Prog Did Música 2015-16

Page 1

IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

PROFESORADO DO DEPARTAMENTO Mª Carmen Rodríguez Castro Rubén Veloso Carnero David Rodríguez Rivada (Xefe do departamento) 1


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 0º.- ÍNDICE 0º.- Índice (pp. 2-3) 1º.- Introdución e contextualización (p. 4) 1ª PARTE: MATERIAS LOE. “MÚSICA 2º ESO” E “MÚSICA 4º ESO”. 2º.- Contribución das áreas e materias ao logro das competencias básicas (na ESO) (LOE) (p. 5) 3º.- Obxectivos por curso (LOE) (pp. 6-7) 4º.- Secuencia de contidos (LOE) (pp. 8-10) 5º.- Temporalización (LOE) (p. 12) 6º.- Criterios de avaliación (na ESO na relación coas competencias básicas) (LOE) (pp. 13-14) 7º.- Mínimos esixibles (LOE) (p. 15) 8º.- Procedementos e instrumentos de avaliación (LOE) (pp. 16-17) 9º.- Procedementos para a realización da avaliación inicial (na ESO) (LOE) (p. 18) 10º.- Criterios de cualificación (LOE) (p. 19) 11º.- Plans de traballo para a superación das materias pendentes (na ESO) (LOE) (p. 20) 12º.- Procedemento para a cualificación das materias pendentes ou da cualificación final do curso se hai alumnado que asiste a programas de reforzo con atribución horaria (na ESO) (LOE) (p. 21) 13º.- Actividades de seguimento das materias pendentes (no BACH) (LOE) (p. 22) 14º.- Procedementos para acreditar os coñecementos previos (BACH artigo 3.7 Orde 24/06/2008) (LOE) (p. 23) 15º.- Metodoloxía didáctica (BACH incidindo no impulso da autonomía persoal) (LOE) (pp. 24-25) 16º.- Medidas de atención á diversidade (LOE) (p. 26) 17º.- Programación da educación en valores (LOE) (p. 27) 18º.- Accións de contribución ao proxecto lector (LOE) (p. 28) 19º.- Accións de contribución ao plan TIC (LOE) (p. 29) 20º.- Accións de contribución ao PLAN DE CONVIVENCIA (LOE) (p. 30) 21º.-Materias e recursos didácticos incluidos os libros de texto (LOE) (p. 31) 22º.- Actividades complementarias e extraescolares (LOE) (pp. 32-33) 23º.- Incorporación de modificacións propostas na memoria do curso anterior (LOE) (p. 34) 24º.- Procedementos para avaliar a propia programación (LOE) (p. 35) 2ª PARTE: MATERIAS LOMCE. “MÚSICA 3º ESO” E “LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 1º BACHARELATO” 25º.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais (LOMCE) (pp. 36-47) 26º.- Concreción, de ser o caso, dos obxectivos para o curso (LOMCE) (pp. 48-49) 27º.- Concreción para cada estándar de aprendizaxe de: Temporalización, Grao mínimo de consecución para superar a materia e procedementos e instrumentos de avaliación (LOMCE) (pp. 50-57) 28º.- Concrecións metodolóxicas que require a materia (LOMCE) (p. 58) 29º.- Materiais e recursos didácticos que se vaian a utilizar (LOMCE) (p. 59) 30º.- Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado (LOMCE) (pp. 60-61) 2


31ยบ.- Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e prรกctica docente (LOMCE) (p. 62) 32ยบ.- Organizaciรณn das actividades de seguimento, recuperaciรณn e avaliaciรณn das materias pendentes (LOMCE) (p. 63) 33ยบ.- Organizaciรณn dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coรฑecementos necesarios en determinadas materias, no caso de bacharelato (LOMCE) (p. 64) 34ยบ.- Deseรฑo da avaliaciรณn inicial e medidas individuais ou colectivas que se poidan adoptar como consecuencia dos seus resultados (LOMCE) (p. 65) 35ยบ.- Medidas de atenciรณn รก diversidade (LOMCE) (p. 66) 36ยบ.- Concreciรณn dos elementos transversais que se traballarรกn no curso que corresponda (LOMCE) (p. 67) 37ยบ.- Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada departamento didรกctico (LOMCE) (p. 68) 38ยบ.- Programaciรณn da educaciรณn en valores (LOMCE) (p. 69) 39ยบ.- Acciรณns de contribuciรณn ao plan lector (LOMCE) (p. 70) 40ยบ.- Acciรณns de contribuciรณn ao plan TIC (LOMCE) (p. 71) 41ยบ.- Acciรณns de contribuciรณn ao plan de convivencia (LOMCE) (p. 72) 42ยบ.- Mecanismos de revisiรณn, avaliaciรณn e modificaciรณn das programaciรณns didรกcticas en relaciรณn cos resultados acadรฉmicos e procesos de mellora (LOMCE) (p. 73)

3


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 1º.- INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN O IES Xesús Taboada Chivite está situado no Concello de Verín ao sur de Galici e tamén da provincia de Ourense. Linda polo norte co concello de Castrelo do Val, polo leste co de Vilardevós, polo sur con Portugal e polo oeste cos concellos de Oímbra e Monterrei. A súa situación xeográfica é latitude 41º 56´ 2´´ norte e lonxitude 7º 26´ 2´´ oeste, sendo a súa altitude de 386 metros sobre o nivel do mar. O Concello de Verín sitúase no val de Monterrei. O seu río principal é o Támega, que se une ao Douro en Portugal, tendo neste municipio como afluentes, pola esquerda, os regatos de Gondulfes, A Rasela, ÁbedesCabreiroá, Sandín en Tamaguelos e o río pequeno que delimita este concello con Portugal. Pola dereita o seu afluente é o Búbal. A poboación total da comarca aumentou gradualmente durante a primeira metade do século: 31.719 habitantes en 1900; 43.062 en 1950. A partir de 1960 empeza a descender ata os nosos días (30.000 habitantes). Este feito, común a outras comarcas do interior de Galicia, está ligado á emigración. Unha emigración de segunda etapa que se dirixiu aos países centroeuropeos e a algún país sudamericano, pero principalmente ás grandes cidades do estado español: Barcelona, Madrid, Bilbao; e de Galicia: Vigo, Pontevedra, A Coruña, Ourense. A evolución recente da comarca continúa definida polo descenso paulatino da poboación.

4


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16

1ª PARTE: MATERIAS LOE. “MÚSICA 2º ESO” E “MÚSICA 4º ESO” 2º.- CONTRIBUCIÓN DAS ÁREAS E MATERIOS AO LOGRO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS (NA ESO) (LOE) A materia de “Música” contribúe de forma directa á adquisición da competencia cultural e artística en todos os aspectos que a configuran. Fomenta a capacidade de apreciar, comprender e valorar criticamente diferentes manifestacuóns culturais e musicais, artísticas, a través de experiencias, perspectivas, expresivas e do coñecemento de músicas de diferentes culturas, ´pocas e estilos. Pode potenciar así actitudes abertas e respectuosas e ofrecer elementos para a elaboración de xuízos fundamentados respecto das diferentes manifestacións musicais, establecendo conexións con outras linguaxes artísticas e cos contextos social e histórico os que se circunscribe cada obra. Colabora co desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa persoal, mediante o traballo colaborativo e a habilidade para planificar e xestionar proxectos. A música contribúe tamén á competencia social e cidadá. A participación en actividades musicais e de movemento de distinta índole, especialmente as relacionadas coa interpretación e creación colectiva que requiren dun traballo cooperativo colabora na adquisición de habilidades para relacionarse cos demais. A música tamén contribúe ó desenvolvemento do tratamento da información e da competencia dixital. O uso de recursos tecnolóxicos no campo da música posibilita o coñecemento e dominio básico do hardware e o software musical, os distintos formatos de son e de audio dixital ou as técnicas de tratamento e gravación do son relacionados coa producción de mensaxes musicais, audiovisuais e multimedia. Tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia para aprender a aprender, potenciando capacidades e destrezas fundamentais para a aaprendizaxe guiada e autónoma como a atención, a concentración e a memoria, á vez que desenvolve o sentido da orde e da análise. Respecto á competencia en comunicación lingüística, a música contribúe a enriquecer os intercambios comunicativos e á adquisición dun vocabulario musical básico. Desde o punto de vista da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico a música realiza unha achega á mellora da calidade do medio ambiente identificando e reflexionando sobre o exceso de ruído, a contaminación sonora e o uso indiscriminado da música, co fin de serrar hábitos saludables. A música contribúe á competencia matemática poñendo en evidencia a necesidade do manexo de principios matemáticos para a comprensión dos elementos básicos da linguaxe musical.

5


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 3º.- OBXECTIVOS POR CURSO (LOE) Os obxectivos xerais da materia “Música” para o conxunto da etapa da ESO son os seguintes: a. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación. b. Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión. c. Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas. d. Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical. e. Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións. f. Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais. g. Participar en actividades musicais, tanto dentro coma forra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa. h. Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción e transmisión do fenómeno musical.

Os obxectivos específicos para “Música” en 2º ESO son: a. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación. b. Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión. c. Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas. d. Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical. e. Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións. f. Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais. g. Participar en actividades musicais, tanto dentro coma fóra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa.

6


Os obxectivos específicos para “Música” en 4º ESO son: a. Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación. b. Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, coa fin de enriquecer as súas posibilidades de expresión. c. Desenvolver as condicións de análise de obras musicais coma exemplo da creación artística e do patrimonio cultural dos pobos, relacionándoos entre sí e comprendendo o seu uso social e as súas intencións expresivas. d. Aprender a utilizar diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical. e. Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos musicais coñecidos e comunicar as propias valoracións. f. Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais coma fonte de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e diversificación dos seus gustos musicais. g. Participar en actividades musicais, tanto dentro coma fóra da aula, individual e grupalmente, cunha actitude aberta, interesada e respectuosa. h. Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción e transmisión do fenómeno musical.

