FAÍSCAS MAIO 2013

Page 1

faíscas REVISTA DO IES XESUS TAROADA CHIVITE. MAIO 2013


faíscas

INTRODUCTION PRESENTACIÓN

Revista do IES Taboada Chivite. Maio 2013

Thanks you. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adUn ano máis publicamos dende o IES Taboada Chivite a ipiscing Donec condimentum revista elit. Faíscas, quecommodo busca ser testemuño da vida mauris do nosoeu vehicula. Quisque eucurso. semPretendemos eros. Phasellus enim ac instituto ó longo do difundiriaculis as achegas estdeelementum tincidunt. Nunc volutpat dignissim lacus, alumnos, auténticos protagonistas do ensino, pero tamén ut dos aliquet orci tristique sed. Pellentesque vehicula pais, profesores e persoal non docente que integramos feugiat nunc noneducativa. tincidunt. Pellentesque eu sapien turpis. a comunidade Nas seguintes páxinas atoparedes moitas das actividades

que complementaron as clases ordinarias e que sen dúbida Quisque ut urna porttitor nunc dapibus lacinia nec eget quedarán recordo alumnas e alumnospretium. deste centro. velit. Donecnoeu enim das in orci ullamcorper Praesent Esta revista taménvulputate, ser un instrumento difusión sagittis, puruspersegue eu aliquet liberodeerat consecda cultura en galego. Polo tanto, nesta publicación teñen tetur nulla, quis mattis tortor eros at enim. Integer alicabida as achegas literarias de todos os que compomos quam commodo egestas. Ut accumsan erat ligula, non este centro educativo. De novo, como en cursos anteriores, tempor nisi. Fusce sem libero, gravida ac malesuada et, podemos dicir fachendosos que os relatos e poesías do tincidunt sit amet tortor. Curabitur facilisisde pulvinar noso alumnado foron recoñecidos con premios ámbito ligula acestatal. gravida. In accumsan faucibus tortor non elementum. Aliquam gravida, erat egetagradecémoslla dictum rhoncus, nunc lecA innovadora edición da revista o alumnado tusdascelerisque felis, vel porttitor neque eros vitae disciplina Deseño Gráfico, maxistralmente coordinados libero. polo profesor Javier Díaz. Agardamos que gocedes desta

nova edición Faíscas .congue metus. Fusce justo magna, Sed ut est sem,deconvallis dignissim quis tincidunt in, de pellentesque eget, pretium in nibh. Donec dapibus lacinia eleifend. Donec vulputate nibh id massa dictum adipiscing. Aenean vestibulum enim ac ante varius dapibus ut laoreet dui. In malesuada imperdiet enim, non egestas urna faucibus quis.

TÁBOA DE CONTIDOS Elena Gallego: Volve a casa .......................

03

Por que elixir unha carreira de Ciencias? Iago Medeiros e Antía Parada Rallye de Ciencias e Matemáticas ........ Sed ut est sem, convallis congue metus.

06

Copenhaguen 2013.......................................

08

Maquetas e Modelos nas Ciencias .......

10

Xogos Populares ..............................................

14

Entroido Fotográfico.....................................

16

OPS lenguas irmas .......................................... Carla Guerra

18

Elaboración dunha revista exprés ........ Cristina Niño e María Araújo

19

Estudos sobre a Violencia .......................... Fernando Serrulla e Miguel Serrulla

20

Encontro Luso-galaico .................................

22

Impotencia ......................................................... 26 Laura Fernández Soidade .................................................................. 10 Rubén Alfonso gonzález Ti, miña terra ...................................................... 27 Alberto Rivero Trastorno sentimental .................................. Noa Fernández

28

A casa da avoa ................................................. Alfonso Seoane

29

O outeiro do aforcado ................................. Ana María Añel

30

02 faíscas

CONTENT

A lóxica insurrecional ................................... Miguel Franco

31

Un misterio por descubrir .......................... Iria Vázquez

33

Día doWoman libro ...................................................... 34 About ....................................................................................... 01 Sed ut est sem, convallis congue metus. Exlibris ............................................................... 35 Carlos Domínguez

O plástico, o asasino de Brais .................... 36 Fashion Style .......................................................................................... 03 María Romero Sed ut est sem, convallis congue metus. O cambio única constante na ciencia .... Carla Guerra

38

A esperanza non se perde así coma así ..

40

Music Taste .............................................................................................. 05 Sous cielsem, de París ......................l.................. 39 Sed ut leest Cristina Salgado convallis congue metus. Women Activity ..................................................................................... 07 Esther Vaz Sed ut estHitchens sem, convallis congue Einstein, e outros heroes mortosmetus. 42 Carlos Araújo

Lifestyle Updates ................................................................................ 09 Contacontos Galego-Inglés .......................... 43 Alberto Rivero Sed ut est sem, convallis congue metus. O noso compromiso ........................................ 44

Emilio Álvarez Sport and Actions .............................................................................. 11 E tiut que excusa escoller congue metus. Sed est sem,vas convallis para faltar esta folga?....................................... 45 David R. Rivada

Profile Stars .............................................................................................. 13 Pescada en salsa verde .................................... 46 Alejandro Lorenzo Sed ut est de sem, convallis congue metus. Dedicatorias ........................................................ 31

Tips Beauty ............................................................................................... 15 Sed ut est sem, convallis congue metus.


Letras no Taboada

elena gallego: volve a casa O día 28 de xaneiro, a escritora Elena Gallego Abad, visitou o noso Instituto para dar unha charla sobre a súa triloxía Dragal. O director, Juan Guerra, fixo unha pequena reseña biográfica sobre a autora. Así enterámonos de que naceu e creceu en Verín e que foi alumna do noso instituto. lena Gallego confesounos que o primeiro libro da triloxía escribiuno para que o lera só o seu fillo. Sen embargo decidiuse a presentalo a un concurso e agora ve cumprido o seu soño de ser escritora. Tamén nos cometou o importante que son as novas tecnoloxías para promocionar a súa obra. Dragal ten páxina web e perfil de facebook! Gracias a ela entereime que bookcrossing consiste en deixar libros en distintas partes do mundo e seguir a súa pista ó longo do tempo. Algún exemplar de Dragal empezou na China e outro xa chegou a Italia.

“...foi unha experiencia moi positiva que me gustaría repetir con outros autores galegos.”

. Resumo da experiencia escrita por Fernando de 3º da ESO

Moi amable, Elena Gallego, asinounos os libros a todos os que llo pedimos e a súas dedicatorias foron moi agarimosas. A min escribiume: “Este Dragal, a herdanza do Dragón é para Fernando. Benvido as páxinas do Dragón”.

faíscas 03


Física

POR QUE ELEXIR

UNHA CARREIRA DE CIENCIAS? Iago Medeiros e Antía Parada - 1º BACH

D

urante o segundo trimestre,o día 8 de Marzo, os alumnos de bacharelato pola rama de ciencias tivemos o pracer de asistir a unha charla impartida por Yolanda Prezado. Yolanda Prezado é natural de Verín, e estudou no mesmo instituto dende o que hoxe lle rendimos homenaxe nesta revista, dende os anos 1991 a 1995. Yolanda sempre foi una alumna destacada, non só polas boas notas que sacaba, nas que predominaron sempre as letras SO (sobresaínte), senon tamén pola curiosidade que tiña e as interesantes e continuas preguntas que lle facía aos profesores. O rematar o seu paso polo noso instituto matriculouse en Ciencias Físicas na Universidade de Santiago de Compostela, onde en 1999 obtería a licenciatura na espelialidade de Física de Partículas. Dende 1999 a 2003 fixo o Doutorado en Ciencias Físicas no CSIC de Madrid (Consejo Superior de Investigaciones Científicas).Despois de traballar como Radiofísica hospitalaria en Salamanca e Pamplona e de varias estancias en Universidades europeas, traballou no CERN: Centre Européen pour la Recherche Nucléaire (Organización europea para a investigación nuclear) onde non só se prepararía, senon que coñecería e traballaría con xente de moitas naciolidades, polo que, como nos transmitiu ela, as linguas hoxe en día son unha das aprendizaxes máis útiles que podemos posuir. Decidiu comezar a súa carreira coma científica e para elo optou, no ano 2007, a una praza para xóvenes investigadores na Instalación Europea para a Radiación Sincrotón, en Grenoble (Francia). Comeza así a súa carreira como científica, a que cada ano foi engadindo mais formación ata chegar a súa situación actual: Científico no Laboratorio da Imaxen e Modelización para a Neurobioloxía e a Canceroloxía, no Campus d’Orsay (París), Centre National de la Recherche Scientifique (CSIC francés), ademais de profesora asociada nas Universidades de París VII e París XIII Dirixiu a súa conferencia aos estudantes de primeiro e segundo curso do Bacherelato de Ciencias e a partir da súa propia experiencia, explicounos qué nos pode levar a elexir unha carreira de ciencias e que opcions podemos ter o rematala. Na súa intervención falounos de cómo a Ciencia cambiou o noso modo de vida (microondas, ordenadores, móbiles …),como moitos dos avances na mediciña (vacinas, antibióticos, resonancias, TAC, PET…)son froito do traballo de moita xente durante anos. Salientou a importancia que ten, a inversión en investigación como fonte de progreso e a interrelación

04 faíscas


Física entre as distintas ciencias, nas que non hai fronteiras e prima o traballo en equipo,e a boa formación dos nosos investigadores. Ademais falounos da súa línea de investigación que se basa na aplicación de novas técnicas de Radioterapia para o tratamento de epilexias, tumores pedriáticos e “gliomas”, un tipo de tumor cerebral de moi difícil pronóstico. Unha destas novas técnicas na que ela traballa é a “Radiación Sincrotón de Minihaces”, na que as células tumoradas radianse con picos altos de radiación, que asemellan as púas dun peine, mentras que as células sans apenas se danan e poden migrar cara o tecido radiado para recuperalo. Esta nova técnica de Radioterapia, menos invasora ca Radioterapia convencional, está tendo bos resultados nos tumores radioresistentes que non teñen un tratamento eficaz e así nolo amosou cos datos obtidos a partir de experimentos con células (in vitro) e con animais (in vivo). Destos ensaios preclínicos, chamounos moito a atención os resultados prometedores que obtiveron, xa que segundo nos explicou, conseguiron aumentar o tempo de vida dos animais portadores de gliomas e diminuir a actividade epilética dos que tiñan este dano. Os bos resultados dos ensaios preclínicos, fixeron que neste ano comezaran xa os ensaios clínicos, con pacientes portadores de tumores para os que non hai un tratamento eficaz o cal nos parece todo un reto para a ciencia. Ademais traballa cun grupo de inxenieiros de distintas especialidades, para achegar esta nova

técnica de radioterapia aos hospitais, coma un equipo de baixo coste. Foi unha casualidade que o día no que Yolanda nos visitou era o día da Muller Traballadora, e si algo resaltamos dela, é a súa capacidade de traballo que xa amosou cando era alumna deste centro e así llelo recoñeceron algúns profesores que tiveron a honra de darlle clase. É motivo de orgullo para todos que esta xoven verinense destaque no difícil campo da Investigación Científica, pero sobre todo estamos orgullosos dunha persoa que non disimulou a emoción o volver o seu instituto despois de tanto tempo, que defendeu o Ensino Público e que lle deu as grazas a todolos profesores que tivo no Xesús Taboada Chivite. Con todo, Yolanda deixounos clara unha cousa, non por ser dunha poboación pequena somos menos, sendo de onde sexamos podemos chegar a facer grandes cousas (como ela está facendo), o único que precisamos é traballo e dedicación. A todos os alumnos de 1ºA a e 1ºB de ciencias gustounos a conferencia, especialmente porque ela soubo conectar con nós, animándonos e motivándonos para seguir estudando. É un claro exemplo a seguir e do que aprender, xa que nos ensinou que con esforzo podes conseguir o que te propoñas, superar obstáculos e acadar as túas metas na vida. Con esta mención na revista queremos recoñecerlle o seu traballo, a ilusión que puxo dende o primeiro momento para vir ao noso centro e que sirva de exemplo a xeracions futuras. Moitas Grazas Yolanda

faíscas 05


Matemáticas

RALLYE DE CIENCIAS e matematicas Este ano, o noso Instituto Xesús Taboada Chivite participou no XXII Rallye de Ciencias e Matemáticas organizado por Igaciencia e patrocinado pola Consellería de Educación de la Xunta de Galicia. Imaxina participar con un grupo da clase na resolución conxunta en equipo de cinco problemas matemáticos e competir con máis de cen países á vez. Fantástico, non? Isto é o que te propoñen no “Rallye Matemático sen fronteiras”,

