Ao rescate do Ant贸n
Patri e David
Os minitol茅s Ao rescate do Ant贸n
Título orixinal: Little Eli in danger © 2014, Patri e David © Deseño e ilustración: David © Historia e traducción: Patri © Espelliño Máxico Edicións S.L. Impreso en: Fotoprix
Aos nosos tolĂŠs, aos pequenos e aos grandes
A MERENDAR BEN, QUE DESPOIS IMOS Á RAMALLOSA
A
os minitolés
Unha apracible tarde de agosto, o pequeno Antón xogaba no seu berce, vixiado pola atenta ollada do Bruni. - Bruni, xa marchamos - di a nai - coida que merende dabondo, que á noitiña arrancamos para a Ramallosa. - Un bico, Antón - di o pai - nun anaquiño estamos de volta. - Ide tranquilos, o Antón está nas mellores mans - di o Bruni ledamente.
Ao rescate do Antón 7
QUE É ESO TAN AZUL?
ISO ANTÓN, É o MAR!
os minitolés
Tras deixar ben arroupado ao meniño, o Bruni métese na cociña a preparar o biberón do Antón. De súpeto, unha gaivota verde pasa por diante da ventá e o curioso Antón séguea dende o berce ata a terraza. - Ola Antón! Qué tal estás? - di a gaivota. - Ola paxariño! Pois todo ben, estou a agardar a miña merenda. Oes! Que é iso tan azul que se ve ao fondo? - Iso, Antón, é o mar!
Ao rescate do Antón 9
A GAIVOTA ESTÁ A LEVAR Ó ANTÓN!
os minitolés
Antón convence á gaivota verde para que o leve ata o mar e xuntos poñen rumbo ao Atlántico. - Cativo, queres ver algo bonito? Eu amosareicho O pobre Bruni leva tal susto ao mirar pola ventá, que o biberón cae, esparexendo o leite, polo chan. - Non pode ser! O meniño está a ser secuestrado por unha ave maligna! Isto só pode solucionarse dun xeito... Pi pi pii, pi pi piii, chamando aos minitolééés!
Ao rescate do Antón 11
TOMÁS E MARTÍN
MIGUEL E ROQUE
MANUEL
os minitolés
O sinal activado polo Bruni na casa de Camelias chega en milésimas de segundo á casa de Félix Acevedo, onde se atopan os minitolés Tomás e Martín. Exactamente ao mesmo tempo, a chamada soa na casa de Castelao, na que están os minitolés Miguel e Roque, e no piso de Ramón Puga, onde vive o minitolé Manuel. Ao son da alarma, os minitolés apresúranse a coller as súas ferramentas de traballo e corren cara os seus automóbiles máxicos.
Ao rescate do Antón 13
XA ESTÁN A CHEGAR OS MEUS AMIGOS!
os minitolés
Mentres tanto, o Antón canta feliz ao achegarse voando ás illas Cíes. - La la la, qué bonitíño é este mar! - canta o neno, balanzándose mainamente no arnés da gaivota verde. - Este mar chámase Ría de Vigo, meniño. E esa illa preciosa á que nos achegamos chámase Cíes, a miña casa - explica a gaivota. - Menuda sorte tes ti, paxariño! Eu tamén quero vivir en Cíes. Aquí hai animais e moitas árbores! - Antón abre os seus olliños e descobre a fermosa paisaxe.
Ao rescate do Antón 15
os minitolés
Pola súa banda, os minitolés veñen de camiño. Tomás e Martín circulan a toda velocidade pola ruta do Atlántico e Miguel, Roque e Manuel rachan o aire do camiño das Rías Baixas. - Minitolés ourensáns! Os minitolés coruñeses deixamos atrás a terceira porta da ruta atlántica. Cambio! - di o Martín polo “teletolé” co Tomás ao volante. - Ola Martín! Os minitolés ourensáns pasamos a Cañiza hai tempo. Vémonos en 15 minutos no portal do Bruni. Cambio e corto! - responde o Roque e colga o “teletolé”.
Ao rescate do Antón 17
O BARCO DE RESCATE XA ESTÁ PREPARADO DIRÍXENSE AS ILLAS CÍES
os minitolés
Ao chegar onde o Bruni, este ponos ao tanto dos acontecementos e xuntos diríxense a costa. - Manuel, cres que poderás ver onde levan ao Antón? - pregunta Bruni, aliviado pola presenza dos minitolés. - Por suposto, Bruni, os meus anteollos de visión afastada son infalibles. Velaí o Antón! Vai voando cara unha illa cun montón de árbores! - responde o Manuel. - Tranquilos todos! O barco que construiron o Tomás e o Martín está case listo, con el darémoslles alcance - exclama o Roque.
Ao rescate do Antón 19
IMOS EXPLORAR A COVA SECRETA!