7


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 4º.- SECUENCIA DE CONTIDOS (LOE) Para MÚSICA 2º ESO, os contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais) son: a. CONCEPTUAIS: BLOQUE 1: A LINGUAXE DA MÚSICA. 1. Os parámetros do son. 2. Representación gráfica da música. 3. O ritmo. 4. A melodía. 5. A harmonía. 6. Procedementos compositivos e formas de organización musical. BLOQUE 2: A VOZ E OS INSTRUMENTOS. 1. A voz. 2. Os instrumentos. BLOQUE 3: MÚSICA NA CULTURA E A SOCIEDADE. 1. Xéneros musicais na cultura occidental. 2. A música tradicional. 3. A música na actualidade. 4. Introducción á presencia da música noutras manifestacións artísticas .

b. PROCEDIMENTAIS: BLOQUE 1: Posta en práctica de diversos exercicios e xogos que permitan a comprensión e interiorización dos diferentes parámetros do son. Lectura, audición, interpretación e recoñecemento dos elementos relacionados coa linguaxe musical. Lectura musical directa como axuda ante a interpretación vocal, instrumenal, asociada ou non ó movemento, realizadas tanto individual coma grupalmente. Realización de dictados rítmicos e melódicos cos elementos coñecidos. Creación de estructuras musicais sinxelas partindo da imitación, repetición e variación de ideas ou temas propostos.

8


BLOQUE 2: Execución de cancións, individual e grupalmente, de unha ou máis voces, con atención á relación entre música e texto. Realización de exercicio de técnica vocal axeitados, con vistas a unha apreciación completa dos mecanismos que participan na emisión vocal. Canto homofónico e monofónico, así como de cánones sinxelos. Cantos tradicionais de Galicia suxeitos a ritmo métrico. Improvisacións vocais baseadas en pregunta-resposta rítmica ou rítmico-melódica. Composición de cancións propias. Gravación e comentario das actividades realizadas na aula empregando o vocabulario axeitado para expresar os aspectos básicos das obras traballadas. Recoñecementos visual e auditivo dos instrumentos musicais e dos grupos que conforman a orquesta. Interpretación musical con instrumental Orff. Improvisación e composición instrumental, individual ou grupal. BLOQUE 3: Escoita activa de obras musicais representativas de cada período histórico estilístico, apoiada pola realización de actividades globalizadoras, baseadas na práctica instrumental, vocal ou de movemento. Preparación de audicións en directo ás que asistan. Realización de bailes tradicionais de Galicia e doutras zonas. Escoita activa e visualización de espectáculos onde se interpreten obras musicais representativas.

c. ACTITUDINAIS: a. Valoración do silencio coma marco indispensable para calquer actividade musical. b. Actitude de interese e respecto hacia as diversas culturas estudiadas. c. Tolerancia ante o diferente, e vontade de probar ritmos doutras terras. d. Valoración do patrimonio cultural, tanto a nivel nacional coma rexional. e. Actitude de respecto e silencio ante as intervencións dos compañeiros nas actividades que se desenvolvan na aula. f. Interese polo cinema, as novas tecnoloxías e o papel que a música desenvolve nese contexto.

9


Para MÚSICA 4º ESO e MÚSICA 4º PDC os contidos (conceptuais, procedimentais e actitudinais), son: a) CONCEPTUAIS: BLOQUE 1: MÚSICA, IMAXE E TECNOLOXÍA. 1. A electrónica e a informática aplicadas á música. 2. A música do cinema, radio, televisión e publicidade. BLOQUE 2: MÚSICA POPULAR URBANA, A MÚSICA TRADICIONAL E A MÚSICA CHAMADA CULTA. BLOQUE 3: A MÚSICA ESPAÑOLA. BLOQUE 4: A MÚSICA TRADICIONAL EN ESPAÑA. BLOQUE 5: MÚSICAS DO MUNDO.

b) PROCEDIMENTAIS: BLOQUE 1: Coñecemento dos instrumentos electrónicos e electromagnéticos da música máis próxima ós seus intereses, así como das súas posibilidades técnicas e expresivas. Coñecemento e posible manipulación a un nivel inicial dos programas informáticos relacionados coa edición de partituras. Búsqueda selectiva de arquivos MIDI, de audio ou vídeo, partituras ou páxinas web relacionadas coa música en Internet. Visualización de fragmentos de películas representativas das diferentes funcións da música no cinema. Análise das funcións da música na publicidade mediante o estudio de diversos anuncios. BLOQUE 2: Análise de obras pertencentes á música popular urbana, fundamentado na audición e apoiado por partituras ou en outras representacións gráficas. Práctica instrumental ou vocal de obras representativas das distintas correntes musicais estudiadas. Improvisación musical a partires da escala de blues, pentatónicas diversas, maiores e menores... no seo de obras traballadas no tema. Visualización de películas ou fragmentos relacionados co tema. BLOQUE 3: Execución vocal ou instrumental de obras ou fragmentos dos distintos períodos estilísticos. Análise de obras dos diferentes períodos, fundamentado na audición e apoiado en partituras.

10


Visualización de obras e fragmentos do teatro musical representativos de cada época. BLOQUE 4: Interpretación grupal do repertorio vocal e instrumental, con ou sen movemento asociado. Análise de obras tradicionais de Galicia, fundamentado na audición e apoiado en partituras. BLOQUE 5: Escoita activa de obras populares iberoamericanas, africanas e do Lonxano Oriente. Interpretación vocal, instrumental ou con movemento de obras pertencentes á música iberoamericana, africana ou do Lonxano Oriente. Danzas tropicais: o merengue e a salsa. Bailes de salón: o tango arxentino.

c) ACTITUDINAIS: a. Valoración do silencio coma marco indispensable para calquer actividade musical. b. Actitude de interese e respecto hacia as diversas culturas estudiadas. c. Tolerancia ante o diferente, e vontade de probar ritmos doutras terras. d. Valoración do patrimonio cultural, tanto a nivel nacional coma rexional. e. Actitude de respecto e silencio ante as intervencións dos compañeiros nas actividades que se desenvolvan na aula. f. Interese polo cinema, as novas tecnoloxías e o papel que a música desenvolve nese contexto.

11


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 5º.- TEMPORALIZACIÓN (LOE) En 2º ESO, a temporalización das unidades do curso é a seguinte: 1ª AVALIACIÓN UNIDADE 1: O son. Cualidades do son. UNIDADE 2: Cualidades do son: a altura. UNIDADE 3: Cualidades do son: a duración. 2ª AVALIACIÓN UNIDADE 4: Cualidades do son: a intensidade. UNIDADE 5: Cualidades do son: o timbre. UNIDADE 6: A organización do son: ritmo, melodía, textura. 3ª AVALIACIÓN UNIDADE 7: A estructura da música: a forma musical. UNIDADE 8: O contido e a función da música: o xénero musical.

En 4º ESO, a temporalización das unidades do curso é a seguinte: 1ª AVALIACIÓN UNIDADE 1: A música no cinema. Funcións da b.s.o., historia do cinema, préstamos. UNIDADE 2: Gravación e reproducción do son. Historia. Instrumentos electrónicos. UNIDADE 3: Músicas do mundo (I): Asia e África. UNIDADE 4: A música popular urbana (I). Das orixes ós anos 60. 2ª AVALIACIÓN UNIDADE 5: A música nos videoxogos: historia, evolución. UNIDADE 6: A informática musical. A música electrónica. DJ. UNIDADE 7: Músicas do mundo (II): Europa. UNIDADE 8: A música popular urbana (II). Os 70 e 80. UNIDADE 9: A música nos medios de comunicación: radio, TV, a publicidade. 3ª AVALIACIÓN UNIDADE 10: Músicas do mundo (III): Oceanía e América. UNIDADE 11: A música como espectáculo: o musical. UNIDADE 12: Música popular urbana (III). Panorama actual.

12


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 6º.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN1 (LOE) Para MÚSICA 2º ESO Ler

e interpretar con fluidez (vocal ou instrumentalmente) partituras de certa dificultade. (CCA, CM, CAIP, CD) Comprender e recoñecer os elementos empregados na escritura musical con relación a esquemas rítmicos relativamente complexos. (CCA, CM) Utilizar os conceptos adquiridos na aprendizaxe da linguaxe musical para a análise de partituras e audicións. (CLC, CCA, CM, CSC, CAA, CAIP) Recoñecer

e respectar o plano sonoro que lles corresponda na execución vocal ou instrumental, así como a súa presencia e función na música escoitada en actividades cotiás. (CCA, CAIP, CM, CSC, CAA) Interpretar

con precisión esquemas rítmicos relativamente complexos (ritmos sincopados, de swing, polirritmias...). (CCA, CM, CAA) Coñecer,

recoñecer e empregar as distintas escalas estudiadas. (CCA, CAA)

Improvisar e crear coa voz e os instrumentos estructuras rítmico-melódicas de oito compases, atendendo ó correcto sentido conclusivo, á riqueza da liña melódica e ás posibilidades de expresión. (CCA, CAA, CAIP) Recoñecer auditivamente os elementos da música que permiten situar unha determinada audición nun contexto histórico, social e xeográfico aproximado. (CCA, CSC) Analizar críticamente a utilización dos medios de comunicación con relación á creación e difusión da música, adoptando unha postura activa ó respecto. (CIAP, CCA, CSC) Utilizar

con autonomía os diferentes recursos ó seu alcance. (CIAP, CAA, CD)

Emitir opinións razoadas sobre diversos temas relacionados co temario. (CLC, CAA, CIAP, CSC) Interpretar

correctamente a súa parte na execución e improvisación vocal, instrumental e de movemento, adaptándose ás indicacións da dirección. (CIAP, CCA, CSC, CM)

1 ADVÍRTASE QUE NESTE APARTADO EMPREGAREMOS AS SEGUINTES ABREVIATURAS PARA RELACIONAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS COS CRITERIOS DE AVALIACIÓN: CLC (Competencia Lingüística e Comunicativa), CAA (Competencia de Aprender a Aprender), CCA (Competencia Cultural e Artística), CM (Competencia Matemática), CAIP (Competencia de Autonomía e Iniciativa Personal), CSC (Competencia Social e Cidadá) e CD (Competencia Dixital).