A

iniciativa xurdiu en 1991 desde o IREM (Institute pour la Recherche et L’Enseignement des Mathématiques) de Aquitania e Toulouse, e cuxo obxectivo é favorecer o traballo en equipo, facer “vivir ás matemáticas” e desenvolver o respecto pola multiculturalidade. O noso Instituto competiu con catro equipos, un de ciencia e tres de matemáticas na primeira fase local celebrada

06 faíscas

simultáneamente con máis dun centenar de institutos e colexios o 18 de marzo. De aí, resultarían tres finalistas por área e curso da ESO, que pasarían á fase final Galega que se celebraría na Universidade de Santiago de Compostela o día 11 de abril. Un dos nosos grupos logrou clasificarse á fase final: o grupo de 3º de ESO capitaneado por Sabela Domínguez, e composto por Belén Álvarez, María Barreira, Mercedes Castro, Joseba Delgado, Natalia Dos Santos, Javier Gallego e Josué García.

despoxadas da linguaxe propia matemática nos proporcionan realmente estratexias xerais de pensamento que se poden utilizar noutros contextos tanto académicos como da vida cotiá. A competición entre grupos favorecen o espírito de equipo e colaborador por medio de situacións orixinais e problemas complexos, orixinando discusións entre os alumnos de gran valor educativo. Isto obrigábanos a organizar ben o traballo e repartir as funcións de cada integrante, adoptando o papel que mellor serve Vendo que a aventura ao conxunto, dirixidos pola ía a máis, tomamos a capitá Sabela. participación máis en serio e acordamos reunirnos Chega o día da Final en varias sesións, mesmo Santiago. Hai emoción e algunhas tardes, para nervios. Repasamos se preparar a fase final. Así levabamos os materiais tivemos a oportunidade permitidos na proba: de ver, facer e “vivir” as libros, calculadora, matemáticas dun xeito regula compás,... e, por diferente a como se fai nas suposto, un libro vistoso clases formais: máis lúdica, de matemáticas avanzadas creativa, imaxinativa, que nos facilitou o estética, dinámica, próxima profesor para intimidar os ao mundo real, sen centrar adversarios. Ao arribar tanto a atención ás técnicas ao campus universitario, algorítmicas de cálculo. aumentaba a axitación. Mediante a resolución de Os alumnos pisaban a problemas aprendiamos Universidade por primeira estratexias que vez nas súas vidas.


Matemáticas Estaban fascinados pola maxestosidade do campus. Belén saudaba a canto ser vivente movíase por alí. Dirixímonos á facultade de Química, onde se realiza a Final, e encontrámonos cos outros finalistas. Uf, que pinta de “chapones” teñen! Terémolo complicado. Comeza a proba e decatámonos que non era tan difícil, polo que a rapidez con que resolvésemos os problemas podería ser decisivo na valoración final, pois diso se trata, dun Rally. Había que poñer

en práctica o traballo en equipo como o fixemos nas sesións de preparación co noso profesor. Saímos confiados e con esperanza de obter un bo resultado. Logo dirixímonos á Aula Magna da Facultade onde nos pasaron un documental científico sobre a investigación que se leva a cabo na Facultade de Química, nos deron unha charla relacionada co Rally e, finalmente, desvelaban as posicións de cada equipo no concurso. Agradecemos o Equipo

Directivo do noso Instituto tanto polo apoio moral, coma polo económico para sufragar os gastos de desprazamento e axudas. Finalmente, e o menos importante da experiencia: quedamos en segundo lugar en Galicia, con 32 puntos, a só medio punto de ir á fase internacional en Toulouse. Recibimos o diploma e algúns premios. Unha aventura inesquecible, e o próximo ano a gañar!

faíscas 07


Programa Comenius

copenhaguen 2013diario da viaxe

SÁBADO 16 MARZO VERÍN-MADRID

16:15 Saída de Verín ata Madrid en autobús.

Chegada a Barajas.

Cea no aeroporto, facendo tempo ata a saída do vó.

DOMINGO 17 MARZO MADRIDFRANKFURT-LYNGBY

06:00 Viaxe Madrid- Frankfurt. Tras cinco longas horas de espera e sen saber se o temporal de neve nos deixaría partir para Copenhague, por fin despegamos ás 14:30 15:30 Chegada ó aeroporto de Kastrup (Copenhague). 16:00 Cada alumno vaise coa súa familia. Tarde libre.

LUNS 18 MARZO LYNGBY 8:00-10:45Benvida oficial a cargo da directora no ximnasio do centro. O actividade en grupos para que os rapaces vaian coñecendo o centro. 11:00Visita polas instalación do VUC.

11:30 -12:00 Xantar informal para

12:00 -15:00 Visita guiada por Lyngby: gardería, Concello, Biblioteca Públi comercial cercano á escola.

08faíscas

17:00 Tarde libre e cea na casa. Unha única palabra bastaría para definir


Programa Comenius

MARTES 19 MARZO LYNGBY

9:00 – 11:00 Os alumnos reúnense nunha sala multiusos do centro para visionar o

filme italiano terraferma e discutir sobre diferentes aspectos do mesmo. 11:00-12:00 Os rapaces traballan en grupo facendo una compilación de termos relacionados co Estado de Benestar para despois incorporalos ó Blog do proxecto.

Os rapaces traballan en grupo facendo una compilación de termos relacionados co Estado de Benestar para despois incorporalos ó Blog do proxecto. 16:00-20:00 Cea na casa coa familia.

20:00 – 22:00 Partida de bolos no Gladsaxe Bowlinghal

MÉRCORES 20 MARZO COPENHAGUEN

9:45 Saída de Lyngby para Copenhaguen en tren, acompañados dos estudantes daneses e tres dos seus profesores. 10:30:13:00 Percorrido por Copenhaguen no medio dunha grande nevada: Rundtarn, Christianborg... 13:00-14:30 Alumnos e profesores xantan ó mesmo tempo que fan un percorrido en barco pola canle da cidade 14:30 -16:30 Tempo libre pola cidade para facer compras. 16:30 -19:00 Cea na casa coa familia 19:00- 21:00 Patinaxe sobre xeo no Gladsaxe Skojtehal Para que despois digan que facer deporte é bo!!!

XOVES 21 MARZO Castelo de KronborgLOUISIANA.

9:00 Saída para North Sealand en bus. 10:00-11:30 Visita guiada ó Castelo de Kronborg. 12:00 – 13:30 Percorrido pola zona vella de Helsingor e xantar de bocata. 13:30 – 14:00 Transporte en bus para Louisiana. 14:00 – 15:30 Visita ó Museo de Arte Moderno de Louisiana e regreso.

profesor de EF organiza unha

a alumnos e profesores.

ica, igrexa, para rematar nun centro

a familia danesa: ACOLLEDORA.

faíscas 09


Programa Comenius

VENRES 22 MARZO 9:30 – 11:30 Mañá libre para facer compras. 11:30-12:00 Xantar no centro. 12:30-17:00 Visita a Copenhague acompañados polos profesores 19:00-21:00 Cea de despedida no VUC

SÁBADO 23 MARZO COPENHAGUENMADRID-VERÍN

7:00 Xuntanza no aeroporto de Kastrup. 9:00-12:15 Espera no aeroporto. Saímos con tres horas e cuarto de retraso… 16:00 Chegada a Barajas. 19:00 Saída para Verín 00:00 Xa estamos na casa!

10 faíscas


Diseño Gráfico

ELABORACIÓN DUNHA REVISTA EXPRÉS Cristina Niño y María Araújo - 3º ESO

O

s alumnos da clase de Deseño Gráfico fomos ao Centro de Desenvolvemento do Cooperativisto, no polígono industrial de Pazos, dúas veces para aprender como se traballa na elaboración dunha revista. En ambas saídas, Nazareth Bolaño nos ensinaba como se traballa nunha Redacción de prensa, onde ten que traballar baixo a presión de ter rematada a revista ou o xornal nun tempo curto. Unha vez explicado o proceso de traballo, Nazareth separounos en grupos diferentes para que cada grupo fixese unha parte ou artigo da revista. Cada grupo deberia traballar sobre o tema que lle tocaba. Unha vez feito eso deberiamos escoller cal seria o tema de cada sección que queríamos

universidade de Santiago,as paperas Cultura: Pasión por la fotografía e manga Deporte: Impotancia do Deporte e formula 1 atope Horoscopo y Pasatiempos: Horoscopo diario Moda :Uñas,e tipos de uñas Unha vez escollido o grupo de maquetación era o encargado de maquetar ou compoñer os temas de cada sección e elixir unha portada para a publicación. Cada integrante do grupo de maquetación facía unha portada e logo facíase unha reunión para elexir a portada; a gañadora sería a que se pusera na revista ou no xornal. Tamén votamos os nomes das cabeceiras “Chorvo Times” a primeira e “The Red Eye” a segunda (non preguntar polos titulos) Esta vez o final da sesión con Nazaret Bolaño regalounos unhes cubos con bolas

publicar na revista ou no xornal. Fixemos un Consello de Redacción que decidiu os artigos que se publicaban e os que non. No primeiro xornal traballamos con noticias que nos tiñan preparadas, pero para a segunda visita el profesor Javier mandounos ter feitas as nosas propias, por exemplo:Actualidade: Corrupción en Malaga e O perodismos da

dentro e aros para pornos dos nervios mais que nada ,logo marchamos para o colexio e de novo as clases. Pasamolo moi ben e aprendimos como se maqueta unha revista inda que non sexa unha revista oficial, aprendemos os cargos que ten cada persoa e que fai falta espiritu de equipo para ter bos resultados

faíscas 11


Ciencias Naturais

MAQUETAS

E MODELOS nas ciencias Os alumnos de 1º ESO D no primeiro trimestre realizaron de forma individual modelos do Sistema Solar na materia de Ciencias Naturais.

Presentamos algunhas das maquetas e modelos realizados polos alumnos de Ciencias Naturais e Bioloxía e Xeoloxía na ESO.

12 faíscas

A

construción de maquetas e modelos na educación secundaria constitúe un valoroso recurso didáctico, xa que permite diminuir o grao de abstracción dos contidos propostos ao visualizalos a través da súa representación. Ademais, axuda a concretar ideas, a plantexar cuestións diferentes e a canalizar aspectos relacionados coa creatividade e a imaxinación.

Ao longo da primeira e a segunda avaliación , os alumnos de 3º de ESO, na materia de Bioloxía e Xeoloxía, construiron maquetas de células e de órganos e aparatos relacionados coas funcións de relación e reprodución no ser humano. Os traballos foron realizados en grupos de dous ou tres alumnos. Os alumnos escolleron libremente os materiais empregados. Os alumnos de 4º de ESO A e B elaboraron modelos do ADN e da meiose (tipo de división celular que conduce a formación dos gametos) na materia de Bioloxía e Xeoloxía


Fixemos modelos de diferntes órganos, células e moléculas.

faíscas 13


Educación Física...

xogos populares Coma outros anos o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense colaborou co Departamento de Educación Física na realización dunhas sesións de XOGOS POPULARES.

