Tema 3 cuestions campo electrico 12 13

Page 1

CUESTIONS CAMPO ELÉCTRICO. (12/13) 1- Dentro dun campo eléctrico uniforme, debemos realizar un traballo sobre un protón se pretendemos desprazalo: a) b) c) d)

Cara a unha superficie equipotencial. Cara a unha rexión de maior potencial. Cara a unha rexión de menor potencial. O campo é uniforme, non se realiza traballo.

2- Unha carga q, cunha masa m, que parte do repouso, alcanza certa velocidade ao desprazarse entre dous puntos onde existe unha diferencia de potencial. Se a diferencia de potencial se fose a metade, como sería a velocidade da partícula. a) b) c) d)

Sería tamén a metade. Sería o dobre. Sería menor. Sería maior.

3- Se nunha rexión do espazo o campo eléctrico é nulo, ¿Como será o potencial eléctrico nesa rexión? a) b) c) d)

Tamén nulo. Sempre positivo. Negativo. Depende do signo das cargas.

4- A intensidade do campo eléctrico: a) b) c) d)

É directamente proporcional ao cadrado da distancia. É unha magnitude vectorial sempre positiva. Exprésase en N/C ou en V/m. Ningunha resposta correcta.

5- No interior dun conductor esférico cargado e en equilibrio electrostático, cúmprese: a) b) c) d)

O potencial e o campo aumentan do centro cara á superficie. O potencial é nulo e o campo constante. O potencial é constante e o campo nulo. O potencial e o campo diminúen do centro cara á superficie.

6- Unha carga puntual de 2 μC atópase no centro xeométrico dun cubo de 2 m de aresta, o fluxo eléctrico a través da superficie cubica é: a) b) c) d)

É inversamente proporcional ao cadrado da distancia a que se atopa a carga. É unha magnitude vectorial positiva, porque a carga é positiva. Un valor dependente do medio no que se atopa o cubo e a carga. É nulo porque a carga como está no centro, non toca a superficie do cubo.

7- Un electrón cunha determinada velocidade penetra nun campo eléctrico uniforme, tras percorrer unha certa distancia dentro do campo, a súa velocidade anulase, isto indícanos: a) b) c) d)

A forza eléctrica é perpendicular ó vector velocidade. A forza eléctrica ten a mesma dirección e sentido que ó vector velocidade. O campo ten a mesma dirección pero sentido oposto ó vector velocidade. O campo ten a mesma dirección e sentido que ó vector velocidade.

8- Dadas dúas carga +q1 e –q2 do mesmo valor, onde colocarías una terceira carga +q3 para que estivera en equilibrio: a) b) c) d)

Nun punto calquera da recta que une +q1 e –q2, situado entre ambas cargas. Nun punto calquera da recta que une +q1 e –q2, situado a esquerda de +q1 , ou a dereita de –q2. No punto medio da recta que une +q1 e –q2. Pola presencia de +q1 e –q2 non é posible que +q3 alcance o equilibrio.

9- En referencia as liñas do campo eléctrico podemos afirmar: a) b) c) d)

Son perpendiculares as superficies equipotenciales. No seu percorrido van de menor a maior potencial. Saen das cargas negativas, por iso se lles chama fontes. Ocorren interseccións entre elas, se as orixinan cargas de diferente signo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.