Francés 2016 17

Page 1

IES “ XESÚS TABOADA CHIVITE “ de Verín (Ourense)

PROGRAMACIÓN INICIAL DO CURSO 2016 - 2017 Modificada no mes de abril e maio –en vermello- polas indicacións explícitas da inspección educativa.

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS Compoñen o Departamento de Francés os profesores: Dona María Cristina Escuero Pedrero, que explica a materia nos cursos e grupos seguintes: 1º ESO: 4 grupos, 9 horas coa titoría 2º ESO: grupos, 6 horas 1º BAC , Técnicas de comunicación: 3 grupos: 3 horas

D. David Rodríguez Centeno, Xefe de Departamento de Francés, cos cursos e grupos seguintes: 1º ESO: Investigación e Tratamento da Información: 4 horas 2º ESO: 1 grupo, 2 horas 3º ESO: 2 grupos, 4 horas 1º BAC : 1 grupo ,2 horas 2º BAC : 1 grupo , 3 horas 3 horas de xefatura de departamento.


Estrutura da programación

1. TEMPORALIZACIÓN

(POR CURSOS, TRIMESTRES E AVALIACIÓNS)

1.a.

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BASICAS (por unidades)

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (por unidades)

Competencias clave: Para o ensino de francés segunda lingua estranxeira, centrarémonos nas competencias seguintes:

Comunicación lingüística (CCL).

Aprender a aprender (CAA).

Competencias sociais e cívicas (CSC).

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

As outras competencias non serán avaliadas en francés (competencia matemática CMCCT, competencia dixital CD e iniciativa e espírito emprendedor SCIEE) por non seren significativas dentro do noso currículo. 1.c.

OBXETIVOS (a, c, d, i) (por unidades)

1.d.

CONTIDOS (por unidades)

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS (por unidades)

2. METODOLOXÍA DIDÁCTICA (POR CURSOS) 3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN EN XUÑO E EN SETEMBRO (POR CURSOS) 4. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN PARA ALUMNOS PENDENTES. (2ºESO, 3ºESO,4ºESO,1ºBACE2ºBAC) 5. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS (POR CURSOS) 6. EDUCACIÓN EN VALORES (POR CURSOS) 7. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR (POR CURSOS) 8. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA (POR CURSOS)


9. PROPOSTAS DE MELLORA (POR CURSOS)


PRIMEIRO CURSO DA ESO 1. TEMPORALIZACIÓN

(POR CURSOS, TRIMESTRES E AVALIACIÓNS)

PRIMEIRO TRIMESTRE: PRIMEIRA AVALIACIÓN

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

completar frases clasificar palabras polo xénero e número 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

preguntar para coñecer persoas e as súas costumes 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

traballar os países da francofonía observar os elementos artísticos de certos debuxos

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

comprende preguntas básicas moi sinxelas (nome, idade, números, datas) sabe saudar e presentarse comprende os saúdos dos compañeiros amosa unha actitude adecuada con respecto á lingua e aos compañeiros

1.c.

OBXETIVOS

comprensión global dun pequeno diálogo diferenza entre grafía e fonética cada lingua ten as súas propias regras nasalizacións, ditongos e letras pronunciadas e non pronunciadas


1.d.

CONTIDOS

Saudar e presentarse Deletrear unha palabra Dicir o número de teléfono Os pronomes persoais suxeito Os artigos definidos e indefinidos A formación dos femininos A formación dos plurais regulares Pronomes interrogativos: Qui, que, quel, comment Preposicións: à, en, au, aux Et, mais Presente do verbo être e verbos en -er O alfabeto Contar ata 20 Negación: ne...pas Expresar os gustos e preferencias Os ditongos As nasais As letras finais non pronunciadas Os sons /ʒ/ /v/ O francés no mundo Algúns pronomes interrogativos

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Saúdo Pronomes persoais suxeito Artigos definidos e indefinidos A formación do feminino e do plural O verbo Être e os verbos regulares en –er Gustos e preferencias: J’aime; je préfère, je déteste


Qui est-ce? Qu’est-ce que ...? C’est un, C’est une, C’est + nom Os sons /ʒ/ /v/

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BASICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade

Aprender a aprender (CAA).

completar un diálogo formar masculino e feminino de algúns adxectivos de cor as preposicións: como dis nas túas linguas 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

recoñecer países, capitais e a súa situación no mapa 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

elementos esenciais da civilización francesa

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

fai e responde preguntas básicas afirmativa e negativamente comprende as preguntas e sabe responder afirmativa e negativamente

1.c.

OBXETIVOS

utilización do francés na clase memorización das estruturas estudadas comprensión, pronunciación e escritura do traballado na aula

1.d.

CONTIDOS

Os obxectos da clase Preguntar pola idade, a nacionalidade ou as preferencias


Pronomes persoais tónicos Sons /y/ /u/ /ɔ/ A forma interrogativa e negativa Presente do verbo avoir y être Os números ata o 69 Algunhas preposicións de lugar Il y a O léxico do colexio Os días da sema Un pouco de xeografía francesa As letras finais non pronunciadas

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Os obxectos da clase con algunhas preposicións de lugar Verbo avoir y être Presente do verbo avoir / être Il y a A forma negativa Grafías e sons /y/ /u/ /ɔ/ Pronunciación ou non de “e” e consoantes finais Léxico das cousas de clase

SEGUNDO TRIMESTRE : SEGUNDA AVALIACIÓN

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

observar as regras gramaticais escoitar un texto para obter información 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

aprender as fórmulas de cortesía 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

buscar información nos debuxos


1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

recoñece e procura reproducir os sons nasais máis frecuentes é quen de recoñecer unha persoa da clase pola descrición feita por un compañeiro seu

1.c.

OBXETIVOS

preguntar e responder en francés observar a diferenza entre o francés oral e escrito contar cousas cotiás describir persoas

1.d.

CONTIDOS

Descrición de animais e persoas Os adxectivos posesivos Dicir e pedir a hora Ne ... pas de ... Faire, prendre, lire, se lever et manger Os números ata 100 Adxectivos para describir persoas ou animais As nasais: /ɑ/ Sons e grafías: /ʃ/ Algunhas festas francesas

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Descrición de animais e persoas Os adxectivos posesivos Dicir e pedir a hora Ne ... pas de ... Faire, prendre As nasais: /ɑ/ Sons e grafías: /ʃ/

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade


Aprender a aprender (CAA).

ordenar frases recoñecer e saber escribir algúns sons nasais 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

a roupa algunhas festas francesas 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

monumentos máis importantes de París

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

describe o físico dun dos seus compañeiros ou de si mesmo describe o carácter dun dos seus compañeiros ou de si mesmo di o que lle doe

1.c.

OBXETIVOS

repetición de estruturas formación de descricións co léxico aprendido motivación dos alumnos para participar na vida da clase

1.d.

CONTIDOS

O verbo être: Il est / Elle est Adxectivos do físico Adxectivos de carácter Os artigos contractos: au, aux Avoir mal à Partes do corpo La liaison A grafía e o son /ɛ/ A grafía e o son /wa/ Femininos e plurais irregulares

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

O verbo être: Il est / Elle est Adxectivos do físico Adxectivos de carácter


Os artigos contractos: au, aux Avoir mal à Partes do corpo A grafía e o son /ɛ/ A grafía e o son /wa/ Femininos e plurais irregulares

TERCEIRO TRIMESTRE : TERCEIRA AVALIACIÓN

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

asociar preguntas e respostas 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

relacionar lugares e actividades 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Francia e os franceses: algunhas costumes

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

pregunta e responde como se vai a pregunta e responde como se ven de expresa de xeito sinxelo onde se atopan algúns obxectos e edificios

1.c.