13


Para MÚSICA 4º ESO e MÚSICA 4º PDC - Ler e interpretar con fluidez (vocal ou instrumentalmente) partituras de certa dificultade. (CCA, CM, CAIP, CD) - Comprender e recoñecer os elementos empregados na escritura musical con relación a esquemas rítmicos relativamente complexos. (CCA, CM) - Utilizar os conceptos adquiridos na aprendizaxe da linguaxe musical para a análise de partituras e audicións. (CLC, CCA, CM, CSC, CAA, CAIP) - Recoñecer e respectar o plano sonoro que lles corresponda na execución vocal ou instrumental, así como a súa presencia e función na música escoitada en actividades cotiás. (CCA, CAIP, CM, CSC, CAA) - Interpretar con precisión esquemas rítmicos relativamente complexos (ritmos sincopados, de swing, polirritmias...). (CCA, CM, CAA) - Coñecer, recoñecer e empregar as distintas escalas estudiadas. (CCA, CAA) - Improvisar e crear coa voz e os instrumentos estructuras rítmico-melódicas de oito compases, atendendo ó correcto sentido conclusivo, á riqueza da liña melódica e ás posibilidades de expresión. (CCA, CAA, CAIP) - Recoñecer auditivamente os elementos da música que permiten situar unha determinada audición nun contexto histórico, social e xeográfico aproximado. (CCA, CSC) - Analizar críticamente a utilización dos medios de comunicación con relación á creación e difusión da música, adoptando unha postura activa ó respecto. (CIAP, CCA, CSC) - Utilizar con autonomía os diferentes recursos ó seu alcance. (CIAP, CAA, CD) - Emitir opinións razoadas sobre diversos temas relacionados co temario. (CLC, CAA, CIAP, CSC) - Interpretar correctamente a súa parte na execución e improvisación vocal, instrumental e de movemento, adaptándose ás indicacións da dirección. (CIAP, CCA, CSC, CM)

14


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 7º.- MÍNIMOS ESIXIBLES (LOE) Para MÚSICA 2º ESO Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos: a. Ter unha calificación media igual ou superior a 5 no caderno de clase; b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza e instrumentación; c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades teóricas de análise e exames; Para MÚSICA 4º ESO Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos: a. Ter unha calificación igual ou superior a 5 no exame de avaliación e no traballo de avaliación, ou ter coma mínimo un 3 que, compensado coas outras notas de avaliación, promedie un 5; b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza, canto, análise, audición e instrumentación, ou unha nota mínima dun 3 que, compensado polas outras notas, promedien un 5; c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 4 nas actividades teóricas de análise e exercicios escritos, pero que facendo media ponderada coas outras partes da asignatura dean unha media dun 5 coma mínimo;

E 4º PDC Para poderen aprobar a asignatura, os alumnos deberán cumprir estes requisitos: a. Ter unha calificación igual ou superior a 5 no exame de avaliación e no traballo de avaliación, ou ter coma mínimo un 4 que, compensado coas outras notas de avaliación, promedie un 5; b. Ter unha calificación media igual ou superior a un 5 nas actividades prácticas de danza, canto, análise, audición e instrumentación, ou unha nota mínima dun 4 que, compensado polas outras notas, promedien un 5; c. Ter unha calificación media igual ou superior a un 4 nas actividades teóricas de análise e exercicios escritos, pero que facendo media ponderada coas outras partes da asignatura dean unha media dun 5 coma mínimo.

15


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 8º.- PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN (LOE) Para MÚSICA 2º ESO A nota deste curso ten dúas partes: unha teórica (40 por cen) e outra práctica (50 por cen). O bó comportamento e o traballo supoñen o 10% restante. Na teoría haberá exames e o caderno do libro. Na práctica haberá instrumentación (frauta), práctica vocal e traballos (un dos instrumentos da orquesta, outro da música hispanoamericana e outro sobre un compositor ou músico importante, cada un deles nunha avaliación). Deberán obter cando menos un 4 na teoría, e un 5 na práctica, pero compensando a media e chegando a un 5. Teráse en conta o comportamento do alumno (tanto que poderá modificar a calificación media de cada avaliación en +/- 1 punto) e a súa asistencia á aula. Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obterían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame. Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas ( ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia). Se un alumno ten adaptacións curriculares ou amosa dificultades de aprendzaxe, poderáselle facer un tipo de probas adaptado ó seu nivel e circunstancias, para garantir que as súas necesidades estean sendo atendidas e que realmente se esforza. Para MÚSICA 4º ESO A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40%), unha práctica (50%) e a asistencia e puntualidade (10%); sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final). Na nota teórica (40%) os procedementos de avaliación serán: un exame teóricopráctico por avaliación (con contidos referidos ó visto na aula, con tarefas relacionadas coa práctica musical e aplicando as destrezas traballadas). A nota mínima para facer media é un 4, sempre e cando a media sexa igual ou superior a 5 puntos sobre dez. Na nota práctica (50%) haberá moitas calificacións: de baile, instrumentación, análise musical, práctica musical e canto. Ningún alumno poderá negarse a realizar estas tarefas, agás que acredite documentalmente algunha incapacidade ou molestia no se desenvolvemento. De ser así, todos estes procedementos de avaliación (teoría e práctica) poderán ser sustituidos por un único exame teórico.práctico por avaliación co valor dun 100% da nota. Ningún alumno cunha calificación media na parte práctica inferior a 4 poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se a media inferior a 4 na parte práctica pertence á terceira avaliación). Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e 16


presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame. Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas (ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia). Para MÚSICA 4º PDC A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40%), unha práctica (50%) e a asistencia (10%); esta última teráse en conta restando 0,1 puntos por cada falta de asistencia, xustificada ou non2, ata un máximo de 1 punto por avaliación. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. Sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final). Na nota teórica (40%) os procedementos de avaliación serán: un exame teóricopráctico por avaliación (con contidos referidos ó visto na aula, con tarefas relacionadas coa práctica musical e aplicando as destrezas traballadas), que terá un valor do 20% da nota. Tamén haberá un traballo con exposición e análise musical por avaliación (20%). Se o prefire, ou se non entrega o traballo nos prazos establecidos, o alumno poderá sustituir a parte teórica (traballo e exame) por un exame por avaliación, co mesmo valor (40%). Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame ou no traballo poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación). Na nota práctica (50%) haberá moitas calificacións: de baile, instrumentación, análise musical e canto. Ningún alumno poderá negarse a realizar estas tarefas, agás que acredite documentalmente algunha incapacidade ou molestia no se desenvolvemento. De ser así, todos estes procedementos de avaliación (teoría e práctica) poderán ser sustituidos por un único exame teórico.práctico por avaliación co valor dun 100% da nota. Ningún alumno cunha calificación media na parte práctica inferior a 4 poderá aprobar a avaliación, tendo que recuperala no comezo da seguinte avaliación (facendo un único exame que suporá o cen por cen da nota), ou en setembro (se a media inferior a 4 na parte práctica pertence á terceira avaliación). Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos. Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas (ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia). 2 Se un alumno vese na obriga de ausentarse ás clases por motivos de saúde ou inaprazables, poderá facer algún traballo relacionado co que se ve una clase os días que faltou, e nese caso non se lle aplicaría ningunha redución de nota.

17


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 9º.- PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL (NA ESO) (LOE)

Para avaliar o nivel de destrezas e coñecementos dos alumnos de ESO nas primeiras semanas do curso, farán probas de distinto tipo: probas de instrumentación, de danza, cantarán, farán audicións, comporán pezas musicais e amosarán os seus coñecementos teóricos nas clases (mediante proba escrita ou sinxelas preguntas). O obxectivo non é outro que averiguar cal é o seu nivel na materia de “Música”, co fin de poder axudalos a mellorar no devir da primeira avaliación e obert unha boa base, común a tódolos alumnos, para levar a cabo as tarefas musicais do curso dun xeito equilibrado e unificado, sen grandes diferencias de nivel entre eles.

