Francés 2016 17 técnicas de comunicación 1º bacharelato 2016 17

Page 1

1º BACHARELATO. DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

ANO ESCOLAR 2016-17

TÉCNICAS DE COMUNICACIÓN I Modificación de la programación en el mes de abril-mayo según nueva normativa y orientaciones de la inspección educativa. En rojo para más fácil reconocimiento. Este ano a materia foi adscrita ó departamento de francés, polo que vai impartila a profesora:

ASIGNATURA

PROFESOR

Técnicas de comunicación I

Mª CRISTINA ESCUDERO PEDRERO

1. Introdución e contextualización Como seres sociais que somos pasamos a maior parte da vida con outras persoas, polo tanto parece imprescindible e por conseguinte, moi relevante, aprender a xestionar diversas situacións sociais. Neste senso, aprender habilidades de comunicación parece una necesidade imperiosa para lograr o éxito nas relacións interpersoais, facilitar o proceso de comunicación e lograr un maior rendemento escolar Esta materia quere brindar espazos e favorecer a motivación para que os escolares se exerciten na comunicación, tanto na verbal coma na comunicación non verbal. A comunicación enténdese como unha ferramenta fundamental para mellorar o rendemento escolar porque l comunicar as ideas, plasmalas e ordenalas nun texto escrito e nun discurso oral proporcionaralle aos estudantes unha mellor capacidade de análise, interpretación e argumentación nas diferentes áreas de coñecemento. O individuo actúa con otros interlocutores a través de textos en múltiples modalidades, formatos e soportes. 2. Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación entre os estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais.


- Saber escoitar (escoita activa): entender, comprender e dar sentido ao que se escoita.

SC - Comunicación non verbal

SC - Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos (entoación, pausas, ton, timbre e volume), a linguaxe corporal adecuada (mirada e posición do corpo), así como o autocontrol das emocións ao falar en público.

- Coñece e aplica as normas que rexen a cortesía na comunicación oral e respecta as opinións alleas.

- Distingue o tema principal e os subtemas e xerarquiza as ideas do texto.

- Selecciona e presenta os contidos dos seus textos de forma clara e ordenada.

-Emprega léxico preciso e especializado e evita o uso de coloquialismos e palabras comodín.

-Utiliza o rexistro lingüístico axeitado á situación comunicativa

- Sintetiza e distingue as ideas principais e as secundarias de textos de diferente carácter e estilo.

- Emprega nas intervencións orais un léxico rico e variado.


- Reflexiona e ten unha postura crítica.

- Lectura expresiva, compresiva e/ou dramatizada de textos narrativos, poéticos, teatrais e ensaísticos.

- Le autonomamente obras e textos de diferentes estilos e xéneros .

- Coñece e axústase ás normas ortográficas e morfolóxicas da lingua.

- Interpreta gráficos, táboas, textos, ilustracións e información dos medios e das TIC.

- Crea textos de intención literaria.

3. Concreción de ser o caso dos obxectivos para o curso 1.

Fomentar a escoita activa.

2.

Utilizar una conduta non verbal de acordo coa mensaxe verbal.

3.

Comprender a estrutura de cada tipo de conversa e texto.

4.

Aprender a diferenciar a información relevante da accesoria.

5.

Comprender a información explícita e implícita.

6.

Aprender a inferir o significado das palabras polo seu contexto.


7.

Aprender a facer unha valoración crítica dos distintos tipos de texto.

8.

Practicar a escritura espontánea e adquirir hábitos e actitudes de autor.

9.

Utilizar a lectura como fonte de información de carácter prioritario na sociedade da información e coñecemento, a través das TIC e como vía para a expresión e a comunicación de ideas e coñecementos.

10.

Desenvolver unha actitude ética de construción social de valores de solidariedade, tolerancia, igualdade, respecto ás diferenzas e non á discriminación.

11.

Mellorar a calidade lectora: velocidade e entoación adecuada.

12.

Mellorar a comprensión lectora utilizando diversos tipos de texto e formato: descritivo, narrativo, dramático, lírico, publicidade, gráficos, etc.

13.

Apreciar a calidade dos textos literarios.

14.

Aumentar o pracer pola lectura como forma de entretemento e de realización persoal.

