexitimidade. FIB6.8.1. Explica as teses fundamentais de E. Cassirer sobre a capacidade simbólica humana, e as de H. Poincaré sobre o proceso creativo. FIB6.9.1. Comprende e usa conceptos como estética, creatividade, creación, símbolo, signo, arte, experiencia estética, mímese, beleza, gusto, subxectividade, xuízo estético e vangarda. FIB6.9.2. Contrasta e relaciona algunhas construcións simbólicas fundamentais no contexto da cultura occidental, e analiza, de xeito colaborativo, textos literarios, audicións musicais e visualizacións de obras de arte para explicar os contidos da unidade. FIB6.10.1. Diserta sobre a relación e a posibilidade transformadora da realidade humana, a creación artística, a ciencia e a ética. FIB6.11.1. Coñece e describe algúns dos elementos fundamentais da reflexión estética sobre a arte, analizando textos significativos de filósofos como Platón, Schelling, Hume, Kant, Nietzsche, Walter Benjamin, Gadamer, Marcuse ou Adorno, entre outros, e aplica esas ideas ao estudo de diversas obras de arte. FIB6.11.2. Entende o valor filosófico da literatura, analizando textos breves de pensadores e literatos como Platón, Santo Agostiño, Calderón de la Barca, Pío Baroja, A. Machado, Voltaire, Goethe, Sartre, Unamuno, Borges ou Camus, entre outros. FIB6.11.3. Coñece a visión filosófica da música a través da análise de textos filosóficos sobre as visións dos pitagóricos, de Platón, Schopenhauer, Nietzsche ou Adorno, entre outros, así como mediante audicións significativas. FIB6.12.1. Diserta de xeito claro e coherente sobre o valor das artes para transmitir ideas filosóficas, e procura e selecciona información en internet que amplíe o xa aprendido. FIB6.13.1. Coñece e manexa con rigor conceptos como símbolo, comunicación, 9


  

 

linguaxe formal, lóxica, xuízo lóxico, razoamento, demostración, discurso, elocuencia, orador, retórica, exordio, inventio, dispositio, argumentación, elocutio, compositio, actio, falacia, debate, negociación, persuasión e concepto universal, entre outros. FIB6.14.1. Utiliza os elementos e as regras do razoamento da lóxica de enunciados. FIB6.15.1. Comprende e explica a estrutura e o estilo da retórica e da argumentación. FIB6.15.2. Coñece a estrutura e a orde do discurso, e escribe breves discursos retóricos establecendo coherentemente a exposición e a argumentación. FIB6.16.1. Constrúe un diálogo argumentativo no que demostra as súas propias teses mediante as regras e as ferramentas da argumentación. FIB6.16.2. Distingue un argumento veraz dunha falacia. FIB6.16.3. Analiza e comenta textos breves e significativos sobre a arte da retórica e a argumentación de Platón, Aristóteles, Cicerón, Quintiliano, Tácito e autores/as contemporáneos/as. FIB6.17.1. Utiliza conceptos con sentido filosófico e aplícaos ao contexto empresarial: principios, saber, orde lóxica, finalidade, demostración, razoamento, indución, dedución, argumentación, sentido, significado, creatividade, diálogo, obxectivo/subxectivo, emocións, globalidade e valor, entre outros. FIB6.18.1. Formula correctamente os interrogantes filosóficos radicais que deben estar na base da creación dun proxecto, tanto vital como laboral, como "que son?", "que fago?", "por que?", "para que?", "cal é o meu obxectivo?", "cal é o seu sentido, a súa razón de ser?", etc., e saber argumentar a defensa das respostas. FIB6.19.1. Deseña un proxecto vital ou empresarial, sobre a base da filosofía, valorando a íntima relación entre os pensamentos e as accións, entre a razón e as emocións, a través do diálogo, da argumentación e a linguaxe filosófica. FIB6.20.1. Coñece e utiliza as ferramentas da argumentación e o diálogo na resolución de dilemas e conflitos dentro dun grupo humano. FIB6.21.1. Valora a posibilidade de crear tarefas innovadoras, valorando a función e a importancia das persoas emprendedoras e innovadoras para a construción e o avance dunha cultura, e a transformación da realidade. FIB6.22.1. Realiza un decálogo de valores éticos que deben rexer no mundo laboral e de cara á sociedade e á natureza. FIB6.22.2. Valora e diserta sobre a importancia do traballo para desenvolvernos como seres humanos, para o avance dunha cultura e para transformar a realidade. FIB6.23.1. Comprende e valora a importancia da razón crítica para o avance dun proxecto persoal e colectivo.

III-OBXECTIVOS. * Comprende-los principais problemas filosóficos tratados ó longo da historia. * Empregar con propiedade e rigor os principais termos e conceptos filosóficos. * Analiza-la coherencia interna dos textos filosóficos, indentificando os problemas propostos e valorando criticamente os supostos filosóficos e as solucións presentadas.

10


* Adoptar unha actitude crítica ante cuestións teóricas e prácticas, esixindo a súa debida fundamentación. * Reflexionar sobre as opinións, posicións filosóficas ou crenzas dos outros e aprecialas como un modo de enriquecer, clarexar ou poñer a proba os propios puntos de vista. * Argumentar de modo racional e coherente os propios puntos de vista, tanto de forma oral como escrita. * Utiliza-lo diálogo para contrastar e debater diferentes puntos de vista. * Coñecer e valora-la importancia da acción humana, libre e responsable, desde un punto de vista ético, técnico e artístico. * Valora-la capacidade normativa e transformadora da razón para construír unha sociedade máis xusta na que exista unha efectiva igualdade de oportunidades. * Valora-los intentos por construír unha sociedade mundial baseada no respecto polos dereitos humanos individuais e colectivos, na convivencia pacífica e na defensa da natureza. Adoptar unha actitude crítica ante todo intento de xustificación das desigualdades sociais e ante toda discriminación, xa sexa por razón de sexo, raza, crenzas ou doutras características individuais e sociais.

IV-

CONCRECIÓN

GRAO

MÍNICO

PROCEDEMENTOS

DE DE E

TEMPORALIZACIÓN, CONSECUCIÓN INSTRUMENTOS

E DE

AVALIACIÓNS

Temporalización 1º Avaliación: estándares de aprendizaxe dos bloques 1 e 2 2º Avaliación: estándares de aprendizaxe dos bloques 3 e 4 3º Avaliación: estándares de aprendizaxe dos bloques 5 e 6

Grao mínimo de consecución para superar a materia 11


O ser humano: configuración e dimensións. 

– O dobre proceso de evolución biolóxica e cultural: hominización e humanización.

– A dialéctica entre natureza, sociedade e cultura e as diferentes concepcións do ser humano a que dá lugar.

O saber filosófico: sentido e finalidade. 

– A dimensión teórica da racionalidade filosófica: a busca da verdade e o sentido da realidade a través da gnoseoloxía e a metafísica.

– A dimensión práctica da racionalidade filosófica: a busca de directrices para a acción a través da ética e a filosofía política.

– Preguntas e problemas fundamentais da filosofía.

Da filosofía moral á filosofía política. 

– Os fundamentos da acción moral: liberdade e responsabilidade.

– O tránsito da heteronomía á autonomía moral.

– A idea de cidadanía: xénese histórica e fundamentación filosófica.

Estado, cidadanía e democracia. 

– O Estado: orixe e lexitimidade do poder político.

– Fundamentos filosóficos do estado democrático e de dereito: a lexitimidade legal-democrática.

– Os retos da democracia no mundo globalizado e intercomunicado actual: diversidade e identidade, cara a unha cidadanía cosmopolita.

Procedemento e instrumentos de avaliación Realizarase un exame de cada un dos temas explicados en clase. En ningún momento se examinará a un alumno ou alumna de ningún contido que previamente non fose explicado en clase. Dado que no Exame de Selectividade se esixe a Composición dun Texto Filosófico, os exames, a partir deste curso de 1º de Bacharelato, orientaranse cara ese obxetivo. Así que consistirán no comentario dun Texto e nunha composición na que se expoñan coa máxima claridade os conceptos, coñecementos adquiridos polos alumnos e alumnas.

Os exames consistirán fundamentalmente de tres partes: 1.- Desenrolo de preguntas sobre o tema 2.- Texto para comentar 12


3.- Proba obxetiva onde se ofrecerá a posiblidade de elexir unha resposta entre tres Este modelo de exámen presentarase, a criterio do profesor, nunha proba única ou en varias probas. É decir, un exame non ten porque incluir necesariamente os tres apartados. 4.- En todas as probas escritas introducirase a cuantificación de cada pregunta. O longo do proceso diario procederemos a unha recollida de datos valorando o traballo diario dos alumnos/as e a súa participación nas actividades propostas polo profesor.

V CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS Calquer procedemento metodolóxico aplicable na Filosofía incide directaento no fomento da autonomía persoal.

Os alumnos deben apropiarse dunha trama conceptual cada vez máis rica, integrada e rigorosa, que os volva capaces de afrontar criticamente a complexidade das realidades que compoñen a súa experiencia. Con esta bagaxe terán que articular harmonicamente os diversos ámbitos do coñecemento e do valor, tanto do dominio académico coma da vida cotiá. E esta tarefa terán que realizala, de acordo co que constitúe a característica fundacional da Filosofía, mediante o diálogo e a argumentación.

