Pontevedra Fiestas 2018

Page 1

Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

Pontevedra Festas da Peregr!na

2018 10-20 de agosto

1


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 2


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

Índice

Entrevista a Carme da Silva Méndez, concelleira de Festas do Concello de Pontevedra................................................................................4 Venres 10 de agosto................................................................................................8 Sábado 11 de agosto...............................................................................................8 Domingo 12 de agosto...........................................................................................10 Luns 13 de agosto......................................................................................................12 Martes 14 de agosto................................................................................................14 Mércores 15 agosto- Santa María..............................................................16 Xoves 16 de agosto...................................................................................................18 Venres 17 de agosto................................................................................................20 Sábado 18 de agosto...............................................................................................23 Domingo 19 de agosto...........................................................................................26 Luns 20 de agosto......................................................................................................26

3


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 4

Entrevista a Carme da Silva Méndez, concelleira de Festas do Concello de Pontevedra Máis de dous meses e medio de programación festiva, artística, cultural e de lecer ininterrompida para todos os públicos, idades e gustos. O que non veña a Pontevedra, é porque non quere!

• Galiza agarda finais de maio ou primeiros de xuño para coñecer a programación de festas de Pontevedra, pero cando se empeza a traballar nela? Ui! Para que te fagas unha idea. Pechamos a Feira Franca a primeiros de setembro, e xa estamos a pensar no vindeiro ano. De feito, a programación deste 2018 está pechada, case, dende febreiro, e pensada dende moito antes. Son moitas persoas e contratos os que hai que conxugar, así que este traballo non se pode facer dun día para outro, nin sequera dun mes para outro. Temos que traballar con moita anticipación. E iso que no Concello de Pontevedra contamos cun equipo de xestión cultural e festas impagábel, que leva moitos anos adicado a montar grandes espectáculos na rúa con resultados impresionantes. E non o digo eu, por ser a concelleira; a mostra está na rúa! • Cales son os criterios que guían esa programación? Cando o alcalde Lores e o seu equipo asumiron o Goberno hai case 20 anos tiñamos claras varias cousas en relación ás festas: tiñan que ser de balde e ter unha oferta para todos os pú-

blicos, con distintas expresións artísticas, e que contribuíran a crear o modelo de cidade agora instalado. Hai que pensar que hai 20 anos as festas non se celebraban no centro da cidade, estaban no Recinto Feiral, a repercusión económica para cidade era nula. A que agora parece impensábel que volvan saír do centro? Pois eses mesmos criterios seguen vixentes a día de hoxe: festas públicas para todas as persoas para que, independentemente da súa condición económica, poidan asistir a un concerto de primeiro nivel ou a un espectáculo teatral, por exemplo; no centro da cidade: para continuar a dinamizar o tecido económico local; cunha contratación basicamente pontevedresa, e no caso de non ser posible, galega; unhas festas para todos os públicos: cativos e non tan cativos… Aínda que alguén lle poida parecer estraño, as festas de Pontevedra foron unha das primeiras medidas para pór en marcha o modelo de cidade: na rúa somos todos iguais, atopémonos na rúa, festexemos na rúa. • Entramos en fariña, logo. Pratos fortes deste ano… A ver… O que chama sempre máis a atención son os concertos da praza do Concello, non? Pois Rosendo, Bumbury,