18


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 10º.- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN (LOE)

Con carácter xeral, aplicaránse en todos os cursos as seguintes valoracións: a. a asistencia teráse en conta: na ESO xa non hai perda do dereito á avaliación continua, pero sí se penalizará ata en 1 punto sobre a media da avaliación; b. se a algún alumno se lle retirase o exame por COPIAR ou realizar calquer movemento sospeitoso durante a súa realización, se se lle ve cunha “chuleta” no exame, ou mesmo se amosa un comportamento irrespectuoso cara os demais no momento de realizar o exame, ese alumno consideraríase automáticamente SUSPENSO, recibindo coma calificación 0; c. o comportamento modifica nun +/-1 punto a calificación media total do alumno;

Concretando en cada curso: a. 2º ESO, “MÚSICA”: 50% práctica, 40% teoría, 10% comportamento e traballo; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5; b. 4º ESO “MÚSICA”, 40% práctica, 50% teoría e 10% comportamento, traballos e asistencia; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5, nota mínima en exame de avaliación ou traballo de avaliación para facer media: 3; d. 4º PDC, “MÚSICA”, 50% práctica, 40% teoría e 10% asistencia; detalles na páxina da asignatura correspondente; requisito para aprobar: nota media igual ou superior a 5, nota mínima en exame de avaliación ou traballo de avaliación para facer media: 4;

19


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 11º.- PLANS DE TRABALLO PARA A SUPERACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES (NA ESO) (LOE) Os alumnos que teñana pendente a materia de “Música” de 2º ESO ou de 3º ESO poderán utilizar os seguintes procedementos para superala: a) poderán realizar un traballo por avaliación, no que (seguindo unhas sinxelas pautas) amosen certa madurez no desenvolvemento do tema de traballo proposto, cubrindo todos os aspectos imprescindibles para unha valoración positiva (de 5 puntos sobre 10, coma mínimo) e así, de teren entregado dous traballos antes de maioi (un por cada avaliación) recuperarían a materia sen necesidade de facer o exame de maio; b) no caso de non aprobar os dous traballos, ou de non entregar algún dos mesmos (ou ningún), terán que realizar un exame de recuperación en maio.

20


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 12º.- PROCEDEMENTO PARA A CUALIFICACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES OU DA CUALIFICACIÓN FINAL DO CURSO SE HAI ALUMNADO QUE ASISTE A PROGRAMAS DE REFORZO CON ATRIBUCIÓN HORARIA (NA ESO) (LOE)

Para os alumnos que teñan asignaturas pendentes o Departamento de Música propón as seguintes actividades de recuperación:

(ADVERTENCIA: É de vital importancia que os alumnos implicados se poñan en contacto coa maior brevidade posible co profesor para seguir as súas indicacións) 2º E.S.O. -Exercicios escritos nun folio. -Traballo sobre os instrumentos musicais: descrición, fotografías, evolución, historia, relación da orquesta sinfónica... -Exercicios sobre linguaxe musical. 4º E.S.O. -Traballo sobre un grupo musical do século XX ou XXI: debe seguir este guión: Índice, Introducción, Datos do Grupo (compoñentes, historia, repertorio discográfico, premios), Análise musical e literaria dunha canción escollida polo alumno, Bibliografía consultada. Deben facilitarse CDs con traballos do grupo, especialmente a canción que sexa analizada polo alumno. -Traballo sobre a música tradicional galega, seguindo o guión que se lle dea ó alumno. ATENCIÓN: PARA O ALUMNADO REPETIDOR: SE ALGÚN ALUMNO REPITE CURSO, ACHEGARÍASELLE UNHA SERIE DE EXERCICIOS COMPLEMENTARIOS PARA QUE NON SE ABURRIRA NAS CLASES, PARA QUE O FEITO DE REPETIR CURSO NON O CONDENE A UNHA REPETICIÓN LITERAL DOS CONTIDOS OU ACTIVIDADES. PARA ISO, TERÁ MÁIS ACTIVIDADES, TERÁ UNS EXERCICIOS LIXEIRAMENTE DISTINTOS ÓS DO CURSO ANTERIOR, UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS E BÚSQUEDAS ONLINE PREPARADAS PARA EL, ETC. O OBXECTIVO É CONSEGUIR QUE SUPERE SATISFACTORIAMENTE O CURSO E QUE NON ATOPE TEDIOSO (POR COÑECIDO) O QUE SE LLE ENSINE NA AULA.

21


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 13º.- ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO DAS MATERIAS PENDENTES (NO BACH) (LOE) O alumnado que teña “Música” pendente de 1º bacharelato deberá realizar os seguintes traballos se quere evitar facer o exame de recuperación de maio: -Traballo sobre un grupo musical do século XX ou XXI: debe seguir este guión: Índice, Introducción, Datos do Grupo (compoñentes, historia, repertorio discográfico, premios), Análise musical e literaria de dúas cancións escollidas polo alumno, Bibliografía consultada. Deben facilitarse CDs con traballos do grupo, especialmente a canción que sexa analizada polo alumno. -Traballo sobre a música no cinema ou na publicidade. O alumno debe falar co profesor para que lle indique os pasos a seguir. ATENCIÓN: PARA O ALUMNADO REPETIDOR: SE ALGÚN ALUMNO REPITE CURSO, ACHEGARÍASELLE UNHA SERIE DE EXERCICIOS COMPLEMENTARIOS PARA QUE NON SE ABURRIRA NAS CLASES, PARA QUE O FEITO DE REPETIR CURSO NON O CONDENE A UNHA REPETICIÓN LITERAL DOS CONTIDOS OU ACTIVIDADES. PARA ISO, TERÁ MÁIS ACTIVIDADES, TERÁ UNS EXERCICIOS LIXEIRAMENTE DISTINTOS ÓS DO CURSO ANTERIOR, UNHA BATERÍA DE PREGUNTAS E BÚSQUEDAS ONLINE PREPARADAS PARA EL, ETC. O OBXECTIVO É CONSEGUIR QUE SUPERE SATISFACTORIAMENTE O CURSO E QUE NON ATOPE TEDIOSO (POR COÑECIDO) O QUE SE LLE ENSINE NA AULA.

22


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 14º.- PROCEDEMENTOS PARA ACREDITAR OS COÑECEMENTOS PREVIOS (BACH artigo 3.7 Orde 24/06/2008) (LOE) Coa entrada en vigor da LOMCE, este apartado da programación xa non está vixente. Na materia de “Música” de 1º bacharelato os alumnos non precisan coñecementos previos, polo que non é preciso que fagan ningún tipo de proba ou traballo.

23


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 15º.- METODOLOXÍA DIDÁCTICA (loe)

15.1.- Principios metodolóxicos. Os principios nos que se basea a docencia desta materia son os seguintes: a. a actividade: as cousas aprenderánse, en moitos casos, facéndose directamente, e non necesariamente a partires da teoría; por exemplo, o merengue; b. a unidade de teoría e práctica: sempre haberá un exemplo práctico para cada aspecto teórico, e sempre se extraerá unha regra ou máxima que resuma de xeito teórico o aprehendido na aula; c. a atención personalizada: na medida das posibilidades teránse en conta as necesidades de cada rapaz e rapaza; d. a creatividade: que será potenciada mediante actividades de libre invención por parte dos alumnos, como por exemplo o deseño de escenas cinematográficas para fragmentos de bandas sonoras propostos polo profesor; e. a socialización: que será un dos valores máis destacados neste curso, no que terán que facer unha revista entre todos, no que bailarán e tocarán, farán traballos de análise musical en grupos...; f. a interdisciplinaridade: na medida das posibilidades se venllerán os contidos desta asignatura con outras materias próximas, como lingua castelá e literatura ou debuxo.

15.2.- Métodos didácticos. Principalmente seguiremos dous: a. método de proxectos: plantexando situación conflictivas que deben solucionar empregando a imaxinación e conceptos xa coñecidos; b. método de aprendizaxe por descubrimento.

15.3.- Modelo de aprendizaxe. Procuraremos unha aprendixe significativa, desde o punto de vista constructivista da intervención pedagóxica. A partires dos coñecementos previos do alumnado desenvólvense contidos de forma estructurada e coherente, de xeito que a posibilidade de construir novas aprendizaxes dependa do xa aprehendido, tendo en conta que cada nova aprendizaxe aumenta a súa capacidade de aprender. Para isto debemos: a. propiciar situacións que sexan motivadoras; b. crear contextos de aprendizaxe que lles obriguen a ter presentes os contidos xa 24


aprehendidos; c. garantir a construcci贸n de aprendizaxes significativas e en espiral; d. promover na aula un ambiente de intercambio. En Bacharelato incidiremos especialmente en que o alumno consiga unha autonom铆a cada vez maior.

25


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 16º.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (LOE)

16.1.- Alumnado estranxeiro. Para o alumnado estranxeiro hai varias posibilidades: pódeselles pedir un pouco menos que ós demais no que a aspectos teóricos se refire e un pouco máis no que atinxe á práctica. Segundo o caso se adaptará o currículo ás súas posibilidades, sempre nun contexto de integración e tolerancia. Haberá que ter coidado das dificultades lingüísticas e culturais. 16.2.- Superdotación intelectual. Para o alumnado superdotado farase unha serie de actividades complementarias que satisfagan as súas necesidades, sempre con máxima discreción e de xeito que os compañeiros non perciban diferencias, tendo en conta o mal que o pasan estes rapaces. 16.3.- Alumnado con necesidades educativas especiais. Para rapaces que teñan algún tipo de déficit (visual, auditivo, motórico, de coordinación ou do tipo que sexa) faranse adaptacións das actividades, simplificándoas, esquivando as súas eivas na medida do posible, etc. Coma dixemos antes, sempre desde a máxima confidencialidade e o respecto.

26


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 17º.- PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES (LOE) Dado o seu carácter eminentemente práctico, a materia de “Música” resulta especialmente útil para traballar todos os centros de interese relativos á educación en valores e ós temas transversais: a igualdade entre os dous sexos, a cooperación, a educación para a paz, os valores democráticos, o traballo en equipo, o coidado do medio ambente, o respecto pola diferencia, etc son temas que se traballan moi directamente nas clases de baile, nas exposicións que fan en clase, nas clases de práctica instrumental, na preparación do concerto de fin de curso ou mesmo na elaboración de coreografías e actuacións para festivais.