Procedemento substantivo na aprendizaxe da Filosofía é o comentario de textos filosóficos. Aínda que non só nos textos, si é certo que neles se encontra de forma privilexiada a reflexión filosófica. Afondar na súa análise e comentario supón inserirse de forma participativa na maduración da actividade filosófica.

A disertación, ou composición de escritos filosóficos, é, así mesmo, un procedemento propio do ensino da nosa materia. Se o comentario ten o seu lugar nos tramos máis elementais da aprendizaxe, a disertación preséntase como un medio de gran valor cando, concluído un tema, queremos comproba-lo grao de asimilación persoal que se alcanzou. Na composición filosófica, o alumno pon a proba a súa capacidade de recrear e dar corpo conceptual ós diferentes estímulos filosóficos que recibiu, tanto do profesor coma das súas diferentes lecturas e da bagaxe de experiencias que o identifican. 13


Considerámo-lo debate como o terceiro procedemento de clara raizame filosófica. No debate pódese exercita-lo diálogo democrático no ambiente que mellor o favorece: á marxe dos intereses que dividen e condicionan os discursos da vida adulta. Sucede que, se queremos evita-la espontaneidade da conversación, teremos que dedicar tempo e esforzo á súa adecuada preparación, o que quizais supoña reduci-las oportunidades de poñer en práctica este medio insubstituíble de aprendizaxe da tolerancia. Os outros procedementos forman parte integrante do que se adoita facer en clase tódalas materias do currículo. Xustamente nestes cometidos se manifesta a coordinación do claustro de profesores, a coordinación pedagóxica ou, aínda que sexa en aspectos formais, a comunicación interdisciplinar . Este carácter común é compatible coa diversificación que tales procedementos adquiren de acordo co contido do que se ocupan. Estámonos referindo a procedementos como a busca e elaboración de información, a análise de películas e de series de televisión, o exame de productos artísticos, etc. Nin que dicir ten que, ó levar a cabo estes procedementos máis ou menos regrados, estamos poñendo a proba e experimentando con destrezas tan xerais como a síntese, a análise, a comparación, o contraste, a clasificación a definición, a interpretación, a avaliación, etc. A modo de recapitulación das destrezas e saberes conseguidos é moi recomendable que os alumnos realicen un traballo monográfico sobre algún dos problemas tratados no curso. Para a ocasión pode buscarse algún libro sinxelo de calquera filósofo clásico, ou ben algún libro de actualidade filosófica que abra liñas importantes de solución

VI. MATERIAIS E RECURSO DIDÁCTICOS QUE SE VAN A UTILIZAR Empregaremos textos orixinais de diferentes pensadores, textos anónimos, textos mitolóxicos e xornalísticos. Utilizaremos o cine, redes sociais, documentais extraídos da internet servíndonos para elo do ordenador da aula. O libro de texto é Filosofía e Cidadanía da Editorial Rodeira

14


VII-

CRITERIOS

CUALIFIACACIÓN

SOBRE E

AVALIACIÓN,

PROMOCIÓN

DO

ALUMNADO Criterios de avaliación

Bloque 1: contidos transversais 

B1.1. Ler comprensivamente e analizar de forma crítica textos significativos e breves, pertencentes a pensadores/as destacados/as. B1.2. Argumentar e razoar os propios puntos de vista sobre as temáticas estudadas na unidade, de forma oral e escrita, con claridade e coherencia. B1.3. Seleccionar e sistematizar información obtida de distintas fontes.

 

B1.4. Analizar e argumentar sobre formulacións filosóficas, elaborando de xeito colaborativo esquemas, mapas conceptuais, táboas cronolóxicas e outros procedementos útiles, mediante o uso de medios e plataformas dixitais. Bloque 2. O saber filosófico B2.1. Coñecer e comprender a especificidade e a importancia do saber racional en xeral e do filosófico en particular, en tanto que saber de comprensión e interpretación da realidade, valorando que a filosofía é, á vez, un saber e unha actitude que estimula a crítica, a autonomía, a creatividade e a innovación.

 

B2.2. Identificar as dimensións teórica e práctica da filosofía, os seus obxectivos, as características, as disciplinas, os métodos e as funcións, relacionándoa paralelamente con outros saberes de comprensión da realidade. B2.3. Contextualizar histórica e culturalmente as problemáticas analizadas e expresar por escrito as achegas máis importantes do pensamento filosófico desde a súa orixe, identificando os principais problemas formulados e as solucións achegadas, e argumentando as propias opinións ao respecto.

 

B2.4. Comprender e utilizar con precisión o vocabulario filosófico fundamental, realizando un glosario de termos de xeito colaborativo mediante as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. B2.5. Analizar de maneira crítica fragmentos de textos significativos e breves sobre a orixe, a caracterización e a vixencia da filosofía, identificando as problemáticas e solucións expostas, distinguindo as teses principais e a orde de argumentación, relacionando os problemas formulados nos textos co estudado na unidade e coa presentación doutros intentos de comprensión da realidade, como o científico e o teolóxico, ou outros tipos de filosofía, como a oriental. Bloque 3. O coñecemento B3.1. Coñecer de modo claro e ordenado as problemáticas implicadas no proceso do 15


coñecemento humano, analizadas desde o campo filosófico, os seus graos, as ferramentas e as fontes, e expor por escrito os modelos explicativos do coñecemento máis significativos. B3.2. Explicar e reflexionar sobre o problema do acceso á verdade, identificando as problemáticas e as posturas filosóficas que xurdiron en torno ao seu estudo.

 

B3.3. Analizar de forma crítica fragmentos de textos significativos sobre a análise filosófica do coñecemento humano, os seus elementos, as súas posibilidades e os seus límites, valorando os esforzos por alcanzar unha aproximación á verdade arredándose do dogmatismo, da arbitrariedade e dos prexuízos. B3.4. Coñecer e explicar a función da ciencia, os seus modelos de explicación, as súas características, os seus métodos e a tipoloxía do saber científico, expondo as diferenzas e as coincidencias do ideal e a investigación científica co saber filosófico, como pode ser a problemática da obxectividade ou a adecuación teoría-realidade, argumentando as propias opinións de xeito razoado e coherente.

  

B3.5. Relacionar e identificar as implicacións da tecnoloxía, en tanto que saber práctico transformador da natureza e da realidade humana, reflexionando, desde a filosofía da tecnoloxía, sobre as relacións coa ciencia e cos seres humanos. B3.6. Analizar de xeito crítico fragmentos de textos filosóficos sobre a reflexión filosófica acerca da ciencia, a técnica e a filosofía, identificando as problemáticas e as solucións propostas, distinguindo as teses principais e a orde da argumentación, relacionar os problemas formulados nos textos co estudado na unidade e razoar a postura propia. B3.7. Entender e valorar a relación entre a filosofía e a ciencia.

Bloque 4. A realidade B4.1. Recoñecer e valorar a metafísica, disciplina que estuda a realidade en tanto que totalidade, distinguíndoa das ciencias, que versan sobre aspectos particulares desta. B4.2. Coñecer e explicar, desde un enfoque metafísico, os principais problemas que presenta a realidade.

   

B4.3. Coñecer e comparar as explicacións dadas desde as grandes cosmovisións sobre o universo.

  

B4.4. Elaborar táboas e/ou mapas conceptuais comparando os caracteres adxudicados historicamente ao Universo, entendido como totalidade do real, contextualizando historicamente e culturalmente cada cosmovisión e ampliando información mediante internet e/ou fontes bibliográficas. B4.5. Ler e analizar de xeito crítico textos filosóficos, epistemolóxicos e científicos sobre a comprensión da realidade, tanto desde o plano metafísico como desde o físico, usando con precisión os termos técnicos estudados, relacionar os problemas presentados nos textos co estudado nas unidades e razoar a postura propia. 16


 

Bloque 5. O ser humano desde a filosofía B5.1. Recoñecer en que consiste a antropoloxía filosófica. B5.2. Coñecer e explicar as implicacións filosóficas da evolución, en relación cos contidos metafísicos e cos/coas pensadores/as xa estudados/as.

 

B5.3. Recoñecer e reflexionar, de maneira argumentada, sobre a interacción dialéctica entre o compoñente natural e o cultural que caracterizan o ser humano como tal, sendo o culturalmente adquirido condición para a innovación e a creatividade que caracterizan a especie.

  

B5.4. Valorar os coñecementos adquiridos nesta unidade, rexeitando os prexuízos tanto etnocéntricos como por motivos físicos, e tamén as actitudes de intolerancia, inxustiza e exclusión. B5.5. Coñecer e reflexionar sobre as concepcións filosóficas sobre o ser humano como tal que se viñeron dando ao longo da filosofía occidental, comparando semellanzas e diferenzas entre as sucesivas formulacións, analizando criticamente a influencia do contexto sociocultural na concepción filosófica, e valorando algunhas formulacións diverxentes que abriron camiño cara á consideración actual da persoa.

