O BLOG DE ORIENTACIÓN

Page 1

CINCO ANOS DO BLOG DE ORIENTACIÓN: A TÚA INFORMACIÓN

Daniel Veiga Martínez - Presidente de APOEGAL - Orientador no I.E.S. García Barbón

http://orientacion.blogia.com

1.- O blog de Orientación como recurso de información para o conxunto da comunidade educativa (2005/2010).

No mes de febreiro de 2005 aparece publicada a primeira anotación do Blog de Orientación. A finalidade principal do recurso web é a de poder atender mellor as demandas de información académica e profesional que plantexan os adolescentes. Tal como se dicía na Guía didáctica do Blog en setembro de 2005, a idea de crear e manter un blog é a que se anota:


Actualmente (xuño de 2010) o blog de Orientación da conta habitualmente dos temas que se detallan:

Temas GUÍA DIDÁCTICA ESTUDAR BEN NOVIDADES UNIVERSIDADES CICLOS FORMATIVOS ITINERARIOS EDUBLOGS  

A TÚA OPINIÓN CONTA ORIENTARSE SELECTIVIDADE TITULACIÓNS EMPREGO XUVENTUDE I.E.S. "GARCÍA BARBÓN"

PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS

V ENCONTRO NACIONAL DE ORIENTADORES 

ORIENTARSE CON INTERNET

A publicación habitual de información de potencial interese para a comunidade educativa é unha tarefa complexa e require tempo. Entedemos o traballo no blog como un complemento importante do traballo orientador e como ferramenta de aprendizaxe contínuo.


2.- Guía de uso rápido do blog de Orientación para os estudantes. Cando utilizo o blog cos estudantes sempre aconsello visitar primeiro os temas que anoto a continuación: ORIENTARSE No apartado de Orientarse, o estudante pode coñecer unha manchea de recursos de información académica e profesional (tests e cuestionarios de orientación, paxinas web de interese, programa de orientación profesional, marcador social de orientación académica e profesional,…) ESTUDAR BEN Presentamos distintas axudas para mellorar os hábitos e as técnicas de estudo do alumnado.

NOVIDADES A información que se presenta aquí pode ser de interese para calquera membro da comunidade educativa e reflicte cuestións de actualidade e do ámbito escolar. Outra das tarefas que realizamos é a de suscribirnos mediante o correo electrónico as novidades do Blog de Orientación:

AS NOVIDADES DO BLOG DE ORIENTACIÓN NO TEU CORREO Subscribete á GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL polo correo electrónico


3.- Participa, comenta e opina no blog de Orientación. O TEU COMENTARIO En cada anotación que creamos no blog sempre existe a posibilidade de realizar comentarios. Na parte central da páxina podemos ver unha exemplificación dunha entrada realizada no Blog de Orientación sobre a necesidade de realizar o rexistro electrónico na web do Ministerio de Educación. Na parte inferior aparece a opción COMENTARIOS, lugar no que calquer lector ou lectora pode realizar as anotacións que considere oportunas.

Queremos saber a túa opinión veigaorama@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.