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

5

Sondeseu, Carlos Sadnes, Andrés Suárez -aínda que vai á Ferraría- Mocedades ou o concerto dos 40… Como se pode ver, para todas as idades, diversos estilos e gustos variados. • E vostede con cal se queda? Aproveitando a pregunta gustaríame aclarar algo que as veces non parece tan obvio: a programación de festas non a fai a concelleira de festas. A concelleira vela pola diversidade, que ninguén quede fora, que dan os cartiños… Pero o meu estilo é máis próximo a Sondeseu. • Ademais dos concertos…? Habería que distinguir entre a programación completa do verán, e a das Festas da Peregrina, a semana grande. Durante todo o verán a música está moi presente en toda a programación: os concertos de Banda, o Ricardo Portela de música tradicional; o Festival de Jazz; Festixeve; os concertos de Cámara que é unha novidade que incorporamos este ano nun escenario espectacular: a igrexa de San Francisco. Queremos ver como resulta…; os Bolos do Local cos grupos noveis de Pontevedra; as Xornadas musicais de San Roque; Paseantes… Outra das pezas fundamentais é a programación infantil xa que Pontevedra ten unha elevada poboación cativa: o ciclo do Teucro ou Animatrón nas Palmeiras. E un terceiro elemento é a animación de rúa. Como se pode ver case todo sucede na rúa, en distintos lugares da cidade. Polo que un dos programas que a min máis me gustan é Itineranta. Gústame o espectáculo, pero gústame a boa receptividade do público alí por onde vai. É unha cita moi agardada no programa de festas. • Falaba de distinguir entre as festas do verán e as da Peregrina… A Peregrina é a Semana grande das festas, na que as actividades de multiplican por moito. Tal é así, que temos tres escenarios permanentes: Praza da Ferraría con espectáculos musicais; praza do Concello cos grandes concertos; e o Teucro coa programación infantil (teatro, música, maxia…). E así durante dez días, con programación de mañá, tarde e noite, con todo o recinto de festas instalado na Alameda e nas Palmeiras. Pontevedra é a Peregrina, e o Concello sempre tivo claro que había que aproveitar o tirón para situar á cidade onde se atopa hoxe en día: referente no

calendario festivo de Galiza e punto de encontro de moitos visitantes que xa fixan no seu calendario Pontevedra nalgún momento do verán. Pontevedra está de moda! • A saída do demo, dá paso á Feira Franca… Efectivamente. E creo que a estas alturas calquera cousa que se poida dicir da Feira Franca é unha obviedade, do coñecida que é! Este ano o Consello Aberto da Feira Franca acordou adicala ás lendas. A ambientación de rúa e os espectáculos terán como fío condutor esta temática. Ademais, xa está aberta a oficina para solicitar participar activamente nela: organizando xantares ou ceas; para a hostalería e tamén para o mercado… Xa está en marcha. • Falemos da pregoeira. Toda unha sorpresa. Pois si. Tal vez esteamos acostumados a grandes figuras mediáticas para estas ocupacións dos pregóns, pero se miramos con ollos realistas ao noso arredor atoparemos persoas como María, que nos ofrecen tanto ou máis que todos aqueles aos que nos teñen acostumados. Hai moitos motivos para que María Varela fose a pregoeira deste ano: pola súa traxectoria profesional, pola súa condición de muller, pola súa decisión de facer a súa vida na nosa (na súa) cidade… María é o último premio de xornalismo Fernández del Riego; é a muller que ocupa o posto máis elevado da prensa local, a súa calidade profesional é incontestable e o seu compromiso co xornalismo local é innegable. Neste ano, no que as mulleres temos tanto protagonismo -merecido, agardado, e esperemos que non efémero-, o Concello tiña claro que quería a unha muller como pregoeira, como o pasado ano. María é a mostra do compromiso coa condición de muller, como tal no lo amosa nas súas publicacións en prensa. Fala alto, claro, sen trabas… como debera ser. Fala por moitas de nós, danos voz. E, entre outras moitas cousas, María decidiu escoller Pontevedra para facer a súa vida, para criar aos fillos, para facer cidade. María é a mellor pregoeira que podiamos ter para as Peregrinas do 18. • Que lle diría a unha persoa que non coñece as festas de Pontevedra, para visitase a cidade entre xuño e setembro? Que veña, que goce e que se deixe levar. Pontevedra hai que vivila, vela, sentila… Que veñan! e logo, que vaia contando a súa experiencia por aí!


