COAS MANS NA MASA
2
Índice
1. Título do proxecto e breve xustificación …………………………….
3
2. Curso e nivel educativo ……………………………………………….
3
3. Áreas que interveñen e relación entre elas …………………………
3
4. Obxectivos que se perseguen ………………………………………..
3
4.1.
Xerais …………………………………………………………..
3
4.2.
Específicos ………………….………………………………...
4
4.3.
De aprendizaxe relacionados coa materia …………………
4
4.4.
De competencias dixitais …………………………………….
4
4.5.
De competencias do currículo ………………………………
4
5. Contidos que axudan á consecución do proxecto …………………
4
6. Secuenciación das fases/etapas do proxecto ……………………...
6
7. Recursos, apps, materiais e recursos ……………………………….
7
8. Avaliación dos procesos e do producto …………………………….
7
3
1. Título do proxecto e breve xustificación
O proxecto que imos desenvolver leva por título “FACENDO BOAS MIGAS : Elaboración de pan con máquina panificadora”. A súa elección foi debida a que este ano o tema anual do centro é “A alimentación” e que unha das mestras de 3º de Primaria posúe unha máquina deste tipo. Así que o alumnado poderá gozar da experiencia de facer o seu propio pan na clase ( e incluso de ulilo, velo crecer….. e comelo! ) con esta actividade. Como produto final gravaremos un vídeo explicando cómo foi todo o proceso para colgalo na páxina web do colexio e difundilo.
2. Curso e nivel educativo
A actividade vai dirixida ao alumnado de 3º curso de Educación Primaria (7 alumnos/as) .
3. Áreas que interveñen e relación entre elas
En principio sería parte dun proxecto interdisciplinar que partiría dende o Equipo de Biblioteca, pero podémolo relacionar máis específicamente coas áreas de Lingua Galega e L. Castelá, e de C.C. Sociais. (Estas tres materias son impartidas pola mesma mestra).
4. Obxectivos que se perseguen
4.1. -
Xerais Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe. 4
-
Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia, aprender a obrar de acordo con elas, prepararse para o exercicio activo da cidadanía e respectar o pluralismo propio dunha sociedade democrática.
4.2. 4.3. -
Específicos Aprender o manexo da máquina panificadora. De aprendizaxes relacionados coa materia Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura (sexa cal sexa o soporte) en ambas as linguas.
-
Comprender o proceso de elaboración do pan .
-
Diferenciar os medios de produción artesanal e industrial.
-
Establecer conexións entre diferentes elaboracións onde estén presentes as fermentacións (iogur, viño, chucrut …) e relacionalas coa cultura á que pertencen.
4.4. -
De competencias dixitais Utilizar, para a aprendizaxe, as tecnoloxías da información e da comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
4.5.
Iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais. De competencias do currículo
-
Comunicación lingüística (CCL).
-
Competencia dixital (CD).
-
Aprender a aprender (CAA).
-
Competencias sociais e cívicas (CSC).
5. Contidos que axudan á consecución do proxecto
Entre os contidos relacionados co desenvolvemento deste proxecto destacan:
5
CONTIDO Estratexias e normas para o intercambio comunicativo: participación; exposición clara; escoita; respecto á quenda de palabra; respecto polos sentimentos, experiencias, ideas, opinións e coñecementos dos e das demais. Estratexias para utilizar a linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar e preguntar. Produción de textos orais sinxelos de diferente tipoloxía. Utilización guiada das Tecnoloxías da Información e Comunicación para a procura da información. Proposta de traballo que xurda dun problema, acontecemento ou inquietude e que supoña un proceso de investigación e acción que garanta participación activa do alumnado e facilite o proceso de autorregulación de aprendizaxes. Busca e selección de información utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación e outras fontes (directas e indirectas), organización, análise, documentación do proceso mediante o uso do cartafol e comunicación das conclusións. Iniciativa emprendedora. Planificación, xestión e presentación dos proxectos co fin de acadar obxectivos. Participación activa e construtiva na vida social, uso das normas de convivencia. A cooperación e o diálogo como valores democráticos e recursos básicos na resolución pacífica de conflitos. As actividades económicas e produtivas da localidade. Clasificación por sectores. Recursos naturais, materias primas e produtos elaborados. Utilización de estratexias para a comprensión lectora de textos:consideración do título e das ilustracións. Identificación de palabras crave. Anticipación de hipótese de significado polo contexto. Recoñecemento básico da tipoloxía textual. Uso do dicionario. Produción de textos de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e a súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos) para comunicar coñecementos, experiencias e necesidades. Normas e estratexias para a produción de textos: planificación (función, destinatario, xeración de ideas, estrutura...). Textualización en frases elementais con secuencia lineal.
