Revista Maio 2014

Page 1

faíscas

DESEÑO E MAQUETACIÓN: JAVIER DÍAZ

maio de 2014

taboada chivite revista do IES Xesús


dedicatorias


Contidos Desfile de nenos

Como cada ano, ó remate do curso elaboramos esta revista coa intención de dar conta das máis destacadas actividades desenvoltas durante este curso 2013-2014. Se botades unha ollada atoparedes multitude de traballos plásticos: o noso centro converteuse nun escaparate no que todos amosamos e compartimos as nosas inquedanzas.

...............4

8 de marzo ...............5 día da muller traballadora

Maquetas de órganos Como mediron os gregos a Terra

...............6 ...............8

O movemento das plantas: Nastias e tropismos ...............9

Homenaxe a Rosalía

...............10

Papaventos: Ou cando a liberdade voa polo Instuto ...............11 Deseñando e fabricando, que son xerundio ...............12 Os avós de Gabo ...............13 Os embarazos non desexados ...............13 Xogos populares ...............13

O dos ollos bonitos

...............14

Breve ensaio sobre o conflito israelí-palestino ...............16 Un día en Santiago ...............18

Encontro Luso Galico Entroido O segredo

...............18 ...............22 ...............24

Antropoloxía forense na resolución de conflitos ...............26 O portugués simple ...............27 De Pandora a Anxélica Liddell, mulleres da literatura ...............28 Charla de Elena Gallego ...............29

No corpo de Xerónimo

...............30

A árbore de nadal ...............31

Vaia cara! Río de palabras

...............32 ...............34

As Cousas de cuarto ...............35

Prácticas de laboratorio

...............36

Reflexión sobre o musical „Os miserables” ...............38 As mulleres na ciencia ...............39 A sorte está botada ...............39

Así, como conmemoración da fonda pegada que deixou en todos nós o musical Os miserables, co que os alumnos con Música (e algúns máis) fixeron unha xira por Galicia (Xinzo, Vigo, Porriño e Verín), fixemos unha partitura de xeitosos vinilos para que todos poidades cantar a Canción do pobo, traducida ó galego por Eloi, profesor de Filosofía. Este curso estamos absolutamente implicados na elaboración do noso segundo musical, Moulin rouge, e son xa moitos os departamentos que nos están a botar unha man: Plástica (con todo o traballo que están a levar a cabo con Javier Díaz os seus alumnos de 4º ESO C, facendo o elefante, as barandillas e as invitacións e carteis do musical), Orientación (con Esther e Yolanda axudándonos a facer os vestidos das bailarinas), Ciencias Naturais (cuns vídeos, fotos e elementos escenográficos, como os diferentes panos do salón de actos, construidos por Javier Díaz), Música (coa colaboración dos alumnos de 3º ESO de Rubén Veloso), Educación Física (Iria e as súas marabillosas coreografías, con toda a súa dedicación e entrega), Tecnoloxía (co molino de vento elaborado por Kique e ornamentado por Rosa Limia), ademais dos nosos incondicionais: Isa, Felisa, Marita, Elisa, Belén e Antonia. Ademais, houbo todo tipo de representacións gráficas nas paredes do Chivite, con datas tan sinaladas como o 25 de novembro, o 8 de marzo ou o 17 de maio; con iniciativas tan fermosas coma o Río de palabras, os papaventos, as pegadas que levan á biblioteca ou mesmo os banco coa tea multicolor de Víctor. Quixemos encher de luz, cores, sons, olores e ideas este recinto no que tantas horas pasamos. Foi un curso moi emocionante, e desde o noso recuncho do mundo queremos darvos as grazas por tanta cooperación, tanta ilusión e sobre todo tanta arte. Temos varias alumnas que gañaron concursos literarios de gran importancia: non deixedes de ler os seus textos. Hai tanto talento nestas terras!!! Nos tempos que corren é un acto absolutamente revolucionario concedérmoslle tanto tempo ó noso lado máis artístico. Sigamos nesa liña. Moito ánimo e a seguir enchendo de arte as nosas vidas David Rodriguez Rivada Prof. de Música


4

fAíscAs

desfile de nenos No Xoves de Comadres

O xoves de comadres o alumnos de 4º ESO C participamos no desfile de nenos que percorreu a Vila de Verín pregonando o Entroido. Este ano foi o primeiro no que o Taboada participa desfilando polas rúas xunto cos máis cativos. Traballamos moi duro para artellar a nosa comparsa de persoaxes infantís. Como temática do grupo escollemos os debuxos de “Hora de Aventuras” que se emiten pola televisión, e que

teñen tanta aceptación entre os máis pequenos. Ao vernos desfilar xunto a eles, algún rapaz esqueceu ao seu propio grupo e tentaba de vir connosco. Poder participar e pasalo tan ben foi o premio merecido a máis dun mes sen recreo facendo os cabezudos coa técnica do papel maché. O vindeiro ano afrontaremos un reto abraiante: temos que estar á altura do traballo de todos os compañeiros de 4ºC.


FAÍSCAS

mayo de 2014

5

8 DE MARZO As traballadoras do IES “Xesús Taboada Chivite” de Verín, quixeron celebrar esta data cunha linguaxe icónica e baixo o lema :

“Sempre é 8 de marzo”,

para manifestar o seu recoñecemento e admiración a todas aquelas mulleres en todo o mundo que, día a día coa súa participación na casa, no traballo, coa familia e na sociedade, nos demostran que teñen a forza, decisión e carácter para formar parte dun mundo mellor e igualitario para todos. Aínda que na actualidade a sociedade teña avanzado moito, no referente á igualdade de xénero, quedan moitas cousas por cambiar; xa que sen diferenza de raza, relixión, cultura, situación económica, social ou política, moitas delas viven no maltrato e o menosprezo


6

fAíscAs

MAQUETAS DE ÓRGANOS Durante o segundo trimestre os alumnos de 3º de ESO tivemos como traballo a creación, por grupos de dúas ou tres persoas, dunha maqueta relacionada con órganos ou aparatos que interveñen nas funcións de nutrición, relación ou reprodución.

Estas maquetas debían incluir as partes sinaladas e un inventario (cos materiais empregados, o proceso de creación e a distribución do traballo). Realizamos maquetas moi diversas: pulmóns, aparato excretor, un ollo, o aparato dixestivo e un longo etc. Os materiais máis utilizados foron sobre todo a plastilina e o cartón, pero tamén se empregaron outros como polispán, tubos de plástico, xeso etc… A miña experiencia realizando a maqueta foi

Célula cos orgánulos de David e Alberto

moi satisfactoria. Realiceina en conxunto con Ánxela e Maika, e realizamos unha maqueta do aparato excretor con plastilina e cartón. Pasámolo moi ben durante o proceso, porque non é un traballo pesado nin aburrido, senón que pomos en práctica a teoría cun traballo relativamente sinxelo e entretido. Por iso creo que debemos seguir realizando actividades deste tipo, coas que ademáis podemos mostrar un pouco a nosa creatividade.

Alberto Rivero Manso 3º ESO C

Nesta imaxe vemos un traballo feito por Carla, Laura e Adrián, que representa a estrutura dun ril.


mayo de 2014

CIENCIA

O MOVEMENTO DAS PLANTAS: NASTIAS E TROPISMOS

7

Corazón de Javier e Brais

Receptores sensoriais de Víctor Julene e Sofía

Aparato dixestivo de Carolina, Noelia e Miguel

Ril de Paula e Sofía

Aparato excretor de Alberto, Maika e Ánxela

Aparato excretor de Belén e Isabel

Boca de Jasmín, Aitana e Daniela

Sistema linfático de Tania e Iria

Ollo de Víctor e Santiago


8

fAíscAs

Como mediron os gregos a Terra a Lúa e o Sol A Coordinadora Galega de EDLG organizou unha teleconferencia a cargo de Jorge Mira co obxectivo de por en valor a lingua galega na ciencia festexando así o Día da Ciencia en Galego. Grazas ao conferenciante aprendimos moitas cousas. O matemático grego Eratóstenes, no ano 240 a.C., fixouse nas diferentes sombras dun pau o día do solsticio de verán en Siena e en Alexandría e deducindo así que a Terra non era plana. Ademáis deduciu que se a distancia entre Alexandría e Siena era a mesma distancia angular que había na columna de Alexandría. A distancia entre Alexandría e Siena é de 800 km o que viña sendo 1/5 da Tera. Aristarco pola súa banda comprobou que o Sol, a Lúa e a Terra forman un ángulo recto no momento do cuarto crecente ou menguante da Lúa. Foi esta información a que lle permitiu afirmar séculos antes a Galileo que a Terra xira arredor do sol En resumo, foi unha conferencia moi interesate na que aprendimos moito


CIENCIA

mayo de 2014

O MOVEMENTO DAS PLANTAS: NASTIAS E TROPISMOS Os nosos traballos consisten nuns murais nos que, por medio de imaxes tratamos de explicar os movementos das plantas; nastias e tropismos, e as diferenzas entre eles. A principal diferenza entre eles é a súa resposta. Nos tropismos, trátanse de respostas irreversibles e lentas, mentres que nas nastias estas son rápidas e reversibles. Así con toda a información obtida de diversas fontes comenzamos os murais para os que utilizamos unha simple cartulina. Para estruturar esta información decidimos realizar un esquema, agrupando os diferentes tipos de tropismos e de nastias, seguido dunha foto representativa para que a información quede máis clara. Marta Méndez de 1º BAC A

9


HOMENAXE A

ROSALÍA No IES Xesus Taboada Chivite sumámonos aos actos que durante este mês se desenvolven para celebrar o Día de Rosalía,o 24 de Febreiro, coincidindo coa data de seu nacemento.

