Durante 3 luns, (15, 22 e 29 de maio) tivo lugar unha competición novedosa no noso instituto: a Xincana das Letras Galegas Carlos Casares Mouriño 2017, un xogo de investigación, na que os alumnos de 2º ESO tiveron que ir en busca da GALIÑA AZUL para conseguir o premio: unha tarxeta regalo de Google Play de 15€ por cada alumno gañador (na 1ª sesión, para os grupos 2º ESO B e D), e un vale de 15€ para material escolar (na 2ª e 3ª sesións, para os grupos de 2º ESO A e C). A GALIÑA AZUL, así chamada en honor a Carlos Casares polo seu conto infantil, foi a última dunha serie de 10 pistas nas que os alumnos, divididos en equipos de 4, tiveron que cooperar na investigación e solución de diferentes problemas
relacionados coa vida e a obra do noso querido escritor. As probas abrangueron a búsqueda de datos en internet, búsqueda dun título en 10 carteis expositivos sobre a vida e a obra de Carlos Casares Mouriño, expostos no noso centro, descubrimento de pistas escondidas en diferentes dependencias do centro (biblioteca, bar, vestíbulo, salón de actos, patio), a resolución en liña dunha sopa de letras de 7 obras de Carlos Casares e doutra da súa vida, escaneo dun código QR (polo cada equipo tivo que levar un teléfono móbil), unha interactuación co persoal non docente do instituto, e desciframento dun código numérico. 5 minutos antes da actividade, que tivo lugar durante as horas de titoría dos 4 grupos mencionados, o profesor organizador, Daniel García Cancio, do Departamento de Grego, xunto cos profesores titores, Daniel Ortega Iglesias (2º ESO B) e Maite González Álvares (2º ESO D), informaron ós alumnos da composición dos equipos, e das condicións e normas do concurso, que comezou na Biblioteca, coa lectura da primeira pista, e acabou no mesmo lugar, coa entrega dos premios. O premio foi para o equipo que, usando da menor cantidade de axudas posible por parte dos profesores, conseguise chegar ata a GALIÑA AZUL e traela ata o profesor organizador. O organizador desta activade foi o profesor Daniel García Cancio, do Departamento de Grego e membro do equipo da
Biblioteca do centro; quen deseñou toda a actividade, elaborou as pistas, escondeunas e buscou a información necesaria. Os profesores colaboradores foron: Francisca Teresa González Álvarez, Dpto. de Inglés Daniel Ortega Iglesias, Dpto. de Educación Física María del Carmen Rivero Gallego, Dpto. Xeografía e Historia María del Carmen Rodríguez Castro, Dpto. Μúsica Sandra Rivas Fernández, Dpto. Lingua e Literatura Castelá Olaia Trigo González, Dpto. Matemáticas Rosa Alonso Lozano, Dpto. Lingua e Literatura Galega
Velaí ós alumnos empezando o xogo na biblioteca:
Os nervos dos equipos estaban a tope xa, por seren os primeiros en coller a Galiña Azul!!!
Algúns momentos da Xincana: TRAS A PRIMEIRA PISTA!!!!
DANDO INSTRUCIÓNS:
BUSCANDO INFORMACIÓN:
SOPA DE LETRAS: OBXECTIVO ACADADO!!!!
NON SE RENDIRON NUNCA!!!!!
LOITANDO COA DESESPERACIÓN NA 8ª PISTA!!!
CONCENTRACIÓN ABSOLUTA!!!
SATISFACCIÓN COA ACTIVIDADE:
ALUMNOS GAÑADORES 2º ESO A
2º ESO B
2º ESO C
2º ESO D
Ainara Alonso Miguélez
Uxía Estévez Borjas
Juan Guerra Álvarez
Lorena Rodríguez González
Manuel Añel Prieto
Hamza Fathallah
María Justo Rodríguez
Tania Rodríguez Rúa
Carla Corchero Ruiz
Mª Feijóo González
Mª Pérez Luis
Celia Sousa Boo
Lorena Cordeiro González
María García Vázquez
Miguel Vázquez Domínguez
Maria Vega Pazos
Enrique Suárez Suárez
CONCLUSIÓN SOBRE A ACTIVIDADE A conclusión é que todos os alumnos participantes se implicaron ó 100% na actividade. Sendo os equipos escollidos ó chou, aprenderon que os valores da cooperación e a tolerancia das diferencias son decisivos para acadar obxectivos comúns. Pensamos que sería interesante que esta actividade sexa unha constante para os futuros cursos.