OBXETIVOS

pregunta e responde onde se atopan lugares e cousas fala das profesións comprende e é quen de escribir onde van e de onde veñen as persoas memoriza as estruturas gramaticais e os verbos empregados


1.d.

CONTIDOS

Aller à / au / à la / à l’ /aux Venir de / du / de la / de l’ / des Os edificios, lugares onde se realizan as diferentes actividades Verbos en presente Preposicións de lugar: sur, sous, entre, à côté de, dans As profesións: masculino e feminino Pronunciación de nasais: /ɛ/ /ɑ/ /ɔ/

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Aller à / au / à la / à l’ /aux Venir de / du / de la / de l’ / des Os edificios, lugares onde se realizan as diferentes actividades Verbos en presente Preposicións de lugar: sur, sous, entre, à côté de, dans As profesións: masculino e feminino Pronunciación de nasais: /ɛ/ /ɑ/ /ɔ/

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BASICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

asociar preguntas e respostas asociar imaxes e descricións ás actividades 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

as pezas dun apartamento e o que se fai en cada unha algúns países coas súas capitais 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

O clima en Francia

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)


describe o tempo que fai no día presente e en xeral comprende e expresa o que van facer os demais e si mesmo

1.c.

OBXETIVOS

motivar os alumnos á lectura aprender dos propios erros autoaprendizaxe e autoavaliación a importancia do francés como lingua de comunicación

1.d.

CONTIDOS

Facer proxectos: aller + infinitif Aller à / en / au / à l’ / aux + lieux O léxico do clima: il fait / il va faire Os países e capitais, cidades importantes Grafías e sons: /ɲ/ /z/

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Facer proxectos: aller + infinitif Aller à / en / au / à l’ / aux + lieux O léxico do clima: il fait / il va faire Os países e capitais, cidades importantes Grafías e sons: /ɲ/ /z/

2. METODOLOXÍA DIDÁCTICA O método seguido é o de “ En spirale “ da Editorial Oxford Education. Empregarase tamén o caderniño de exercicios e os CD de escoita. A metodoloxía é comunicativa con numerosas actividades centradas, de maneira equilibrada, nas catro competencias da fala e perfectamente adaptadas ás necesidades e ó nivel do alumno. En canto á comprensión oral o método ofrece algúns documentos sonoros, non moitos, con situacións concretas de comunicación coa finalidade de permitir ós alumnos oír a voz, a entoación auténtica, presentar o vocabulario e introducir os contidos funcionais e gramaticais. Algúns exemplos de actividades son a escoita de lectura simultánea, a asociación de palabras e imaxes, a localización de informacións específicas, a clasificación de informacións, a busca de léxico, os cuestionarios verdadeiro / falso, a toma de notas e os exercicios de fonética. Para a expresión oral proponse actividades individuais, por parellas ou en grupos, que van das mais guiadas ás mais libres, das mais sinxelas ás mais estruturadas, co fin de permitir ós alumnos adquirir progresivamente os automatismos necesarios á competencia de comunicación oral. As actividades serán: lectura expresiva en voz alta, repeticións de frases, producións a partir dun documento escrito, dun tema de estruturas, de elementos lexicais ou gramaticais, imitacións de modelos, transformacións, exercicios de fonética ou entrevistas e


cancións. A comprensión escrita presenta documentos como textos curtos como soporte para o novo léxico, para as función gramaticais ou para as actividades de consolidación do coñecemento adquirido, un cómic e textos auténticos curtos, sinxelos e concretos, para espertar o interese de ler en francés. As actividades son: localización de informacións, relacionar texto e imaxes, busca lexical, exercicios verdadeiro / falso. Finalmente en canto á expresión escrita hai actividades destinadas a desenvolver as estratexias de escritura co fin de animar á creatividade a á imaxinación dos alumnos, espertar a reflexión, reempregar e consolidar os coñecementos adquiridos e desenvolver as técnicas de busca e de organización de ideas. Textos con buracos e cadros para completar, conversacións curtas, correspondencia escrita, listas, horarios, cuestionarios, carteis, cancións, anuncios publicitarios, toma de notas, exercicios de gramática.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN EN XUÑO E EN SETEMBRO A avaliación é continua e formativa, con controis ó longo de todo o curso con exercicios que corresponden ás catro habilidades ou destrezas comunicativas : escoitar, falar, ler e escribir. Na comprensión e expresión oral e escrita os alumnos escoitan as veces que faga falta guiados polo profesor os textos co vocabulario e a gramática da unidade previamente traballados e escriben o que escoitan (50% da nota por unidade) tendo que superar os contidos mínimos (4 de nota). Tamén poden facer ditados co estes contidos. O profesor mima ou axuda á comprensión con xestos. Na expresión escrita os alumnos fan un exame por unidade dos contidos traballados (40% da nota final) tendo que superar os contidos mínimos (5 de nota). Insistimos sobre todo nas conxugacións verbais, por exemplo: auxiliares avoir, être, verbos rematados en –er, casos particulares... Completamos o 10% da nota coa atención dos alumnos nas explicacións, a copia de apuntes e os exercicios na clase e na casa. O 50% da nota ven dado pola comprensión e expresión orais e escritas en escoitas e comprensións feitas na clase (mínimo dun 4 para facer media). A “obxectividade” nestas probas só pode vir marcada no momento da comprensión escrita na que se baixa unha décima por cada palabra mal escrita do vocabulario traballado, nas concordancias de xénero e número, nas terminacións verbais incorrectas de verbos xa traballados. Moito máis non podemos precisar, só que o texto en cuestión ten que ter unha lonxitude dunhas cen palabras (dez faltas, menos un punto). O 40% da nota dependerá do grao de consecución dos contidos escritos. Mínimo dun 5 (contidos mínimos) para superar esta parte. Incluirase en cada un dos exames escritos a valor de cada exercicio, a meirande parte das veces entre dez e cen. En setembro, o exame será escrito, por dispor só dunha hora para examinar a todos os alumnos que suspenderan, e de contidos mínimos, polo que a nota será de 5 (aprobado) ou de 4, 3, 2, 1 ou NP (suspenso). O alumno deberá superar cada un dos exercicios de mínimos do exame.


4. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS O método “ En Spirale “ consta do libro do alumno con 6 unidades didácticas (18 leçons), mais unha unidade 0. Todas as unidades teñen a mesma estrutura: o léxico, situacións da vida diaria, exercicios de repaso, regras de gramática, exercicios de pronunciación, aplicación de estruturas, un tema de civilización e un pequeno exame. Ao fin do libro hai tamén páxinas útiles como o alfabeto, as táboas de conxugación verbal e a gramática do curso. O caderno de exercicios pra que o alumno repase na casa ou na aula o que aprende no Centro. O libro do profesor coa guía, a transcrición das gravacións e as correccións dos exercicios, fichas de avaliación, fichas para alumnos con dificultades, escoitas para a clase e un CD para preparar os controis.

5. EDUCACIÓN EN VALORES Os temas transversais enumerados a continuación forman parte de cada una das unidades didácticas en maior ou menor medida: a convivencia, o medio ambiente, a igualdade de sexos, a educación do consumidor, a saúde, a seguridade viaria e a educación sexual.

6. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR Neste 1º curso da ESO fomentarase a lectura de textos de toda clase en francés fácil e de interese para os alumnos.

7. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Buscarase a maneira de encontrar entre todos, alumnos e profesores, a solución aos problemas que poidan xurdir na vida diaria nunha clase de alumnos de procedencia, nivel de vida, carácteres, razas e crenzas distintos.

8. PROPOSTAS DE MELLORA Imos seguir na liña do ano pasado, con non moitos contidos mais con moita pronunciación e exercicios na aula de comprensión e expresión orais.


SEGUNDO CURSO DA ESO 1. TEMPORALIZACIÓN

(POR CURSOS, TRIMESTRES E AVALIACIÓNS)

PRIMEIRO TRIMESTRE: PRIMEIRA AVALIACIÓN

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

ler sinxelas regras gramaticais e aplicalas cando conveña coñecer a utilidade dos pronomes dicir que non educadamente 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

identificar as tarefas domésticas expresar a frecuencia coa que fas as tarefas na casa describir a casa e os mobles 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

coñecer as tendas en Francia que compran os franceses

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

comprende indicacións básicas moi sinxelas (cociñar, ordenar, lavar a louza) comprende e sabe dicir o que fai e non fai na casa amosa unha actitude adecuada con respecto à lingua e aos compañeiros

1.c.

OBXETIVOS

describe a casa fala das tarefas di coa frecuencia coa que fai as cousas


1.d.

CONTIDOS

Os números ordinais Il y a / il n’y a pas de As negacións: ne...pas /ne... plus /ne... rien /ne... jamais As preposicións de lugar Os pronomes complemento de obxecto directo O presente de indicativo: METTRE e SORTIR A frecuencia A diferenza dos sons: /b/ /v/ A sílaba tónica O vocabulario casa

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Il y a / il n’y a pas de As negacións: ne...pas/ne... rien As preposicións de lugar Os pronomes complemento de obxecto directo A frecuencia coas tarefas domésticas A diferenza dos sons: /b/ /v/ A sílaba tónica

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

traducir frases memorizar regras e explicacións inferir o significado probable dunha frase coa axuda de imaxes utilizar ditados para practicar o vocabulario da roupa 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

asociar linguaxe e situación 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

a roupa e a moda en Francia


nomes de prendas de orixe francesa

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

comprende o sentido global de textos orais participa nas conversas sobre as roupa e di os seus gustos comprende frases e expresións relacionadas coa roupa

1.c.

OBXETIVOS

que o alumno aprenda a deducir o significado dende o contexto compara os seus gustos cos dos compañeiros describe como vai vestido un compañeiro

1.d.

CONTIDOS

Os adxectivos demostrativos A comparación Descrición da roupa que leva posta un compañeiro Os pronomes complemento de obxecto indirecto Os pronomes tónicos A diferenza dos sons: /ʃ/ /s/ /z/ O presente de indicativo: POUVOIR A causa e a consecuencia: Pourquoi? Parce que

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Os adxectivos demostrativos A comparación Descrición da roupa que leva posta un compañeiro Os pronomes complemento de obxecto indirecto Os pronomes tónicos A diferenza dos sons: /ʃ/ /s/ /z/

SEGUNDO TRIMESTRE: SEGUNDA AVALIACIÓN

NESTE TRIMESTRE MODIFICAMOS A ORDE DA PROGRAMACIÓN PORQUE A EXPERIENCIA NOS DI QUE SI DEIXAMOS O PASSÉ COMPOSÉ PARA O ÚLTIMO TRIMESTRE OS RESULTADOS SON PEORES E MOITOS ALUMNOS TEÑEN DIFICULTADES PARA SUPERAR O CURSO.


1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

memorizar regras de formación do passé composé contestar preguntas sobre un texto en pasado 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

a linguaxe adaptada as situacións sociais 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

coñecer o arte e os museos franceses

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

é capaz de escribir en pasado sabe dicir o que fixo á semana pasada comprende ditados ou escoitas con tempos sinxelos en pasado

1.c.

OBXETIVOS

potenciar a comunicación oral fomentar a expresión escrita que o alumno recoñeza un tempo composto que aprenda a autoavaliarse

1.d.

CONTIDOS

O passé composé con AVOIR O passé composé con ÊTRE O passé composé en forma negativa O son /wa/

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS


O passé composé con AVOIR O passé composé con ÊTRE O son /wa/

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

desenvólvese contando o que se pode e non se pode facer deduce a pronunciación de palabras que rematan igual, por exemplo, en -tion 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

explica educadamente o que vai facer aceita as normas do que non se pode facer na aula 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

aprende en francés as actividades que lle gusta facer

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

o alumno sabe expresar as actividades máis habituais o alumno comprende as actividades que pode e non pode facer na aula o alumno desenvólvese para dicir o que vai facer

1.c.

OBXETIVOS

que o alumno utilice as estruturas estudadas que vexa a diferenza do oral e do escrito a expresión da obriga que participe nas actividades do grupo que se exprese en francés de forma oral e escrita

1.d. Faire du / de la / Jouer du / de la Jouer au / à la

CONTIDOS


Il faut + infinitif Il ne faut pas + infinitif Aller + infinitif Prononciation: terminaisons en –tion /sjɔ/ La liaison As redes sociais

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Faire du / de la / Jouer du / de la Jouer au / à la Il faut + infinitif Il ne faut pas + infinitif Prononciation: terminaisons en –tion /sjɔ/ TERCEIRO TRIMESTRE: TERCEIRA AVALIACION

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

memorizar regras e explicacións útiles contestar con boa pronunciación ás preguntas sobre un texto 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

instrumentos de cociña e pratos que se poden elaborar a carta e o menú nun restaurante 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

a gastronomía francesa

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

o alumno sabe expresar os seus gustos culinarios o alumno coñece os compoñentes e as cantidades dalgunhas receitas


1.c.

OBXETIVOS

memorizar estruturas gramaticais e léxicas utilizar correctamente expresións de tempo e o imperativo diferenciar vocais orais e nasais

1.d.

CONTIDOS

Indicar os ingredientes dunha receita de cociña Empregar os partitivos: du, de la, de l’, des Empregar ne...pas de na forma negativa Cuantificar as cantidades: une boîte de, un kilo de, un tube de Os pronomes EN, Y O presente: FINIR, CHOISIR O vocabulario da cociña A entoación

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Indicar os ingredientes dunha receita de cociña Empregar os partitivos: du, de la, de l’, des Empregar ne...pas de na forma negativa Cuantificar as cantidades: une boîte de, un kilo de, un tube de Os pronomes EN, Y

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

fala axeitadamente dos medios de transporte que utiliza a diario contesta preguntas sobre un texto ou unha escoita 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

sabe preguntar os horarios dos medios de transporte 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).


recoñece onde se atopan diferentes lugares do mundo

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

comprender e saber contar accións do pasado comprender por que membro da súa familia preguntan

1.c.

OBXETIVOS

narrar acontecementos pasados , describir un lugar falar do tempo , da familia , das saídas autoavaliación autoaprendizaxe

1.d.

CONTIDOS

os pronomes relativos os adverbos en – ment o passé composé o vocabulario da familia, do tempo, das saídas os franceses na mesa .