27


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 18º.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO LECTOR (LOE) Nas distintas unidades didácticas das materias deste departamento, os alumnos deben dar conta da lectura comprensiva de moitos fragmentos de artigos, de leccións, de reseñas históricas, de manuais de danza ou mesmo de citas sobre compositores e artistas do pasado e do presente. Aprenden a analizar literariamente cancións de distintos estilos, e mesmo escriben as súas propias letras ó estudaren estilos tan narrativos como o hip hop. Deben facer un traballo de avaliación sobre unha novela de temática musical, en colaboración cos departamentos de lingua galega e lingua castelá (para que se lles teña en conta o esforzo de leren libros engadidos ós obrigatorios), polo que traballan as súas destrezas lectoras. Todo isto en coordinación co equipo da biblioteca do centro, que colabora mercando libros e proporciona materiais de apoio.

28


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 19º.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC (LOE) Os alumnos das materias deste departamento están afeitos a consultar páxinas web durante as clases, así como blogs, arquivos MIDI, vídeos, audicións, arquivos de formato MP3, etc. Todo isto, debidamente coordinado e organizado co traballo que fan na casa, ponos en contacto coas novas tecnoloxías, seguindo sempre o obxectivo de que saiban utilizar responsablemente os recursos ó seu alcance.

29


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 20º.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA (LOE) Os alumnos están moi concienciados cos valores de respecto ós demais, traballo en equipo e diálogo á hora de afrontar situacións tensas. Seguindo o plan de convivencia deste centro educativo, saben cales son as canles para solventar problemas que lles sucedan, e utilizan a aula de convivencia cando é necesario.

30


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 21º.-MATERIAS E RECURSOS DIDÁCTICOS INCLUIDOS OS LIBROS DE TEXTO (LOE)

Para levar a cabo as nosas actividades precisaremos do seguinte material: a. material preparado polo departamento; NON UTILIZAMOS LIBRO DE TEXTO b. televisión, vídeo VHS e reproductor de DVD; c. cámara de vídeo; d. material bibliográfico: manuais de música, de historia da música, de música pop, enciclopedias, etc; e. material instrumental: láminas (carrillóns soprano e contralto; xilófonos contralto, tenor e baixo; metalófonos contralto, tenor e baixo), piano, guitarra, pequena percusión (caixa china, caixón flamenco, pandeireta, pandeiro, tambor, castañuelas, crótalos, chaves, triángulo, maracas), frautas e batería (timbaleta, bombo, platillos, cortinillas, escobilla, redobrante...); f. material discográfico: CDs de música clásica, CDs de música popular urbana, CDs de bailes de salón e outras danzas, CDs de músicas do mundo; g. material audiovisual: DVDs de ópera, ballet, zarzuela, concertos, música de cámara, etc; h. cadeiras plegables de paleta; i. pizarra normal e pizarra pautada cun pentagrama, así coma xiz e rotuladores velleda.

31


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 22º.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES (LOE) Para este curso estánse organizando varios concertos didácticos: un de música de cámara (probablemente cuarteto de corda), cun programa de repaso das formas musicais clásicas e tamén de temas de cinema. O outro concerto será cáseque con toda seguridade de violonchelo e piano, co programa “Músicas do mundo”, no que se reflicten temas clásicos e tradicionais de diversas nacións e autores. Os rapaces respostarán ó final do mesmo a unha serie de sinxelas preguntas para avaliar o seu interese, atención e opinión. A data inicial para ese concerto será en novembro, en dous pases: un matutino e outro vespertino, no salón de actos do noso centro ás 19:00h. Malia que só é un proxecto nestes momentos, planéase outro concerto de música heavy interpretada por instrumentos clásicos, co fin de valorar a sonoridade tan diferente da música en función do estilo e da instrumentación empregada. Estaría a cargo do cuarteto “Rock de cámara”, con web http://www.rockdecamara.es Anque é unha actividade escolar que levamos varios anos sen facer, intentaremos retomar a revista musical, unha actividade con proxección en todo o centro, xa que se dará ós outros alumnos e se buscará o xeito de traballar con ela. Se este ano se convoca, pensamos participar no certame “Entre nós, en galego”, tanto na proba de revistas escolares coma na musical. Está tamén nas intencións para este curso levar a cabo unha representación musical e teatral de “Hoy no me puedo levantar”, tralo éxito e participación acadados en anos anteriores con propostas como “Los miserables”, “Moulin Rouge” ou “Mamma mia!”. E anque todavía é pronto para adiantar nada, veremos se podemos contar cos rapaces para preparar un concerto de fin de curso nas tardes, de xeito extraescolar. Consideramos de grande interese cultural, musical e persoal os Concertos didácticos dirixidos por Carmen Losada Gallego, que traballan “As formas da música”, “Os instrumentos da orquesta” e por suposto “A evolución da música en Occidente”. Polo tanto faremos a petición de que no vindeiro curso se oferten ditas actividades, enormemente formativas, das que xa temos coñecemento por anos anteriores. Un conxunto de actividades extraescolares propostas polo departamento ó centro para fomentar a implicación dos rapaces na música e nalgunhas das súas facetas son as seguintes: a. iniciación ó baile: danzas históricas, folklóricas e de salón; b. práctica instrumental con instrumentos de láminas ou piano; c. introducción á análise da banda sonora das películas; d. coro escolar.

32


Tamén haberá actividades extraescolares para profesores: a. iniciación ó baile: danzas históricas, folklóricas e de salón; b. práctica instrumental con piano; c. coro de profesores; d. audicións comentadas. Hai outra actividade extraescolar que temos en mente, que é unha viaxe a Madrid na que os rapaces farán unha visita ó teatro nacional, para ver un concerto pedagóxico, e o museo do Prado, así coma un musical (“Los miserables”, “Hoy no me puedo levantar”, “Mamma mía”, “Víctor o Victoria”).

33


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 23º.- INCORPORACIÓN DE MODIFICACIÓNS PROPOSTAS NA MEMORIA DO CURSO ANTERIOR (LOE) Unha novidade que engadimos con respecto ó ano pasado é a flexibilización dos mínimos para obter unha valoración positiva, NOS CASOS NOS QUE OS ALUMNOS AMOSASEN UN INTERESE POLA MATERIA E UNHA ACTITUDE IMPECABLE. Isto tradúcese en que na terceira avaliación, nalgúns casos incluso na segunda, poderiamos non ter en conta o requisito de obter un mínimo dun 4 no traballo de avaliación ou no exame de avaliación se o alumno compensa esa nota e chega ó 5 ponderado, sempre e cando o seu comportamento e actitude cara a materia permitan facer esa salvedade.

34


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 24º.- PROCEDEMENTOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN (LOE) A posta en práctica de tódolos principios e propostas aquí expostos será de gran utilidade á hora de avaliar e mellorar esta programación, tendo en conta outras olladas, outras voces e (sobre todo) a experiencia doutros compañeiros que nos poidan axudar a mellorar.

35


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16

2ª PARTE: MATERIAS LOMCE. “MÚSICA 3º ESO” E “LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 1º BACHARELATO” 25º.- CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE. CONCRECIÓN QUE RECOLLA A RELACIÓN DOS ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE AVALIABLES DA MATERIA QUE FORMAN PARTE DOS PERFÍS COMPETENCIAIS (LOMCE) Música 3º ESO (LOMCE)

36


37


38


39


40


41


42


43


LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 1º BACHARELATO LOMCE

A materia de Linguaxe e Práctica Musical concíbese como unha continuación da formación musical recibida polo alumnado na etapa educativa anterior, que lle permite ampliar, desenvolver e aplicar, con autonomía e en contextos diversos, os coñecementos e as capacidades que contribúen á adquisición dunha cultura musical sólida. Considerando que a música ten como finalidade primordial a comunicación, é necesario que o alumnado conte coas ferramentas necesarias que lle axuden a comprender e a participar do feito musical. Neste sentido, débese favorecer que o alumnado se implique activamente no proceso artístico musical. A expresión e a linguaxe musical son os dous ámbitos do coñecemento musical en torno aos que se organiza esta materia; está estruturada en cinco bloques ("Destrezas musicais", "A audición comprensiva", "A teoría musical", "A creación e a interpretación" e "As tecnoloxías aplicadas ao son"), que se deben presentar nas actividades de ensino e aprendizaxe relacionados entre si, xa que estes ámbitos se complementan e interactúan; refórzanse e desenvólvense mutuamente. A materia contribúe ao desenvolvemento de valores como o esforzo, a constancia, a disciplina, a toma de decisións, a autonomía, o compromiso, a asunción de responsabilidades e o espírito emprendedor, innovador e crítico. Tal e como demostran numerosos estudos publicados, a práctica musical mellora a memoria, a concentración, a atención, a psicomotricidade, o control das emocións, a autoestima, as habilidades para enfrontarse a un público ou a capacidade para traballar en grupo. A música favorece a adquisición das competencias clave, procura un ensino integral e axuda na maduración do alumnado, ademais de favorecer o espírito de motivación e superación persoal. As disciplinas musicais non só desenvolven a creatividade, a sensibilidade artística e o criterio estético; tamén axudan o alumnado, da mesma forma que o resto de materias desta etapa, a adquirir os coñecementos e habilidades para construír a súa personalidade, a traballar en equipo, desenvolver o pensamento crítico e a converterse en cidadáns e cidadás que actúen de xeito responsable e autónomo. En definitiva, a actividade musical, nas súas diversas facetas, favorece as capacidades sociais e expresivas dos alumnos e das alumnas.

UNIDADE 1: A VOZ E AS SUAS CUALIDADES COMPETENCIAS CLAVE Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía Aprender a aprender Competencias sociais e cívicas Conciencia e expresións culturais CONTIDOS *O aparello fonador e o seu funcionamento, a respiración, a emisión, a articulación, a relaxación e a afinación. *A articulación do sons e os seus ataques. *Os intervalos melódicos e harmónicos. *Interiorización do pulso. *Lectura de partituras musicais.