Para iso montamos un mural, que permanecera todo o mes exposto, no cal iremos colocando os versos de Rosalía que o alumnado dos catro cursos da ESO nos vai aportando.Propuxémoslles que escribisen uns versos dela ou ben escribisen eles un verso para a autora. Aos alumnos de Bacharelato propómoslle que a traves dun cuestionario de preguntas indaguen sobre a vida e obra da autora. Aquí vos achegamos a nosa homenaxe


mayo de 2014

LITERATURA

papaventos Ou cando a liberdade voa polo Instituto

Despois de ler “Valados” de Agustín Fdez Paz, Marita invitou os alumnos e alumnas a crear de forma voluntaria algo que tamén fan Helena e Xoel, os protagonistas da novela. Estes, separados entre eles por valados visibles e invisibles, fabrican papaventos para poder comunicarse. Son un símbolo de liberdade (tan necesaria nestes tempos), proximidade e amor, neste caso en condicións difíciles para estes dous nenos. Aínda que inicialmente esta actividade foi proposta para os alumnos de 1º ESO, pouco a pouco outros rapaces e rapazas e tamén maiores se sumaron a ela. Nos papaventos ata agora pendurados os nenos, nenas e maiores falan deles mesmos e daquelas persoas as que queren.

11


12

fAíscAs

DESEÑANDO E FABRICANDO, QUE SON XERUNDIO R esolver problemas ou necesidades cotiáns creando sistemas técnicos ou obxectos...”. Dito así semellaba unha definición máis, o “rollo” de sempre, vaia. Posteriormente recibimos o encargo de deseñar e fabricar un pequeno organizador de escritorio que tería por cometido o de ordenar as nosas mesas de estudantes. e pronto, a necesidade de crear algo para organizar o noso espazo de 01 traballo, a necesidade de ordenar Deseñado por Ivana, Paula e Marc unha mesa de estudo, os papeis, os lapis, rotuladores, bolígrafos, post-its, clips, e demais trebellos … soidade do inicio, a vertixe do papel en branco, unhas poucas consignas, pavor, medo, desánimo ... O síndrome do papel en branco, o parálise pola análise... “Crear”, palabras maiores, sería máis fácil “repetir” ou “seguir”, cachis…, parir algo así coma un compartimento, a ver como facemos, xa lle vale... ouco a pouco comezamos a trazar 02 algunha liña, acadar algunha forma Deseñado por Noa, Julene e Víctor primixenia, cumprir algunha especificación, e outra vez atopar un erro ou algún outro inconveniente, tirar outra folla, volver empezar. Sen saber moi ben nin cómo, nin por qué, comezan a cadrar algunhas cousas, a forma colle volume claro, comezan a aparecer as medidas, xorde outra idea interesante dun compañeiro de grupo “podiamos deixar este oco aquí para poñer tamén o móbil”.. Ata que por fin temos a peza atrapada no papel, apresada na perspectiva do seu todo, e xa comezamos a despezala nas súas partes e cosela a cotas ... 03

D

A P

X

Outra infografía do prototipo de organizador de

a non ten escapatoria, o que queda escritorio deseñado por nós e cousa de medir, cortar, lixar, pegar e pulir.. Tamén nos custou -que o de fabricar tamén ten as súas cousas - pero ao final cobrou forma a idea, naceu o prototipo, parimos unha especie de multi-compartimento… speramos que, polo menos, esta historia nosa que plasmamos neste espazo da revista, vos teña servido para esbozar un sorriso e pasar o rato vendo algunhas das nosas propostas para ordenar un escritorio, e se algunha vos gusta, falamos, 04 que xa temos trazada a produción en cadea, e O resultado final quedou moi xeitoso! podemos comercializala a prezo bastante bo, o dito, falamos...

E

ADAPTANDO OS OBXECTOS E IDEAS, NON SOAMENTE NA FORMA SENON TAMÉN NAS FUNCIÓNS. ESTUDAREMOS O SEU CONCEPTO, CONTEXTO E A SÚA ESCALA, BUSCANDO ACADAR UN PRODUCTO FINAL INNOVADOR.


mayo de 2014

FAÍSCAS

Os avós de Gabo Mª José Prada Prada

Os embarazos non desexados

Andrea Barreal, J. Ramón López, Nayim González e Félix Soutela. 1º Bach A Gabo era un rapaz espelido, curioso e con moita imaxinación, que lograba expresar con debuxos todo aquilo que chamaba a súa atención. Custoulle moito aprender a ler, pois non era quen de atopar a lóxica entre o nome das letras e os sons. Pero todo mudou o día no que topou nun dos baúis do seu avó cun libro sen cuberta e que anos despois sabería que se trataba de As mil e unha noites. Esta colección de relatos orientais foi, sen dúbida, a que rebuliu a mente dun rapaz que tiña a visión do mundo segundo as historias que lle contara o seu avó Nicolás. Foi este o que lle regalou ó seu neto un dicionario cando apenas cumprira cinco anos e acompañouno das seguintes palabras: “Neste libro atoparás todo”. Deste xeito, un armatoste de case dúas mil páxinas con fermosas ilustracións converteuse no tesouro que axudaría a este pequeno a descubrir o marabilloso mundo das palabras. Lía nel coma se fose una novela e a partir de entón converteríase nun ávido lector. Anos máis tarde confesaría que a súa paixón pola literatura xurdira a través da fantasía dos irmáns Grimm, Dumas e Julio Verne, aínda que tamén se viu atrapado pola poesía tras recibir as influenzas de grandes poetas como Garcilaso, Petrarca ou mesmo Neruda. Mais a persoa que máis peso tivo na súa formación como literato foi a súa avoa Tranquilina Iguarán, de orixe galega, dada a súa grande credulidade e a súa abraiante facilidade para interpretar soños propios e alleos. Dela herdou ese ton de narrador oral que o caracterizou sempre. Os personaxes que enchen as páxinas dos seus libros parecen cobrar vida propia a través das súas palabras e das súas vivencias. Os Aurelianos e José Arcadios da singular e irrepetible familia Buendía que habitaba o máxico Macondo inspirado na Aracataca que o viu nacer. O imposible amor entre Florentino Ariza e Fermina Daza, para a que G. Márquez se inspirou nos seus propios pais. O halo de traxedia grega que rodea o brutal asasinato de Santiago Nassar. O coronel, inspirado no avó do novelista, que espera inutilmente a pensión que lle debe o Gobierno. Foi deste xeito como viviu Gabito a primeira década da súa vida. Medrando a carón dunha avoa galega que falaba cos mortos e crendo que o seu idolatrado avó Nicolás era un sabio que o levaba sempre da man para velo todo. Con el descubriu o mar, o cinematógrafo, o xeo que queimaba… Sen a maxia de Tranquilina e as ensinanzas do coronel Nicolás endexamais tiveramos viaxado por eses mundos míticos e fantásticos que asolagan as páxinas deste gran xenio das letras hispanas, Gabriel García Márquez,

xogos populares

Cursos: 1º ESO A-B-C-D na clase de Educación Física Días: 31 marzo - 1 abril 7-8 Abril Sesións de Billarda e xogos bailados