1

porca

Trátase dun xogo moi estendido pola provincia, con elementos semellantes ó hoquei. Foi un xogo de nenos e nenas, fundamentalmente xogado no inverno, nun espazo aberto e amplo namentres se coidaba do gando. Os elementos do xogo son un pau (caneira, moca), feito tradicionalmente de uceira, de catro a seis cuartas de lonxitude, e unha bola (porca, pino), feita de madeira dura e de seis a doce centímetros de diámetro. O campo de xogo ten que ser aberto, con tantos buratos (fucha) como participantes, repartidos en circo arredor dun central de maior tamaño

14 faíscas

(celeiro, santo, cortello...). O/a porqueiro/a ten que tentar introducir a porca no santo, en canto o resto dos/as xogadores/ as tentarán de afastala canto máis lonxe poidan. Se conseguise introducila, todos/as deberán trocar a súa fucha, momento en que o/a porqueiro/a tentará apoderarse dun destes buratos, deixándolle o seu posto á persoa que fique sen el. Durante o desenrolo do xogo cada xogador/a ten que ter a súa moca metida na súa fucha, xa que senón o/a porqueiro/a pódella roubar pasando el/a a ser o/a porqueiro/a.

2

billarda

Precísase para xogar de dous elementos: o palán e a billarda. O palán é un pau longo, de entre 50 e 80centímetros, este punto variaba segundo os gustos do xogador, e cun grosor en torno ós dous centímetros, o importante aquí é que se poida suxeitar comodamente coa man. A billarda é un pau curto, de entre 14 e 17centímetros de lonxitude, e aproximadamente un centímetro de grosor; como é habitual en todos os xogos, as medidas van depender dos gustos dos e das xogadoras.


...e Cultura Popular

3

billarda de penaguda

5

o lambonciño

4

o regador Riscábase unha raia no chan, sobre a que se colocaba un palán sobrante. Despois decídese quen comeza xogando, quen é o rei. Para elo dende a raia lanzan a billarda, e o que máis lonxe chegue é o que comeza. O rei coloca a súa billarda no traveseiro e canéaa, tentando mandala o máislonxe posible, para elo conta só cun intento. Dende onde chegue, o outro xogador collea billarda coa man e tíraa contra o traveseiro. Se lle dá, convértese no rei. Se non lledá, segue o mesmo xogador de rei anotándose un tanto. A partida é a 11, 21, 31, 41... tantos, dependendo o número de tantos do número de xogadores que estean esperando a xogar. Quen chegue a puntuación pactada é o que gaña, quedando de rei na seguinte partida.

É un baile por parellas, agarrados de ganchete todas as parellas xiran en roda ata parar e atoparse fronte a fronte. Ahi fanse sinxelos pasos tradicionais, e un muíño leva a un cambio de parella e volta a roda.

É un xogo bailado no que todos se sitúan en roda excepto un que queda no medio, o ‘lambón’. O número de xogadores debe ser impar. Divídese en catro partes: • na primeira a roda xira mentres se ri do lambonciño • na segunda o lambón escolle parella e botan un baile • na terceira todos collen parella o que queda sen ela pasa a ser o lambonciño. • por último este novo lambón, pode ‘pasarlle a bola’ a outro no que dura este anaco de canción.

faíscas 15


ENTROIDO FotoGRÁFICO A GAÑADORA POR VOTACIÓN POPULAR DA PRIMEIRA EDICIÓN DESTE CONCURSO FOI ANDREA ÁLVAREZ POLA SÚA MAGNÍFICA OBRA “PALLASaS

16 faíscas


faíscas 17


O Portugués Simple

OPS!!

Línguas irmãs U Carla Guerra González 4º ESO B n pequeno encontro entre linguasirmãs.

. O Venres 22 de Marzo no Salón de Actos, tivemos unha entretida exposición sobre o noso idioma veciño. A finalidade era amosarnos o gran adianto que supón para nós o galego, tan parecido ao portugués que nos permite comunicarnos con gran parte da poboación mundial. Para demostralo, tivemos que ler diferentes frases e ata escoitamos unha canción para completar palabras, onde a maioría acertamos máis da metade. Puidemos comprobar a cantidade de personaxes famosas que son portuguesas ou teñen relación con esta lingua e comentamos anécdotas de xente que estando noutros países puido comunicarse

Os alumnos de 4º de ESO participamos neste acto.

O portugués é unha das linguas máis faladas e estendidas do mundo.

Malia que os prexuízos afondan tanto nesta, coma na súa lingua irmá, o galego, o certo é que na realidade preséntase como a lingua materna de 176 millóns de persoas e distribúese xeograficamente por unha morea de países, dende Brasil ata Timor Oriental, ao Sueste de Asia...

18 faíscas

empregando o galego, tan semellante ao portugués, que ata un propio falante non foi capaz de distinguilo. O saber non ocupa lugar, e coñecer idiomas sempre nos abrirá máis portas e nos permitirá avanzar máis lonxe. Ao mellor non valoramos como se merece as posibilidades que nos ofrecen e esta é a mentalidade que deberiamos cambiar. Con charlas como as do outro día ábrense un pouco máis os ollos para ver máis aló do que nun principio cremos.


Normalización Lingüistica

homenaxe a celso emilio ferreiro

A

o cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés e secundando a convocatoria da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización, o IES Taboada Chivite sumouse os centos de centros escolares que por toda Galicia quiseron homenaxear a Celso Emilio o 12 do 12 de 2012 as 12 da mañá recitamos deitados fronte ao mar.

16 faíscas 19


Sociedade

estudos

sobre a violencia

Fernando Serrulla Rech - Instituto de Medicina Legal de Galicia Miguel Serrulla Blanco - 2º de BACH

B

aseandonos nalgunhas ideas do filósofo Wittgenstein, podemos definir a violencia como o uso da forza entre persoas ou grupos sociais co fin de provocar unha modificación da vontade. É decir, en termos xerais poderíamos dicir que as persoas que usan a violencia pretenden obter pola forza o que non poden conseguir de outro xeito como por exemplo ca razón. A violencia é por tanto un fracaso dunha das características máis propias dos seres humanos: a intelixencia. A violencia é un problema que afecta a moitos ámbitos da sociedade: afecta a la salud e a vida das persoas, afecta a economía, o sistema político,… Por isto a Socioloxía é a ciencia que máis se ocupou de coñecer como se desenvolve a violencia no noso medio. En particular a Socioloxía Criminal estuda o delito, o delincuente, a vítima e as repercusións na nosa sociedade. Recoméndovos si estades interesados no tema, visitar a páxina web www.trascend.org onde encontraredes moita información sobre a resolución dos conflitos violentos no mundo. É a web do sociólogo noruegués Johan Galtung persoa con moita experiencia na resolución de conflictos internacionais Gran parte da violencia que acontece na nosa sociedade vémola os Médicos Forenses no noso traballo diario. Neste senso teño dende sempre unha preocupación por coñecer cómo é a nosa violencia, de qué forma se producen as lesións e a morte na nosa provincia, no noso medio. Por isto hai uns anos fixen un traballo estudando os Homicidios da provincia de Ourense entre os anos 1968 e 1992. Si tedes interés en leer todo o traballo podedes consultarlo na revista ‘Cuadernos de Medicina Forense’ [1]. Por outra banda, o ano pasado fixen outra investigación a cerca das lesións intencionais (agresions e violencia de xénero) na provincia. Neste pequeno texto resumo os datos máis salientables destes traballos. Estudo dos homicidios da provincia de Ourense: Estudamos os 69 casos de homicidios acontecidos na nosa provincia entre os anos 1968 e 1992. A fonte de informacion foi as Sentenzas Xudiciais da Audiencia Provincial. Estudamos os datos do autor, da vítima, do proceso xudicial e mais o do propio feito homicida. Neste senso destacamos as seguintes conclusións: 1)A taxa de homicidios na nosa provincia é de 0,72 homicidios/100.000 habitantes e ano. É dicir, cada ano acontecen na provincia de Ourense de media entre 2 e 3 homicidios. É unha taxa similar á que existe en España (0,73) e ademáis é una taxa das máis baixas do mundo por debaixo de EEUU (4,3) e Reino Unido (1,23). No cumio dos paises onde hai máis homicidios están paises de Centro e Sudamérica como México e Colombia e moitos paises do Africa subsahariana (por riba dos 20 homicidios/100.000 habitantes e ano). Os Partidos Xudiciais que máis taxa/ 1000 habitantes mostran son en primeiro lugar o de Verín (0,36 homicidios/1000 habitantes) e en segundo lugar o Partido Xudicial de Ourense (0,24 homicidios/1000 habitantes).

20 faíscas


Sociedade 2) O perfil sociolóxico criminal do autor da morte é un varón, xove (entre 18 e 40 anos), nacido na provincia (non na capital), casado ou solteiro, de estudos primarios, de clase social baixa, de profesión non cualificada e que leva a cabo o delito sendo o primeiro delito que comete (chámase delincuente primario). O móvil do homicidio está relacionado coa propiedade privada, as ideas persoais ou os sentimentos. 3) O perfil da vitima é tamén un varón xove, tamén de clase social baixa e relacionado co autor por motivos de vecindade ou familiares. 4) Case na metade dos crímenes acontecen existindo no autor algunha enfermidade ou trastorno mental (alcoholismo, ansiedad ou depresión, psicose, consumo de drogas, etc...). No outro 50% non consta a existencia de enfermidade algunha. 5) Os crímenes ocorren no medio rural no 72% dos casos, ocorren con máis frecuencia entre as 20 horas e as 3 da madrugada, ocorren en todos os meses do ano e o autor emplea algun tipo de arma (principalmente as armas blancas e as escopetas de caza debidamente legalizadas, ver GRAFICO 1). GRÁFICO 1: Instrumentos empleados na comision do feito homicida.

30 20 10 0 A BLANCA

A FUEGO

PALO

SACHO

MANO

ESTRANG

OTROS

Estudo de lesións intencionais na provincia de Ourense: A partir dos datos do pasado ano 2012 fixemos un estudo comparativo entre as lesions accidentais (accidentes de tráfico, laborais ou casuais) e as lesión intencionais (agresions e violencia de xénero) vistas nas consultas dos médicos forenses da nosa provincia. O estudo conclúe o seguinte: 1) Todos os Médicos Forenses dos Partidos Xudiciais da provincia de Ourense atenden unas poucas máis lesións accidentais (55%) que intencionais (45%), excepto os dos Partidos Xudiciais de Verin e Bande que atenden unhas poucas máis lesións intencionais (55%) que accidentais (45%). 2) O Partido Xudicial de Verin ten a taxa por 100.000 habitantes máis alta en relación a lesións en agresión e violencia de xénero de toda a provincia. O segundo Partido Xudicial é o do Barco de Valdeorras (ver TABOA 1). TABOA 1: Taxas por 100.000 habitantes nalguns Partidos Xudiciais da provincia de Ourense de lesións intencionais en LESIONES EN AGRESION e VIOLENCIA DE XÉNERO. En amarelo as máis altas.

