Opcións de viaxe para a web

Page 1

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2º DE BACHARELATO (propostas)

A continuación amosamos algunhas das propostas resumidas das posibles excursións que nos fixeron chegar diferentes axencias. Tede en conta que calquera actividade deste tipo debe ser aprobada polo Consello Escolar e que unha das condicións que se ten en conta é que as actividades que se fagan deben ter contido educativo ( actividades deportivas, visitas culturais...). César Sánchez Vicedirector


EXCURSIÓN 2º BACHARELATO/BENIDORM. DURACIÓN: DO 11 DE XUÑO AO 17 DE XUÑO DO 2016. Este prezo leva incluído:

-Autobús para traslados e visitas según itinerario. - Estancia en hotel de 3* Hotel Magic Cristal Park ou similar en réxime de PENSIÓN COMPLETA (excepto o xantar do primeiro). -Realización das seguientes actividades: 1.- Visita a cidade de Valencia de mediodía. Visitarase o casco histórico e puntos característicos como Torre de Serranos, Praza da Virxen, Catedral, Lonxa da Seda, etc.). En Valencia tense un guía acompañante durante a visita ( 2 horas aprox.). 2.- Visita de á Cidade das Artes e das Ciencias, xunto co Hemisferic, Oceanográfico e museo con xantar en restaurante concertado. 3.- Entradas ao Parque Temático de Terra Mítica de día completo e ticket menú incluído. 4.- Entradas ao Parque Acuático de Aqualandia de día completo con xantar picnic provisto polo hotel. 5.- Seguro de viaxe.

PRESUPOSTOS HOTEL DE 3* 25 ALUMNOS : 460 € 30 ALUMNOS: 410 €


EXCURSIÓN 2º BACHARELATO/CATALUÑA (SALOU). DURACIÓN: DO 11 DE XUÑO AO 17 DE XUÑO DO 2016. Este prezo leva incluído:

-Autobús para traslados e visitas según itinerario. - Estancia en hotel de 3* en réxime de PENSIÓN COMPLETA (excepto os xantares do primeiro e último día). -Realización das seguientes actividades: 1.- Visita da cidade de Barcelona con guía de día completo. Farase unha Panorámica da Cidade parando nos puntos máis emblemáticos ( Plaza Colón, Anel Olímpico, Praza de España, Paseo de Gracia,Sagrada Familia, paseo polas Ramblas etc.) 2.- Visita de medio día a Tarragona, capital do Antigo Imperio Romano e declarada Patrimonio da Humanidade, con guía de medio día. 3.- Entradas a Port Aventura de día completo e ticket menú incluído. 4.- Seguro de viaxe. 5.- 1 talonario de rifas por alumno. NOTA: no presuposto non vai incluída a tasa turística que se paga en Cataluña, que é de 0.5€ por persoa e por noite. Como son 6 noites habería que sumarlle 3 € adicionais ao presuposto.

PRESUPOSTOS HOTEL DE 3*

HOTEL DE 3* CATEGORÍA BAIXA

30 ALUMNOS : 510€

30 ALUMNOS : 460€

40 ALUMNOS: 475€

40 ALUMNOS: 425€

50 ALUMNOS: 450€

50 ALUMNOS: 400€

SOLICITAN UN DEPÓSITO DE 10€ POR PERSOA E ESTANCIA


EXCURSIÓN 2º BACHARELATO/TENERIFE. DURACIÓN: DO 13 DE XUÑO AO 19 DE XUÑO DO 2016. Este prezo leva incluído:

-Bo con Vueling dende Santiago.( SANTIAGO 11:55 – 13:35 TENERIFE NORTE/ TENERIFE NORTE 10:20 14:00 SANTIAGO)

- Estancia en hotel de 3* PENSIÓN COMPLETA. -Realización das seguientes actividades: 1.- Visita ás cañadas do Teide coa posibilidade de facer a subida en teleférico. 2.- Visita a Santa Cruz de Tenerife e a praia das Teresitas. 3.- Entradas ao parque zoolóxico do Loro Park. 4.- Entradas ao Parque Acuático do Siam Park. 5.- Seguro de viaxe.

PREZO HOTEL DE 3* 30 ALUMNOS : 550 €

Na visita ao Teide podemos facer unha ruta sen facer a subida no teleférico. Isto supón un aforro de 30€ no presuposto dado, de xeito que o importe sería de 520€ por persoa. Non están incluídos os traslados Verín-Santiago e Santiago-Verín. En bus habería que sumarlle 25€ aproximadamente.

A opción de Teide sen teleférico e traslado en bus dende Verín o prezo sería de 545€ Os billetes de avión hai que quitalos coa máxima brevidade.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.