É obvio que os embarazos non desexados é un dos maiores problemas que teñen lugar na sociedade de hoxe en día. Este problema está causado, na maior parte dos casos, pola falta de responsabilidade dos/as adolescentes á hora de ter relacións sexuais; a pesar de coñeceren o risco ao que se expoñen, xa que non se trata unicamente da posiblidade dun embarazo non desexado nunha idade temperá, senón tamén o risco de contaxio, de enfermidades de transmisión sexual, é tamén un perigo real ao que se expoñen. Solventar este problema preséntase como unha tarefa realmente complexa, xa que a pesar de que organismos oficiais levan a cabo esforzos para reducir os casos deste tipo, a responsabilidade final recae sobre os individuos que se expoñen a este risco, que son tamén os que deberán asumir as consecuencias dos seus actos. Posibelmente, a carencia de información sobre circunstancias relacionadas con este ámbito (tales como a correcta utilización dos métodos anticonceptivos ou o coñecemento da ampla variedade destes que se comercializan) sexa provocada polo pouco fincapé que determinados organismos fan sobre este tema, ou máis ben, pola incorrecta transmisión desta información de cara ás capas afectadas principalmente por este problema, os/as adolescentes. A maior parte dos embarazos non desexados teñen lugar entre adolescentes, os cales non acadaron aínda a madurez suficiente para sopesar os seus actos. Dicimos isto xeneralizando, claro está. Non todos os casos son así, os motivos non son sempre derivados da inmadurez, irresponsabilidade ou falta de información, cada un é completamente diferente. Concluímos polo tanto, baseándonos en datos estatísticos e reais os cales recollemos e investigamos en diversos medios, que o problema aquí plantexado é real e afecta a unha gran parte da poboación moza.

O Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo colabora unha vez máis co Departamento de Educación Física para impartir dúas sesión de xogos populares.

13


14

fAíscAs

O dos ollos bonitos

S

íntese o son dun nariz aspirando. -E logo inda me queren dar medicina, máis medicina ca esta non hai! Pódese saber que cona mira ese? Vou baixar dicirlle tres cousiñas…. Un corpo extremadamente novo e delgado no medio da noite. Vístese de vaqueiros e suadeira azul cubríndolle a cabeza, por aquilo de que así síntese máis protexido das miradas invisibles dos outros. Un ollos verde intensos sempre escondidos tras unhas lentes de sol escuras. Ten medo de atopar contacto con outros ollos. Aínda que seguramente, os ollos ante os que sinta máis pánico sexan os seus, ao ver o perdidos que están, pois de todo inda non se perdeu a súa cordura, está na segunda fase, esa que chaman psicópata florida. Dá patadas ao aire, e mesmo se protexe dos golpes recibidos por ninguén. De súpeto berra como se cometera o maior asasinato de todos os tempos. Monta no coche e fuxe. Só el pode ver a sirena da policía detrás del. -Eu sempre o souben. Sempre souben que o meu fillo acabaría así, e todo por culpa desas merdas químicas que lle chouparon o cerebro. Fixeron del un ser parvo co que era imposible falar. Quizais de habelo axudado a tempo agora non estariamos aquí, e unicamente sería un problema de drogadicción, pero por aquel entón preferín a tranquilidade. Mirar para outro lado e facer coma se nada, tentei de sacalo deses mundos, pero son consciente de que non o suficiente. Pero que ía facer eu? O primeiro nestes casos e que a propia persoa queira curar, e non era esta a situación do meu fillo. Esforceime nestes últimos meses para que tomase a súa medicina para que o problema non desembocase na terceira e última fase, pero nin o fixo, nin deixou as drogas. Nunca olvidarei os seus ollos aquela tarde. Cando chegou a casa pensei que viña todo enfarloupado como era costume nel, pero aquel día… aquel día foi o primeiro manifesto do problema que se agochaba tras a adicción do meu fillo. Mantivo unha conversa sen sentido algún durante máis de

hora e media con ninguén. Pensei que estaría falando polo teléfono pero non era así. Fun o seu cuarto, e fixou os seus ollos nos meus. Extremeceuseme o corpo, pois levaba anos sen facelo. Algo se me rompeu por dentro, sabía que non era normal…... Disculpe, non podo seguir falando, a tristeza pode conmigo. Sube a música. “The Fear Ratio – Mas”. Esa canción gústalle en especial, e pon o volume a todo meter có fin de non oír o coche da policía que tanto resoa na súa cabeza. O seu subscociente non é quen de calarse, e atemorízao recordándolle constantemente a atrocidade que acaba de cometer. Se o collen está perdido. Cárcere de por vid. Hoxe que tentaba unha noite desas de loucura cos seus amigos máis achegados. Achegados, nunca mellor dito, achéganse a el porque lle interesa. É o máis novo de todos, e o máis parvo. Fan del o que queren, sempre acaba invitando a outra lasca. A eles impórtalle unha merda a súa enfermidade, non lles convén que deixe as drogas. Comeza de novo o subscociente. Sénteste só. Como dende que morreu seu pai. Sabe que non ten a naide. Mira polo espello retrovisor, a policía séguelle detrás.


INSPIRACIENCIA

mayo de 2014

15

Lucía Díaz Nicolino. Gañadora do Concurso de Relatos Científicos Ciencia que Conta - Sí, acostumabamos a drogarnos xuntos. Non era mal rapaz e eso foi o que máis o perdeu. A súa nai dáballe cartos dabondo e el tiña a manía de pagar os caprichos e os vicios de todos. Eu non fun o peor de todos, cando souben da súa enfermidade mesmo falei cuel co propósito de que deixase as drogas, e se medicase para que non seguisen as súas paranoias. Unha vez deixamos de drogarnos durante uns meses, el coñecera unha rapaza, estaba moi ilusionado, decía que era unha segunda oportunidade e mesmo empezara co tratamento e eu voteille forza de voluntade, pero encanto viu p r o b l e ma s volveu ao mesmo de sempre… Nunca pensei que o seu final sería así. Bueno, vou a fora, preciso fumar. Pega o pé ao acelerador, está nesa recta. Nesa recta na que xa unha vez pensou en cortar o fío que o une a vida. Pode superar calquera cousa, pero sabe que si para o coche pasará moitos anos na cárcere polo asasinato que acaba de cometer. Pode superar calquera cousa, calquera menos a falta de liberdade. Sigue acelerando. Coñece de sobras a curva mortal na que remata a estrada. A vez anterior non tivera a valentía suficiente para acabar coa súa vida,

pois coñeceraa a ela, a que lle devolvera o sorriso por uns meses e á que identificaba como a segunda oportunidade que lle brindaba a vida. - Pouco podo dicir del. Coñecíao porque eu a moza do seu amigo Ismael, e ao mesmo tempo el andaba coa miña mellor amiga. Saiamos os catro xuntos de cando en vez, logo el volveu as drogas e perdín todo tipo de contacto cuel. A pesar do mal que remataron as cousas, eu sempre dixen que no fondo parecíame bo rapaz. Non merecía este final. A tres metros da curva pecha os párpados con forza . Tapa así as pupilas máis verdes que se viron na Terra. Un bagoa esvara polo seu rostro… Un coche desfeito, un cadáver novo e uns ollos extremadamente bonitos. - Coñecino cando estaba deixando as drogas. Estaba ilusionado de verdade. Dicíame que eu aparecera no mellor momento da súa vida. Que sentía por min so o sentira nunha ocasión en toda a súa vida. Amín gustábame, e non pouco. Máis non fun quen de valoralo ata o momento no que volveu as drogas. Así dinme conta do moito que me importaba en realidade. Quizais si me houbese ido cuel cando mo pediu agora non estaría aquí falando con vostede…. Ten que perdoar se me emociono contándolle todo o que vivín e aprendín con Juanra, pero abofé que este rapaz me cegou. Levabamos xa tempo sen falar, as cousas non acabaron nada ben. Eu sabía que o seu camiño polas drogas non o levarían a bo sitio, pero nunca pensei que enfermaría de esquizofrenia. Xamais imaxinei que debido as súas alucinacións pensase que asasinara a alguén, e co medo de que o perseguían se suicidase. Aínda que non me sorprende o sitio e a forma que escolleu para matarse, pois nunha ocasión contárame que apiques estivera de facelo….. Conteille xa que unha vez dixo que vía en min unha segunda oportunidade para ser feliz?