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

o passé composé os adxectivos posesivos os membros da familia

2. METODOLOXÍA DIDÁCTICA Este ano non vamos empregar ningún método en concreto xa que as casas de edición, como Oxford, non se dignaron aparecer polo instituto para mostrarnos os seus novos libros. Os do ano pasado (1ºESO e 3º ESO) estaban pouco elaborados, feitos en pouco tempo pola implantación da LOMCE, sen lecturas e con poucas escoitas e estas en CDRom, o que conlevaba ter que empregar o ordenador para poder traballar o que, á súa vez, producía unha demora inxustificada para exercicios sinxelos. É por isto que preferimos dar os apuntes na aula e que os rapaces fagan fotocopias das lecturas e dos exercicios unidade a unidade, engadindo no final de cada unha delas un pequeno glosario coa parte de gramática e fonética correspondente á unidade. A parte da comprensión oral virá asegurada polos exercicios orais na aula, mais as escoitas ou ditados (comprensión oral e escrita) cos contidos axeitados a cada unha das unidades didácticas no concernente á gramática, á fonética e ao vocabulario.


Finalmente, en canto á expresión escrita, buscaremos actividades destinadas a desenvolver as estratexias de escritura co fin de consolidar os coñecementos adquiridos e desenvolver as técnicas de busca e de organización de ideas. Textos con lagoas e cadros para completar, conversacións curtas, correspondencia escrita, listas, horarios, cuestionarios, anuncios publicitarios, toma de notas, exercicios de gramática.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN EN XUÑO E EN SETEMBRO A avaliación é continua e formativa, con controis ó longo de todo o curso con exercicios que corresponden ás catro habilidades ou destrezas comunicativas : escoitar, falar, ler e escribir. Na comprensión e expresión oral e escrita os alumnos escoitan as veces que faga falta guiados polo profesor os textos co vocabulario e a gramática da unidade previamente traballados e escriben o que escoitan (50% da nota por unidade) tendo que superar os contidos mínimos (4 de nota). Tamén poden facer ditados co estes contidos. O profesor mima ou axuda á comprensión con xestos. Na expresión escrita os alumnos fan un exame por unidade dos contidos traballados (40% da nota final) tendo que superar os contidos mínimos (5 de nota). Insistimos sobre todo nas conxugacións verbais, por exemplo: auxiliares avoir, être, verbos rematados en –er, casos particulares... Completamos o 10% da nota coa atención dos alumnos nas explicacións, a copia de apuntes e os exercicios na clase (actitude). Completamos o 10% da nota coa atención dos alumnos nas explicacións, a copia de apuntes e os exercicios na clase. O 50% da nota ven dado pola comprensión e expresión orais e escritas en escoitas e comprensións feitas na clase (mínimo dun 4 para facer media). A obxectividade nestas probas só pode vir marcada no momento da comprensión escrita na que se baixa unha décima por cada palabra do vocabulario traballado mal escrita, nas concordancias de xénero e número, nas terminacións verbais incorrectas de verbos xa traballados. Moito máis non podemos precisar, só que o texto en cuestión ten que ter unha lonxitude dunhas cen palabras (dez faltas, menos un punto). O 40% da nota dependerá do grao de consecución dos contidos escritos. Mínimo dun 5 (contidos mínimos) para superar esta parte. Incluirase en cada un dos exames escritos a valor de cada exercicio, a meirande parte das veces entre dez e cen. En setembro, o exame será escrito, por dispor só dunha hora para examinar a todos os alumnos que suspenderan, e de contidos mínimos, polo que a nota será de 5 (aprobado) ou de 4, 3, 2, 1 ou NP (suspenso). O alumno deberá superar cada un dos exercicios de mínimos do exame.

4. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN PARA ALUMNOS/AS CON ESTA MATERIA PENDENTE.


Entregaranse exercicios e traballos que os alumnos deberán devolver ben feitos nas datas anteriores a cada avaliación. Consideraranse aprobados os alumnos que entreguen correctamente feitos ditos traballos. Se chegado o mes de maio os alumnos non aprobaron a materia pendente cos traballos e probas oportunas terán que presentarse a unha proba final en xuño. De non aprobar os alumnos terán unha nova oportunidade en setembro. Se o alumno superara a segunda avaliación do curso superior, a materia pendente quedaríalle aprobada automaticamente.

5. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS Crearemos unidades con estruturas semellantes ás dos libros de texto: -un pequeno diálogo -léxico -situacións da vida diaria -exercicios -regras gramaticais con exercicios de aplicación -fonética -repaso -un tema de civilización -páxinas útiles: táboas de conxugación, mapa da francofonía, mapa de Francia física e administrativa,... -glosario

6. A EDUCACION EN VALORES : 2º CURSO Os temas transversais enumerados a continuación están presentes nalgunha medida nas actividades: a convivencia, a saúde, a seguridade viaria, a igualdade de sexo, a educación sexual, a educación para o consumidor e a protección do medio ambiente.

7. CONTRIBUCION AO PROXECTO LECTOR Alén dos textos de lectura de cada unha das unidades, tratarase de buscar outros textos que motiven ao alumno sobre todo tipo de temas da actualidade en francés fácil e adaptado ao nivel de cada un, para aprenderen a collelo gusto á lectura en francés.

8. CONTRIBUCION AO PLAN DE CONVIVENCIA Tratarase de buscar entre todos, profesores e alumnos, a mellor maneira de solucionar os problemas que poidan xurdir nunha clase integradora de alumnos de procedencia, niveles, razas e crenzas distintas.


9. PROPOSTAS DE MELLORA Tal e como figura na memoria final de xuño, para esta novo curso propoñemos incidir máis na lingua falada con audicións e comprensións, con repetición de textos, pequenos diálogos sobre escenas da vida diaria, sen esquecer a súa posta por escrito con pequenas redaccións.


TERCEIRO CURSO DA ESO 1. TEMPORALIZACIÓN

(POR CURSOS, TRIMESTRES E AVALIACIÓNS)

PRIMEIRO TRIMESTRE: PRIMEIRA AVALIACIÓN

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

ler sinxelas regras gramaticais e aplicalas cando conveña coñecer a utilidade dos pronomes 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

frases e expresións nas relacións cos outros 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

a estética na portada de libros e revistas os libros e revistas en Francia

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

Dicir o que rematas de facer, o que estás facendo e o que vas a facer comprender os gustos e preferencias en lectura dos teus compañeiros expresar con certa destreza os teus gustos en lectura

1.c.

OBXETIVOS

o francés coma lingua de comunicación na aula o vocabulario da prensa escrita preguntar , escoitar e respectar as opinións dos outros autoavaliación animar a ler


1.d.

CONTIDOS

Expresar opinións ou preferencias: J’aime, je déteste, j’adore, je n’aime pas Redacción cos teus gustos e preferencias Comprensión oral e escrita con gustos e preferencias Os adxectivos e pronomes posesivos Expresións de tempo O pasado recente: VENIR DE + INFINITIF O presente continuo: ÊTRE EN TRAIN DE + INFINITIF O futuro próximo: ALLER + INFINITIF Comprensión oral e escrita cos verbos progresivos O vocabulario da lectura

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Expresar opinións ou preferencias: J’aime, je déteste, j’adore, je n’aime pas Redacción cos teus gustos e preferencias Comprensión oral e escrita con gustos e preferencias Os adxectivos posesivos O pasado recente: VENIR DE + INFINITIF O presente continuo: ÊTRE EN TRAIN DE + INFINITIF O futuro próximo: ALLER + INFINITIF Comprensión oral e escrita cos verbos progresivos

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

deducimos significados de palabras polo contexto memorizar regras e explicacións utilizamos ditados e redaccións para practicar 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

a importancia da reciclaxe a natureza e a importancia de protexela pequenos xestos ecolóxicos 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).


a conservación dos lugares paradisíacos en Francia

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

narración por parte do alumno das cousas que hai ou non que facer para ser ecolóxicos expresión da obriga e a prohibición con paneis e outras imaxes comprensión das accións de obriga e prohibición escoitadas

1.c.