TAXA AGRESIONS TAXA V. XENERO

OURENSE VERIN BARCO CARBALLIÑO XINZO 34 48 39 21 23 2,6 13 9 4,4 1,3

BIBLIOGRAFIA: 1.Serrulla F. (1996) Estudio sociológico-criminal y médico forense del delito de homicidio en Orense. Cuadernos de Medicina Forense. 5 12-19. 2.Garcia-Pablos de Molina A. (2003), Tratado de Criminología 3ª Edicion Tiranch lo Blanch Valencia

faíscas 21


Internacional

ENCONTRO

LUSO-GALAICO A

o comezo do curso, aos alumnos de cuarto, faláronos do encontro luso-galaico. Nos xa escoitaramos falar desta actividade posto que leva xa anos facéndose no noso centro, e a verdade é que todos os alumnos que participaron en anos anteriores falaban desta actividade como algo realmente interesante. Agora nós tamén podemos afirmar que é así. Este ano tocoulles aos portugueses comezar a escribir. Cada un de nos recibiría

22 faíscas

unha carta dun compañeiro do IES Fernão de Magalhães, o que iríamos coñecendo ao longo do curso ata o momento do encontro. Todos esperábamos ansiosos a chegada da nosa carta, e o nome do “noso portugués”. A experiencia de escribir cartas en galego gustounos moito a todos, pero as mellores cartas e as máis longas foron as dúas primeiras, debido a que enseguida nos dimos o Facebook, e xa sa sabe o que teñen as redes socias. Falabamos tanto con eles por Internet que logo por cartas xa non


Internacional sabíamos que escribir. E a espera de coñecer ao noso portugués e velo en persoa fixésenos un pouco máis levadeira posto que vimos fotos súas colgadas na rede. No meu caso preferín ser un pouco mais tradicional e mandarlle fotos impresas miñas acompañando as cartas. Esta experiencia tamén nos serviu para darnos conta do próximas que son a lingua galega e a portuguesa, e que sabendo galego fomos quen de entender aos nosos compañeiros perfectamente sen dificultade ningunha. O único inconvinte que vimos, foi que os portugueses tardaban moito en contestar, e a espera facíasenos longa. Igual de longo se nos fixo esperar polo día do encontro. Este curso foron os portugueses quen organizaron a viaxe. Escolleron para visitar a cidade de Régua. As oito e media, arrancamos dende Verín camiño de Chaves, para ir buscar aos nosos compañeiros os que xa tiñamos tantas ganas de coñecer. Unha vez alí, fóronos chamando un a un e presentándonos, a pesar de levar todo o curso escribíndonos, este foi un momento de vergoña no que a todos nos deu corte e no que estabamos separados por institutos incoscientemente. De seguido montamos nos autobuses cara á Régua, unha cidade que a todos nos pareceu preciosa. O primeiro que fixemos foi visitar o museo do Douro, que durou aproximandamente uns corenta

minutos, nesta visita xa nos fomos acercando máis aos portugueses e a vergoña comezaba a desaparecer. Ao acabar dimos un paseo mentres esperábamos o tren turístico que nos levaría ata Pinhão. A traxectoria en tren, estivo moi ben, ambos os institutos estábamos xuntos, falando e contando distintas anécdotas relacionadas coas cartas. Unha vez chegamos, fomos ver a famosa Quinta da Foz, un lugar preciso que a todos nos encantou. Logo, despois de unha maña na que non paramos quietos, por fin fomos comer preta da unha e media. O xantar foi un dos mellores momentos, posto que tivemos ata as catro e media, e en todo este tempo fixemos fotos cos nosos portugueses e deunos tempo de coñecernos todos un pouco mellor. Tras acabar de comer, arrancamos a Favaios, sitio onde visitamos o Museo do Pão e do Vinho. A mín, persoalmente gustoume máis o primeiro museo que visitamos. Cando remantamos xa fumos a Chaves, onde nos despedimos dos portuguses. Foi unha despedida algo triste pero ao mesmo tempo moi satisfactoria, posto que todos gañaramos un novo amigo en Portugal, co que prometemos seguir escribíndonos a miúdo, aínda que non fose por carta, senón por redes socias. Foi unha experiencia nova, e a verdade e que a todos nos gustou moito, e penso que a gran maioría de nós, estaríamos encantados de repetila.

faíscas 23


24 faíscas


PROMOCIÓN 2007-13

Coñecémosvos cando, aínda nenos, comenzastes a vosa andaina polo Taboada Chivite. Agoara estades a piques de dar os vosos primeiros pasos por un itinerario novo e prometedor, que vos vai enriqueces. De corazón, moi moi boa sorte. Botarémosvos de menos

faíscas 25


Certame de poesía “Xosé Carlos Caneiro”

Impotencia Sinto defraudarte. Non tiven o valor de encararme a ti e dicirche adeus. Un adeus para sempre. Un adeus que doe. Un adeus imposible, un adeus. Puños e mandíbula apertados, ollos vermellos como o fogo. Si, chorei, desexei mandarche un último bico. Xa nada podía ir peor. Xurei que seguiría, sairía, riría, pero tamén que sempre soa estaría. Desexei que volvera a ignorancia. Penso que a vida é demasiado curta. Demasiado dura Creo que estou farta. Agora dou voltas sen poder esquecer. A quen lle importa? Son as tres da madrugada. Ás veces calo outras, berro. Noutros intres, simplemente choro. Por non ter o coraxe de enfrontarnos os nosos medos, moitas veces perdemos a unha persoa importante, unha das pezas clave da nosa vida.Entón o único sentimento que ocupa a túa mente é a impotencia.

Laura Fernández 2º ESO

26 faíscas

Soidade Síntome só. Estou só na escuridade. Estou canso. Canso e desorientado vago polo mundo. Busco e busco... Quero que alguén me faga soñar. Pecho os ollos, e creo que atopei a miña fada. Esperto e... Todo foi un soño. Ti, nunca volverás. Rubén Alfonso González 1º ESO


Certame de poesía “Xosé Carlos Caneiro”

Ti, miña terra Ti, que me viches nacer que me oíches cantar. Ti, que me fixeches querer e ata tolear. Ti, que me acolles na escuridade e me guías ao meu lugar. Ti, que me sorrís con humildade e me dás alas para voar. Ti, que me deches a lingua e me ensinaches a amar. Ti, que cando a lúa mingua faino para que me poidas arrolar. Ti, terra de fermosos vales, de domas e castracións, que sufriches infinitos males por darme agarimo e protección. Ti, miña terra, que me deches a vida e me levarás coa morte, escoita agora o meu grito de guerra que por ti hei de loitar ben forte Alberto Rivero Manso 2º ESO

faíscas 27


Certame de Relato Curto “Antonio Fernández Pérez”

Trastorno sentimental Noa Fernández - 1º ESO

T

odo se mestura, os sentimentos tamén se mesturan. Todo o que sinto xira ao redor de min e da miña cabeza, é unha traxectoria imposible de parar. Os meus sentimentos compóñense de recordos, de sucesos, de risas, de bágoas, de persoas… que endexamáis esquecerei. A miña primeira memoria é de cando tiña uns catro anos, pero agora, non me interesa en absoluto recordar o pasado, aínda que as lembranzas volven por enésima vez á miña mente, e eu, sen remedio, volvo lembrar todo o que sei da miña vida, todas as persoas que pasaron por ela e todo o que fixeron por min, todas as risas que compartín, todas as bágoas que ocultei, todo o que compón o baúl dos recordos da miña mente. Pero todo iso, pertence ao pasado. Agora estamos no presente e eu aínda non sei o que está a pasar ao meu redor, a cantidade de xente que está a deixar pegadas sobre min, as bágoas que oculto e as risas que comparto; todo está mesturado e desordenado e vai ser moi difícil reconstruilo. Quizais nun futuro consiga darme conta de quen se supón que son, e do que en realidade quero ser. Xa non soño con ser unha princesa dun conto de fadas, e que o meu príncipe azul me rescate da torre na que me encerraron. Esa etapa da miña vida xa pasou, e non creo que vaia volver. Antes, era todo máis fácil, dábanmo todo feito e aínda que o parecese, non conseguía case nada por min mesma. Sen embargo, agora e todo o contrario. Todo o mundo di que xa son o suficiente madura e responsable como para facer as cousas soíña. Moi pouca xente me axuda, pero por sorte, hai persoas que sempre están aí para axudarme no que poden, nas cousas que non entendo e aínda que ás veces resulten molestas e pesadas, ao final decátome de que son as que lle importo de verdade. Son esas persoas, que aínda que ti non o notas, sempre están aí dicíndoche: -Como van as cousas? –Estás tranquila? –Xa vai todo mellor? E son tamén, as que cada vez que estás triste, polo que sexa, aínda que sexa unha auténtica tontería, axudanche a superala, e cóntanche os seus propios prolemas para que ti saibas que non es a única que os tén, e están sempre protexéndote, espertándote polas mañás, recibíndote no xantar, dicíndoche: -Adeus guapa! Un venres ao sair de clases, preguntándoche: Que che pasa? Cada vez que te ven triste, escoitándote falar ata as cinco da mañá porque estás tan doída e sénteste tan soa que non consegues durmir, simplemente, demostrándoche que te queren, e que endexamáis te vas a sentir soa. Son esas persoas, polas que merece a pena levantarse polas mañás, polas que merece a pena non perder a esperanza e sorrir unha vez máis. As que fan que cada día, por moi horroroso que sexa, remate sendo bo, as que te queren polo que es por dentro e non por fóra, as que che sorrín todos os días, as que de verdade importan.

28 faíscas


Certames literarios

N

a casa da avoa Alfonso Seoane González 1º ESO

unca me gustou a casa da miña avoa. Nada mais entrar pola porta despedía un gran arrecendo a humidade. O corredor destacaba por ter as paredes estampadas de rosas que evidenciaban o seu aspecto lúgubre; ademais, pasaran dous anos dende que perdera ao seu marido. Como todos os domingos, comemos na casa da miña avoa. Na sobremesa, miña nai, coma sempre, intentou convencer á súa nai de que viñera vivir connosco. -Este edificio é moi vello, ademais, está caendo a cachos. -Eu estou agusto -respondía miña avoa con retranca-. É o meu fogar. -Un fogar case en ruínas! -exclamou miña nai- Non podes vivir aquí ti soa. -Non estou soa, el... segue na casa. Eu notei un arrepío cando pronunciou aquelas palabras. Ollei cara ás ventás, pero non estaban abertas. Era moi estraño. Xa era tarde e miña nai, levantándose da mesa, dixo unha última frase coa fin de convencela. -Eu creo que sería mellor que viñeras connosco. Estasme oíndo mamá? Miña avoa non se movía do sofá e a súa pel presentaba un aspecto pálido. -Xoán! Miña nai non está ben, pásalle algo! -Tranquila, a estas idades púdolle pasar calquera cousa. Agora mesmo chamo á ambulancia. -respondeu meu pai descolgando o teléfono fixo. -Non, será máis rápido se collemos o noso coche. Vaino arrancando mentres eu axudo a miña nai. Apresureime a poñer o abrigo, pero meu pai detívome na porta. -Os hospitais non son para nenos. Eu respondinlle que non quería quedar só na casa, que se podía quedar na casa dun amigo meu, pero negoumo. -Podes ver a televisión –dixo dende a ventanilla do coche- pasaráseche rápido o tempo. -Pero …- non me deu tempo a terminar a frase. “Non terás medo?- repetinme avanzando polo corredor- Só é a casa dunha vella.” Acendín o televisor. “Que ben! O meu programa preferido!” non durou moito a miña alegría, de súpeto o televisor comezou a pestanexar ata que todas as luces da casa remataron por apagarse. Rapidamente collín o meu móbil e telefonei a meu pai. -Non te preocupes, seguramente foron os automáticos. Vai á cociña e veras unha caixa verde, ábrea…e…interruptor…ne…sube…PIIP Nese momento a chamada cortouse. Percibín unha pequena raia de luz que viña da cociña. Eu tremía pois a medida que daba un paso, máis brillante era a luz que procedía da cociña. Ao entrar comprobei que a luz procedía do frigorífico. Era raro pois só pasaran uns minutos dende que se apagaran todas as luces. “Terá un xerador propio - convencíame a min mesmopara que non se estraguen os alimentos” Saín da cociña, mentres intentaba chamar de novo a meu pai. Tremía tanto, que esvaroume o teléfono das mans e caeu ao chan rompendo en mil anacos. “Tranquilo, estarán a piques de chegar”-repetíame, ata que percibín un son que procedía do cuarto da miña avoa. Atopábase ao fondo do corredor, non era o lugar mais adecuado naquela situación. Cando cheguei, no cuarto había un pequeno resplandor que saía de detrás da cama. De súpeto, a porta pechouse instantaneamente. Xa non me puiden conter e berrei. Cada vez estaba mais nervioso, achegueime á misteriosa luz. Unha corrente de aire chegou a min mentres un fío de voz saía entre o silencio. -Á fin estamos sós…

faíscas 29


Certame de Relato Curto “Antonio Fernández Pérez”

