Prospección arqueolóxica subacuática no baixo da Borneira.

Page 1

III. Inventario e catalogación CD 102A 2009/429-0

PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA SUBACUÁTICA NO BAIXO DA BORNEIRA (CANGAS, PONTEVEDRA) David Santos Hernández A raíz do achado o día 9 de Febreiro de 2009 por parte duns mergulladores duns restos de bronce de potencial arqueolóxico no Baixo da Borneira (Cangas) encárgase á empresa Argos S.L a realización dunha prospección arqueolóxica subacuática no devandito punto, e que tivo lugar no mes de Setembro do mesmo ano. Durante a actuación procedeuse tamén a prospectar os arredores do baixo, labor dificultado pola existencia de abundante alga Laminaria Digitata, que dificultou enormemente a localización de posibles restos, e á presenza moi próxima dun polígono de bateas, o que enturbaba a auga e facía moi escasa a visibilidade da auga. Aínda así, foron localizados os restos de dous barcos, e dous grupos de pezas de artillaría de ferro. Estes restos, se ben se sabía da súa existencia polas informacións recollidas polo Grupo García Alén, non estaban localizados con precisión. Por iso comezouse pola área ao S. do faro, bordeando o límite do baixo en dirección á área situada ao W. do sinal, efectuando rúas paralelas e avanzando cara ao interior do arrecife.

Proa do Southern Cross

Nun primeiro momento ten lugar o achado do pecio do Southern Cross, afundido en Novembro de 1909 cando, saíndo do porto de Vigo cara a Sudamérica, embarrancou na zona SW do baixo ao atopar o farol do mesmo apagado. Destacar deste pecio a conservación de grande parte do casco (de ferro) e grande cantidade de barrís de cal que portaba como carga. Estes, a pesar de non se conservar o colector, que era de madeira, si conservan o seu contido coa forma do barril. Ao día seguinte ten lugar o achado do pecio do Valparaíso, afundido en Marzo de 1887 camiño de Chile, ao W do faro. Tal e como aparece nun gravado da época, foi achado con escora cara a estribor. Presenta unha construción de tipo mixto (casco de madeira e ferro) e nos seus arredores presenta numerosos fragmentos cerámicos pertencentes á carga. Despois de localizar estes dous pecios pasamos a prospectar o punto onde xurdiron os materiais que motivaron esta actuación. A zona “foi varrida” por mergulladores deportivos tras publicarse en prensa o devandito descubrimento, non podéndose localizar máis restos da mesma tipoloxía que os causantes da intervención. O que si a pui-

Proa do Valparaíso

352


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.