OBXETIVOS

a comprensión global de textos aumentar a capacidade de observación e asociación traballos simples en francés

1.d.

CONTIDOS

O comparativo de cantidade O superlativo Os números: de cen a un millón Os pronomes indefinidos e os adverbios de lugar O presente de verbos irregulares A obrigación: IL FAUT + INFINITIF, ON DOIT + INFINITIF, IL EST OBLIGATOIRE DE + INFINITIF, IMPÉRATIF, DEVOIR + INFINITIF a prohibición: IL NE FAUT PAS + INFINITIF, ON NE DOIT PAS + INFINITIF, IL EST INTERDIT / DÉFENDU DE + INFINITIF, IMPÉRATIF NÉGATIF, NE PAS DEVOIR + INFINITIF la liaison os relativos qui, que, où Le présent: CROIRE, DESCENDRE, ENTENDRE, PRENDRE as vocais nasais

1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

O comparativo de cantidade O superlativo A obrigación: IL FAUT + INFINITIF, ON DOIT + INFINITIF, IL EST OBLIGATOIRE DE + INFINITIF, DEVOIR + INFINITIF a prohibición: IL NE FAUT PAS + INFINITIF, ON NE DOIT PAS + INFINITIF, IL EST INTERDIT / DÉFENDU DE + INFINITIF, NE PAS DEVOIR + INFINITIF Le présent: PRENDRE as vocais nasais

SEGUNDO TRIMESTRE: SEGUNDA AVALIACIÓN


1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

memorizar e aplicar as regras de pronunciación organizar un discurso contestar preguntas sobre un texto 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

a linguaxe adaptada as situacións sociais 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

París

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

comprende e sabe expresar as accións que vai facer redacta o seu proxecto de vacacións empregando os adverbios máis comúns

1.c.

OBXETIVOS

fomentar a expresión escrita impulsar a comunicación oral e escrita a auto-avaliación

1.d.

CONTIDOS

Os conectores O futuro As profesións Os adxectivos de personalidade Pronunciación: a liaison sujet + verbe au futur O mapa de París 1.e. Os conectores

CONTIDOS MÍNIMOS


O futuro As profesións Pronunciación: a liaison sujet + verbe au futur

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

traducir frases aplicas os teus coñecementos sobre gustos para falar dos libros 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

respectas a quenda de palabra dos teus compañeiros e os seus gustos na lectura 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

as tradicións francesas as festas francesas 1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

comprende a información dunha revista coa axuda das imaxes fala dos seus gustos en lectura

1.c.

OBXETIVOS

progresar na comprensión e expresión oral e escrita aprender o vocabulario dos xéneros literarios revisar os pronomes persoais

1.d.

CONTIDOS

Os adxectivos e pronomes demostrativos Os pronomes obxecto directo e indirecto Os adverbios en -ment Recoñecemos os pronomes persoais complemento nas escoitas Recoñecemos os gustos das persoas sobre a lectura


1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Os adxectivos demostrativos Os pronomes obxecto directo Os adverbios en -ment Recoñecemos os pronomes persoais complemento nas escoitas Recoñecemos os gustos das persoas sobre a lectura

TERCEIRO TRIMESTRE: TERCEIRA AVALIACION

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

memorizar regras e explicacións útiles contestar preguntas sobre un texto 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

expresións da vida diaria 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

como pasar as vacacións en Francia

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

comprende textos sinxelos en pasado conta o que lle aconteceu empregando adverbios temporais

1.c.

OBXETIVOS

falar do pasado as nasais redacción en pasado comprensión dun texto en pasado Francia, os seus ríos e gastronomía


fomentar a expresión escrita

1.d.

CONTIDOS

Contar algún feito no pasado (imparfait e passé) Os pronomes tónicos (moi, toi,lui, eux) la liaison: C’était un, c’était une 1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Contar algún feito no pasado (imparfait e passé)

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo da unidade 

Aprender a aprender (CAA).

memorizar regras e explicacións útiles contestar preguntas sobre un texto 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

expresións útiles para cada situación relacionar mensaxes de texto e situacións 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

a francofonía

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

coñecemento dos países de fala francesa e como situalos no mapa sabemos falar de tu e de vostede

1.c.

OBXETIVOS

progresar na comprensión e expresión oral e escrita utilizar as estruturas gramaticais e léxicas estudadas


estimular a aprendizaxe continua

1.d.

CONTIDOS

Os pronomes EN e Y Os adxectivos relativos: où Preposicións: à, au, aux, en Países e rexións 1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Os pronomes EN e Y Preposicións: à, au, aux, en

2. METODOLOXÍA DIDÁCTICA O método seguido é o de “ En spirale “ da Editorial Oxford Education. Empregarase tamén o caderniño de exercicios e os CD de escoita. A metodoloxía é comunicativa con numerosas actividades centradas, de maneira equilibrada, nas catro competencias da fala e perfectamente adaptadas ás necesidades e ó nivel do alumno. En canto á comprensión oral o método ofrece algúns documentos sonoros, non moitos, con situacións concretas de comunicación coa finalidade de permitir ós alumnos oír a voz, a entoación auténtica, presentar o vocabulario e introducir os contidos funcionais e gramaticais. Algúns exemplos de actividades son a escoita de lectura simultánea, a asociación de palabras e imaxes, a localización de informacións específicas, a clasificación de informacións, a busca de léxico, os cuestionarios verdadeiro / falso, a toma de notas e os exercicios de fonética. Para a expresión oral proponse actividades individuais, por parellas ou en grupos, que van das mais guiadas ás mais libres, das mais sinxelas ás mais estruturadas, co fin de permitir ós alumnos adquirir progresivamente os automatismos necesarios á competencia de comunicación oral. As actividades serán: lectura expresiva en voz alta, repeticións de frases, producións a partir dun documento escrito, dun tema de estruturas, de elementos lexicais ou gramaticais, imitacións de modelos, transformacións, exercicios de fonética ou entrevistas e cancións. A comprensión escrita presenta documentos como textos curtos como soporte para o novo léxico, para as función gramaticais ou para as actividades de consolidación do coñecemento adquirido, un cómic e textos auténticos curtos, sinxelos e concretos, para espertar o interese de ler en francés. As actividades son: localización de informacións, relacionar texto e imaxes, busca lexical, exercicios verdadeiro / falso. Finalmente en canto á expresión escrita hai actividades destinadas a desenvolver as estratexias de escritura co fin de animar á creatividade a á imaxinación dos alumnos, espertar a reflexión, reempregar e consolidar os coñecementos adquiridos e desenvolver as técnicas de busca e de organización de ideas. Textos con buracos e cadros para completar, conversacións curtas, correspondencia escrita, listas, horarios, cuestionarios, carteis, cancións, anuncios