44


ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE 1. (LPMB1.1.1.)Coñece os órganos e as función do aparello fonador. 2. (LPMB1.1.2.)Realiza correctamente exercicios de respiración, relaxación, articulación e fraseo. 3. (LPMB1.1.3.)Entoa afinadamente, aplicando as indicacións expresivas e dinámicas presentes na partitura. 4. (LPMB1.2.1)Reproduce e identifica intervalos. 5. (LPMB1.3.1.)Interpreta vocalmente estruturas rítmicas sentindo internamente o pulso. 6. (LPMB1.3.3.)Practica a lectura e a escritura musical. UNIDADE 2: ELEMENTOS MUSICAIS COMPETENCIAS CLAVE Comunicación lingüística Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía Competencias sociais e cívicas Conciencia e expresións culturais

CONTIDOS *O pulso e os acentos. *Os compases binarios, ternarios e cuaternarios. *Fórmulas rítmicas básicas orixinadas polo pulso binario ou ternario. *Síncopes, anacruses, notas a contratempo, cambios de compás e grupos de valoración especial. *Características morfolóxicas básicas das obras de música culta e obras contemporáneas, o jazz, a música tradicional, o rock, o flamenco e as músicas do mundo. *Tipos de escalas, acordes maiores e menores, cadencias, música modal e tonal. * Tipos de texturas musicais e timbres instrumentais. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE 1. (LPMB2.1.1.)Percibe o pulso como referencia básica para a execución rítmica, así como a identificación do acento periódico base do compás. 2. (LPMB2.1.1.)Logra unha correcta interiorización do pulso que lle permite unha axeitada execución musical. 3. (LPMB2.2.1.)Percibe aspectos rítmicos, melódicos, tonais, modais, cadenciais, formais e tímbricos das obras escoitadas. 4. (LPMB2.2.3.)Escoita e recoñece os elementos básicos das linguaxes propias da música culta, jazz, rock e flamenco.

45


UNIDADE 3: AS GRAFÍAS MUSICAIS COMPETENCIAS CLAVE Comunicación lingüística Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía Aprender a aprender Conciencia e expresións culturais CONTIDOS *As grafías das fórmulas rítmicas: signos que modifican a duración. *As grafías relativas á expresión musical: á dinámica, ao tempo, á agóxica e a articulación musical. * As grafías contemporáneas. *As claves e a súa relación entre si. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE 1. (LPMB3.1.1.)Identifica e interpreta os termos e signos relacionados co ritmo e coa expresión musical. 2. (LPMB3.1.2.)Identifica e interpreta os signos gráficos propios da linguaxe musical contemporánea. UNIDADE 4: A CREACIÓN MUSICAL COMPETENCIAS CLAVE Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía Aprender a aprender Competencias sociais e cívicas Sentido de iniciativa e espírito emprendedor Conciencia e expresións culturais CONTIDOS *A improvisación, tanto individual como colectiva de breves melodías. * A memorización de obras musicais vocais. *Os procesos compositivos mais habituais. *A expresión corporal e o movemento corporal como complemento ao feito musical. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE 1. (LPMB4.1.1.)Improvisa fórmulas rítmicas acordándoas co pulso e o compás do fragmento escoitado. 2. (LPMB 4.3.1)Coñece o repertorio traballado e ten capacidade de memorización e capacidade expresiva. 3. (LPMB 4.4.2.)Constrúe a través do movemento unha creación coreográfica adecuando a súa concepción ao carácter expresivo da obra.

46


UNDADE 5: AS TECNOLOXÍAS APLICADAS AO SON COMPETENCIAS CLAVE Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía Competencia dixital Aprender a aprender CONTIDOS *O son como fenómeno físico- harmónico. O movemento ondulatorio. Transmisión e amortecemento do son. *A manipulación artificial do son nos instrumentos electrónicos. *Sinal analóxico e sinal dixital. *Hardware musical: computadores, tarxetas de son e conexións. *Software musical: editores de partituras, secuenciadores, programas xeradores de acompañamentos e mesas de mesturas. *Os sistemas de gravación analóxica ou dixital. ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE 1. (LPMB 5.1.1.)Utiliza correctamente editores de partituras, secuenciadores e software para aplicacións audiovisuais. 2. (LPMB5.2.2)Utiliza os recursos tecnolóxicos como ferramentas para a audición, a interpretación, a creación, a edición, a gravación, a investigación e aprendizaxe do feito musical.

47


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 26º.- CONCRECIÓN, DE SER O CASO, DOS OBXECTIVOS PARA O CURSO (LOMCE) MÚSICA 3º ESO LOMCE Remitimos ó apartado anterior, onde tamén aparecen os obxectivos. LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 1º BACHARELATO LOMCE

Estos son os obxectivos que marca a LOMCE (que son obxectivos propios para 1º de bacharelato, non son propios da materia). a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade. b) Consolidar unha madureza persoal e social que lle permita actuar de forma responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais. c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes e, en particular, a violencia contra a muller, e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención especial ás persoas con discapacidade. d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua castelá. f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras. g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación. h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de xeito solidario no desenvolvemento e na mellora do seu contorno social. i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as habilidades básicas propias da modalidade.

48


l) Comprender os elementos e os procedementos fundamentais da investigación e dos métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao medio ambiente e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego. m) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico. n) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural. ñ) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social, e impulsar condutas e hábitos saudables. o) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da seguridade viaria. p) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia, e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado. Os obxectivos pormenorizados según as unidades son as seguintes: (só citarei as letras, xa que están escritas anteriormente): UNIDADES UNIDADE 1: CUALIDADES

A

VOZ

OBXECTIVOS E

AS

SUAS c,d,e,f,g,i,m,n,ñ,p

UNIDADE 2: ELEMENTOS MUSICAIS

b,d,e,f,i,n,ñ

UNIDADE 3: AS GRAFÍAS MUSICAIS

d,i,n

UNIDADE 4: A CREACIÓN MUSICAL

a,b,c,d,h,i,l,m

UNDADE 5: AS TECNOLOXÍAS APLICADAS AO SON

d,e,f,g,h,i,l,m,n

49


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 27º.- CONCRECIÓN PARA CADA ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE DE: TEMPORALIZACIÓN, GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA E PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN (LOMCE) “MÚSICA 3º ESO” LOMCE ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE

TEMPORALIZACIÓN

GRAO MÍNIMO

PROCEDEM./INSTRUM. AVALIACIÓN

MUB1.1.1. Distingue e emprega os elementos que se utilizan na representación gráfica da música (colocación das notas no pentagrama; notas adicionais, clave de fa en cuarta; duración das figuras; signos que afectan a intensidade e matices; indicacións rítmicas e de tempo, etc.). MUB1.2.1. Recoñece, comprende e analiza tipos de textura. MUB1.3.1. Comprende e identifica os conceptos e os termos básicos relacionados cos procedementos compositivos e os tipos formais. MUB1.4.1. Amosa interese polo coñecemento e a aplicación de técnicas e normas do coidado da voz, o corpo e os instrumentos. MUB1.4.2. Canta pezas vocais propostas aplicando técnicas que permitan unha correcta emisión da voz. MUB1.4.3. Practica a relaxación, a respiración, a articulación, a resonancia a entoación. MUB1.4.4. Adquire e aplica as habilidades técnicas e interpretativas

1 hora cada mes.

Escribe e identifica elementos musicais en partituras.

Elaboración de partituras. Análise de partituras. Exercicios de clase.

1 hora cada avaliación

Distingue tipos de textura visualmente.

Identificación de tipos de textura en partituras.

1 hora cada mes.

Identifica e utiliza os procedementos compositivos.

Composicións persoais. Análise de composicións alleas.

10 minutos cada clase.

Coida e respecta a voz e os instrumentos.

Exercícios de quentamento de voz. Coidado e mantemento diario dos instrumentos.

15 minutos de cada clase.

Canta coidando a voz.

Exames cantando.

3/5 minutos cada clase.

Entoa correctamente.

Exames de cantar, afinar, relaxar a voz...

1 hora cada mes.

Interpreta as cancións, meténdose na pel do personaxe.

Exames de interpretación.

50


necesarias nas actividades de interpretación adecuadas ao nivel. Fala en público. MUB1.4.5. Coñece e pon 1 vez por avaliación. en práctica as técnicas de control de emocións á hora de mellorar os seus resultados na exposición ante un público. 1 vez por avaliación. Improvisa MUB1.5.1. Realiza seguindo unha improvisacións e pauta. composicións partindo de pautas previamente establecidas. Sempre. Respecta os MUB1.5.2. Amosa unha compañeiros e actitude de superación e intenta mellorar. mellora das súas posibilidades e respecta as capacidades e as formas de expresión dos seus compañeiros e das súas compañeiras MUB1.6.1. Práctica, crea, A metade das horas Interpreta (vocal, de clase. instrumentalmente interpreta e memoriza ou bailando) pezas vocais, pezas propostas instrumentais e danzas de polo profesor. diferentes xéneros, estilos, épocas históricas e culturas, aprendidas por imitación e a través da lectura de partituras con diversas formas de notación, adecuadas ao nivel. 1 hora por Interpreta de MUB1.6.2. Practica, avaliación. memória unha interpreta e memoriza peza dese pezas vocais, repertorio. instrumentais e danzas do patrimonio español e galego. Sempre. Respecta os MUB1.6.3. Amosa demais. apertura e respecto cara ás propostas do profesor/a e dos compañeiros/as. A metade das Segue as MUB1.6.4. Practica as clases. indicacións e pautas básicas da interpreta en interpretación: silencio, grupo. atención ao/á director/a e a outros/as intérpretes, audición interior, memoria e adecuación ao conxunto, amosando 51

Exposición oral dun traballo.