O OUTEIRO DO AFORCADO Ana María Añel 4º ESO

P

arecía unha mañá coma calquera outra. Saín pola porta as sete e botei a correr. Xeara pola noite e o aire cortaba coma un coitelo. Pero seguín correndo. Detrás de min viña o meu can, Rufo, e apenas uns metros máis adiante xa me adiantara. Ía coa lingua fóra, correndo a todo o que lle daban as patas. Tentei manter un ritmo constante, mentras nos pulsos sentía o latexar do meu corazón. Baixo os meus pés esnaquizábanse miles de cristais de xeo. Todo ó meu redor era un mundo irreal encuberto pola néboa. Xa non vía o can, pero sabía que en calquera momento había voltar ó meu carón. Sempre o facía. Seguín choutando polo camiño de terra que levaba ata un pequeno outeiro dende onde se ve todo o val. Chámanlle o “outeiro do aforcado”, e case ninguén se acerca moito por alí. So de cando en vez no tempo dos níscaros teño atopado xente por este lugar. Din que hai anos alí aforcou un mozo, uns contan que por mal de amores, pero outros din que o colgaron nun axuste de contas. Eu aínda non vivía neste lugar, e non sei ben o conto. Xa ía entrando en calor. Notaba o esforzo dos meus músculos, e unha pinga de suor escorrendo polo lombo. Era unha sensación agradable, o meu corpo quente na mañá fría, pero xa pensaba en voltar e meterme na ducha. Chamei polo can, e pensei correr un pouco máis ata que voltase onda min. Daquela oíno oubear do outro lado do outeiro. Pensei se non caería nalgún cepo esquecido polos furtivos. Corrín, corrín ata quedar sen folgos, e atravesei polo outeiro. A néboa era máis mesta que antes, e non vía máis aló dos meus pés... Tentei guiarme polos laios do can, que parecían cada vez máis cerca. Saltei por riba de toxos e queirugas, e esfolei as pernas. Enredaba os pes nas silveiras, pero non podía parar.Tiña que chegar ó can e axudalo. Corrín, sen pensar, sen vigor, ata que tropecei e caín. Fun dando chimpos, ata quedar todo revirado. Daquela deime de conta que diante de min tiña unha árbore, e que había un home colgado dunha póla O home mirábame sen verme, cos seus ollos mortos. Abaneábase no cabo da corda, como un monicreque esquecido. Quedeí pampo! Quería erguerme, e non era quen. Tentei berrar, pero quedoume o berro atorado na gorxa, coma un miolo de pan duro, coma un estropallo que nin subía nin baixaba. Non quería mirar, pero non podía apartar os meus ollos dos ollos daquel home. E de súpeto unha man renegrida, fría e carroñenta estalicouse cara min. Sentín como se me paraba o corazón. Nin un latexo sequera, o sangue paralizado nas veas, e os pulmóns valeiros. Era a miña fin. Podíase morrer de medo, e iso era o que me estaba a pasar. Conseguín que un fío de aire chegase ós pulmóns e erguinme sen saber nin como. Dei media volta e botei a correr de novo, “batendo cos zocos no cú” como dicía o meu avó. Corrín, e corrín. Non quería mirar cara atrás, pero sentía pasos por tras de min. Uns pasos máis lixeiros cós meus, que semellaban non tocar o chan. Os meus pés eran de chumbo, non avanzaba, metido entre as uceiras e queirugas tentaba saltar por riba. Estordeguei un nocello, pero seguín avanzando aos pulos. Algo se arrastraba tras de min. Pensei que era a corda do aforcado. O morto seguíame, coa corda arrastrando. Xa non podía máis. Faltábame o alento, xa non tiña forzas. Ardíanme os xemelgos, e os meus pulmóns eran un forno.Abafábame. Xa sentía a corda do aforcado arredor do meu pescozo. Perseguíame polo outeiro, a través da néboa pe-

30 faíscas


Certames literarios cha. Eu non podía velo, mais sentíao cada vez máis preto de min. Notaba o seu cheiro podre e balorecido atufándome. Coido que ata sentía as súas mans coma gadoupas tentando collerme. Houbo un intre no que sentín certamente o seu bafo na caluga. A dor tíñame amarrado. Pensei que xa non daría un paso máis e que o aforcado se me botaría enriba, arrastraríame con el ó seu mundo de mortos. Penduraríame tamén da pola dunha árbore, e o meu corpo apodrecería, abanearíase no medio do outeiro, e ninguén sabería que me pasou. Se cadra tamén pensarían que eu aforcara . Tomei folgos, e dei un paso, e outro, e outro máis tentando afastarme do inferno no que me atopaba. Se saía da néboa estaría a salvo. Se podía dar un paso máis seguro que chegaba ó camiño. Un paso máis. Arrastraba os pés, e suaba como un porco. O medo esnaquizárame por dentro, pero tiña que saír de alí. O tempo era algo irreal, non sabía que hora sería, nin canto tempo pasara no outeiro, cando notei que o chan cambiaba, xa non había fentos, nin carqueixas, só terra dura : estaba no camiño. Estaba a piques de conseguilo, só uns centos de metros máis e estaría na casa, pecharía a porta e estaría a salvo. Só tiña que aguantar un pouco, e de súpeto algo me chimpou dente atrás, estampándome contra o chan. Enchéuseme a boca de terra, e sentín o sangue corréndome pola fronte. O peso do morto enriba das miñas costas non me deixaba respirar, atrapárame á fin. Sentín o seu alento, achegándose cada vez máis, ata estourarme na cara. Tiña os ollos pechados con forza, mais non quería morrer como un malpocado, así que abrinos e mirei en fite o aforcado -RUFO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

A Lóxica Insurrecional Miguel Franco 4 ESO

P

ara unha nai sempre é duro perder un fillo. Carne da túa carne, a peza máis importante na túa vida. Xamais imaxinas que se vai para sempre. Todos os esquemas que fixeras véñense abaixo nun abrir e cerrar de ollos, ollos marcados co lume da amargura, etérea e eternamente vital. Era o meu fillo, un deses sabios descoñecidos que como un xigantesco barco afundido, desaparece na escuridade abisal, sendo imposible que emerxa de novo á superficie. Moitas veces, amosábame o valor das cousas fráxiles e perecedeiras, vendo sempre o mundo como un mestre soñador, cun filtro caleidoscópico e maquillante que chuspía de cando en cando, esas quiméricas teorías que se limitaban a simplificalo todo á noción máis lóxica. Semellaba incrible que na mente dun cativo con seis anos de idade, puideran coexistir lonxe da sinuosidade gramatical, as complexas conxecturas sobre temas censurados pola fronteira comprensiva dos nenos. Os vacilantes reveses e xiros do destino quixeron que perecera moi novo. Por suposto, un feito imposible de asumir para min. Fíxome sentir máis débil ca nunca. Débil e insignificante. Cría que a dor era una sensación elitista pero decateime do erro; á verdadeira dor, non lle importaba o corazón que se dispón a atravesar. Unha e outra vez, volvía os ollos ao ceo, e procuraba ociosamente alongar a despedida que co corpo desgarrado da angustia me resignaba a aceptar. Aquilo era máis que rabia. Apretaba os

faíscas 31


Certame de Relato Curto “Antonio Fernández Pérez” dentes contra os beizos e pechaba as pálpebras moi forte, aínda así, sentía o roce tépedo e lene polas liñas do nariz. E na lingua, un sabor salgado, difrazado da máis aceda amargura que unha muller pode probar. Chorar non serviu de moito. Esa xustiza divina corrompíase nos paradigmas e pensamentos como se corrompe a inocencia dos corazóns brancos. Agochaba a cabeza sen saber que facer, namentres, o meu rostro conxugaba as sombras funestas e as bágoas. As bágoas eran de impotencia. Non se pode concebir o mundo sinalando os límites das persoas, pois iso só conduce a sementar barreiras de desaprobación e engaiolar un dos bens da humanidade: a imaxinación como mecanismo de resposta á dúbida. É como cortarlle as ás ao paxaro máis fermoso. Por iso despois de todo, non me considero una persoa tan especial. Cando non é día de que os heroes tomen as rúas, decido camiñar con andares máis covardes e un paso máis pusilánime ca do normal. Mais, agora que debo ser forte, o contexto resúltame demasiado grande. Se o meu valor se medise polas miñas palabras, acusaríame a min mesma de traidora. E é que o mundo no que cría vivir xa non me inspira confianza dende que se foi. Sinto que retrocedo a cada paso, a cada baldosa que adianto se lle suma outra enriba miña. Semella que a frustración e a esperanza se sementan co mesmo gran. Nin reguei unha, nin reguei a outra. Pero a frustración é coma a mala herba, medra soa. E o tempo pasa, e funde as súas raíces na terra. E chega o momento no que non podes máis, se ben sabes que nin tan sequera o intentaches. Precisei buscar o significado de min mesma para comprender o mecanismo que me impulsaba inconscientemente cara o irrevocable suicidio psíquico ao que me dirixía. Cavilei demais sobre cuestións do ámbito filosófico. Pregúntome sen descanso, en cada intre que podo, unha vez si e outra tamén, quen posúe a suprema, infinita e divina autoridade para decidir e sinalar ao mesmo tempo quen perdeu o dereito a seguir existindo. Por que caen tantos inocentes e quedan impugnes os que non deben ? Acaso merecía estar o seu nome entre as cartas que barallaban os vosos ignorantes dedos. Axiña te decatas de que procurar entre a escuridade é inútil. E volves ao comezo, ao amparo da túa nai, e espértaste soa enriba do xeo. Nun só intre ves que todo o que fixeras anteriormente está aínda contigo, caedes xuntos. Segues ca lixeira dúbida de cómo chegaches ahí. Mais o tempo agora é o de menos, pois a morte agasállate ca ponzoñosa tortura de eternidade. Quizais te lamentes dos segundos que perdiches inútilmente preocupándote dos que mañá te choran e co tempo te esquecen. Nin fuches anxo nin mártir, logo só estás na súa memoria, e ese é un obxecto moito máis fráxil que a túa cordura. Sentía o frío percorrer as miñas extremidades xa inertes. O cristal navegaba nos interiores e cortaba sen misericordia a anatomía. Sen excusas, chegaba o aciago final. Sinxelo e dunha beleza algo incomprensible e efémera. E só así che podo asegurar que cando cruces a lagoa Estixia, e te atopes ao outro lado, volverás a vista atrás e poderás comprender o sentido da vida. Perdóame fillo. Perdoa que non me lembrase de ti cando me rendín sen forzas á morte.