publicitarios, toma de notas, exercicios de gramática.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN EN XUÑO E EN SETEMBRO A avaliación é continua e formativa, con controis ó longo de todo o curso con exercicios que corresponden ás catro habilidades ou destrezas comunicativas : escoitar, falar, ler e escribir. Na comprensión e expresión oral e escrita os alumnos escoitan as veces que faga falta guiados polo profesor os textos co vocabulario e a gramática da unidade previamente traballados e escriben o que escoitan (50% da nota por unidade) tendo que superar os contidos mínimos (4 de nota). Tamén poden facer ditados co estes contidos. O profesor mima ou axuda á comprensión con xestos. Na expresión escrita os alumnos fan un exame por unidade dos contidos traballados (40% da nota final) tendo que superar os contidos mínimos (5 de nota). Insistimos sobre todo nas conxugacións verbais, por exemplo: auxiliares avoir, être, verbos rematados en –er, casos particulares... Completamos o 10% da nota coa atención dos alumnos nas explicacións, a copia de apuntes e os exercicios na clase. O 50% da nota ven dado pola comprensión e expresión orais e escritas en escoitas e comprensións feitas na clase (mínimo dun 4 para facer media). A obxectividade nestas probas só pode vir marcada no momento da comprensión escrita na que se baixa unha décima por cada palabra do vocabulario traballado mal escrita, nas concordancias de xénero e número, nas terminacións verbais incorrectas de verbos xa traballados. Moito máis non podemos precisar, só que o texto en cuestión ten que ter unha lonxitude dunhas cen palabras (dez faltas, menos un punto). O 40% da nota dependerá do grao de consecución dos contidos escritos. Mínimo dun 5 (contidos mínimos) para superar esta parte. Incluirase en cada un dos exames escritos a valor de cada exercicio, a meirande parte das veces entre dez e cen. En setembro, o exame será escrito, por dispor só dunha hora para examinar a todos os alumnos que suspenderan, e de contidos mínimos, polo que a nota será de 5 (aprobado) ou de 4, 3, 2, 1 ou NP (suspenso). O alumno deberá superar cada un dos exercicios de mínimos do exame.

4. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS O método “ En Spirale “ consta do libro do alumno con 6 unidades didácticas (18 leçons), mais unha unidade 0. Todas as unidades teñen a mesma estrutura: o léxico, situacións da vida diaria, exercicios de repaso, regras de gramática, exercicios de pronunciación, aplicación de estruturas, un tema de civilización e un pequeno exame. Ao fin do libro hai tamén páxinas útiles como o alfabeto, as táboas de conxugación verbal e a gramática do curso. O caderno de exercicios pra que o alumno repase na casa ou na aula o que aprende no Centro. O libro do profesor coa guía, a transcrición das gravacións e as correccións dos exercicios, fichas de avaliación, fichas para alumnos con dificultades, escoitas para a clase e un


CD para preparar os controis.

5. A EDUCACION EN VALORES : 3º CURSO O ser cidadán, a igualdade de sexos, a protección do medio ambiente, a educación como consumidor, a saúde son os temas transversais que se repiten ó longo de todas as unidades.

6. CONTRIBUCION AO PROXECTO LECTOR Leranse textos dos libros do método e outros sacados doutros libros de lectura, xornais ou revistas fomentando o pracer de ler nos alumnos.

7. CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA Tratarase de solucionar entre todos, profesores e alumnos, os problemas que poidan xurdir nunha clase integradora de todo tipo de alumnos, sen mirar a súa orixe nacional, social, racial ou relixiosa.

8. CONTRIBUCION AO PLAN DE CONVIVENCIA Tratarase de buscar entre todos, profesores e alumnos, a mellor maneira de solucionar os problemas que poidan xurdir nunha clase integradora de alumnos de procedencia, niveles, razas e crenzas distintas.

9. PROPOSTAS DE MELLORA Tal e como dixemos na memoria final de xuño, os alumnos que escollen este ano francés veñen con un bo nivel e poderase dar a programación enteira e non con mínimos como acontecera o ano pasado. Os alumnos repetidores deberán amosar unha actitude moito mellor ca do ano pasado si queren acadar resultados positivos, xa que cos alumnos que vamos ter este ano non nos podemos permitir rebaixar os contidos ós mínimos.

CUARTO CURSO DA ESO Este ano non hai grupo de 4º ESO.

PRIMEIRO CURSO DE BACHARELATO


1. TEMPORALIZACIÓN

(POR CURSOS, TRIMESTRES E AVALIACIÓNS)

PRIMEIRO TRIMESTRE: 1ª AVALIACIÓN Os adxectivos de nacionalidade, "depuis", "tu et vous", as terminacións do presente dos 3 grupos de verbos, revisión dos números , a hora , os nomes de lugar , linguas, nacionalidades . O xénero dos adxectivos, o presente, o plural dos nomes e dos adxectivos, as datas, as presentacións, o saúdo e o ocio . Os verbos pronominais no presente de indicativo, a forma negativa "ne....pas / jamais / rien / personne ", a familia, descrición física e psicolóxica e o "R" .

SEGUNDO TRIMESTRE: 2ª AVALIACIÓN As expresións con "avoir" , os pronomes persoais de COD e COI, " me , te , la , le, les, leur " , vocabulario sobre o corpo e a saúde, a diferenza de pronuncia entre una pregunta e unha afirmación. As preposicións , os verbos seguidos dun infinitivo con ou sin " à ou de ", o vocabulario do instituto e do mundo da educación, a pronuncia de "-tion, -sion, et -ssion" . O " passé composé" : formación e emprego , con "avoir et être ", diferenza de uso entre o "passé composé" e o imperfecto, revisión da formación dos participios pasados regulares e irregulares, as conxuncións, o vocabulario do traballo, das tarefas do fogar e dos anuncios por palabras, o uso das abreviaturas . A expresión da posesión, o vocabulario referido as distintas casas, mobles, a vida cotiá, a pronuncia dos sons nasais .

TERCEIRO TRIMESTRE: 3ª AVALIACIÓN O uso dos pronomes relativos " qui , que , où ", a interrogación, os verbos pronominais no "passé composé", a expresión "venir de " + infinitivo, o léxico do banco, de correos, os tipos de estadía no estranxeiro, a pronuncia da grafía "qu". A revisión do partitivo para a expresión da cantidade, o pronome "en" , o futuro próximo, o léxico referido ás comidas, á alimentación e ós restaurantes, a pronuncia do son "o" .

1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo das unidades


Aprender a aprender (CAA).

recoñecemos e reproducimos os sons do francés coas diferentes grafías entendemos textos sinxelos expresámonos con linguaxe sinxela 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

expresións da vida diaria linguaxe da rúa e sostido 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

os países da francofonía, capitais e xentilicios

1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

o alumno persevera no seu proceso de comprensión e expresión mellorando a pronunciación dos sons non existentes nin en galego nin en castelán capta os puntos principais das gravacións despois de traballar o vocabulario e as expresións clave da unidade participa nas actividades e intercambios de conversa na clase redacta con destreza sobre cada un dos temas das oito unidades no tempo verbal aprendido comprende e comunica con estruturas sintácticas e léxicas axeitadas

1.c.

OBXETIVOS (a, c, d, i)

Por segundo ano consecutivo, os obxectivos de 1° Bacharelato veñen definidos polo cambio inxustificado de 4 horas semanais a 2 horas semanais, polo que os contidos están reducidos à metade e intentaremos tratar o francés segunda lingua estranxeira coma si fose primeira lingua; e dicir, non partiremos de cero como nos anos anteriores sino do nivel de cuarto como materia propia à modalidade. Trataremos as diferentes funcións comunicativas que se relacionan coas catro habilidades ou competencias lingüísticas: comprender, falar, ler e escribir. 1.d.

CONTIDOS

Os indicados na temporalización 1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Tódolos contidos enumerados no apartado de contidos temporizados por avaliación.