Exercicios de improvisación na clase.

A actitude na clase.

Exames de interpretación.

Exame de interpretación.

Actitude na clase.

Exames de interpretación.


espírito crítico ante a súa propia interpretación e a do seu grupo. MUB1.6.5. Participa activamente en agrupacións vocais e instrumentais, colaborando con actitudes de mellora e compromiso e amosando unha actitude aberta e respectuosa. MUB1.7.1. Amosa interese polas paisaxes sonoras que nos rodean e reflexiona sobre elas. MUB1.7.2. Investiga de forma creativa acerca das posibilidades sonoras e musicais dos obxectos sonoros. MUB2.1.3. Explora e descubre as posibilidades da voz e os instrumentos, e a súa evolución ao longo da historia da música. MUB2.2.1. Le e analiza partituras como apoio á audición. MUB2.3.1. Valora e aplica o silencio como elemento indispensable para a interpretación e a audición. MUB2.4.1. Amosa interese por coñecer músicas doutras épocas e culturas, comparando e contrastando as novas músicas coñecidas. MUB2.4.2. Recoñece e sabe situar no espazo e no tempo músicas de diferentes culturas e épocas históricas. MUB2.5.1. Describe de xeito pormenorizado os diferentes elementos das obras musicais propostas usando distintas linguaxes. MUB2.5.2. Utiliza

A metade das clases.

Interpreta en equipo.

Exames de interpretación.

1 vez por mes.

Escoita e está disposto a aprender novos estilos.

Traballos de clase.

1 vez por avaliación.

Explora novos instrumentos e obxectos.

Tarefas de clase.

Sempre.

Aprende a evolución da voz e dos instrumentos.

Exames de clase.

1 vez cada tema.

Le a partitura que se corresponde cunha audición. Respecta os silencios.

Exercicios de análise musical.

Sempre.

Actitude adecuada em clase.

Sempre.

Ten curiosidade e respecto pola música que descoñece.

Traballos de clase.

1 vez por avaliación.

Identifica e sitúa audicións vistas en clase.

Exame de audicións.

2 veces por avaliación.

Exprésase adecuadamente ó describir pezas musicais.

Exame de avaliación e traballo de avaliación.

1 vez por avaliación.

Sabe buscar

Traballo de avaliación.

52


recursos con autonomía como apoio ao análise musical. MUB2.5.3. Emprega conceptos musicais para comunicar coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito oral e escrito, con rigor e claridade. MUB3.1.1. Expresa contidos musicais e relaciónaos con épocas da historia da música e con outras disciplinas. MUB3.1.2. Recoñece e interpreta manifestacións da danza identificando e explicando con linguaxe técnica adecuada a época histórica á que pertencen. MUB3.1.3. Distingue e explica as diversas funcións que cumpre a música na sociedade ao longo da historia. MUB3.2.1. Amosa interese por coñecer música de diferentes épocas e culturas como fonte de enriquecemento cultural e satisfacción persoal, elaborando algún proxecto de investigación e exposición. MUB3.3.1. Relaciona as cuestións técnicas aprendidas vinculándoas ás épocas da historia da música correspondentes. MUB3.4.1. Distingue e sitúa temporalmente ás épocas da historia da música e as tendencias musicais. MUB3.4.2. Examina e explica con criterio musical a relación entre os acontecementos históricos, o desenvolvemento tecnolóxico e a música na

información.

2 veces por avaliación.

Exprésase correctamente ó describir música.

Traballo de avaliación.

Sempre.

Relaciona datos históricos con datos musicais.

Tarefas de clase.

Sempre.

Sabe describir tecnicamente unha danza.

Tarefas de clase.

Sempre.

Comprende a función social da música en cada época.

Tarefas de clase.

1 vez por avaliación.

Busca información e comprende o goce que ocasiona a arte.

Traballo de avaliación.

Sempre.

Relaciona e contextualiza as obras musicais.

Tarefas de clase.

Sempre.

Relaciona e contextualiza as obras musicais.

Tarefas de clase.

Sempre.

Relaciona e contextualiza as obras musicais.

Tarefas de clase.

53


sociedade. MUB3.5.1. Emprega un vocabulario adecuado para describir percepcións e coñecementos musicais. MUB3.5.2. Comunica coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito oral e escrito, con rigor e claridade. MUB3.6.1. Utiliza diversas fontes de información para indagar sobre as novas tendencias, representantes, grupos de música popular, etc., e realiza unha revisión crítica desas producións. MUB3.6.2. Interésase por ampliar e diversificar as preferencias musicais propias. MUB4.1.1. Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como ferramentas para a actividade musical. MUB4.1.2. Participa en todos os aspectos da produción musical demostrando o uso adecuado dos materiais relacionados, os métodos e as tecnoloxías. MUB4.2.1. Utiliza con autonomía as fontes e os procedementos apropiados para elaborar traballos sobre temas relacionados co feito musical

Sempre.

Fala con propiedade sobre a música.

Tarefas de clase.

Sempre.

Fala con propiedade sobre a música.

Tarefas de clase.

2 ou 3 veces por avaliación.

Busca e manexa información para resolver dúbidas e investigar temas.

Traballo de avaliación e tarefas de clase.

Sempre.

Ten amplitude de miras e respecta o descoñecido.

Tarefas de clase.

2 ou 3 veces por avaliación.

Manexa a tecnoloxía na música.

Tarefas de clase.

Sempre.

Manexa a tecnoloxía na música.

Tarefas de clase.

2 ou 3 veces por avaliación.

Manexa fontes e información para defender un traballo musical.

Traballo de avaliación e tarefas de clase.

54


LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 1º BACHARELATO (LOMCE)

ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE

TEMPORALIZACIÓN

GRAO MÍNIMO

PROCEDEM./INSTRUM. AVALIACIÓN

LPMB1.1.1.Coñece os órganos e as función do aparello fonador.

1 vez por avaliación.

Tarefa de clase e exame de avaliación.

LPMB1.1.2.Realiza correctamente exercicios de respiración, relaxación, articulación e fraseo.

1 vez por avaliación.

Coñece os órganos e as función do aparello fonador. Exercita a voz dun xeito básico.

LPMB1.1.3.Entoa afinadamente, aplicando as indicacións expresivas e dinámicas presentes na partitura.

2 ou 3 veces por avaliación.

Canta entoando correctamente unha canción.

Tarefa de clase.

LPMB1.2.1Reproduce e identifica intervalos.

Sempre.

Tarefa de clase e traballo de avaliación.

LPMB1.3.1.Interpreta vocalmente estruturas rítmicas sentindo internamente o pulso.

Sempre.

Reproduce e identifica intervalos. Canta cun ritmo axeitado.

LPMB1.3.3.Práctica a lectura e a escritura musical.

Sempre.

Interpreta correctamente unha partitura

Tarefa de clase e traballo de avaliación.

LPMB2.1.1.Percibe o pulso como referencia básica para a execución rítmica, así como a identificación do acento periódico base do compás.

Sempre.

Interioriza os ritmos básicos.

Tarefa de clase.

Interioriza os ritmos básicos.

Tarefa de clase.

LPMB2.1.1.Logra unha correcta interiorización do pulso que lle permite unha axeitada execución musical

Sempre.

55

Tarefa de clase.

Tarefa de clase.


LPMB2.2.1.Percibe aspectos rítmicos, melódicos, tonais, modais, cadenciais, formais e tímbricos das obras escoitadas.

2 veces por avaliación.

Relaciona e contextualiza as obras musicais dun xeito pormenorizado.

Tarefa de clase.

LPMB2.2.3.Escoita e recoñece os elementos básicos das linguaxes propias da música culta, jazz, rock e flamenco.

2º veces por avaliación.

Relaciona e contextualiza as obras musicais.

Tarefa de clase e traballo de avaliación.

LPMB3.1.1.Identifica e interpreta os termos e signos relacionados co ritmo e coa expresión musical.

Sempre.

Escribe e identifica elementos musicais en partituras

Tarefa de clase, traballo e exame de avaliación.

LPMB3.1.2.Identifica e interpreta os signos gráficos propios da linguaxe musical contemporánea.

1 vez por avaliación.

Escribe e identifica elementos musicais en partituras

Tarefa de clase, traballo e exame de avaliación.

LPMB4.1.1.Improvisa fórmulas rítmicas acordándoas co pulso e o compás do fragmento escoitado.

1 vez por avaliación.

Improvisa sobre células rítmicas básicas.

Tarefa de clase e traballo de avaliación.

LPMB 4.3.1Coñece o repertorio traballado e ten capacidade de memorización e capacidade expresiva.

Sempre.

Toca sen partitura diferentes cancións.

Tarefa de clase.

LPMB 4.4.2.Constrúe a través do movemento unha creación coreográfica adecuando a súa concepción ao carácter expresivo da obra.

1 vez por avaliación.

Inventa un baile con unha coreografía básica.

Tarefa de clase e traballo de avaliación.

2 veces por avaliación.

Improvisa sobre células rítmicas básicas.

Tarefa de clase.

LPMB4.1.1.Improvisa fórmulas rítmicas acordándoas co pulso e o compás do fragmento escoitado.

56


1 vez por avaliación.

Manexa a tecnoloxía e os programas informáticos na música.

Tarefa de clase, traballo e exame de avaliación.