32 faíscas


Certames literarios

Un misterio por descubrir

E

Iria Vázquez - 1º ESO

staba escuro, eu aterrado pola soidade. Aínda non chegaran os meus pais nin meu irmán, estaba só, nun cuarto que non coñecía. Erguinme cunha forte dor de cabeza. Intentei deducir como era a habitación apalpando as paredes. Era relativamente pequena, tiña unha ventá cerca do teito, pero non había porta, era raro. Alí encerrado, daba voltas e voltas intentando descubrir o que pasara nas últimas horas, pero, non o comprendía, recordaba perfectamente o que pasara o día anterior, na miña casa, cos meus familiares, cos que me xuntaba todos os anos por estas datas para celebrar, a festa de aniversario de meu avó. Permanecín varias horas pensando o que pasara e, de súpeto, viñéronme á cabeza imaxes do día anterior no aniversario do avó, de como a familia ía chegando; pero había algo, algo que non daba recordado, quizais fora a resposta de como chegara ata alí. Mareeime, e caín ao chan. Quedei inconsciente durante varias horas. Nese tempo que estiven durmido, soñei co que pasara durante os últimos días e iso é o que vos vou contar hoxe. Levaba unha semana moi nervioso, pola chegada do aniversario do meu avó, que cumpría xa, oitenta e oito anos. Daba voltas por todas partes e non paraba de brincar dun lado para outro, esperando a que aparecese meu pai cos avós e, a chegada do resto dos invitados. Deilles a todos unha aperta enorme e ao avó, o seu agasallo. Era unha camisa de raias grises e azuis, de manga curta. Cando o avó ía darme unha caixiña de doces, chegaron unha morea de convidados. Mireinos a todos, pero só me fixei nos meus curmáns. Viámonos poucas veces no ano, e sempre que nos xuntabamos tiñamos unha morea de cousas que contarnos. Pasadas xa varias horas falando, comezamos a cear. Había unha mesa enorme e moita comida. Nós estabamos sentados cerca dos nosos pais e do avó. Recordo que ao acabar a cea estivemos xogando ás carreiras e ás agachadas. Espertei moi sobresaltado, seguía alí encerrado, naquela habitación sen recordar nada, cando de pronto, caeume algo na cabeza e volvín quedar durmido, pero esta vez lembraba case todo o que pasara, pero seguía sen saber como quedara alí encerrado. Estabamos xogando ás agachadas, era xa de madrugada e na nosa casa, aínda se escoitaba a música moi alta. Tocábame buscar a min. Meu irmán escondérase debaixo dunha mesa e fora o primeiro que encontrara, logo atopei a miña curmá metida nun armario e despois aos seus irmáns agochados detrás dun sofá. Como os achara a todos e o primeiro fora meu irmán, tocáballe buscar a el. Eu non sabía onde esconderme, así que fun ao garaxe e, alí, localicei, debaixo dunhas caixas a entrada a unha habitación escura. Volvín espertar. Esta vez seguro do que pasara. Cando entrei por unha porta que daba a un habitáculo debaixo do garaxe, esvarei e caín dentro, e a porta pechou. Esta vez si que comprendía o que pasara pero non sabía como ía saír daquel cuarto misterioso. Cavilei. Canto tempo levaría aquela habitación alí e para que servía? Levanteime e comecei a buscar algo para poder estudar como era aquel lugar e como podía saír. Encontrei unha candea desgastada e vella e, cuns mistos que levaba sempre na chaqueta acendina. Levei unha sorpresa ao ver que o apousento estaba cheo de roupa de bebés e xoguetes, así que pensei que sería como un rocho para gardar o que xa non se empregaba na casa e que ocupaba espazo. Estrañoume ver que, nunha parede había colgado, o retrato dunha persoa que descoñecía. Era unha nena pequena, duns seis anos de idade. Tiña posto un vestido de cor verde cuns zapatos e uns lazos a xogo. Por un momento pensei que era miña nai, pero decateime de que a nena que aparecía no retrato era loura e miña nai sempre tivo o pelo castaño escuro. Pero non obstante eran iguais, tiñan as dúas os ollos dunha cor entre verde e gris, a mesma cor dos meus ollos. Ás miñas costas había outro retrato idéntico, soamente que esa nena tiña o pelo castaño. Estiven

faíscas 33


Certame de Relato Curto “Antonio Fernández Pérez” momento sen moverme, non entendía nada. Para que ían facer dous retratos iguais, cambiando só a cor do pelo? Nese intre oín un ruído, e abriuse algo por enriba de min, era a porta pola que entrara! Alguén saltou dentro da habitación, era miña nai. Preguntoume que pasara e díxome que andiveran na miña busca toda a noite. Conteille o que me sucedera e deume unha aperta. Tamén lle preguntei para que sería aquela habitación e contoume a historia dos dous retratos. Dixo que eran ela e a súa irmá, que morrera cando tiña sete anos por unha enfermidade que daquela, era descoñecida. Toda aquela roupa, era dela e da súa irmá melliza. Volveume dar unha aperta e desplegou unha escada que estaba sobre a porta, e subimos. Cando chegamos onde estaban todos conteilles o que me pasara e escoitáronme con moita atención. Aquela tarde marcharon todos ás súas casas. Meus pais decidiron levar todo o que había naquela habitación para o rocho e decorárona para que eu tivera un lugar para xogar no inverno. Aquel día decidín o que ía ser de maior, un detective. Para descubrir casos moi difíciles porque como todos os que me coñecen din, sempre hai un misterio por descubrir.

dia do librO

N

o mes de abril a nosa biblioteca foi o lugar escollido para conmemorar o día do libro. Unha exposición de libros antigos foi a escusa perfecta para festexar o valor da letra impresa. Alumnos, profesores e demais membros da comunidade educativa puidemos admirar edicións do Quijote, libros de texto dos anos corenta ou revistas de principios do século pasado entre outras xoias. Grazas a todos os que doaron libros para esta exposición

34 faíscas


Deseño Gráfico

ex-libris

Carlos Dominguez – 3º ESO

O

Exlibris é unha etiqueta que se pega nos libros e que serve para coñeces a quen pertencen. Neste traballo da clase de Deseño Gráfico diversos alumnos collen un debuxo que adoita ser en blanco e negro, e póñenlle o seu nome normalmente ou outro tipo de información que represente ao propietario do libro cunhas letras bonitas. É un bonito traballo, moi divertido, no que os rapaces e rapazas desenrolan a súa imaxinación. En xeral, Deseño Gráfico é una asignatura na que aprendes diferentes actividades maquetación, editar fotos etc… e dende o meu punto de vista recomendoa aos alumnos.

faíscas 35


Relatos da Inspiraciencia

O plásticO O asasino de Brais María Romero - 3º ESO

A

quel día, meu fillo Brais cumpría oito anos. Decidín que xa medrara o suficiente coma para que fose só á escola. Brais alegrouse coa proposta, acababa de abrirlle unha nova ventá, sentíase forte, maduro e responsable. -Anda con coidado, meu fillo!- advertinlle antes de que saíse pola porta. -Xa sei mamá, xa sei; todos os meus amigos móvense sós por Támega e nunca lles pasou nada- respondeume el, confiado. A tranquilidade coa que me falaba fixo que aumentara a miña preocupación. -Lembra, non te achegues demasiado á superficie, mantente preto do solo, só así terás máis facilidade para agocharte baixo pedras ou algas se irrumpes na caza dalgún famento depredador. -Dacordo, ma. - E non comas nin toques nada que atopes flotando! Os salmo trutta somos uns seres insignificantes para eses enormes monstros que, según din, habitan neses lugares remotos onde non hai auga, e non fan máis ca complicarnos a vida procurando a nosa desaparición. -Iso non son maís ca lendas de vellos!comentou Brais cun ton de burla mentras se alonxaba aleteando con lixeireza. -Non sexas inxenuo, rapaz! Fai caso da túa nai! Serán lendas ou serán o que queiras , pero nunca saberás o que pode suceder. Observei alonxarse ao meu fillo mentres se reproducían na miña mente, as máis terribles cousas que lle podían suceder ... Facía un bo rato que marchara e as augas permanecían tranquilas ao meu redor mais eu seguía a ollar cara o lugar por onde se fora. Entón, púxenme mans a obra coas

36 faíscas

tarefas domésticas que, a pesares de que vos resulte difícil de crer, non son poucas nas troitas de auga doce. Por momentos, o traballo que estaba a realizar lograba evadirme dos pensamentos cara o meu fillo, pero iso non quitou que a mañá se me fixese moi larga. O refrexo de Sol, o único mostro extracúatico ao que lle tiñamos simpatía e do que sabiamos con certeza a súa existencia, tinguía de cores claras a zona máis superficial, por riba da miña cabeza. Polo seu grao de inclinación souben que a estas horas estaría Brais saíndo da escola. Esperei un bo rato, mais tiven que agardar máis, e máis, e máis... Ao ollar como pasaba o tempo e o meu fillo non regresaba, os nervios volveron invadir o meu corpo e o medo entrabáme polas branquias, distribuíndose logo por todo o meu organismo. Coa alma nos pés e o corazón na gorxa, decidín ir na súa busca. No meu subconsciente creábanse as imaxes máis horripilantes mentras eu trataba de aferrarme a outras posibilidades, como a de que quedara castigado por algún mestre ou estivese de parola cun compañeiro. Tan só se oía o meu corazón latexer e o murmurio das ondas de auga, queixándose do meu brusco aleteo, pero de súpeto, unha pesada voz ronca irrumpiu na miña busca. “-Oh... pobre peixe... -Papá, por que ten esa cousa de plástico ao redor? Non son eses os plásticos que envolven os tetra bricks de leite que compra mamá no supermercado? Non sabía que tiñan tamen cousas desas os peixes. -Non, Elena, os peixes non teñen tetra bricks no seu entorno natural. O que sucede é que


Relatos da Inspiraciencia a humanidade está moi pouco concienciada co coidado da natureza e doutras especies e tiran lixo ao río sen preocuparse polo dano que pode facer. -Pero, por que se meteu aí a troita? Podía andar con máis coidado... - Os peixes alá abaixo non distinguen os plásticos da auga xa que son transparentes. Seguramente esta xoven troita andaba a bucear cando lle chamou a atención algo estrano que ondulaba no fondo do río, meteu a cabeza dentro do anel, e alí quedou! Os plásticos que bota a xente ao río ou ao mar fan moitos danos, moitas criaturas como esta troita morren diariamente enredadas nos aneis dos envases, algunhas afogadas e outras estranguladas; pero non só fan isto se non que tamén impiden o intercambio de osíxeno entre a auga e os sedimentos a grandes profundidades, dificultando a vida de especies que viven no fondo marino, producen a acumulación de substancias tóxicas mortais para moitas especies, como as aves de rapiña, primeiras consumidoras en varias cadeas tróficas, nas que se atoparon bolas da plástico nas cavidades dos seus estómagos xa que se alimentaron doutras aves que a súa vez comeron peixes que inxiriron plancton que absorvera estas substancias tóxicas. - Pero, tanto tardan en desaparecer eses plásticos? -Os plásticos nunca desaparecen, nunca xamais deixan de ser plásticos; unicamente desintégranse, pero co paso de centos e centos de anos. - E son moitas as especies que morren a causa diso? -Moitísimas. Tanto tartarugas mariñas, como delfíns, peixes, crustáceos, aves mariñas e corais. - Que mágoa, non cres? -E tanto, Elena. Pero agora xa son horas de regresar a casa. Deberías deixar o peixe no seu hábitat de novo. -Dacordo, pero, ¿ Imos deixar que isto suceda sen facer nada por impedilo? -Nin ti nin eu tiraremos xamais plásticos ou outros lixos a medios naturais, non che

parece suficiente? -Non! Deberían deter ao culpable, á persoa que arroxou ese plástico, debería de saber todo o mundo o que sucedeu para que ninguén o volva facer! -A moi pouca xente lle importa a vida dos animais. Os humanos crense superiores ao resto de criaturas, non van dar un paso pola vida destas inocentes criaturas... A vida é moi cruel, Elena. -Pois dáme igual, eu non me vou rendir. Voullo contar aos meus amigos... bueno non! Voullo contar á escola entera, máis ben, a vila entera que se entere todo o mundo! NON TIREDES LIXO A MEDIOS NATURALES, APAÑADE VÓS A VOSA MERDA! NON TIREDES LIXO A MEDIOS...! -Shh, non berres e fala ben, veña, voltamos a casa, xa veremos que imos facer... -En serio papá? -Si, prometo axudarte ata que se decate todo o mundo do dano que estamos a facer aos animais, pero agora deixa o peixe no seu lugar... “ Estaba todavía aluciando co que acaba de oír, non polo que decían, xa que non entendín nada, falaban unha lingua moi rara e singular; senón polo feito de ter oído eses sons procedentes do exterior. Sen dar crédito aos meus oídos, barallando as posibilidades de que estivese sufrindo algunha alucinación mental ou de que as lendas de vellos non foran unicamente lendas, tratei de continuar, todavía desesperada, a miña procura, cando un corpo caiu con forza ao meu carón. Movíase cara o fondo a gran velocidade e intentei seguilo coa forza das miñas aletas. Cando se estrelou, por fin, no fondo do río, acudín a descubrir de que se trataba, mais... -NOOOOO! B..BRA...BRAIS...! – Non daba articulado palabra do golpe, da dor, do arrepentimento, da rabia, do odio... de todos os sentimentos que me apuñalaron xuntos nese momento, que non foi tan momento, porque ainda me doe agora, e mira que xa pasou tempo.