  

B5.6. Comparar a visión filosófica occidental do ser humano coa visión filosófica oriental, o budismo, o taoísmo e o hinduísmo, e argumentar as opinións propias sobre semellanzas e diferenzas. B5.7. Disertar, de forma oral e escrita, sobre as temáticas intrinsecamente filosóficas no ámbito do sentido da existencia, como poden ser a cuestión do sentido, a esencia e a existencia, o eu, a liberdade, a morte, o destino, o azar, a historia ou a necesidade de transcendencia, entre outras.

 

B5.8. Coñecer algunhas teorías filosóficas occidentais sobre o corpo humano, e reflexionar de xeito colaborativo e argumentar acerca dos puntos de vista propios. Bloque 6. A racionalidade práctica B6.1. Identificar a especificidade da razón na súa dimensión práctica, en tanto que orientadora da acción humana.

  

B6.2. Recoñecer o obxecto e función da ética. B6.3. Coñecer e explicar as principais teorías éticas sobre a xustiza e a felicidade, e sobre o desenvolvemento moral.

   

B6.4. Explicar a función, as características e os principais interrogantes da filosofía política, como a orixe e a lexitimidade do Estado, as relacións entre o individuo e o Estado ou a natureza das leis.

17


B6.5. Coñecer as teorías e os conceptos filosóficos principais que estiveron na base da construción da idea de Estado e das súas funcións, apreciando o papel da filosofía como reflexión crítica.

   

  

B6.6. Disertar de xeito oral e escrito sobre a utilidade do pensamento utópico, analizando e valorando a súa función, para propor posibilidades alternativas, proxectar ideas innovadoras e avaliar o xa experimentado. B6.7. Distinguir os conceptos de legalidade e lexitimidade. B6.8. Recoñecer a capacidade simbólica como elemento distintivo da especie humana. B6.9. Coñecer o campo da estética, reflexionando sobre as contribucións filosóficas realizadas por tres das construcións simbólicas culturais fundamentais.

 

B6.10. Relacionar a creación artística con outros campos como o da ética, o coñecemento e a técnica. B6.11. Analizar textos en que se comprenda o valor da arte, a literatura e a música como vehículos de transmisión do pensamento filosófico, utilizando con precisión o vocabulario específico propio da estética filosófica.

  

B6.12. Reflexionar por escrito sobre algunha das temáticas significativas estudadas, argumentando as propias posicións, e ampliar en internet a información aprendida. B6.13. Entender a importancia da comunicación para o desenvolvemento do ser humano e as sociedades. B6.14. Coñecer en que consiste a lóxica proposicional e apreciar o seu valor para amosar o razoamento correcto e a expresión do pensamento como condición fundamental para as relacións humanas. B6.15. Coñecer as dimensións que forman parte da composición do discurso retórico, e aplicalas na composición de discursos.

 

B6.16. Coñecer e utilizar as regras e as ferramentas básicas do discurso baseado na argumentación demostrativa.

  

B6.17. Coñecer as posibilidades da filosofía na creación dun proxecto, en xeral, e no ámbito empresarial en particular, e valorar o seu papel potenciador da análise, a reflexión e o diálogo. B6.18. Comprender a importancia do modo de "preguntar radical" da metafísica para proxectar unha idea ou un proxecto vital ou empresarial, facilitando os procesos de cuestionamento e definición das preguntas radicais e as respostas a estas. B6.19. Comprender o valor da teoría do coñecemento, a razón crítica e a lóxica para introducir racionalidade na orixe e no desenvolvemento dun proxecto. B6.20. Valorar as técnicas do diálogo filosófico, a argumentación e a retórica para organizar a comunicación entre as partes e a resolución de negociacións e de conflitos, para xerar diálogo baseado na capacidade de argumentar correctamente, para definir e comunicar correctamente o obxectivo dun proxecto. 18


B6.21. Valorar a capacidade da estética filosófica para favorecer o pensamento creativo e innovador que permite adaptarse e anticiparse aos cambios, xerando innovación e evitando o estancamento, valorando así a función e a importancia das persoas emprendedoras e innovadoras para a construción e o avance dunha cultura, e a transformación da realidade. B6.22. Comprender e apreciar a función axiolóxica da ética para establecer un sistema de valores que permita mellorar o clima laboral, comprendendo que os valores éticos son clave para lograr o equilibrio entre innovación, sustentabilidade e competitividade. B6.23. Coñecer e valorar a importancia da razón crítica para o avance dun proxecto persoal e colectivo.

Criterios de cualificación e promoción Para a obtención da cualificación do alumnado, valorarase o traballo diario e os resultados obtidos nas distintas probas específicas. Farase un mínimo dun exame por tema dos contidos especificados no apartado 3. Nesas probas ademais dos contidos, valorarase a expresión e ortografía. A boa presentación e a ausencia de faltas será valorada cun máximo de 0.5 puntos.

A nota final do curso, será a media aritmética das obtidas nas distintas avaliacións.

Quen sexa sorprendido copiando nun exame será cualificado con un 0 nese exame.

Non se considera a realización de Recuperacións e unicamente, e a criterio do profesor/a, se poderá programar unha proba final de recuperación da asignatura. Esta proba diseñarase para aqueles alumnos/as que ofrezan algunha duda razonable na súa calificación final.

O alumno/a que non acade a puntuación mínima en Xuño, deberá presentarse a convocatoria extraordinaria de Setembro.

Non se repetirán exames a aqueles alumnos/as que non fixeran a proba no día sinalado, alomenos que xustifiquen a falta por parte do titor.

19


VIII INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O

PROCESO

DE

ENSINO

E

A

PRÁCTICA

DOCENTE A programación é revisada ao longo de todo o curso escolar , con especial fincapé ao analizar os resultados de cada avaliación

IX- ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES DE BACHARELATO Non afecta a este curso

X- ORGANIZACIÓN DOS PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS PREVIOS Non afecta a este departamento

XI-

DESEÑO

DA

AVALIACIÓN

INICIAL

E

MEDIDAS INDIVIDUAIS E COLECTIVAS QUE SE POIDAN ADOPTAR COMO CONSECUENCIA DOS SEUS RESULTADOS.

.

XII-MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE Para poder atender á diversidade poderanse : 1. Secuenciar os contidos tendo en conta por unha parte a propia orde lóxica da disciplina, e pola outra, a lóxica da aprendizaxe do alumnado. Neste sentido é moi 20


importante coordinarse con outros departamentos e ter en conta as interrelacións funcionais que poida haber cos contidos doutras áreas. 2. Formular os obxectivos de xeito desglosado para que sexa posible plantexar, a partir deles, tarefas e contidos de distinto nivel de dificultade 3. Seleccionar e conceder protagonismo aos contidos básicos para acadar os obxectivos previstos. 4. Atender aos contidos procedimentais e actitudinais no sentido de garantir unha presencia equilibrada dos mesmos. 5. Formular os criterios de avalación de xeito flexíbel, atendendo aos diversos graos de aprendizaxe e centrándose nos obxectivos básicos previstos para a materia. 6.- Deseñaranse actividades para os alumnos con altas capacidades de ser o caso

XIII CONCRECIÓN TRANSVERSAIS 

DE

ELEMENTOS

B1.1. Textos filosóficos e pertencentes a outras ramas do saber relacionados coas temáticas filosóficas estudadas. B1.2. Composición escrita de argumentos de reflexión filosófica e de discursos orais, manexando as regras básicas da retórica e a argumentación. B1.3. Uso dos procedementos de traballo intelectual (incluíndo os das tecnoloxías da información e da comunicación) adecuados á filosofía, en especial a asimilación e o uso rigoroso do léxico relacionado cos temas filosóficos estudados. B1.3. Uso dos procedementos de traballo intelectual (incluíndo os das tecnoloxías da información e da comunicación) adecuados á filosofía, en especial a asimilación e o uso rigoroso do léxico relacionado cos temas filosóficos estudados.

XIV-ACTIVIDADES

COMPLEMENTARIAS

E

EXTRAESCOLARES Dende o departamento, en coordinación co departamento de actividades extraescolares, programamos a nosa participación nos actos conmemorativos relacionados cos contidos do currículo: 10 de Decembro. Día dos dereitos humanos, 30 de Xaneiro, día mundial da paz, 8 de Marzo día da muller traballadora, 14 de Marzo, Dereitos do consumidor, 5 de Xuño, día mundial do medio ambiente. A implicación do noso alumnado nestas conmemoracións poderá ter lugar de diferentes maneiras: informes individuais e de grupo, murais, exposicións fotográficas, asistencia e participación activa en charlas ou conferencias, etc. Realizarase tamén de acordo coa vicedirección do centro unha saída didáctica , asistencia a algunha conferencia ou película ou calquera outra actividade de interese.