ÁREA
CURSO
Lingua Galega
3º
Lingua Galega
3º
Lingua Galega
3º
Lingua Galega
3º
CC Sociais
3º
CC Sociais
3º
CC Sociais
3º
CC Sociais
3º
CC Sociais
3º
L. Castelá
3º
L. Castelá
3º
L. Castelá
3º
6
6. Secuenciación das fases/etapas do proxecto
A actividade desenvolverase dentro da aula ou na Biblioteca, nas clases de Ciencias Sociais e de Lingua Galega e Castelá. O alumnado tamén terá que adicar algo de tempo fóra do cole para conseguir os ingredientes e utensilios necesarios (fariña, leite en pó, lévedo,bol, báscula…). En total adicaremos
9
sesións ao
proxecto. Organizarémolo deste xeito: FASE
QUE FACEMOS?
Nº SESIÓNS
Explicación de en qué vai consistir a actividade e decidir (segundo o recetario da máquina) qué tipo de pan imos facer en función do tempo do que dispoñemos na clase. Presentación de ferramentas/apps /máquinas a
1
utilizar. PRESENTACIÓN Reparto de roles. Cada un encargarase de traer un ORGANIZACIÓN
ingrediente/utensilio e investigar cal é a súa función dentro do proceso de elaboración do pan. Creación de libretas/taboleiros individuais e de grupo onde se vai recoller a información aportada e familiarización coa aplicación destinada a
1
elo(Evernote, Pinterest). Comezamos coa investigación individual. Cada un encárgase de buscar a información para saber qué papel ten ese ingrediente/utensilio dentro do INVESTIGACIÓN
1
proceso. Facer a posta en común de todas as informacións recollidas oralmente e
nun mural colaborativo.
1
(Pinterest) Pensamos qué estilo lle imos dar ao vídeo. Facemos o storyboard (Storyboard That). DESEÑO E
Deseñamos o guión e o texto do que ten que dicir
CREACIÓN
cada un e en qué momento. Practicamos a oralidade gravando “a nosa parte” de vídeo e de paso, para familiarizarnos coa app.
1
1
7
Facemos o pan. Imos botando cada ingrediente e EXECUCIÓN
o alumno/a que estaba encargado vai explicando o que fai e para qué.
1
Gravación dos “anacos” de vídeo. MONTAXE E DIFUSIÓN
Montamos o vídeo (Wevideo) e subímolo á web
1
na páxina do colexio. Facemos o visionado do vídeo e comentamos o que nos pareceu todo o proceso e o resultado
REVISIÓN
final. Facemos
1 un
cuestionario/rúbrica
individual
e
grupal de avaliación.
7. Recursos, apps, materiais e recursos Foron descritos nos apartados anteriores pero mencionarémolos brevemente: Evernote (abriremos libretas individuais e unha grupal para favorecer a comunicación entre os alumnos e que fagan o seu propio portfolio), Pinterest (mural individual e colaborativo para ir pineando as información de interese), Storyboard That (para o guión do vídeo), Wevideo ( montaxe do vídeo). Ademais contaremos con ordenadorES, 6 iPad, conexión a internet ….e a PANIFICADORA!
8. Avaliación dos procesos e do produto Faremos unha valoración tanto dos procesos intermedios como do resultado final a través de rúbricas de avaliación individuais e grupais.
9. Fontes utilizadas
-
DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
G1501043 - Desenvolvemento do traballo colaborativo a través de dispositivos móbiles.
8