O Castro Lupario é un espazo de primeira categoría moi descoñecido.

Page 1

La Voz de Santiago En primera persona

LUNES, 22 DE AGOSTO DEL 2022 Delegado: Ignacio Carballo González / Jefe comercial: José Luis Colomer Busoms

David Fernández Abella

Desinformadores

Arqueólogo e profesor da USC

«O Castro Lupario é un espazo de primeira categoría moi descoñecido» Destaca que «en cada parroquia de Galicia hai patrimonio que permanece oculto» emmA ArAújo sanTIaGO / La VOZ

Pode dicirse que a comarca de Santiago vai sobrada de patrimonio, o que non quita que quede moito, non tanto por descubrir, como si por valorizar e investigar. Este é o caso do Castro Lupario, un espazo declarado Ben de Interese Cultural (BIC) que comparten os municipios de Rois e Brión pero que tamén está moi vinculado a Francos (Teo). David Fernández Abella, profesor da USC e arqueólogo, coñece moi polo miúdo este castro, xa que nos últimos anos está a dirixir os campamentos de voluntariado que promove Rois desde o ano 2020 para valorizalo. Antes diso, no 2018, o Concello de Brión promoveu a súa limpeza. O que nunca se fixo nel é unha escavación arqueolóxica, un proxecto que Fernández Abella non desbota. Mentres madura esta opción, o Castro Lupario segue a mostrar parte do seus segredos. Grazas ao campamento internacional rematado hai unha semana xa se pode ver o que queda da muralla, de ata catro metros de altura, e facerse unha idea da enormidade do xacemento, datado na Idade de Bronce pero no que houbo moita actividade, existindo nel unha parroquia no século XVIII. «O que estamos a facer son actuacións moi brandas para que o castro, que antes estaba cheo de xestas, se poida visitar», explica Fernández Abella, que tamén resalta a parte de difusión do que define como «un espazo patrimonial de primeira categoría que está sen valorizar porque aínda é moi descoñecido». E non hai que esquecer que este lugar, ademais de regalar unhas vistas espectaculares, ten a súa

David Fernández Abella dirixe as intervencións do Concello de Rois no Castro Lupario. CéSAr qUiAN

lenda xacobea, ao ser considerado, e de aí o seu nome, como o lugar no que residía a raíña Lupa a uns pasos do Camiño Portugués, a ruta polo que chegaron os restos do Apóstolo segundo as teorías xacobeas. Mentres abrolla a idea dunha escavación con metodoloxía científica, que obrigaría a un acordo máis amplo no que tería que participar o Concello de Brión, os traballos de posta en valor que dirixe Fernández Abella coa empresa Cado Arqueoloxía, da que tamén forman parte as arqueólogas Fátima Sánchez Blanco e Goretti López Sanmartín, xa permiten visitar este espazo con total seguridade, e coa certeza de que co xa desenterrado queda claro que no Castro Lupario hai moita historia por contar. De feito, cos simples traballos superficiais xa apareceron elementos arqueolóxicos que merecen un estudo profesional polo miúdo.

O protagonista. David

Fernández Abella, arqueólogo, é o director do programa de valorización do Castro Lupario que o Concello de Rois leva a cabo con campamentos de voluntariado internacional, iniciativas que a Dirección Xeral de Xuventude concede ás administracións locais. Que estas intervencións cheguen en forma de campamentos promovidos pola Dirección Xeral de Xuventude permite que se acheguen ata ao Castro Lupario menores de 30 con perfís académicos moi distintos, desde enxeñeiros, docentes e biólogos, mozos que, recoñece Fernández Abella, «quedan absolutamente abraiados, o que fai que para nós esta sexa unha experiencia moi agradecida». «Tamén aproveitamos estes campamentos para facer difu-

sión do patrimonio da contorna, sobre todo, loxicamente, do concello de Rois, que é o titular desta actividade», engade Abella, que tenta trasladarlles «a diversidade de cousas que se fan en arqueoloxía e que permiten ver como nos relacionamos co patrimonio dunha maneira moi diversa». E non só iso, xa que, lembra este arqueólogo, estas intervencións brandas axudan a «achegalos ao patrimonio oculto, ese que non está axeitado para visitas, que non está escavado e non é visible, pero que temos en todas as parroquias de todos os concellos e que son exemplos magníficos para entender as culturas que pasaron por Galicia e os diferentes modos de ocupar o espazo». Outro dos elementos positivos deste proxecto, segundo recoñece Abella, e a colaboración entre os concellos e tamén o interese e respecto que o Castro Lupario xera na poboación do entorno.

lgún concello de la comarca recurrió a blogueros y yutuberos varios para promoCristóbal cionarse. Estaba Ramírez en su derecho, obvio, e igual incluso sabía que existen varias páginas webs en las que por un precio ridículo se compran falsos amigos, seguidores y likes. El firmante mismo administró un blog —propiedad de este periódico— que presentó unas cifras de seguimiento muy altas y que ahora no lo son. Ese mundo se desmoronó invadido por pícaros e ignorantes de toda calaña, tipo y condición que se mezclaron con los pocos honrados profesionales que intentaban explorar esos pujantes espacios de comunicación y gracias a su trabajo comer todos los días. Si quedan, son escasos. Suerte. Ese mundo falso es hoy una bomba para el papel, para los periódicos, porque —por decir un ejemplo— uno de los últimos reportajes publicados en la sección de internacional de este diario por quien esto escribe le salió a la empresa por mil euros. Porque la información, la buena información, cuesta. Y encender el móvil y soltar urbi et orbi la mayor chorrada del planeta, no. Y así, un caradura monumental anda por ahí diciendo que come gratis —¡No es el único, no!— y en Vigo no quería pagar una empanadilla, que ya hay que ser cutre. Y amenazó con mandar una factura de 2.500 euros. La picaresca española es un clásico. Circula por WhatsApp un meme que dice «Instagram te hacer pensar que eres un buen fotógrafo, Facebook que tienes muchos amigos y Tik Tok que bailas muy bien. El despertar va a ser duro». Se llama Ucrania. Lo malo de todo eso es que genera una desinformación contra la que luchamos los periodistas profesionales. Este a quien usted está leyendo y mis compañeros en este periódico y en muchos otros.

A

SEAT ALTEA XL TDI 105 CV AÑO 2015

GRUPO PSA

9.900€

2 AÑOS DE GARANTÍA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.