faíscas 37


Relatos da Inspiraciencia

O CAMBIO

úniCA CONSTANTE NA CIENCIA Carla Guerra González - 4º ESO

A

vida non é para todos igual. Ser feliz ou non depende de moitas cousas, de moitos factores tanto científicos coma éticos. Todos os días vexo bolboretas felices, ou iso aparentan, pasan diante miña fachendosas coas súas ás brancas e prateadas, unhas ás fermosas, con incontables moutas negras que acentúan a súa elegancia. Entón, cando perciben que as estou observando con tristura, óllanme con superioridade e recórdanme que eu son aquí a que é diferente. Non o escollín eu, nin sequera ten lóxica algunha, malia tiven que loitar dende que nacín cos prexuízos e co, ao parecer, desexo por querer ser todos iguais. Pois ben, a natureza xa nos adianta que iso non é sempre posible, que ás veces, acontece un cambio, un inexplicable, e aparece algo novo, diferente. Un cambio deses son eu, as miñas ás son dunha cor moito más escura, case negra, moi apagada para o meu gusto, pois non podo presumir de fermosura e condéname á escuridade, pola semellanza, a ollar para os que son iguais dende o máis afastado. Aturei isto durante dúas semanas, ata que observei que o resto de bolboretas, pasaban a mellor vida, pouco a pouco, sen darlle tempo nin sequera a reproducirse. Isto debíase a gran cantidade de depredadores que as alcanzaban. A elas xa non lles chegaba con camuflarse nas cortezas das árbores, sen a vexetación habitual, un gran problema para a especie. Eu, ata niste caso atopábame nun segundo plano, ninguén viña a por min, e por unha vez,

38 faíscas

alegreime. Ao final, viñeron, pero non se semellaba a ningún animal coñecido antes, non me fixo dano, non me papou, tan só me levou a un lugar con moita luz e estraños aparellos, un mundo novo para min. Entón, no meu abraio, comprendino todo, ou polo menos, aínda que non entendín moito do que falaban, coñecín a explicación do que me sucedía. Resultou ser que pertencía a un lugar chamado Gran Bretaña, e que as árbores nas que me agocho eu e as miñas semellantes todos os días reciben o nome de bidueiros. Ademais escoiteille que me chamo Biston Betularia, do que discrepo un pouco, que a min nunca me chamaron así. Ao que ía, o caso foi que eu estaba viva, puidera reproducirme xa, e a explicación estaba na miña cor, escura como o valeiro, estraña, diferente. Demasiada contaminación nos bidueiros ises, nos que xa non quedaban liques. Eu era perfecta para agocharme neles, pero por qué era eu diferente? Pois a resposta é unha mutación, unha palabra feísima, pero que me salvou a vida, unha vida mellorada, por ser, como dicilo, rara. E voei no ceo azul, ensinando a miña cor, adecuada para as circunstancias, favorable para o medio, a máis forte naquel momento, tanto coma me sentín eu ao abrir as miñas ás escuras para despegar.


Relatos da Inspiraciencia

sous le ciel de parís

A

s folerpas de neve caían sobre as nosas cabezas mentres as pancartas ían desparecendo cos seus donos. Estabamos cansos e o frío comezaba a xear as nosas esperanzas de conseguir a nosa meta. Cando os primeiros raios de sol facían escintilar as gotas de orballo que descansaban sobre a herba dos Champs Elysees, todos os manifestantes estabamos alí. Estudantes, veciños, mestres, alumnos, traballadores, meniños… Todos coa cabeza ben alta, ameazando ó ceo coas nosas pancartas e moi seguros de por que estabamos alí. Íase inaugurar unha nova ce-ntral nuclear en Nogent, onde xa había unha. Francia é o segundo país con máis reactores nucleares do mundo, sendo o primeiro Estados Unidos. Loxicamente, os franceses cansos de ver como a beleza do seu país se extingue por mor das centrais nucleares, saíron á rúa. Alí estivemos a meirande parte do día. Pode ser que non nos coñecésemos, pero uníanos a mesma causa. Cantabamos a mesma canción coma unha soa voz que se eleva ata as nubes, querendo así evitar a apertura da nova central. Cando a nosa ousada canción entoaba a última das notas, a miña voz fundiuse coa súa, formando unha soa. Sentía un arrepío que tocaba cada unha das miñas emocións, facendo que esquecese que me atopaba entre miles de franceses anoxados. Cando o mirei ós ollos, non me decatei do cansazo que repousaba na súa face. Limiteime a sumerxirme no mundo que amencía neses dous puntos verdes. Ese lugar descoñecido semellaba unha

Cristina Salgado - 3º ESO praia idílica de area dourada. Ó fondo, víase o mar. Mais, no canto de ser un mar sosegado, era unha loita entra a auga cristalina, os feros remuíños e os peixes que intentaban sen éxito saír á superficie para respirar. Ó ver esa anonadante imaxe volvín á realidade. Foi aí cando mirei o seu rostro pálido. As olleiras rodeaban os seus fermosos ollos, coma se os tivesen presos. Esbozou un sorriso e tentou mover a man para dicirme que me achegase a el. Mais a man non respondeu. Eu, consciente do seu desexo aproximeime a el. Con cada paso que daba, íame decatando da crúa realidade. Recordei o mar embravecido que era a súa mente. Os peixes que loitaban por abrirse camiño entre a morte. Padecía fibromialxia. A fibromialxia é un trastorno que causa dores musculares e sensación de cansazo. Normalmente, o oitenta ou noventa por cento dos casos que se tratan están asociados ás mulleres. Seguín camiñando cara el. Centímetro a centímero, sentía como a tenrura que me provocaba saber da súa enfermidade crecía no meu peito. Segundo a sociedade, esta é unha enfermidade que só poden padecer as mulleres. Por isto,cando un home a sofre pénsase que é débil ou sinxelamente o enfermo cala todos os seus malestares. Esa maneira de actuar parecíame ridícula, polo que estaba completamente segura de que ía apoiar en todo a ese descoñecido que me convidaba a coñecer o seu particular interior. Cando estiven ó seu carón, collinlle a man a aperteilla. El miroume incrédulo e mesmo avergoñado, pero cando aloumiñei a súa face, soubo que endexamais me arredaría del.

faíscas 39


Relatos da Inspiraciencia

A ESPERANZA

non se perde así coma así Esther Vaz - 1º BACH

S

erían as doce da mañá dun mércores calquera cando unha nena aínda un pouco adurmiñada se agarraba fortemente á man da súa nai para avanzar os poucos metros que as separaban da consulta do Dr. Gullón. - Apura Inés, filla, que xa chegamos tarde… - Mamá, de verdade que é este a última revisión? - Claro que si, meu sol.

medicina, Inés sempre se reunía coa súa nai na sala de espera, quen a recibía cos brazos abertos e con esa frase pronunciada só nos días en que acudían ó hospital: - Que lle apetece comer hoxe á miña meniña preferida? Porén, hoxe notaba á súa nai algo distante e distraída, como tratando de asimilar algo que non podía estar sucedendo, algo que Inés percibía no seu sorriso forzado e nesa frase a medio acabar: - Cariño, parece ser que temos que - Inés Solano Prado? – alzou a voz a acompañar a enfermeira á primeira planta, enfermeira entre o murmurio xeralizado dos por uns días debemos permanecer no que se deran cita na sala. hospital… - Presente, presente! – gritou apresurada A cara de Inés era un poema completo que unha muller que viña camiño da consulta. resumía o medo presente en todos e cada - Adiante. E esta nena que aínda me ven un dos músculos, ósos e órganos do seu durmida? Pero estás tan guapa coma pequeno corpo e que súa nai, como nai que sempre, eh Inés? Iso si, algo máis debiches era, axiña conseguiu interpretar e non tardou crecer… en engadir: Ao igual que as outras veces, tralo control - Pero non poñas esa cariña que mamá que o médico lle viña facendo periodicamente estará sempre ó teu lado, miña ruliña. cada mes, este quedaba a soas coa súa Inés asentiu daquela maneira, pois a verdade nai mentres, dirixíndolle un sorriso cómplice non comprendía moi ben aquel clima de á enfermeira, que Inés nunca conseguira incerteza que existía ó seu redor. entender, lle dicía: Finalmente instaláranse nunha xélida - Uxía, acompañarás a Inés a ver como habitación compartida que tiña como medraron os peixes dende a última visita, residente un neno sen pelo recibíndoa cun non si? sorriso de orella a orella. Inés pálida por o Pero se estes peixes non medran nunca, eu incrible de todo o que lle estaba a pasar, sempre os vexo igual, matinaba a nena para non foi quen de pronunciar ren, malia as si e antes de continuar tralos pasos rápidos asoballantes preguntas que incesantes e da enfermeira permitíase o luxo de botarlle continuas sacudían a súa mente. unha mirada un tanto desafiante ó doutor coa Soamente ós vinte minutos aproximadamente que, á parte de non ocultarlle a antipatía que do seu asentamento na unidade do paciente este lle producía, pretendía tamén contarlle o oncólogo fixo acto de presenza na mesma. aquilo que non lle podía dicir con palabras. Acudira ó seu encontro coas mans nos petos Posteriormente á visita obrigada ao acuario e sen ese portafolios do que xa non era por expreso desexo do licenciado en inseparable, quizáis para darlle ó encontro

40 faíscas


Relatos da Inspiraciencia un toque de informalidade e complicidade, algo que a xulgar polos xestos de Inés, non estaba a conseguir. Durante a conversa, que o médico iniciara sentándose nunha beira da cama da nena e con preguntas tan incoherentes coma se medraran os peixes, Inés estivo moi atenta fixándose en cada movemento da faciana do profesional, que pese á súa longa traxectoria e experiencia non conseguía ocultar certos vestixios de inseguridade. Cando finalmente o licenciado pareceu acabar o seu discurso longo e premeditado, Inesiña comprobou satisfactoriamente que quedara muda, polo que ante as constantes preguntas do Dr. Gullón de se comprendera, optou por botarlle a lingua. O médico, avergoñado e sorprendido ante a inesperada reacción “da meniña” optou por abandonar o cuarto. Entón foi cando Inés se decatou de que súa nai, incapaz xa de soportar a pena, escollera chorar como único camiño para baleirar o sufrimento e ela, impotente e aturdida como se sentía, ficou vencida polo sono. Tan só ao espertar, e grazas a infinita paciencia que tivo a súa nai para explicarlle con palabras moito máis agarimosas o sermón que lle adicara o médico, conseguiu entender que tiña unha enfermidade que a faría permanecer no hospital ata novo aviso e que esta recibía o nome de cancro, a única palabra que súa nai non foi quen de traducir ó facer o sermón moito máis agradable. De todas maneiras, Inés non entendía por que súa nai choraba cada vez que pronunciaba tan temida palabra. Non o entendeu ese día, nin tan sequera nos días seguintes; unicamente o comprendería nos meses que se aveciñaban. Meses que pasaban lentos, a pasiños de caracol. Meses que seu pai descolgaba, cada día trinta e un, do calendario da parede no que se podía ler, nunha cor verde esperanza, 2012. Meses que súa irmá facía máis levadeiros grazas ás partidas de xadrez. Meses nos que Daniel, o seu compañeiro de cuarto, a coñeceu un pouco máis e meses nos que sobre todo, ela se coñeceu un pouco máis a si mesma, pois definitivamente

conseguira entender o significado da palabra cancro. Meses nos que eran continuas as súas sesións de quimioterapia e meses nos que alternaba o pano que ocultaba a súa cabeza na que felizmente escaseaba o cabelo (¡Cantas veces ela non lle tiña pedido a súa nai un corte de pelo!). En definitiva, ela estaba convencida de que eran meses de tránsito, de tránsito a un mañá cheo de optimismo, esperanza e ilusión e cada vez que o recordaba sentíase feliz, moi feliz, tremendamente feliz… - Inés, Inés, esperta, esperta! Que descubriron un novo fármaco, un medicamento! Que hai cura contra o cancro! Si, si, si..! – a voz da súa nai que nun principio se lle antollara lene e afastada pronto se converteu nun único grito que resoaba en plena noite na habitación. Pegou un brinco na cama e fretando os ollos comprobou incrédula que todos ó seu arredor durmían, incluso a súa nai! Decatouse, pesarosa, de que non fora namáis ca un soño…, pero o que non podía ser era un simple soño! A rapaza da súa imaxinación era ela mesma e esa historia era a súa, se ata o maxín, rebelde como era, lle puxera ó doutor o nome das galletas que menos lle gustaban! E se todo isto era verdade e os soños adoitan ter unha base na realidade, posiblemente o final tivera algún vestixio de certeza… Pero fose premonitorio ou non, nesta noite de fin de ano, ela tiña claro o seu desexo para o 2013; habería que estar ben atentas porque ao mellor algún científico vestido de anxiño andaba de garda este ano e, como ela sempre lle facía caso á súa avoa, non estaba disposta a perder a esperanza así coma así.