16

fAíscAs

Breve ensaio sobre o confl Durante a segunda metade do século XIX, N.Birmaun denominou sionismo ao movemento nacional do pobo xudeu que ten coma obxectivo o regreso dos xudeus á Terra de Israel, a súa patria de orixe. Non se comeza a converter nun movemento político ata finais do século XIX, grazas ao principal ideólogo do sionismo Teodoro Herzl. Paradoxicamente, neste contexto histórico configúrase tamén o nacionalismo árabe, que cristalizará tras a Primeira Guerra Mundial. En 1917, en plena guerra, Gran Bretaña emite a Declaración Balfour, na que se prometía o establecemento en Palestina dun estado xudeu, a pesar das promesas feitas aos árabes tras a súa alianza na guerra. Ao finalizar esta, e durante o Mnadato Británico na rexión (Palestina, Xordania e Iraq), decenas de miles de xudeus, sentindo o frío rexeitamento dunha Europa en cambios, comezaron a progresiva colonización dunha terra xa habitada: Palestina. A reacción árabe non tarda en chegar e teñen lugar numerosas folgas e revoltas da poboación palestina, que impregnada dun nacionalismo que pouco a pouco iba radicalizándose, vían cada vez máis lonxe a creación dun estado árabe e independente. Os xudeus defenden a creación dun estado baseándose nos lazos históricos do seu pobo coa Terra Santa; os árabes opuñan a estes os dereitos incuestionables do Islam sobre un país que habitaran dende o século VII, adquirindo un carácter musulmán e onde a poboación árabe era maioritaria. Durante o período de entreguerras o único antisionismo serio formábano xudeus de esquerdas que crían que se realizaba unha inxustiza contra os palestinos; xudeus ortodoxos que afirmaban que o sionismo era unha blasfemia antes da chegada do Mesías e xudeus liberais que opinaban que o fogar dos xudeus atopábase en occidente, escenario de tódolos seus triunfos dende Spinoza ata Einstein. Ante o problema na rexión e sobre todo, despois de

constatar as atrocidades cometidas polo réxime nazi, as Nacións Unidas deciden intervir e proponse a partición de Palestina en dous estados: un xudeu, que aceptan e outro árabe, rexeitado por estos. En 1947 e a falta de poucos meses para a finalización do Mandato Británico na rexión estala unha guerra civil, que se agrava coa saída dos ingleses e a proclamación do Estado de Israel en maio do 48, cando os países árabes fronterizos atacan duramente a este, tratando de eliminalo. Pero Israel vence e logra anexionar parte da superficie que a ONU lle asignou aos árabes. Hai que mencionar dúas guerras clave na segunda metade do século XX: A Guerra dos 6 días (1967), na que Israel ataca por sorpresa aos países árabes colindantes debido á sospeita dun inminente ataque por parte destes. A nación xudía consegue dominar a península do Sinaí, Gaza e Cisxordania. No 1973 Exipto e Siria executan un repentino ataque a Israel (Guerra de Yom Kippur), pero este logra facerlles fronte e apodérase de boa parte dos Altos do Golán. Nos anos 60 fúndase a Organización para a Liberación de Palestina (OLP), organización na loita armada contra Israel. Sendo presidida por unha das figuras claves do movemento palestino, Yasser Arafat, que abandonará as armas a finais dos anos 80, converténdose deste modo nun movemento político e non militar. O Estado de Israel cede a autoridade de Cisxordania e da Franxa de Gaza á administración civil palestina no ano 1993, nos Tratados de Oslo. No ano 2001, o ex-ministro de Defensa Ariel Sharon, acusado de crimes de guerra durante a Guerra do Líbano, é elexido Primeiro Ministro de Israel onde comezaría unha dura política contra o réxime palestino. Un réxime dividido politicamente nos seu territorio: Cisxordania é gobernada pola Fatah, unha oganización político-militar e facción da OLP. A Franxa de Gaza en cambio, é rexida por Hamás, unha organización terrorista que atentou en innumerables ocasións contra Israel, saboteando calquera intento de negociación entre o estado xudeu e a OLP. Sharón incrementa


mayo de 2014

ENSAIO

lito israelí-palestino

17

Carlos Araújo Álvarez

a campaña dereitista antipalestina e en 2002 iníciase a construción dunha barreira que separa Cisxordania na zona oriental de Israel co pretexto de defenderse dos ataques palestinos.

diviño e a darse contra de que a Terra Prometida podería converterse nunha democracia laica e multiétnica, posible fogar doutras moitas vítimas e vagabundos desterrados.

Hoxe, Cisxordania semella un gueto rodeado de aramados e muros. Israel anuncia constantemente novos asentamentos ilegais de colonos xudeus en zona árabe. Nos check-points israelís morren tódolos meses civís de ambos bandos. Son incontables os ataques terroristas por parte de radicais árabes na fronteira, que causan a morte de israelís civís e militares cada ano. Intensifícanse os controis, que dificultan a entrada e a saída de palestinos a un lado e outro do valo. Activistas xudeus estremistas publican os nomes dos empresarios que dan traballo a palestinos. Son repartidos folletos nas caixas de correos de Xerusalén oeste que ofrecen traballo, aclarando que non traballan árabes alí.

Nos últimos días, a organización terrorista de Hamás e a Fatah anunciaron un acordo de reconciliación, para intentar formar un novo goberno de unidade nacional que favoreza a tódolos palestinos. Nada máis coñecer a noticia, o primeiro Ministro israelí Benjamin Netayahu declarou que “o señor Abbas -presidente da Autoridade Palestina- debe elexir a reconciliación con Hamás ou a paz con Israel”. O secretario de Estado estadounidense John Kerry mostrouse “decepcionado” e asegurou que este acordo “complica seriamente as negociacións”. Estas declaracións aumentan aínda máis a desesperanza e afasta unha posible solución do conflito, que semella estancado dende hai anos.

Todas estas actividades son ilegais e non fan máis que distanciar a ambos pobos e avivar un conflito que xa se atopa inmesamente lonxe de solucionarse. Mentres ambas partes continúen disparándose acusacións* ; mentres o fanatismo islámico autodestrutor siga aumentando; mentres a plutocracia nacional-relixiosa israelita persista en non apreciar a diferenza entre estado-xudeu e fe-xudía e mentres os tribunais internacionais non cansen de chocar a cabeza contra o muro dos ditámes non vinculantes… o problema non vai solucionarse. Porque nin sequera o sionista máis radical se atrevería a afirmar que foi cumprida a parte da Declaración Balfour onde se deixaba claro que “non se fará nada que poda prexudicar os dereitos civís e relixiosos das comunidades non xudías existentes en Palestina”.

*O que fora Primeiro Ministro israelí Menajem Begin compa-

raba os refuxiados en Gaza con membros das SS e declarou que os palestinos eran “bestas que camiñaban sobre dúas pernas”. Por outra parte, o antisemitismo moderno ten a obsesiva e desagradable necesidade de comparar a Israel coa Alemania nazi. Sería mellor que ambas partes abandonaran este tipo

Quizais algún día o sionismo chegará a comprender que se o nacionalismo relixioso non é bo para outras comunidades pode que tampouco sexa bo para os xudeus; a dubidar da interpretación tribal e acrítica dos textos aos que se lles atribúe orixe

de analoxías, que unicamente serven para facer de menos ou incluso negar a Shoah, cuxa memoria non debemos insultar. Grazas a Daniel (profesor de Historia) e a Elvira (profesora de Galego) pola súa visión crítica e correccións.


18

fAíscAs

Un día en Santiago Tras resultar premiadas no concurso Inspiraciencia ao ser seleccionados os nosos relatos de inspiración científica, recibimos a invitación para asistir ao acto de entrega de premios na Biblioteca da Sagrada Familia de Barcelona, ao que non puidemos asistir. Non obstante, como gañadoras e finalistas, a Editorial Galaxia ofreceunos amablemente a posibilidade de participar nunha sesión conxunta de escritura que tivo lugar nunha sala habilitada para os participantes na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. Non dubidamos en asistir á fascinante invitación da que nos fixo partícipes Francisco Castro, escritor, editor e xestor cultural, acompañadas dunha das profesoras de Lingua deste instituto. A mañá do 3 de xullo, achegámonos ata Ourense, onde nos reunimos coa profe para coller o AVE que nos levaría ata Santiago. Unha vez alí, a profesora Mª José guiounos a través das rúas santiaguesas ata chegar ao punto de encontro. Xa na biblioteca, reunímonos con Francisco e con outro dos premiados. O escritor falounos da súa experiencia persoal no mundo da literatura, propoñéndonos despois diversas actividades que nos axudaron a desenvolver as nosas habilidades de escritura como, por exemplo, escribir un relato con tan só sete palabras e unha coma ou unir diversas lembranzas da infancia, citadas anteriormente por outro compañeiro, mediante un fío condutor creando deste xeito unha historia. Tras unhas cantas reflexións despedímonos de Francisco, quen nos deu ánimos para non abandoar o asombroso mundo da escritura. Marchamos así coas ilusións renovadas e cunha perspectiva distinta do que pode significar a literatura. Mentres buscabamos un lugar onde xantar, percorremos as rúas e prazas máis destacadas da nosa capital. Xa entrada a tarde, despedímonos de Santiago, pero non sen antes visitar a emblemática librería “Follas Novas”. Esther Vaz Diéguez, Cristina Salgado Blanco e María Romero Rodríguez.