2. METODOLOXÍA DIDÁCTICA


Utilízase un enfoque comunicativo que continúa o enfoque comunicativo cognitivo que os alumnos seguiron ó longo da ESO. Está baseado na crenza de que o aprendizaxe se constrúe pouco a pouco, de maneira individual en cada alumno. Esta construción pasa por unha cantidade de operacións encadeadas (percepción, identificación, comprensión, memorización, reflexión, sistematización, expresión, autocorrección e autoevaluación), que conforman o " savoir faire ", o " savoir " e o " savoir être " no alumno. Estes tres "saberes" son os piares que van conducilos cara a competencia en comunicación. Isto vai unido á práctica, primeiro guiada e logo máis libre, das diferentes actividades relativas ás catro habilidades da lingua, comprensión oral e escrita, expresión oral e escrita, e á interacción na clase: traballo colectivo, en grupos, individual, co profesor), pedindo unha participación activa e un esforzo constante para progresar.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN EN XUÑO E EN SETEMBRO A avaliación é continua e formativa, con controis ó longo de todo o curso con exercicios que corresponden ás catro habilidades ou destrezas comunicativas : escoitar, falar, ler e escribir. Na comprensión e expresión oral e escrita os alumnos escoitan as veces que faga falta guiados polo profesor no aparato reprodutor de CDs os textos co vocabulario e a gramática da unidade previamente traballados e escriben o que escoitan (50% da nota por unidade) tendo que superar os contidos mínimos (4 de nota). O profesor mima ou axuda á comprensión con xestos. Na expresión escrita os alumnos fan un exame por unidade dos contidos traballados (40% da nota final) tendo que superar os contidos mínimos (5 de nota). Insistimos sobre todo nas conxugacións verbais : auxiliares avoir , être , verbos en –er e os outros máis os casos particulares. Completamos o 10% da nota coa atención dos alumnos nas explicacións, a copia de apuntes e os exercicios na clase. O 50% da nota ven dado pola comprensión e expresión orais e escritas en escoitas e comprensións feitas na clase (mínimo dun 4 para facer media). Cada comprensión escrita será dunhas cen palabras e sacarase unha décima ou dúas por palabra dependendo da gravidade do erro: recoñecemento ou non de palabras do vocabulario estudado, terminacións verbais, concordancias de xénero e número. É moi complicado explicar como avaliar cada unha das comprensións a cada un dos niveis sen saber ao inicio de curso o nivel dos alumnos que vas ter, si deran catro anos de francés ou só dous. Sen dúbida, teremos en conta estas circunstancias. O 40% da nota dependerá do grao de consecución dos contidos escritos. Mínimo un 5 (contidos mínimos) para superar esta parte. Os exercicios escritos valoraranse sobre 10 ou 100 e cada un deles levará indicada a súa valor. O 10% da nota implica o grao de consecución dos estándares de aprendizaxe. En setembro, o exame será escrito, por dispor só dunha hora para examinar a todos os alumnos que suspenderan, e de contidos mínimos, polo que a nota será de 5 (aprobado) ou de 4, 3, 2, 1 ou NP (suspenso). O alumno deberá superar cada un dos contidos mínimos de cada un dos exercicios.


4. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS Xa que non nos ofreceran ningún libro as casas de edición cos contidos desexables, prepararemos cada unha das unidades e os alumnos fotocopiarán os mesmos por unidades e avaliacións para poderen seguir as clases sen problema. Crearemos unidades con estruturas semellantes ás dos libros de texto: -un pequeno diálogo -léxico -situacións da vida diaria -exercicios -regras gramaticais con exercicios de aplicación -fonética -repaso -un tema de civilización -páxinas útiles: táboas de conxugación, mapa da francofonía, mapa de Francia física e administrativa,... -glosario

5.

A EDUCACIÓN EN VALORES

Todos os temas enumerados a continuación están presentes nalgunha medida en moitas ou en todas as unidades didácticas: educación para a cidadanía, respecto a diversidade como fonte de enriquecemento, valoración das relacións entre persoas que pertencen a xeracións e grupos sociais diferentes, a lectura como pracer, educación para a saúde e para o consumo, educación para a igualdade de oportunidade de homes e mulleres, educación para a paz e a tolerancia, o valor do esforzo para conseguir algo, toma de conciencia da situación da xente que vive en países menos desenvolvidos e fomento do espírito crítico fronte ós textos publicitarios.

6. PROPOSTAS DE MELLORA

SEGUNDO CURSO DE BACHARELATO 1. TEMPORALIZACIÓN

(POR CURSOS, TRIMESTRES E AVALIACIÓNS)

PRIMEIRO TRIMESTRE: 1ª AVALIACIÓN


o plural, a concordancia dos adxectivos, os antónimos e os sinónimos, o emprego das preposicións co nome de lugar, os graos da comparación, o superlativo, os nomes dos países, capitais, moedas e linguas faladas en Europa e os programas europeos para os xoves. a revisión do uso das preposicións " en , à " , o pronome "y" , a negación "ne...que / plus / aucun / ni... ni “ , o futuro simple, os medios de transporte, compra e reserva de billetes de tren ou avión ou bus. o condicional dos verbos: formación e utilización. Os medios de comunicación: o cine, a tele, as cadeas de tele e os programas, os espectáculos e a publicidade. Comentarios de texto publicitarios. o modo subxuntivo: formación e emprego, a utilización despois de formas impersoais, revisión do pretérito perfecto para falar de recordos, a expresión: il faut / il ne faut pas / il fallait, léxico sobre o tempo libre, as vacacións e os tipos de vacacións. SEGUNDO TRIMESTRE: 2ª AVALIACIÓN os adxectivos e os pronomes demostrativos, a comparación, a revisión da concordancia dos tempos compostos do verbo, a roupa, os estilos, a moda e as tendas. algúns prefixos e sufixos, o uso de "lui / leur", cando e cómo utilizar o imperfecto, os verbos que se acompañan da preposición "à", o obxecto directo e indirecto, o ocio, as pequenas viaxes, as actividades de tempo libre e as saídas á cidade ou ó campo. o comparativo e o superlativo, os adverbios: categorías e formación, os pronomes tónicos, o léxico dos deportes, a educación física, os materiais e roupa de deporte, o deporte na escola, os riscos de algúns deportes, a pronuncia de "y / u". TERCEIRO TRIMESTRE: 3ª AVALIACIÓN o imperativo, o infinitivo pasado, "en" + participio presente, o subxuntivo nas frases que expresan ordes, o vocabulario sobre a cidade, os países, as rexións e o campo, o clima, a meteoroloxía, a ecoloxía, a pronuncia de –ille / -ail / - aillle / -eil / -eille. revisión xeral dos tempos verbais: o presente, o pasado e o futuro, revisión do subxuntivo, dos adverbios, vocabulario sobre os itinerarios de formación, o sistema escolar francés e os seus itinerarios. 1.a. 

CONTRIBUCIÓN Ó LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

Comunicación lingüística (CCL).

asegurada polos contidos que se desenvolven ao longo das unidades 

Aprender a aprender (CAA).

recoñecemos e reproducimos os sons do francés coas diferentes grafías entendemos textos un pouco máis complexos

7R


expresámonos con linguaxe un pouco máis complexa 

Competencias sociais e cívicas (CSC).

expresións da vida diaria linguaxe da rúa e sostido costumes en Francia tradicións francesas 

Conciencia e expresións culturais (CCEC).

os aloxamentos en Francia a gastronomía francesa 1.b.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE (CCL, CAA, CSC, CCEC)

redactar un texto de unhas cen palabras sobre o tema da unidade entender as escoitas e responder as cuestións sobre elas escribir correctamente as respostas pronunciar correctamente todos os sons franceses traballar na aula o vocabulario e as expresións clave do tema

1.c.

