Titorial para familias sobre Espazo Abalar

Page 1

A través do espazo Abalar os pais ou titores legais dos alumnos poden ter acceso a todo tipo de información académica ( notas das avaliacións, horarios, titorías etc) Para poder acceder deben facelo a través do portal da Xunta de Galicia ( www.edu.xunta.es) e dende a súa páxina entrar no enlace dos Servizos en curso.

Dende o espazo Abalar podemos ter acceso aos servizos:

Despois deste paso xa podemos acceder á información a través de dúas maneiras: por DNI Electrónico e por Certificado Dixital. Aquí explicarase o acceso mediante DNI Electrónico. Para iso, inserindo o mesmo no lector de tarxetas e pulsando no enlace:


Tras facelo paso anterior, pode saltar un menú sobre a autentificación da identidade que aceptamos cun clic:

Unha vez autentificado o modo de acceso pasamos a unha pantalla na que a través do espazo familias xa ingresamos nunha pantalla con múltiples opcións de consulta ( notas, faltas… ) ou accións (xustificar faltas, recibir mails…)


Así, por exemplo se queremos coñecer as notas de cada avaliación, accedemos dende a páxina actual a datos académicos. Aparecen as notas de cada materia nas que o alumnos estea matriculado.

Finalmente, para saír do espazo Abalar non hai máis que facer clic na pestana saír

Se queren ter máis información do que necesitan para poder acceder ao Espazo Abalar mediante DNIe poden facelo mediante o videotitorial ACCESO MEDIANTE DNIe AO ESPAZO ABALAR. Ademais se queren ter información de como acceder mediante certificado dixital poden facelo mediante o videotitorial ACCESO MEDIANTE CERTIFICADO DIXITAL AO ESPAZO ABALAR.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.