Diptico semana da saúde

Page 1

EQUIPO DOCENTE Marisol Gómez Cerradelo Beatriz Mira Miñones Marián Pérez Barreiros

V

E

R

I

N

I.E.S.

GARCÍA BARBÓN

A Semana da Saúde I.E.S. GARCÍA BARBÓN

Rúa Antonio Fdez. Pérez s/n 32600 Verín OURENSE Tel. 988 410379 Fax. 414434 http://iesgarciabarbon.es http://garciabarbonverin.blogspot.com.es https://www.facebook.com/iesgarciabarbon


A Semana da Saúde

10 Cousas das que pasamos tod@s:

Que é? Actividades relacionadas cos hábitos de vida saudable, sobre a alimentación, a sexualidade, a prevención de enfermidades, o consumo de drogas…

1. Paso do embarazo e de coller unha enfermidade venérea!

Quen organiza? O alumnado do ciclo formativo de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Se usas o preservativo esquéceste do resto, non te complicas.

2. Paso de que nada me controle, eu fago o que quero!

Consumir drogas como o tabaco, alcol, cocaína… fainos dependentes. Queres ser escravo?

3. Paso da xente, eu vou ao meu aire!

Cando? Do 7 ao 11 de abril deste ano. .

Se tes un accidente e necesitas unha transfusión, de onde a van sacar se ninguén doa sangue?

Quen vai participar? O alumnado de bacharelato, formación profesional, educación para adultos e PCPI.

4. Paso do peixe, verdura, froita… Como o que me apetece.

Que imos facer? Trátase dun percorrido por varios postos nos que van facer actividades e xogos relacionados coa nosa saúde e de como mellorala.

5. Paso de ir ó médico, son unha persoa nova e “sa”.

- O alumnado de TCAE pasará por todas as aulas para lembrarvos esta información - O día que vos toque participar na actividade o profesorado pasará a buscarvos á vosa aula. - Durante a actividade organizaranse grupos para que poidades pasar por todos os postos. O mércores 9 de abril animádevos

a doar sangue!! Unha unidade móbil do centro de transfusión de sangue estará diante do noso centro. Recordade que tedes que ser maiores de idade para poder doar sangue.

Leva unha dieta variada e equilibrada,e bebe moita auga, senón o teu corpo co tempo, pasarache factura.

Controla a túa saúde, en calquera momento pode darche un susto e as consecuencias poden ser moi graves.

6. Paso da crema para o sol, total...

O moreno séntache ben, pero a túa pel sofre e pode provocarche cancro.

7. Paso dos discapacitados, anciáns…

Imaxina non poder camiñar, falar, oír, ver… durante un mes, Qué tal estar así sempre?

8. Paso de correr e da piscina, non teño tempo para iso.

Fai deporte e deixa un pouco o sofá, o teu corpo agradeceracho.

9. Paso de quedar, se me queres algo mándame un whatsapp . .

De vez en cando saca a cabeza do móbil e do ordenador, e queda con algún amigo, de paso coidas a túa mente e a vista.

10. Paso dos límites de velocidade, e aínda que beba unha copa, non me vai pasar nada.

Supoñamos que vas pola rúa, vén unha persoa conducíndo bébeda e atropélate. Como te quedas?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.