21


XV-

PROGRAMACIÓN

DE

EDUCACIÓN

EN

VALORES. O conxunto de actividades desenvoltas na materia debe fomentar a educación en valores, especialmente aqueles relativos a: - fomento de actividades democráticas - respecto ás diferencias. - construcción de sociedades plurais - pluralismo ideolóxico. - valores de xustiza universal

XVI-

ACCIÓNS

DE

CONTRIBUCIÓN

AO

PROXECTO LECTOR O fomento da lectura convértese nunha actividade prioritaria para comprender textos escritos, para redactar correctamente e para expresarse oralmente de forma axeitada. Nunha área como filosofía a falta de competencia lingüística convértese nun dos principais obstáculos. Parece, polo tanto, preciso fomentar a lectura para garantir a comprensión lingüística dos alumnos. ■

En primeiro lugar, potenciarase a lectura dos libros de texto así como as páxinas

específicas dedicadas á lectura. ■

Empregaranse textos motivadores, normalmente de carácter narrativo ou periodístico,

coa finalidade de que os alumnos descubran a Filosofía non só a través do texto expositivo, senón tamén doutros tipos de texto. Así mesmo ensinaráselles aos alumnos a ler textos s dun xeito pautado. Os alumnos aprenderán a situar os textos no seu contexto histórico e xeográfico, e a seleccionar as ideas principais. Por outra banda aprenderán a realizar actividades de contraste de fontes e de integración da información de varias fontes. ■

En terceiro lugar promoverase que os alumnos lean un conxunto de informacións para

que formen a súa propia opinión sobre temas polémicos e de debatelos cos seus compañeiros. ■

En cuarto lugar intentarase que os

alumnos aprendan a identificar os aspectos

subxectivos dos textos e a reflexionar sobre a función que cumpriron. Ademais analizarán textos de todo tipo: políticos, económicos, periodísticos … ■

En quinto lugar, proporcionaranse actividades específicas de comprensión lectora

para axudar aos alumnos a comprender o que len ao mesmo tempo que realizan actividades que os axudarán . Estas actividades de comprensión lectora poden ser de varios tipos: ○

actividades sobre o vocabulario más difícil ou específico.

22


actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma

explícita no texto. ○

actividades sobre as ideas implícitas, os matices do texto e as relacións entre as ideas

(causa - efecto, comparación, semellanza ... ). difíciles de descubrir polos alumnos, pois adoitan estar ocultos no texto. ○

actividades de realización de cadros, esquemas, táboas, etc., ferramentas que son moi

útiles para comprender e estudar . actividades en que se pide aos alumnos que dean a súa opinión persoal e que implican a transformación do estudado en coñecemento propio.

XVII- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC Utilizaremos as Tecnoloxías da Información e Comunicación para recabar información sobre os temas propostos asi como o uso do cine que sí nos abre un importante campo na aprendizaxe da Filosofía e Cidadanía por aportarnos valiosos materiais relacionados cos contidos que se impartirán ao longo do curso. Empregaremos o ordenador da aula e o cañón para apoiar as explicacións

XVIII- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA - Mediante a lectura de textos traballaremos as diferenzas

XIX- MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E

MODIFICACIÓN

DA

PROGRAMACIÓN

DIDÁCTICA EN RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA 23


como xa se tiña indicado na Memoria do curso 2014-15 a asignatura de Filosofía non pode someterse a unha metodoloxía estrictamente definida. A problemática filosófica obríganos a unha discusión contínua dos aconteres do mundo no que estamos instalados, esto supón unha difícil temporalización dos contidos que, en moitas ocasións, supón un tratamento menos procedimental dos temas do programa. Como temos insistido en anteriores cursos, sería óptimo un aumento nas horas de clase adxudicadas a esta asignatura. Temos observado nos últimos anos unha merma de horas pero non unha merma correspondente nos programas. Esto dificulta grandemente a preparación do alumnado pras probas de selectividade.

Outra posibilidade sería a de orientar os dous curso de Bacharelato encol dunha programación que insistira mais nos temas propios da Historia da Filosofía, pois parte da temática da asignatura de 1º como Ética, Antropoloxía, xa se imparte en asignaturas optativas.

Debemos constatar asimesmo que o Dto. De Filosofía debería contar cun 2º profesor debido a que temos suficiente número de horas con asignaturas impartidas, sobretodo, polo Dto. De Historia e que, en boa lóxica, deberían corresponder co Dto. De Filososía. Estoume referindo á Etica de 4º da ESO e a nova asignatura de Antropoloxía .

Engadir que o número de alumnos/as por clase leva aumentado nos últimos cursos. Compre unha disminución da ratio alumno/aula para que o profesor poida impartir as clases con mais motivación e se poidan completar os programas.

DE

BACHARELATO:

HISTORIA

DA

FILOSOFÍA I- INTRODUCCIÓN 24


Coa filosofía II (Historia da Filosofía) culmina o ciclo de educación filosófica no bacharelato. Esta materia debe estar en estreita relación coa filosofía de primeiro curso de bacharelato, xa que supón un afondamento intelectual e unha visión histórica dos grandes problemas que se analizaron neste curso arredor do coñecemento, a realidade, o ser humano e a sociedade. A función que debe desempeña-la historia da filosofia no currículo de bacharelato é dobre: por unha parte, debe proporcionar unha información básica, que permita ós alumnos localizar filósofos e sistemas; e, por outra parte, debe atender a completa-la formación filosófica mediante o estudio e a análise dalgúns dos filósofos máis representativos de cada época. A función informativa, sen embargo, non debe confundirse cunha mera historiografía de tódalas correntes e tendencias filosóficas que houbo en Occidente desde Grecia ata os nosos días, nin menos aínda como unha simple doxografía, na que aparezan os distintos autores como creadores de opinións filosóficas, sen maior valor que o da sucesión cronolóxica e a contraposición de pareceres. Convén, non obstante, presentarlles a alumnos e alumnas unhas visións de conxunto de cada época e un esquema das principais tendencias e filósofos que as representaron. Esta función informativa non debe esixir desenvolvementos historiográficos exhaustivos, pero sen ela, como é obvio, resulta difícil afondar naqueles filósofos que permitan completa-la formación filosófica do alumno. Tamén é necesario resalta-la función reconstructiva desta materia, que destaca a relevancia dos problemas teóricos formulados e das respostas ofrecidas polos filósofos no pasado para a nosa comprensión deses mesmos temas no presente. A historia da filosofía que se imparte en segundo curso de bacharelato non pode ser tampouco unha historia de toda a cultura occidental en tódalas súas manifestacións; sen embargo, débese manter unha análise do contexto que permita capta-lo sentido diacrónico e dialóxico das ideas. Polo tanto, evitaranse varios perigos na articulación do currículo: o historicismo filosófico exhaustivo, o historicismo culturalista, a mera doxografía e, por último, a excesiva erudición hermenéutica no comentario dos textos. Sobre a base, pois, dunha contextualización esquemática, pode abordarse a análise dos problemas tratados no curso anterior, explicados no contexto das correntes e autores máis importantes da filosofía occidental, e todo isto mediante unha non moi extensa 25


antoloxía de textos filosóficos significativos, que podemos denominar «canónicos», que presenten de forma coherente e relevante os problemas estudiados; non hai que esquecer que a filosofía se mostra nos seus textos orixinais, sendo a lectura, comentario e interpretación deles indispensable.

II- OBXECTIVOS * Coñecer e comprende-los diferentes aspectos (temas, autores, escolas) que integran os períodos nos que se divide a historia da filosofía. * Comprende-la relación entre os problemas expostos e as teorías propostas con outras manifestacións teóricas e prácticas do contexto histórico onde foron enunciados. * Comprende-la historia da filosofía como un avance en espiral, onde os problemas son retomados cun crecente nivel de radicalidade metodolóxica. * Recoñecer e situa-los problemas filosóficos analizados no curso anterior como cuestións xurdidas ó longo da historia. * Comprende-los problemas filosóficos fundamentais que ocuparon os filósofos ó longo da historia e recoñece-la súa trascendencia para a comprensión do mundo actual. * Aprender a ler e comentar textos filosóficos establecendo entre eles un diálogo crítico que leve á súa interpretación, á súa comparación e á súa localización. * Asimilar comprensivamente os conceptos filosóficos máis importantes e utilizalos como ferramentas intelectuais que permiten formular e explicar adecuadamente cuestións tanto humanísticas como científicas. * Aprender a analizar e expoñer adecuadamente, de modo oral e escrito, os problemas e as teorías filosóficas estudiadas prestando especial interese ó rigor conceptual e lóxico. * Desenvolver e consolida-la actitude crítica ante opinións contrapostas, someténdoas a unha reflexión racional, e analiza-los conceptos previos, prexuízos e posicións ideolóxicas que poidan existir como condicionantes. * Comprender e valora-lo desenvolvemento das ideas como un continuado esforzo racional e comprender e valorar que o diálogo racional é a súa orixe. * Valora-lo debate de posicións contrapostas como medio para practica-lo respecto ós demais e a tolerancia positiva contra calquera forma de discriminación.

III- SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS 26


I. Filosofía grega. * As principais cuestións que cabe considerar neste período son: o paso do mito ó logos nos filósofos presocráticos; os primeiros intentos metafísicos de Parménides e Heráclito; a significación dos filósofos pluralistas; Sócrates e os sofistas; o nacemento da polis e da democracia en Atenas; e os proxectos éticos do epicureísmo e do estoicismo. * Polo significado e a importancia para comprende-la historia da filosofía occidental, parece necesario estudiar de modo específico a Platón e Aristóteles.

Unidade 1: Platón. -A Teoría das Ideas como síntese da tradición filosófica grega. -Realidade e coñecemento desde a Teoría das Ideas. -Home e sociedade desde a Teoría das Ideas.

Unidade 2: Aristóteles. -Un novo enfoque filosófico fronte ó platonismo. -Teoría hilemórfica, potencia-acto, causalidade e teleoloxía na explicación da realidade. -A ética e a análise das formas de goberno. II. Filosofía medieval e renacentista.