encontro luso-galaico


FAÍSCAS

mayo de 2014

19

Neste curso 2013/14, os alumnos de cuarto de ESO realizamos unha comunicación vía cartas con rapaces da mesma idade do 10º curso da Escola Fernão Magalhães. Un día o profesor encargado comentounos o que íamos facer e se queriamos participar, todos aceptamos porque nos entusiasmaba coñecer a outra xente do país veciño e sobre todo achegarnos ao idioma portugués mediante cartas e socializando con rapaces e rapazas da nosa mesa idade.. De súpeto unha mañá chegaron as primeiras cartas, aínda non sabiamos quen nos tocara e estabamos nerviosos por saber si era rapaz ou rapaza, por si sería agradable e simpático/a, por se lle gustarían as mesmas cousas que a nós e sobre todo por si xurdiría unha boa amizade ou simplemente se chegariamos a entendernos. Foron pasando as semanas e cada vez facíase máis longa e ansiosa a espera a que de novo chegaran as respostas dos nosos amigos/as portuguesas e saber un pouquiño máis deles. Co paso do tempo uns estabamos máis contentos porque tiñamos boa relación ou porque nos tocara unha persoa máis simpática, mentres que outros perderan esa ilusión e pensaban en que chegara pronto o encontro para entrar en contacto visual e así mellorar a relación. Tras varios meses e varias cartas de aquí para alá e de alá para aquí chegou o día do esperado encontro. O venres día 16 de maio, os portugueses e portuguesas chegaron a Verín e seguidamente emprendemos a viaxe cara Ourense. Foi unha xornada acolledora, na que visitamos o Concello, o casco antigo, as Burgas e o Ourense Termal e na que disfrutamos aprendendo portugués e ensinando galego entre nós e na que tamén descubrimos moitas cousas do noso país veciño. O encontro rematou pola tarde cando nos despedimos deles cun “ata a próxima” porque algúns de nós iremos a Chaves a difrutar das marabillas de Portugal ahora que xa temos amigos e amigas alí.


PROMOCIÓ

Brais, Brais, Víctor, Juan Carlos, Elías, Alejandro, Luis Antonio, José Manuel, La Adrián, Alejandro, Catalina, Rubén, Jose Paula, María, Noelia, Lidia, Antía, Cristina, Diego, Aharón, Pablo,


ÓN 2012-14

, Javier, Jorge, Iván, Daniel, Alberto, Pablo, Iago; ara, Irene, José Luis, María, Raquel, Laura, Andrea, Irea, Esther; e, Elena, Débora, María Pilar, Nagore, Marta, Eva, Marta; , José, Lucía, Laura, Patricia, Patricia, Xenia, Alba; Yago, María Remedios, Goretti, Victoria, Nerea


22

fAíscAs

Entroido

Por: Marta Castro López 1º BAC C Miramos atrás e vemos como o entroido xa quedou lonxe e só quedan fotografías como esta para recordalo, para recordar esta gran festa que tanto nos gusta e tanto nos representa. Esta fotografía, una de tantas, que mostra unha das partes do traxe da figura principal do noso entroido. Una imaxe que amosa ese sorriso, ese sorriso tan diferente e tan especial xunto con esos ollos que esconden miradas cheas de emoción e de alegría nas que se ve reflexado o sentimento de poder, por uns días, vestir o traxe de cigarrón.


CONCURSO FOTOGRテ:ICO

mayo de 2014

23


24

fAíscAs

O segredo “

Mira Sansón, xa che dixen que o rapaz había voltar. Coa súa barbuchiña de langrán e ese ollos de toupa. Non podía deixar as cousas como están, non, tiña que vir remexer nas miñas cousas, tentar saber o que ninguén sabe. Este quere gañar algúns cartos ou un premido deses que lles dan os xornalistas. Pensa que eu son unha vella parva, unha ninguén que lle vai contar unha boa historia. Aínda non naceu quén. Se non me dominou o Ramón onde vai este miñaxoia, vaille moi grande o conto... De seguro que xa falou coa Filomena e coa Adela, esas dúas laretas. Xa quixeran elas saber da misa a metade, pero non saben, non. Ninguén sabe nada do Ramón, só eu. Eu e o demo que me ha levar, pero iso é outro conto, non si Sansón? Ti aínda non naceras, aínda tiñamos a Lúa, a túa nai. Lembro cando Ramón e máis eu viñemos para esta casa e o Sindo nos trouxo aquela cadeliña; era pequerrecha pero cun xenio do demo. Pero era agarimosa e leal, nunca me deixou soa cando levabamos as vacas ao prado, sempre andaba canda mín. Menos cando o Ramón ía aos coellos, que daquela volvíase tola por ir ao monte con el. Cánto lles gustaba os dous andar polos outeiros, aos coellos e as perdices, e mesmo ao xabarín. A Lúa non lle tiña medo, e o Ramón tampouco. Tan fachendosos cando voltaban, el cos coellos pendurados do cinto, e a Lúa saltando por diante. Parece que aínda os estou vendo, baixando polo carroucho do Picoto. Eran bos tempos! Antes de que todo o levase o demo, ou a nai que me pariu.... Cando o Ramón e mais eu casamos todos pensaron que seriamos moi felices. E, por que non? El era o mellor mozo da parroquia: alto, moreno e con aqueles ollos verdes que lle bailaban.... Penso que me enredou na súa ollada e xa non houbo outro home para mín. Ramón quíxome para el e fun para el. Casamos e viñemos vivir para esta casa. Traballamos arreo, coma todos, para vivir. Pero cando polas noites pechabamos a porta, todo o noso mundo estaba aquí. Non importaba que estivésemos cansos, nin que fora frío ou calor. O seu corpo era o meu fogar, e o meu era o del. Buscabámonos un ao outro como o mar busca a praia, sen descanso, sen fin.... Pero nada é para sempre, Sansón, nada. E todas aquelas noites, tantos bicos e apertas, tantos soños, botáronse a perder, espalláronse coma o fumo, e non quedou nada, só as lem-

branzas, o baleiro e a dor. Ao mellor se tiveramos un fillo, nada disto tería pasado. Quen sabe? Imaxina, un Ramón pequeniño, cos olliños verdes e os beizos de mel.... Pero nunca chegou, nunca tivemos ese cativo tan desexado, tan buscado. E Ramón comezou a pasar máis e máis tempo no monte, ou na taberna. E eu esperaba aquí, soa. E púxoseme este carácter amargo, este ollar frío e esta boca torta, sen sorriso. Seguimos a vivir, un día tras doutro, traballando e vendo pasar a neve e o sol, a chuvia e o vento. Xa non eramos felices, pero seguiamos arrastrando as nosas vidas, xuntos, como xunguidos no mesmo arado do destino, ata que tamén iso se rompeu. Foi como o estralo dun foguete na festa do patrón. Chegou a aldea no mes de xullo, cando era o tempo das mallas. Era a sobriña de don Evaristo, o pedáneo. Viña da capital, cos seus vestidos de flores, os zapatos de tacón e os beizos vermellos como caraveis. Nunca outra se vira por estas terras. Chamábase Esperanza, e traía con ela toda a xuventude, a ledicia e as ganas de troula que eu non tivera endexamais. Paseábase pola aldea cos seus andares de corza nova, falaba coas vellas e cos meniños, e meteu no peto a tódolos veciños co seu sorriso. Menos a min. Eu non quixen saber da súa beleza, nin do seu falar agarimoso, das picardías que lles contaba aos vellos, dos contos que lles contaba aos raparigos, e das cantigas que lles ensinaba as mozas... Nin dos olladas que repartía entre os mozos, con aqueles ollos brincadeiros que prometían o paraíso. E aqueles ollos atopáronse cos do meu Ramón, e enredáronse, a atrapáronse... E xa non houbo quen os mantivese afastados. Se Ramón andaba ao estrume na poula do Crego, alá se paseaba ela, montada naquela bicicleta que lle mercara o tío. Se Ramón estaba a xogar a partida na taberna, ela ía a buscar un refresco de laranxa, que tomaba sentada nas escaleiras de pedra, mirando cara dentro, e deixándose ver, amosando aquelas pernas que se ían dourando co sol do verán. Tardei en decatarme do que xa andaba na boca de tódolos veciños; que a Esperanza andaba atrás do meu home. Foi a Adela a primeira en virme co conto, dálle que dálle, que se non te fixas, que se non o tratas ben, que se non o atas corto... que sabería ela! Xa quixera eu ter corda con que atalo, pero xa non tiña. Xa había moito tempo que o Ramón andaba solto, como se eu non fose máis ca outro moble da


