Os segredos do baul

Page 1

Os segredos do baĂşl


Textos e coordinación do proxecto: Mª Dolores Palacios Lagarón Ilustración e maquetación: José Antonio Cruz Lago estudio de diseño dobleuve www.dobleuve.com Edita: Deputación Provincial de Lugo INLUDES Centro de Artesanía e Deseño Imprime: Eurográficas ISBN: 84-8192-658-2 Depósito legal:


Nesta fermosa casa rural galega, imos atopar un tesouro incrible, prestade atenci贸n amigui帽os!


Álex, Álex, onde estás?

Estou aquí Xurxo, lendo un libro.


É un libro que fala do traxe galego. Conta que é moi difícil pórlle data á súa creación.

Ao longo dos séculos a moda foi cambiando tanto que é complicado dicir cando xurdiu o primeiro traxe rexional como o coñecemos máis ou menos hoxe...

...Foi quizais cara a finais do século XIX, principios do XX... Para atoparmos a raíz dos nosos traxes debemos coñecer a materia prima da súa elaboración...


Durante mĂĄis de dous mil anos esta materia prima foi unha planta da nosa terra... o liĂąo!

O liĂąo era unha planta que se cultivaba moi ben en Galicia. Require poucos coidados pero era moi traballoso o seu tratamento unha vez recolectado ata poder ser fiado, ou tecido.


Nenos...! Vide merendar!


Imos agora mesmo avoa Margarita!

Avoa, atopei un libro que fala do traxe dos nosos antepasados. Haberá algún no faiado? Gustaríame pór un deses marabillosos traxes.

Avoa, podemos subir ao faiado?

Claro que podedes subir. A ver se atopades o baúl da bisavoa que garda roupa galega preciosa e hai anos que non o vexo... parece cousa de maxia.


Ohhhhhh...

cantas cousas!

Sube rápido Xurxo, a ver se atopamos ese baúl.

O faiado estaba cheo de trastes vellos. Que tarde máis divertida!


Cantas cousas! Mira Álex, un patinete!

Ohhhhh...! Xurxo!... atopei o baúl!

O baúl era máxico!, saíron miles de brillantes bolboretas que gardaban os traxes da bisavoa que tanto buscara a avoa Margarita...


Pero aínda quedaban novas sorpresas... As bolboretas ademais de producir bonitos sons falaban cunha doce voz.

Ola nenos!... Grazas por abrir o baúl, tiñamos moitas ganas de saír.

Ola!

Levamos moito tempo neste baúl...

...somos as bolboretas que gardamos os traxes da bisavoa...

Queredes ver os traxes e coñecer parte da a vosa cultura e folclore?


medias

o

faixa ira e t on

c chale

m

isa

cam

mantelo

dengue

enaguas

Quero p贸r ese traxe!

Eu tam茅n quero!


As bo lb unha oretas ex plicár das p o pola roupa artes dos nlles aos t neno r polol i axes n terio sc os e calzó e medias r. Camisa comezar ada on n , d Que s de liño p e la para enaguas, diver a e r la e c a el. tid Imos amis vestir o!... ae nos!, excla maro n os neno s.


O ma n traba telo e o d engu llado e s a bas e de cun bonit estaban a o e pas belor borda a io Álex manería. s, canuti do es llos preci taba feliz osas pezas por poder . vestir esas

Xurxo, ven a pór a monteira, o chaleco, o faixa, o pan talón e as polainas .


Antigamente nos pescozos, puños, enaguas e sobre todo nas cofias adoitábase pasar unhas cintas de cor: branca se era casada, vermella se era solteira e negra se era viúva. Mirade que encaixes artesanais tan bonitos de Camariñas e Muxía!

Tamén gardamos no baúl estas preciosas xoias. O sapo é a peza máis característica. Gústanche?

Ohhh!

Tamén hai xoias! Son moi bonitas!

As bolboretas, que brillaban dunha forma especial, axudáronlles aos nenos a pór os traxes. Eleváronos polo aire percorrendo todo o faiado. Álex e Xurxo estaban guapísimos!


Ohhh!...

Isto é máxico!

Álex estaba encantada co bonete e a cofia que as bolboretas colocaron con delicadeza na súa cabeza. Non paraba de exclamar: que fermosa estou!

Estábano pasando moi ben e atoparan os traxes que a súa querida avoa Margarita tanto buscara. Estaban impacientes por contarllo...


Álex, Álex, estamos voando!, grazas bolboretas máxicas!

Avoa, avoa!, atopamos o baúl máxico!... Mira que traxes tan marabillosos!


Nenos, como atopastes o baúl?

Que alegría!...

Xa ves avoíña... Como ti dixeches...

Parece cousa de maxia!




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.