* A filosofía medieval debe contextualizarse a través dos problemas que se suscitan arredor da necesidade de harmoniza-la fe, representada polas relixións monoteístas, e a razón, representada fundamentalmente polas filosofías de Platón e Aristóteles. O platonismo cristián ten a súa expresión máis completa no pensamento de Santo Agostiño de Hipona, en tanto que a síntese entre cristianismo e filosofía aristotélica quedou plasmada no pensamento de San Tomás de Aquino. A partir do século XIV iníciase a crise da escolástica como consecuencia, por unha banda, da filosofía de Guillerme de Ockham e, por outra banda, dos desenvolvementos científicos do século XIV (Oresme, Buridan). * O pensamento renacentista supón a inclusión de novos temas para a reflexión filosófica entre os que cabe subliña-los seguintes: a matematización da natureza, un novo concepto de home, as posibilidades técnicas do saber ou a fundamentación moderna da política. Neste sentido as figuras de N. Maquiavelo e de F. Bacon adquiren un lugar destacado. Aínda que calquera dos autores nomeados correspondentes a esta 27


etapa histórica poden ser tratados monográficamente no curso, segundo a elección do profesor e dacordo co establecido no currículo da materia, os autores preseleccionados son os seguintes:

Unidade 3: San Tomás de Aquino. -O aristotelismo e a Escolástica. -A existencia de Deus e o problema de razón e fe. -Lei eterna, lei natural e lei positiva.

Unidade 4: Guillerme de Ockham. -A crise da escolástica e o novo espírito crítico. -O problema dos universais e o nominalismo; o problema de razón e fe.

III. Filosofía moderna.

* O tema central deste período é o novo concepto de racionalidade que xorde nos séculos XVI e XVII e que se caracteriza polos seguintes trazos: a secularización do pensamento, o nacemento da ciencia moderna, a procura dunha antropoloxía baseada no suxeito consciente e unha nova forma de fundamenta-la orixe da sociedade (contractualismo) e do goberno, tendo como horizonte a democracia. * Neste contexto débense considera-las grandes correntes constituídas polo racionalismo e o empirismo, que teñen como representantes máis importantes a Descartes, Spinoza, Locke e Hume. No século XVIII, ou Século das Luces, xorden diferentes modos de interpreta-la Ilustración. No campo da filosofía política a figura de Rousseau cobra unha especial relevancia pola súa fundamentación da democracia e a crítica das desigualdades sociais. Por último, co criticismo kantiano realizarase unha síntese superadora dos supostos gnoseolóxicos do racionalismo e do empirismo e unha nova maneira de concibi-la ética. * Aínda que calquera dos autores nomeados correspondentes a esta etapa histórica poden ser tratados monográficamente no curso, segundo a elección do profesor e dacordo co establecido no currículo da materia, os autores preseleccionados son os seguintes: 28


Unidade 5: R. Descartes. -O problema do método e o proxecto cartesiano. -Razón e realidade. -O dualismo antropolóxico e as súas consecuencias.

Unidade 6: I. Kant. -Kant e a Ilustración. -O criticismo kantiano como síntese superadora do racionalismo e do empirismo. -O formalismo moral.

IV. A filosofía contemporánea.

* Entre as correntes filosóficas do século XIX teñen especial relevancia o liberalismo utilitarista de J. S. Mill, o materialismo histórico-dialéctico do marxismo e o vitalismo de Nietzsche, posto que constitúen algunhas das reflexións máis importantes sobre os problemas da súa época, que tamén terán gran transcendencia no pensamento actual. Deste modo, o liberalismo utilitarista propón unha concepción individualista que lexitima tanto o sistema económico como o modelo político vixente; mentres que o marxismo se centra sobre todo nas contradiccións do sistema económico do capitalismo industrial e da democracia liberal burguesa. Por outro lado, o vitalismo de Nietzsche baséase na crítica da cultura occidental dominada polos valores racionalistas dos gregos e os valores morais do cristianismo que conxugados desembocan no nihilismo. * A diversidade de correntes filosóficas do século XX pódese articular arredor da reflexión dos seguintes temas: a preocupación pola fundamentación e os fins do coñecemento científico; a análise da linguaxe tanto nas súas formas naturais como artificiais; a busca dunha nova racionalidade ética; a análise da existencia e da esencia do ser humano, tanto en termos ontolóxicos como axiolóxicos. Polo que merecen destacarse a filósofos tan importantes neste século XX como foron Wittgenstein, Russell, Heidegger, Gadamer ou mesmo Habermas. Para finalizar, a figura de José Ortega y Gasset debe destacarse pola súa vinculación con algunhas destas correntes filosóficas europeas e tamén polo seu significado dentro da historia do pensamento español.

29


* Aínda que calquera dos autores nomeados correspondentes a esta etapa histórica poden ser tratados monográficamente no curso, segundo a elección do profesor e dacordo co establecido no currículo da materia, os autores preseleccionados son os seguintes:

Unidade 7: K. Marx. -O materialismo histórico. -A alienación humana.

Unidade 8: F. Nietzsche. -A crítica dos valores fundamentais. -O nihilismo. -O superhome e a vontade de poder.

IV- TEMPORALIZACIÓN 1ª avaliación: filosofía grega 2ª avaliación: filosofía medieval e moderna 3ª avaliación: filosofía contemporánea......

V- CRITERIOS DE AVALIACIÓN a) Contextualizar adecuadamente aos filósofos no seu marco histórico e filosófico. b) Relacionar os problemas filosóficos coas condicións socioculturais nas que aparecen. c) Coñecer e manexar adecuadamente o vocabulario filosófico básico. d) Analizar o contido dos textos filosóficos, identificando os problemas, conceptos e termos específicos que aparecen, e facendo explícita a súa estrutura expositiva. e) Expoñer as liñas fundamentais do problema plantexado no contexto do pensamento do autor. f) Capacidade crítica, rigor conceptual, coherencia, precisión, claridade expositiva.

VI-CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES De todos os contidos prescritos para esta materia, considéranse contidos mínimos, isto é, imprescindíbeis para superar a materia, os seguintes. 30


I. Filosofía Antiga .- PRESOCRÁTICOS: 1. Esquema das principais correntes e pensadores da Filosofía grega. 2. Principais aportacións da Filosofía presocrática: 3. A natureza nos presocráticos. 4. A Sofística: características xerais, convencionalismo moral. 5. Sócrates: método e intelectualismo ético. .- PLATON: 1. 2. 3. 4. 5. 6.

Teoría das Ideas. Teoría do coñecemento. Antropoloxía: o dualismo alma-corpo, partes ou funcións da alma. Teoría da natureza: o cosmos platónico. Ética platónica: o ben e a virtude. A política: clases sociais e formas de goberno.

ARISTOTELES : . Teoría da natureza en Aristóteles. Explicación do cambio: acto-potencia, materiaforma, substancia-accidentes, teoría das causas, o motor inmóbil. 2. Proceso do coñecemento: da experiencia sensible ó coñecemento abstracto. 3. Antropoloxía: aplicación do Hilemorfismo aristotélico ó ser humano. Natureza e funcións da alma. 4. Etica: o ben e a virtude. 5. Política: Orixe da sociedade e formas de goberno. II. Filosofía medieval e renacentista .- APORTACIÓNS DO CRISTIANISMO Á FILOSOFÍA: 1. Sobre o concepto de Deus: creacionismo, omnipotencia, paternidade divina. 2. Sobre a Historia: Encarnación. 3. Sobre a Antropoloxía: inmortalidade-resurrección. 4. Sobre a Natureza: Temporalidade do mundo.

.- TOMAS DE AQUINO 31


1. O Aristotelismo en Tomás de Aquino. 2. Teoría do coñecemento: Abstración e o Realismo moderado. 3. Fe e Razón. 4. Demostración da existencia de Deus: as cinco vías e a súa estructura. 5. A Lei: lei natural, lei eterna e lei positiva. 6. Crise da Escolástica: Guillermo de Ockham e a separación de Fe e Razón. - MAQUIAVELO E O PENSAMENTO RENACENTISTA 1. O renacemento: o humanismo 2. Maquiavelo 2.1. O realismo político 2.2. A natureza humana 2.3. A fortuna e a virtú 2.4. A razón de Estado 2.5 As formas de goberno 3. O renacemento: a nova ciencia III.Filosofía Moderna .Características xerais do racionalismo e do empirismo .- DESCARTES: 1. O problema do Método: a súas regras. 2. A Dúbida metódica e a primeira verdade: o cogito. 3. Existencia de Deus e veracidade divina. 4.Teoría da substancia: substancia pensante e extensa. Relación alma-corpo. Mecanicismo.

.- LOCKE 1. Teoría do coñecemento: 1.1. Orixe e clasificación das Ideas. 1.2. A noción da substancia. 2. Teoría política: 2.1. Orixe da Sociedade, o contractualismo. 2.2. O Liberalismo político. 2.3. Teoría da propiedade IV. Filosofía contemporánea 32


- MARX: 1. A teoría da alienación 2. O materialismo histórico 3. A economía capitalista e a súa superación. .- NIETZSCHE: 1. Crítica da cultura occidental: 1.1. Crítica da metafísica. 1.2. Crítica da moral: moral de escravos e moral de señores. 1.3. A morte de Deus, o nihilismo e a transmutación de valores. 2. A vida e a vontade de poder: o apolíneo e o dionisíaco. 3. O Superhome e o Eterno Retorno.