PREMIO MINERVA

mayo de 2014

25

por Andoriña do Arrabil. Ana María Añel - Gañadora do Concurso de Relatos Minerva casa, xa nin me vía, nin me sentía.... E eu mirábao, cada vez que entraba pola porta, e xa non atopaba aqueles ollos pousados en min, aqueles ollos que xa non me buscaban reflectían outros ollos que non eran os meus. Perdíao cada día, e non era quen de facelo meu de novo. Din en vixialo, e de paso a ela. Vin como se achegaba cada vez máis a el, e vin que a el lle gustaba aquela moza nova e ben feita, e que lle gustaba aquel xogo de ser buscado e adorado. Vinos cando foron xuntos polo monte, coa nosa cadela brincando canda eles. Vin a bicicleta esquecida na beira do camiño que leva ao vello muíño, e vinos outro día, espidos, bañándose no río, bicándose e rindo....Ríndose de min, do mundo e de todo. Subiume un lume acedo pola gorxa,e quixen berrar, que me viran e me oíran; pero non me saíu nin un alento. Caín ao chan e rabuñei a terra coas uñas, fíxenme sangue, mais nin unha soa bágoa caeu dos meus ollos. Miraba cara eles e só podía desexar ser eu quen estivese no río, nos seus brazos, cos seus beizos na miña pel.... Non lembro como cheguei a casa, pero cando Ramón veu aquela noite xa tiña a cea feita, e mirei cara el, e fixen como cada día, e calei e non dixen nada, non preguntei nada. Durmimos, e pola mañá esperei que a miña vida seguise como antes. Esperanza marcharía de volta a capital, e todo sería unha lembranza de verán. Pero non podía ser. Esperanza marchou, si. Pero xa lle metera o seu azougue no corpo a Ramón, e xa non podía vivir sen ela. Comezou a falar de ir a traballar a capital. Tiña aló un curmán que lle procuraría un traballo na fábrica na que estaba el. Ramón dicía que marcharía el primeiro, buscaría unha casa, e o cabo duns meses mandaríame buscar. Dicía que estaba farto de fozar na terra, de traballar arreo para non chegar nunca a nada. Ata falou de ir ver un médico, e ter fillos.... E, sabes, Sansón? Por un intre, un pequeniño intre, pensei que todo podía ser certo. E vin un pequeno piso na capital, e Ramón e mais eu cun cativo no colo, e ata unha lavadora e unha radio onde soarían eses boleros que aquí só escoitamos nas festas.... E fun feliz, un intre, pero qué feliz! Se fose certo! Pero eu sabía que mentía, que so quería marchar a capital para estar con ela. E aínda así, díxenlle que si, que eu iría a

onde él quixera e cando él quixera. Non é iso o que se espera dunha boa muller? Comezou a preparar a viaxe. Falou co Mingos para que me botara unha man coas tarefas, coas leiras e coa facenda. E mercou o billete para o primeiro de setembro. Un par de días antes chegou a carta. El non estaba, fora arranxar uns papeis ao concello. Abrina e sentín aquel arrecendo, e lin aquelas verbas : Espérote na estación. A derradeira noite ceamos cedo. Logo viñeron os veciños para despedirse. O tren saía ao amencer, e todos querían dicirlle algo a Ramón, consellos e recomendacións, que nin el nin eu escoitamos.Eu buscaba nos seus ollos unha mentira que non dixo, e el ao mellor buscaba en min unha verdade que calei. Ramón non colleu aquel tren. Ninguén soubo nada máis del. Todos pensaron que marchara aquela mañá, que se afixera na capital, e que non quixo volver máis, nin por min, nin por nada.... Esperanza tampouco apareceu máis pola aldea, non sei qué pensaría. O mellor pensou que Ramón se quedara aquí, ou que foi a capital, pero non foi buscala.... Non sei. Eu queimei cada carta dela que chegou, non foron moitas. Traballei cada día, e moitas noites paseinas espreitando trala ventá, esperando que alguén atopase algo. Que alguén procurase máis aló da historia de que Ramón marchara e me esquecera. Tiven conta de todo, da roupa, da maleta, do billete do tren... Xa o tiña el todo arranxado, foi doado. Non quedou nada, nin das súas cousas, nin de Ramón. Nada. Moitos viñeron preguntar, entraban na miña casa e remexían cos ollos todo canto podían. Buscaban na miña cara, nos meus ollos unha resposta as súas dúbidas, a súa desconfianza... Algo pasara, e querían saber, procuraban que eu lles contase, pero nada saíu de min. Todo o arranxei soa, non precisei de ninguén, así que era o meu segredo. Por máis que pensaran, por máis que buscaran, non ían atopar nada. Imos, Sansón. Non sei que lle contarían esas babecas o langrán este do xornal. Ímoslle abrir a cancela, a ver que conta. De min non sacará nada, non pasei tantos anos calada, para contarllo agora a este miñaxoia. Logo marchará coma todos os outros, sen historia que contar. E si se pon farruco, aínda teño aquel fouciño ben afiadiño! E na horta, xa vai facendo falla un pouco de esterco...


26

fAíscAs

ANTROPOLOXÍA FORENSE NA RESOLUCION DE CONFLITOS

O

día 10 de mes de abril, os alumnos e alumnas de bacharelato tivemos a sorte de poder asistir a unha charla impartida polo médico forense de Verín Fernando Serrulla. xplicounos en que consiste o seu traballo mediante unha breve charla. Seguidamente expuso algúns casos que tivo que afrontar. Antes de facelo tivo que nos avisar de que veríamos imaxes desagradables pero necesarias para explicar os misterios da norte de diversas persoas. ende logo foi unha charla moi proveitosa pois considero que é un tema moi interesante. Ademáis eu tiña un interese especial pois sempre sentín curiosidade xa que o meu irmán sempre quiso ser forense.

E

D

Carlota Vega Chaves 1º BAC B


CONFERENCIAS

O portugués simple

mayo de 2014

27

por: María Gallego Fernández 4ºA

O

pasado mércores 9 de abril , os rapaces e rapazas de 4º participamos na actividade da OPS. Nela faláronnos do portugués, nos lugares nos que se fala e a súa semellanza co galego.

A actividade durou dúas horas e comezou ensinándonos os lugares nos que se fala o portugués, que son moitos máis dos que pensabamos, e para elo acompañouse de música xa que para cada país ensinábanos unha canción en portugués que todos coñecíamos e que era propia del. Logo estivemos mirando sons semellantes que teñen en común o galego e o portugués e démonos conta das vantaxes que temos os galegos fronte ó resto de persoas para entender o portugués, xa que compartimos moitos sons e palabras, pero tamén nos ensinou que hai palabras que aparentemente se semellan pero non teñen o mesmo significado e as cales son os chamadas “falsos amigos”. Personalmente pareceume unha actividade interesante xa que descubrimos cousas novas do portugués e aprendimos un pouco máis desa lingua que temos tan preto.


28

fAíscAs

De Pandora a Anxélica Liddell, mulleres da literatura

O

pasado 7 de maio, ás 16:30, visitou o noso centro a actriz Ana Isabel Roncero, que nos interpretou varios monólogos de mulleres con diferentes personalidades pero todas elas de forte carácter e profunda liberdade interior: Pandora, Medea, Celestina, Laurencia, Adela, Poncia e Anxélica Liddell. Para preparar esta viaxe pola literatura, o día 30 de abril, tamén ás 1630, houbo unha sesión especial na que alumnos e profesores do centro presentaron a súa visión destas figuras.


mayo de 2014

CONFERENCIAS

charla de Elena Gallego por Sara Guerra Sandoval - 2º ESO B

proxecto

dragal O

vernes 11 de abril veu ó IES Xesús Taboada Chivite Elena Gallego, autora de Dragal, libro que este ano estamos a ler os alumnos de 2º da ESO. A maiores de lelo estamos a realizar un proxecto denominado Proxecto Dragal, que consiste en ir completando espazos online mediante a Wiki de Dragal. Elena foi moi cercana a nós e púxonos unha presentación de diapositivas explicándonos no que ela baseouse para escribir o libro. Ensinámoslle a Elena os finais alternativos que fixeramos na clase como aportación e tamén fixemos unha breve exposición sobre o acoso escolar, tema que se trata no libro. Realizamos tamén unha ronda de preguntas, na que ó principio os alumos amosáronse distantes, pero pouco a pouco comezaron a participar. Cando chegou o momento de asinar os libros fomos en pequenos grupos e Elena mostrouse moi agradable adicándonos os libros de maneira personalizada. Rematamos o encontro cunha fotografía nas escaleiras de acceso ao centro, na que apareciamos todos os 2º, os nosos profesores e mais Elena. Pareceume unha extraordinaria charla, xa que aparte de coñecer a Elena en persoa aprendimos moitas cousas novas e descoñecidas.