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 6

Programa Festas da Peregr!na

2018 10-20 de agosto


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

7


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 8

Venres 10 de agosto 18.00 h Apertura do Recinto Feiral

Sábado 11 de agosto

12.00 h Lectura do pregón desde a balconada do Pazo de Mugartegui a cargo da xornalista María Varela Abelairas e foguete de inicio das festas 12.30 h Pasarrúas percorrendo, César Boente, Don Gonzalo, Ánimas, Curros Enríquez, Manuel Quiroga, Don Filiberto, Alfóndega, Michelena e praza da Peregrina a cargo das agrupacións folclóricas: Os Alegres de Mourente, Os de Algures, Grupo Polavila, Gaiteiros das Rías Baixas, Duos Pontes e Celme para a ofenda floral. 13.15 h Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a praza de España pola rúa Michelena ata o santuario da Virxe Peregrina. 13.30 h Pasarrúas a cargo da charanga OT. 13.45 h Actuación nas prazas do centro histórico das agrupacións folclóricas: Os Alegres de Mourente, Gaiteiros das Rías Baixas, Os de Algures, Grupo Polavila, Duos Pontes e Celme. 14.00 h Entrega dos premios Amigos de Pontevedra 18.00 h Pasarrúas a cargo da charanga OT. 22.30 h Concerto de Rosendo + Glitter&Litter Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coas orquestras Bluestar e Distrito 7 24.00 h Fogos de artificio no peirao das Corvaceiras, Pirotécnica Penide


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

9


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 10

Domingo 12 de agosto 12.00 h Misa de pontifical no santuario da Virxe Peregrina 13.00 h Actuación nas prazas da cidade do grupo Dolmen 13.30 h Pasarrúas a cargo da charanga OT 18.00 h Pasarrúas a cargo da charanga OT 21.00 h Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial de cintas, século XVIII Praza da Peregrina 22.30 h Concerto de Carlos Sadness e The Gift Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos Orquestra Bahía e Orquestra Ambar


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

11


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 12

Luns 13 de agosto 12.00 h Pasarrúas a cargo da charanga OT 13.00 h Actuación do grupo Veira do Río nas prazas e rúas da cidade 18.30 h Pasarrúas a cargo da charanga OT 19.30 h Teatro infantil: Teatro ao Cubo “GHOP!” Praza do Teucro 21.00 h Concerto Man a Man Banda de Música de Pontevedra, Banda de Música de Salcedo Praza da Ferraría 22.30 h Concerto SonDeSeu Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos Orquestra Magos


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

13


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 14

Martes 14 de agosto 12.15 h Pasarrúas a cargo da charanga OT 12.30 h Pasarrúas a cargo do grupo Os de Algures 18.00 h Pasarrúas a cargo da charanga OT 19.00 h Exhibición de Taekwondo Praza da Peregrina 19.30 h Actuación infantil: Píscore Concerto Singular Praza do Teucro 22.30 h Concerto de Andrés Suárez Praza da Ferraría 22.30 h Concerto Máxima FM, con Myriam Rodilla, Jesús Taltavull do programa Mucho Max e Ramsés López Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos Orquestra Anduriña


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

15


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 16

Mércores 15 de agosto Santa María

10.30 h Partidas simultáneas de xadrez Escola de Xadrez Pontevedra Avenida de Santa María 11.30 h Pasarrúas a cargo da charanga Mil9 12.30 h Misa solemne e procesión de Santa María 12.00 h Actuación do grupo Gaiteiros de Algures e Andaina nas prazas e rúas da cidade 17.30 h Xogos e tradicións populares Avenida de Santa María 18.00 h Pasarrúas a cargo da charanga Mil9 19.00 h Concerto da Banda de Música de Salcedo Avenida de Santa María 19.30 h Actuación infantil: Pérez & Fernández O Poder de Amabel Praza do Teucro 21.00 h Concerto de Odaiko & Vanesa Muela Praza da Ferraría 22.30 h Concerto de Enrique Bumbury Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos Orquestra Paraiso 23.00 h Verbena de San Roque Grupo Cibeles Praza do Gremio de Mareantes 24.00 h Espectáculo pirotécnico Pirotécnica Xaraiva Peirao das Corvaceiras