4. Concreción para cada estándar de aprendizaxe: 1º. Temporalización; 2º. Grao mínimo de consecución para superar a materia; 3º. Procedementos e instrumentos de avaliación.


Estándar

Temporalización

Grao mínimo de consecución dos obxectivos Expresar e escoitar con actitude positiva e respecto

Procedementos e instrumentos de avaliación Falar en primeira persoa, de forma directa e con linguaxe positiva

Escoita activa

1º, 2º, trimestre

Ser asertivo

1º, 2º, trimestre

Expresar de forma clara e concisa mensaxes e desexos

1º, 2º, trimestre

1º, 2º, trimestre

Distingue o tema principal e os subtemas e xerarquiza as ideas do texto.

1º, 2º, trimestre

Selecciona e presenta os contidos dos seus textos de forma clara e ordenada

1º, 2º, trimestre

Recoñecer a importancia dos aspectos prosódicos e manter o autocontrol das emocións ao falar en público Coñecer as normas de cortesía que rexen na comunicación oral Distinguir e xerarquizar ideas principais e secundarias nun texto Xerarquizar e ordenar ideas e contidos de forma clara e nítida

Demostrar que escoitamos e entendemos ó interlocutor Discurso oral prosódico e coherente

Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos (entoación, pausas, ton, timbre e volume), a linguaxe corporal adecuada (mirada e posición do corpo), así como o autocontrol das emocións ao falar en público. Coñece e aplica as normas que rexen a cortesía na comunicación oral e respecta as opinións alleas.

Conoce e axústase ás normas ortográficas e morfolóxicas da lingua.

1º, 2º, trimestre

Sintetiza e distingue as ideas principais e as secundarias de textos de diferente carácter e estilo.

1º, 2º, trimestre

Emprega léxico preciso e especializado e evita o uso de coloquialismos e palabras comodín.

1º, 2º, trimestre

Empregar léxico preciso e especializado e fuxir dos coloquialismos

Utiliza o rexistro axeitado á comunicativa

1º, 2º, trimestre

Empregar un rexistro lingüístico adaptado á situación comunicativa

lingüístico situación

Coñecer as normas ortográficas e morfolóxicas da lingua Sintetizar e ordenar ideas e contidos de forma clara e nítida

Facer uso das normas de cortesía na comunicación oral Facer resumos e esquemas, tirar as ideas esenciais dunha obra, fragmento ou texto Facer prácticas orais e por escrito nas que se expresen de forma ordenada as ideas dunha obra, fragmento ou texto Escribir con corrección ortográfica e morfolóxica nas prácticas escritas Expresar oralmente e por escrito de forma ordenada as ideas dunha obra, fragmento ou texto nas prácticas orais e escritas Escribir e falar con precisión léxica evitando os coloquialismos nas intervención de aula Realizar na aula prácticas orais e escritas nas que se contemplen diferentes situacións


comunicativa Interpreta gráficos, táboas, textos, ilustracións e información dos medios e das TIC.

1º, 2º, trimestre

Emprega nas intervencións orais un léxico rico e variado.

1º, 2º, trimestre

Crea textos de intención literaria

1º, 2º, trimestre

Reflexiona e ten unha postura crítica Lectura expresiva, compresiva e/ou dramatizadamente textos narrativos, poéticos, teatrais e ensaísticos Le autonomamente obras e textos de diferentes estilos e xéneros

1º, 2º, trimestre 1º, 2º, trimestre

1º, 2º, trimestre

Interpretar gráficos, táboas, textos, ilustracións e información dos medios e das TIC. Empregar léxico rico e variado nas intervencións orais Crear textos literarios Desenvolver unha postura crítica Ler con velocidade e entoación correctas

Ler con velocidade e entoación correctas

Análise e interpretación de gráficos, ilustracións, etc. Prácticas de aula orais con léxico rico e variado Realización na aula de exercicios de intención literaria Exposición na aula de pensamento crítico Lectura como práctica individual e cooperativa Lectura como práctica individual e cooperativa