29


30

fAíscAs

No corpo de Xerónimo

Carla fai unha versión dun episodio de Pantagruel: unha viaxe surrealista polo aparato dixestivo.

S

en saber como, espertei na boca do xigante Xerónimo, o gardián da nosa cidade. Levara un bo golpe na cabeza e non me acordaba de nada do que sucedera anteriormente. De súpeto e sen asimilar a situación, tragou saliva e, pillándome desprevido, o regato de auga arrastroume e non puiden parar ata chegar ao estómago, pasando rapidamente polas dúas cidades de Farinxe e Larinxe, aquelas mortíferas vilas cun gran número de mortes debido ás pestes. Alí vin como a xente levaba unhas grandes máscaras na cara e había carros de cabalos cheos de corpos mortos, pero o que máis me sorprendeu foi que eu non me decataba de ningún cheiro desagradable. Xa me debía ter acostumado ás ventosidades que a miña nai desprendía todos os días á hora da sesta, e iso si que era un gas letal e non as pestes que había dentro do corpo de Xerónimo (e menos mal que a miña irmá xa non facía de comer cousas que lle producisen gases, porque se non nas guerras xa non utilizarían balas, se non que os peidos dela!). Penso que por iso, a min a epidemia non me afectou para nada e cheguei perfectamente a cidade Estómago. No estómago non había moita cousa do meu agrado, parei moi pouco tempo polo que so vin a familia Proteína, que se estaba bañando na piscina do señor Zume Gástrico. Decidín marchar á gran metrópole do Intestino Delgado; que esplendor de cidade!, alí había grandes avidas e bulevares cheos de actividades cun gran número de persoas, e tres grandes cataratas que, en vez de desprender auga, desprendían zume e outra substancia. Ao principio dun destes bulevares había tres grupos de persoas que, aínda que todos tiñan unha denominación en común, ”Quilo”, cada un deles tamén tiña o seu nome propio.O primeiro era un conxunto de mulleres sentadas que se facían chamar As Nutrientes: na miña vida vira tanta muller xunta e con tanto parecido físico! Achegueime a unha delas e pregunteille: -Bos días señorita, hai algún evento que deba a reunión de tan belas e parecidas damas? -Tsss, inútil! Estamos a esperar a que chegue o instrutor e nos reúna. Vaite cara ao teu grupo, paifoco. A rapaza (moi borde por certo) deume tal empuxón que me desprazou ata o terceiro grupo de persoas, de modo que

apenas puiden decatarme da miña pasada polo segundo, uns homes vestidos con roupa de cor azul. No último grupo, no que eu me atopaba, non había un sexo predominante nin eran todos practicamente clons como acontecía nos dous anteriores, se non que neste apenas había semellanza entre uns e outros. De súpeto, apareceu o instrutor e mandounos a todos os alí presentes reunirnos nun único grupo, subiunos a todos a un autobús e levounos a outro bulevar que se encontraba na periferia do intestino delgado. Alí ás Nutrientes un aspirador xigante absorbeunas; ao ver iso, quedoume unha cara de pailán parecida á que pos cando se che esquece o aniversario do teu mellor amigo. Estaba patidifuso, non me cría o que acababa de ver, ata era demasiado fantasioso para ser un sono. Unha anciá que quedara no meu grupo, achegouse a min e díxome: -Fillo, pecha a boca que che van entrar moscas, vaia reacción, como se nunca virás unha absorción de nutrientes. Estiven a punto de contestarlle, pero apareceu un novo autobús, a anciá deume a min e a outros cantos máis co seu bolso mentres camiñaba o máis rápido que podía e dicía que ninguén lle collese os asentos dianteiros. De novo encontrábame noutro autobús, esta vez deixáranos no intestino groso e os homes de azul nada máis baixar del xa desapareceran. De seguido xuntámosnos e unhas fortes contraccións que exercía Xerónimo fixeron que saísemos polo recto ata o exterior. Que noxo! Saíra en forma de fez, eu defecaba nel e el defecoume a min! -Baaaaj, Xerónimo! Que noxo! Non me quitarei esta peste en menos dunha semana, estou cheo de merda, e nunca mellor dito… e o peor de todo e que non sei como aparecín dentro do teu corpo. -Dometrio, por fin saíches! Atopeite moribundo e inconsciente no chan, e como non sabía como levarte para a túa casa, metinte na miña boca, pero traguei saliva e ti fuches con ela, polo que tiveches que pasar por todo o meu aparato dixestivo ata que te expulsei fóra. -A calquera que lle conte isto e o que vivín no teu interior dígoche eu que non so cre. E pensar que isto o facemos sempre que comemos. Que intelixente é o noso corpo!


FAÍSCAS

mayo de 2014

A árbore de nadal Todos os rapaces e rapazas do I.E.S Xesús Taboada Chivite que desexaron facer polo nadal unhas preciosas postais, víronas expostas no corrredoiro da entrada do instituto. Pero non se puxeron de calquera maneira, se non que tiveron a orixinal idea de colocalas todas en forma triangular, semellando así unha árbore de Nadal. Ademais tamén fixeron un concurso no que o gañador foi Jossua Onorio Soto Por Carla Gómez 3º ESO

31


32

fAíscAs

VAIA CARA! Coñeces a cara dos teus autores favoritos? E de todos eses escritores que aparecen na prensa e nos libros de texto? Tenta unir cada un destes retratos de escritores con un dos títulos da lista. Algún deles foi premio Nobel? (Os títulos de obras aínda non traducidas ó galego danse póla súa traducción habitual ó castelán)

Número do retrato

Título Sóngoro Cosongo A marabillosa viaxe de Nils Holgersson El mar, el mar O corazón é un cazador solitario Guerra e paz A casa das belas adormecidas Caín Cumbres borrascosas Escritos de un viejo indecente Si o vello Simbad volvese ás illas… A cantante calva O burro de ouro Corazón de tinta El deseo de ser punk O único que queda é o amor Un triste ciprés Fausto Confesiones de una máscara Tartufo Papá Goriot

¿Nobel?


mayo de 2014

PASATEMPOS

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

33


34

fAíscAs

A idea da actividade “Río de palabras” nace do relato do mesmo nome incluído na obra O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz e do poema “Ás veces sinto que no meu país faltan palabras”, pertencente ó libro Made in Galiza, de Sechu Sende.

RIO DE PALABRAS O relato de Fernández Paz é unha exaltación do valor da palabra como medio de expresión persoal e o poema de Sende invítanos a atoparnos a nós mesmos e a atopar os demais nas palabras compartidas. A partir da idea de compartir e atoparnos nas palabras, propuxemos construír entre todos un río que polo de agora ten a súa fonte pero que non chegou á súa desembocadura. O noso río non ten auga senón palabras, versos, relatos, imaxes, que son a expresión do interior e da autenticidade de cada un. O noso río é máxico, é un fío que une as aportacións de todos.


CULTURA

mayo de 2014

35

as cousas de cuarto

Durante este Curso os alumnos de 4º de ESO desenvolveron unha actividade de creación literaria e plástica coa que asemade queixemos facer unha pequena homenaxe a unha das personalidades máis polifacéticas da nosa cultura: Castelao. Despois de traballar os relatos de Cousas na aula, nos que o autor de Rianxo combina de xeito maxistral debuxo ( presentación) e texto (desenvolvemento narrativo) , os alumnos botáronse a elaborar cadansúa propia cousa. Usaron técnicas variadas para a imaxe (colaxe, lapis, acuarelas…) e temáticas que van dende a reflexión persoal, a crítica social até o relato fantástico ou moralizante. O resultado :

As Cousas de Cuarto.