Carlos Delgado


elgado

Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

17


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 18

Xoves 16 de agosto 11.30 h Pasarrúas a cargo da charanga Mekánika 12.00 h Actuación do grupo de gaitas Rías Baixas 19.00 h Pasarrúas a cargo da charanga Mekánika 19.30 h Actuación de Bandullo Azul Mar Adiante, Homenaxe a María Victoria Moreno Praza do Teucro 20.00 h Misa solemne na Basílica de Santa María e procesión de San Roque. Avenida de Santa María, rúa dos Ferreiros, Afonso XIII, paseo de Colón e Capela de San Roque. Madamitas 21.00 h Concerto de Rubén de Lis Trío, Tour Natural Praza da Ferraría 22.30 h Concerto de Antonio José Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coa Orquestra Capricho


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

19


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 20

Venres 17 de agosto 11.15 h Actuación do grupo Polavila nas prazas e rúas da cidade 12.00 h Pasarrúas a cargo da charanga Mil9 19.00 h Batalla de Flores Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Roffignac, Padre Amoedo 21.00 h Festa infantil, Uxía Lambona e a Banda Molona Praza de España 22.30 h Concerto BMP, Antoloxía da zarzuela Praza do Teucro 22.30 h Concerto de Radio Cos Praza da Ferraría 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos orquestras Noche de Estrellas e Azabache


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

21


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 22


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

Sábado 18 de agosto 12.00 h Pasarrúas a cargo da charanga Mil9 13.00 h Pasarrúas do grupo Duos Pontes 18.00 h Pasarrúas a cargo da charanga Mil9 21.00 h Concerto de corais Coral Helénica, Coral Polifónica de AC do Chopo, Coral Airiños de Campañó, Coral Polifónica de Salcedo, Coral Alameda do Fogar do Maior, Coral Bella Helenes, Coral Voces Amigas de Mourente Paza da Ferraría 22.30 h Concerto de Sidecars Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos coas orquestras Iris e Soprano

23


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 24


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

25


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 26

Domingo 19 de agosto 12.15 h Pasarrúas a cargo da charanga Mil9 12.30 h Pasarrúas a cargo do grupo Os de Algures e Rías Baixas 19.00 h Pasarrúas a cargo da charanga Mil9 21.00 h Concerto de Caxade Praza da Ferraría 22.30 h Concerto de Mocedades e a Banda de Música de Salcedo Praza de España 22.45 h Verbena na Gran Vía de Montero Ríos orquestras Formas e Fin de Siglo 24.00 h Fogos de artificio no peirao das Corvaceiras, Pirotécnica Xaraiva

Luns 20 de agosto 18.00 h Día do neno no Recinto Feiral


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

27


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 28


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

29


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 30

Concertos Festas da Peregr!na

2018

SÁBADO 11 DE AGOSTO

22.30 h Concerto de Rosendo + Glitter&Litter Praza de España

DOMINGO 12 DE AGOSTO

22.30 h Concerto de Carlos Sadness e The Gift Praza de España

LUNS 13 DE AGOSTO 22.30 h Concerto SonDeSeu Praza de España

MARTES 14 DE AGOSTO

22.30 h Concerto de Andrés Suárez Praza da Ferraría 22.30 h Concerto Máxima FM, con Myriam Rodilla, Jesús Taltavull do programa Mucho Max e Ramsés López Praza de España

MÉRCORES 15 AGOSTO Santa María

21.00 h Concerto de Odaiko & Vanesa Muela Praza da Ferraría

22.30 h Concerto de Enrique Bumbury Praza de España

XOVES 16 DE AGOSTO 22.30 h Concerto de Antonio José Praza de España

VENRES 17 DE AGOSTO 22.30 h Concerto BMP, Antoloxía da zarzuela Praza do Teucro 22.30 h Concerto de Radio Cos Praza da Ferraría

SÁBADO 18 DE AGOSTO 22.30 h Concerto de Sidecars Praza de España

DOMINGO 19 DE AGOSTO 22.30 h Concerto de Mocedades e a Banda de Música de Salcedo Praza de España


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

31


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 32


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

33


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 34


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018

35


Pontevedra Festas da Peregr!na 2018 36


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.