5. Concrecións metodolóxicas que require a materia Adoptaranse metodoloxías activas e participativas que faciliten a comunicación e orienten aos alumnos/as cara un pensamento e unha actitude crítica. Un Método participativo onde se practique a escoita activa e se desenvolvan condutas verbais acordes a situación de comunicación, e que faciliten a autoestima e a confianza na persoa que transmite a mensaxe. 6. Materiais e recursos didácticos incluídos os libros de texto. Empregaranse diversas ferramentas metodolóxicas como libros completos ou fragmentos e películas fundamentalmente e artigos de prensa sobre temas de actualidade. Non obstante, ponderase usar calquera recurso didáctico que facilite a consecución dos obxectivos programados. A elección dos libros de lectura e películas farase no inicio de cada trimestre de forma conxunta entre os alumnos e o profesor, non se contempla a imposición de ningunha obra concreta, porque se considera prioritario desenvolver una actitude positiva cara esta actividade formativa e de ocio.

7. Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado

Entendemos a avaliación como un seguimento continuo do proceso de ensinanza e aprendizaxe polo que os instrumentos de avaliación deben ser variados


segundo o momento ou os contidos que se pretendan avaliar. Previamente realizaremos unha avaliación inicial que nos permita coñecer as peculiaridades de comunicación do alumnado e, a partir de aí, estableceranse as medidas que se estimen oportunas para conseguir os obxectivos marcados. A diario procederemos a unha recollida de datos valorando o traballo diario dos alumnos e a súa participación nas actividades propostas polo profesor. Para a obtención da cualificación do alumno, valorarase o traballo diario e as tarefas realizadas durante o trimestre: - Prácticas de comunicación e escoita activa. - Reseñas dos libros lidos e películas visualizadas. - Exposicións orais e outras actividades que se realicen para avanzar no proceso de comunicación oral e escrito, así coma na escoita activa, elemento esencial do proceso de comunicación. A nota da avaliación será a media entre o traballo diario (50%) e as actividades realizadas e entregadas (50%).

8. Indicadores de Logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente

- Escoita e entende a comunicación dende o punto de vista do que fala - Foméntase a empatía para lograr entender os motivos de quen fala - Verificar con propias palabras o que o emisor acaba de dicir - Verbalizar palabras que reforcen el discurso de la outra persoa - Comprender o discurso emitido - Desenvolver unha postura asertiva e respectuosa co discurso escoitado - Le de forma con velocidade e entoación correctas e de forma comprensiva - Xerarquiza as ideas principais e secundarias - Comprende o vocabulario descoñecido a través do contexto - Escribe con corrección ortográfica e gramatical - Elabora diferentes tipos de textos: narrativos, expositivos, poéticos, argumentativos, descritivos e diálogos.

9. Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes Non hai materias pendentes neste curso.


10. Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato. Non afecta a este Departamento

11. Deseño da avaliación inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados Non afecta a este curso

12. Medidas de atención á diversidade Terase en conta o tratamento da diversidade do alumnado en relación aos diferentes ritmos de aprendizaxe que desenvolve cada alumno e cada alumna na aula. Desenvolveranse diferentes estratexias de ensino co obxecto de facilitar as aprendizaxes dos alumnos e as alumnas en función das súas necesidades concretas.

13. Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda Abordaranse os temas da actualidade e outros que poidan xurdir no transcurso das lecturas e conversas que se traten na aula como a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, o respecto por igual aos homes e ás mulleres, e ás persoas con discapacidade, e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto ao Estado de dereito, o respecto e a consideración ás vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia. Así mesmo trataranse: resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, o respecto por igual aos homes e ás mulleres, e ás persoas con discapacidade, e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade, o respecto ao Estado de dereito, o respecto e a consideración ás vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e de calquera tipo de violencia

14. Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada departamento didáctico Este departamento nesta materia non realiza actividades extraescolares e complementarias.