33


VII- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Realizarase un exame de cada un dos temas explicados en clase. En ningún momento se examinará a un alumno ou alumna de ningún contido que previamente non fose explicado en clase. Dado que no Exame de Selectividade se esixe a Composición dun Texto Filosófico, os exames orientaranse cara ese obxetivo. Así que consistirán no comentario dun Texto e nunha composición na que se expoñan coa máxima claridade os conceptos, coñecementos adquiridos polos alumnos e alumnas.

Os exames consistirán fundamentalmente de tres partes: 1.- Desenrolo de preguntas sobre o tema 2.- Texto para comentar 3.- Proba obxectiva onde se ofrecerá a posibilidade de elexir unha resposta entre tres Este modelo de exame presentarase, a criterio do profesor, nunha proba única ou en varias probas. É dicir, un exame non ten porque incluir necesariamente os tres apartados. 4.- En todas as probas escritas introducirase a cuantificación de cada pregunta. O longo do proceso diario procederemos a unha recollida de datos valorando o traballo diario dos alumnos/as e a súa participación nas actividades propostas polo profesor.

VIII- CRITERIOS DE CUALIFACIÓN Para a obtención da cualificacón do alumnado, valorarase o traballo diario e os resultados obtidos nas distintas probas específicas. Farase un mínimo dun exame por tema dos contidos especificados no apartado 3. Nesas probas ademais dos contidos, valorarase a expresión e ortografía. A boa presentación e a ausencia de faltas será valorada cun máximo de 0.5 puntos. A nota da cada Avaliación virá determinada pola nota media dos exames realizados. A nota final do curso, será a media aritmética das obtidas nas distintas avaliacións.

Quen sexa sorprendido copiando nun exame será cualificado con un 0 nese exame. 34


Non se considera a realización de Recuperacións e unicamente, e a criterio do profesor/a, se poderá programar unha proba final de recuperación da asignatura. Esta proba diseñarase para aqueles alumnos/as que ofrezan algunha duda razonable na súa calificación final.

O alumno/a que non acade a puntuación mínima en Xuño, deberá presentarse a convocatoria extraordinaria de Setembro.

Non se repetirán exames a aqueles alumnos/as que non fixeran a proba no día sinalado, alomenos que xustifiquen a falta por parte do titor.

IX- ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS PENDENTES DE BACHARELATO A recuperación dos alumnos/as pendentes do curso anterior será levada a cabo en dúas etapas mediante probas obxectivas, e dicir, que divídese a materia do curso en dúas partes e a cada unha de las correspóndelle unha proba. As datas destes exames serán anunciadas públicamente ó alumnado, facendo recordatorio dos contidos mínimos de cada materia. Estas medidas adoptaranse con carácter xeral para aqueles alumnos ou alumnas que non superaran a asignatura no ano anterior. Con carácter específico poderase esixir a ralización dun ou varios traballos sobre os contados do curso anterior co obxeto de que o alumno ou alumna poida desenrolar os temas según a programación do pasado curso. Debemos destacar que o cambio a un libro de texto pode presentar algunhas variacións e coidamos que os pendentes deberían seguir estrictamente a programación do curso anterior.

X- PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS PREVIOS Non afecta a este Departamento

XI-METODOLOXIA DIDACTICA 35


Combinaránse as clases teóricas adicadas a expoñer os contidos da materia con sesións prácticas nas que os alumnos traballarán con textos filosóficos. Dentro das limitacións derivadas da esixencia de abarcar toda a historia da filosofía nun só curso, procuraremos que os alumnos constrúan os seus propios esquemas conceptuais e debatan sobre a actualidade dos problemas filosóficos tratados, establecendo relacións entre distintos autores e épocas históricas .

XII-MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE Para poder atender á diversidade poderanse : 1. Secuenciar os contidos tendo en conta por unha parte a propia orde lóxica da disciplina, e pola outra, a lóxica da aprendizaxe do alumnado. Neste sentido é moi importante coordinarse con outros departamentos e ter en conta as interrelacións funcionais que poida haber cos contidos doutras áreas. 2. Formular os obxectivos de xeito desglosado para que sexa posible plantexar, a partir deles, tarefas e contidos de distinto nivel de dificultade 3. Seleccionar e conceder protagonismo aos contidos básicos para acadar os obxectivos previstos. 4. Atender aos contidos procedimentais e actitudinais no sentido de garantir unha presencia equilibrada dos mesmos. 5. Formular os criterios de avalación de xeito flexíbel, atendendo aos diversos graos de aprendizaxe e centrándose nos obxectivos básicos previstos para a materia. 6.- Deseñaranse actividades para os alumnos con altas capacidades de ser o caso

XIII- PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN EN VALORES. O conxunto de actividades desenvoltas na materia debe fomentar a educación en valores, especialmente aqueles relativos a: - fomento de actividades democráticas - respecto ás diferencias. - construcción de sociedades plurais - pluralismo ideolóxico. 36


- valores de xustiza universal

XIV-

ACCIÓNS

DE

CONTRIBUCIÓN

AO

PROXECTO LECTOR O fomento da lectura convértese nunha actividade prioritaria para comprender textos escritos, para redactar correctamente e para expresarse oralmente de forma axeitada. Nunha área como filosofía a falta de competencia lingüística convértese nun dos principais obstáculos. Parece, polo tanto, preciso fomentar a lectura para garantir a comprensión lingüística dos alumnos. ■

En primeiro lugar, potenciarase a lectura de libros relacionados coas temáticas que se vaian estudando

Empregaranse textos motivadores, normalmente de carácter narrativo ou periodístico, coa finalidade de que os alumnos descubran a Filosofía non só a través do texto expositivo, senón tamén doutros tipos de texto. Así mesmo ensinaráselles aos alumnos a ler textos s dun xeito pautado. Os alumnos aprenderán a situar os textos no seu contexto histórico e xeográfico, e a seleccionar as ideas principais. Por outra banda aprenderán a realizar actividades de contraste de fontes e de integración da información de varias fontes.

En terceiro lugar promoverase que os alumnos lean un conxunto de informacións para que formen a súa propia opinión sobre temas polémicos e de debatelos cos seus compañeiros.

En cuarto lugar intentarase que os

alumnos aprendan a identificar os aspectos

subxectivos dos textos e a reflexionar sobre a función que cumpriron. Ademais analizarán textos de todo tipo: políticos, económicos, periodísticos … ■ En quinto lugar, proporcionaranse

actividades específicas de comprensión lectora

para axudar aos alumnos a comprender o que len ao mesmo tempo que realizan actividades que os axudarán . Estas actividades de comprensión lectora poden ser de varios tipos: ○

actividades sobre o vocabulario más difícil ou específico.

actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma

explícita no texto. ○ actividades sobre as ideas implícitas, os matices do texto e as relacións entre as ideas

(causa - efecto, comparación, semellanza ... ). difíciles de descubrir polos alumnos, pois adoitan estar ocultos no texto. ○ actividades de realización de cadros, esquemas, táboas, etc., ferramentas que son moi

útiles para comprender e estudar . actividades en que se pide aos alumnos que dean a súa opinión persoal e que implican a transformación do estudado en coñecemento propio.

37


XV- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC Utilizaremos as Tecnoloxías da Información e Comunicación para recabar información sobre os temas propostos asi como o uso do cine que sí nos abre un importante campo na aprendizaxe da Historia da Filosofía por aportarnos valiosos materiais relacionados cos contidos que se impartirán ao longo do curso. Empregaremos o ordenador da aula e o cañón para apoiar as explicacións

XVI- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA - Mediante a lectura de textos traballaremos as diferenzas

XVII- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS INCLUÍDO O LIBRO DE TEXTO Empregaremos textos orixinais de diferentes pensadores, textos anónimos, textos mitolóxicos e xornalísticos. Utilizaremos o cine, redes sociais, documentais extraídos da internet servíndonos para elo do ordenador da aula. Non utilizaremos un libro de texto específico e o departamento aportar os apuntes que os alumnos deben toma en clase.

XVIII-ACTIVIDADES

COMPLEMENTARIAS

E

EXTRAESCOLARES Dende o departamento, en coordinación co departamento de actividades extraescolares, programamos a nosa participación nos actos conmemorativos relacionados cos contidos do currículo: 10 de Decembro. Día dos dereitos humanos, 30 de Xaneiro, día mundial da paz, 8 de Marzo día da muller traballadora, 14 de Marzo, Dereitos do consumidor, 5 de Xuño, día mundial do medio ambiente.

38


A implicación do noso alumnado nestas conmemoracións poderá ter lugar de diferentes maneiras: informes individuais e de grupo, murais, exposicións fotográficas, asistencia e participación activa en charlas ou conferencias, etc. Realizarase tamén de acordo coa vicedirección do centro unha saída didáctica , asistencia a algunha conferencia ou película ou calquera outra actividade de interese.