36

fAíscAs

PRÁCTICAS DE LABORATORIO

C

oller a fotocopia xunto a Lucía, baixar as escaleiras, entrar no laboratorio, colocar o microscopio na esquina e acomodar as cadeiras xiratorias. Sacar un folio e bolígrafo por se é necesario. Quizais como no xadrez, os comezos sexan monotonamente semellantes nestes casos, un proceso inquebrantable como a rutina da propia clase, pero moi lonxe da realidade, as prácticas do

laboratorio son un privilexio que poucos valoramos o suficiente polo custo que posúen, económico e persoal. Quizais vos resulten tópicas, ridículas e vulnerables estas palabras, pero aínda que só sexa para divertirse, baixar ao laboratorio é de agradecer. Mais, o que me solicitaron foi unha opinión sobre as prácticas de laboratorio, e iso tratarei directa ou indirectamente. Considero un ben merecido, pero non

lexítimo, o laboratorio no instituto, pois o ser humano tende a conformarse con pouco pese a saber que as súas posibilidades están por debaixo do que espera. Dende o meu punto de vista, vexo isto como algo necesario e fundamental para que o alumno poida achegarse a unha materia que se(nos) tende a illar da realidade con parágrafos quilométricos e esquemas enrevesados que esquivan visitas á nosa


mayo de 2014

CIENCIA memoria. Pois é gratamente sorprendente para un mesmo descubrir algo do que se tiña unha idea errónea. Por exemplo, os complexos e ás veces irreais esquemas de órganos que aparecen nos libros de bioloxía serven para guiar a cegos na escuridade. Por iso, ao diseccionar un corazón es capaz de relacionar moito mellor todo aquilo que semellaban oracións carentes de lóxica e palabras escritas en linguas incomprensibles. Como síntese, é un método de volcar na realidade e por medio dun mesmo, coñecementos abstractos adquiridos nas clases, porque son ínfimas as veces que podemos realizar unha práctica na casa. Rara vez teño ácido clorhídrico purísimo ou microscopio na casa, sen ser investigado por terrorismo. Mais non todo o que reloce é ouro, hai prácticas que dende a perspectiva humilde e colectiva dunha xeración que convive na aula, deixan que desexar. As palabras máis crueis que se poden escoitar nun laboratorio probablemente sexan: collan lapis e papel e debuxen o que ven. Isto colócalle a calquera o fígado na boca porque o dilema é cru e evidente:está claro que debuxar algo a 400 aumentos non é o punto forte de niguén. Son situacións nas que sobran as palabras. Xa que logo, algunhas prácticas como os propios libros, deberían ser revisadas e renovadas,

sobre todo procurando que non se repitan moito, e digo exemplos recoñecibles como a identificacion de rochas, de bechiños e algas na auga ou a de observar células vexetais. Porén, as coiteladas que está a sufrir o sistema educativo deixan estes retrincos da materia en panos menores e a dúas candeas (por desgraza non é a única), e non é necesario ser Nostradamus para imaxinar o futuro deste produtivo método de ensinanza. Rematará os seus días usando os vasos de cubata como vasos de precipitados e os caparazóns dos tampóns como tubos de ensaio. É triste, malia que vos resulte cómico ou non. Por iso

37

haino que ter en consideración e aprecialo, pois aínda que algúns se queixen de cando en vez e pidan crear bombas de trinitrotolueno ou comprar aceleradores de partículas, dicirlles que isto é o que hai, estas son as posibilidades aproveitadas e exprimidas en relación cos recursos, e non podemos eludilas. Xa que, por unha razón ou outra, vivimos nunha áspera e segmentada realidade que debemos afrontar con valores que a comodidade nos fai esquecer. Por exemplo a intelixencia ou o esforzo, oportunos dominios humanos que a sociedade leva ignorando xa dende tempo atrás.


38

fAíscAs

Reflexión sobre o musical “Os Miserables” Por Andrea Pérez Vega, 1º Bach A

E din que o final sempre chega, a veces antes do que agardas, e neste caso chegou rapidísimo. É incrible o cariño que se lles pode coller a estas persoas en tan so uns poucos meses, o cariño que se lles pode coller, a través dun musical. Os bos momentos ficarán sempre no baúl das lembranzas, porque, polo menos para mín, a experiencia vivida con Os miserables foi unha experincia única, non hai palabras para valorar todo o traballo realizado, toda a compenetración no escenario, pero sobre todo, o que está detrás de todo esto, o que a xente non ve: as presas ó cambiarmos a roupa, os berros ó mandar calar, a axuda empregada por todos en cada momento: que si un fai unha cousa mentres outro fai outra... Todo eso é a base, a base precisa para que todo esto fora posible, para que todo saíra como esperabamos, pero sobre todo a persoa que confiou máis en nós ca nós mesmos, esa persoa á que lle debemos este musical, á que lle sacamos das casillas en moitos ensaios, á que esgotamos toda a súa paciencia, pero que estivo sempre aí para que esto fose posible: o noso profesor de música. Tampouco podemos esquecer as profes que estiveron dispostas a axudarnos en todo o que estivera nas súas mans,, sen os seus “ánimo”, “máis forte, que o estades a facer xenial”; sen iso tampouco sería o mesmo. Esta experiencia, realizada por uns pequenos “miserables”, fíxonos medrar como persoas, fíxonos confiar en nós mesmos, fíxonos enfrentarnos a xente que nin sequera coñeciamos, fíxonos perder a vergoña, pero sobre todo fíxonos grandes. É incrible sentir o que se sinte despois de que te aplaudan, de que canten contigo, de que se animen incluso a subir ó escenario. Porque as caras de ledicia que che transmite o público, ou incluso ver chorar a xente de emoción, iso, non hai cartos que o paguen. Foron moitos sentimentos mesturados neste pequeno camiño. E queréndoo ou sen querelo, isto non remata, non é un adeus, tan so é un “deica a próxima”. Detrás dun gran final sempre ven un bo comezo. E lembra: tódolos días sae o sol. ¡Miserables, a gañar!


mayo de 2014

REFLEXIÓNS

As mulleres na ciencia

A sorte está botada

As mulleres contribuíron á ciencia dende os seus inicios, aínda que non fosen recoñecidas por iso. Historiadores interesados en ciencia e xénero mostraron as contribucións feitas por mulleres, as barreiras coas que se toparon e as estratexias que desenvolveron para que o seu traballo fose aceptado. Hoxe en día acadar un posto recoñecido dentro da ciencia non é doado para ninguén, require esforzo e dedicación que ás veces se volven frustrantes, pois aquela atención e recoñecemento que se esperaba esfúmase coma o pó co vento. A cousa complícase se o caso toma como protagonista a unha muller. Moitos preguntaranse o por que, pero ben é sabido que dende hai moito a ciencia é un campo ás veces extremadamente machista porque aqueles que foron herdando o coñecemento e despois o podían aumentar eran xentes conservadoras e de clase alta (non en todos os casos claro), pero por riba de todo eran neste ámbito machistas dunha forma inconsciente. En moitos casos entrarían nunha cólera algo desmedida se observaban a unha muller realizando o traballo que os homes levaban facendo tanto tempo, traballo que producía un mérito só ao alcance dunha figura masculina. Deste modo, aquelas poucas loitadoras que nadaban contra o propósito da sociedade e conseguían algo grande, atopabanse ao final do tortuoso camiño como todo aquilo que fixeran pasaba de súpeto á propiedade intelectual e meritoria dun científico e non dunha científica. Pouco a pouco estes prexuízos galardonados e aprobados polos que tiñan o poder e xulgaban ca súa opinión, paseáronse na historia por diante das narices de cada un mentres ían facendo das súas. Ata hoxe en día, que como as malas herbas, se non se quitan ao comezo vamos ter un problema gordo para acabar con elas. Pois sabemos de sobra cales son as solucións, temos menos trabas ca antes pero o traballo, que todos esperemos que se consiga, vai custar sangue, suor e bágoas.

Cando chegas ao final cánsaste de crer de saúdar e ata de almorzar

Por Miguel Franco Álvarez, Carlos Araújo Álvarez e Roi Gómez García. 1º Bach A

Por Emilio Álvarez Bayón

Ver sempre os mesmos ollos cansados atentos asustados demandando atención sorda e os teus non poden máis e fúndense no chan e agarda que algunha man susurre, como te vai? O final é o principio de outra cousa case sempre se intúe o desafío está presente no aire; Preocupación, nervos, o silencio vólvese amigo e o estrés cando non insoportable permanece alerta, sobre nós. É a maxia do tempo das estacións dos cambios de ano do imprevisto sentimento de crecemento como a mirada ao abismo que somos cada un de nós. Aceptar o cambio, sempre pensar para ben, é a parte máis fácil antes que a realidade a desminta Anunciando un brindis ao sol. Preparémonos: Alea Iacta Est.

39


sacsíaf

pla r

2014

Foi o ano no que estudamos, soñamos, crecimos... vivimos!

nda ve

e x em

úa

- prohibida uito t a a s gr


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.