faíscas 41


Relatos da Inspiraciencia

Einstein, HitcHens e outros heroes mortos Carlos Araújo - 4º ESO

E

stou no Paraíso. Fai dous minutos un piano de 300 quilogramos caeu sobre a miña cachola cando saía da casa. Maldita gravidade. Maldito Newton. Esto é moi estraño, é xusto como o imaxinaba. Camiño sobre esponxosas nubes, de fondo soa algo de Wanger. Sigo camiñando e atopo a Neil Armstrong, está discutindo cun periodista que lle nega a súa chegada á Lúa. Non estou seguro de que esa discusión remate ben e voume de alí. Máis adiante observo a un home barbudo perseguindo a un mono. Cáeselle un libro do peto. Recólloo. “El origen de las especies”. Non lle dou importancia e o deixo onde o atopei. Continúo o meu camiño. Ó lonxe diviso a Leonardo Da Vinci montado nunha especie de máquina voadora. Mírame sorindo e eu río. Ó saudarme perde o control do vehículo e choca contra o chan. Solta unha gran gargallada e rexeita a miña axuda. Que tipo tan curioso! Escoito alboroto e barullo. Xiro a cabeza. Pero que..? Varias persoas están facendo unha especie de conga. E digo “especie” pois parecen atoparse algo ebrios. Recoñezo enseguida os seus rostros: Einsein lidera o grupo, está recitando a teoría da relatividade xeral, séguelle Heinsenberg, Edison e Pasteur. Este último leva unha botella na mau. Parecen estar pasándoo ben. De todas maneiras, sigo camiñando. Un grupo de homes con fachos perseguen a un ancián que leva unha bóla terrestre nos seus brazos. Parece Galileo. Non quero meterme en liortas e aparto a vista de alí. Esto é increíblemente estraño. Ando quilómetros e quilómetros. Atópome a Christopher Hitchens deitado

42 faíscas

nunha nube. - ¿Paraíso? ¿Qué Paraíso? -Coméntame mentres ri. Nese momento precipítome ó vacío. Caio a unha velocidade asombrosa. Maldigo a Newton novamente. Imaxino os meus miolos esparexidos por algunha rúa. Atópome a 500 metros do chan. 400. 200. 100. 50. 10. 5. 1… Esperto. Abro os ollos preguizosamente. Son as sete da mañá. Na mesa de cabeceira atópase “El Gen Egoísta” de Richard Dawkins. O portátil aínda está acendido, o vídeo de Neil Tyson falando sobre os buracos negros xa descargou. Este home é xenial. Vístome e saio da casa. Diríxome a unha cafetería do centro. - Café só, por favor. Abro o xornal: “O Gobierno recorta 600 millóns de euros en I+D+i” Políticos… concédenlle ós bancos miles de millóns de euros para logo recortar en ciencia; aínda que non logro explicarme como unha institución como Bankia puido quebrar, estando nas mans de tal selecto grupo de xenios (non se viran tantos premios Nobel xuntos dende a Conferencia de Solvay do 27). Paso a páxina. “Non se pagarán os premios ós ganadores das Olimpiadas de Física debido á falta de orzamento” ¡Canta razón! Nerd, frikis, só sabedes masturbarvos, ¿que facedes estudando física ós 17 anos? ¡Dedicarvos ó fútbol! Pago o café, recollo a mochila e diríxome é Facultade.


CONTACONTOS GALEGO-INGLÉS

O

18 de abril Tim Bowley en inglés e Charo Pita en galego, ofrecéronlles aos alumnos de 1º e 2º da ESO contos de todo o mundo dende Escocia ata África.

Paula Martínez de 1º da ESO resume así o conto que máis lle gustou. Unha rapaza china moi pobre quería casar co rei. O rei fixo un anuncio para todas as rapazas do país, para que acudisen a palacio para elexir a nova raíña. O rei deulle unha maceta a cada unha cunha semente. A dona da flor máis fermosa casaría con el. Pasou o tempo e da semente non naceu nada. O resto e rapazas tiñan flores preciosas, pero o rei elexiu para casar con el a rapaza pobre. Fóra a única rapaza do reino que levara a semente sen nacer porque era estéril. O rei quixoa porque a flor máis fermosa é a honestidade.

faíscas 43


Poesía

O noso compromiso Nestes tempos que acontencen temos compañeiros coma nós que saben das inquedanzas dos delirios do poder.

Comunican as inxustas condicións, e coma o médico dosifican a información

Loitan e loitan, non falo dos seus xefes senón coma sempre dos de abaixo os que levan as banderolas e morren de frío nas manifestacións, nas acampadas, ou se calan baixo a choiva berrando fronte os antidisturbios.

Preparar o camarada corazón ante o temido recorte, ou peor, despido colectivo, que parece doer menos por ser de todo o mal compartido.

Búscannos cursos, anímannos a participar para reciclar a nosa mente. Visitan aos afilidados cun amplo soriso chaman e reciben a veces coros outras xente cos brazos abertos; Un café, sempre dispoñible e o cigarro que non falte, ante os nervios da negociación

44 faíscas

Unha pequena homenaxe dos de a pé a quen nos cubre as costas sobre o noso destino e nos prepara para a futura reunión

Emilio Álvarez Bayón Coidador no IES TABOADA CHIVITE


Manifiesto

E TI, QUE ESCUSA VAS ESCOLLER PARA SALTARES ESTA FOLGA? A listaxe vai aumentando segundo se convocan novas folgas e mobilizacións. Por suposto, quedan exentos da miña crítica todos aqueles seres humanos que consideren que non hai motivos para se manifestaren e que todo irá moito mellor coa lei que Wert e outros van impór de contado. Vou comentar brevemente o TOP TEN deses pretexto--s: 1º.- Non o vexo claro. Pois claro que non o ves claro: queres quedar ben, cumprir, ir de revolucionario ou de esquerdas ou simplemente de “persoa sensible ante as inxustizas” pero non estás disposto a perder un céntimo. Como dicía o outro: “Non se pescan troitas coas pernas enxoitas”, así que se queres cambiar o mundo ou simplemente evitar que o destrocen sen te cruzares de brazos algo terás que facer. 2º.- Non conseguiremos nada. Por suposto, nada se consegue sen esforzo. Probablemente todo o que pidamos quedará en nada ó final, pero está claro que se somos moitos os que saímos á rúa máis tarde ou máis cedo o poder terá que reflexionar sobre o seu modo de actuar. Mesmo dende o goberno poden chegar a dar pasos atrás se ven que a folga ten moitísimo apoio popular. 3º.- Paso de darlle os meus cartos ó estado para que nos fodan igualmente. Moito máis é o que che van quitar cando todo isto remate. Queda claro que a solidariedade non é nin foi nunca un requisito para aprobar unha oposición, nin un elemento puntuable en ningún baremo, nin ningún complemento remunerable en nóminas, pero agora precisamos dela. 4º.- Nunca se apunta ninguén. Iso é unha triste verdade: poderiamos dicir sen máis que os poucos que imos sempre ás mobilizacións rematamos facéndonos case que íntimos, de tan poucos que somos. Pero iso non debe alarmarnos nin botar atrás os indecisos. A loita continúa, debe facelo, e mentres haxa un par de brazos e pernas con enerxía para soster pancartas e percorrer rúas debemos seguir intentándoo. Nunca se debe valorar algo “ó peso”, e aínda que a unión faga a forza e o éxito de convocatoria sexa un aspecto fundamental á hora de avaliar unha folga, os que resistimos debemos seguir tendo fe no ser humano, na crenza de que todos unidos podemos lograr cousas incribles. 5º.- É que eu son parte dos “servizos mínimos” e ese día apando. Este argumento é máis difícil de invertir, pero aquí apelo á reflexión sobre as motivacións de quen se apunta á folga. Se es “servizo mínimo” terás que traballar irremediablemente ese día, pero nada nin niguén che prohíbe apuntáreste na listaxe, figurar como un cidadán apoiando a causa e que reforces co teu sacrificio económico e o teu apoio moral a todos os que vaian ese día á folga. 6º.- É que eu ese día teño unha actividade extraescolar. Cavila moito nas razóns que provocaron esta folga, pensa se realmente é necesaria a túa participación, e actúa en consecuencia. 7º.- Non estou de acordo con todo o que se pide, aínda que si coa maioría. Pois entón mal imos, se ten que ser todo ou nada será moi difícil chegar a un acordo. Cando a meirande parte dos argumentos que motivan unha mobilización te convencen, o demais son escusas para te apoltronares no sofá e agardar a que pase a xornada. 8º.- É que a convoca Fulanito. Isto é xa case un argumento político: unha idea é boa diga quen a diga, unha mobilización é necesaria convoque quen a convoque, sempre que os seus puntos te convenzan. 9º.- É que NON a convoca Fulanito. A lealdade levada a eses extremos roza o fanatismo, e é síntoma de todo menos de intelixencia e madureza. 10º.- Non me informaron convenientemente. Movéraste, compañeiro. Que aquí o que quere entérase de todo, e para saber dunha folga convocada a nivel nacional non son precisos tantos esforzos, non si? O miolo do asunto é que hai demasiadas persoas que sempre “están comunicando” cando as chamas, “facendo algo” cando outros loitan, persoas que parecen crer nestas tres INCONFESABLES VERDADES: 1º.- Que outros loiten polos MEUS intereses. 2º.- Non penso mover un dedo por ninguén que NON sexa EU MESMO. 3º.- Aínda que critico a folga como mecanismo de loita, non penso renunciar a ningún dos dereitos que se consigan con ela. DAVID R. RIVADA

faíscas 45


Cociña no Chivite

PESCADA EN SALSA VERDE Alejandro de Lorenzo López - 2º ESO B

INGREDIENTES - Pescada - Fariña - Cebola - Perexil - Allo - Sal

PREVIAMENTE - Nun morteiro machúcanse 4-5 podallas de perexil, ½ culleriña de sal e 2-3 dentes de allo, ata formar unha pasta. -Desfaise esta pasta nun pouco de auga quente e engádese á salsa

PREPARACIÓN - Córtase en toros a pescada e sálgase. - Rebózase en fariña e frítese a pescada, volta e volta a lume suave. - Retírase do lume e colócase nun prato á parte. - Pícase a cebola e bótase nunha pota na que previamente se engadiu o aceite de fretir a pescada. - Antes de que se doure, engádese unha culleriña de fariña e remóvese, procurando que non tome cor. - Déixase ferver durante 5 minutos a lume lento. - Engádese a pasta de allo, perexil e sal, e déixase ferver durante outros 10 minutos. - Engádese a pescada e déixase ferver durante 15 minutos.

TEMPO DE PREPARACION: 1 HORA

46 faíscas




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.