15. Programación da educación en valores Considerando que valor é a escala ética e moral que o individuo posúe á hora de actuar, é evidente que está directamente relacionada coa educación que cada quen recibe dende a súa infancia. A formación de valores que se imparte non pode ser só teórica, senón teorico-práctica, debendo os nosos alumnos formar as súas actitudes e condutas, tendo en conta as súas vivencias e experiencias cotiás. No proceso educativo para a formación e desenvolvemento de valores é necesario cumprir unha serie de requisitos como: - Propiciar condutas positivas. - Entender as condutas negativas - Escoitar antes de criticar. - Evitar os prexuízos. -Crear un clima cooperativo de traballo. - Aprender a autoavaliarse. -Formar conviccións. Os obxectivos da pedagoxía dos valores son ensinar a pensar, a decidir, a facer. A súa importancia resáltase ante a presente crise de valores que parece vivir a sociedade actual, chegando a ser considerados a parte máis importante da formación dos alumnos, por encima dos contidos académicos. A metodoloxía será, fundamentalmente, participativa y diversa: tormenta de ideas, dramatizacións, estudo de casos, mesas redondas, xogos de cooperación, …

16. Accións de contribución ao proxecto lector O fomento da lectura convértese nunha actividade prioritaria para comprender textos escritos, para redactar correctamente e para expresarse oralmente de forma axeitada. Empregaranse textos motivadores, normalmente de carácter narrativo ou periodístico, coa finalidade de que os alumnos aprendan Xeografía e Historia non só a través do texto expositivo, senón tamén doutros tipos de texto. Así mesmo ensinaráselles aos alumnos a ler textos históricos dun xeito pautado. Os alumnos aprenderán a situar os textos no seu contexto histórico e xeográfico, e a seleccionar as ideas principais. Por outra banda aprenderán a realizar actividades de contraste de fontes e de integración da información de varias fontes. En terceiro lugar promoverase que os alumnos lean un conxunto de informacións para que formen a súa propia opinión sobre temas polémicos e de debatelos cos seus compañeiros. En cuarto lugar intentarase que os alumnos aprendan a identificar os aspectos subxectivos dos textos e a reflexionar sobre a función que cumpriron. Ademais analizarán textos de todo tipo: políticos, testimoniais, literarios, etc.


En quinto lugar, proporcionaranse actividades específicas de comprensión lectora para axudar aos alumnos a comprender o que len ao mesmo tempo que realizan actividades que os axudarán . Estas actividades de comprensión lectora poden ser de varios tipos: Actividades sobre o vocabulario más difícil ou específico. Actividades de selección das ideas principais e que están expresadas de forma explícita no texto. Actividades sobre as ideas implícitas, os matices do texto e as relacións entre as ideas (causa - efecto, comparación, semellanza ... ). difíciles de descubrir polos alumnos, pois adoitan estar ocultos no texto. Actividades de realización de cadros, esquemas, táboas, etc., ferramentas que son moi útiles para comprender e estudar . actividades en que se pide aos alumnos que dean a súa opinión persoal e que implican a transformación do estudado en coñecemento propio.

17. Accións de contribución ao plan TIC As novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) forman parte do proxecto educativo actual. Por unha banda, a aparición de Internet supuxo unha revolución na forma de procurar e tratar a información, ata o punto de que se ten convertido na principal fonte de información para case todos; por iso, cómpre que lles ensinemos aos alumnos a manexar Internet e a aproveitar as posibilidades que ofrece para a nosa materia. As novas tecnoloxías ábrenlles novos camiños e formas de traballar na clase, que poden resultar motivadoras para os alumnos e moi potentes desde o punto de vista didáctico. As posibilidades de traballar coas novas tecnoloxías son varias, cada profesor pode elixir, segundo os seus gustos e necesidades pero tendo sempre en conta a necesidade de compensar a desigualdade no acceso Recorreremos a Internet para buscar información sobre actividades ou diversos aspectos da materia Empregaremos recursos multimedia, con presentacións audiovisuais para cada un dos temas do libro. Estas presentacións poden proxectarse de dúas maneiras: ben nun encerado dixital, se o houbera, ben simplemente cun ordenador e un canón. Estas presentacións poden incluír animacións, vídeos, imaxes, esquemas, textos e actividades que poden proxectarse ao longo da explicación na clase e que, sen dúbida, farán máis rica e interesante a exposición.

18. Accións de contribución ao plan de convivencia Mediante a lectura de textos traballar as diferenzas

19. Mecanismos de revisión. Avaliación, e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora.


Non se propón ningunha modificación porque é a primeira vez co departamento de francés imparte esta materia.

Verín, a 20 de setembro de 2016

A profesora: María Cristina Escudero Pedrero


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.