Organigrama funcional do Equipo Directivo

Page 1

DIRECTOR - Representación oficial do centro. Visado de documentos. Execución dos acordos dos órganos colexiados. Convocar e presidir actos académicos, órganos colexiados e todas as comisións existentes, salvo delegación noutro membro da dirección.

- Coordinación de todas as actividades do instituto. Coordinar modificación do PEC, PCE, PXA - Cumprir e facer cumprir a normativa vixente. Favorecer a convivencia de acordo co regulamento réx. Interior. Garantir o dereito de reunión do profesorado, alumnos, pais e nais , persoal administrativo e de servicios. - Colaborar coa inspección educativa. Trasladar á Delegación memorias e propostas de solución aos problemas existentes. Impulsar as relacións do instituto co contorno. - Xestión dos medios humanos e materiais do instituto, dinamizando e canalizando aportacións e buscando canles de colaboración. Contratación de obras, servicios e subministracións. Autorización de gastos orzamentarios.


SECRETARIA - Ordenar o réxime administrativo do instituto de acordo coa dirección. - Actuar como secretaria dos órganos colexiados , levantar actas das sesións e dar fe dos acordos co visto e prace do director. - Custodiar os libros e arquivos do instituto. - Expedición de certificacións que soliciten as autoridades e interesados. - Realizar, cos xefes de departamento, o inventario xeral do instituto e mantelo actualizado. - Custodiar e dispoñer a utilización dos medios audio-visuais, material didáctico, mobiliario ou calquera material inventariable. - Coordinar, dirixir e supervisar, por delegación do director, a actividade e funcionamento do persoal de administración e de servicios. - Elaborar o anteproxecto de orzamento do instituto de acordo coas directrices do Consello Escolar e oída a Comisión Económica. - Ordenar o réxime económico do IES, de acordo coas directrices aprobadas, realizar a contabilidade e render contas ante o CE e as autoridades correspondentes. - Velar polo mantemento do material. - Dar a coñecer á comunidade educativa a información sobre normativa, disposicións legais e asuntos de interese xeral e profesional. - Presidir a Com.Econ. por delegación do director. - Outras funcións encomendadas polo director.


XEFE DE ESTUDOS - Exercer , por delegación do director, a xefatura do persoal docente en todo o relativo ao réxime académico. - Coordinar e velar polo cumprimento das actividades de carácter académico e de orientación do profesorado e do alumnado, de acordo co PEC, PCE e a PXA. - Elaboración dos horarios académicos según os criterios do claustro e o horario xeral incluído na PXA, e velar polo seu estricto cumprimento. - Coordinar as actividades dos xefes de departamento. - Coordinar a acción dos titores, en colaboración co departamento de orientación. - Coordinar participación do profesorado nas actividades de perfeccionamento. - Organizar e planificar as actividades de formación de profesores realizadas no instituto. - Coordinar a actividade docente nos procesos de avaliación, adaptación curricular, actividades de recuperación e reforzo. - Facilitar a organización do alumnado. - Establecer mecanismos para corrixir ausencias imprevistas do profesorado. Atención ao alumnado accidentado. - Organizar ao alumnado nos períodos de lecer. - Outras función enconmendadas polo director.


VICEDIRECTOR - Substituír ao director en caso de ausencia ou enfermidade. - Organizar, conxuntamente co director e o xefe de estudios, os actos académicos. - Coordinar a realización das actividades complementarias e extraescolares, segundo as directrices aprobadas no Consello Escolar. - Redactar o Proxecto de Actividades en colaboración cos Xefes de cada Departamento e realizar a memoria anual, ao inicio e final de cada curso, respectivamente. - Coordinar o Programa de Formación do Profesorado. - Arquivar e distribuír todo tipo de Información (actividades extraescolares,cursiños, ENL, premios, información sindical, Consellería, etc.) recollida diariamente no e-mail, correos e outros. A distribución farase a través dos paneis e mesas das salas de profesores, dos paneis ubicados nos corredores e aulas e mesmo informando directamente ao persoal implicado. - Coordinar –xunto co titor- o programa de formación en centros de traballo (FCT) do alumnado que cursa o Programa de Garantía Social. - Relación coas institucións comarcais. - Asistir ás xuntanzas do Consello Escolar, con voz e sen voto, para tratar asuntos que lle sexan encomendados. - Outras funcións encomendadas polo director.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.