1 vez por avaliación. LPMB5.2.2Utiliza os recursos tecnolóxicos como ferramentas para a audición, a interpretación, a creación, a edición, a gravación, a investigación e aprendizaxe do feito musical.

Manexa a tecnoloxía e os programas informáticos para a música e para o audiovisual.

Tarefa de clase, traballo e exame de avaliación.

LPMB 5.1.1.Utiliza correctamente editores de partituras, secuenciadores e software para aplicacións audiovisuais.

57


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 28º.- CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS QUE REQUIRE A MATERIA (LOMCE) “MÚSICA 3º ESO” LOMCE Ningunha, xá que seguimos a mesma metodoloxía que en “Música 2º ESO” e “Música 4º ESO”. Remito ó apartado correspondente. “LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 1º BACHARELATO” LOMCE Ningunha, xá que seguimos a mesma metodoloxía que en “Música 2º ESO” e “Música 4º ESO”. Remito ó apartado correspondente. E como xa manifestamos anteriormente, o que intentaremos conseguir en bacharelato é que teñan unha maior autonomía e responsabilidade.

58


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 29º.- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS QUE SE VAIAN UTILIZAR (LOMCE) Non difiren dos expostos anteriormente, polo que remito a ese apartado.

59


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 30º.- CRITERIOS SOBRE A AVALIACIÓN, CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO (LOMCE)

A promoción do alumnado dependerá do que estipule a xunta avaliadora, seguindo as modificacións que a LOMCE fai á LOE. Son os mesmos que os expostos anteriormente, QUE SON: “MÚSICA 3º ESO” LOMCE A nota deste curso ten tres partes: unha teórica (40 por cen), outra práctica (50 por cen) e a asistencia a clase (10%). Na nota teórica (40%) entran: un exame de avaliación (20% da nota teórica), no que o alumno deberá responder solventemente a unha serie de cuestións teóricas e prácticas relativas ó visto na aula (descrición de danzas, contidos teóricos da materia, análise auditiva de cancións ou pezas pertencentes ó temario...) e un traballo de avaliación (o restante 20% da nota teórica). Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame teórico ou no traballo de avaliación poderá aprobar a avaliación, tendo que aprobar as seguintes avaliacións para aprobar, ou ben en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación). A nota práctica (50%) integra actividades de instrumentación (láminas, frauta, pequena percusión, guitarra ou piano), danza, práctica vocal, audición, análise, composición e actividades de solfexo. Ningún alumno poderá negarse a realizar ningunha destas tarefas a non ser que acredite documentalmente algunha incapacidade para levalas a cabo. Faranse varios exames o longo das avaliacións. Ningún alumno cunha calificación inferior a 4 no exame práctico poderá aprobar a avaliación, tendo que aprobar as seguintes avaliacións para aprobar , ou ben en setembro (se o exame que suspende con menos dun 4 é o da terceira avaliación). Poderá, sen embargo, renunciar libremente a ser avaliado neste sistema, sustituindo todo por un único exame final de avaliación, de carácter teórico-práctico, que suporá o cen por cen da nota de avaliación. O último 10% restante da nota é a asistencia (10%); esta última teráse en conta restando 0,1 puntos por cada falta de asistencia, xustificada ou non, ata un máximo de 1 punto por avaliación. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. Sobre a nota media poderánse facer modificacións en función do comportamento dos alumnos (de ata 1 punto sobre a nota final). Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame. Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, 60


a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas (ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia). “LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 1º BACHARELATO” LOMCE A nota de este curso terá as seguintes partes: A nota teórica (30%) entran: un ou varios exames de avaliación no que o alumno deberá responder solventemente a unha serie de cuestións teóricas e prácticas relativas ó visto na aula (parte teórica dos temas, audicións...). A nota práctica (50%) terá a seguinte puntuación: -

-

-

Práctica instrumental (20%): integra actividades e exame de práctica instrumental de instrumentación (láminas, frauta, pequena percusión. Ningún alumno poderá negarse a realizar ningunha destas tarefas a non ser que acredite documentalmente algunha incapacidade para levalas a cabo. Faranse varios exames o longo das avaliacións. Teoría musical (20%): integra actividades e exame de práctica musical como intervalos, tonalidades, acordes, actividades de solfexo... Faranse varios exames o longo das avaliacións. Canto/Baile (10%): integra actividades e traballo de avaliación tanto de coma de baile, que pode ser individual ou grupal.

O último 20% restante terá a seguinte puntuación: -

-

5%: cando se asista a clase regularmente. Isto non ten que ver coas faltas de asistencia non xustificadas, que de chegaren a supór o 10% farán perder o dereito a avaliación continua, tal coma se explica máis adiante. 5%: no comportamento na clase. 10%: ao facer todos os traballos na data que marque o profesor, ademais da nota implícita do mesmo, o alumno poderá ter ata un punto na nota final se fai o traballo, tanto o traballo que se manda para a casa como o da aula virtual.

Os alumnos que realizasen exames ou traballos cunha correcta ortografía e presentación, seguindo o acordo da CCP deste centro, obtenían unha bonificación de entre 0.5 e 1 puntos por exame. Se se detectase que algún alumno ten un comportamento fraudulento na realización dalgún exame (copiar, dar o “cambiazo”, falar con algún compañeiro…) ou dalgún traballo, a calificación desa proba sería cero, coas consecuencias oportunas (ó non obter un mínimo dun 4 non faría media e suspendería esa avaliación, que de ser a terceira levaría o alumno a setembro con toda a materia).

61


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 31º.- INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E PRÁCTICA DOCENTE (LOMCE) Para podermos avaliar o proceso de ensino e práctica docente deberemos pór no punto de mira non so o que fan os alumnos, senón sobre todo o que facemos nós para garantir que sexa un proceso fructífero. Indicadores de logro en “MÚSICA 3º ESO” LOMCE - O alumnado comprende as instrucións e explicacións dadas en clase. - O alumnado síntese cómodo para interactuar e intervir na clase. - O alumnado está motivado para participar das actividades voluntarias. - O alumnado é libre de facer valoracións críticas do sistema de ensino-aprendizaxe. - O alumnado segue sen dificultade as nosas indicacións. - O profesorado respecta e cumpre os acordos os que chega co alumnado. - O profesorado atende as necesidades afectivas derivadas da situación persoal do alumnado. - O profesorado non abusa do poder que ten na aula. - O profesorado escoita as peticións do alumnado e fai o posible por que se manteña un diálogo fluido e san. - O profesorado é quen de levar a cabo as súas propostas e actividades nunha aula onde se respecta o seu traballo.

62


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 32º.- ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES (LOMCE) “MÚSICA 3º ESO” LOMCE O alumnado que teña pendente a materia deberá seguir os pasos que se indican: a) facer un traballo de avaliación (un na primeira e outro na segunda). Se os dous están bem a materia está recuperada; b) facer un exame final en maio. “LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 1º BACHARELATO” LOMCE

O alumnado que teña pendente a materia deberá seguir os pasos que se indican: a) Terá que aprobar un dos dous exames que se fan en xaneiro ou abril, tanto do aspecto teórico coma do práctico.

63


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 33º.- ORGANIZACIÓN DOS PROCEDEMENTOS QUE LLE PERMITAN AO ALUMNADO ACREDITAR OS COÑECEMENTOS NECESARIOS EN DETERMINADAS MATERIAS, NO CASO DE BACHARELATO (LOMCE) “LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 1º BACHARELATO” LOMCE

Ao ser unha materia que se pode escoller como optativa e non depender de se escolleu ou non no último curso da ESO, os alumnos non teñen que acreditar ningún coñecemento anterior. Se ben é certo que todos tiveron que dar música nos cursos de 2º e 3º da ESO, polo que sempre se parte dun coñecemento básico e práctico da materia, e non se comeza dende cero.

64


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 34º.- DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS INDIVIDUAIS OU COLECTIVAS QUE SE POIDAN ADOPTAR COMO CONSECUENCIA DOS SEUS RESULTADOS (LOMCE) “MÚSICA 3º ESO” LOMCE No caso de que se detectaran grandes eivas nas probas de avaliación inicial, os alumnos recibirían materiais de repaso e se dedicarían unha ou dúas semanas para lograr que todo o grupo estea ó mesmo nivel. Isto non suporá ningún problema para os demais alumnos, que poderán repasar eses mesmos conceptos. “LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL 1º BACHARELATO” LOMCE No caso de que se detectaran grandes eivas nas probas de avaliación inicial, os alumnos recibirían materiais de repaso e se dedicarían unha ou dúas semanas para lograr que todo o grupo estea ó mesmo nivel. Isto non suporá ningún problema para os demais alumnos, que poderán repasar eses mesmos conceptos.

65


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 35º.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (LOMCE)

Remitimos ó apartado homónimo da programación.

66


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 36º.- CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS QUE SE TRABALLARÁN NO CURSO QUE CORRESPONDA (LOMCE)

Remitimos ó apartado homónimo da programación.

67


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 37º.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PROGRAMADAS POR CADA DEPARTAMENTO DIDÁCTICO (LOMCE)

Remitimos ó apartado homónimo da programación.

68


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 38º.- PROGRAMACIÓN DA EDUCACIÓN EN VALORES (LOMCE) Remitimos ó apartado homónimo da programación.

69


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 39º.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN LECTOR (LOMCE) Remitimos ó apartado homónimo da programación.

70


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 40º.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN TIC (LOMCE) Remitimos ó apartado homónimo da programación.

71


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 41º.- ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA (LOMCE) Remitimos ó apartado homónimo da programación.

72


IES Xesús Taboada Chivite – Departamento de Música – Curso 2015-16 42º.- MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS EN RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA (LOMCE) Remitimos ó apartado homónimo da programación.

73


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.