XIX- INCORPORACIÓN DE MODIFICACIÓNS PROPOSTAS

NA

MEMORIA

DO

CURSO

ANTERIOR Como xa se tiña indicado na Memoria do curso 2013-14, a asignatura de Historia da Filosofía non pode someterse a unha metodoloxía estrictamente definida. A problemática filosófica obríganos a unha discusión contínua dos aconteres do mundo no que estamos instalados, esto supón unha difícil temporalización dos contidos que, en moitas ocasións, supón un tratamento menos procedimental dos temas do programa. Como temos insistido en anteriores cursos, sería óptimo un aumento nas horas de clase adxudicadas a esta asignatura. Temos observado nos últimos anos unha merma de horas pero non unha merma correspondente nos programas. Esto dificulta grandemente a preparación do alumnado pras probas de selectividade.

Outra posibilidade sería a de orientar os dous curso de Bacharelato encol dunha programación que insistira mais nos temas propios da Historia da Filosofía, pois parte da temática da asignatura de 1º como Ética, Antropoloxía, xa se imparte en asignaturas optativas.

Debemos constatar asimesmo que o Dto. De Filosofía debería contar cun 2º profesor debido a que temos suficiente número de horas con asignaturas impartidas, sobretodo, polo Dto. De Historia e que, en boa lóxica, deberían corresponder co Dto. De Filososía. Estoume referindo á Etica de 4º da ESO e a nova asignatura de Antropoloxía .

39


Engadir que o número de alumnos/as por clase leva aumentado nos últimos cursos. Compre unha disminución da ratio alumno/aula para que o profesor poida impartir as clases con mais motivación e se poidan completar os programas.

XX- PROCEDEMENTOS PARA PROPIA PROGRAMACIÓN.

AVALIAR

A

A programación é revisada ao longo de todo o curso escolar , con especial fincapé ao analizar os resultados de cada avaliación.

PROGRAMACIÓN DE PSICOLOXÍA

40


PROFESORES:

 Eloi Domínguez  Javier Díaz

41


Introducción e contextualización

A de Psicoloxía 2.º Bachillerato ten como referente o marco legal establecido polas administracións educativas. Os elementos desta materia organízanse en seis bloques, contemplando un bloque inicial, como bloque 0 referido á consideración da psicología como ciencia, as súas enfoques e ramas e campos de aplicación. Estes bloques están estrechamente relacionados entre si con dúas unidades cada bloque. Partindo da consideración da Psicología como ciencia, analízase a biogénesis, o noso proceso de humanización; os fundamentos biolóxicos da conduta e os determinantes herdanza ambiente que perfilan a nosa personalidade na que inflúen as capacidades cognitivas como a percepción, a memoria e a intelixencia, profundando na aprendizaxe; a construción da nosa personalidade individual e social é o epílogo a un contido que se completa coa competencia de Aprender a aprender mediante a investigación de contidos dirixidos que non están explicitados.

42


Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfis competenciais.

Tal e como se describe na LOMCE, todas as áreas ou materias do currículo deben participar no desenvolvemento das distintas competencias do alumnado. Estas, de acordo coas especificaciones da lei, son: 1.º Comunicación lingüística. 2.º Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. 3.º Competencia digital. 4.º Aprender a aprender. 5.º Competencias sociais e cívicas. 6.º Sentido de iniciativa e espírito emprendedor. 7.º Conciencia e expresións culturais. No proxecto de Psicología para 2.º de Bachillerato hase potenciado o desenvolvemento das competencias de comunicación lingüística, conciencia e expresións culturais e as competencias sociais e cívicas. Evidentemente, o resto das competencias tamén foron consideradas nestes materiais, particularmente o fomento da aprendizaxe autónoma (aprender a aprender). Para alcanzar unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no currículo, incluíronse actividades de aprendizaxe integradas que permitirán ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao mesmo tempo. Ademais, cabo recordar que serán os estándares de aprendizaxe evaluables, como elementos de maior concreción, observables e medibles, os que, ao poñerse en relación coas competencias crave, permitan graduar o rendemento ou o desempeño alcanzado en cada unha delas. Comunicación lingüística A competencia lingüística é, naturalmente, outra das capacidades que ha de desenvolver no estudo da Psicología. A comprensión con rigor conceptual dos textos que debe estudar así como a expresión das ideas asimiladas e a procura de información noutras fontes, sexan libros ou artigos de revistas científicas ou nas novas tecnoloxías, esíxenlles e ao mesmo tempo capacítalles para o desenvolvemento desta competencia. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía A competencia matemática e a competencia crave en ciencia e tecnoloxía non son alleas ao estudo da Psicología. Aínda que non son utilizadas do mesmo xeito en todas as parcelas da materia, resultan imprescindibles para a comprensión dos estudos psicométricos nos ámbitos nos que se aplican: a intelixencia factorial, teorías da personalidade, teorías da aprendizaxe, etc. Competencia digital A competencia dixital é así mesmo requirida na procura de información que pode resultar esencial especialmente polo carácter innovador que conllevan as investigacións psicolóxicas actuais coa consecuente abundancia de información e de recursos audiovisuales. Estes recursos poden complementar de modo substancial os textos e imaxes que ofrecen os libros de texto convencionais. Aprender a aprender A competencia aprender a aprender facilita ao alumnado comprender e controlar os mecanismo psíquicos implicados, precisamente, nos procesos cognitivos da aprendizaxe. De maneira que poida interactuar con estes procesos corrixindo e obtendo un maior rendemento e aprovechamiento dos seus recursos cognitivos. Competencias sociais e cívicas As competencias sociais e cívicas son tamén propiciadas de modo esencial polo estudo da Psicología por canto esta ciencia ilumina de forma decisiva os entresijos que subyacen nas

43


relacións sociais. Unha psicología madura implica unha sociabilidad máis eficiente ao mesmo tempo que é garantía de superación de conflitos interpersonales. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor No estudo da Psicología habemos de sinalar que a primeira competencia que facilita o estudo da Psicología é o sentido de iniciativa e espírito emprendedor, por canto esta competencia implica a capacidade de transformar as ideas en actos. Iso significa adquirir conciencia da situación a intervir ou resolver e saber elixir, planificar e gestionar os coñecementos, destrezas ou habilidades e actitudes necesarios con criterio propio, co fin de alcanzar o obxectivo previsto. Conciencia e expresións culturais Finalmente a competencia de conciencia e expresións culturais tampouco está excluída no estudo da Psicología por canto que os condicionamientos sociais son esenciais na configuración do psiquismo. Deste xeito a asignatura contribúe significativamente ao desenvolvemento destas competencias facilitando unha comprensión e sintonía con diferentes modos culturais que explican aspectos esenciais do carácter das persoas.

44


Concreción dos obxectivos para o curso Para Segundo de Bacharelato na materia de Psicoloxia temos os seguintes obxectivos: Comprender mellor o seu propio funcionamento psicolóxico e o dos demais, fomentando o metaconocimiento e evitando o etnocentrismo. Desenvolver a intelixencia emocional ensaiando actitudes máis comprensivas e tolerantes con respecto á conduta e as ideas dos demais, especialmente daqueles que, por razóns sociais ou culturais, diferéncianse máis do propio alumno. Adquirir estratexias máis efectivas para a análise dos seus propios problemas de aprendizaxe, relación social e control emocional, que lles proporcionen un maior control sobre a súa conduta e as súas consecuencias nos demais. Aplicar algúns dos coñecementos e técnicas adquiridos para conseguir un óptimo aprovechamiento e rentabilidad do seu proceso de aprendizaxe. Comprender como os principios e métodos da psicología, poden utilizarse para describir, explicar, predecir e cambiar hábitos. Promover e valorar aquelas respostas no alumnado cuxo contido sexa o lograr unha mellor calidade de vida, evitando factores de risco para un modo de vida saudable. Promover o descentramiento cognitivo para poder adoptar un xuízo moral fundamentado na cooperación entre iguais.

45


Concreción para cada estándar de aprendizaxe de  Temporalización BLOQUE TEMATICO I Primeira Avaliación Temas 1 Psicoloxía: Orixes, definición e método.

   

As orixes da Psicoloxía A psicoloxía científica Os obxectivos da Psicoloxía Metodoloxía da investigación en Psicoloxía

Tema 2: Fundamentos biolóxicos da conducta

 O cerebro humano  Bases xenéticas do comportamento  Influencia hormonal BLOQUE TEMATICO II: Segunda avaliación Tema 3: Procesos cognitivos Básicos: Percepción, atención e memoria.