A
os minitolés
Antón e a súa amiga aterran na praia de Rodas e a gaivota verde preséntalle aos seus amigos: o polbo Carballiño, a centola Vionta e o golfiño Noro. - Benvido Antón! Esta é a nosa terra, aquí pasamos o día dándonos baños e tomando o sol. Tamén exploramos covas secretas e escondemos tesouros - di a centola Vionta. - Oh, que vida máis apaixoante! Podo explorar unha cova secreta convosco? - responde Antón. - Claro que si! - di a gaivota - nas Cíes todo é posible meniño. - E os amigos adéntranse nunha gruta secreta, que se pecha ao seu paso. Ao rescate do Antón 21
AI AI AI! QUE AQUÍ NON HAI ANTÓN..
ATOPEI A PORTA DA COVA SECRETA!
SON AS PEGADAS DO ANTÓN, NON TEÑO DÚBIDA!
os minitolés
Cando a expedición de rescate desembarca na illa, o pánico apodérase do Bruni. - Non hai rastro do Antón! Maldita ave maligna... - laiase o bo do canciño. - Tranquilo Bruni, non hai misterio que se lles resista aos minitolés. Atoparemos ao pequeno! -tranquilízao Martín. - Rapaces! descubrín unhas pegadas de zapatiños grazas ao noso pincel de arqueólogo... - exclama o Miguel. - Agarda que saco a panca... esta pedra móvese! di o Roque. Ao rescate do Antón 23
PENSEI QUE TE LEVARAN! JIJIJI! SÓ QUERÍA COÑECER o MAR A
os minitolés
Os traballos dos minitolés arqueólogos deixan á vista unha imaxe sorprendente: o Antón xogando cunha gaivota verde, un polbo, unha centola e un golfiño. - Ola tolés! Chegades xusto a tempo, estabamos a piques de comenzar unha nova partida - exclama o Antón. - Antón, tranquilo! Vimos a salvarte destes animais malignos! - di o Bruni mentres brinca cara o meniño. - ¡Bruni, fasme cóxegas cos lambetóns! Animais alignos? Pero se son Gaivota Verde, Carballiño, Vionta e Noro! - ri o Antón.
Ao rescate do Antón 25
os minitolés
Unha vez que aclararon o malentendido, o Bruni e os valorosos minitolés uníronse aos xogos dos habitantes da illa e xuntos escalaron ata o faro, atoparon un tesouro e brincaron nas ondas. - Vide cativos! Xa é hora de voltarmos a Vigo. Os pais do Antón estarán a chegar e aínda temos que ir a Celanova - di o xuizoso Bruni. - Oh, amigos... o certo é que vos botarei moito de menos. A vida no mar é moi divertida - suspira o Antón. - Meniño, non te amoles! Poderás voltar sempre que queiras. Da un asubío dende a terraza e irei buscarte - di a gaivota verde mentres despide á cuadrilla. Ao rescate do Antón 27
os minitolés
- Rápido minitolés! Non vos queda moito tempo para chegar a Celanova. Grazas de novo pola asistencia! - O Bruni axuda aos cativos a saír da casa de Camelias, mentres os pais do Antón entran pola porta. - Ola Antonciño, xa estamos de volta! Pasaches unha tarde tranquila? - di a nai do cativo. - Ola mami, estou listo para a festa dos farois! Como é que se fan? - responde o Antón. - Pero Antón... cantas veces téñocho explicado? dille o pai. - Primeiro, cóllese o cartón e córtanse os círculos...
Ao rescate do Antón 29
os minitolés
- Dalle gas Tomás! O automóbil do Antón písanos os talóns - Martín aprema ao seu irmao, que vai á cabeza da expedición. - Imos á Ramallosa, vivaaaa! - grita o Manuel no coche dos minitolés arqueólogos. Poucos kilómetros antes... - Laura, e se parásamos a coller un pouco de xamón? - di o pai do Antón - Pero Eli... non imos xa tarde abondo? - responde a nai. - Eu quero xamón, eu quero xamón! - exclama o Antón. - Meniño, de verdade que non entendo como é que tes tanta fame hoxe... - di a nai suspirando mentres o neno aguanta a risa.
Ao rescate do Antón 31
os minitolés
Unha apracible noite de agosto máis, as luces dos farois enchen as rúas e colorean as casas de Celanova mentres a xente canta e baila ao son das charangas. - Ola Antón! Que tal estás? - di o Roque - Tía Laura, podemos levar o Antón a dar unha volta? - Claro que si, cousiña. Pero levade ao Bruni para que coide del. Bruni, coida que non caia nin pase frío - di a nai do Antón. - Quedade tranquilos, o Antón está nas mellores mans - di o Bruni chiscando un ollo aos minitolés.
Ao rescate do Antón 33
Os minitol茅s Ao rescate do Ant贸n