OBXETIVOS (a, c, d, i)

Os obxectivos veñen definidos polas funcións da linguaxe que o alumno ten que acadar para dominar as catro competencias comunicativas , a saber : a comprensión oral e escrita e a expresión oral e escrita. As competencias ou os obxectivos son os seguintes : Revisión dos coñecementos do nivel anterior, comprender, pedir e dar informacións sobre os países europeos, acercarse á maneira de ser dos europeos mais aló dos prexuízos, ler, escribir e discutir sobre textos que tratan de temas europeos. Falar dos medios de transporte, ler, comprender e pedir horarios e traxectos, ler e comprender informacións das estradas, desenvolverse en caso de avaría ou accidente de coche, redactar cartas oficiais para expoñer un problema ou para pedir informacións, comprender textos sobre o transporte do futuro . Ler e comprender informacións obre películas e cine, comprar, reservar entradas para un espectáculo, ler, comprender e poñerse de acordo sobre a elección dos programas da tele, xustificar o seu punto de vista, aprender a dialogar, dar a súa opinión sobre a publicidade, falar e escribir no condicional. Escoitar e falar, informarse das reservas para as vacacións por teléfono ou por carta, ler informacións para propor actividades ós que van de vacacións, comprender e preguntar o que se pode facer nun lugar público, redactar unha carta para intentar recuperar un obxecto perdido, recoñecer as diferenzas de estrutura nunha carta para amigos e una carta oficial. Describir a roupa, dicir onde se compra e as cousas que a un Ile gusta comprar, desenvolverse


nunha tenda, qué dicir para pedir, probar ou comprar , falar da moda, dos estilos, expresar as preferencias , comprender as informacións das etiquetas, saber expresarse cando un non está satisfeito duna compra, expresar a súa opinión sobre as modas. Falar de ocio e de actividades preferidas, dicir o que un pensa sobre unha actividade, ler e comprender informacións sobre ocio, describir o que poden facer os xoves e o que falta, propoñer a alguén facer unha actividade, redactar unha invitación a un compañeiro e contarlle o programa para estar na súa casa como invitado, aceptar ou rexeitar unha invitación. Dicir os deportes que un practica ou que un segue, describir e contar un accidente de deporte, comprender ós demais e saber cómo actuar e falar en caso de urxencia, informarse nun club deportivo, comprender e expresarse sobre informacións dadas en cadros e gráficos, discutir a favor ou en contra de algo. Desenvolverse oralmente para pedir e indicar o camiño, describir a cidade, o país ,o lugar onde vivimos , falar do tempo que fai, preguntar polo tempo, ler e comprender informacións do tempo, preparar unha campaña ecolóxica, redactar textos e falar sobre eles. Falar dos estudios e dos exames que un vai ter, dicir qué profesións nos atraen e por que, explicar os soños que un ten e as preocupacións polo futuro, organizar ideas e practicar a expresión escrita para facer ben exposicións e composicións. 1.d.

CONTIDOS

Os indicados na temporalización 1.e.

CONTIDOS MÍNIMOS

Tódolos contidos enumerados no apartado de contidos temporizados por avaliación.

2. METODOLOXÍA DIDÁCTICA Utilízase un enfoque comunicativo que continúa o enfoque comunicativo cognitivo que os alumnos seguiron ó longo da ESO. Está baseado na crenza de que o aprendizaxe se constrúe pouco a pouco de maneira individual en cada alumno. Esta construción pasa por unha cantidade de operacións encadeadas (percepción, identificación, comprensión, memorización, reflexión, sistematización, expresión, autocorrección e autoevaluación), que conforman o "savoir faire " , o " savoir " e o " savoir être " no alumno . Estes tres "saberes" son os bases que van conducilos cara a competencia en comunicación . Isto vai unido á práctica, primeiro guiada e logo máis libre, das diferentes actividades relativas ás catro habilidades da lingua, comprensión oral e escrita, expresión oral e escrita e á interacción na clase: traballo colectivo, en grupos, individual, co profesor ..., pedindo unha participación activa e un esforzo constante para progresar.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN EN XUÑO E EN SETEMBRO A avaliación é continua e formativa, con controis ó longo de todo o curso con exercicios que corresponden ás catro habilidades ou destrezas comunicativas : escoitar, falar, ler e escribir. Na comprensión e expresión oral e escrita os alumnos escoitan as veces que faga


falta guiados polo profesor no aparato reprodutor de CDs os textos co vocabulario e a gramática da unidade previamente traballados e escriben o que escoitan (50% da nota por unidade) tendo que superar os contidos mínimos (4 de nota). O profesor mima ou axuda á comprensión con xestos. Na expresión escrita os alumnos fan un exame por unidade dos contidos traballados (40% da nota final) tendo que superar os contidos mínimos (5 de nota). Insistimos sobre todo nas conxugacións verbais : auxiliares avoir , être , verbos en –er e os outros máis os casos particulares. Completamos o 10% da nota coa atención dos alumnos nas explicacións, a copia de apuntes e os exercicios na clase. O 50% da nota ven dado pola comprensión e expresión orais e escritas en escoitas e comprensións feitas na clase (mínimo dun 4 para facer media). Cada comprensión escrita será dunhas cen palabras e sacarase unha décima ou dúas por palabra dependendo da gravidade do erro: recoñecemento ou non de palabras do vocabulario estudado, terminacións verbais, concordancias de xénero e número. É moi complicado explicar como avaliar cada unha das comprensións a cada un dos niveis sen saber ao inicio de curso o nivel dos alumnos que vas ter, si deran catro anos de francés ou só dous. Sen dúbida, teremos en conta estas circunstancias. O 40% da nota dependerá do grao de consecución dos contidos escritos. Mínimo un 5 (contidos mínimos) para superar esta parte. Os exercicios escritos valoraranse sobre 10 ou 100 e cada un deles levará indicada a súa valor. O 10% da nota implica o grao de consecución dos estándares de aprendizaxe. En setembro, o exame será escrito, por dispor só dunha hora para examinar a todos os alumnos que suspenderan, e de contidos mínimos, polo que a nota será de 5 (aprobado) ou de 4, 3, 2, 1 ou NP (suspenso). O alumno deberá superar cada un dos contidos mínimos de cada un dos exercicios. 4. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS Xa que non nos ofreceran ningún libro as casas de edición cos contidos desexables, prepararemos cada unha das unidades e os alumnos fotocopiarán os mesmos por unidades e avaliacións para poderen seguir as clases sen problema. Crearemos unidades con estruturas semellantes ás dos libros de texto: -un pequeno diálogo -léxico -situacións da vida diaria -exercicios -regras gramaticais con exercicios de aplicación -fonética -repaso -un tema de civilización -páxinas útiles: táboas de conxugación, mapa da francofonía, mapa de Francia física e administrativa,... -glosario


5. A EDUCACIÓN EN VALORES Todos os temas enumerados a continuación están presentes nalgunha medida en moitas ou en todas as unidades didácticas: educación para a cidadanía, respecto á diversidade coma fonte de enriquecemento, valoración das relacións entre persoas que pertencen a xeracións e grupos sociais diferentes, a lectura como pracer, educación para a saúde e para o consumo, educación para a igualdade de oportunidades de homes e mulleres, educación para a paz e a tolerancia, o valor do esforzo para conseguir algo, toma de conciencia da situación da xente que vive en países menos desenvolvidos, fomento do espírito crítico fronte ós textos publicitarios.

Verín, 29 setembro de 2015

Xefe do Departamento de Francés Asdo.: David Rodríguez Centeno




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.