 A percepción  A memoria  Atención e concentración Tema 4: Procesos cognitivos superiores: Aprendizaxe, intelixencia e pensamento

 A aprendizaxe  A intelixencia BLOQUE TEMATICO III: Terceira Avaliación Tema 5: Motivación, Personalidade e afectividade

   

A motivación A personalidade A emoción e os afectos As psicopatoloxías

Tema 6: Psicoloxía social e das organizaciones

 Cultura e socialización  Psicoloxía de masas  Psicoloxía do mundo laboral

46


 Grao mínimo de consecución para superar a materia A materia se supera tendo presentadas todas as tarefas para casa e acadando un cinco de media nos exames da avaliación Os mínimos que se establecen para superar a materia son os seguintes: - Coñecer as achegas da psicología científica. - Diferenciar enfoques científicos e non científicos. - Recoñecer a complementariedad da psicología con outras ciencias. - Distinguir as características dos principais enfoques da psicología (Conductismo, Humanismo...) - Distinguir os métodos empregados en psicología. - Coñecer as principais ramas da psicología. - Recoñecer a importancia dos factores hereditarios e ambientais na conduta humana - Relatividad das diferentes condutas humanas - Elementos fundamentais dos procesos cognitivos ( atención, percepción...) - Coñecer as principais teorías achega da aprendizaxe. - Aplicar os coñecementos sobre a aprendizaxe á súa vida diaria. - Tipos de intelixencia. A medida da intelixencia. - Coñecer as teorías sobre intelixencia emocional. - Aplicacións prácticas destes coñecementos. - Recoñecer algunhas técnicas utilizadas en publicidade - Concepto de personalidade e os seus trastornos. - A motivación e as emocións: relacións dos seus compoñentes - Coñecer algúns trastornos emocionais e os seus terapias - Coñecer as características dos grupos sociais e as interaccións nos mesmos. - Reflexión sobre a integración de persoas con trastornos mentais. - Comparar diferentes métodos de investigación psicolóxica - Aplicacións prácticas a casos concretos - Principais ámbitos de actuación da psicología - Técnicas de intervención máis usuais.

47


 Procedementos e instrumentos de avaliación A avaliación poderá contar cos seguintes instrumentos: - Actividades de clase: * orais: valorarase a participación en debates, postas en común de actividades e dinámicas de grupo. * escritas: comentarios de texto e exercicios individuais de aplicación dos contidos teóricos de cada un dos temas, resolución de casos prácticos en pequeno grupo, e análise de documentales e películas. - Traballos monográficos ou de investigación e a súa exposición oral en clase: presentarase un guión cos criterios de cualificación dos traballos. - Exames sobre cada un dos temas. Todas estas actividades estarán sometidas á disponibilidade temporal, segundo se vaian desenvolvendo as clases.

48


Concrecións metodoloxicas que require a materia En cada unidade de traballo realizaranse exposicións por parte do profesor para introducir os coñecementos novos, que partirán dos coñecementos e ideas previas do alumnado que serán valorados a través de pequenos cuestionarios ou preguntas orais. Ademais de exposicións, os coñecementos elaboraranse a partir de textos, artigos de revistas, casos prácticos... etc para lograr implicar ao alumnado máis activamente no proceso de aprendizaxe. Os contidos conceptuais estarán abertos á reflexión e participación do alumnado para aportar as súas ideas, por iso nas clases frecuentemente realizaranse debates. De cada tema realizarase un traballo por parte do alumnado, que pode consistir nun traballo monográfico, ou un traballo práctico. Prevese dedicar algunhas sesións á exposición dos traballos realizados. Diariamente nas clases, realizaranse preguntas orais ao alumnado co fin de obter información diaria sobre o dominio dos coñecementos da materia. As actividades concrétanse nas seguintes:

            

Comentario de textos e artigos de psicología. Cuestionarios con preguntas prácticas. Estudo de casos. Debates organizados. Cine-forum Posta en práctica de técnicas de dinámica de grupos. Traballos de investigación sinxelos relacionados cos contidos estudados. Aplicación e valoración de tests. Aplicación de enquisas e cuestionarios. Elaboración dunha entrevista. Análise de obras de arte: percepción e inconsciente. Xogos de rol no aula. Análise de estereotipos culturais, sociais, raciales....

49


Materiais e recursos didácticos que se van a empregar. Os seguintes materiais de apoio poden reforzar e ampliar o estudo dos contidos da área de Psicoloxía

-

Libro: Psicoloxía 2º Bacharelato Ed. Xerais Os materiais dixitais (vídeos, presentacións, animacións...) asociados á unidade. Material elaborado polo profesor Documental “O Universo do cerebro” Documental “Soy esquizofrénico pero no estoy loco” Película “La naranja mecánica” Outros recursos.

Recursos dixitais - Empregaremos a web como recurso didáctico para que os alumnos accedan a información relevante sobre a materia .

50


Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado  Exames escritos 80% Traballos e participación na aula 20%

51


Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente -

Os resultados académicos amosan unha amplia porcentaxe de alumnos que superan a materia Os traballos realizados polos alumnos ten calidade axeitada á súa idade O grao de satisfacción dos alumnos coa materia é patente.

Trimestralmente vanse valorar os seguintes aspectos:

 Interese que despertaron os temas tratados  Interese porlas actividades desenvolvidas na clase  Dificultades atopadas na realización de traballos, actividades, etc…

Así mesmo recolleranse as aportación e suxerencias e serán tidas en conta para o vindeiro trimestre. Ao rematar o curso se pasará un cuestionario anónimo para que valoren o desenvolvemento da asignatura ó longo do curso e realicen as suxerencias oportunas ao profesor.

52


Organizaciรณn das actividades de seguimento, recuperaciรณn e avaliaciรณn das materias pendentes Neste primeiro ano da materia no Instituto non se contemplan estas actividades

53


Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados Avaliaremos inicialmente os motivos polos que se matriculan os alumnos. Se recomendará a todos os alumnos con baixa motivación hacia a materia que se matriculen en outras que lles sexan máis atractivas.

54


Medidas de atención á diversidade. Para atender á diversidad do alumnado utilizaranse as seguintes estratexias: - Avaliación inicial do alumnado: na que se terá en conta os seguintes aspectos (interese do alumnado pola materia, expectativas achega da psicología, temas e actividades que propoñen etc), para realizar axústelos oportunos na programación. - Propoñer actividades abertas para que cada un realíceas segundo as súas posibilidades. - Proporcionar tempo extra e maior atención individual ao alumnado que manifesta dificultades na materia. - Seguimiento individualizado do alumnado, especificando logros e aspectos a mellorar.

55


Concreción dos elementos trasversais que se traballarán no curso O currículo oficial recoñece a importancia de promover o desenvolvemento de novas actitudes e valores. Debe ser o suficientemente flexible para recoller as novas necesidades formativas e as características dunha sociedade plural e en permanente cambio. Por iso, contén un conxunto de ensinos que, integradas no propio programa das áreas, atravésano ou o impregnan. Reciben a denominación genérica de ensinos transversales e abarcan os seguintes campos: educación moral e cívica, educación para a paz e a convivencia, educación ambiental, educación do consumidor, educación para a igualdade de oportunidades entre os sexos, educación sexual, educación para a saúde e educación vial. Traballaremos coordinados co resto de Departamento do Instituto para desenvolver estos contidos nos seguintes eventos e outros que se poidan programar:

 día da paz  fomento e mellora do clima escolar e da aula no Instituto  día da muller…

56


Actividades complementarias e extraescolares programadas. Neste momento non se contemplan actuaciรณns neste senso. Nembargantes estamos abertos a calqueira proposta que poida surdir.

57


Programación da educación en valores Contribuiremos a potenciar os valores cidadáns e democráticos que rixen a comunidade escolar e o noso Centro: Participación, respecto, tolerancia….

58


Acciรณns de contribuciรณn ao proxecto lector Nesta materia os alumnos terรกn que ler dabondo e elaborar os seus propios textos.

59


Accións de contribución ao plan TIC Empregaremos as ferramentas informaticas de xeito natural para el normal desenvolvemento da nosa materia, como xa veñemos facendo dende fai anos. Facilitarase ao alumnado información sobre os recursos dispoñibles en Internet sobre psicología, de forma que o poidan aproveitar para a elaboración de traballos, actividades da materia e para a súa propia aprendizaxe en temas que resulten do seu interese. A presentación dos traballos da materia apoiarase no uso das TIC, valorándose positivamente a utilización adecuada das mesmas.

60


AcciĂłns de contribuciĂłn ao plan de convivencia Nos involucraremos activamente no plan de convivencia do Centro e procuraremos que se surde algĂşn conflicto entre os alumnos pidase resolver dentro da aula de xeito razoado.

61


Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora Consideraremos que esta programación tén un resultado positivo se observamos que:

-

Os resultados académicos amosan unha amplia porcentaxe de alumnos que superan a materia Os traballos realizados polos alumnos ten calidade axeitada á súa idade O grao de satisfacción dos alumnos coa materia é patente.

A final de cada trimestre avaliaremos a marcha da programación con esta ferramenta:

ASPECTOS A AVALIAR

A DESTACAR…

A MELLORAR…

PROPOTAS DE MELLORA PERSOAL

Temporalización das unidades didácticas Desenrolo dos obxectivos didácticos Manexo dos contidos da unidade Descriptores e desempeños competenciais Realización de tarefas Estratexias metodológicas seleccionadas Recursos Claridade nos criterios de avaliación Uso de diversas ferramentas de avaliación Portfolio de evidencias dos estándares de aprendizaxe Atención a la diversidade Interdisciplinariedade

62


63


2º DE BACHARELATO

PROGRAMACIÓN DE PSICOLOXÍA

64


Asinada a presente programación do Departamento de Filosofía do I.E.S. “Xesús Taboada Chivite” de Verín,

para o curso 2016-17 polo único compoñente do

Departamento Dominguez Delgado, Eloi Antón (Xefe de Departamento) Verín a 23 de Setembro do 2016

65


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.